Memoria actividades 2017 galego

Page 1

MEMORIA de actividades

2017



Índice Carta do Presidente

1

Quen Somos?

3

Organigrama

4

COGAMI en cifras

5

Apoio a entidades

6

Apoio en centros

9

Formación

10

Emprego

12

Información e asesoramento

14

Sensibilización

16

Accesibilidade

18

Lecer e deporte

20

Difusión

22

Alianzas

24

Iniciativas de economía social

26

Memoria económica

30

Entidades membro

34

Puntos de atención

46

Financeiros

47


Carta do Presidente Queridas amigas e amigos: 2017 foi un ano de moito traballo e dedicación, tal vez por iso voou. Os anos pasan case sen que nos decatemos. Cando unha persoa non chega á trintena, como COGAMI, semella que aínda está aprendendo a vivir, que goza de xuventude. Pero, 28 anos para o movemento asociativo son moitos anos de retos, de moitas ilusións, moitos problemas e tamén moitas solucións. Así, o que deu comezo como unha unión dunhas poucas persoas, converteuse nunha confederación de todas e todos, porque traballando en rede formamos sector de acción social. Traballo que ve a luz como un novo modelo de xestión que permite acadar os obxectivos da organización, sen esquecer o día a día, as responsabilidades cos presentes, e cos que tras nos virán. Como resumo do acontecido no ano, foi un ano con sobresaltos pero cun bo final. O conxunto de actividades desenvolvidas pola Organización foise facendo de xeito normalizado e o grupo de empresas continúa nunha situación de estabilidade. Porén, unha das grandes preocupacións do sector que marcou este 2017 e que poñía na corda frouxa a atención a miles de persoas, foron as subvencións estatais con cargo ao IRPF. Se as entidades deixaramos de percibir ditas subvencións, non poderiamos proporcionar a atención a persoas que requiren apoios para a autonomía persoal e a vida autónoma, persoas que necesitan un servizo de transporte adaptado ou descanso familiar, ou que reciben apoio na súa inclusión educativa e noutras situacións, que nunca deberían quedar descubertas. Só por aportar uns datos, o pasado ano, máis de 26.000 persoas con discapacidade física e orgánica con situacións sociofamiliares e económicas desfavorecidas beneficiáronse dos 99 proxectos que se executaron a nivel nacional, e que ademais serviron para crear preto de 500 postos de traballo. Pero non todo ían ser problemas, tamén foi un ano de boas novas. No eido empresarial asistimos a un cambio de paradigma total. En COGAMI temos que estar moi satisfeitos de conseguir un obxectivo sobre o que levabamos máis de 16 anos traballando. Por fin acadamos a diferenciación entre centros especiais de emprego de iniciativa social e os de iniciativa privada. Non tedes por que saber o difícil que isto foi, pero hoxe, xa é un discurso asumido tanto no ámbito nacional como europeo. Outras cuestións que nos ocuparon, e preocuparon, durante este ano foron o previsible incumprimento da obriga legal de que todos os espazos, produtos e servizos sexan accesibles, así como a falta de vontade para modificar a Lei de Propiedade Horizontal e que se realicen todas as obras de accesibilidade que sexan necesarias nos edificios de vivendas, básico para impulsar a vida independente e a autonomía das persoas con discapacidade; e conseguir un baremo de valoración do grao de discapacidade que sexa equitativo, e que responda tamén ás necesidades das persoas con discapacidade orgánica ou con determinadas enfermidades que na actualidade non son recoñecidas. Por outra banda, estamos a traballar para conseguir incrementar o importe da libranza que a Administración está a pagar pola asistencia persoal que é decisivo para que as persoas teñan unha vida máis autónoma e independente; e dotar aos centros de recursos para persoas con discapacidade dun maior número de prazas que é determinante para poder atender á demanda. Seguramente, poderiamos ter feito máis. Sempre se pode facer máis porque queda aínda moito por conseguir, porén, imos a ser positivos; imos felicitarnos polo traballo de todas e todos: asociacións, voluntariado, persoas colaboradoras, profesionais e persoal directivo; así como agradecervos un ano máis o traballo por facer de COGAMI un punto de referencia para as persoas con discapacidade de Galicia. Unha aperta.

1 | COGAMI | Memoria 2017


Quen somos? A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade - COGAMI- é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública e constituída por 52 asociacións de entidades de persoas con discapacidade física e orgánica. Presta servizos ás persoas con discapacidade e conta con 11 iniciativas empresariais de economía social que empregan a máis de 800 persoas.

Conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

Adhírese á Declaración Universal dos Dereitos Humanos, á carta de Dereitos Sociais da UE, ás normas unificadas de Igualdade e á Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. Ademais, adopta estes valores:

Un movemento asociativo consolidado e amplamente recoñecido pola sociedade en xeral, polos seus valores e liderado na busca de novas metodoloxías de traballo coas persoas con discapacidade e na prestación de servizos de excelencia dirixidos ás mesmas.

Xunta Directiva de COGAMI reunida durante a XXVII Asemblea Xeral Ordinaria

3 | COGAMI | Memoria 2017


Como nos organizamos? ESTRUTURA ORGANIZATIVA A nivel autonómico, COGAMI é unha das entidades fundadoras do Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) e da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia). A nivel estatal, forma parte de COCEMFE (Confederación Coordinadora Estatal de Personas con Discapacidad Física y Orgánica de España). COGAMI está constituída por 16 asociacións membro directo, das que 4 son federacións provinciais, 2 entidades autonómicas e 11 asociacións comarcais. Estas catro federacións integran outras asociacións, ata conformar un movemento asociativo composto por 52 entidades.

4 | COGAMI | Memoria 2017

RECOÑECEMENTO Á EXCELENCIA COGAMI conta dende o ano 2013 cun SELO DE EXCELENCIA EUROPEA 400+ EFQM, un recoñecemento á mellora continua na xestión e atención ás persoas con discapacidade. O percorrido na procura da excelencia iniciou en 2009 cando se consegue o SELO COMPROMISO COA EXCELENCIA 200+EFQM, un camiño orientado a responder con calidade ás necesidades das persoas con discapacidade, das entidades asociadas, financeiros, colaboradores e das persoas que se comprometen profesionalmente coa Organización. Tamén colaboramos coa Fundación Grupo Develop a través do Club de Avaliadores Sociais, participando este ano no Seminario on line sobre “Recoñecemento á Xestión e ao Compromiso Social”.


5 | COGAMI | Memoria 2017


Que facemos? Apoio a entidades A Área de Fortalecemento do Movemento Asociativo apoia á rede de entidades de COGAMI, prestando información e asesoramento, xestión de recursos, programación e organización de cursos, sensibilización social e participando en programas de lecer. Todas estas actividades e programas realizados contaron cunha participación de 780 persoas con discapacidade, 414 homes e 366 mulleres. Servizos para a prevención da dependencia e promoción da autonomía Son actividades dirixidas á rehabilitación e mellora da independencia funcional físicomotora, para deter ou minimizar os procesos dexenerativos, estimular as posibilidades de movemento e autonomía persoal, potenciar as capacidades residuais e loitar contra as secuelas da inactividade. Participaron 103 persoas, 58 homes e 45 mulleres. Desenvolvéronse actividades de fisioterapia, natación terapéutica e hidroterapia, mellora dos

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visita o centro de Fingoi

Servizos de apoio a entidades As entidades asociadas cada ano incrementan as solicitudes de apoio que trasladan a COGAMI, contabilizando un total de 452 solicitudes de apoio, das que se resolveron o 97% e o restante 3% están en proceso de resolución. O tipo de apoio máis solicitado foi sobre axudas con subvencións, cun total de 107 apoios dende a fase de solicitude ata a xustificación final.

6 | COGAMI | Memoria 2017

coñecementos cognitivos a través do traballo das habilidades sociais e comunicativas, da atención psicolóxica e da autonomía. Servizos prestados para o apoio ás necesidades das persoas e familias Dirixidos a capacitar ás persoas participantes a través de actividades formativas de carácter básico ocupacional no ámbito familiar. Participaron 73 persoas, das que 41 foron homes e 32 mulleres. Desenvolvéronse programas de formación básica e ocupacional, como a atención diúrna ocupacional en Mos e Ferrol, e informática á carta en Ponteareas. Servizos prestados para o apoio do lecer Comprende un programa de actividades para persoas con discapacidade ligado ao lecer e tempo libre e tamén ligado ao ámbito educativo, cultural e mesmo formativo. En 2017 desenvolvéronse 58 accións, nas que participaron un total de 780 persoas, 414 homes e 366 mulleres.

A deputada provincial, Sonsoles López, visita o centro de Fingoi

Información Realizáronse máis de 70 envíos con información de interese para as entidades con temática sobre información xeral, lexislación, deporte, lecer e tempo libre, actividades, formación, axudas, premios e subvencións.


Fin de curso dos obradoiros prelaborais que financia a Consellería de Política Social en Mos

Formación Desenvolvemos diferentes accións formativas que podemos diferenciar en continua, gratuíta e interna, nas que participaron 34 persoas traballadoras das entidades. Dentro da formación continua para entidades, desenvolvemos un curso de Redución física e contención mecánica que contou con 3 edicións impartidas no centro de recursos de Silleda, nas instalacións da asociación AGORA en Monforte de Lemos e no centro de recursos de Fingoi en Lugo. Dentro do convenio de Formación Continua de COGAMI, ao que están adheridas un total de 14 asociacións, beneficiáronse 7 deste convenio. En canto á formación gratuíta, impartiuse un curso de Psicomotricidade no medio acuático, en colaboración coa empresa AWASAN, que cedeu

O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, asina co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, a continuación de EnREDarte

tanto profesionais como as súas instalacións de Roxos, en Santiago de Compostela. En relación á formación interna ofertada a entidades membro, desenvolveuse un curso de Elaboración de tecnoloxías de apoio de baixo custe, impartida por profesionais de COGAMI no centro de recursos de Fingoi. Actividades participativas Organizáronse 4 actividades dirixidas ás asociacións nas que participaron 92 persoas de 41 entidades diferentes sendo: unha xornada informativa sobre Axudas Individuais da Xunta de Galicia, un curso de comunicación impartido por EAPN e dúas xornadas formativas sobre o uso de ferramentas de comunicación de COGAMI como a páxina web e o SharePoint.

Proxecto EnREDarte En colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, iniciou a segunda edición do programa cultural EnREDarte, que consta de obradoiros de artes plásticas, escritura creativa, fotografía artística, teatro, música tradicional e danza contemporánea. Os obradoiros estanse a desenvolver nos centros de recursos para persoas con discapacidade de Mos, Silleda e Lugo, e nas asociacións Grumico de A Coruña, Aspamite de Teo, Avante de Val do Dubra, Adisbismur de Muros, Misela de Noia e Asearpo de Pontevedra. Neste proxecto, iniciado en 2015, participaron 125 persoas procedentes de 8 asociacións e centros de recursos COGAMI.

