Lecturas verán

Page 1

Xa estamos de vacacións, máis tempo libre para poder xogar, bañarse e... ler fantásticas historias en lugares marabillosos!!! Poderemos elixir: converternos en superheroes, viaxar ao mundo dos contos, ou rirnos con historias cotiás de rapaces e rapazas coma nos. Anímaste? Escolle os que máis che gustan y no dubides en comezar a ler as súas páxinas.


Yo, el lobo y las vacaciones con el abu. Delphine Perret. Editorial Kokinos. Luís pensa que ter unha mascota na casa é moi práctico, sobre todo si che axuda cos deberes. Pero as cousas complícanse se o animal de compañía é un lobo flacucho, susceptible y que so pensa en tragar galletas. Un verán, o avó levou ao seu neto, e ao lobo -¡qué remedio!-, de vacacións. Unha viaxe inesquecible para todos! Máis cerca do cómic que dun conto tradicional, este libro divirte, sorprende e deixa con ganas de máis. En branco e negro, dividido en breves capítulos.


¿Rinoceronte? ¿Qué rinoceronte? Pablo Albo. Editorial Everest A historia comeza cando un ourizo, recollido por un condutor, chega a casa dunha familia e queda a vivir alí. Os veciños, ao coñecer a historia do ourizo, empezan a levarlles animais de todo tipo, para que se fagan cargo deles. A irmá do protagonista, por si fora pouco, ten un rinoceronte propenso a tropezar con todo, unha especie de animal incorpóreo e invisible. Aparece tamén un elefante que pode deslizarse por debaixo das portas. Ao pouco chega Postizo, un león velliño, desdentado e pacífico, pero que non soporta os gritos y que, cando alguén levanta a voz, trágao. Hai tamén un crocodilo xordo, unhas formigas que están sempre buscando bocados saborosos, entre as visitas ou os membros da familia. En fin, a familia vive cada vez máis angustiada.


Corazón de pedra. Agustín Fernández Paz. Editorial Oxford. Todos os nenos teñen un animal preferido e os de Brenda son os dragóns. Despois de ler moitos libros sobre o tema, Brenda sabe perfectamente como eran os dragóns e o que non consegue entender é por que desapareceron. Cando chegan as vacacións do verán, a protagonista e mais os seus pais viaxan a unha casa rural nun bosque. Alí, Violeta, a dona da casa, cóntalle a historia da “Cova da serpe”, onde ao parecer habitara un dragón. Un estraño escritor e unha pedra con forma de dragón engaden máis misterio a situación.


¡Nos vamos a Brasil! Colección: ¡GOL! Luigi Garlando Editorial Montena “Yujuuu! Os Cebolletas xa remataron o curso e teñen por diante un verán realmente MACANUDO: van pasar as súas vacacións en Brasil, o reino do fútbol! João, o extremo esquerdo do equipo, xa os está esperando en Río de Xaneiro, onde coñecerán o mítico estadio de Maracaná e adestrarán xunto aos seus grandes ídolos…” Hai moitas máis aventuras dos Cebolletas!!!


Mago por Casualidad Laura Gallego Editorial: Bruño Ratón é o típico rapaz que traballa na típica pousada do típico reino fantástico, cos seus típicos cabaleiros, feiticeiros e tipiquísimos dragóns. Un día, un accidente cun obxecto máxico outórgalle os grandes poderes do famoso mago Calderaus... uns poderes que non sabe usar. O problema é que Calderaus, agora convertido en corvo, non se deterá ata recuperar o que é seu... e Ratón desexará non habelo coñecido nunca. Os dous iniciarán unha delirante viaxe, na que coñecerán a toda unha serie de personaxes extravagantes y vivirán una serie de tolas aventuras repletas de humor.


Cama y cuento Gonzalo Moure Editorial Anaya O que máis lle gustaba a Malva era que a súa nai lle contase un conto na cama. Para ela oír as palabras “cama e conto” era o mellor do día. Con aquelas historias viaxaba ata un mundo de maxia e de fantasía onde todo era posible. Pero dende que aprendeu a ler, cando cumpriu os seis anos, as cousas cambiaron e xa non hai “cama e conto”. A nai de Malva cría que ela xa podía ler os contos soa. Pero Malva tivo unha gran idea para mudar a súa vida…


El secreto del huevo azul Catalina González Vilar Editorial SM No castelo de Dadrev apareceu un ovo azul. Haberá que esperar a que se abra para descubrir qué segredo garda no seu interior. Pero cando a cáscara rompe… non hai ninguén diante. Rolav, o pequeno príncipe, non sabe qué facer. Había prometido vixialo e agora vai defraudar a todo o mundo, así que inventa una escusa e promete amosarlles o animal ao día seguinte. Agora so queda o máis fácil: viaxar ao País das Mentiras en busca da extraordinaria lagarta que imaxinou. Iso, ou… dicir a verdade.


Un misterio na mochila de Alba Fina Casalderrey Editorial Oxford Alba vive nunha casa abandonada. Os veciños do lugar non entenden que una nena tan pequena viva soa, acompañada unicamente de súa mochila branca. Entón, dous nenos e una nena comezan a seguila, intrigados polo contido da mochila. Alba rexeita os seus ofrecementos para conseguir la bolsa; por nada do mundo se desprendería do seu contido.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.