O Boletín 41

Page 1

nº 41 / decembro 2018 Edición trimestral

Premios COGAMI 2018: Grupo Ruta Jacobea, Manuel Novoa e Obra Social “la Caixa”


NOVAS

Centro de recursos de Fingoi, un dos beneficiarios do Plan de Prioridades

1.400 persoas de COGAMI beneficiáronse do Plan de Prioridades da Fundación ONCE COGAMI e as súas entidades membro presentaron durante este ano un total de 17 proxectos á convocatoria de subvencións de COCEMFE, entidade que ten un acordo coa Fundación ONCE para executar o Plan de Prioridades, un programa que permite que se leven a cabo actuacións que as entidades consideran prioritarias para a inclusión das persoas con discapacidade. Obras de mellora e dotación de equipamento en centros de recursos, programas de respiro

familiar, de sensibilización, de supresión de barreiras, de promoción da autonomía persoal ou servizos de terapias alternativas foi posible realizalos co orzamento de 392.755 euros aportados a través deste Plan de Prioridades da Fundación ONCE. Todos estes servizos postos en práctica favoreceron a máis de 1.400 persoas usuarias de COGAMI e o seu movemento asociativo, persoas que puideron mellorar a súa calidade de vida.

De esq. a dta. Ramón Sestayo, Fabiola García, Anxo Queiruga e Ildefonso de la Campa

COGAMI e Política Social asinan convenio para iniciar un servizo de rehabilitación no Cegadi O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, asinou un convenio coa conselleira de Política Social, Fabiola García, para poñer en marcha unha zona de rehabilitación e fisioterapia no Cegadi, o Centro Galego de Desenvolvemento Integral para Persoas con Discapacidade, que está situado en Santiago de Compostela. Trala sinatura deste convenio, presenciado polo vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo, e o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, iniciarán no Cegadi os servizos de 2

unidades terapéuticas de fisioterapia e rehabilitación, de terapia ocupacional, de psicomotricidade, de logopedia e de estimulación sensorial. A través destas prestacións, apóstase por un plan integral de actuación en persoas con discapacidade dende idades temperás. O acordo asinado terá unha vixencia de catro anos, con duración ata o ano 2022 e o orzamento ascende a 2,6 millóns de euros, dos que a Consellería de Política Social achegará 1,7 millóns de euros.

Charla impartida por profesionais de Dedaleira

Preto de 500 persoas fixeron uso do servizo Dedaleira de atención sexolóxica O servizo Dedaleira iniciou o ano pasado para ofrecer información, orientación e asesoramento en atención sexolóxica a persoas con discapacidade e ao seu entorno afectivo. Durante este ano foron preto de 500 as persoas que fixeron uso deste servizo, tendo a oportunidade de asistir moitas delas ás formacións impartidas polo servizo que trataron sobre a prevención de abusos sexuais infantís, ademais de tratar a educación sexual a menores, profesionais e familias como tamén, para tratar a sexualidade na discapacidade. Como novidade neste ano, Dedaleira desenvolveu proxectos que teñen por obxectivo traballar a afectividade e a sexualidade para previr, detectar e intervir en situacións de violencia sexual. Estes proxectos desenvolveunos en colaboración e coordinación con diferentes organismos da Xunta de Galicia, entre eles a Secretaría Xeral da Igualdade ou a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, así como entidades privadas como Obra Social “la Caixa”. Dedaleira conta cunha unidade que se dedica á detección e identificación de situacións en contra da liberdade e a indemnidade sexual das persoas con discapacidade. Denominada Qerelar, esta unidade está enfocada á prevención de abusos sexuais, como son as agresións sexuais, a violación, o abuso sexual, o acoso sexual ou a intimidación. Ademais, profesionais de Querelar encárganse de acompañar e asesorar individualmente ás persoas e ás súas familias que poidan vivir este tipo de situacións.


O Boletín nº 41 / decembro 2018

O alumnado gozou dunha xornada na que puido xogar cos Bolechas

Os Bolechas achegan a discapacidade ao alumnado no Día Internacional, 3 de decembro Máis de 200 alumnas e alumnos de infantil e primaria do colexio coruñés Emilia Pardo Bazán compartiron unha xornada de sensibilización sobre a discapacidade durante o 3 de decembro, o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Esta xornada serviu para presentar unha unidade didáctica e unha páxina web www.osbolechas.gal/cogami/ na que COGAMI estivo a traballar, xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Mediante contos, xogos e debuxos, preténdese sensibilizar na importancia que ten o respecto e o trato en igualdade

a todas as persoas, sen importar a súa condición. Ata o colexio desprazáronse os protagonistas desta unidade didáctica, Os Bolechas, quen causaron unha grande expectación entre o alumnado, quen non parou de amosarlles o seu agarimo e de interactuar con eles. O alumnado tamén participou nun circuíto para o manexo de cadeira de rodas e traballaron o tacto e o olfacto, actividades que tiñan por fin poñerse na pel de persoas con discapacidade.