7 | COGAMI | Memoria 2017


Xuntanza da Comisión Sociosanitaria

Comisión Sociosanitaria A Comisión Sociosanitaria de COGAMI mantivo dúas reunións, unha en setembro e outra en decembro durante 2017, ano no que presentou alegacións ao anteproxecto de lei polo que se modifica a Lei 8/2008 do 10 de xullo de Saúde de Galicia, e tamén ao Plan Estratéxico da EOXI de Vigo e á Estratexia Galega para Persoas con Enfermidades Crónicas. Representantes da Comisión asistiron a actos como a Xornada de Comunicación e Saúde na facultade de Ciencias da Comunicación da USC, o Congreso SERMERGEN en Pontevedra, o acto de entrega de Premios Redacción Médica,

Presentación do programa Pontevedra Contigo que financia a Deputación de Pontevedra e Obra Social “la Caixa”

8 | COGAMI | Memoria 2017

a Conferencia sobre Linfedema organizada por AGL no Hospital Santa María Nai de Ourense, o Congreso da Sociedade Galega de Calidade Asistencial en Pontevedra e reuniuse coa Dirección de Asistencia Sanitaria do SERGAS. Tamén participou activamente nos grupos de traballo do Consello Asesor de Pacientes do SERGAS, do Consello Asesor de Pacientes da EOXI de Vigo, da Coordinación do Grupo de Sanidade do CERMI Galicia, do Grupo de Traballo para a Humanización da Sanidade SERGAS e da Comisión de Saúde e Espazo Sociosanitario do CERMI Estatal.

Xuntanza co Concello de O Porriño


Que facemos? Apoio en centros COGAMI e ACADAR reúnense coa concelleira de Benestar Social, Igualdade e Muller de Ferrol, Saínza Ruíz

Os centros de recursos prestan apoio ás necesidades das persoas con discapacidade e familias, onde un equipo de profesionais deseña un plan de atención axustado ás súas capacidades. Destacamos estes centros que están en funcionamento e contan co permiso de inicio de actividade (PIA) da Xunta de Galicia:

Sinatura de convenio co centro de saúde de A Estrada

rehabilitación física, terapia ocupacional, audición e linguaxe, natación terapéutica, hidroterapia,... Habilitación formativa e profesional: impartiuse informática e TICs, formación básica e académica, talleres de habilidades prelaborais e formación profesional. Atención persoal: realízase intervención e apoio psicolóxico ademais de obradoiros de habilidades persoais e xerais. Atención social: desenvólvense obradoiros de habilidades sociais e comunicativas, desenvolvemento na comunidade, programas de traballo social individualizado, promoción da vida independente e actividades no exterior.

Nestes tres centros con prazas públicas concertadas, as persoas usuarias participan nun programa mixto de habilitación e atención que clasificamos como: Habilitación e mantemento físico-cognitivo: realizáronse actividades físicas e deportivas,

9 | COGAMI | Memoria 2017


Que facemos? Formación A Área de Formación desenvolve un programa formativo que está adaptado ás necesidades e capacidades das persoas con discapacidade, tendo por finalidade a adquisición de competencias para capacitar o seu desenvolvemento profesional. Cada vez que se imparte un curso, téñense en conta as necesidades da persoa e tamén, as demandas do tecido empresarial da zona, tendo

10 | COGAMI | Memoria 2017

como obxectivo final lograr a inserción laboral das persoas con discapacidade. Durante o ano 2017, rematamos 21 cursos de formación nos que participaron 235 persoas. Destas, un total de 127 persoas, realizaron prácticas en empresas. Estes son os cursos desenvolvidos durante o ano 2017 e os lugares nos que se impartiron.


A xefa territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz, visita un curso AFD de Gravación e Tratamento de Datos

Outros cursos formativos impartidos por COGAMI iniciaron en 2017 e continúan durante o ano 2018. En total son 16 e neles estanse formando 224 persoas.

Estes cursos foron financiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, Consellería de Política Social, Fondo Social Europeo, Concello de A Coruña, Fundación ONCE, Ministerio de Asuntos Sociais, Ministerio de Educación, “La Caixa”-Incorpora e Tempe-Grupo Inditex.

Curso AFD de Operacións Auxiliares impartido en Santiago

11 | COGAMI | Memoria 2017


Que facemos? Emprego O Servizo de Información, Orientación e Prospección de Emprego (SIL) é un dos principais referentes na especialización dos servizos de emprego. Concentra a maioría das accións dirixidas á busca de emprego. É centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia, autorizada como Axencia de Colocación recoñecida co nº 1200000003 e conta cun equipo formado por 40 orientadoras e orientadores laborais e axentes de emprego, que traballan nas 7 oficinas que ten COGAMI (A Coruña, Santiago,

Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo), para atender as necesidades das zonas urbana e rural. O SIL diríxese ás persoas con discapacidade, a quen lles proporciona as ferramentas necesarias para a busca activa de emprego, e tamén se dirixe ás empresas, ás que lles facilita persoas traballadoras cualificadas, asesoramento e apoio durante a incorporación laboral.

COGAMI é unha das entidades que forman parte do programa Incorpora en Galicia

12| COGAMI | Memoria 2017


Participación en xornadas Resulta de especial interese que o SIL participe en foros e xornadas empresariais, co fin de sensibilizar e ofrecer información sobre este servizo. Por iso, en 2017, o Servizo de Intermediación Laboral participou nos seguintes foros e xornadas:

PROGRAMAS DE EMPREGO O SIL presta especial atención a aquelas persoas con discapacidade que teñen máis dificultades á hora de atopar un traballo. Para elas desenvolve estes programas específicos de inserción laboral: Programa Vodafone para a inserción laboral das persoas con discapacidade en Galicia a través do uso das TIC´s, que contou coa participación de 150 persoas desempregadas, das que 104 lograron traballar, o 69% das participantes. O Servizo de Intermediación Laboral participa na Feira de Emprego de Vigo

Programa Incorpora para a inserción de persoas en risco de exclusión. Formamos parte da rede Incorpora Galicia e somos punto formativo deste programa na provincia de Lugo. Programa + Empleo “La Caixa” para o desenvolvemento de itinerarios integrados para a inserción sociolaboral de persoas en situación de risco ou exclusión social. Participaron 78 persoas neste programa.

Gravación dun videocurriculum dentro do programa PARTICIPA coa dis-CAPACIDADE da Fundación Vodafone España

13 | COGAMI | Memoria 2017


Que facemos? Información e asesoramento A Área Traballo Social ten como obxectivo promover o cambio social, solucionar problemas nas relacións humanas e fortalecelas para incrementar a autonomía e independencia das persoas con discapacidade e as súas familias. Dende esta área intervense nos puntos nos que as persoas con discapacidade e as súas familias interactúan coa súa contorna, acorde á misión, visión e valores de COGAMI.

Servizo de Información, Asesoramento e Orientación Presente en todas as oficinas e entidades membro de COGAMI, este servizo diríxeo un equipo interdisciplinar de profesionais con ampla experiencia para a resolución de consultas que, segundo a temática, clasifícanse deste xeito:

Xestión de recursos Ademais de ofrecer apoio na xestión dos recursos que ten a propia Administración, abarca tamén o acompañamento e capacitación para proporcionar autonomía e aprendizaxe ás persoas que o precisen. En 2017 realizáronse 419 xestións de recursos.

deseñar itinerarios con apoios, se son necesarios, e para potenciar a súa autonomía e independencia, promocionando as habilidades e competencias.

Intervención Social Consiste na realización dun conxunto de intervencións profesionais, encamiñadas a fomentar o empoderamento das persoas con discapacidade, a promoción da autonomía e independencia, así como a participación en igualdade de oportunidades. Faise especial fincapé na atención ás persoas con grande discapacidade, valorando, planificando e realizando unha avaliación personalizada das súas capacidades para

14 | COGAMI | Memoria 2017

Esta intervención social comprende varios niveis de traballo e apoio podendo ser coas persoas con discapacidade, a nivel individual e persoal, coas familias, grupais (aulas, cursos de formación a distancia, obradoiros prelaborais,…) e coa comunidade, coordinando e colaborando con entidades e profesionais. Deseñáronse un total de 565 proxectos de intervención, mediante os que se realizaron 3.238 actuacións, sendo estas visitas domiciliarias, acompañamentos, entrevistas e seguimentos.


Intervencións dirixidas a: Muller: Atendemos a 431 persoas, das que 273 son mulleres con discapacidade coas que se intervíu para empoderalas e tratar de diminuír a existencia continuada de discriminación e prexuízos inxustificados e invisibilizados, que as privan da oportunidade de exercer os seus dereitos en igualdade de condicións. Realizamos intervención social continuada para a prestación de apoio social e familiar, a mobilización de recursos tanto públicos como privados, e tamén, recursos de apoio e acompañamento a vítimas de violencia a través de atención, acompañamento e apoio personalizado adecuado ás características de cada muller.

e seguimentos, así como coordinacións para o préstamo de servizos e a realización de actividades. No programa de apoio ao desenvolvemento integral das persoas con discapacidade, lévase a cabo a apertura das historias sociais e a realización dos seguimentos anuais ás familias, así como as intervencións e apoios que poidan necesitar. Persoas con discapacidade: desenvolvemos proxectos dirixidos a persoas con discapacidade que teñen asociadas unhas características específicas:

Menores: Levamos a cabo unha intervención especializada na área de menores de idade dirixida cara á integración educativa obrigatoria e á defensa dos dereitos (autodeterminación, integración, normalización e formación inclusiva, dereito á cota de reserva de praza…) de menores e familias con idades comprendidas entre 1 e 17 anos. Neste ano 2017 leváronse a cabo intervencións con 13 menores e familias. Centros de recursos para persoas con discapacidade: realizamos un traballo conxunto con profesionais dos servizos da comunidade, traballadoras sociais, educadoras, psicólogas dos servizos sociais de atención primaria municipais e de saúde, ademais de profesionais doutras entidades públicas e do movemento asociativo. Conxuntamente realízanse reunións

Xuntanza da área de Traballo Social

15 | COGAMI | Memoria 2017


Que facemos? Sensibilización Voluntariado A Rede de Voluntariado de COGAMI nace a finais de 2001 para canalizar os proxectos de voluntariado que se desenvolven na Organización, destacando: - Acompañamento e apoio ás persoas con discapacidade: dentro e fóra do domicilio, natación terapéutica, apoio educativo... - Sensibilización e concienciación en temas de discapacidade. - Formación básica e especializada en voluntariado e discapacidade. Durante 2017 comezaron a colaborar con nós 119 persoas como voluntarias, conformando a nosa bolsa de voluntariado un total de 932 persoas. Como media participaron 132 persoas voluntarias en actividades que benefician a máis de 5.000 persoas con discapacidade e as súas familias. En 2017 leváronse a cabo estas actividades:

