O Boletín Nº 26 / setembro 2014 Edición trimestral
foto cedida por ©María Muiña
COGAMI actualiza a súa imaxe En COGAMI estamos de estrea. A piques de cumprir os vinte e cinco anos de existencia, a entidade decidiu que era precisa unha renovación da marca, actualizar a imaxe corporativa da entidade para adaptala aos novos tempos de cambios que está a vivir a entidade, e que xa se recolleron no Plan Estratéxico 2013-2015, momento no que se revisou e cambiou a misión, visión e valores da Confederación.
O Pres. de COGAMI xunto co Presidente do Goberno e o Pres. do Club Náutico de Sanxenxo que posa co Premio ao Mérito Deportivo
COGAMI logrou que 170 persoas practicaran vela no náutico de Sanxenxo Un total de 168 persoas con discapacidade gozaron do verán aprendendo a navegar a vela lixeira nas clases que impartiu o Real Club Náutico de Sanxenxo e nas que colaborou a Fundación Mapfre. As persoas que participaron nos cursos deste ano son usuarias dos centros de recursos de Fingoi, Mos, Monteporreiro e Medelo, e tamén das entidades Adisbismur, Avante, A Mariña- COGAMI, Agadhemo, Amarai e Íntegro. As clases estiveron repartidas en 8 quendas de 20 horas de duración e repartidas en 5 días. Este é o segundo ano consecutivo no que o Real Club Náutico de Sanxenxo contacta con COGAMI para ofertar clases de vela adaptada dentro do
www.cogami.es
programa de lecer náutico que ofrece a entidade. Esta actividade conta con gran aceptación dentro do movemento asociativo porque supón máis que navegar. As persoas que asisten conviven durante estes días, comparten vivenda na residencia que Aixiña ten en Sanxenxo, co que o resto do tempo fóra das clases poden practicar outras moitas máis actividades de lecer. Por isto, dende COGAMI quixemos estar presentes na entrega do Premio ao Mérito Deportivo que lle outorgaron ao Club Náutico de Sanxenxo, e que foi entregado polo Presidente do Goberno, Mariano Rajoy. Un xesto de agradecemento polo apoio do náutico á práctica dun deporte sen barreiras.
Con esta actualización do logo de COGAMI, tamén se vai renovar toda a cartelería e materiais de difusión promocional da entidade, así como a papelería comercial, as tarxetas de presentación, a páxina web, as redes sociais e todos elementos que teñan a imaxe da entidade.
Neste número tamén: Asinamos convenios a favor da inserción laboral Entrevistamos ao Presidente da Deputación de A Coruña Realizamos distintas actividades de lecer
NOVAS COGAMI colabora cos Autónomos de Galicia para favorecer o autoemprego
A ésq. o Pres. de COGAMI dálle a man ao Pres. de FEAGA
COGAMI satisfeito porque Compostela controlará as tarxetas de aparcadoiro
O Pres. de COGAMI durante a entrevista que lle fixo a canle SantiagoTV
COGAMI asesorará en accesibilidade a un novo centro comercial de Vigo
No centro, o Pres. de COGAMI durante a rolda de prensa organizada por Eurofund
2
Co fin de favorecer o fomento do autoemprego e, por conseguinte, a inclusión social e a mellora da competitividade das persoas con discapacidade, COGAMI asinou un convenio de colaboración coa Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA). O Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, expresou o seu agradecemento á FEAGA por contactar con COGAMI para levar a cabo este acordo que supón “un impulso, un apoio para as persoas con discapacidade que queren darse de alta como autónomas e poñer en marcha a súa propia iniciativa”. Dende a Federación de Autónomos, que comprende máis de
50 organizacións asociadas e representa a preto de 20.000 autónomos, Francisco Javier Pérez, o Presidente de FEAGA, expresou que este acordo “permite optimizar os recursos que teñen as dúas entidades”, ademais de “intercambiar información, experiencias e axudar a aquelas persoas con discapacidade que teñan unha idea e que queiran montar a súa propia empresa”. Con este tipo de convenios, COGAMI pretende fomentar as políticas activas de emprego das persoas con discapacidade, e tamén, difundir os bens e servizos que prestan os centros especiais de emprego do seu grupo de empresas.
