O Boletín nº 33 / setembro 2016 Edición trimestral
REPORTAXE
Obra Social la Caixa, 17 anos colaborando con COGAMI COGAMI leva vinte e seis anos prestando servizos a persoas con discapacidade, co fin de mellorar tanto a súa calidade de vida como as das propias familias. Moitos destes servizos non serían posibles desenvolvelos se non houbera atrás organismos que os apoian, que colaboran economicamente para poder sufragalos. E un destes organismos é Obra Social la Caixa.
A primeira toma de contacto que mantiveron Obra Social La Caixa e COGAMI ronda a maioría de idade. Xa pasaron dezasete anos desde que as dúas entidades se presentaron e trazaron as que podían ser as liñas de colaboración que poderían emprender conxuntamente. Obra Social la Caixa ten como misión construír unha sociedade máis xusta, que dea máis oportunidades ás persoas que máis o necesitan. Con esta finalidade, lanza anualmente convocatorias que permiten que as entidades sociais presenten proxectos con obxectivos a favor da inclusión social, a loita contra a pobreza, a atención á discapacidade e dependencia ademais de apoiar o emprendemento social e con-
2
tribuír na mellora social ou formativa. Tanto COGAMI como as súas entidades membro levan presentándose dende 1999 a estas convocatorias, a través de programas que teñen por finalidade mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade ou enfermidade crónica, no caso das entidades sociosanitarias. Dos proxectos presentados, Obra Social la Caixa aprobou máis de medio centenar, posibilitando que máis de 3.000 persoas resultaran beneficiarias trala execución destes. Todos os proxectos desenvolvidos por COGAMI teñen un fin común que se pode definir como o tratar de mellorar a calidade de vida das persoas e familias. Para lograr isto, presentouse a diferentes convocatorias que permite La Caixa e que lle foron aprobadas, podendo destacar as destinadas a impulsalo emprego, como ocorre co programa Incorpora que está dirixido a persoas que teñen máis complexo o acceso a un traballo, como tamén á formación, ao apoio ao transporte adaptado, de lecer, ademais de proxectos destinados á construción, rehabilitación ou equipamento de centros de persoas con discapacidade; outros son programas desenvolvidos son do coidado da saúde, socio asistenciais ou de fomento da autonomía persoal, de apoio a centros especiais de emprego que posibilitan o incremento do persoal laboral e tamén, la Caixa confiou no proxecto afectivo sexual no que se beneficiaron 70 persoas, e que resultou premiado tanto por ser innovador como por apostar polo cambio social. E por que la Caixa decide apoiar a COGAMI? Segundo o director territorial en Galicia, Marc Benhamou “Un dos eixos de actuación da Obra Social la Caixa consiste en fomentar o desenvolvemento
O Boletín O Boletín nº 33/ Nº setembro 31/ marzo2016 2016
integral das persoas, a través de proxectos que potencien a súas capacidades, favorezan a igualdade de oportunidades e reforcen as redes existentes de apoio. En moitos casos, a implantación destes proxectos require da colaboración dunha entidade que ofreza o coñecemento necesario do territorio, das necesidades específicas dos usuarios aos que se dirixen e que presente unha traxectoria de traballo de recoñecido prestixio. Todos estes son rasgos que caracterizan a COGAMI”. Ademais da Confederación, existen varias entidades do noso movemento asociativo que puideron
“la Caixa ten en COGAMI a un dos seus principais socios en Galicia á hora de traballar na atención das persoas con discapacidade”. Marc Benhamou. director territorial de CaixaBank en Galicia
Programa Incorpora Unha destas oportunidades que permite a integración laboral de persoas con especiais dificultades para encontrar traballo é o programa Incorpora, que desenvolve a área de emprego, o SIL. Ten como un dos cometidos tender pontes entre empresas e entidades sociais para crear postos de traballo. Dende a súa posta en marcha en 2012, o programa facilitou 351 insercións laborais nalgunha das 706 empresas que están participando e que lanzaron 506 ofertas de emprego.
COGAMI integra este programa xunto con outras entidades galegas de prestixio como son Igaxes3, Fundación Érguete-Integración, APES, FEAFES Galicia, Fundación Juan Soñador e Cruz Vermella de Lugo e Ourense. Ademais, dende 2014, COGAMI é punto de formación Incorpora na provincia de Lugo, unha posibilidade máis cara á incorporación ao traballo, xa que permite que a formación que se dá sexa adaptada ás necesidades das empresas.