16 | COGAMI | Memoria 2017

Xornada de sensibilización sobre a discapacidade no colexio de Oza cunha voluntaria


Asistentes I Encontro Interprovincial do Empoderamento no Rural de Mulleres con Discapacidade

Charla de sensibilización nun centro escolar de Ponteareas

Sensibilización e concienciación Realizáronse actuacións dirixidas a sensibilizar e concienciar ao conxunto da poboación sobre diversos aspectos da discapacidade:

O Servizo DEDALEIRA www.dedaleira.org, iniciado o ano anterior, consolidouse en 2017 para centrarse na atención e promoción da autonomía afectivo-sexual de persoas con discapacidade e contorna afectiva. Este servizo, do que se beneficiaron 270 persoas, inclúe actividades de asesoramento individualizado, formación dirixida a profesionais do sector e familias. Tamén contou con acompañamento ante situacións de abuso, atención psicolóxica e social, asesoramento legal e actividades de sensibilización e capacitación. A finais de 2017 inicia a unidade QUERELAR de detección e identificación de situacións contra a liberdade e a indemnidade sexual, agresión sexual, violación, abuso sexual, acoso, intimidación, ademais de realizar acompañamento personalizado das persoas

con calquera tipo de discapacidade que experimentasen ou estean a experimentar unha situación deste tipo. Neste período realizáronse accións con tres centros de educación especial, sendo 2 en Santiago de Compostela e 1 en Vilagarcía. Servizo de préstamo de produtos de apoio Este servizo nace para facilitar o acceso e proba de produtos de apoio ás persoas con discapacidade que o precisen. Ante a demanda, realízase unha valoración integral da situación da persoa, comprendendo unha visita domiciliaria, coordinacións e seguimentos do préstamo. Durante o ano 2017 xestionáronse un total de 63 préstamos de produtos de apoio do catálogo de COGAMI que conta con 94 produtos.

17 | COGAMI | Memoria 2017


Que facemos? Accesibilidade A área de Accesibilidade comezou a traballar en agosto de 2003 asesorando sobre axudas técnicas e lexislación de referencia. Dende xaneiro de 2004 desenvolve actividades propias de consultaría, asesorando, formando e elaborando plans de accesibilidade. Esta área, seguindo os criterios de deseño universal, ten como obxectivo humanizar espazos e servizos.

no tempo. Durante 2017 atendéronse 270 consultas sobre accesibilidade, unha cifra que supón un 15% por enriba da media acumulada dende os inicios da área. A procedencia das consultas sobre accesibilidade correspóndese coa distribución demográfica da poboación, sendo as provincias de A Coruña e Pontevedra as principais demandantes do servizo. Cabe destacar a petición de información desde fóra de Galicia, referida principalmente ao turismo accesible.

Prestamos asesoramento A prestación do servizo de consultas a persoas, familias e entidades públicas e privadas mantén unha tendencia de crecemento afianzada

Proxectos desenvolvidos Participamos en diferentes proxectos da Administración Pública, entidades ou empresas: Asesoramento ao concello de Vigo na execución de obras de urbanización. Asesoramento ás obras das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo. Plans Directores de Accesibilidade nos concellos de Barbadás e de A Guarda. Guía de Accesibilidade de hoteis e restaurantes do ano 2017 para Turismo de Galicia. Mesas de traballo dentro do proxecto Saber Universal comunicado coa marca Open Up Routes para Turismo de Galicia que deu lugar á Carta Europea de Turismo Accesible e ao Plan

Acción de Turismo Accesible nos Camiños Europeos de Peregrinación. Auditoría dos hoteis da comarca para Terras de Pontevedra coa promoción dos que reúnen criterios de accesibilidade. Proxectos de accesibilidade para os concellos de Ferrol e Porto do Son. Estudo para o Valedor do Pobo sobre a percepción do nivel de accesibilidade en Galicia dende a perspectiva das persoas con discapacidade. Estudo para Portos de Galicia de medidas para a mellora da experiencia das persoas con discapacidade.

Presentación do plan de mellora da accesibilidade no concello de A Guarda

18 | COGAMI | Memoria 2017


Xornada Ponte no Meu Lugar no concello de Santiago con persoeiros coñecidos da cultura e o deporte

Xornada sobre Turismo Accesible en Santiago

Realizamos xornadas de sensibilización Baixo o título de Ponte no Meu Lugar realizamos 15 charlas de sensibilización co alumnado de 5º e 6º de primaria de diferentes centros educativos. Participamos nun grupo de traballo sobre mobilidade e espazos cidadáns no concello de Santiago, onde desenvolvemos unha xornada de Ponte no Meu Lugar que contou coa participación de representantes académicos da USC, políticos municipais, representantes empresariais, profesionais da comunicación, da cultura e deportistas. Estivemos na X Edición de A Pedaliña que se celebrou no concello de Vigo, participando con persoas usuarias de cadeira de rodas e bicicleta de man e, cunha actividade de Ponte no Meu Lugar. Participamos nas xornadas Descubre as Miñas Capacidades no CEIP de Marcón. Colaboramos nas xornadas de Ourense Móvese, organizadas polo Concello, que contou cun recorrido en cadeira de rodas polas principais rúas do municipio. Sinatura de convenio coa Asociación Galega de Ascensores (ASIME)

Presentación do plan de mellora da accesibilidade do concello de Porto do Son

19 | COGAMI | Memoria 2017


Que facemos? Lecer e deporte A área de Lecer organiza actividades lúdicas e deportivas mediante a colaboración e patrocinio doutras entidades ou organismos, ou tamén, mediante a captación de actividades que, se ben son organizadas por outras entidades ou a propia Administración, resultan interesantes para as persoas con discapacidade. Dende as asociacións membro, federacións e

centros de COGAMI desenvólvense diferentes actividades lúdicas, co obxecto de facilitar o crecemento persoal e o descubrimento das capacidades necesarias para superar as dificultades de integración das persoas con discapacidade. Esta área desenvolveu 52 actividades nas que participaron un total de 1.405 persoas.

Programas máis destacados: PROGRAMA LECER NÁUTICO Desenvolvido en colaboración coa Fundación Mapfre e o Real Club Náutico de Sanxenxo, achega o deporte da vela ás persoas con discapacidade. Contempla un curso de iniciación á vela de 20 horas de duración unido a un programa de vacacións con actividades flexibles que se adaptan ás necesidades de cada persoa. O programa incrementou este ano o número de quendas ata 9, distribuídas estas nos meses de xuño, setembro e outubro, e contou con 157 participantes. PROXECTO GAVEA Nace en 2002 como unha oportunidade para que as persoas con discapacidade poidan participar en actividades náuticas, derribando as barreiras que o impiden. Durante este ano, participaron 268 persoas nas saídas que realizou o veleiro durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, e que conta cunha tripulación formada por persoas voluntarias.

PROXECTO MÁIS QUE DEPORTE DECATHLON No ano 2017 iniciou o proxecto Máis que Deporte, desenvolvido coa colaboración da Fundación Decathlon, que terá unha duración de 3 anos. Este proxecto permítenos dispoñer de material deportivo para introducir a práctica deportiva nos centros e asociacións, co obxectivo de facer accesible o deporte e lograr que as persoas con discapacidade se inicien en actividades deportivas e se beneficien da súa práctica. Ademais, conta co apoio de profesionais de Decathlon que participan como voluntarias e voluntarios. Cunha programación de un día á semana, practícanse deportes como o ping- pong, bádminton, tenis, pilates, golf, baloncesto, fútbol, slálom, entre outros. Neste primeiro ano de programa, participaron 308 persoas de 12 centros e asociacións.

Programa Lecer Náutico no Club Náutico de Sanxenxo que financia Fundación Mapfre

O proxecto Gavea de vela adaptada leva organizándose dende hai 15 anos

Unha das actividades deportivas desenvolvidas na xornada Deportiva do Decathlon 20 | COGAMI | Memoria 2017


Programa de hipoterapia en A Coruña

Xornada de kickboxing no centro de Fingoi realizada pola Federación Deportiva Galega deste deporte

Outras actividades lúdicas e deportivas programadas

Xornada compartida con persoal laboral de Iberdrola durante o seu Día do Voluntariado

Participación no Torneo Inclusivo que organiza a escola de tenis Marineda

21 | COGAMI | Memoria 2017


Que facemos? Difusión A área de Comunicación e Relacións Institucionais é a que se encarga de transmitir a misión e os valores da organización, establecendo unha comunicación directa coas persoas profesionais, asociadas, voluntarias, financeiras, medios de comunicación e sociedade en xeral. COMUNICACIÓN INTERNA - As entidades membro de COGAMI reciben cada quince días o newsletter Gaceta Dixital que recolle información sobre lexislación, concursos, convocatorias, actividades de lecer, publicacións e proxectos que poden resultar de interese. - Xornada de portas abertas para persoal laboral de COGAMI e Galega de Economía Social. Trátase de visitar centros de traballo diferentes aos que o persoal adoita estar, co fin de poder coñecer como se desenvolven noutros ámbitos da Organización. - No mes de decembro organizamos unha xornada anual á que asistiron máis de 270 persoas traballadoras e na que se presentaron novidades da Organización acontecidas durante o ano. - O Boletín. Publicación trimestral que edita 1.200 exemplares para enviar por correo postal a persoal laboral, entidades membro, grupo de empresas, Administración Pública, financeiros, colaboradores e voluntariado. Sinatura do convenio con ARRIVA Galicia para doar a recadación da semana do 11 ao 17 de decembro

22 | COGAMI | Memoria 2017

COMUNICACIÓN EXTERNA • Medios de comunicación. Das 73 notas de prensa que se enviaron, publicáronse o 96%, obtendo un total de 2.434 impactos nos medios de comunicación galegos. • Páxina web. Este ano actualizouse a páxina web de COGAMI, tanto no deseño como o dominio, sendo agora www.cogami.gal. Durante este ano recibimos 58.079 visitas que se interesaron por algúns dos contidos da web e polas 101 noticias publicadas e compartidas nas redes sociais. • Blog (cogami.blogspot.com) recolle historias particulares de persoas usuarias nosas. En 2017 obtivo 34.049 visitas. EVENTOS - Colaboramos coa área de persoas lesionadas medulares do hospital CHUAC de A Coruña na organización da I Xornada de Lesión Medular en A Coruña. CAMPAÑAS A través de COCEMFE formamos parte da campaña #ACCESIBILIDADYA por unha sociedade accesible, que logrou mobilizar ao movemento asociativo de toda España e que en Galicia contou con bastante repercusión nos medios de comunicación.

