Cogami maqueta boletin 21 galego

Page 1

O Boletín Nº 21 / xuño 2013 Edición trimestral

Visita en COGAMI O Presidente da Fundación Vodafone España e mailo Director Territorial da zona Norte estiveron nas instalacións de COGAMI en Santiago para coñecer os proxectos que desenvolve a organización. Os visitantes interesáronse polo labor de COGAMI e que a Fundación apoia dende o ano 2003, cando colaboraron co programa Galicia Vela Adaptada. A partir desta primeira toma de contacto, a Fundación Vodafone estableceu unha colaboración máis estreita e que, dende 2005, apoia a través do programa de inserción laboral para persoas con discapacidade. Traballadores de Coregal, unha das empresas que ten Galega de Economía Social

Galega de Economía Social gaña o Premio INTEGRA do BBVA O grupo empresarial Galega de Economía Social (GES) gaña a quinta edición do premio Integra que concede a entidade bancaria BBVA. O galardón, dotado con 200.000 euros, conseguiuse tras superar os proxectos que presentaron un total de 136 candidaturas procedentes de toda España. O xurado coincidiu en que Galega de Economía Social debía de ser a vencedora por ser un grupo que integra laboralmente ás persoas con discapacidade. Outras das consideracións tidas en conta foron o traballo polo emprendemento social e o fomento da igualdade de oportunidades mellorando a calidade de vida do colectivo.

www.cogami.es

Durante a visita realizada ás entidades finalistas, o xurado fixo fincapé na visión empresarial que ten GES con respecto á promoción do emprego en Galicia sen perder o obxectivo social da empresa e a vocación á intermediación laboral das persoas con discapacidade que leva a cabo COGAMI. O Premio Integra BBVA iniciou en 2009 co fin de recoñecer o labor das organizacións sen ánimo de lucro ou emprendedores autónomos que desenvolven proxectos de integración laboral de persoas con discapacidade e impulsan as boas prácticas. GES convértese, por tanto, no quinto premiado, obtendo un galardón de 200.000 euros.

Neste número: Convenios con Incorpora, Levagalia e Cámara de Comercio Novas entidades en COGAMI Entrevistamos ao Presidente da Deputación de Pontevedra


NOVAS O alcalde de Ferrol visita as instalacións de COGAMI

O Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, interesado polo labor dun usuario do centro

COGAMI rexeita os recortes en benestar da Administración

Directiva de COGAMI durante a Asemblea

A empresa Levagalia cede cinco cadeiras a COGAMI

O xerente de Levagalia acompañado do Pres de COGAMI e o Coord. de Accesibilidade

As instalacións que COGAMI ten en Ferrol acolleron a visita do alcalde da cidade, José Manuel Rey, e das concelleiras de Emprego, Martina Aneiros, e de Benestar, Rosa Martínez, interesados polo traballo que, dende o ano 1996, realiza a Confederación na comarca a favor do colectivo que representa. Durante o percorrido polas instalacións, renovadas hai dous anos, o Vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo, e maila Coordinadora do centro, María Aneiros, explicáronlle que servizos prestamos ao colectivo das persoas con discapacidade tanto da comarca de Ferrolterra como das de Eume e Ortegal.

Actualmente, 45 persoas acoden ás instalacións que COGAMI ten en Ferrol para asistir a cursos de formación e tamén a un obradoiro de ximnasia de mantemento, de educación de adultos e habilidades comunicativas. Tamén conta cun servizo de intermediación laboral que atenden catro orientadoras que en 2012 atenderon a 156 novas persoas usuarias como demandantes de emprego, incrementando ata 2.570 a bolsa de persoas inscritas e, destas, 1.037 do concello de Ferrol. O SIL xestionou, ademais, 117 ofertas de emprego, realizou 138 visitas a empresas e 29 a entidades e efectuou 245 insercións laborais.

O movemento asociativo de COGAMI acordou por unanimidade rexeitar os recortes que as Administracións Públicas están acometendo en detrimento das persoas que forman parte do colectivo da discapacidade. Na XXIII Asemblea Xeral Ordinaria, os representantes das 53 entidades debateron sobre os graves problemas que están acontecendo nas áreas de educación, saúde e emprego. Dende COGAMI cren que existe un perigo de que os recortes xeneralizados nas áreas de benestar poidan supoñer un retroceso nos dereitos do colectivo, segundo apuntou o Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, “o noso colectivo corre

o perigo de retroceder trinta anos”. Por unanimidade, acordouse comunicarlle á Administración Galega que a Confederación rexeita o pago directo dos produtos ortoprotésicos por crer que prexudica enormemente ás persoas usuarias dos mesmos que non poden abonar o cen por cento do seu custe, así como o copago no transporte hospitalario non urxente. Aclaran que o colectivo das persoas con discapacidade adoita ter un poder adquisitivo baixo orixinado, en gran medida, por non ter un acceso a un posto de traballo.

O Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, e mailo xerente da empresa de elevadores Levagalia, Juan Carlos Morgado, asinaron un convenio de colaboración a favor do colectivo das persoas con discapacidade. A través deste patrocinio, COGAMI e Levagalia van manter conxuntamente charlas e seminarios nos que se informará sobre os produtos que ofrece a empresa e que van dirixidos ao colectivo das persoas con mobilidade reducida. Ademais, as instalacións das oficinas do SIL, das entidades membro e dos centros de recursos contarán con material promocional de Levagalia e dende as redes sociais e a páxina

web de COGAMI difundirase información sobre esta empresa. Esta colaboración entre COGAMI e Levagalia implica tamén unha cesión de cinco cadeiras de rodas que van ser destinadas pola Confederación para a súa utilización en actividades de divulgación e sensibilización. A colaboración entre Levagalia e COGAMI terá un ano de duración con posibilidade de ampliación.


O Boletín Nº 21/ xuño 2013

COGAMI asina convenio coa Cámara de Comercio compostelá

Os Pres. de COGAMI e da Cámara de Comercio asinan o convenio

Máis de cento cincuenta persoas realizan natación terapéutica

Amarai participa no programa de natación

Sinatura de convenio a favor da inserción laboral: o plan Incorpora

Momento durante a sinatura do convenio

As instalacións da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela acolleron a sinatura dun convenio que vai impulsar a integración social e laboral das persoas con discapacidade. Con esta sinatura, os Presidentes da Cámara, Jesús Asorey, e de COGAMI, Anxo Queiruga, comprométense a intercambiar información e documentación actualizada das actividades e proxectos que desenvolven. COGAMI encargarase de informar e asesorar ás empresas sobre as subvencións, bonificacións e axudas á contratación. Tamén realizará, a través do grupo de orientadores laborais, unha preselección de candida-

turas, colaborará na elaboración de programas formativos, no cumprimento da cota obrigatoria do 2% de persoas con discapacidade contratadas ademais de realizar auditorías ás empresas que forman parte da Cámara para comprobar que cumpren coa lei. Por outra banda, a Cámara comprométese a informar ás empresas sobre a quen dirixirse para contratar a persoas con discapacidade e solicitaralles máxima colaboración e difusión de información co fin de conseguir resultados na inserción laboral en persoas con discapacidade.

Un total de 153 persoas con discapacidade e usuarias de entidades que forman parte COGAMI participan nun programa de natación terapéutica que financia a Fundación Iberdrola e que posibilita que as persoas que viven no rural poidan manter ou mellorar o estado físico e psicolóxico realizando exercicios relacionados coa mobilidade, a flotación, a respiración e a propulsión. A natación terapéutica desenvólvese en dezaseis concellos: Arzúa, Cabana de3Bergantiños, Outes, Narón, Santiago, Chantada, Lalín, Monforte, Mos, O Porriño, Ponteareas, Tomiño, O Barco de Valdeorras, Ourense,

Ribadeo e Xove. Pretendeuse levar esta actividade a zonas rurais por seren estas áreas as que máis se resenten da escaseza de recursos por seren núcleos dispersos, con menos poboación e con maiores dificultades de comunicación de transporte. O proxecto de natación terapéutica enmárcase dentro do programa que COGAMI ten de apoio á mellora da saúde das persoas con discapacidade, tendo como finalidade unha atención especializada para que non se produzan retrocesos no estado da discapacidade debido á falta de atención especializada.

A sede da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER) foi o escenario escollido para asinar un convenio de colaboración coas entidades que forman parte do plan Incorpora, un proxecto que aglutina entidades sen ánimo de lucro que ten como obxectivo a inserción de persoas en risco de exclusión social. Asinado por COFER, COGAMI, CaixaBank e Grupo Incorpora, o convenio ten como obxectivo favorecer a maior incorporación ao mundo laboral das persoas en risco de exclusión e promover a responsabilidade social empresarial das empresas que están integradas en COFER.