“Incorpora supón unha oportunidade para aquelas persoas que teñen máis dificultades para atopar un emprego”. Mari Carmen Insua Fabeiro. Coordinadora do SIL
atender ás persoas usuarias a través de programas financiados por la Caixa, como ocorre coas Federacións de COGAMI Coruña e Pontevedra, Asociación Galega de Fibrose Quística, Alcer, Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, ELA e Parkinson, Asociación de Enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa, Asociación de Esclerose Múltiple de Compostela, Íntegro, Adisbismur, Misela, Ámbar, Avante, A Mariña, Asociación de O Carballiño, Amizade, Adapta ou Asodifisi.
3
ENTREENOVAS Noraboa polo cargo
Ignacio Rodríguez Sáez, novo presidente de AECEMCO: “Os centros especiais de emprego teñen que estar para dar oportunidades laborais” Ignacio Rodríguez Sáez, o secretario xeral
recursos para chegar a ser unha consultora do noso entorno e que nos permita elaborar documentación e de COGAMI e vicepresidente da Asociación Galega informes propios. Tamén é importante ampliar o de Centros Especiais de Emprego (Cegasal), vén de carácter territorial de AECEMCO, por exemplo, en ser elixido presidente de AECEMCO, unha asociación Cataluña, Madrid e País Vasco case non ten presenza que representa a 100 centros especiais de emprego en porque o número de centros especiais de emprego de toda España e a preto de 14.000 traballadoras e iniciativa social de persoas con discapacidade física traballadores con discapacidade física e orgánica, apenas existen nestas Comunidades. entidade que forma parte de COCEMFE COGAMI: Cómprese que o traballador dea o salto (Confederación Española de Personas con á empresa ordinaria dende o centro especial de Discapacidad Física y Orgánica). emprego? COGAMI: Estas catorce mil persoas Ignacio: Non, non se cumpre. Se o que facemos é que traballan nos centros especiais competir no mercado con empresas ordinarias de emprego, deberían facelo na que se converteron en centros especiais de emempresa ordinaria? prego, o que facemos é acaparar ás persoas Ignacio: Uns si e outros non. cualificadas para os centros especiais de Unha das principais reivindicaemprego impedindo que vaian á empresa cións de AECEMCO é a defensa ordinaria. dos centros especiais de emprego COGAMI: Ignacio, que tés apuntado na de iniciativa social, co obxecto de axenda para os vindeiros meses como que traballen neles as persoas presidente de AECEMCO? que o teñen máis difícil na Ignacio: Estamos na empresa ordinaria. Ser definición do novo modelo de iniciativa social non signicentro especial de emprego e fica nada se non logras disto vai depender o futuro. darlle oportunidades O máis importante de cara á xente que máis o á finais de ano, é ter un necesita, está claro modelo consensuado do que a nosa obriga é novo tipo de centro especial poñer medios para “Ser iniciativa social non significa de emprego que queremos: que traballen os que o ten que manter o 50% teñen máis difícil para nada se non logras darlle oportuni- se do cadro de persoal con acceder á empresa dades á xente que máis o discapacidade ou se ten ordinaria. que manter no 70%, que COGAMI: Que necesita” tipo de financiamento ten pretendes como que ter, etc. presidente de Ao longo do ano haberá que ir visitar as Comunidades AECEMCO? Autónomasnas que estamos representados, explicar a Ignacio: Pois o que dixen o día das eleccións: nosa visión, o que queremos alcanzar, pero tamén teAECEMCO ten que ser un lobby para presionar e mos que conseguir un carácter territorial, tempos que defender os dereitos dos centros especiais de emprego manter o contacto con todas para traballar conxuntade iniciativa social. Ten que representar os intereses mente. dos centros especiais de emprego de persoas con discapacidade física e orgánica, e tamén ten que ter os
4