COGAMI amósase conforme coa decisión tomada polo Concello de Santiago que vai iniciar unha investigación sobre as persoas titulares das tarxetas de aparcadoiro en prazas reservadas a persoas con mobilidade reducida. Dende hai anos, a Confederación traballa cos municipios para que fagan un seguimento de todas as persoas titulares das tarxetas, sendo estas de uso persoal e intransferible a outras persoas. Segundo palabras do Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, o estacionamento nas prazas reservadas “é unha fraude que se repite constantemente e que debemos parar. A Administración local debe tomar medidas sobre
aquelas persoas que fan uso fraudulento, sancionalas e retirarlles as tarxetas”. Ata COGAMI chegaron queixas de tarxetas expedidas a persoas que xa faleceron e que os seus familiares continúan utilizando sen ter dereito a elas. En opinión de Queiruga, “o peor é que as persoas que temos mobilidade reducida vivimos situacións desagradables cando lle dicimos a alguén que utilizan prazas que non lle corresponden e che responden con insultos e de malos modos”. Por iso, dende COGAMI insístese en que se tomen medidas en contra da fraude, como xa se está a facer nos concellos de Vigo e Pontevedra.
O Club Financeiro de Vigo foi o lugar escollido para que COGAMI e máis Eurofund Investments asinaran un convenio de colaboración co fin de promover que, o macroespazo comercial e de lecer que se vai construír na zona viguesa de Porto Cabral, esté deseñado cunhas instalacións accesibles, e tamén, para que se fomente a igualdade de oportunidades laborais. Por medio deste acordo, a área de accesibilidade de COGAMI vaise encargar de asesorar ao estudo de arquitectura que deseña o proxecto co fin de que Porto Cabral sexa unha estrutura modelo de inclusión social, carente de barreiras arquitectónicas e con
espazos que garantan a autonomía de todas as persoas. Tamén, o grupo Eurofund comprometeuse a favorecer a inserción laboral, promovendo a contratación de persoas con discapacidade entre as marcas comerciais que se instalen no centro comercial, ademais de propiciar a contratación de servizos de mantemento de zonas comúns do complexo a empresas de economía social, como poden ser o servizo de limpeza, o de xardinería ou o de control de accesos.
O Boletín
Nº 26/ setembro 2014
O Concello colaborará na mellora das instalacións que COGAMI ten en Vigo
Momento durante a xuntanza mantida co Alcalde de Vigo e máis COGAMI
O Plan Incorpora asina con entidades empresariais a favor do emprego
Asinantes do Plan Incorpora con AJE Ferrolterra
150 persoas fórmanse con COGAMI nos cursos AFD para desempregados
Alumnado do curso AFD que se imparte en Santiago
O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo unha xuntanza co Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, e mailo Coordinador do centro de recursos de COGAMI en Mos, Celso Álvarez, para falar sobre as actuais instalacións que ten COGAMI na Avenida Martínez Garrido, e da necesidade de trasladarse a outras situadas en Navia, por resultar as actuais escasas para atender ás 3.000 persoas inscritas na bolsa de emprego do SIL. COGAMI presentoulle ao Alcalde o proxecto de reforma para o local novo e solicitoulle a colaboración para a posta en funcionamento das instalacións. Caballero comprometeuse a asinar un acor-
do que apoie a posta en marcha do centro, que permitirá, aparte da atención directa dos orientadores laborais e traballadora social, poder impartir formación. O rexedor vigués aproveitou a xuntanza para amosar o seu agradecemento polo traballo que realiza COGAMI no concello a favor das persoas con discapacidade e, ao mesmo tempo, dende COGAMI trasladóuselle o agradecemento polo traballo que o consistorio realiza na adaptación dos espazos, aínda que reclamou máis colaboración e coordinación na definición dos proxectos.
As entidades sociais que forman o Plan Incorpora para a inserción laboral das persoas que están en risco de exclusión social, dentro das que se encontra COGAMI, asinaron convenios con dúas entidades empresariais: a Asociación de Empresarios da Área Industrial de O Carballiño-AICA e maila Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (AJE Ferrolterra). O obxectivo destes convenios é favorecer a maior incorporación ao mundo laboral das persoas en risco de exclusión, e tamén, promover a responsabilidade social das empresas que están integradas nas dúas entidades. Para ilo, o Grupo Incorpora comprométese
a facilitar ás empresas información e asesoramento especializados sobre subvencións e axudas á contratación e creación de postos de traballo, ademais das vantaxes por contratar a persoas con especiais dificultades de inserción. O grupo Incorpora Galicia aglutina sete entidades sen ánimo de lucro: o Instituto Galego de Xestión para o terceiro Sector-IGAXES 3, Asociación para a prevención da exclusión social-APES, Fundación Érguete-Integración, FEAFES Galicia, COGAMI, Cruz Vermella Lugo e Cruz Vermella Ourense.
