O Boletín 18

Page 1

O Boletín Nº 18 / setembro 2012 Edición trimestral

Cadeira anfibia en Porto do Son

Conta atrás para a inauguración de Medelo Aínda non están operativas as instalacións, pero as futuras persoas beneficiarias, as persoas con discapacidade das comarcas de Deza, Tabeirós Montes e arredores, xa tiveron a oportunidade de percorrer todo o edificio. Como broche final de fin de curso, antes de coller as vacacións de verán, COGAMI-Deza organizou unha visita ao novo centro de recursos Medelo, para familiarizarse cunhas instalacións que se van estrear polo mes de outubro a máis tardar. Este novo centro de Medelo supón unha mellora na calidade dos servizos que presta COGAMI porque vai acoller no mesmo espazo e, con atención de luns a venres, servizos como logopedia, gabinete psicolóxico, fisioterapia, educación básica, formación cara ao emprego, habilidades básicas da vida

www.cogami.es

diaria e sociais, servizo de comedor, de transporte adaptado, entre outros. Actividades que se personalizarán segundo as necesidades das persoas beneficiarias. Ademais de ser funcionais, as instalacións do centro de recursos de Medelo son esteticamente innovadoras e adecuadas á contorna onde están situadas, unhas características que foron así descritas polo premio internacional Veteco de rehabilitación, un agasallo que lle foi outorgado ao estudo Arrokabe arquitectos de Compostela, o estudo encargado das obras. Con este novo centro, o movemento asociativo COGAMI suma un total de 12 CRD’s onde as persoas con discapacidade teñen a oportunidade de seguir potenciando as súas capacidades.

As persoas con mobilidade reducida que acudiron aos areais de Porto do Son puideron bañarse este ano grazas á adquisición dunha nova cadeira anfibia mercada polo concello e que lle entregou COGAMI. Esta cadeira anfibia supón unha axuda técnica dotada de rodas que facilitan que se poida desprazar pola area sen afundir e, ao mesmo tempo, está deseñada cun material que permite que flote cando se introduce no mar. Accións como estas de eliminación de barreiras, permítenlle ás persoas con discapacidade gozar tanto do lecer como de calquera outra actividade da vida. Por iso, dende COGAMI se traballa coas administracións públicas, para que se produza unha igualdade efectiva, sen exclusións.

Neste número: Convenio con AEMPE Proxecto Proximamed Premian a Coregal O Laion volveu sair navegar


NOVAS Deputados galegos do PP no Congreso de visita en COGAMI

O Vicepresidente de COGAMI acompaña aos deputados

Asínase convenio con AEMPE para favorecer o traballo no noso colectivo

Momento durante a sinatura do convenio

COGAMI participa nunha xornada cultural e de responsabilidade social

O Presidente de COGAMi durante a súa intervención

2

A sede central de COGAMI acolleu a visita dos deputados galegos do Partido Popular no Congreso, interesados polo traballo que dende a organización estamos a desenvolver a prol do noso colectivo. Durante a xornada de mañá, Irene Garrido Valenzuela, Paz Lago Martínez, Joaquín García Díez e Celso Delgado Arce, chegaron ata as instalacións que COGAMI ten en Santiago e nas que foron recibidos por parte da directiva de COGAMI. Os convidados realizaron un percorrido por todos os departamentos dos que se constitúe a entidade e nos que, segundo ían parando, se lles ía explicando o

labor que se desenvolve en cada unha das áreas que conforman a entidade. Tralo percorrido, os deputados asistiron a unha presentación sobre a Confederación na que se lle explicaron os programas nos que se está a traballar e os resultados obtidos durante o ano pasado. Outro lugar de interese para COGAMI, e que foi visitado polos convidados, foi a matriz do Grupo Empresarial, Galega de Economía Social, onde coñeceron a actividade deste grupo formado por 13 centros especiais de emprego sen ánimo de lucro.