O Boletín O Boletín 31/ marzo 2016 nº 33/Nº setembro 2016
A empresa social Dixardín mantén as zonas verdes do concello de Boimorto Persoal que traballa na iniciativa empresarial Dixardín
O conselleiro delegado de Galega de Economía Social, Ramón Sestayo Lestón, e maila alcaldesa do concello de Boimorto, Mª Jesús Novo, asinaron un contrato para que Dixardín sexa o centro especial de emprego que realice os traballos de mantemento das zonas verdes e axardinadas municipais. A partir da sinatura deste contrato, é a empresa Dixardín a que se vai encargar de arranxar os espazos verdes da Casa Consistorial, o campo de fútbol municipal, o campo de
adestramento, o merendeiro, a piscina municipal, os arredores do centro de saúde, a praza de A Gándara, a residencia, o entorno de a lagoa de Boimil e tamén do albergue e da praza da feira do Rosario. Os traballos, iniciados o 1 de agosto, e que se van estender durante un ano, comprenderán actividade de sega, poda de arborado, limpeza de xardinerías, sementes, abonos, eliminación de restos vexetais en pavimento e recorte de pólas. Dixardín é unha das nove iniciativas
Ramón Sestayo, conselleiro delegado de GES, participou na presentación do proxecto
Estudantes con discapacidade da USC que cursan o último ano de grao ou un máster, teñen a oportunidade de formar parte do proxecto Mentoring Inclusivo, un programa no que colabora COGAMI, que os orienta e apoia na busca de emprego. Profesionais da Confederación e do grupo de empresas Galega de Economía Social encárganse de tutorizar e orientar a estas alumnas
e alumnos, co fin de que logren ampliar as posibilidades de empregabilidade. Mentoring Inclusivo iniciou coa participación de catro alumnos/as dos graos de Lingua e literatura españolas, Filosofía e Xornalismo e do Máster de Profesorado. Esta proposta, que apoia ‘la Caixa’, ten por finalidade permitir que persoas con estudos superiores que teñan acreditada algún tipo de discapaci-
empresariais de economía social que forman parte de Galega de Economía Social. Está formada por 40 traballadores e traballadoras que realizan labores por toda Galicia, se ben están localizados nos centros de traballo que ten en Milladoiro, no concello de Ames, e nos concellos de Arzúa, Laxe e Muros. A empresa nace en 2010 e dedícase ao deseño e paisaxismo, construción e conservación de parques e espazos verdes, ofrecendo un servizo integral.
COGAMI e a Universidade de Santiago asesoran a estudantes con discapacidade dade contacten con cadros directivos de empresas co fin de poder ampliar as súas posibilidades de inserción. Distintos profesionais de centros especiais de emprego como son COINCO, DIXARDIN, GRAFINCO, TRAMEVE, COMBINA e Hornos Lamastelle, forman parte do equipo de mentores que darán apoio ao estudantado con necesidades educativas específicas, derivadas da condición de discapacidade.
5
NOENTREVISTA
Entrevista a Anxo Queiruga Vila: presidente de COCEMFE O pasado mes de xuño, o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga Vila, gañou as eleccións á presidencia de COCEMFE, organización que podemos describir como un COGAMI pero a nivel estatal, con máis de 1.600 asociacións que representan a tres millóns de persoas con discapacidade física e orgánica. Agora Anxo vive a cabalo entre a capital de España e a capital de Galicia, para el coller un voo estase facendo do máis habitual.
COGAMI. De Madrid a Santiago e de Santiago a desprazarse a diferentes lugares nos que toquen xuntanzas de COGAMI. Este ritmo vas ser capaz de mantelo durante moito tempo, Anxo? A.Q. Ao principio si que vou e veño, pero para o ano que vén tratarei de mudarme a Madrid. Aínda que na última asemblea que celebramos dimitín, sigo sendo o presidente de Cermi Galicia, e este cargo require dedicación plena. Así que ata o mes de novembro irei e virei, e logo tratarei de instalarme en Madrid coa familia.