No mes de xuño COGAMI iniciou a programación de cursos AFD ofertados para este ano, sendo estes destinados a persoas con discapacidade en situación de desemprego. Arestora estanse a impartir dez, tres en Lugo, e o resto nos concellos de Santiago, Ferrol, A Coruña, Cabana de Bergantiños, Mos, Pontevedra e Ourense, cunha oferta de 15 prazas cada un. As temáticas dos cursos son sobre operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais sendo seis os que se están a impartir, tres cursos son sobre gravación e tratamento de datos e documentos e un dos cursos é sobre actividades auxiliares
en viveiros, xardíns e centros de xardinería. En canto á duración destas accións formativas, todas elas superan as catrocentas horas lectivas, co que a súa impartición abarcará ata o mes de novembro. O curso de viveirismo rematará no mes de outubro porque é algo máis curto que o resto, dura 348 horas. Durante este ano vanse formar 150 persoas con COGAMI nos cursos AFD, tendo unha novidade o de Ourense; por primeira vez está destinado a persoas menores de 30 anos, co que o seu alumnado está formado tanto por persoas que teñen discapacidade como persoas que non a teñen.
3
ENTREVISTA
Diego Calvo Pouso. Presidente Deputación de A Coruña Licenciado en Ciencias Económicas, Diego Calvo Pouso, ferrolán de 39 anos, é o presidente da Deputación de A Coruña dende as eleccións municipais de 2011. Segundo asumía o cargo, Diego Calvo confirmaba que un dos seus obxectivos ía ser a fusión de concellos para poder enfrontar a crise económica e mellorar os servizos dos cidadáns. Tras tres anos na presidencia, a través desta entrevista queremos coñecer se realmente os propósitos que se teñen cando se chega a ocupar un cargo se poden ir alcanzando durante o mandato ou, pola contra, os cambios teñen que levar un ritmo máis lento. PREGUNTA. Vostede chega á presidencia da Deputación en pleno debate sobre se este organismo é ou non útil para a cidadanía. Segue estando o debate aberto ou xa se foron calmando as augas? RESPOSTA. Eu nunca crin nese debate, e de feito, non entramos a falar diso nin entón nin agora porque estou convencido de que é un debate interesado e baleiro, fomentado polos partidos políticos que non acceden ao goberno da maioría das deputacións. As deputacións provinciais, e falo concretamente da Deputación de A Coruña, son organismos tremendamente útiles para os concellos. E non o digo eu. E o que din todos os alcaldes dos 93 municipios da provincia. Nos últimos tres anos, esta Deputación traballou cun único obxectivo: facer máis fácil a vida aos concellos e aos veciños da provincia. E creo que o conseguimos, porque no momento de maior crise económica que se lembra, nós fomos quen de investir en todos os concellos, de manter a cantidade destinada ao Plan de Obras e Servizos e de crear un plan inédito ata o momento, o DTC, que incorpora unha grandísima liberdade de decisión para os concellos. En total, cada ano destinamos a plans obxectivos para os concellos máis de 50 millóns de euros. PREGUNTA. Cando chega á Deputación fala de que é necesario fusionar concellos para compartir servizos, incluso anunciou con premiar aos que o levaran a cabo durante a convocatoria de subvencións. Sen
4
embargo, dos 93 concellos que representa na provincia coruñesa, só o de Oza e Cesuras foron os que realizaron esta fusión. Non segue habendo demasiados concellos? RESPOSTA. Claro que hai demasiados concellos, e o que dixen desde sempre e o manteño. Aínda así, o caso de Coruña non é o máis grave se o comparamos con provincias como Burgos, Huesca ou mesmo León. Aquí temos 93 concellos, e o de menos poboación supera os 1.000 habitantes. Son concellos solventes, autónomos… e nós respectamos totalmente esa autonomía municipal, o que non quere dicir que non esteamos dispostos a axudar a todos os que desexen iniciar un proceso de fusión voluntaria. A Deputación de A Coruña porá todos os seus medios a disposición deses concellos, como sucedeu co caso de Oza e Cesuras, dous municipios que agora xa forman un só e que está funcionando con total normalidade. PREGUNTA. Con canto orzamento conta a Deputación e como xestiona os recursos que ten, que investimentos resultan prioritarios para a deputación e, por conseguinte, para o interese da sociedade? RESPOSTA. Este ano temos un orzamento de 157,6 millóns de euros, algo superior ao do ano pasado, pero máis reducido que noutros exercicios anteriores porque a ninguén se lle escapa que as achegas do Estado baixaron nos últimos anos. Aínda así, den-
O Boletín Nº 26/ setembro 2014
de o primeiro día que chegamos á Deputación, e ante un recorte de máis do 20% do presuposto, marcamos unha liña vermella que nunca íamos traspasar, a dos Servizos Sociais. A partida destinada a Servizos Sociais non baixou, senón que medrou incluso nestes anos de crise económica porque estamos convencidos de que é nese eido onde teñen que estar presentes as administracións públicas. Dese compromiso da Deputación de A Coruña temos varios exemplos, como o feito de que asumimos o custe íntegro da teleasistencia para maiores de 65 anos non dependentes no momento en que o Imserso deixou de facer achegas a este programa. Ademais, temos unha liña de subvencións destinada unicamente ás entidades sociais e recuperamos o premio Concepción Arenal, cunha dotación económica de 7.000 euros para o gañador e 4.000 para o segundo e o terceiro. Con este premio queremos recoñecer o traballo realizado por unha persoa ou un colectivo no que respecta á axuda dos colectivos máis desfavorecidos.