O Instituto Ibérico de Prevención de Pontevedra acolleu a sinatura dun convenio de colaboración entre COGAMI e a Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da provincia de Pontevedra (AEMPE) co fin de fomentar a contratación de persoas con discapacidade entre os asociados e difundir as actividades que a Confederación realiza a favor do colectivo. A través deste acordo, COGAMI comprométese a informar á asociación de empresarios en materia de subvencións, bonificacións e axudas para a contratación dunha persoa con discapacidade, así como asesorar en accesibilidade e difundir os servizos que

presta AEMPE entre o colectivo das persoas con discapacidade. Pola súa banda, dende AEMPE van tratar de informar ao empresariado sobre o funcionamento do Servizo de Intermediación Laboral (SIL) para a contratación de persoal, para potenciar o coñecemento entre as súas empresas dos servizos que prestan os centros especiais de emprego de economía social e tamén para colaborar en facilitar prácticas non laborais en empresas e difundir información sobre medidas alternativas á hora de contratar persoas con discapacidade.

A biblioteca da Cidade da cultura acolleu a xornada Cultura e Responsabilidade Social Empresarial organizada por FalaRSE, organismo que invitou a COGAMI para participar e comentar dende a propia experiencia profesional dos máis de vinte anos que leva en vigor a Confederación. O Presidente, Anxo Queiruga, falou sobre a inclusión e a integración a través das manifestacións culturais, momento no que aprobeitou para denunciar unha vez máis as barreiras que atopa o colectivo das persoas con discapacidade á hora de querer acceder á cultura. Acompañado na mesa por membros de entidades como o Fondo

Galego de Cooperación, a Cruz Vermella e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, o Presidente de COGAMI apuntou que a riqueza empeza pola pluralidade, pola diversidade e a plena inclusión de todas e cada unha das persoas, sen distincións. Para demostrarlles ás persoas convidadas o traballo que se realiza nos centros de recursos de COGAMI, durante a xornada presentouse un vídeo que amosa o día a día nun destes centros, onde ademais de materias rehabilitadoras, tamén desenvolven moitas culturais, como son o teatro, a fotografía, o audiovisual e mesmo o radiofónico.


O Boletín Nº 18 / setembro 2012

COGAMI inicia en setembro seis cursos de formación profesional

Alumnado do curso finalizado en Vilagarcía

Convenio entre COGAMI e o Concello de Santiago

O Pres. de COGAMI asina convenio coa Concelleira de Benestar Social compostelá

O veleiro Laion de COGAMI volveu navegar polas costas galegas

Usuarias de Asem Galicia a bordo do Laion

Inicia o curso escolar, e con el, COGAMI dá comezo aos últimos cursos de formación profesional que vai desenvolver durante este ano. Son seis os que se van impartir, un deles a distancia, e que van iniciar paulatinamente durante este mes de setembro. Con estes seis, van ser un total de dezaoito as accións formativas desenvolvidas durante este ano, doce delas xa rematadas e nas que se instruíron un total de 165 persoas con discapacidade, 59 mulleres e 106 homes. As provincias de Pontevedra e A Coruña son as que acollen o maior número de cursos, cinco en cada unha delas, seguidas da provincia lucense con tres e

a ourensá con dous. Ademais, este ano desenvólvense dous a distancia, un deles xa rematado, e o outro, a piques de iniciar. Este tipo de cursos de formación profesional están financiados pola Secretaría Xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta e mailo Fondo Social Europeo, dentro do marco do convenio de Programa de Formación Profesional para persoas con discapacidade residentes en Galicia.

O Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, e maila Concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, asinaron un convenio de colaboración para poñer en marcha un servizo de préstamo de produtos de apoio de segunda man para persoas con algunha discapacidade ou en situación de dependencia. Este convenio é un proxecto piloto que analizará a viabilidade deste servizo de asesoramento e préstamo de produtos como cadeiras de rodas, muletas, guindastres, andadores, camas articuladas e outros que precisan as persoas con mobilidade reducida nas actividades da vida diaria. O Concello de Santiago com-

prométese a apoiar o proxecto colaborando na realización dun estudo de necesidades e a difundilo entre os usuarios potencias e tamén entre as persoas profesionais do eido sociosanitario. Este proxecto europeo recibe o nome de Proxi Mamed e, nunha segunda fase unha vez analizadas as necesidades, pretende poñer en marcha un taller que se encargará de almacenar, reparar e prestar produtos de apoio de segunda man e que daría emprego a persoas do colectivo da discapacidade.