COGAMI. Deixas a presidencia de Cermi Galicia pero, que vai pasar coa presidencia de COGAMI? A.Q. Deixo o Cermi Galicia, pero siguirei mantendo a presidencia de COGAMI durante estes tres anos que me quedan de lexislatura, polo que a vou compatibilizar coa presidencia de COCEMFE. De COGAMI non marcho. COGAMI. Presidir unha organización que representa a 1.600 entidades supón unha grande responsabilidade, non é así? A.Q. Si, é unha inmensa responsabilidade e tamén unha satisfacción e un privilexio que
“Para este proxecto conto cun equipo que ten moita ilusión e gañas”
6
O Boletín nº 33/ setembro 2016
compañeiras e compañeiros de moitas entidades de discapacidade física e orgánica de COCEMFE confiaran no meu proxecto para estes catro anos. Para este proxecto conto cun equipo que ten moita ilusión e gañas. COGAMI. Xa está totalmente metido en fariña, como quen di, así que, cales son eses temas prioritarios para a nova presidencia nos que se debe actuar canto antes? A.Q. As persoas con discapacidade física e orgánica non podemos quedar descolgados da sociedade, non somos o coche escoba. Non pode ser que a día de hoxe teñamos que seguir falando de accesibilidade e barreiras arquitectónicas. Si é verdade que avanzamos nos últimos vinte e cinco anos pero, se collemos o decálogo de dez reivindicacións que demandábamos daquela, sete seguen vixentes. Temos que traballar coordinada e cohesionadamente, sumar esforzos con outras entidades de CERMI, con organizacións de pobreza e exclusión social, coa Plataforma de Pacientes, a Federación Española de Enfermidades Raras, en definitiva, con todas as compañeiras e compañeiros cos que temos moitas máis cousas que nos unen que nos separan. Temos que traballar para que as persoas con discapacidade teñan unha plataforma onde se fagan valer os seus dereitos e poidamos dar recursos necesarios para empoderalas, que decidan como queren vivir a súa propia vida. COGAMI. E que retos se presentan que deben ser superados nesta nova etapa de COCEMFE? A.Q. A accesibilidade, a educación inclusiva cos mesmos apoios para nenas e nenos con discapacidade, a dobre discriminación das mulleres e nenas con discapacidade, o desemprego, a inclusión laboral das persoas con discapacidade, o acceso á vivenda nas mesmas condicións. No espazo sociosanitario segue habendo carencia de atención en pacientes crónicos. Polo tanto, o movemento da discapacidade ten que lograr avanzar cohesionado, xunto, unido, compartindo obxectivos para facer valer os dereitos dese 10% da poboación nacional que representa. COGAMI. Para este novo goberno, que propostas lles van facer dende COCEMFE?
A.Q. A modificación dunha vez por todas da Lei de Propiedade Horizontal para que as persoas con problemas de mobilidade non sigan encarceradas nas súas vivendas. Que as persoas teñan recursos e apoios necesarios para poder vivir dunha maneira independente, que se recuperen os programas que había para as persoas que non tiñan un grao de dependencia. Temos que ter en conta que só o 17% de persoas con discapacidade son beneficiarias da Lei de Dependencia. Temos que recuperar esta lei porque se trata de persoas con nomes e apelidos que necesitan este recurso. Outro recurso que reclamamos é o emprego porque é vital, xera independencia económica ás persoas e contribúe a que tomen as súas propias decisións e as rendas da súa propia vida. Polo tanto, as políticas activas de emprego hai que recuperalas e ofrecer recursos que favorezan a inclusión laboral. É inasumible que as persoas con discapacidade tripliquemos a taxa de inactividade e dupliquemos a de desemprego, ademais da perda de emprego que sufrimos nos últimos oito anos. Polo tanto, aquí temos moito que facer. O novo goberno de España ten que estar á altura para que as persoas con discapacidade non quedemos descolgadas, illadas e imposibilitadas de acceder ao mercado laboral.
“Temos que traballar para que as persoas con discapacidade teñan unha plataforma onde se fagan valer os seus dereitos e poidamos dar recursos necesarios para empoderalas”
Membros da xunta directiva de COGAMI desprazáronse a Madrid durante as eleccións a COCEMFE
7
INICITIVAS DE ECONOMIA SOREPORTAXE
Grafinco: a imprenta das oportunidades En Lugo, na rúa da Luz, preto do campus universitario, hai unha imprenta cunha finalidade que vai máis alá que un simple negocio. Cada cliente que contrata servizos a esta imprenta, o que fai é crear oportunidades para aquelas persoas que o tiñan, e aínda seguen tendo, máis complexo para traballar. Falamos dunha empresa de iniciativa social que contrata ás persoas polas súas capacidades, que confía nas persoas máis alá da súa condición. Falamos de Grafinco, a imprenta que conta con 12 traballadores, todos salvo un, con discapacidade.
