ALIMENTACION SAUDABLE

Page 1

GAÑADORES DO CONCURSO DIVERTICÁN 2018/2019

Iker Quintáns Pereira, 2ºA Recordade que no Divertipatio deste curso, que comezará en xaneiro, volveremos a ter o “xoves sobre rodas” . Uns patíns ou un patinete poderían ser un bo agasallo para pedir no Nadal, pensando en sacarlle o máximo rendimento a esta actividade.

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO CEIP BARRIÉ DE L A MAZA SANTA COMBA

Víctor Negreira Martínez, 3º A

Decálogo da alimentación saudable Curso 2018/19 VISITA O NOSO BLOGUE http://pdcbarriedelamaza.blogspot.com.es


Antes de empezar, as mans hai que lavar, e ao rematar, os dentes limpar. Unha alimentación saudable conséguese cunha dieta variada que inclúa alimentos de todos os grupos da pirámide. Se os nenos e nenas empezan pronto a comer de todo, acostúmanse para sempre. A dieta mediterránea é sa. Consiste en comer moitos vexetais (froitas, hortalizas ou legumes), cereais (pan, pasta ou arroz) e máis aves e peixe que carnes vermellas. É mellor cociñar con aceite de oliva e pouco sal, mellor iodado. É bo facer cinco comidas ao día: almorzo, xantar, cea, e tomar algo a media mañá e á merenda, para o que é mellor unha froita fresca ou un bocadillo que zume envasado ou bolos industriais. Non é necesario nada máis.

Os nenos e nenas aprenden a comer imitando ós maiores. É mellor comer amodo, sentados na mesa, e sen tele, porque o neno ou nena mal comedor distráese e non come, e o que come moito non saberá canto toma. Hai que tomar un bo almorzo antes de ir á clase: leite, cereais (pan) e froita (unha peza enteira ou zume natural) para mellorar o rendemento físico e intelectual.

Hai que tomar polo menos cinco racións de froitas e verduras todos os días. Dúas ou tres deben ser froitas enteiras, e son mellor sobremesa que un lácteo. Non se deben substituír todas as froitas do día por zumes naturais. A auga é a única bebida necesaria, xa que é máis sa que calquera refresco, zume ou batido. Débense evitar a comida precociñada (ten máis graxas e sal) e os alimentos con graxas trans, saturadas ou hidroxenadas. Os doces e aperitivos salgados hai que tomalos con moderación. É mellor cociñar máis veces á prancha, no forno, por cocción ou ao vapor que preparar fritos e rebozados. Hai que deixar aos nenos e nenas decidir canto queren comer. É mellor ofrecer que obrigar. Eles comen a cantidade que necesita o seu corpo, non a que queren os seus pais. A comida non debería ser nin un castigo nin un premio. É bo facer unha hora de exercicio todos os días, que poder ser correr no patio, pasear, subir as escaleiras, sacar o can ou ir andando ou en bici ao colexio. Tamén se debería facer algún deporte polo menos cinco veces á semana. É bo recordar que facelo en compañía é moito máis divertido.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.