Un ano máis, o proxecto GAVEA (Galicia Vela Adaptada) volveu izar as velas do veleiro Laion para iniciar na navegación a máis de cen persoas con discapacidade. O apoio dos patrocinadores DKV Seguros e Obra Social La Caixa, ademais das colaboracións dos Concellos de Camariñas e A Coruña e dos Náuticos de Ares, Camariñas, Muros, A Pobra do Caramiñal, Moaña e A Coruña, fixo posible que o mar tamén puidera ser navegado polas persoas con mobilidade reducida. Este ano, o Laion realizou unha volta parcial a Galicia, na que participaron persoas usuarias de Íntegro, Adisbismur, ASEM Galicia e o centro de recursos de COGA-

MI en Mos. Houbo tamén unha escola de vela lixeira que de desenvolveu en Camariñas e nela estiveron persoas usuarias de Adisbismur. Outras das regatas importantes nas que participou o veleiro que ten COGAMI en custodia dende que lle foi incautado ao narcotráfico pola Audiencia Nacional, son a Tall Ship Race e a Regata SAR Infanta Elena, nas que navegaron máis de 100 personas usuarias de COGAMI-Coruña.

3


ENTREVISTA

Margarita Pérez Herráiz: Secretaria de Coordinación do PSdeG-PSOE Margarita Pérez Herráiz decidiu deixar o seu posto de traballo como funcionaria na Xunta de Galicia para dedicarse plenamente á política. Adhírese ao grupo socialista onde é deputada no Parlamento galego, deputada nas Cortes e agora é Secretaria de Coordinación da área de benestar da nova dirección encabezada polo Secretario Xeral, Pachi Vázquez.

PREGUNTA: Como persoal que é da Administración, como ve as medidas que se están tomando como a baixada de soldos, eliminación de pagas extras, despedimento de persoal interino,...? RESPOSTA: Os problemas que hoxe estamos a atravesar non teñen nada que ver coa función pública e, polo tanto, tampouco a súa solución. O axuste que as empresas están a facer vía despedimento a administración pública faino vía rebaixas de salarios que é máis asumible, pero insisto, o problema non son os funcionarios. De todas maneiras penso que a función pública require modernizarse, está deseñada nun momento no que a administración unicamente facía funcións de inspección e control e agora é fundamentalmente prestadora de servizos. É posible que o número de funcionarios que pertencemos ao que se chaman corpos xerais, estea sobredimensionado e requira axustes pero non é así nos corpos que chamo prestadores de servizos, educadores, sanitarios, de servizos sociais, nos que non se deberían facer eses axustes. Os sistemas públicos de sanidade, educación, servizos sociais, son a garantía de acceso a eses servizos para todas as persoas, por tanto, na miña opinión

4

son fundamentais, senón volveríamos a moitos anos atrás cando tiñan acceso aos servizos as persoas que tiñan máis recursos económicos que a maioría. P: Como están as cousas hoxe en día, non cre que dedicarse á política debería considerarse unha profesión de risco? R: De risco non, especialmente por comparación con traballos que hai verdadeiramente duros no aspecto físico ou psíquico, pero penso que é unha actividade moito máis difícil e dura do que a maioría da xente pensa, e non considero xusto o desprestixio que neste momento ten. A política é unha actividade absolutamente imprescindible para a sociedade, é a forma que esta ten de organizar a vida. A alternativa son as ditaduras e, evidentemente, son peor para o conxunto da poboación. A política é a forma de que todas as persoas participen nas decisións respecto de como se organiza a actividade colectiva. P: O que está pasando coa nosa economía, significa que o estado de benestar do que gozamos está en perigo de extinción? R: Os problemas non os provocou o estado de benestar, os provocou o sistema financeiro e a


O Boletín Nº 18 / setembro 2012

diminución das súas regras, por tanto a solución é incorporar regras e controis no mercado financeiro internacional e ir incorporando política, (decisións das poboacións) no ámbito internacional. O control ou falta de control da economía é mundial, e as regras políticas teñen ámbitos moi reducidos, as nacións; estamos a ver as dificultades de conseguir un ámbito político e democrático europeo, habería que conseguilo, e tamén ir ampliando ese marco para poder xestionar a globalización. Volvendo ao estado de benestar, non debería estar en perigo, pero estao por como está a xestionar a crise o actual goberno. “As