Un dos puntos salientables do acordo recolle que o Grupo Incorpora se compromete a facilitar ás empresas información e asesoramento especializados sobre subvencións e axudas á contratación, creación de postos de traballo, ademais das vantaxes por contratar a persoas con especiais dificultades de inserción. Por parte de COGAMI, a organización asume o asesoramento correspondente á formación específica para a cualificación de traballadores contratados ou para contratar, mentres que CaixaBank encargarase de apoiar economicamente esta iniciativa dentro do programa Incorpora da Obra Social desta entidade financeira.


ENTREVISTA

Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán Abal é o Presidente da Deputación de Pontevedra desde o ano 2003. Chega a ocupar este cargo despois de ser nomeado Tenente de Alcalde do concello da súa vila natal, Ribadumia, e de ser elixido Deputado provincial reprensentando á comarca de O Salnés.

PREGUNTA: As Deputacións son uns dos organismos públicos cuxa supervivencia está sendo das máis cuestionadas hoxe en día. Corren perigo as Deputacións Provinciais? RESPOSTA: As Deputacións Provinciais, como todo o entramado administrativo do Estado, precisan dunha actualización, dunha posta ao día. Nas últimas décadas as administracións foron medrando, asumindo servizos, recollendo funcións, pero a miúdo fíxose desde unha certa descoordinación que levou a que hoxe en día teñamos 2, 3 ou 4 administracións facendo o mesmo no mesmo sitio. Isto é o que non é asumible e o que espero que a reforma da Administración Local que está sobre a mesa poña remedio. Dito isto, considero que as Deputacións Provinciais –como os gobernos locais intermedios que hai en boa parte dos países de Europa- xogan un papel fundamental, garantindo o principio de equidade na prestación de servizos e levándoos a concellos que, doutra forma, dificilmente poderían prestalos. Creo que, de desaparecer as Deputacións, sería imprescindible buscar outros mecanismos que servisen de sustento e apoio aos concellos pequenos e medianos. P: Un dos argumentos que se escoita en contra da supervivencia das Deputacións Provinciais é que non se ve o que fan, isto se lle pode achacar á que

vostede representa? R: É certo que, ás veces, o papel das Deputacións queda algo difuminado, escondido. No caso de Pontevedra, creo que estamos desenvolvendo un intensísimo labor en todos os eidos que fan que esteamos moi presentes en todos e cada un dos concellos da provincia. Penso que poucos colectivos da provincia descoñecen o noso labor, porque traballamos con todas e cada unha das entidades sociais, culturais e deportivas da provincia; temos construído ou mellorado multitude de infraestruturas en todos os concellos, non só en materia viaria, senón tamén cultural ou deportiva –con 80 campos de herba sintética nos 62 concellos da provincia, por poñer un exemplo-; impulsamos a xestión conxunta de numerosos servizos (ORAL, bombeiros, canceira….); cofinanciamos servizos como o de teleasistencia ou os servizos sociais básicos e, incluso, temos en marcha nestes momentos plans de emprego que están dando traballo a preto dun milleiro de persoas. P: A institución que vostede dirixe traballa nestes últimos anos por unha sociedade máis accesible. É esta unha materia pendente que ten a Administración co colectivo da discapacidade? R: Penso que é unha materia pendente non desta Administración, senón da sociedade no seu conxunto, pero creo tamén que é un asunto no que


O Boletín Nº 21 / xuño 2013

se empezan a dar xa pasos moi importantes para o cambio. A Deputación non comezou onte a traballar co colectivo de persoas con discapacidade, senón que levamos xa moitos anos dando apoio en todo o que podemos e apostando pola súa plena inserción. Nestes momentos, ademais da colaboración que por medio de diversos convenios e subvencións mantemos con colectivos de discapacitados temos en marcha proxectos moi ambiciosos, como o de vela adaptada, para que persoas con discapacidade poidan ter o seu “bautismo de mar” e aprender a navegar; as pousadas do Salnés ou as rutas de sendeirismo adaptadas. P: A provincia de Pontevedra é unha das máis turísticas de Galicia. Agora estase pensando no turismo sen barreiras e a accesibilidade universal estase convertendo nun referente nos proxectos que están a facer, como é o caso das pousadas do Salnés, con estancias e rutas accesibles. Estase promovendo dende a Deputación de Pontevedra este tipo de turismo de xeito decidido?. R: A nosa aposta polo turismo sen barreiras e con accesibilidade universal é decidido porque consideramos que todos debemos ter os mesmos dereitos e oportunidades. Neste senso, un dos nosos proxectos máis significativos consistiu na construción de catro pousadas totalmente accesibles na comarca do Salnés (Meaño, Meis, O Grove e Ribadumia), que en breve entrarán en funcionamento. A maiores acondicionamos 50 km de rutas medio ambientais e de sendeirismo, tamén accesibles, ó longo das cales recuperamos muíños, fontes, e outros elementos etnográficos. Algunhas delas son fermosas e singulares a Ruta da Pedra e da Auga, ou a do río Umia, etc.