COGAMI co-organiza unha xornada sobre a lesión medular realizada na Unidade de Lesión Medular de A Coruña


O Secretario Xeral do Ministerio de Asuntos Sociais estivo de visita en COGAMI acompañado polo Conselleiro de Política Social

Sinatura de convenio co Presidente da Deputación de A Coruña

REDES SOCIAIS É a rede social que conta con máis persoas seguidoras e con máis actividade. Séguennos 8.265 persoas e as nosas publicacións superaron o millón de visualizacións. @COGAMI_Galicia ségueno 2.828 persoas e obtivo 153.054 impresións.

Conta con 5.042 contactos e ten aberto un grupo para intercambiar impresións sobre formación e emprego, integrado por 308 membros. A canle Youtube que temos aberta contou con máis de 3.600 visualizacións.

Xuntanza co conselleiro de Economía, Emprego e Industria

Xuntanza co Presidente da Xunta e a Directora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade 23 | COGAMI | Memoria 2017


Que facemos? Alianzas COGAMI participa na campaña #ACCESIBILIDADYA por unha Sociedade Accesible

Colaboracións Un ano máis, a entidade AGARESO contou coa área de Comunicación de COGAMI para participar no Seminario de Xornalismo Social que se imparte na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago. Con EAPN Galicia colaboramos na campaña de IRPF e participamos no Curso Básico de Comunicación para Organizacións destinado a persoal de entidades sociais que se dedican á comunicación.

Relacións institucionais COGAMI aposta por establecer relacións co tecido empresarial, coa Administración, fundacións e outras organizacións sociais. Durante 2017 asináronse un total de 33 alianzas e colaboracións, que comprenden apoio financeiro, material, medios humanos, prácticas, colaboracións en actos... Tamén participamos en eventos, congresos, seminarios, foros e charlas, rexistrando a participación en 179 redes e foros.

COGAMI é unha das entidades do Cermi Galicia que participou na mostra CapacitArte exposta na Xunta de Galicia

24 | COGAMI | Memoria 2017


Xornada de portas abertas en Trameve na que participou persoal laboral de COGAMI e GES

25 | COGAMI | Memoria 2017


Con que contamos? Iniciativas de economía social A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade participa maioritariamente en Galega de Economía Social como socia fundadora da empresa matriz do grupo mercantil. A organización empresarial está constituída por nove centros especiais de emprego de economía social que operan en sectores estratéxicos de actividade e que compiten en distintos sectores con outras empresas que se caracterizan por

Este ano 2017 caracterizouse por ser un ano de consolidación na evolución económica do conxunto dos centros especiais de emprego, contando cunha positiva evolución das principais magnitudes económicas, tanto a nivel de cifra de negocio como de resultados esperados. En termos xerais, esta evolución estivo marcada por un incremento da cifra de negocio acompañado pola permanente necesidade de axuste das marxes para mellorar a competitividade, xunto con axustes en distintos eidos para dar finalmente cumprimento dos obxectivos marcados. En liña co ano anterior, producíronse melloras na organización e no control de xestión co obxecto de optimizar os procesos produtivos na

26 | COGAMI | Memoria 2017

estar fortemente profesionalizadas e rexerse por principios puramente económicos. Dende finais do ano 2017 Galega de Economía Social tamén administra as iniciativas de economía social Combina Social, S.L. e Activa ETT, S.L. que, aínda que non pertencen ao grupo empresarial, o seu capital é 100% de COGAMI.

busca da eficiencia e a mellora continua. Neste ano 2017 empézanse a recoller os froitos da potenciación, planificación e coordinación da actividade comercial que está a ser un dos piares de crecemento, na busca de novos clientes e segmentos de mercado, xunto coa profesionalización dos procesos e dos modelos de xestión. A consolidación e mantemento dos centros especiais de emprego ten como obxecto a sostibilidade económica das empresas, a través da xeración de emprego estable nas empresas actuais, e tendo en conta a oportunidade de novos proxectos empresariais como ferramentas para a inclusión laboral e social das persoas con discapacidade.


O xerente de Trameve recolle un recoñecemento que lle entrega a Secretaria Xeral de Emprego nos Premios RSE Galicia 2017

Evolución das empresas En 2017 traballouse no desenvolvemento de procesos encamiñados á mellora da xestión, da produtividade e da competitividade, ademais do posicionamento continuo en novos mercados e potenciación da marca. Galega de Economía Social, para mellorar os resultados actuais, consolidou a implantación de auditorías internas de procesos, a profesionalización dos servizos e a eficiencia nos procesos e na formación. Evolución do emprego nas empresas O cadro de persoal do conxunto dos nove iniciativas de economía social está formado por 423 persoas traballadoras, das que máis do 90% ten discapacidade. A evolución do emprego caracterizouse pola necesidade de axustar o

Dixardín asina convenio co concello de O Pino para o coidado dos parques e xardíns públicos

Alumnado do curso de Dependente de Comercio realizado por Galega de Economía Social visitan a tenda deTempe en Culleredo

persoal ás novas necesidades e crecementos detectados nos distintos mercados, sen perder de vista o afianzamento da viabilidade das distintas iniciativas, apostando deste xeito por estruturas de emprego sempre sólidas e profesionais. En canto ás empresas administradas non pertencentes ao grupo, xeran 236 postos de traballo a peche de exercicio. Subvención e axudas financeiras percibidas polas empresas Xestionáronse as subvencións á explotación recibidas do SMI pola propia condición de centros especiais de emprego, e dúas subvencións ao persoal para unidades de apoio imputables neste ano por 75.280 euros.

Coregal asiste á Xornada de Residuos celebrada en A Coruña

27 | COGAMI | Memoria 2017


O conselleiro delegado de GES, Ramón Sestayo, participa nunha xornada sobre a Responsabilidade Social Corporativa

Servizo de Promoción da Autonomía Persoal Está centrado no asesoramento de cara á autoxestión por parte da persoa usuaria dos seus asistentes persoais. Este servizo conleva a intervención tanto coas persoas con discapacidade e en situación de grande dependencia e dependencia severa como coas súas familias. O Servizo de Asistencia Persoal préstao MEULAR SERVIZOS ASISTENCIAIS, S.L.U., empresa sen ánimo de lucro declarada de carácter social, participada ao 100% por COGAMI, e tamén se presta a través doutra empresa COMBINA SOCIAL, S.L.U., o que posibilita unha maior dispoñibilidade de horas de prestación. Durante o ano 2017 o servizo de asistencia persoal contou con 85 persoas usuarias que foron atendidas por 238 asistentes persoais. Centros de día para persoas maiores (servizos de atención diúrna) COGAMI conta cunha traxectoria de sete anos xestionando servizos de centros de día para

28 | COGAMI | Memoria 2017

Profesionais de centros de día participan nun curso de animación sociocultural para persoas maiores

persoas maiores, sendo estes de titularidade pública do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e tamén de titularidade municipal. Durante 2017 xestionáronse 11 centros de día cun total de 380 prazas, das que 20 pertencen ao centro de Redondela que iniciou a actividade no mes de xaneiro. Polo tanto, os centros de día de maiores que xestiona COGAMI son: Coia e Valadares en Vigo, Porto do Son, O Porriño, Rois, Tomiño, Mondariz, Baiona, A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía. Estes centros son servizos xerontolóxicos socioterapéuticos e de apoio ás familias, que prestan durante o día atención terapéutica integral plural ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela. O horario de atención habitual é de 8:00 a 20:00 horas de luns a venres. A 31 de decembro, había 328,97 prazas ocupadas, que eran atendidas por un cadro de persoal formado por 128 persoas (115 mulleres e 13 homes), das que o 25,78% son persoas con discapacidade.


Integratex conmemora o seu dĂŠcimo aniversario cunha visita ĂĄ tenda Pull&Bear de Ferrol

29 | COGAMI | Memoria 2017


Onde investimos? Memoria económica O conxunto de actividades desenvolvidas durante o exercicio 2017 tivo a seguinte repercusión sobre a conta de resultados e o patrimonio da entidade:

Ingresos e gastos Ingresos

2016

2017

Prestacións de servizo

3.293.205,58

2.931.815,50

Subvencións e ingresos afectos á actividade

3.476.221,73

3.607.017,78

Outros ingresos de explotación

23.464,71

27.309,15

Subvencións, doazóns, legados de capital traspasados a resultado

338.875,37

370.463,55

19,18

Ingresos financeiros

27,45

TOTAL 7.131.786,57 6.936.633,43

Gastos

2016

2017

Axudas monetarias e outros

-17.142,54

-92.951,00

Aprovisionamentos

-906.737,93

-696.911,11

consumo de mercadorías

-113.436,34

-116.782,95

traballos realizados por outras empresas

-793.301,59

-580.128,16

-4.828.237,64 -4.805.666,23

Gastos de persoal soldos, salarios e auxiliares

-3.914.233,28

-3.977.328,11

-914.004,36

-828.338,12

-860.159,43

-830.146,24

-840.763,07

-810.294,91

tributos

-11.598,52

-10.080,41

outros gastos de xestión e corrente

-7.797,84

-9.770,92

Amortización de inmobilizado

-413.276,10

-449.464,00

Gastos financeiros

-30.335,10

-28.385,77

0

- 157,06

cargas sociais Outros gastos de explotación servizos exteriores

Deterioro e resultado por enaxenación de inmobilizado Deterioro e resultado por enaxenación de instrumentos financeiros

-19.331,24 TOTAL -7.075.219,98

RESULTADO ANTES DE IMPOSTOS Imposto sobre beneficios AFORRO / DESAFORRO EXERCICIO

30 | COGAMI | Memoria 2017

2.209,72 -6.901.471,69

56.566,59

35.161,74

-1.988,52

-1.139,80

54.578,07€

34.021,94€


Durante o ano 2017, investiuse nos seguintes activos:

Investimentos

2017

Construccións e terreos

40.032,92

Outras instalacións e utillaxe

34.510,00

Mobiliario

9.962,91

Equipos para procesar información

3.163,05

Outro inmobilizado material

11.732,06

Construccións en curso

-

Elementos de transporte

179.547,22

Instalacións técnicas

-

Bens cedidos en uso Mos e Lugo

TOTAL 278.948,16€

Para levar a cabo estes investimentos, recibiuse financiamento por estes importes:

Financiamento dos investimentos

2017

Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad

50.000,00

Xunta de Galicia (AGADER)

63.857,95

Deputacións

-

Fundacións

140.430,60 TOTAL 254.288,55€

Para a realización das actividades, contouse co apoio financeiro da Administración e entidades privadas que se poden distribuír así:

Financiamento de actividades

2017

Administración pública europea

135.584,86

Administración pública estatal

15.723,13

Administración pública autonómica

2.493.472,04

Administración pública provincial

189.898,00

Administración pública local

74.352,26

Empresas, fundacións e asociacións privadas

161.853,25

Financiamento propio (vendas e prestacións de servizos, outros ingresos de xestión da área de Fondos Propios)

3.495.258,89

TOTAL 6.566.142,43€ Tamén podemos clasificar a suma destes dous tipos de financiamento do ano 2017 así:

Tipo de financeiro

2016

%

2017

%

Administración pública europea

18.885,47

0,27%

135.584,86

1,99%

Administración pública estatal

98.697,33

1,43%

65.723,13

0,96%

2.348.471,08

34,02%

2.557.329,99

37,50%

Administración pública provincial

170.287,36

2,47%

189.898,00

2,78%

Administración pública local

86.519,14

1,25%

74.352,26

1,09%

Empresas, fundacións e asociacións privadas

470.266,88

6,81%

302.283,85

4,43%

3.709.552,27

53,74%

3.495.258,89

51,25%

6.902.679,53€

100%

6.820.430,98€

100%

Administración pública autonómica

Financiamento propio TOTAL

31 | COGAMI | Memoria 2017


Segundo sexa pública ou privada, a distribución sería:

Distribución do financiamento Pública Privada

2016

%

2017

%

2.722.860,38

39,45%

3.022.888,24

44,32%

4.179.819,15

60,55%

3.797.542,74

55,68%

100%

6.820.430,98

100%

TOTAL 6.902.679,53

32 | COGAMI | Memoria 2017


Balanzo da situación:

Activo

2016

2017

10.935.016,43€

11.204.332,16

563.053,74

529.815,96

inmobilizado material

5.273.801,99

5.130.553,00

inversións en entidades do grupo e asociadas a longo prazo

5.092.331,03

5.092.331,02

5.829,67

5.829,67

0

445.802,51

2.544.831,50

3.454.664,15

3.162,90

8.355,15

A- Activo non recorrente inmobilizado intanxible

inversións financeiras a longo prazo deudores non correntes a longo prazo B- Activo corrente existencias persoas usuarias e outras debedoras da actividade propia

28.544,62

33.720,39

debedores comerciais ou outras contas a cobro

2.245.866,95

3.234.897,14

clientes, vendas e prestación de servizos

1.730.758,31

2.485.559,76

clientes, entidades do grupo e asociadas

35.871,31

125.081,69

outros debedores

476.884,03

624.255,69

inversións en entidades do grupo e asociadas a curto prazo

189.161,25

111.498,55

inversións financeiras a curto prazo

2.425,48

8.510,28

periodificacións a curto prazo

4.233,72

4.486,55

efectivo e outros activos líquidos equivalentes

71.436,58

53.196,09

13.479.847,93

14.658.996,31€

2016

2017

11.075.320,47

10.969.317,80

TOTAL ACTIVO (A+B)

Pasivo A- Patrimonio neto A-1) patrimonio neto

4.119.459,65

4.129.631,98

1- dotación fundacional / Fondo social

4.105.852,09

4.160.430,16

2- reservas

-108.889,20

-132.738,81

3- excendentes de exercicios anteriores

67.918,69

67.918,69

4- resultado do exercicio

54.578,07

34.021,94

6.955.860,82

6.839.685,82

4.428,39

445.802,51

4.428,39

445.802,51

2.400.099,07

3.243.876,00

1.780.893,77

2.537.420,13

débedas con entidades, grupo e asociadas a curto prazo

80.000,00

81.519,07

beneficiarios - acredores

10.365,01

4.260,33

acredores comerciais e outras contas a pagar

531.752,79

611.688,86

-2.912,50

8.987,61

13.479.847,93

14.658.996,31€

A-2) subvencións, doazóns, legados e outros axustes en patrimonio neto B- Pasivo non corrente débedas a longo prazo C- Pasivo corrente débedas a curto prazo

periodificacións a curto prazo TOTAL PATRIMONIO NETO E PASIVO (A+B+C)

33 | COGAMI | Memoria 2017


Entidades membro AGADHEMO A Asociación Galega de Hemofilia realizou programas como Hemoescola, talleres de formación para pais e nais de infantes con hemofilia ou outras coagulopatías; o programa SaludItinere, que dispensa o tratamento en domicilio; o SAIP, servizo de atención e información permanente; o programa AtendHemos, que presta servizo na zona rural; o programa ApoiHemos de apoio psicolóxico e físico para persoas con hemofilia; e o programa AprenHemos Xuntas, dirixido

a mulleres portadoras. Tamén, por terceiro ano, organizou as xornadas do Hemojuve (Lecer Náutico) en Sanxenxo no que participaron menores con hemofilia e outras coagulopatías conxénitas de toda España. Facilitou a asistencia a campamentos para familias para pacientes con inhibidor, para menores de 8 a 12 anos, dirixido a nenos con hemofilia e nenas portadoras. Dispoñen de atención de hematoloxía, enfermería, fisioterapia, psicoloxía e educadores.

ACADAR A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia executou 11 programas en 2017, destacando: Re_activa (financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade), Empoderar para decidir (financiado pola Deputación Pontevedra) e Emprego e Saúde a través do empoderamento (que financiou o concello de Lugo). De cara ao emprego, realizáronse accións a través de itinerarios Servizo de Apoio á Inclusión (financiado pola Consellería de Política Social)

e o Programa de Acceso ao Traballo Remunerado (financiado polo concello de Santiago). Co Programa Recréate (que apoiou o Concello de Santiago) traballouse a prevención da violencia de xénero, aspecto que tamén se traballou en formacións a alumnado universitario e de institutos, como futuros axentes de cambio, con obradoiros de muller, discapacidade e violencia de xénero, co financiamento das Deputacións de A Coruña e Pontevedra. Beneficiáronse máis de 530 persoas.

CEGASAL A Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro achegou a realidade dos centros especiais de emprego ao resto da sociedade a través da realización dunha Xornada de promoción de contratos reservados ante persoas titulares das Secretarías Xerais Técnicas e persoas responsables de contratación da Xunta de Galicia. Cegasal deu a coñecer os servizos que prestan as empresas de inserción e os centros especiais de emprego de Galicia

para facilitar o cumprimento da obriga legal de reserva de contratos e promover este tipo de entidades. Neste ano convocouse a primeira edición do Premio Cegasal de xornalismo á mellor información de economía social, organizou a 1ª exposición fotográfica “O poder do traballo”, asistiu á Feira de Economía Social de A Coruña e elaborou tres vídeos promocionais para visbilizar o labor de tres centros especiais de emprego.

FEDERACIÓN COGAMI CORUÑA A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da Provincia de A Coruña prestou servizos de apoio ás 21 entidades membro, cun especial enfoque nas entidades con escasos recursos. Entre os servizos propios e programas da Federación durante o 2017 destacan o servizo de fisioterapia en Ferrol e A Coruña para máis de 80 persoas co financiamento da Xunta de Galicia. Outro dos programas desenvoltos foi o de Recuperación, rehabilitación e mantemento das capacidades 34 | COGAMI | Memoria 2017

funcionais do que se beneficiaron persoas de 19 concellos distintos da provincia, e que contou co financiamento da Deputación Provincial de A Coruña. A Federación levou a cabo un intenso labor de interlocución ante as autoridades para defender os intereses das entidades asociadas.


ADISBISMUR A Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros destaca os obradoiros de alfabetización, informática, manualidades, lectura e audiovisuais, cestería, cerámica e viveirismo, habilidades sociais (onde as persoas usuarias aprenden a afeitarse, asearse, manexar as moedas, atar cordóns, pasar o ferro, cociñar, limpar, van ao supermercado, manexar o reloxo, lavar a roupa, etc.). Outros obradoiros estiveron relacionados coa cultura, o deporte e o lecer, como o teatro, ximnasia

de mantemento, musicoterapia e bailoterapia, natación terapéutica, tenis adaptado, xornadas deportivas con outras entidades, etc. Tamén contaron cun servizo de logopedia, terapia ocupacional, fisioterapia e educación social, realizaron cestería e cerámica en institutos da comarca, actividades de información e asesoramento, visitas domiciliarias a persoas con discapacidade da zona, tiveron escola de familias e mantiveron o servizo de transporte adaptado.

INTEGRO A Asociación das Persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte en 2017 dedicouse a impulsar actividades dirixidas a mulleres do rural a través do programa PIMD Rural en colaboración cos concellos Cabana, Laxe, Malpica e Ponteceso. Deu continuidade ao programa Visítanos onde os escolares coñeceron o centro Íntegro e realizou campañas nos colexios como Prevención das lesións medulares. Pero o máis salientable neste ano 2017

foi a conmemoración dos 25 anos de nacemento da asociación celebrado no auditorio municipal Cabana de Bergantiños, un acto presentado por persoas usuarias, quen tamén fixeron unha representación teatral, unha actuación musical e un monólogo. Outras actividades destacadas pola entidade están relacionadas co lecer e o deporte como o partido de baloncesto Obradoiro Cab – Basquet Club Andorra, o programa lecer náutico en Sanxenxo, visitas, romarías, etc.

ÁMBAR A Asociación Ámbar de Persoas con Diversidade Funcional durante 2017 destaca a conmemoración do 35 aniversario coa elaboración da obra 35 anos de vida e emoción no obradoiro de Arte Insólita, a celebración da III Carreira e Romaría da Diversidade, o Calendario Solidario 2018 e o comezo das obras do último módulo do centro de recursos. Dende os servizos de atención diúrna seguiron promovendo a igualdade de oportunidades e a inclusión plena

das persoas a través dos servizos e programas de: autoxestores e empoderamento da muller, lecer (viaxes, campamentos e actividades de lecer), vivenda con apoio, deporte inclusivo (vela, pilates, boxeo, atletismo, surf...), accións formativas para a inclusión laboral, promoción da accesibilidade universal, actividades de sensibilización, e o grupo de teatro Artellar estreou a súa última obra Martín e o Biosbardo.

AMARAI Durante este ano a Asociación de Persoas con Discapacidade de Arzúa e Terra de Melide, celebrou o XX Aniversario do seu nacemento cunha gala conmemorativa que supuxo un percorrido da traxectoria realizada pola entidade. Neste acto interviñeron diversos representantes do eido político, social e empresarial, entre outros. Co motivo do aniversario, Amarai realizou un cambio da imaxe corporativa ademais de estrear a súa

páxina web www.amarai.es, onde se recollen os servizos, programas e actividades que vén desenvolvendo esta entidade. Por primeira vez, Amarai realizou durante 2017 unha actividade ecuestre que consistiu na monta, en manter os coidados do cabalo e facer unha pequena ruta de sendeirismo. Nesta actividade participaron máis de 200 persoas con discapacidade de diferentes entidades da provincia de A Coruña. 35 | COGAMI | Memoria 2017


AVANTE A Asociación de Persoas con Discapacidade do Val do Dubra durante o ano 2017 mantivo os seus servizos apostando pola consolidación das actividades dirixidas ao fomento integral das capacidades e habilidades de cada unha das súas persoas usuarias, para favorecer a súa autonomía de cara ao emponderamento. Consolidouse tamén durante este ano o programa de estancias temporais na vivenda tutelada para a práctica da vida independente. Destacan que, por primeira vez, foron

beneficiarios da subvención de cooperación con dous monitores do programa de garantía xuvenil que permanecerán na asociación ata o mes de xullo do 2018.