prestacións sociais non son só gasto, ademais de atender ás necesidades das persoas e tentar facer máis iguais a todos, xeran actividade laboral e económica” P: O colectivo das persoas con discapacidade é un dos grupos aos que máis lles afecta a crise, cada vez vemos que pechan centros porque non se poden soster economicamente ou que se deixan de subvencionar programas. Vostede cre que periga a lei de dependencia? R: A miña sincera opinión é que á marxe das dificultades nas que nos vemos inmersos, as diferentes ideoloxías teñen diferentes prioridades, e está claro que os partidos de dereitas, non teñen entre a súas prioridades a igualdade de oportunidades, fan os axustes nas prestacións públicas, en todo o que pretende facer iguais a todos os cidadáns e cidadás ao marxe dos seus recursos económicos, en educación, sanidade, e servizos sociais. Co partido que goberna non só ten risco a lei no senso de que a poidan derogar, xa a están a limitala fortemente. En lugar de adaptar o financiamento a criterios de necesidade fan ao revés en función dun financiamento diminuído non recoñecen o dereito, que polo momento de acordo coa lei, teñen as persoas.

melloras pero segue a ser un problema que non sexa unha prioridade a igualdade de oportunidades e dereitos de todas as persoas, non só en teoría, senón na realidade; e sen esa premisa os recortes, axustes, os fan polas partes máis débiles en lugar de nas máis fortes, ese é o risco. O problema non é só a crise, que é moi importante, o problema é xestionar a crise con ideas e principios non sociais. P: Sempre que falamos cunha muller que traballa fóra da casa, temos que preguntarlle se cre que é posible a conciliación persoal e profesional e, dende a responsabilidade dos gobernos, como poden facilitala? R: Dende a responsabilidade dos gobernos socialistas se estaban a facer avances nesta liña, é preciso seguir. Son imprescindibles os servizos de coidado ás persoas, escolas infantís, atención a dependentes, etc., que agora están en risco, pero tamén é moi importante que todas as persoas consideren que a familia, a casa, son responsabilidade de todos os seus membros e non das mulleres, as mulleres non poden carecer do desenvolvemento e independencia asociados a un posto de traballo, e os homes non deben prescindir do desenvolvemento emocional vencellado á responsabilidade familiar. P: Non podemos rematar sen pedirlle unha opinión sobre nós, sobre COGAMI, como nos ve hoxe en día e como cre que estaremos dentro de cinco anos? R: Sabedes que sempre tiven unha valoración moi positiva da organización, penso que traballades con moita responsabilidade e eficacia, e especialmente valoro o esforzo que as persoas con discapacidade tiveron que facer para “arrancar” á sociedade os dereitos que directamente non lle recoñecía.

P: Que medidas tomarían vostedes, dende o seu partido, para arranxar a situación? R: As prestacións sociais non son só gasto, ademais de atender ás necesidades das persoas e tentar facer máis iguais a todos, xeran actividade laboral e económica, coa redución de todo, non soamente deixamos á xente sen atención, diminuímos a actividade económica e o número de postos de traballo, co que volven a diminuír os recursos. Por tanto, os axustes habería que facelos noutros gastos ou mellorando os ingresos. P: Atopar un emprego sempre foi un dos hándicap do noso colectivo, abrir mentes no mundo empresarial para facerlle entender que as persoas con discapacidade tamén valemos para traballar. A cifra de 600.000 persoas inactivas argumenta a necesidade de facer cambios na LISMI a favor dunha inclusión máis eficaz? R: A lei ten os suficientes anos como para precisar

5


CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

O xerente de Coregal recolle o premio da man do Director de El Suplemento

Premio a Coregal por unha xestión medioambiental responsable O centro especial de emprego Coregal que forma parte do grupo empresarial de COGAMI, Galega de Economía Social, vén de recibir un premio por ter unha xestión medioambiental responsable. Este agasallo foille concedido durante a I Gala dos Premios Suplemento que se realizou na cidade coruñesa. Foi o propio xerente de Coregal, Ramón García, a persoa encargada de recoller o premio en representación de Coregal. A empresa dedícase dende o ano 1993 á xestión medioambiental tanto de residuos

non perigosos como de zonas verdes e é a partir de 2002 cando diversifica a actividade coa lei que obrigaba a pechar os vertedoiros municipais. De ser unha empresa constituída por unha planta con catro persoas traballadoras pasou a ter agora cinco plantas en distintos puntos de Galicia, 45 vehículos e un cadro de persoal que supera as 130 operarios, tendo o 90% deles unha discapacidade recoñecida.