G
rafinco iniciou a súa actividade en 1998, despois de que COGAMI impartira en Lugo un curso sobre uso de ferramentas informáticas e multimedia, unha formación enmarcada dentro dunha iniciativa europea denominada Horizon. Ao rematar, había que intentar que parte do alumnado puidera atopar un traballo, polo que se empeza a barallar a posibilidade de abrir unha imprenta propia. Así foi como inicia
8
a actividade Grafinco, con 4 persoas contratadas. Unha destas primeiras persoas en entrar a formar parte deste novo proxecto foi Dora López Rodríguez. Por casualidade, enterouse de que COGAMI impartía cursos ás persoas que estaban apuntadas no Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) e decidiu formar parte do mesmo. Trala formación, saíulle una oferta laboral de Grafinco como deseñadora, xa nin intentou buscar traballo para a formación que tiña como delineante. Aquí quedou. “A experiencia é moi positiva, cada ano vou aprendendo cousas. Gústame porque hai moita creatividade”, expresa Dora. En 2002 a imprenta Grafinco experimenta unha mellora nas súas instalacións, como a ampliación do espazo de traballo, adaptándoo á forma de operar e dotándoo de maquinaria e tecnoloxía de impresión que repercute positivmante na calidade do servizo. Con esta remodelación, chegan á imprenta máis contratos de persoal, chegando a triplicar os catro postos iniciais. Agora son 12 persoas as que aquí traballan: 2 encárganse de atención ao cliente, 3 de tarefas de deseño e preimpresión, 4 encárganse da impresión das máquinas e outros 3 son os que realizan as tarefas de remate final como o corte e acabados manuais. Rubén Vázquez é dos que fai un pouco de todo. Entrou hai 12 anos para realizar a substitución dun compañeiro e, quedou ata hoxe. Descoñecía o traballo dunha imprenta pero, pouco a pouco, con tesón, fíxose co manexo das máquinas, co manipulado e co corte, iso si, axudado polos cursos de formación interna que lle ofreceu a empresa. Rubén, como Dora, atopou este traballo a través do SIL, e agradece esta oportunidade laboral porque, segundo di “aparte de formarte como traballador, nestes anos fórmaste como persoa. Entrei sendo un rapaz con vinte e catro anos e agora xa son un home, con trinta e seis, e con familia”. Un dos últimos en chegar ao equipo foi Juan Francisco Cambiazo, que entrou en Grafinco hai ano e medio, tras asistir a unha entrevista na que
Boletín OOBoletín 31/setembro marzo 2016 nºNº33/ 2016
a empresa reclamaba persoal para unha tempada con maior carga de traballo. Juan Francisco, electricista de profesión, tras sufrir un accidente laboral, quedou cunha incapacidade para traballar na ocupación que tiña, o que lle ocasionou tamén un cambio de rumbo profesional. “Botei bastante tempo sen traballar”, conta Juan Francisco, “incluso tiven a oportunidade de formarme con COGAMI como condutor de autobús, pero entrei en Grafinco e quedo encantado de pertencer a este equipo”.
Rubén Vázquez
Actividade e clientes de Grafinco Grafinco ofrece unha ampla gama de produtos en deseño e impresión en todo tipo de soportes, como libros, revistas, catálogos comerciais, publicidade en papel, lonas, vinilos, displays, luminosos, decoración de eventos, vinilos de corte e impresión e todo tipo de produtos promocionais impresos ou gravados en serigrafía, bordado, láser e outros sistemas. Os encargos anuais chegan a superar os 1.200 traballos de impresión. Esta empresa non seguiría en activo se non fora pola carteira de clientes coa que conta, unha lista que supera os 500, moitos deles particulares, ademais de empresas e a propia Administración, como a Xunta de Galicia, o concello e a Deputación de Lugo, os Complexos Hospitalarios de Santiago e Compostela e de Vigo, a Universidade de Santiago, ABanca, Nuter Feed, Polusa e Delagro, entre outros.