calidade na atención, que é un dos aspectos máis valorados polo turista á hora de elixir un destino. P: Nos últimos anos as entidades que traballan no eido da discapacidade teñen recibido diversos apoios por parte da Deputación a través da convocatoria ordinaria para proxectos sociais ou a través de convenios. Cal vai ser o futuro destas colaboracións tendo en conta os recortes que se están efectuando por parte das administracións públicas nese eido? R: No caso da Deputación de Pontevedra, non só non recortamos os orzamentos para colectivos que traballan no ámbito social, senón que os incrementamos. Cremos que en momentos coma o actual, cando as achegas de outras entidades ou institucións se reducen, é fundamental manter o apoio aos que traballan día a día coas persoas máis desfavorecidas, porque a atención social temos que entendela como prioritaria. Aumentamos as partidas destinadas a subvencións para colectivos e entidades con fins sociais, cofinanciamos a teleasistencia naqueles concellos pequenos e medianos que sen a nosa achega o terían difícil, e fixemos o pasado ano e volvemos a facer agora un importantísimo esforzo para que os concellos poidan manter uns servizos sociais básicos de calidade, cunha achega superior aos 2 millóns de euros.

“Dende a Deputación de Pontevedra levamos xa moitos anos dando apoio e apostando pola plena inserción do colectivo das persoas con discapacidade” P: Tamén están contribuíndo á formación de profesionais do sector turístico como nas xornadas de turismo accesible nas que colaborou COGAMI e que se desenvolveron a mediados de maio. Estamos dándonos conta de que existe un posible nicho de negocio destinado a un colectivo moi numeroso que viaxa a lugares adaptados ás súas necesidades? R: O turismo accesible é unha modalidade moi pouco explotada, a pesar de que en España existe un mercado potencial de 3,5 millóns de persoas e en Europa de preto de 50 millóns. Atopámonos, sen dúbida diante dun nicho de mercado ata o de agora bastante esquecido, o dirixido especialmente a persoas con problemas de mobilidade. Na provincia de Pontevedra queremos ser un polo de atracción para estes turistas pero tendo moi en conta a

O coordinador de Accesibilidade de COGAMI dá charla sobre turismo accesible nunhas xornadas impulsadas pola Deputación de Pontevedra


CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

Momento trala sinatura do convenio Os Pres. de Amarai e de GES falan co Alcalde de Boimorto trala firma do convenio

Dixardín arranxa as zonas verdes do Concello de Boimorto O Presidente de Galega de Economía Social, Anxo Queiruga, e mailo Alcalde do Concello de Boimorto, Ignacio Portos, asinaron un acordo que vai permitir que a empresa Dixardín acometa os traballos de mellora das zonas verdes municipais. Na sinatura estivo tamén o Presidente da Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas de Arzúa e Terra de Melide e Apoio a Integración (Amarai), José Luis Costoya. A partir da sinatura deste convenio e,

ata finais de ano, vai ser a empresa de economía social Dixardín a que se encargue de arranxar os espazos verdes que comprenden tanto a piscina municipal como os dous campos de fútbol, o de competición e o de adestramento, ademais da zona do merendeiro, os xardíns anexos ao concello, o centro de día e miniresidencia, e tamén, coidarán os espazos verdes da praza da Gándara e do centro médico.

Momento da visita de Alfonso Rueda a Trameve

O Vicepresidente da Xunta visita Trameve As instalacións de Trameve acolleron a visita do Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen estivo acompañado polo Presidente de Galega de Economía Social, Anxo Queiruga, o Conselleiro Delegado, Ramón Sestayo, a Directora Xeral, Mayte Gutiérrez, e o Xerente de Trameve, Luis Penido. Durante a visita á planta de tratamento ambiental e despece de vehículos Anxo Queiruga aproveitou para pedirlle ao goberno galego que apoie por lei a reserva

de contratos públicos a empresas que teñan un mínimo do 70% de persoas con discapacidade traballando. O Vicepresidente apuntou que é precisa a discriminación positiva e que o goberno galego vai aprobar en Consello a Lei de racionalización da administración autonómica que inclúe a reserva da participación de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral en determinados procedementos de adxudicación de contratos.