Traballador de Hornos na cadea de elaboración de empanadas

Hornos de Lamastelle amplía produción a Xapón, Francia e Portugal A empresa Hornos de Lamastelle que se encarga da fabricación de empanadas refrixeradas e de tortas de Santiago, está levando a cabo unhas melloras tanto no incremento da produción como na mecanización. A participación desta empresa no proxecto Momentum do BBVA permitiulle obter un préstamo polo valor de 568.000 euros, cantidade que se investiu en melloras de maquinaria permitindo incrementar nun 50% a capacidade de produción nun primeiro ano e prevendo que en catro anos

6

o incremento chegue ao 100%. Ao incrementar as cantidades tamén se pode ampliar o mercado, co que Hornos de Lamastelle xa está a potenciar a marca fóra das nosas fronteiras en países como Francia, Portugal e Xapón. No mes de setembro haberá tamén cambios apostando pola comercialización de novos produtos. Hornos de Lamastelle conta actualmente con 71 persoas traballando, o 90% destas con discapacidade, e cada día saen da planta de fabricación seis mil quilos de empanadas.

Un dos quioscos de Rede Galega

Dous quioscos máis para Rede Galega Rede Galega de Kioscos, centro especial de emprego que forma parte do grupo empresarial Galega de Economía Social, vén de incrementar o número de quioscos que ten distribuídos por distintos concellos galegos. Aos 36 quioscos que están operativos durante todo o ano, no verán únenselle os tres que abren en temporada estival, sendo estes o do Concello de Carnota, o da Praia Fluvial de Pontevedra e o da Praia de Cabañas. Durante este mes de agosto, abriu tamén un novo establecemento na Praza Mestre de Pontevedra e está previsto que durante este mes de setembro inicie a actividade o quiosco de Barcelos, tamén en Pontevedra. En canto o Concello aprobe o certificado de obras de remodelación dun establecemento que xa estivo operativo anteriormente, procederase ao seu arranxo para abrilo canto antes. Co incremento de número de quioscos aumenta tamén a posibilidade de contratación de persoas con discapacidade. Arestora, o cadro de persoal que conforma Rede Galega ascende a 122 persoas, que aumentará en dúas máis cando estea operativo o de Barcelos.


O Boletín Nº 18 / setembro 2012

Momento durante a visita a TRAMEVE do grupo socialista galego

Membros da corporación PSdeG-PSOE visitaron as instalacións de TRAMEVE O centro especial de emprego de tratamento medioambiental de vehículos, TRAMEVE, que forma parte do Grupo empresarial de COGAMI, saíu da rutina habitual ao acoller a visita de membros do grupo socialista PSdeGPSOE. O grupo de convidados que estivo encabezado polo Secretario Xeral do PSdeG- PSOE, Pachi Vázquez, acompañado pola Secretaria de Asuntos Sociais, Sanidade e Emprego, Margarita Pérez Herráiz, e a deputada no Congreso, Laura Seara, achegouse ata o centro situado no polígono industrial do Tambre, na Vía de La Cierva nº 90, onde os agardaban representantes da xunta directiva

de COGAMI e mailo xerente do centro, Luis Penido, quen se encargou de explicar como se traballa nunha planta de despece ecolóxica. Durante o percorrido polas instalacións, que este ano estrearon un andar superior habilitado para acoller máis material, os convidados puideron ver in situ como se despeza un vehículo de maneira artesanal e sen prexudicar o medio ambiente. Son doce as persoas que traballan arestora en Trameve, todas elas con discapacidade.

Imaxe da Lonxa das Letras

Un ano de Lonxa das Letras Parece que foi onte, pero Lonxa das Letras xa leva un ano de andaina, un ano de vida dende que Rede Galega de Kioscos tivo a idea de crear un novo servizo que puidera facilitar a vida da súa clientela lectora. Así é como naceu a iniciativa de Lonxa das Letras, unha oportunidade para mercar libros galegos a través de Internet e que poden ser recollidos de maneira gratuíta a través de calquera dos trinta e nove quioscos que están espallados por diferentes concellos galegos. Tamén é posible recibir as obras na casa, pero aí si levarían un custo engadido polos portes de envío. Entre as editoriais que confiaron en Lonxa das Letras para a distribución das súas obras están: Xerais, Galaxia, Barbantesa, Alvarellos, 2.0 e Nowtilus.

Un dos libros que máis éxito leva acadado nas vendas é Conde Roa, caso perdido, unha obra que publica a editorial 2.0 e que en tres meses que se puxo á venda e só no quiosco que está localizado na Alameda de Santiago, logrou superar as vendas do resto. Breve historia de los celtas da editorial Nowtilus é o segundo libro máis vendido seguido por Novas receitas da cociña de larpeiros da editorial Galaxia, obra que viña acompañada dun CD cantado por Benigno Campos.