PREGUNTA. A Deputación de A Coruña colabora activamente coas entidades da discapacidade, concretamente con COGAMI ou as que forman parte da Confederación. No mes de xuño acudiu convidado á inauguración do centro de recursos da asociación Amarai en Boimorto. Queda aínda moito por facer dende as administracións de cara á inclusión do noso colectivo? RESPOSTA. A pesar do grandísimo traballo que se fai desde COGAMI e todas as entidades adheridas, sempre queda moito por facer. Sempre é posible mellorar. Aínda así, estou seguro de que vamos polo bo camiño, que é o da colaboración. Organizacións como COGAMI ou calquera outra entidade que agrupe a persoas con algún tipo de discapacidade saben mellor que calquera de nós cales son as súas necesidades. O traballo das administracións públicas é escoitar esas demandas e tratar de axudar na medida das nosas posibilidades. E cando falamos destas cuestións, tan sensibles, tan importantes e ás veces tan descoñecidas, gústame lembrar algo que sempre lle oín a José Luis Muruzábal, o fundador da Asociación Pro Enfermos Mentais. El dicía que o seu traballo non remataría ata conseguir que a poboación falara das enfermidades mentais igual que fala dunha gripe ou dunha perna quebrada. Pois no caso das discapacidades físicas e psíquicas, creo que ese é o obxectivo: lograr que a vida das persoas afectadas
sexa exactamente igual, coas súas limitacións, por suposto, que a de calquera outra persoa. E iso só o podemos conseguir se mantemos a colaboración entre as entidades sociais e as administracións públicas. PREGUNTA. Dende a Deputación de A Coruña, en que consiste o apoio que realizan de cara as entidades sociais, sobre todo as que están relacionadas coa discapacidade? RESPOSTA. Insisto, o noso apoio a estas entidades chegará ata onde cheguen os nosos recursos tanto económicos como materiais ou persoais. Nós, desde a Deputación, estamos convencidos de que as entidades sociais saben perfectamente das súas necesidades, eles mellor que ninguén. Non imos decidir nós o que necesitan, non sería lóxico, así que o noso apoio pasa por escoitar esas demandas e tratar de darlle resposta do xeito máis satisfactorio para todos. PREGUNTA. Un tema a debate é o da reforma da Lei de Réxime Local, que reduce ou limita prestación de servizos socias polos concellos con menos habitantes, para que sexan a Comunidade Autónoma ou as Deputacións os responsables deses servizos. Se se afastan estes servizos dos concellos, non pode ser unha perda de contacto directo coa cidadanía? RESPOSTA. A Lei de Réxime Local non nace co espírito de quitarlle servizos e autonomía aos concellos, senón que busca algo que, se aplicamos o sentido común, buscaríamos todos. Esa lei nace co obxectivo de racionalizar os servizos públicos de cara a unha atención máis eficaz e máis áxil para os concellos. Nós, desde a Deputación da Coruña, temos un grandísimo respecto pola autonomía municipal, e así o demostramos coa flexibilidade de investimentos nos nosos plans provinciais. O que propón a lei é algo lóxico: dotar ás deputacións de potestade para axudar aos concellos con algún problema para cubrir as necesidades básicas dos seus veciños. Aí estamos e aí estaremos.
Diego Calvo estivo presente na inauguración do centro de recursos de Amarai
5
CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO
Vista da nave que ten Trameve en Santiago, no polígono do Tambre
Trameve, a mellor elección para a sustitución de pezas do automóbil Segundo reflicte un informe realizado a diferentes países europeos por unha consultora experta en automoción, un 7% dos españois planea mercar un coche novo, fronte ao 77% restante que aposta por un vehículo usado ou de ocasión. O informe resta importancia a que isto se deba á crise. Apunta o estudo a que España sigue a tendencia doutros países europeos, xa que Alemaña nun 78%, e Holanda nun 90%, confían na compra dun vehículo de segunda man por ser
unha solución máis práctica. En Trameve están máis que preparados para dotar de pezas de recambio a todos os vehículos que as precisen, ofrecendo garantía e calidade. Primeiramente, o cliente pode ver na páxina web www.trameve.es se teñen o recambio que buscan e, no caso de non atopala peza concreta, é posible contactar no 981 554 707 ou central@trameve.es.