O Xefe Territorial de Emprego e o Delegado Provincial visitaron un curso en Santiago

O 40% das persoas formadas con COGAMI durante este ano atoparon emprego Durante este ano, foron 642 as persoas que se formaron con COGAMI nos 56 cursos que a área de Formación ofertou coa finalidade de dotalas de habilidades profesionais e coñecementos de cara á inserción no mercado laboral. Estes cursos foron dirixidos a persoas con discapacidade en situación de desemprego e todas, tras rematar as clases teóricas, puideron realizar prácticas en empresas, unha oportunidade para demostrar os coñecementos adquiridos durante as clases.

De todo o alumnado formado durante este ano, o 40% logrou atopar emprego tanto en centros especiais de emprego como na empresa ordinaria. Os cursos foron financiados polas Consellerías de Emprego e Política Social, COCEMFE, Fundosa, o concello de Lugo a través do programa Empregalia, Fundación Once a través do programa Inserta, polo CPAP de Bergondo, o plan formativo de Incorpora de “la Caixa” e Tempe.

Sestayo e Herrera danse a man tras asinar convenio

Fundación Amplifon e COGAMI colaborarán para doar audífonos a persoas en situación vulnerable Persoas que teñen déficit auditivo e con escasos recursos económicos poderán ter igualmente acceso a axudas técnicas ou produtos específicos que melloren a súa calidade de vida. Así o recolle un convenio asinado polo vicepresidente COGAMI, Ramón Sestayo Lestón, e mailo presidente da Fundación Amplifon, Obdulio Herrera Raya, que vai permitir a mellora da calidade de vida de persoas con menos recursos ou en situación de vulnerabilidade. O obxectivo do convenio é que entre COGAMI, Amplifon e a Fundación Amplifon exista unha colaboración regular para promover accións de solidariedade e benestar social en xeral, con atención especial ás persoas con problemas auditivos. Neste senso, dende a Confederación comprométense a detectar, valorar e derivar a aquelas persoas que sexan susceptibles de seren atendidas pola Fundación Amplifon, organismo que ofrecerá servizos como a gratuidade dun estudo auditivo e dunha proba durante 30 días sen compromiso de compra, a subvención de ata o 75% de audífonos, pilas gratis, descontos en axudas técnicas e reparacións dun 20% ou tamén, revisións cuadrimestrais e anuais gratuítas ademais de financiación personalizada segundo condicións económicas da persoa usuaria. Outros dos compromisos adoptados pola Fundación Amplifon será a doazón de audífonos.

3


REPORTAXE

De esq. a dta. Anxo Queiruga, Borja Villasenín, Antonio Lema, Ildefonso de la Campa, Concha Fernández e Manuel Novoa

Obra Social “la Caixa”, Grupo Ruta Jacobea e Manuel Novoa Pérez, Premios COGAMI 2018 Como vén sendo tradición dende que iniciaron en 2010, COGAMI organizou unha nova edición dos Premios COGAMI, uns recoñecementos que creou a entidade co fin de agasallar ás institucións, empresas e persoas que traballan a favor da inclusión das persoas con discapacidade. Estes recoñecementos, que se entregan cada dous anos, nesta edición foron presenciados por máis de 300 profesionais de COGAMI e representantes de entidades do movemento asociativo, ao coincidir a

4

entrega coa celebración da xornada de Nadal da Organización en Santiago. O primeiro dos premios concedéuselle a Obra Social “la Caixa”, na convocatoria de Premio á Iniciativa Institucional, en recoñecemento ao apoio prestado polas entidades públicas e privadas ás persoas con discapacidade. O xurado acordou premiar a este organismo pola súa contribución a acadar unha sociedade con máis oportunidades, polo impulso de iniciativas sociais, colaborando

dende hai anos con COGAMI e o seu movemento asociativo e, polo tanto, pola inclusión e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade. Dende o ano 2015, Obra Social “la Caixa” colabora con COGAMI financiando programas de inserción laboral como o Incorpora e Máis Emprego, de promoción da vida independente como Independízate e de apoio ao asesoramento afectivo sexual como o proxecto Dedaleira. Todos estes programas puidéronse levar a cabo a través dun orzamento