7


REPORTAXE

Freshcut, a nova iniciativa empresarial de COGAMI

A principios do mes de xuño o grupo empresarial de COGAMI, Galega de Economía Social, dálle vida a unha nova iniciativa social que se une ás nove que xa estaban operativas. Nace Freshcut, un centro especial de emprego no que participa tamén a empresa pontevedresa de froitas e verduras Frutas Nieves S.L. Freshcut é unha empresa que está situada no Parque Tecnolóxico Loxístico Valladares de Vigo e se dedica á transformación, comercialización e envasado de produtos alimenticios, sendo a maior parte deles froitas e verduras frescas que se tratan de xeito natural. Este tratamento permite que os produtos se poidan comercializar como de cuarta e quinta gama, isto quere dicir, que son alimentos listos para o seu consumo e que poden estar á venda en dous formatos diferentes: envasados ao baleiro e tamén en compota. O nacemento desta nova iniciativa social supón unha oportunidade de emprego para o colectivo das persoas con discapacidade, porque o 76,5% das persoas que aquí están contratadas teñen algún tipo de discapacidade ou incapacidade laboral recoñecida. Ata o de agora, son 17 as persoas que están contra-

8

tadas por Freshcut e, de todas elas, 13 teñen algún tipo de discapacidade. Non se descarta que o cadro de persoal poida ir incrementando paulatinamente a medida que vaian tamén medrando as ventas. Os inicios son favorables, nun só mes vendéronse 70.000 euros e agárdase que vaian incrementando estas vendas nun 5%. O éxito destas novas ideas empresariais, que teñen que ver coa investigación e tratamento de novedosas presentacións de produtos alimentarios no mercado, nacen despois duns estudos minuciosos que incluso chegan a desenvolverse durante anos. A idea de crear Freshcut xurdiu a mediados do ano 2010, momento no que a empresa de froitas Frutas Nieves lle propón a Galega de Economía Social (GES) establecer vías de colaboración, como empresa que cumpre a RSC (Responsabilidade Social Corporativa),


O Boletín Nº 18 / setembro 2012

Dous dos procesos de tratamento da verdura e froita

querendo así contribuír positivamente na mellora social. Despois de establecer varias xuntanzas, Frutas Nieves proponlle a GES a xestión da produción dos alimentos de cuarta e quinta gama que está a levar a cabo. Nos contactos mantidos entre as dúas empresas, resolveron facer unha sociedade, 70% Frutas Nieves e 30% GES, na que se vai xestionar dende a comercialización, a produción e o futuro crecemento da nova empresa Freshcut.

de Galicia e de Zaragoza. Outro cliente importante co que conta a empresa é a rede de paradores do noroeste español. Pero Freshcut quere dar un paso máis cara adiante, así que ten proxectadas como medidas de expansión a curto prazo o potenciar máis a rama sanitaria entre a súa clientela, para que o seu produto sexa dispensado en todos aqueles centros que así o demanden.

Para poder iniciar a actividade, Freshcut contou coa axuda económica de 200.000 euros por seis anos procedentes de XesGalicia, organismo que depende da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. Este apoio financeiro supuxo que Freshcut se convertera na primeira empresa galega abalada polo Fondo Capital Risco XesPosibilita.

Alimentos de IV e V gama Os produtos denominados de cuarta gama son froitas e hortalizas frescas sometidas a unha limpeza e hixienización, onde é preciso levar a cabo uns procesos como o de lavado, centrifugado, pelado, cortado e envasado en bolsas e bandexas. Estes procesos de tratamento evitan que estes alimentos se oxiden e estando listos para o seu consumo, sen necesidade de ter que lavalos. En Galicia, Freshcut é a única empresa que se dedica a este manipulado de cuarta gama. Os produtos denominados de quinta gama teñen máis duración de conservación cos anteriores. Isto é debido a que son alimentos elaborados con produtos frescos e de maneira artesá que aguantan ata 60 días a temperatura ambiente sen ningún tipo de conservantes nin aditivos engadidos. A compota de mazá e de pera son dous dos produtos que se elaboran nestas instalacións e nacen froito dunha investigación de I+D coa Universidade. Aparte de que estes alimentos de cuarta e quinta gama poidan chegar a todos os supermercados, Freshcut xa ten operativa dende hai tempo unha rede de distribución que subministra a todos os hospitais