Un dos debuxos coloreados por un dos menores da escola infantil
Dixardín celebra o Día do Medio Ambiente nunha escola infantil A empresa Dixardín decidiu festexar o Día Mundial do Medio Ambiente organizando unha actividade educativa nunha escola infantil situada preto de Santiago de Compostela. A finalidade desta actividade era achegar aos nenos e nenas a importancia do coidado e da conservación do noso planeta. Coregal entregoulle ao alumnado de 1 a 3 anos da escola infantil Abeiro de Ortoño, no concello de Ames, unhas cartolinas co fin de que os pequenos puideran
6
debuxar xardíns e zonas verdes. Participaron un total de 55 nenos, que amosaron as súas dotes pictóricas, plasmando o que para eles significa a natureza. Outras das actividades programadas foi o deseño dun horto urbano no que colaboraron 25 rapaces de 2 e 3 anos, que plantaron leitugas nun horto caseiro. Agora terán a responsabilidade de seguir coidándoo ata que o plantado se poida colleitar para o seu consumo.
Punto limpo de Teo
Coregal xestionará o punto limpo dos concellos de Valadouro e Alfoz O pleno do concello lucense de O Valadouro aprobou que sexa a empresa de reciclaxe Coregal a que xestione o punto limpo do municipio durante dous anos. Nesta tempada que vai estar en vigor o contrato, Coregal tamén xestionará o punto limpo do concello de Alfoz, xa que entre estes dous municipios da Mariña lucense teñen un convenio asinado para compartir o servizo. Con estes dous concellos de A Mariña, Coregal xestiona un total de dez puntos limpos de concellos galegos, sendo os de Teo, Arzúa, Rianxo, Boiro, Mos, Muros, Carnota, Ponteceso e Porto do Son. Nestas plantas, Coregal dispón dunha persoa operaria que se encarga da atención ao público, mantemento e xestión. Ata estas ecoplantas chegan visitas como ocorreu na de Mos, na que estivo un grupo de10 alumnos e 2 monitores da Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor (ACEESCA) de O Porriño. Durante o percorrido, persoal da empresa de reciclaxe explicou aos visitantes como se tratan os residuos dende que entran á ecoplanta ata que son destinados á reciclaxe. A Mos chega lixo, cartón e plásticos de industrias de automoción, de empresas frigoríficas e de elaboración de peixe, que teñen como destino a trituración para logo poder volver a ser reutilizables novamente en procesos de produción, como por exemplo ABS, fabricación das insignias das marcas de coches, os manubrios das portas, os aires acondicionados e os airbags.
O Boletín Nº 26 / setembro 2014
A Dir. do Dpto. Comercial e Procesos con Beatriz Varela
A Dir. Xeral de GES, Mayte Gutiérrez, cone César Durán
GES colabora na formación de estudantes universitarios ofertando bolsas de prácticas O grupo de empresas Galega de Economía Social (GES) incorporou ao seu equipo de traballo a colaboración de cinco bolseiros con formación universitaria que queren afondar e perfeccionar os seus coñecementos sobre empresas de economía social. José Sánchez, Rubén Fontenla, Enrique Pan, César Durán e Beatriz Varela, con titulacións de Relacións Laborais, Dereito e Administración de Empresas, son os cinco bolseiros que iniciaron as súas prácticas formativas en GES, tres na área de Recursos Humanos e Comunicación, na que colaboraron realizando funcións de asesoramento xurídico-laboral, xestión de persoal e administración dos recursos humanos, e o resto dos estudantes, estiveron realizando as súas prácticas no departamento Comercial, onde puideron desempeñar funcións relacionadas coa responsabilidade social empresarial e xestión comercial. Para GES esta supón unha primeira oportunidade de colaboración directa coa Universidade na busca de persoal cualificado con discapacidade e, para os propios bolseiros, supón unha experiencia laboral que lles permite poñer en práctica os seus estudos e coñecementos teóricos. De feito, unha das tarefas que realizaron foi xunto coa Directora Xeral de GES, Mayte Gutiérrez, quen
mantivo unha xuntanza conxunta cos cinco bolseiros e mais cos directores dos departamentos do grupo empresarial co fin de realizar unha análise en profundidade sobre a situación do grupo, onde os estudantes tiveron a oportunidade de aportar propostas de mellora sobre as empresas de Galega de Economía Social. GES iniciou estas bolsas de prácticas na procura de novos talentos de persoas con discapacidade co fin de poder inserilas no mercado laboral. E esta primeira experiencia xa dou os seus primeiros froitos: Enrique Pan foi contratado e entrou a formar parte do cadro de persoal de GES e Beatriz Varela iniciou a súa vida laboral nunha ONG coa que colaboraba. O Grupo empresarial GES mantén como prioridade o descubrimento do talento na Universidade, co obxectivo de formar ao estudantado no mundo da empresa e descubrir o seu talento a través das súas aportacións.