Coregal realiza a limpeza viaria no concello de Rianxo O Presidente do grupo empresarial Galega de Economía Social, Anxo Queiruga, desprazouse ata a casa do concello de Rianxo para asinar un acordo co Alcalde, Adolfo Muíños, a través do cal a empresa de xestión medioambiental integral Coregal se vai facer cargo da limpeza viaria do concello. Con duración ata finais deste ano, este convenio supón que a empresa de economía social, que conta con instalacións en Boiro nas que traballan 29 persoas con discapacidade, vai poder contratar a catro persoas máis e incrementar así as oportunidades laborais dentro do colectivo. Coregal presentou os seus servizos a través dun concurso aberto que convocou o concello para centros especiais de emprego e que gañou de entre todas as candidaturas presentadas. Coregal é unha empresa de xestión integral de residuos que arestora na comarca da Barbanza está realizando os seguintes servizos: a xestión de papel e cartón no hospital de Barbanza; a xestión dos puntos limpos dos concellos de Muros, Carnota, Porto do Son, Rianxo e Boiro; a xestión de envases lixeiros nos concellos de Rianxo, Dodro e Vilagarcía; a xestión de papel e cartón nos concellos de Boiro, Rianxo, Dodro, Catoira e Vilagarcía e tamén xestiona os residuos en empresas privadas da comarca.


O Boletín Nº 21 / xuño 2013

Mayte Gutiérrez, a nova Directora Xeral de GES Chegou hai dous meses a Galega de Economía Social para ocupar o posto de Directora Xeral e xa fala do grupo de empresas como nosoutros, sentíndose totalmente integrada no grupo que dirixe. Mayte Gutiérrez Rosselló, con ampla experiencia na xestión e xerencia de grandes empresas relacionadas co coidado do medio ambiente, como son Ferrovial ou Sogarisa, entra a formar parte de Galega de Economía Social tras un proceso de selección. PREGUNTA: Estás á cabeza dun grupo empresarial que se sae do común porque máis do 90 por centro do cadro de persoal ten discapacidade. RESPOSTA:O obxectivo de COGAMI é normalizar o mundo laboral para as persoas que teñen discapacidade, e ese é o noso obxectivo, que se traduce coa creación de 10 empresas que están no mercado e que compiten con todas as demais. Por isto, evidentemente é un exemplo porque nesta época de crise onde pechan empresas, hai 10 que pasan por unhas dificultades lóxicas pola crise, pero que se poden manter. Isto é exemplo de que o facemos ben. Que cambios máis notorios notastes ao chegar a este grupo de empresas? A organización en si mesma é moi diferente a calquera empresa que eu puidera coñecer. Chamoume moito a atención que, dende un colectivo de persoas con discapacidade puidera desenvolver actividades que son tan diversas e que funcionan, algunhas delas extremadamente ben. A realidade é que damos un servizo de calidade equivalente a outra empresa calquera.

Que camiño se vai seguir para que o grupo continúe? Temos que facer un esforzo moi importante por manter e optimizar as iniciativas que xa temos. A crise afecta a todas as empresas e temos que estar vixilantes para medrar, e medrar quere dicir ter novas iniciativas asociadas ás que temos. Agora toca traballar a nivel empresarial, de competitividade, de optimización dos nosos recursos, de formar á nosa xente, de que, en relación á xestión, todas as empresas sexan conscientes de que están dentro do grupo e que todas teñen que ir na mesma dirección. Que visión che ofrece agora, que formas parte do colectivo, a discapacidade? Aquí hai un colectivo que está preparado e que está traballando pero tamén, e é labor do Servizo de Intermediación Laboral, hai moita xente que está aí fóra e que ten necesidade de formación e, por iso, teñen dificultades de inserción. O labor de COGAMI é que poidan acceder a un traballo en igualdade de condicións que outra persoa calquera.