Operario de Freshcut preparando a froita

9


ASOCIACIÓNS MEMBRO

Foto do grupo que participou na viaxe

Usuarios de Adisbismur no campo

A asociación Agora estivo de vacacións en Portugal

Exposición na Galería Sargadelos a favor de AMICO

Competición Benéfica a favor de ADISBISMUR

Un grupo de persoas usuarias da Asociación de Persoas con Discapacidade Agora de Monforte de Lemos desprazouse ata a vila portuguesa de Gaia para pasar unha semana de vacacións.

A sala de exposicións da Galería Sargadelos de Santiago acolleu a mostra do acuarelista vigués, Manuel Cobas. O pintor contactou coa asociación Amico para ofrecerlle un agasallo durante o vinte aniversario que está a celebrar a entidade de persoas con discapacidade de Compostela, comprometéndose a entregarlle á asociación unha porcentaxe por cada obra exposta que lograra vender, unha iniciativa que Amico acolleu con satisfacción.

O equipo de fútbol Mazaricos organizou un cuadrangular no Campo de Fútbol Pedra do Ouro co fin de recadar fondos destinados á Asociación de Persoas con Discapacidade da bisbarra de Muros (ADISBISMUR).

O grupo, formado por 14 persoas usuarias e 8 monitores, estivo hospedado na residencia Crpg de Gaia, unhas instalacións totalmente accesibles que permiten que as persoas con mobilidade reducida que se apuntaron a esta viaxe tamén puideran participar desta experiencia. Durante a semana que durou a estancia en Portugal, o grupo participou de diferentes actividades, estando todas elas planificadas polos propios usuarios de Agora. Eles foron os que decidiron que facer nestes días, coa condición de acudir a lugares que foran accesibles a todos e todas. Unha destas actividades foi a de poder percorrer un roteiro nunhas bicicletas adaptadas que lles foron prestadas pola Fundación María José Jove. Tamén houbo tempo para realizar saídas á praia, ademais de visitar as instalacións das coñecidas adegas de viño de O Porto. O programa contemplou tamén unha viaxe en tren, que para algúns supuxo toda unha experiencia nova, por ser a primeira vez que se desprazaba en ferrocarril.

10

Momento da presentación da exposición

Durante unha semana estivo aberta a mostra de Manuel Cobas, cuxo leitmotiv son as paisaxes mariñas, sendo capaz de plasmar a luz das vilas mariñeiras das Rías Baixas, que adoita retratar non só dende o seu estudio en Vigo, tamén dende o seu propio barco, outra das paixóns do autor. A asociación Amico ten arestora asociadas 80 persoas con discapacidade da comarca compostelá ás que lles presta servizos de fisioterapia, ademais de servizos de información e asesoramento sobre os dereitos do colectivo da discapacidade e tamén desenvolve actividades de lecer que facilitan a socialización das súas persoas asociadas. Se queres unirte a AMICO, podes poñerte en contacto coa entidade no teléfono 678 739 030.

Ademais do equipo organizador, tamén se apuntaron a esta competición os equipos de Outes, Carnota e o dos veteranos do Xallas. Durante a fin de semana enfrontáronse entre si, resultando finalmente campión o Mazaricos. Pero as realmente gañadoras foron as persoas usuarias do centro de recursos da asociación ADISBISMUR porque os tres euros recadados por cada unha das entradas vendidas foron integramente destinados á entidade para desenvolver a súa actividade. Dende ADISBISMUR agradeceron tanto aos participantes como aos asistentes a axuda prestada a prol da asociación. Coa axuda de todas as persoas que colaboraron, tanto das que xogaron como das que asistiron de público, lograron uns beneficios de preto de 800 euros, que nesta época tan complexa, lles resultan unha boa axuda para poder seguir desempeñando o seu labor.


O Boletín Nº 18 / setembro 2012

O grupo de Amarai no punto limpo

Preparándose para a clase de vela

Foto de grupo coas familias

Amarai visita o punto limpo de Arzúa

Curso de vela adaptada en Camariñas

Xornada de portas abertas en COGAMI-Mos

A Asociación de persoas con discapacidade de Arzúa e Terras de Melide (AMARAI) estivo de visita no punto limpo do concello de Arzúa, xestionado pola empresa Coregal do grupo empresarial de COGAMI, para ver como se leva a cabo a reciclaxe dos refugallos.

