Imaxe e iconicidade

Page 1

Ies R. Mª Aller Ulloa, Departamento de Debuxo Cultura Audiovisual BLOQUE 1. NARUREZA E CONCEPTO DA IMAXE: A LINGUAXE VISUAL. A COMUNICACIÓN VISUAL. A SINTAXE VISUAL. IMAXE E SIGNIFICADO

Linguaxe Visual: A linguaxe visual é un sistema de comunicación que utiliza as imaxes como medio de expresión, é dicir, emite mensaxes visuais. Linguaxe Visual Obxectivo: É o que transmite unha información de modo que posúa só unha interpretación. Por exemplo un debuxo científico. Linguaxe Visual Publicitario: O seu obxectivo é informar, convencer e/ou vender. Linguaxe Visual Artístico: Posúe unha función estética IMAXE: Unha imaxe (do latín imago. Singular "imaxe"; plural "imaxes") é unha representación visual dun obxecto mediante técnicas diferentes de deseño, pintura, fotografía, vídeo, entre outras.

Tres aspectos interveñen na CREACIÓN ou MODELIZACIÓN da realidade ou dunha idea, en IMAXE: 1- O esquema (o mínimo que ten que posuir unha imaxe para "compararse á realidade") 2- A técnica (pintura ao óleo, acuarela, lápis, ceras...) 3- O modo de expresión (estilo) NARUREZA DA IMAXE: ICONA E ICONICIDADE ICONA: Unha icona (do grego εἰκών, imaxe) é unha imaxe, cadro ou representación; é un signo ou símbolo que substitúe ao obxecto mediante a súa significación, representación ou por analoxía. ICONICIDADE: O termo iconicidade refírese ao grao de referencialidade dunha imaxe. É dicir, a relación de aparencias entre a propia imaxe e o seu referente. O concepto iconicidade expresa pois as categorias e niveis de relación dunha imaxe, coa imaxe dun obxecto real. TIPOS DE ICONICIDADE: 1.

Representación (ou función representativa): a imaxe substitúe á realidade de forma analóxica. Por exemplo, unha fotografía en cor dunha persoa ou o seu retrato ao óleo. En


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Imaxe e iconicidade by sebas anxo rozas alvarez - Issuu