O Boletín nº 41 / decembro 2018

que supera os 550.000 euros e que foi achegado por Obra Social “la Caixa”. O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Ildefonso de la Campa, entregoulle o premio ao director de área de Santiago de “la Caixa”, Antonio Lema. O segundo premio concedéuselle ao Grupo Ruta Jacobea, dentro da convocatoria Premio ao Labor Empresarial, que recoñece a aquelas empresas que integran laboralmente a persoas con discapacidade. O xurado elixiu esta empresa pola súa forte aposta e compromiso coa economía social, por colaborar dende hai anos con COGAMI e os seus centros especiais de emprego e, polo tanto, por contribuír á inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade e a posta en valor das súas capacidades. Grupo Ruta Jacobea confiou nun centro especial de emprego que iniciaba en Arzúa para dedicarse á xardinería, con moitas ganas de traballar e pouca experiencia no sector. Era Iso Riparia, hoxe en día coñecida por Dixardín, empresa de xardinería que se encarga de coidar as zonas verdes dos pazos de Vilar de Ferreiros, San Damián, Adrán e o

hotel Ruta Jacobea. A persoa encargada de recoller o premio foi Borja Villasenín, o director comercial do Grupo, e quen lle fixo entrega foi a Concelleira responsable de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos do Concello de Santiago de Compostela, Concha Fernández. O terceiro premio entregado foi moi aplaudido porque recaeu nunha persoa moi achegada á nosa Organización. O ourensán Manuel Novoa Pérez, recibiu o premio na convocatoria Premio “Domingos Dosil” á traxectoria persoal que, ademais de honrar a memoria do fundador de COGAMI, recoñece o labor daquelas persoas que, de xeito individual e desinteresado, traballan por un mundo máis inclusivo. Manuel leva anos traballando polo movemento social da discapacidade con dedicación, implicación, constancia e tesón, sendo un referente dentro do movemento asociativo, sobre todo en Ourense, lugar no que dá visibilidade ás persoas con discapacidade, tanto no ámbito escolar e universitario, como no ámbito laboral e deportivo. Destaca da súa traxectoria persoal a participación activa no movemento asociativo tanto da provincia de Ourense como do resto da

comunidade autónoma. Manuel Novoa subiu ao escenario a recoller o premio que lle entregou o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga. Membros do xurado O xurado desta edición estivo representado por: Anxo Queiruga Vila, como presidente de COGAMI, Juana María Tubío Ordóñez representando a COGAMI, Rosalía López Sánchez, vicepresidenta de Grumico, Ana de Castro López, usuaria de COGAMI e José Luis Lolo Celeiro, presidente da Federación COGAMI Lugo. Premiados en edicións anteriores Outros galardoados de edicións anteriores foron: os concellos de Santiago, Allariz e Pontevedra, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo, Fundación Vodafone, Pizzería Bocalino, Lidl Supermercados, Loida Imagen, o programa Convivir en Igualdade da Radio Galega, o presidente e fundador de COGAMI Domingos Dosil, o voluntario de COGAMI José Rey Aneiros, a presidenta de Asodifisi María Carreira, o presidente de Cegasal José Antonio Vázquez Freire e o voluntario Juan Ramón Salido Rodríguez.

Premiados e persoas convidadas no escenario xunto aos presentadores da xornada, Manuel Chapela e Alba Faro

5


NOVAS

Interior dun dos establecementos que conseguíu o distintivo #GaliciaAccesible

A Costa da Morte aposta polo turismo accesible O albergue Hostel As Eiras de Santo Estevo de Lires, no concello de Cee, e o albergue Arribada de Muxía veñen de conseguir o distintivo #GaliciaAccesible, un certificado que indica que cumpren cos criterios básicos de accesibilidade e adaptabilidade. Tras superar unha análise levada a cabo pola área de Accesibilidade de COGAMI, estes dous albergues son considerados como establecementos recomendados para ser utilizados por persoas con discapacidade e, polo tanto, saen publicados na webTurismo

Accesible by Equalitas Vitae e na APP Turismo Accesible. Con estes dous albergues recoñecidos, xa son cinco os distintivos entregados durante este ano. Dende COGAMI anímase a que sexan moitos máis os establecementos hostaleiros e turísticos que se unan ao proxecto Galicia Accesible. Por isto, estase a contactar con eles, ofrecéndolles información e asesoramento, porque non sempre as adaptacións que se poñen cumpren cos criterios adecuados.