Un grupo formado por 9 persoas con discapacidade do centro de recursos Valadares da asociación muradá ADISBISMUR, realizou unhas clases de navegación a vela lixeira no Club Náutico de Camariñas.

O centro de recursos que COGAMI ten en Mos saíu da súa rutina habitual para realizar unha xornada de portas abertas a unhas persoas visitantes especiais para os usuarios das instalacións do Rebullón.

Este curso forma parte do Proxecto GAVEA (Galicia Vela Adaptada) e tivo como obxectivo achegar os deportes náuticos ás persoas con discapacidade.

Familiares das persoas usuarias do centro foros os invitados a participar deste día, no que puideron percorrer todas as instalacións, tanto as das aulas nas que os seus fillos acoden ás clases, como as oficinas e tamén o famoso “pisito”, unha vivenda habilitada na que aprenden a levar unha casa, dende a súa limpeza, ata a lista da compra e a preparación da comida.

Organizados en dous grupos, cada un deles nunha data distinta, os usuarios puideron coñecer cales son os distintos tipos de materiais que se reciclan, en que colectores van depositados e como poden facer para coidar mellor o medioambiente. Este tipo de saídas forman parte dun traballo de campo previo desenvolvido no centro de recursos de Boimorto que ten a entidade Amarai. Alí traballaron e traballan a reciclaxe, encárganse de depositar nos colectores materias que desperdician a diario, como as botellas de auga, as pelas das froitas, o papel, etc. Tamén, como unha parte máis da actividade, realizaron un mural que expuxeron no centro, no que explicaban como se realiza a reciclaxe. Como anédota final deste exercicio, dende a dirección do centro de recursos apuntan que todas as persoas usuarias do centro están moi concienciadas co coidado do medioambiente, algo que tamén lles inculcan ás familias nas casas.

Para poder levar a cabo esta escola contouse co patrocinio de DKV Seguros, Fundación La Caixa e o Concello de Camariñas. Este tipo de actividades posibilitan que as persoas con discapacidade tomen clases de iniciación na navegación de vela lixeira e tamén o poder practicar actividades náuticas, o que supón unha mellora na integración social do colectivo. O de ADISBISMUR non vai ser o único grupo que este ano acuda a unha escola de vela adaptada. Tamén está programada esta actividade para grupos pertencentes á asociación Ámbar de Ribeira, que poderán aprender a navegar no club náutico desta vila da Barbanza.

Foron os propios usuarios os que se encargaron de explicarlles aos familiares o funcionamento do centro. Tamén houbo tempo para a proxección dun vídeo explicativo no que se recollían as actividades diarias que se realizan no centro situado no Rebullón. As familias quedaron sorprendidas ante o labor que desenvolven as persoas usuarias no centro e puideron comentar e opinar sobre os programas que se ralizan. Incluso hai familiares que se ofreceron para participar en actividades dunha maneira máis activa.

11


PECHE

A orientadora laboral de Santiago, Ana Vázquez, atendendo ás visitantes

COGAMI presente na Feira de Emprego O Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI (SIL) estivo presente na II Feira Internacional de Emprego que se desenvolveu no Multiusos do Sar do concello de Santiago de Compostela. Durante dous días, os orientadores laborais do SIL estiveron atendendo a todas as persoas, a maior parte delas xente nova, que entregaba os seus currículos no punto de información que a Confederación tiña habilitado dentro da feira. Este tipo de actos serven como punto de encontro entre as empresas e profesionais que buscan traballo, por iso a importancia da presenza do servizo de emprego que ten COGAMI, un dos servizos que mellor funcionan dentro da comunidade galega en canto á inserción laboral de persoas con discapacidade. Ata o mes de xuño logrou máis de mil contratacións dentro do colectivo.

Na Feira de Emprego captáronse máis dun cento de currículos, procedentes a maior parte da mocidade que recentemente rematou os estudos. Algúns destes currículos procedían de persoas con discapacidade que inmediatamente entraron a formar parte da base de datos que manexa a organización. O alcalde de Santiago e maila Concelleira de Benestar Social foron tamén outras das persoas que se detiveron no punto de atención de COGAMI, interesados polo labor que desenvolvemos na entidade.

www.cogami.es


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.