José Sánchez, Rubén Fontenla e Enrique Pan Hervada
7
REPORTAXE
Hornos Lamastelle saca ao mercado unha nova gama de produtos: os biscoitos
Segundo apunta o Centro de Investigacións Sociolóxicas, o CIS, o indicador da confianza do consumidor recollido no mes de xullo reflicte unhas taxas á alza que non se observaba dende o inicio da crise a mediados do 2007 o que significa, polo tanto, que aumenta a confianza do consumidor con respecto á economía actual. Isto, se se traslada a unha aplicación práctica empresarial, supón que o sector da distribución alimentaria vai experimentar unha pronta recuperación, e que xa se está a notar nas inversións das grandes cadeas comerciais. Unha empresa alimentaria que se pode beneficiar deste aumento de confianza do consumidor e tamén do repunte económico que se está dando nos mercados, tócalle moi de cerca a COGAMI. Referímonos á empresa Hornos de Lamastelle, centro especial de emprego especializado na elaboración de empanadas e tortas de Santiago, e que se está adaptando aos novos tempos, iniciándose na elaboración de produtos novidosos que están empezando a distribuír tanto a grandes superficies comerciais como tamén no punto de venda directa ao público que ten aberto en A Coruña, en Juan Flórez, número 124. Agora mesmo, a empresa está pasando por un momento de cambios, de experimentación na
8
investigación e no desenvolvemento de novas ideas creativas para poder expoñer no mercado. Hornos de Lamastelle conta coa garantía da utilización de materias primas de primeira calidade e agora está coa mellora nos procesos das instalacións da empresa, e tamén coa formación e innovación na elaboración dos produtos. Xa non só contará coa empanada, o seu produto estrela, agora está lanzando ao mercado unha oferta de biscoitos que xa están á venda e que se poden adquirir na tenda coruñesa de Hornos de Juan Flórez. Para o persoal laboral do grupo de empresas de COGAMI que non vive en A Coruña, Hornos Lamastelle ofrécelles a posibilidade de efectuar pedidos directamente á empresa panificadora,
O Boletín Nº 26 / setembro 2014
sendo os vehículos de reparto da propia empresa os que posibiliten que a mercadoría encargada chegue ata os lugares de traballo das catro provincias nos que se realizou a encarga. Por exemplo, dende as oficinas de COGAMI Santiago adoitan realizar encargas de empanadas e tortas. Un dos compañeiros é o que comenta ao resto se lles apetece encargar as empanadas a Hornos e, cando se xuntan varios pedidos, o que fai é chamar ao teléfono 981 631
226 ou enviar un correo electrónico a ventas@lasmastelle.com para efectuar o encargo, que é remitido á oficina o venres. A variedade de produtos, os tamaños e os prezos son posibles coñecelos contactando coa panificadora, que se encarga de enviar por correo electrónico toda a gama de alimentos que teñen á venda.
Variedade de biscoitos Hornos de Lamastelle estréase na elaboración de biscoitos sacando á venda varios tipos de sabores e texturas que pretenden saciar os padais máis exquisitos. Así, entre a variedade que oferta está o biscoito de améndoa, o de mazá e pasas, o multicereais, o de toffee, o dobre de chocolate, o brownei e, para as persoas que queiran manter a liña, tamén teñen un sabor adaptado a elas, o biscoito integral de cenoira.
Variedade de empanadas As empanadas foron, e seguen sendo, o produto estrela de Hornos Lamastelle. Cada ano están a investigar e a probar con novos sabores e novos tamaños, co fin de poder ofrecer un produto que se adecúe ás preferencias das persoas consumidoras. Dentro dos sabores máis tradicionais que ofrece teñen a variedade de empanada de atún, de carne, bacallau, bacallau con pasas, polo, polo con champiñóns, zamburiñas, xoubas, berberechos, polbo, zorza e a empanada de sabor a mazá. As medidas también se foron modificando e adaptando ás novas demandas. Agora, existen varios tipos de tamaños de empanadas, que poden ser tanto en tamaño prancha, que equivale a 3 quilos 800 gramos, o tamaño media prancha, que son case dous quilos, o tamaño familiar é de 1 quilo 300 gramos e o tamaño supra ten un peso de 600 gramos. No caso de que a clientela prefira un tamaño menor, Hornos oferta tamén os formatos denominados pulgas e frautas. Nesta temporada, Hornos presentou tamén unha novidade máis dentro da gama de produtos que oferta, e que non é outra que a comercialización de follados de sabor atún e de sabor mazá, toda unha delicia para as persoas ás que lles gustan as filloas recheas.