Elsa é unha das persoas usuarias do servizo de asistencia persoal que ofrece COGAMI

Case 100 persoas son beneficiarias do servizo de asistencia persoal que presta COGAMI A asistencia persoal é un recurso que posibilita ás persoas con grande dependencia poder ter unha vida máis autónoma, ao contar estas cun/ha asistente persoal que lles vai proporcionar independencia no seu día a día a través da realización de tarefas persoais, do fogar, acompañamento, condución, coordinación e comunicación. Actualmente, COGAMI presta este servizo a través de Meular Servizos Asistenciais S.L. e Combina Social S.L., contando ámbalas dúas iniciativas 6

empresariais con 136 asistentes persoais que prestan servizo a 97 persoas usuarias. Como particularidade, en Combina Social, o servizo de asistencia persoal é desenvolvido por profesionais con discapacidade que prestan servizo a persoas tamén con discapacidade, creando oportunidades de emprego para o noso grupo social e permitindo tamén, o incremento de horas da persoa usuaria para as súas necesidades de apoio.

Instalacións de Hornos Lamastelle

Hornos Lamastelle aposta pola mellora das súas instalacións situadas en Oleiros O centro especial de emprego dedicado á elaboración de bolería e empanada, Hornos Lamastelle, centrou o traballo desenvolvido durante o ano 2018 na consolidación do posicionamento da súa marca no mercado e tamén, na mellora dos servizos da propia planta de produción que ten en Oleiros. Unha destas melloras foi acometida nas instalacións, onde colocaron paneis illantes que permiten temperaturas máis agradables tanto no verán como no inverno, beneficiando o desempeño do traballo do cadro de persoal. O obradoiro onde se elaboran as empanadas tamén se aclimatou para paliar as altas temperaturas derivadas dos fornos e da zona de lavado. Outras melloras foron a ampliación das cámaras de conxelado, unha demanda derivada polo incremento dos niveis de produción de Hornos Lamastelle; ao aumentar os pedidos, é necesario reforzar as zonas de conservación. Outros procesos de mellora levados a cabo foron a adaptación de espazos para descanso de persoal e tamén das zonas de oficina, taller e mantemento que, en breve, está previsto que se complementen cun espazo cuberto para almacenaxe de maquinaria e material que actualmente está en desuso. A comunicación é importante, por iso tamén se instalou unha rede Wifi para darlle cobertura a toda a planta de Oleiros e se melloraron os procesos e procedementos de xestión interna coa posta en marcha dun novo sistema informático. Todas estas melloras foron internas, pero moi encamiñadas á mellora da calidade das condicións do traballo e, por conseguinte, da seguridade e hixiene dos produtos que a diario saen do obradoiro de Hornos Lamastelle.


O Boletín nº 41 / decembro 2018

Accede Social leva máis de 547.000 quilómetros percorridos durante este ano nas rutas que realiza de transporte adaptado Os vehículos de Accede Social son adaptados

O peche de ano do centro especial de emprego Accede Social pódese dicir que foi sobre rodas, por caracterizarse nun non parar durante 2018 para cubrir as necesidades de desprazamentos de persoas con mobilidade reducida. Como empresa adxudicataria de concursos de centros de día para o transporte de persoas, Accede Social realizou o servizo de 12 rutas nos concellos de Vigo, As Neves, Ponteareas, Monforte e Pobra de Brollón. Ademais, percorreu outras 18 rutas nos concellos de Ferrol, Ourense, Cerdedo, Chantada e Ferreira de Pantón, sendo estas a través de vehículos asociados con empresas de transportes a través de UTES, onde as empresas poñen os vehículos e Accede Social o persoal de condución e acompañantes. Todas estas rutas suman durante 2018 un total de 154 persoas usuarias trasladadas dende os centros de día ata os seus

domicilios. Outros servizos prestados por Accede Social, que conta 66 persoas traballadoras e todas elas con certificado de discapacidade, foi o de transporte de persoas participantes no programa de lecer que oferta cada verán o Real Club Náutico de Sanxenxo, permitindo a navegación de embarcacións de vela adaptada. Servizo SGAMP ou transporte á carta Tras presentarse e gañar un concurso que ofertou a Consellería de Política Social, Accede Social realiza o Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal, destinado a persoas con discapacidade ou en situación de dependencia (SGAMP), anteriormente coñecido polo 065. Este servizo préstase en Vigo os 365 días do ano e son 3 os vehículos que cubren as necesidades de transporte de solicitantes, persoas con alto grao de dependencia e recursos precarios.