Juan Francisco Cambiazo
Dora López
9
ASOCIACIONS MEMNOVAS Xa a temos
O conselleiro, José Manuel Rey, interesouse pola horta ecolóxica de Medelo
Política Social visita o centro de recursos de Medelo O centro de recursos para persoas con discapacidade que COGAMI ten en Medelo contou cunha xornada diferente ás habituais, ao recibir a visita do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, que chegou acompañado pola directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, e o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña. Durante o percorrido polas instalacións, un espazo de preto de 800 metros cadrados que acolle servizos de información, asesoramento, formación e atención tera-
péutica, as persoas convidadas tiveron a oportunidade de coñecer o traballo que se desenvolve en Medelo e que o propio Conselleiro cualificou como “todo un referente no ámbito rural polo amplo programa de actividades e programas lúdicos de que dispón, así como educativos, deportivos, de convivencia e de formación profesional”. A Consellería financia con 150.000 euros que van contribuír ao seu funcionamento diario e que investiranse tamén no mantemento das instalacións.
O conselleiro, Román Rodríguez, interesouse polas obras do proxecto
Remata EnREDarte coa visita do conselleiro de Cultura a Lugo O programa cultural EnREDarte chega ao seu fin durante este ano e, para facer balance de como se desenvolveu, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, visitou o centro que ten COGAMI en Lugo. O presidente da Confederación, Anxo Queiruga, explicoulle ao Conselleiro que participaron 226 persoas nos 20 talleres que se celebraron en Lugo, Monterroso, A Mariña, Monforte, Santiago e A Coruña.
10
O proxecto EnREDarte pretende incentivar o hábito e frecuentar actividades culturais e estimular a capacidade de superación persoal. Obradoiros de artes plásticas, fotografía artística, escritura creativa, teatro, música tradicional e popular, ademais de danza contemporánea, foron os que se desenvolveron nos centros de recursos e asociacións membro de COGAMI.
Xa se pode solicitar a tarxeta acreditativa do grao de discapacidade Todas as persoas que teñen recoñecido pola Xunta de Galicia un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, poden solicitar a nova tarxeta acreditativa do grao de discapacidade. Este novo formato, similar ao dun carné, iniciou a súa impresión a primeiros do mes de agosto. A nova tarxeta non vai crear por si mesma novos beneficios e servizos a maiores dos que ata o de agora podiamos optar, o que si fará é facilitar a acreditación cando se nos sexa requirida, evitando deste xeito a presentación de papeis e documentos como estabamos facendo ata o de agora. Para poder solicitar a tarxeta, hai que dirixirse ás xefaturas territoriais da consellería de Política Social da Xunta, onde hai que presentar a resolución administrativa compulsada que acredita ser titular dunha discapacidade recoñecida, a solicitude da nova tarxeta, o certificado do padrón da persoa solicitante e a fotocopia compulsada do DNI. Outra maneira de solicitala é a través da páxina web da Xunta www.xunta.es, accedendo ao apartado de Sede Electrónica. De todos modos, dende o equipo de Traballadoras Sociais de COGAMI, aconséllase contactar antes con Asuntos Sociais do Concello para que informen detalladamente de como proceder á hora de solicitar a tarxeta acreditativa do grao de discapacidade.
O Boletín nº 33/ setembro 2016
De concerto solidario
Orientadoras laborais do SIL nas instalacións de COGAMI en Ferrol
O concello de Ferrol apoia o fomento da contratación de persoas con discapacidade COGAMI e o concello de Ferrol asinaron un convenio para promover a igualdade de oportunidades cando as persoas con discapacidade queren acceder ao mercado de traballo. Para ilo, a concellería de Benestar Social, acordou facer entrega de 9.000 euros ao Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) de COGAMI, unha cantidade que vai ser destinada para alcanzar a integración social e laboral das persoas que están apuntadas neste servizo como demandantes de emprego. Durante 2015, este servizo de emprego
atendeu a 4.356 persoas, todas elas con discapacidade ou incapacidade laboral recoñecida para a profesión habitual, posibilitando que 258 persoas das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal atoparan un emprego. Só no concello de Ferrol, o SIL atende a 1.149 persoas (525 mulleres e 624 homes) e está en permanente contacto co empresariado, informándoo sobre contratacións, bonificacións e axudas para adaptación de postos de traballo.