AMICO A Asociación de Persoas con Discapacidade de Compostela e Comarca en 2017 executou o Servizo Rehabilitación VII que incluíu acceso a descontos a sesións individuais de fisioterapia, sesións grupais de ximnasia adaptada, sesións grupais de actividades acuático-terapéuticas adaptadas e o desenvolvemento dun taller de atención psicosocial para persoas con discapacidade. Colaborou coa Comisión Sociosanitaria de COGAMI, facilitou a participación

a programas de lecer como o de balnearios posto en marcha pola Federación COGAMI Coruña. Participou na Semana Europea da Mobilidade realizando accións de sensibilización e de eliminación de barreiras, a Campaña Accesibilidade Xa! de COCEMFE e percorreu o roteiro reivindicativo coa asociación Composcleta. Ademais informou e asesorou a persoas socias e mantivo contacto cos concellos da contorna.

ANDADE A Delegación en Galicia da Asociación Nacional de Amputados de España continuou en 2017 cos servizos de información e asesoramento e sensibilización. ANDADE inaugurou a oficina na Casa das Asociacións CABES cedida polo concello de Santiago de Compostela. Tamén participou en ximnasia deportiva financiada polas axudas individuais da Xunta. Dentro de actividades de lecer, participou na categoría de piragüismo

adaptado no descenso do río Sella, onde dous socios de ANDADE Galicia quedaron entre os dez primeiros clasificados. Entre outras actividades desenvolvidas, lanzouse o novo programa de Rehabilitación de Autonomía Persoal e Adaptación de Compoñentes Protésicos, dirixido a promocionar a autonomía das persoas con amputacións de Galicia en colaboración con COGAMI e financiado pola Fundación ONCE.

LIREGA A Liga Reumatolóxica Galega realizou campañas de prevención e información durante o ano 2017. Unha destas campañas foi Ligados, onde desenvolveu concertos solidarios para visibilizar esta doenza. Tamén organizou as III Xornadas de Pediatría Reumáticas e a I Xornada de Abordaxe das ERyMEs, ámbalas dúas en A Coruña. Lirega tamén ofreceu servizos de atención psicolóxica, terapia ocupacional e atención domiciliaria 36 | COGAMI | Memoria 2017

ás persoas maiores e desenvolveu campañas escolares de concienciación sobre a reumatoloxía.


MISELA A Asociación de Persoas con Discapacidade da comarca de Noia e Muros leva atendidas dende o ano 1994 a 220 persoas, e conta con 344 persoas asociadas, 99 homes e 214 mulleres e 28 empresas asociadas. Os servizos básicos cos que conta a entidade son o Equipo de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá, dirixido a menores de entre 0 a 16 anos con discapacidade, ou risco de padecela, e as súas familias. Durante o 2017 contou cun total de

37 persoas usuarias. Outro dos servizos cos que conta a entidade é o centro de día e ocupacional para persoas con discapacidade intelectual, con 30 prazas dispoñibles e atendendo durante o ano 2017 a 20 persoas. Por último, no Servizo de Promoción da Autonomía Persoal, ofrécese atención a persoas con discapacidade física, intelectual ou mixta, maiores de 16 anos, contando con 4 persoas usuarias en 2017.

ACEM SANTIAGO A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple desenvolveu un programa de Rehabilitación Integral no que prestou servizos de traballo social, psicoloxía, rehabilitación fisioterapéutica e logopédica, pilates e golf adaptado. Outras actividades desenvolvidas durante o ano 2017 foron unha charla-coloquio sobre a esclerose múltiple en colaboración coa Social Week de “la Caixa”, unha visita ao centro do Conselleiro de

Sanidade e tamén da Secretaría Xeral de Igualdade, a III Carreira e Andaina Solidaria pola esclerose múltiple, en colaboración con Novartis realizou a xornada EMpleo e EMlive: Streaming Nacional, organizou un Cineforum 100 metros e tamén conmemorou o Día Nacional da Esclerose Múltiple, colocando mesas informativas e realizando unha conferencia sobre Esclerose e Parkinson: máis alá do movemento.

ACEM CORUÑA A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple en maio de 2017 organizou o Concerto Solidario con motivo do día Mundial da Esclerose Múltiple, onde tocaron catro grupos coruñeses, sendo estes Campoy Unplugged con Jorge Slowfret, F.A.R.O, Carlos Bau & Hugo Torreiro e Tequila Road. Desenvolveu a segunda edición da Barbería Solidaria no mes de xuño, xunto ao barbeiro José Segundo Mallo e en colaboración co concello coruñés. Participaron 70 barbeiras

e barbeiros de toda España, tamén xente moteira de “Solidaridade sobre rodas KM-0” e houbo un concerto de Tequila Road. No mes de setembro organizaron o I Torneo de Pádel Solidario no que participaron 390 persoas e durante o Día Nacional da Esclerose Múltiple, o 18 de decembro, ACEM estivo presente con varias mesas informativas repartidas por A Coruña.

ASPANEMI Durante o ano 2017, a Asociación de Pais de Nenos con Minusvalías de Narón desenvolveu un programa de apoio familiar que comprende unha escola de pais e nais, unha aula pedagóxica, terapia individual e un obradoiro de psicomotricidade. Outros programas levados a cabo foron: a recollida de tapóns para doalos á campaña de Alba La Promesa e lograr un tratamento de mellora da calidade de vida da menor; un programa de hipoterapia

e outro de lecer e tempo libre, que comprende actividades de respiro familiar, esquí adaptado, convivencias familiares e saídas e excursións, como foron a Carreira da Compañía de María, a Carreira do Ensanche ou o Circo Oceanika.

37 | COGAMI | Memoria 2017


GRUPO DIVERSIDADE FERROL A Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas durante 2017 desenvolveu un programa de Cooperación e Emprego da Xunta de Galicia a través do que contrataron unha persoa durante 9 meses. Tamén redactaron informes para a supresión de barreiras arquitectónicas e urbanísticas dentro do Plan Integral de Accesibilidade, para lograr que Ferrol e concellos limítrofes dispoñan de accesibilidade universal. Outro dos servizos prestados foi fisioterapia con transporte adaptado,

para favorecer a autonomía persoal e a calidade de vida das persoas usuarias. Se falamos de formación, Grupo Diversidade Ferrol impartiu un curso de Informática Office con especialidade en Word, Excel, Powerpoint, Redes Sociais e Busca de Emprego. Tamén realizou obradoiros de nutrición, de motivación e resolución de conflitos, de hixiene postural, de reciclaxe creativo, reflexoloxía podal, comunicación e diálogo, igualdade, mindfulness e diversidade sexual.

ASPAMITE A Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade de Teo durante 2017 realizou actividades deportivas e de rehabilitación, educación física e psicomotricidade, fútbol sala, pilates adaptado, natación, fisioterapia, informática, iniciación ao teatro, logopedia, terapia ocupacional, actividades instrumentais da vida diaria (como o manexo do euro, habilidades no fogar, manexo do transporte, utilización recursos da comunidade e aplicación de novas tecnoloxías á vida

diaria). Tamén traballou na adquisición de destrezas para a vida diaria (hábitos de aseo, vestimenta, alimentación e autocoidado), habilidades cognitivas, actividades académico-funcionais, habilidades sociais, comunicativas e linguaxe, expresión plástica e educación musical. Desenvolveron talleres prelaborais e participaron en festividades como o Entroido, Día da Muller e Samaín, tiveron saídas a Santiago, ao cine, teatro e viaxaron en tren a Vilagarcía.

A XANELA A Asociación de Discapacitados Activos de As Pontes durante 2017 realizou actividades terapéuticas para manter e potenciar as capacidades das persoas usuarias a través de obradoiros de adestramento e mantemento funcional, de estimulación cognitiva e sensorial, de habilidades manipulativas e de psicomotricidade, terapia no domicilio, asesoramento en produtos de apoio, musicoterapia e actividades de lecer. Outras actividades desenvolvidas

teñen que ver con obradoiro de memoria, de encaixe de palillos, de pilates, de gancho, hidroterapia e a elaboración dun xardín terapéutico. Tamén realizou diferentes actividades de lecer e tempo libre como visitas a exposicións, participacións en festas desenvolvidas no concello de As Pontes, saídas e excursións, etc.

ALCER CORUÑA A Asociación contra a Loita de Enfermidades do Ril de A Coruña durante 2017 repite o obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal crónica a través do acompañamento e asesoramento tanto ás persoas afectadas como a familiares e a promoción da doazón de órganos. O traballo interdisciplinar en intervencións grupais e individuais como forma primeira de manter o proxecto de vida das persoas 38 | COGAMI | Memoria 2017

afectadas. Igualmente se promoveu a doazón de órganos como o acto máis solidario en actividades de difusión no Día Mundial do Ril, o Día do Doante de Órganos e obradoiros sobre a importancia de dar vida en centros de ensino e outros espazos de encontro. Os espazos de encontros non faltaron coa Asemblea Xeral, O Torneo de Golf, o Xantar de Nadal… xerando así as sinerxías para seguir contribuíndo a que a enfermidade se adapte ás nosas vidas e non ao revés.


APROM A Asociación Prominusválidos Cariño durante o ano 2017 cambiou a xunta directiva ao contar con varias dimisións, co que non foi ata a asemblea extraordinaria celebrada no mes de marzo cando se puido aprobar a nova xunta directiva da entidade. A nova xunta directiva trae cambios na entidade, como a celebración dun bingo entre as persoas asociadas todos os mércores, así como o cese da actividade de bordado dos xoves por falta de asistentes.

Todos os anos realizan un xantar entre as persoas asociadas da entidade, unha actividade que nesta ocasión contou con 42 persoas e que compartiu data co XX festival de aniversario no que obtiveron unha venda de entradas que superou os 800 euros de recadación. Para rematar o ano, 12 persoas asociadas a Aprom asistiron a un partido onde xogaron o Deportivo de A Coruña e o Athletic de Bilbao.