Contactan co servizo a través dunha centraliña para solicitar como máximo tres desprazamentos por semana, onde as rutas se establecerán segundo as paradas solicitadas. Este servizo, que estará operativo ata 2020 en principio, pode denominarse como “á carta” e serve para solucionar as carencias de transporte adaptado. No que vai de ano realizou máis de 7.500 desprazamentos. Compromiso para compartir coñecementos Accede Social conta con persoal cualificado e especializado no acompañamento e transporte de persoas con mobilidade reducida, por iso, este centro de economía social está a impartir cursos de acompañante de transporte adaptado que están dirixidos a persoas desempregadas, co fin de que teñan unha oportunidade de inserción laboral.

Nova liña de actividade en COGAMI Empresarial: nace Cualicar, dedicada á venda de vehículos seminovos Vehículos seminovos expostos á venda por Cualicar

Rematamos ano co inicio cunha nova actividade de COGAMI Empresarial, poñendo en marcha a marca Cualicar, que se dedica á comercialización de vehículos seminovos, comunmente coñecidos como vehículos de quilómetro cero. Todos os vehículos que expón á venda Cualicar cumpren estas características: non superan os tres anos de antigüidade e os 50.000 quilómetros, están practicamente novos, pasaron as revisións de

control garantidas por especialistas e non sufriron nin accidentes nin avarías. Dirixidos a todo tipo de clientela, xa sexa particular ou de empresa, Cualicar ofrece vehículos con descontos que chegan ata o 30% con respecto ao prezo dun concesionario e, o máis importante, dispón dun profesional, un axente comercial que asesora persoalmente sobre estilo de automóbiles que se queiran adquirir. Na páxina web www.cualicar.gal

pódense ver os vehículos que están á venda e, no caso de non atopar o modelo que estamos buscando, contactando no teléfono 673 058 147 é posible localizar o produto solicitado pola persoa interesada. Se tedes pensado comprar coche, quedade con esta marca, Cualicar, unha iniciativa que ademais de ser empresarial, tamén é social porque ofrece oportunidades ás persoas con discapacidade.

7


ENTREVISTA Cristina Delgado: “Os centros de día de maiores son necesarios, é unha alternativa de apoio á conciliación ou apoio emocional da persoa coidadora” Entrevistamos a Cristina Delgado, coordinadora da área Xerontolóxica de COGAMI. A mediados de 2010, a nosa Organización embárcase na xestión de centros de día de maiores de titularidade pública do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e tamén de titularidade municipal. Actualmente xestionamos 10 centros e, recentemente, resultamos ser adxudicatarios do concurso para a xestión dunha residencia de 64 prazas en Arteixo que conta cun centro de día de 40 prazas. A día de hoxe, atendemos a 344 persoas usuarias en toda Galicia e contamos con 360 prazas en total. COGAMI. Por que decide COGAMI xestionar centros de día de maiores? C.D. Principalmente para poñer en valor os coñecementos e a experiencia adquiridas na xestión de centros e servizos para persoas con discapacidade, para obter recursos e poder manter actividades sociais desenvolvidas por COGAMI e tamén, para xerar emprego para persoas con discapacidade. Cal sería o denominador común das persoas usuarias de centro de día, que perfís teñen? En todos os centros a gran maioría das persoas son mulleres, contamos con 277 mulleres e 68 homes. A idade maioritaria

8

está no tramo de 80 a 84 anos e podemos falar de que o 19% superan os 90 anos. Que fai a diario unha persoa dende que chega ata que marcha do centro? Sempre procuramos que estean coma na súa casa, adaptámonos ás particularidades de cada persoa, aos seus desexos. Tras unha valoración dun equipo de profesionais, e sempre tendo en conta as capacidades, desexos e necesidades da persoa, desenvolvemos diferentes actividades terapéuticas, sendo as máis comúns as relacionadas co aseo, mobilidade, alimentación ou as domésticas. Outras actividades son de lecer, aprendizaxe e desenvolvemento