A entrada en Galega de Economía Social por parte de Mayte Gutiérrez tivo lugar nun momento moi doce para o grupo empresarial. Á semana de estar á cabeza das empresas, produciuse a visita do equipo técnico do Premio Integra do BBVA, un encontro que resultou fundamental para que GES saíra vencedora deste concurso que recoñece a traxectoria social e laboral desenvolvida ao longo dos dez anos da constitución de GES. Xuntanza de GES co persoal técnico do Premio Integra BBVA


REPORTAXE

A versatilidade de Coregal: do cartón á comida de mascotas

Quen podía imaxinar que o que iniciou sendo un curso de formación que COGAMI impartía en 1993 podía ser actualmente unha das empresas do grupo Galega de Economía Social con máis persoas empregadas, alcanzando as 140? E quen podería imaxinar por aquela época que China é quen marca que haxa máis ou menos ganancias na venda do cartón? Pois isto está pasando hoxe en día en Coregal, o centro especial de emprego que se dedica á recollida selectiva de papel, cartón, plásticos e con miras en máis produtos que iremos debullando nesta reportaxe.

O ano 2013 vai ser lembrado como un ano negativo para as empresas que se dedican á recollida de residuos. A crise que afecta ao comercio incide directamente na produción de cartón xa que, se baixa o consumo, tamén baixa a compra de mercadorías para os establecementos e, polo tanto, hai menos recollida de caixas de embalaxes de cartón. Isto é o que lle está pasando a Coregal, que se resente dunha baixada de ata un 40 por cento de toneladas de cartón con respecto aos anos de bonanza económica. Outra incidencia negativa que se está dando na actualidade dentro do sector da recollida de

residuos é que agora hai máis competencia. Moitas das empresas que antes vivían da construción actualmente, ao non haber traballo nese ámbito, dedícanse á recollida de residuos. Isto conleva a que existe unha maior competencia. E como non hai dous sen tres, os prezos do cartón están á baixa dentro do mercado nacional. A única maneira de que suba depende directamente do mercado chinés, que fai ofertas de compras grandiosas logrando que o mercado se desabasteza e, por conseguinte, o prezo por tonelada incremente. Actualmente Coregal realiza a recollida de papel e cartón de 65 concellos galegos. A ganancia por realizar este servizo


O Boletín Nº 21 / xuño 2013

non se produce no cobro pola recollida, senón que é a través da venda da materia. Estes tres exemplos anteriormente apuntados, e que se están dando no mercado actual, son razóns suficientes para que Coregal pensara en que non só se pode dedicar á recollida de papel e cartón. Ten que abrirse a un sector máis diversificado para poder seguir estando presente no mercado. Por iso iniciou tamén a recollida de plásticos que se venden a empresas que o reciclan e, tamén, dedícase a recoller lixo orgánico nos concellos, e que envía aos vertedoiros especializados. Pese á situación complexa na que estamos, a Coregal non é que as contas lle saíran negativas, senón que ocorre todo o contrario. Durante estes dous últimos anos é unhas das empresas do sector que máis medrou, xerando máis postos de traballo dentro do colectivo das persoas con discapacidade e incrementando a carteira de clientela nun 15 por cento: arestora conta cunha cifra de máis de 800 clientes en Galicia. A descenso na recollida de material obrigou a que tivera que ampliar a carteira de clientela. Se seguimos presentando cifras, Coregal conta con cinco naves operativas: en Santiago, Boiro, Carballo, Narón e Mos e, ademais, posúe unha nave no polígono do Tambre en Santiago que cumpre coas funcións dun taller de mantemento propio, encargándose do parque móbil que está formado por 55 vehículos entre camións, furgonetas e automóbiles. O futuro non supón unha incerteza para Coregal. Xa teñen planificadas diversas accións. Algunha destas, a recollida de plásticos, xa está en marcha e, outras, están en pleno desenvolvemento. Estase traballando no que sería un proxecto novidoso e pioneiro en Galicia. Tráta-

se da recollida de produtos alimentarios que, se ben son aptos para o consumo, non o son para a súa venda porque os recipientes nos que están preservados sufriron algún dano no envasado durante os traslados. Coregal encárgase de recoller todos estes produtos con taras no envasado e os traslada a unha planta que se encarga de transformar a comida en fariña para animais de compaña.