FEDERACIÓN COGAMI LUGO A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo atendeu durante o ano 2017 un total de 144 consultas a través do Servizo de Información, orientación e asesoramento. Realizáronse 35 charlas de información e sensibilización nas que participaron 483 persoas (227 mulleres e 256 homes) e tamén desenvolveu actividades formativas en colaboración con COGAMI. A través do servizo de Intervención Social atendéronse a 86 persoas con

A MARIÑA COGAMI A Asociación de Persoas con Discapacidade de A Mariña Lucense durante o ano 2017 desenvolveu en Ribadeo e Palmeiro un programa de saúde que comprende fisioterapia e atención domiciliaria, ademais de terapia Reiki, reflexoloxía podal e terapia ocupacional a domicilio. Outras actividades realizadas son o programa de desenvolvemento integral para persoas con discapacidade, asistencia aos obradoiros de consumo sostible en Vegadeo, o proxecto

discapacidade e familias. Continuouse co obradoiro prelaboral de Monterroso no que participan 14 persoas. Na área de Autonomía Persoal atendéronse a 64 persoas a través do servizo especializado de terapia ocupacional. Para rematar, apoiaron as actividades de COGAMI a través dunha coidadora para facilitar a autonomía persoal das persoas usuarias do centro de día.

arteterapia para a integración co alumnado do IES de Xove, impartición dun curso de formación AFD e dun obradoiro de técnicas de busca de emprego, participación no proxecto Movémonos da Deputación de Lugo e nunha xornada náutica pola ría de Viveiro no proxecto Gavea, ademais da asistencia a un xantar de convivencia entre persoas asociadas e familiares. Ademais, impartiron unha charla de prevención de lesións medulares no IES de Foz e realizaron 4 intervencións en accesibilidade.

AGORA A Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca de Lemos en 2017 xestionou diariamente un centro de día con 21 prazas e dous apartamentos tutelados con 7 prazas nos que ofertaron fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, psicoloxía, ximnasia de mantemento, intervención social e familiar, transporte adaptado, comedor... actividades que fomentan a autonomía e superación persoal, a participación social e saídas laborais.

Dentro do programa de lecer realizado destacan a participación en festas populares de Monforte (San Brais, Entroido, Patronais), a realización de visitas a lugares de interese. O programa de respiro familiar foi durante seis días na Casa Fandín de Ribadeo. Colaborou co Banco de Tempo e o CIM do Concello de Monforte, co Museo Provincial, de Lugo, co IES A Pinguela, onde ofreceron charlas de sensibilización e prevención de lesións medulares, entre outras actividades. 39 | COGAMI | Memoria 2017


ALCER LUGO A Asociación para a Loita de Enfermidades Renais de Lugo ten por obxectivo a atención integral de pacientes con insuficiencia renal crónica e familias, ademais de fomentar a doazón de órganos. Durante o ano 2017 realizou actividades de sensibilización como charlas en concellos e institutos, ademais da colocación de mesas informativas; conmemoraron o Día Mundial do Ril e o Día do Doante, celebraron a XI Xornada Renal,

asistiron ás II Xornadas Renais de Federación Galega ALCER, as XXX Xornadas Nacionais ALCER e nas Xornadas de Discapacidade, colocaron un stand informativo durante a xornada organizada polo concello lucense. Tamén desenvolveron obradoiros de cociña, manualidades, ximnasia e de emocións; dispoñen dunha biblioteca para persoas asociadas e usuarias; colaboraron coa USC e realizaron asesoramento nutricional e psicolóxico.

FEDERACIÓN DISCAFIS COGAMI A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Ourense durante 2017 continuou prestando servizos de logopedia, educación social, traballo social e transporte adaptado, sendo atendidas ao longo do ano 105 persoas. Durante este ano potenciouse a atención no medio rural. A entidade conta cun servizo de préstamo de guindastres eléctricos que contou coa cesión a 25 persoas beneficiarias e impartiu charlas

de sensibilización a escolares de infantil, primaria e ESO. Participou en actividades de lecer como o proxecto Gavea e realizou saídas culturais ao Entroido de Xinzo de Limia e ás Médulas, ademais de xornadas de respiro familiar en Sanxenxo. Impartíronse charlas sobre sexualidade e talleres de risoterapia e habilidades sociais. Discafis COGAMI forma parte das mesas de servizos sociais e de mobilidade do concello de Ourense.

AIXIÑA A Asociación de Discapacitados Físicos, Parálise Cerebral e Terceira Idade Dependente de Ourense durante o ano 2017 mantivo os seus servizos de información e asesoramento, servizo de rehabilitación con fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional e musicoterapia, servizo de transporte adaptado para persoas con mobilidade reducida e o programa de lecer e tempo libre. O centro de día para maiores dependentes Alborexo e o centro de

día especializado en parálise cerebral e dano cerebral Aixiña mantiveron completa a súa ocupación e en xaneiro abriu as súas portas a residencia Domingo Gómez Freire para persoas con discapacidade dependentes. O centro especial de emprego medrou e conta agora con 99 persoas traballando nel, sendo o 78% destas con discapacidade.

AFFOU A Asociación de Fibromialxia, Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple de Ourense durante 2017 realizou labores de difusión da entidade e exposición de produtos realizados no obradoiro de manualidades. Estas exposicións realizáronse no Mercadiño de AFFOU, na Feira do 21 (celebrada o 21 de outubro no Barrio do 21 de Ourense), no Mercadiño de Nadal e na Feira de Silleda. Tamén participou en Termatalia, 40 | COGAMI | Memoria 2017

colocou un stand en Expourense para dar a coñecer a asociación e poder contactar con balnearios para establecer un convenio. Na conferencia Naturopatía deron a coñecer diferentes técnicas e dinámicas sobre aspectos dexenerativos e AFFOU acudiu invitada a ver o partido do Club Ourense Baloncesto, convite que aproveitaron para vender produtos elaborados no taller de manualidades.


AODEM A Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Ela, Parkinson e outras Enfermidades Neurodexenerativas durante 2017 continúa co proxecto de Atención a persoas con enfermidades e as súas familias, cos programas de Traballo Social, Psicoloxía Clínica e Fisioterapia e traballou tamén con outras entidades sociosanitarias da contorna. Foron numerosas as actividades de divulgación e sensibilización destacando a participación na XIV Feira da Saúde

na que se conmemorou o Día Mundial da Esclerose Múltiple, formando un cordón humano pola investigación, a participación na Campaña 4D Accesibilidade Xa!, a celebración do Día Mundial do Parkinson e das Enfermidades Raras, ou o partido de fútbol homenaxe disputado en Seixalvo. Fixéronse un total de 4 andainas a favor de AODEM por concellos da provincia e o taller de manualidades Reciclat-Em continuou moi activo. Renovou a certificación de Calidade ISO 9001:2015.

ACCU OURENSE A Asociación de Enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa de Ourense prestou o Servizo de atención integral, promoción da autonomía persoal e inclusión social das persoas con enfermidades inflamatorias intestinais para contribuir ao incremento da autonomía. Ademais, desenvolveu o programa de atención domiciliaria para persoas afectadas de enfermidade inflamatoria intestinal crónica e as súas familias realizando xestións administrativas urxentes, compra de

alimentos básicos e hixiene persoal, recollida de tratamentos en farmacias privadas e centros sanitarios e tramitacións e consultas no Servizo Galego de Saúde. Activou a tarxeta aparcadoiro para as persoas afectadas de enfermidades inflamatorias intestinais, realizou protocolos de actuación en centros educativos para alumnado con estas patoloxías, celebrou as IV Xornadas ACCU Ourense e os actos de visibilización das enfermidades inflamatorias intestinais no Día Mundial.

DISVALIA A Asociación de Persoas con Discapacidade da comarca de Valdeorras durante 2017 participou en actos reivindicativos como a conmemoración do Día da Muller e da Discapacidade coa venda de flores nun mercado. Tamén participou no proxecto Atendo da estación de trens de O Barco revisando as probas de accesibilidade e seguridade. Como actividades de lecer participaron no Entroido de Xinzo de Limia, proxectaron películas, organizaron un encontro

nas Médulas con outras entidades, participaron no proxecto Gavea, foron de excursión a Monforte e colaboraron co concello de O Barco no mercado de Nadal. Outras actividades nas que participou Disvalia foron a celebración do seu aniversario, a impartición dun obradoiro de habilidades sociais nun centro escolar, a participación dun obradoiro de sexualidade do programa Dedaleira de COGAMI e a participación en cursos de risoterapia e Facebook.

ALCER OURENSE A Asociación para a Loita contra as Enfermidades Renais de Ourense ten como programa máis relevante o de Atención Social, que consiste en dar apoio social a familiares e pacientes en diálise. Ademais, durante 2017 realizaron charlas sobre a entidade para alumnado de traballo social e de FP e charlas de prevención e doazón en asociacións veciñais. En relación coa prevención, realizaron medicións preventivas da insuficiencia renal crónica no Día Mundial do Ril e

no Paseo pola Saúde de Ourense. O Día do Doador realizaron divulgación nunha carpa, unha campaña no Campus de Ourense e contaron cun stand permanente no recinto feiral de Expourense. Ademais, colaborou no Proxecto Salvavidas da Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia. No verán a Asociación de Armariz organizou unha Andaina Solidaria no seu favor e para rematar o ano, organizaron o seu tradicional magosto. 41 | COGAMI | Memoria 2017


AGAL A Asociación Galega de Lupus de Ourense durante 2017 levou a cabo o programa de acollida no que informaron, orientaron e asesoraron tanto ás persoas afectadas de lupus como ás familias. Outras das actividades foron a celebración do Día Mundial do Lupus coa instalación de mesas informativas en diferentes localidades e iluminando os monumentos de cor morada. Un ano máis, editaron a revista Papilio, nº71 e nº72, na que

publicaron novidades na investigación do Lupus, realizaron en Boiro o I Xantar Benéfico a favor de AGAL, conmemoraron o XX Aniversario da entidade que contou con grande repercusión nas redes sociais e nos medios de comunicación, fixeron unha andaina benéfica e unhas xornadas de Lupus-Galicia, coa celebración das asembleas, con relatorio Pilates e Lupus, e programa de lecer e relax.

ALGARIA A Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca da Limia durante 2017 realizou actividades de información e sensibilización como a que se fixo no centro escolar Carlos Casares de Xinzo, onde o alumnado púxose na pel dunha persoa con discapacidade. Outras das actividades realizadas estiveron relacionadas co lecer, como un encontro que fixeron coa asociación Disvalia en Xinzo de Limia, unha xuntanza para celebrar

o V Aniversario da entidade, unha visita á illa de Arousa ou a celebración do magosto. Contaron cun servizo de rehabilitación e recuperación funcional que contou con 11 persoas e realizaron obradoiros de manualidades e de inicio á pintura, que lles serviron para deseñar os disfraces do Entroido.

ASDIFICA A Asociación de Discapacitados Físicos de O Carballiño durante o ano 2017, aparte de informar ás persoas usuarias sobre os recursos que lles poden resultar de interese, desenvolveron obradoiros de traballos manuais, ximnasia de mantemento e habilidades sociais e fisioterapia. Durante este ano destacan tamén a participación no programa Actívate no rural, ademais dun taller de sexualidade e outro de risoterapia.

Durante todo o ano Asdifica participou tamén en diversas actividades de lecer que organizou a entidade.