O Boletín O Boletín

nº 41 / decembro 2018

nº 39/ xuño 2018

persoal, ou contacto social que lle resulten significativas ou agradables. O día a día no centro ten unha programación e un horario predeterminado que inicia coa chegada no transporte, o almorzo, esparexemento persoal e logo inicia a actividade terapéutica con orientación á realidade e análise da actualidade. Despois desta primeira parte séguese con actividades a nivel cognitivo ou funcionais durante a mañá e de aspectos mais lúdicos, manipulativos ou relacionais ao longo da tarde, antes da partida das persoas cara aos seus fogares. Todas estas actividades que se desenvolven, con que finalidade se fan, que se pretende? Buscamos mellorar as súas condicións de saúde, promovendo a independencia e xerando oportunidades de participación, promovendo a codecisión e o exercicio dos dereitos das persoas maiores e o seu benestar psicoafectivo. Apostamos pola calidade de vida das persoas, estimulando a súa autonomía e favorecendo a súa integración social, a través dun sistema prestacional que dá cobertura aos diferentes aspectos da área física, funcional, psicosocial e aos niveis preventivo, rehabilitador, sociocultural, lúdico e asistencial, tendo en conta os aspectos da filosofía dos servizos de atención centrados na persoa e ofrecer esas prestacións coa maior calidez posible na atención. Cal é a marca diferencial dun centro de día xestionado por COGAMI doutro calquera, cal é o noso valor engadido? COGAMI imprime no traballo un carácter social enfocado á atención non só das necesidades, tamén da valoración e posta en valor das capacidades de cada persoa, o que deriva nunha alta satisfacción tanto das persoas usuarias como das súas familias. A nosa marca diferencial é tamén o capital humano, destacando na xestión pola súa profesionalidade e o bo control sobre os procesos. Contamos con grandes profesionais que traballan nos centros e cunha estabilidade laboral con capacidade de adaptación, de versatilidade e de apertura e proxección cara ao exterior. Sodes uns centros que colaborades en actos sociais e culturais da zona, onde realizades portas abertas a colexios ou conmemorades datas como o magosto, as festas patronais, etc. Como viven estes actos as persoas usuarias? Gústalles moito celebrar datas especiais como poden ser estas referidas. Ademais, adoitamos

saír, celebralo con familiares, veciñanza,... son días que gozan da compaña doutras persoas que no día a día non teñen. Saen da rutina e realizan actividades especiais que supoñen unha novidade e un estímulo. Pretendemos que os centros sexan abertos á comunidade, onde se pretende ser un elemento activo. Ante unha sociedade con maior lonxevidade, cales son as expectativas de futuro para os centros de día? Os centros de día son equipamentos necesarios non só para o futuro, senón tamén no presente. Cada día a sociedade está cambiando. A incorporación de todos os membros da familia ao mundo laboral fai que cando precisas coidar dalgunha persoa ao teu cargo, teñas que buscar este tipo de alternativa de apoio para a conciliación, ou simplemente para o apoio emocional que supón para as persoas coidadoras

“Cada vez máis, os centros de día non se ven como sitios onde deixar aos familiares, senón que se ve a función preventiva, rehabilitadora e socializadora que prestan este tipo de servizos” asumir coidados de longa duración. Por outro lado, xa se sabe que a pirámide de poboación cada vez está máis invertida, sendo o envellecemento o estadio maioritario na poboación galega, polo que a esta realidade hai que darlle respostas acordes ás necesidades actuais. Por sorte, xa cada vez máis, as persoas ven os centros non só como sitios onde deixar aos seus familiares, tamén se ve a función preventiva, rehabilitadora e socializadora que prestan este tipo de servizos. Hai unha importante colaboración mutua entre as familias e as administracións na corresponsabilidade dos coidados das persoas que se atopan en situación de dependencia, pero baixo un prisma de enfoque centrado na persoa, onde esta é suxeito activo da intervención.

9


NOVAS

O servizo de logopedia está en funcionamento dende hai doce anos

Discafis COGAMI ofrece un servizo de logopedia que trata semanalmente a 25 persoas A Federación provincial ourensá DISCAFIS-COGAMI ten operativo dende 2006 un servizo de logopedia que presta atención semanal a 25 persoas usuarias tanto da federación como das 14 entidades membro. Financiado polo concello de Ourense, o servizo de logopedia ten por finalidade traballar tanto pola independencia deglutoria das persoas (comunmente coñecido como tragar o alimento) como pola comunicación, co fin de mellorar a calidade de vida das persoas usuarias. Os perfís das persoas que atende este servizo contan con patoloxías variadas e sintomatoloxías sendo, a

súa gran maioría, por enfermidades neurodexenerativas. Por isto, despois da avaliación de cada persoa, a intervención é individualizada. A Logopedia é unha profesión sanitaria para promocionar a saúde, previr, tratar e perfeccionar aspectos de función auditiva, da linguaxe oral e escrita, da voz a través da fluidez e articulación da fala e dos sistemas da deglución. Para máis información deste servizo de logopedia que ofrece DiscafisCOGAMI en Ourense, pódese contactar no teléfono 988 248 769.