9
ASOCIACIÓNS MEMBRO
Participantes do obradoiro de comida sá
Taller para aprender a comer saudable en Ferrol
Avante celebrou unha nova edición de pesca accesible
A Asociación Grupo Diversidade Funcional de Ferrol e comarcas iniciou un obradoiro de boas prácticas alimentarias dirixido a aquelas persoas, tanto asociadas á entidade como non, que teñan problemas de peso, sexa por exceso como por defecto, ou tamén, que teñen diagnosticadas doenzas crónicas.
A pesar de que este ano o día foi chuvioso e un tanto desagradable para estar ao aire libre, isto non supuxo un impedimento para que a xornada de convivencia e lecer que cada ano desenvolve a asociación Avante na área recreativa de Bembibre, en Val do Dubra, fora novamente un éxito de participación.
Baixo o título Escola de aprender a comer, dúas profesionais que traballan no centro de saúde de Sada desprázanse ata as instalacións que a entidade ten na rúa Colón esquina Mendizábal, baixo 4 e portal 5, para tratar individualmente a cada unha das persoas que se apuntaron a esta actividade, chegando a ser actualmente sete as persoas anotadas.
Preto de 200 persoas asistiron á XV edición de pesca adaptada que organizan as asociacións O Ranqueiro e máis Avante, coa fin de potenciar o deporte ao aire libre, e tamén, para impulsar esta actividade deportiva sen barreiras e accesible a todas as persoas.
Na escola de aprender a comer trátanse doenzas como o colesterol, a osteoporose, a diabete, acabar coa ansiedade, estabilizar a tensión arterial, coidar o sobrepeso e facer unhas dixestións adecuadas. O prezo para socios, é de 25 euros na primeira cita, que suporá realizar unha análise completa da persoa, tanto do seu historial clínico, da medicación e tamén da toma de medidas da súa complexión física. Posteriormente, as sesións de control custarían 5 euros. Estas taxas suporían o dobre para as persoas non socias.
10
Unha das 500 troitas soltadas no río
A xornada arrancou a partir das dez da mañá, cando se soltaron 500 troitas autóctonas e se repartiron entre todas as persoas participantes as canas para poder pescar, aparellos que se encargou de distribuír O Ranqueiro. Ao resultar ser unha xornada chuviosa, a pesca foise desenvolvendo segundo ía cesando a chuvia. Ademais de Avante, outras das entidades que participaron nesta actividade de pesca foron Amico de Santiago de Compostela, Íntegro de Cabana de Bergantiños, Soneira e Fisterra, o centro de recursos de COGAMI-Deza e tamén a asociación Adisbismur de Muros.
Grupo de Agora que viaxou a Asturias
Usuarios do centro de día de Agora estiveron en Asturias Un total de dezaseis persoas usuarias do centro de día da asociación Agora de Monforte de Lemos, acompañadas por 9 monitores, estiveron durante seis días en Asturias gozando dunha estancia de respiro familiar. Oviedo foi a cidade na que pernoctaron durante a semana, escollendo para ilo uns apartahoteis totalmente accesibles a persoas con mobilidade reducida. Despois de instalarse no hotel, realizaron diferentes saídas culturais pola capital asturiana, como a visita á catedral, ao museo arqueolóxico e á zona antiga. Dende Oviedo, desprazáronse a outras cidades como Xixón, utilizando para este desprazamento a liña ferroviaria FEVE que é accesible, e logo, tamén visitaron os lagos de Covadonga. Esta actividade esta enmarcada dentro dun proxecto de lecer inclusivo que a entidade desenvolve dende hai uns anos e que pretende ser unha rachadura coa rutina, ofrecendo para isto unha experiencia de vida que se sae da cotiá e se adapta ás necesidades das persoas do grupo. Ademais esta semana supuxo unha estadía de respiro tanto para as familias como tamén para as persoas con discapacidade en relación á súa propia familia.
O Boletín Nº 26 / setembro 2014
Grupo de Algaria durante o aniversario
Usuario de Adisbismur durante a clase
Momento da inauguración do centro
Algaria conmemora o cuarto aniversario
Adisbismur participa nunha escola de tenis inclusivo
Amarai inaugura as instalacións do seu centro de recursos
A Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra da Limia (Algaria) conmemorou en Allariz o seu cuarto aniversario dende a súa creación.