PUZZLE A Asociación Puzzle para a Loita contra a Exclusión Social e Laboral das Persoas con Discapacidade de Allariz informou durante o ano 2017 sobre os recursos que poden ser do interese para as persoas que teñen asociadas. Entre os programas desenvolvidos durante o ano, destacan un de terapia acuática, ademais de actividades de estimulación de habilidades sociais. Para rematar o ano, a entidade 42 | COGAMI | Memoria 2017

participou en diferentes actividades de lecer que se foron desenvolvendo ao longo dos meses.


FEDERACIÓN COGAMI PONTEVEDRA A Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Pontevedra durante 2017 desenvolveu un programa de Atención Integral a persoas con discapacidade que beneficiou a 178 persoas, financiado pola Deputación e por “La Caixa”. Realizaron danzaterapia, termalismo, natación terapéutica e logopedia. O Servizo de Fisioterapia beneficiou a 61 persoas e contou coa axuda do concello de Vigo en tratamentos individualizados de fisioterapia.

Outro proxecto que destaca foi o que financiou ENCE, sendo de carácter deportivo e de coidado do medio ambiente, no que se realizaron actividades de bautismos de mar, de mergullo e roteiros. A través de Voluntariado contouse con 15 persoas voluntarias e 66 persoas beneficiarias de actividades de acompañamento e sensibilización.

AMIZADE A Asociación de Persoas con Discapacidade da comarca de Pontevedra durante o ano 2017 tivo activos os servizos de información e asesoramento, fisioterapia e hidroterapia, apoio psicolóxico, apoio logopédico, a aula libre de novas tecnoloxías e o servizo de préstamo de axudas técnicas. En canto ás actividades, levou a cabo obradoiros de lecer inclusivo e de música, realizaron saídas culturais a Salvaterra, participou na III xornada

pola diversidade de Ribeira, organizou unha xornada de pesca e paseo en barco polo río. Ademais, Amizade colaborou co ximnasio GV Sports nun triatlón indoor inclusivo, iniciou a actividade de Taekwondo e continuou coas actividades de sensibilización social e política.

ADAPTA A Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas do Condado e Paradanta durante 2017 realizou actividades relacionadas co coidado da saúde, formativas e informativas ademais de participar en actividades de lecer e tempo libre. Dentro da formación, Adapta continuou co obradoiro de informática á carta, realizou cursos de informática sobre Internet, correo electrónico e manexo do teléfono móbil, un curso de fotografía e un obradoiro de marcha nórdica.

Durante o Día da Discapacidade, realizou unha charla coloquio no concello de Mondariz co titulo Proxecto Discamino e Asociación Adapta, experiencias contadas polos seus protagonistas e fixo unha xornada de convivencia no centro Asprodico. No lecer, continuou coas andainas adaptadas, asistiron a encontros deportivos do Celta, participaron no proxecto Gavea e organizou a actividade Potenciando Capacidades.

ASEARPO A Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra durante 2017 tivo un ano moi operativo: celebrou o Mes da Artrite, recibiu o Premio á Innovación no ámbito sanitario pola Universidade de Alcalá de Henares polo proxecto “Tuiteando sobre a miña artrite psoriásica”, lanzou o III concurso de fotografía e postais, participou no V Congreso Semergen cunha ponencia-taller do reumatólogo Pego Reigosa titulada “Coñecer a artrite”, realizou obradoiros de: percuterapia

grupal, nutrición e bos hábitos na artrite, emocións e vida sexual na artrite, terapias naturais e homeopatía, problemas disfuncionais na artrite, maternidade e artrite, escola paisnenos e un taller médico-paciente. Outras das actividades desenvolvidas foron saídas ao balneario Termas de Cuntis, participou En Ruta coa Deputación de Pontevedra, percorreu o último tramo do Camiño de Santiago e estivo de andaina por monumentos de Redondela. 43 | COGAMI | Memoria 2017


FIBROSE QUÍSTICA A Asociación Galega de Fibrose Quística participou no III Trail DesafiOia Marqués de Vizhoja acompañando ao club Cornelios que se desenvolveu en marzo en Oia. Tiveron xogos, pintacaras e un espectáculo de maxia. Durante o Día Mundial da Fibrose Quística, o 3 de setembro, realizaron unha andaina solidaria no concello de Baiona e unha Carreira de Orientación en colaboración co Club Cornelios. Posteriormente, houbo un espectáculo de maxia con Valeria Varitas, seguido

de unha Masterclass de zumba, unha exhibición de baile de salón e unha obra de teatro representada por “A Tropa do Doutor Milagre”. En decembro organizaron a VII Xornada de Fibrose Quística no salón de actos do Hospital de Oza, onde participou o doutor Borro para falar sobre o transplante en fibrose quística e na que se relataron experiencias persoais antes, durante e despois do transplante.

AGL A Asociación Galega de Linfedema durante 2017 recibiu 160 consultas e atendeu a través do seu servizo de fisioterapia especializado a 104 persoas, un servizo que financia a Fundación ONCE e o Ministerio de Sanidade a través do IRPF. Tamén realizaron labores de divulgación e sensibilización a través da organización dunha Conferencia sobre o Linfedema en Pontevedra e Ourense, a realización dun mercado solidario, a colaboración no congreso Semergen

de Pacientes, a participación no II Congreso provincial de pacientes de cancro e a súa contorna familiar. Esta entidade, que ten o centro en Vilagarcía, asistiu tamén a diversas xornadas realizadas por outras asociacións e realizou xuntanzas con diferentes administracións públicas para achegarlles as reclamacións recibidas polas persoas afectadas.

ASODIFISI A Asociación de Discapacitados Físicos e Psíquicos de Mos ao longo do 2017 consolidou o proxecto Respiro Familiar que engloba o groso das actividades que se levan a cabo dende a entidade como talleres de manualidades, ximnasia de mantemento e talleres de cociña para o fomento da autonomía no fogar. Tamén realiza un taller de xardinería que permite mesturar a parte formativa coas saídas lúdicas inclusivas na vida social da comunidade, mediante a

venda de plantas cultivadas no seu invernadoiro nas festas organizadas polo concello de Mos. Participou na Festa da Rosa, Arde o Pazo, Festa do codillo de Mos, Festa do Entroido, Festa de Nadal, así como actividades propias da entidade coma as Xornadas anuais sobre discapacidade. Como novidade, a través de COGAMI e coa colaboración da Deputación de Pontevedra, impartiu un obradoiro de Musicoterapia que contou con grande aceptación.

VONTADE Na Asociación de Persoas con Discapacidade de Baixo Miño durante 2017 realizou actividades de promoción da autonomía persoal como a fisioterapia, terapia ocupacional, psicoloxía, logopedia, programa de intervención social e atención sociofamiliar. Outras actividades foron obradoiros de novas tecnoloxías, de habilidades sociais, lectoescritura, manualidades, deportes adaptados como Boccia, tenis, piscina terapéutica, e tamén houbo tempo para actividades 44 | COGAMI | Memoria 2017

de lecer como as saídas culturais e actividades náuticas adaptadas. Vontade tamén organizou un curso Sociosanitario e outro de Limpeza Industrial co fin de acadar a inserción sociolaboral e participou en actividades externas á entidade como o zumba, curso de envellecemento activo, III Xornada Disca-Quads.


AVANZAR A Asociación de Persoas con Marcelino Rey Garcia de Cuntis Discapacidade Umia Ulla durante 2017 coincidindo co Día Internacional das realizou un obradoiro de coiro que se Persoas con Discapacidade. desenvolveu durante todo o ano e que conta con bastante aceptación entre as persoas usuarias da entidade porque xa se leva desenvolvendo dende hai anos. Tamén estiveron persoas asociadas a Avanzar durante unha semana de turismo termal no balneario de Cuntis e participaron nunha campaña de sensibilización sobre a discapacidade no colexio C.P.I.

ASEM GALICIA A Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares durante 2017 ofreceu información, orientación e asesoramento, atención asistencial, fisioterapia, tratamento de fisiorehabilitación apoio psicolóxico, programa de vida independente, promoción da autonomía e independencia cun asistente persoal, terapia asistida con cans, banco de produtos de apoio en calidade de préstamo, curso de vela adaptada en Baiona e adaptación do fogar con reformas sen custo.

Asem Galicia ten un servizo de Información e Divulgación, publicaron, en colaboración coa Universidade de Vigo e a Asociación Francesa contra as Miopatías Principais enfermidades neuromusculares, Sentarse correctamente na cadeira de rodas e Función dixestiva e enfermidades neuromusculares. Realizaron actividades de sensibilización como Ponte na miña pel, Non me poñas límites e actividades de lecer como un concerto polo Día das Enfermidades Raras.

Foto trala asemblea xeral ordinaria celebrada en Ourense, asistindo como convidados o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a directora xeral de Familia, Mª Amparo González, e a deputada provincial de Benestar, Teresa Cerdeira

45 | COGAMI | Memoria 2017


Estamos aquĂ­ 58 puntos de atenciĂłn localizados nas catro provincias galegas, atendemos tanto no ĂĄmbtio rural como no urbano.

46 | COGAMI | Memoria 2017


Quen nos apoia? Financeiros

47 | COGAMI | Memoria 2017


COGAMI www.cogami.gal correo@cogami.gal

Santiago (sede central) rúa Modesto Brocos, nº7, baixos 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) Tlf: 981 574 698 Fax: 981 105 061 correo@cogami.gal www.cogami.gal

Galega de Economía Social Parque Empresarial Costa Vella República Checa, 17 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) Tlf: 981 519 026 ges@galegadeeconomiasocial.gal www.galegadeeconomiasocial.gal

A Coruña Edificio A Milagrosa Avda. de Cádiz, nº1, 1º andar, local 2 15008 A Coruña Tlf: 981 231 105 silcoruna@cogami.gal

Pontevedra Rúa da Marquesa, nº5-7, 1ºD 36002 Pontevedra Tlf: 986 863 709 silpontevedra@cogami.gal

Ferrol Rúa Sánchez Calviño, nº56-58 15404 Ferrol (A Coruña) Tlf: 981 325 568 silferrol@cogami.gal

Lugo Centro Fingoi Rúa da Luz nº4 27002 Lugo Tlf: 982 253 332 sillugo@cogami.gal crd.fingoi@cogami.gal Ourense Centro Integral Aixiña Rúa Recaredo Paz nº1 32005 Ourense Tlf: 988 246 057 silourense@cogami.gal

Vigo Rúa Teixugueiras nº15, baixo 36212 Navia-Vigo Tlf: 986 281 893 silvigo@cogami.gal Centro Mos Avda. do Rebullón, s/n Puxeiros Rúa Teixugueiras nº15, baixo 36416 Mos Tlf: 986 487 925 crd.mos@cogami.gal Centro Monteporreiro Rúa Alemaña nº 23, baixo 36162 Pontevedra Tlf: 986 845 250 crd.monteporreiro@cogami.gal Centro Medelo Manduas - Lugar de Medelo, s/n 36570 Bandeira - Silleda (Pontevedra) Tlf: 663 940 759 crd.silleda@cogami.gal


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.