Alumnado do curso de informática impartido na asociación A Mariña COGAMI

Entidades do rural desenvolveron cursos de formación prelaboral co programa FSE Galicia Inglés, cociña, coiro, informática, habilidades sociais e autocoidado foron as temáticas dos cursos FSE Galicia 2014-2020 impartidos por COGAMI en zonas de ámbito rural a través da subvención da Consellería de Política Social e cofinanciados polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo para o desenvolvemento de proxectos de formación en habilidades para o emprego de persoas con discapacidade.

10

Nestas accións formativas participaron 26 persoas usuarias das entidades Disvalia da comarca de O Barco de Valdeorras, Avanzar de Cuntis e da asociación A Mariña COGAMI situada no concello de Xove. Estes cursos de formación prelaboral teñen como obxectivo a promoción da inclusión social, ademais de loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.

Reunión da Comisión Sociosanitaria en Santiago

A Comisión Sociosanitaria de COGAMI participa activamente en foros A Comisión Sociosanitaria de COGAMI pecha o exercicio 2018 cos deberes feitos. Esta comisión, que nace para impulsar a correcta intervención sociosanitaria das persoas con discapacidade e problemas engadidos relacionados coa saúde, durante este ano realizou un estudo de seguimento de propostas lexislativas, sendo unha delas o proxecto de decreto polo que se regulan as áreas Sanitarias e os Distritos Sanitarios do Sistema Público de Saúde de Galicia, e tamén, fixo seguimento das actualizacións da carteira de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde. Outra acción levada a cabo por esta comisión, que consta de 23 entidades, foi a de darse a coñecer tanto a nivel interno, na propia Confederación, como tamén a nivel externo, entre os organismos e administracións relacionadas coa sanidade. Para esta difusión lanzaron unha campaña informativa conxunta a través das redes sociais que contou co apoio das entidades membro de COGAMI. Trala análise de seguimento dos resultados positivos acadados na difusión desta campaña, a Comisión Sociosanitaria acordou incidir durante o vindeiro ano no lanzamento doutra campaña de difusión nas redes sociais. Outros dos propósitos para 2019, é a apertura a outras entidades sociosanitarias que queiran formar parte desta comisión, continuar co labor de seguimento sobre normativas aprobadas pola Administración e tamén consolidar a participación de foros especializados como é o grupo de traballo do Plan de Humanización da Sanidade e a incorporación aos consellos asesores de pacientes de cada área sanitaria. Todas estas propostas teñen un camiño común, dar voz ás diferentes problemáticas que existen no ámbito sanitario e que lles afectan ás persoas con discapacidade.


O Boletín nº 41 / decembro 2018

Íntegro, unha das entidades que recolleu o vehículo adaptado entregado pola Deputación

A Deputación de A Coruña entrega catro vehículos adaptados a entidades da Federación A Deputación de A Coruña, a través da deputada de Servizos Sociais, Ánxela Franco, entregou un vehículo de transporte adaptado ás entidades ADISBISMUR, AVANTE, AMARAI e ÍNTEGRO, todas elas integrantes da Federación COGAMI Coruña, para apoiar os programas sociais que desenvolven. As catro entidades destinarán o seu uso ao transporte de persoas usuarias aos centros de recursos que teñen en Muros, Val do Dubra, Arzúa e Cabana de Bergantiños, respectivamente. Ánxela Franco e os presidentes das catro

entidades, asinaron o convenio de colaboración polo que a Institución Provincial fai entrega a cada entidade dunha furgoneta dentro do programa de adquisición e cesión de vehículos ás entidades sen ánimo de lucro da provincia de A Coruña, para a mellora dos servizos e prestacións en materia de servizos sociais. Ánxela Franco destacou “o especial interese da Deputación por colaborar con entidades que traballan con colectivos vulnerables e en risco de exclusión”.

Un dos autores das obras explícalle ao Conselleiro sobre o traballo realizado

A Cidade da Cultura expón obras realizadas a través do programa EnREDarte A sala Eisenman da Cidade da Cultura acolleu durante unha semana obras de pintura, fotografía e escritura creativa realizadas e deseñadas por persoas usuarias de 10 asociacións e 5 centros de recursos que forman parte de COGAMI. Esta mostra supuso o remate do programa EnREDarte, un proxecto financiado pola Consellería de Cultura que iniciou en 2015 coa intención de achegar diferentes disciplinas artísticas ás persoas con

discapacidade. Denominada Pezas e Trazos, esta mostra serve como exemplo de que, coas adaptacións precisas, é posible experimentar o que nos propoñamos, como así o demostran as 244 persoas participantes no programa. Ademais destes traballos que recolleu a mostra, EnREDarte tamén impartiu obradoiros de danza contemporánea, música tradicional, teatro e artes plásticas.