O pavillón deportivo da Serra de Outes acolle durante os meses de setembro e outubro unha escola de tenis inclusivo na que participan persoas con discapacidade da asociación Adisbismur da bisbarra de Muros.
A Conselleira de Traballo e Benestar, a Alcaldesa de Boimorto, o Presidente da Deputación de A Coruña e o Presidente de COGAMI, acompañados por máis de cen persoas convidadas, acompañaron á directiva da asociación Amarai durante a inauguración das novas instalacións do centro de recursos que ten a entidade en Boimorto, na parroquia de Boimil.
A xornada iniciou coa celebración dunha reunión da xunta directiva para logo continuar coa celebración das asembleas xerais ordinaria e extraordinaria, producíndose durante a asemblea extraordinaria a renovación da xunta directiva da entidade, resultando elixida Mercedes Fernández Fernández como nova presidenta da entidade. O acto de aniversario da constitución da asociación celebrouse a continuación da finalización da asemblea, e consistiu nunha comida para preto de 20 persoas inivitadas, que formaban parte tanto da xunta directiva actual como da anterior, ademais de persoas socias e amigas. Despois da comida, que se realizou no Fogar do Maior, restaurante que xestiona a asociación Aixiña a través do seu centro especial de emprego que se dedica á restauración e catering, todas as persoas decidiron dar un paseo por Allariz e visitar a zona histórica da vila, o festival de xardíns e a zona dos arredores do río.
Subvencionada pola Federación Galega de Tenis, no mes de xullo produciuse a presentación á que asistiron máis de cincuenta persoas, entre participantes e profesionais. Nesta primeira toma de contacto coa actividade, ofrecéuselle á entidade unha charla explicativa sobre o deporte de tenis inclusivo especificando as súas particularidades e, posteriormente, realizouse unha exhibición a través dunha clase práctica. O deporte do tenis é unha actividade que conta con moita aceptación entre as entidades de COGAMI, proba disto é que xa se cubriron as 16 prazas ofertadas en Outes, que se distribuirán en grupos de 8 persoas. O tenis inclusivo é unha actividade que permite participar tanto ás persoas con mobilidade reducida como ás que non a teñen, proporcionando beneficios para a saúde de quen practica este deporte, xerando inclusión e socialización ao estar con outras persoas, e tamén, permitindo achegarse ao deporte do tenis adaptado.
Este centro foi construído co fin de poder ofrecerlles ás persoas con discapacidade das comarcas de Arzúa e Terra de Melide, ademais dos concellos de Vila de Cruces, Vilasantar, Curtis e Frades, programas de apoio individualizados para mellorar a súa autonomía e, por conseguinte, lograr a súa inclusión social e laboral. Actualmente, o centro ten cubertas 15 prazas de centro de día e 9 prazas de centro ocupacional, e conta cun equipo formado por oito profesionais que traballan actividades de alfabetización de adultos, fisioterapia, logopedia, atención psicolóxica, adestramento de hábitos e condutas, traballos manuais, musicoterapia, coidado do aseo persoal e da saúde, natación, ademais de realizar actividades de lecer como excursións, actividades participativas e de convivencia con outros centros e/ou entidades, visitas e comidas familiares, entre outras.
11
PECHE
O Laion realizou a travesía náutica Xacobea de Ribadeo a Cabo de Cruz A tempada de navegación do veleiro Laion iniciou durante este ano cunha ruta novidosa na que persoas usuarias de COGAMI puideron acompañar a outros barcos durante a celebración da primeira travesía náutica Xacobea, que serviu para conmemorar o VII Centenario da peregrinación de San Francisco de Asís ata Santiago. Nesta travesía participaron barcos do norte de Europa e da costa Cantábrica, ademais de dúas goletas que partiron das costas de Irlanda, Inglaterra e Francia. Ao chegar ao porto de Ribadeo, uníuselles nesta travesía o Laion, para realizar conxuntamente a ruta polos portos de Viveiro, Ares, Camariñas, Portosín, Riveira e Cabo de Cruz.
A tempada do Laion, que continúa tamén en setembro, seguiu a actividade realizando bautismos de mar nos portos de Muros e Camariñas e tamén, un ano máis particia na regata S.A.R. Infanta Elena en A Coruña, pero sen competir. En total, durante este verán foron máis dun cento as persoas que navegaron no Laion, todas elas pertencentes ás entidades Fraternidad, APEM, Discafis-COGAMI, AFFOU, Adisbismur, Asem Galicia, Alcer e o centro COGAMI-Ferrol.
www.cogami.es