Xoguetes ópticos: Son diferentes artiluxios de diversos materiais cos que se pode, mediante debuxos ou fotografías, crear a sensación de movemento. Destacaremos os que, en diferentes momentos, foron os máis usados. 1 Flickbook ou folioscope: É un pequeno libro con imaxes un pouco diferentes en cada páxina con respecto á anterior e posterior.
2 O Taumátropo: Utilízanse dous debuxos soamente, nunha cara cada un, sobre unha forma plana de circunferencia, e á que se lle da voltas estirando cunha goma ou cordel, que retorcemos sobre sí mesmo para poder xiralo e dar a sensación de movemento.
3O phenakistiscope: É un artiluxio que ten forma de disco circular plano, que está dividido en partes iguais. Por un dos lados ten debuxos con pequenas variacións. Ten sobre o perímetro recortes alongados verticais e un orificio no centro para poder xiralo sobre sí mesmo como unha roda. Utilízase enfronte dun espello.