Unha das estancias da vivenda tutelada de Mos

COGAMI pon en marcha o servizo de vivenda tutelada no centro que ten en Mos En xaneiro entra en funcionamento un proxecto piloto para a posta en funcionamento dunha vivenda tutelada para persoas con discapacidade. Financiado por Fundación Bancaria “la Caixa” con 24.000 euros, este proxecto que se chama Independízate, vai formar, capacitar e posibilitar a vida independente ás persoas con discapacidade, ofrecendo oportunidades de autonomía persoal. O piso tutelado ou “pisito” como o denominan afectuosamente en Mos, é unha vivenda totalmente accesible que conta cos apoios necesarios para que 5 persoas con discapacidade, acompañadas de persoal coidador, compartan un espazo de luns a venres nun período máximo de tres meses. Durante esta tempada, desenvolverán aptitudes para a vida autónoma, aprenderán a valerse por si mesmas e tamén a tomar as súas propias decisións dentro da convivencia. Este proxecto vai dirixido tanto a persoas que contan con axuda dunha terceira persoa como tamén para as que non necesitan este apoio. Todas elas terán que traballar tanto aspectos básicos da economía familiar, como son o control de gastos e a xestión de compras, como tamén o aseo e coidado persoal, as tarefas de limpeza do fogar e o tempo de lecer ou esparexemento, tanto dentro como fóra da vivenda. A convivencia implica tamén acudir a citas médicas ou facer calquera outra xestión administrativa, contando o propio proxecto cun servizo de acompañamento e transporte que lles facilitará estas tarefas ás persoas usuarias.

11


PECHE

COGAMI sae á rúa para pedir edificios de vivendas accesibles

O centro de recursos de Mos montou un cárcere na céntrica rúa Príncipe de Vigo

COGAMI e o seu movemento asociativo saíron á rúa para reivindicar a accesibilidade de todos os edificios de vivendas e poñerlle fin á situación de discriminación que atravesan persoas con discapacidade que, sen ter cometido delito algún, non poden saír das súas casas por falta de accesibilidade. “A miña casa non é o meu cárcere” é o lema co se dou a coñecer a campaña #Arrestópolis, en referencia a aqueles edificios de vivendas nos que a carencia de accesibilidade obriga a persoas con mobilidade reducida a permanecer

fechadas nas súas propias casas en contra da súa vontade. A campaña, que foi capitaneada por COCEMFE (Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica), realizouse simultaneamente en 37 cidades e vilas españolas, sendo en Galicia nos concellos de Ourense, Muros, Pontevedra, Boiro, Vigo, Santiago, A Coruña, As Pontes, Lugo, Monforte de Lemos e O Carballiño. A mensaxe era común: reclamar a modificación da Lei de Propiedade Horizontal e eliminar a actual limitación

económica de 12 mensualidades de gastos da comunidade, para que sexa obrigatorio realizar as reformas de accesibilidade, da mesma forma que as comunidades veciñais afrontan outras reformas ineludibles derivadas das condicións estruturais, a estanqueidade, a habilitación e a seguridade. Nas concentracións leuse un manifesto que lembraba que o pasado 4 de decembro de 2017 finalizou o prazo legal para que todos os produtos, bens, contornas e servizos foran plenamente accesibles. Dende COGAMI pídeselle ás diferentes administracións, no ámbito das súas competencias, que dean unha resposta satisfactoria a esta problemática e axilicen todos os trámites legais e administrativos necesarios para que os edificios sexan accesibles e que a poboación en xeral respecte os dereitos das persoas con discapacidade física e orgánica, e colabore no seu exercicio efectivo. Neste sentido, o movemento asociativo das persoas con discapacidade pediu aos poderes da Administración que traballen a favor das persoas con discapacidade e leven a cabo accións necesarias para que ningunha persoa se vexa na tesitura de que non poida entrar nin saír da súa casa, xa que, para vivir con autonomía e plena participación social, é imprescindible a liberdade de movementos. Entre as propostas realizadas, figura priorizar nas reformas integrais e a instalación de ascensores ou ramplas sempre que sexa posible, en vez de optar por aquelas actuacións que facilitan a mobilidade pero requiren máis mantemento ou a intervención de terceiras persoas, como poden ser un elevador ou un salvaescaleiras.

www.cogami.gal


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.