O Entroido

Page 1

ENTROIDO OU CARNAVAL O Entroido é unha festa popular que se celebra entre os meses de febreiro e marzo. Ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Tamén ten relación coas crenzas relixiosas e correspondese cos días anteriores a Coresma, que para os cristiáns e tempo de sacrificio e penitencia. O Entroido é a época na que se poden romper todas as normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. O anonimato que proporcionan as máscaras e os disfraces é un dos seus principais atractivos, pois permítelle á xente facer máis cousas que o acostumado No Entroido dáselle moita importancia ao feito de comer e beber ben ata encherse. Durante as festas tómanse grandes cantidades dos tradicionais chourizos, lacóns e cachuchas. As androllas e o caldo non faltan tampouco na maioría dos fogares xa que fan falta para repoñer as forzas de toda a foliada destes días. Tamén nestas datas elabóranse sobremesas especiais como son as orellas e as filloas, que son os pratos máis típicos do Entroido.

CALENDARIO DO ENTROIDO LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

SÁBADO

DOMINGO FARELEIRO

MERCORES DE CINZA

COMPADRES

OLEIRO

COMADRES

CORREDOIRO PIÑATA


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.