ASOCIACIONS MEMBRO

A asemblea de COGAMI deulle a benvida ás novas entidades

Apagando a vea do II Aniversario

Durante o XXV Aniversario de Amizade

Tres novas entidades entran a formar parte de COGAMI

O centro de recursos de Boimorto cumpre dous anos

A asociación Amizade celebrou o vinte e cinco aniversario

As asambleas xerais ordinarias de Discafis-COGAMI e da Federación COGAMICoruña concluíron con incremento de entidades asociadas e que, polo tanto, significan que as entidades que forman parte de COGAMI pasan a ser arestora cincuenta e catro.

A Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoio á Integración das comarcas de Arzúa e Terra de Melide (Amarai) conmemorou o segundo aniversario da apertura das novas instalacións do centro de recursos que teñen en Boimorto. Para o acontecemento, a entidade logrou xuntar no centro a profesionais, persoas usuarias e familiares.

O Pazo da Cultura de Pontevedra resultou ser escaso para acoller ás preto de duascentas persoas que quixeron conmemorar coa directiva da entidade os vinte cinco anos da súa creación.

A primeira entidade en ingresar na Federación foi DISVALIA, a asociación de persoas con discapacidade da comarca de Valdeorras e asociadas. Esta entidade de O Barco iniciou a súa traxectoria en 2011 e solicitou a entrada en Discafis-COGAMI porque lles axudou tanto nos inicios de creación como agora, que a asesoran no día a día. Disvalia ten arestora vinte nove persoas asociadas. A Federación COGAMI-Coruña incrementou este ano en dúas o número de entidades, contando agora con catorce asociacións membro. Na pasada asemblea entraron a formar parte da Federación ANDADE, a Delegación Galega da Asociación Nacional de Amputados de España e LIGARE, a Liga Remautolóxica Galega. Estas dúas entidades traballan pola inclusión das persoas do colectivo que representan: ANDADE ás persoas que teñen algún membro amputado e LIGARE traballa no apoio das persoas afectadas por unha doenza reumática e familiares.

Tras unha proxección dun vídeo que contou a rutina diaria das 22 persoas usuarias do centro de día e ocupacional, procedeuse á lectura dun manifesto escrito polos nove profesionais do centro onde cada un deles aportou o seu sentir polo labor que realizan. A continuación, a aula de musicoterapia cobrou vida representando os maios con flores, xestas e plantas que as persoas usuarias foron recollendo pola contorna do centro. Este tipo de actividades que están abertas á participación tanto das persoas usuarias como traballadoras e familiares, teñen como finalidade de que se dea unha colaboración activa, sendo protagonistas as persoas que día a día enchen os espazos das instalacións. Por iso, as actividades deste día ían encamiñadas aos usuarios, que inflaron globos para logo cravalos nunha maceta tras expresar en alto as sensacións que lle producen o acudir ao centro.

Familiares, amigos, persoas usuarias do centro de recursos, xunta directiva, veciños e tamén membros doutras entidades, asistiron a un acto a través do que a entidade quixo lembrar parte do traballo realizado a prol do colectivo con discapacidade de Pontevedra. Conducida polo presentador da Televisión de Galicia, Enrique Magdalena, a gala do aniversario contou coas intervencións de representantes da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra, do Concello de Pontevedra, da empresa Autocares Rías Baixas, de COGAMI e da Xunta Directiva actual da asociación. Tralas intervencións das persoas convidadas, proxectouse un vídeo que pretendía resumir toda a traxectoria da asociación Amizade dende o seu nacemento. Durante todo o acto houbo intervencións musicais a cargo do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e unha actuación do mago Sasha que foi quen rematou a xornada. Tamén houbo a posibilidade de ver unha exposición de artesanía que realizan as persoas usuarias do centro de recursos de Monteporreiro.


O Boletín Nº 21 / xuño 2013

Practicando no curso de arranxos

Alumnado dun dos cursos de Cegasal

O grupo de Mos tras chegar ao Obradoiro

A asociación Íntegro organizou actividades de lecer e formativas

Cegasal formou a persoas desempregadas en dous cursos

O centro de recursos de Mos realizou o camiño de Santiago

A Asociación Íntegro de diversidade funcional continúa festexando os vinte anos da súa creación e para iso está a organizar diferentes actividades participativas tanto para as persoas socias e usuarias do centro de recursos que ten en Cabana de Bergantiños como para o resto da comunidade que queira participar.

A asociación empresarial galega de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro (CEGASAL) desenvolveu dous cursos de formación orientados a persoas desempregadas: un deles de Animación social de persoas en situación de dependencia en institucións e, o outro, de Condución eficiente de vehículos.