Alberto Durán, vicepres. da Fundación ONCE e Anxo Queiruga, pres. de COGAMI
Fundación ONCE, COGAMI e Inserta Empleo, unidas para mellorar oportunidades laborais Un acordo asinado pola Fundación ONCE, COGAMI e a Asociación Inserta Empleo pretende mellorar o acceso ao emprego das persoas con discapacidade que residen en Galicia. Unha das liñas que se van seguir, xirará entorno ao establecemento de protocolos de colaboración entre os servizos laborais de COGAMI e de Inserta Empleo, co fin de executar programas tanto de captación como de derivación, orientación e
inserción laboral de persoas con discapacidade, preferentemente física, de Galicia. Paralelamente, van impulsar accións de sensibilización dirixidas ao tecido empresarial de Galicia, e entidades de representación, coa finalidade de dar a coñecer a realidade das persoas con discapacidade no ámbito laboral e as súas capacidades e talentos como fonte de oportunidade para a empresa.
Celso Álvarez, membro da xunta directiva, posa co cheque
COGAMI, beneficiaria dos concertos solidarios das adegas Martín Códax COGAMI foi unha das catro entidades sociais escollidas por Martín Códax como beneficiarias da recadación dos concertos solidarios que a adega organizou durante o mes de xullo. O membro da xunta directiva da Confederación, Celso Álvarez, foi o encargado de recoller o cheque solidario, acompañado de representantes das outras entidades sociais seleccionadas ao igual que COGAMI: Esperanza do Salnés, Arela e Fundación Amigos de Galicia. En total, durante estes concertos realizados no mes de xullo recadáronse 7.500 euros a través da venda de entradas, unha cantidade que se repartiu entre as catro entidades. Con esta edición, xa son cinco os anos nos que se celebran os concertos dos Xoves de Códax, unha cita musical que ten lugar na terraza das adegas á tardiña, o que permite gozar do sentido do oído coa música e tamén da vista, porque se poden admirar as postas de sol sobre a ría de Arousa. Este ano, os artistas convidados foron: De Vacas, Wöyza, Amparo Sánchez & Ico, Sole Giménez & Teo Cardalda, Eladio y Los Seres Queridos, Silvia Penide, Josemi Carmona & Tacón Gitano e Uxía & Javier Ruibal. Parabéns a Martín Códax por estes concertos solidarios e por contar con COGAMI.
11
PECHE
Duascentas persoas navegaron este verán a bordo do veleiro Laion
lecer que oferta COGAMI ao seu movemento asociativo, unha das actividades máis demandadas cada ano, desas nas que a xente que inicia quere repetir experiencia. O proxecto GAVEA (Galicia Vela Adaptada) é posible coa colaboración de distintos clubs náuticos que ceden os amarres, como é o caso do Real Club Náutico de Ribadeo, Marina Viveiro, Club Náutico Ría de Ares, Club Náutico de Camariñas, Muport- Marina Muros e o Real Club Náutico de A Coruña. Este programa de lecer achega unha
3.700 persoas con discapacidade navegaron a bordo do Laion dende que o veleiro chegou a COGAMI, durante o ano 2002
Un verán máis, o veleiro Laion izou velas e botouse ao mar, realizando travesías de tres e catro horas con persoas que habitualmente non teñen oportunidade para acceder a este tipo de actividades por motivos como o custo, por descoñecemento, ou por non estar habilitadas as embarcacións ás necesidades de todas as persoas. Este veleiro, que foi utilizado para o nar-
cotráfico, a Audiencia Nacional decidiu incautalo e darlle un xiro ao seu destino, entregándollo en garda e custodia á entidade Adisbismur de Muros. Agora a súa finalidade é a de realizar travesías con persoas con discapacidade a bordo, para que poidan experimentar a navegación. Durante este ano foron 200 as persoas que puideron gozar desta actividade de
experiencia diferente tras derribar barreiras que impiden o uso do medio mariño. Dende que iniciou este proxecto, máis de 3.700 persoas participaron nel, sendo durante este ano membros da Fundación AFANLAR e das asociacións Fraternidad, A Mariña-COGAMI, ASEM Galicia, o centro de recursos de Fingoi, COGAMI Ferrol, Discafis-COGAMI, APEM, ADISBISMUR e APAMP.
www.cogami.es