Chegaron a Santiago, algúns un pouco tocados porque o camiño non é fácil, pero todos con gañas de volver repetir experiencia dentro dun tempo. Un grupo de persoas con discapacidade usuarias do centro de recursos de O Rebullón, en Mos, chega a Santiago despois de percorrer un tramo do camiño.

Un exemplo das actividades que levan organizadas son charlas de sensibilización, como as mantidas durante datas específicas como o Día da Muller Traballadora, onde leron un manifesto denunciando a discriminación laboral que sofren as mulleres con discapacidade, ou tamén as realizadas en colexios da comarca de Bergantiños.

Subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar, estas accións formativas estiveron enmarcadas dentro do plan de formación intersectorial de Economía Social.

Saíron dende Lestedo e, tras repartir a distancia en 3 etapas, lograron chegar ata o Obradoiro compostelán. En total foron 16 as persoas que formaron parte desta actividade, dez persoas usuarias do centro de Mos, cinco monitores e unha persoa voluntaria. Ían acompañados dun coche escoba que, ao rematar cada etapa, se encargaba de trasladalos ata o albergue Helvetia de Arzúa para repoñer forzas ata o día seguinte.

Íntegro organizou ademais diferentes cursos e talleres formativos que pretenden facerlle a vida máis fácil ás persoas que participaron neles. Un destes obradoiros trataba en aprender a amañar pequenas avarías que se producen no fogar, outro trataba sobre a preparación de comida sa e outro ofrecía unhas pautas básicas de maquillaxe. Outras das actividades levadas a cabo foron relacionadas co lecer en espazos abertos, como a participación nun circuíto de multiaventura, a realización dunha xornada de sendeirismo ou a celebración dunha xornada de pesca.

O curso de Animación social tivo unha duración de un mes, a metade en clases presenciais e a outra metade en teleformación. O alumnado adquiriu coñecementos en técnicas, estratexias e mellora das habilidades sociais, permitindo incrementar a calidade da atención psicosocial e acompañamentos de persoas en situación de dependencia. O curso de condución eficiente de vehículos impartiuse na escola Santa Eulalia en Santiago e rematou tamén con clases a distancia. A finalidade desta acción formativa foi adquirir coñecementos técnicos do vehículo de transporte e hábitos de conduta de seguridade. O alumnado contou cun vehículo adaptado para as persoas que o precisaran.

Esta actividade foi posible coa colaboración de AXA de Todo Corazón, a asociación de voluntariado de AXA Seguros que quixo brindarlle o seu apoio a este proxecto cando llo presentaron dende COGAMI. Precisamente, desprazouse ata Santiago o Director da Zona Pontevedra-Ourense, Ángel Farto, que xunto ao Coordinador de Áreas de COGAMI, David Silva, acompañaron ao grupo durante a chegada á praza do Obradoiro. Con esta van tres as veces que dende Mos se apuntan a percorrer o camiño.


PECHE

Xuntanza en A Coruña para percorrer un roteiro en bicicletas adaptadas A Federación COGAMI-Coruña organizou un roteiro sobre bicicletas adaptadas que reuniu en dous días a máis de 150 persoas con discapacidade. O punto de partida foi a explanada da Marina e a ruta que había que seguir foi a distancia de preto de 3 quilómetros polo carril bici en dirección á Torre de Hércules. Trala chegada, todas as persoas participantes no roteiro tiveron a oportunidade de compartir dúas actividades máis de lecer: o voo de cometas e de discos que previamente puideron personalizar con pinturas. Este roteiro inclusivo, como se denominou a actividade, foi posible coa cesión de bicicletas por parte da Fundación María José Jove, da asociación ASPACE de Sada e a Empresa Municipal Vivenda Servizos e Actividades de A Coruña.

Outras organizacións que colaboraron foron o voluntariado da Fundación ALCOA, o Concello de A Coruña, Protección Civil, Policía Local, Cruz Vermella e Marina Coruña. As persoas que participaron nesta actividade de lecer procedían de distintas entidades que forman parte de COGAMI, sendo estas: a Asociación de discapacitados da bisbarra de Muros (ADISBISMUR), a Asociación Íntegro para a Diversidade Funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra, persoas usuarias da oficina de COGAMI-Coruña, persoas usuarias do centro de recursos de Ponteareas da asociación Adapta, a Asociación de Amputados de Galicia (ANDADE) e tamén persoas usuarias da Asociación de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra (AMIZADE).

www.cogami.es


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.