O Boletín Nº 27 / decembro 2014 Edición trimestral
foto cedida por ©María Muiña
Unha das charlas que COGAMI ofreceu ao empresariado de Pontevedra
COGAMI anima á contratación de persoas con discapacidade Durante este ano, COGAMI iniciou unha serie de xornadas informativas sobre a responsabilidade social empresarial a través da discapacidade, co fin de informar ao empresariado dos beneficios por contratar a persoal laboral que ten discapacidade. A primeira xornada desenvolveuse na Confederación de Empresarios de A Coruña e as posteriores foron a través da Cámara de Comercio de Pontevedra e da Asociación de Empresarios de O Porriño. En palabras do Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, este tipo de seminarios “van dirixidos a aquelas persoas que nos poden botar unha man nun dos
www.cogami.es
principais déficits que ten o noso grupo social: a falta de posibilidades de atopar emprego”. Estas xornadas de responsabilidade social corporativa desenvolvéronse coa presentación do Servizo de Intermediación Laboral que ten COGAMI e do grupo de empresas de economía social cos que conta a entidade, ademais de informar sobre os incentivos á contratación dunha persoa con discapacidade. Outras das intervencións foron as aportada por empresarias que contan a súa experiencia na contratación de persoal laboral con discapacidade.
Premio para COGAMI
COGAMI gañou a segunda edición dos Proxectos Visibles 2014, uns galardóns que promove a Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL) co fin de recoñecer novas formas de facer empresa e actividade económica de maneira sostible e respectuosa coas persoas e a contorna. COGAMI obtivo o galardón ao mellor proxecto social pola transcendencia das súas iniciativas empresariais para as persoas traballadoras e as empresas que as contratan, pola transparencia na xestión, a claridade da información que transmite e por converter en oportunidade a dificultade do colectivo que representa.
Neste número tamén: Asinamos convenios con Obra Social la Caixa e Colexio educadores sociais Entrevistamos ao Presidente do Club Náutico de Sanxenxo Participamos no día do voluntariado de Iberdrola
NOVAS Obra Social “la Caixa” colabora con COGAMI na promoción da autonomía
O Pres. de COGAMI coa Dir. de Caixabank
COGAMI participa nun proxecto europeo para mellorar a calidade de vida
Un dos obradoiros que realizan en Mos dentro do programa Artibility
Colexio de Educadoras/es Sociais asina convenio con COGAMI
O Pres. de COGAMI coa Pres. de ceesg
2
“Aprendendo a coñecernos” é o nome do programa que apoia Obra Social “la Caixa” e que se desenvolve nos centros de recursos que a Confederación ten nos concellos de A Estrada, Lugo, Pontevedra e Mos. O acordo formalizouse coa entrega dunha aportación económica de 14.000 euros por parte da Directora da área de Santiago de CaixaBank, María Jesús González, ao Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga. “Aprendendo a coñecernos” pretende conseguir unha maior integración e normalización no ámbito afectivo e da sexualidade das persoas con discapacidade, valéndose para ilo como
metodoloxía de educación sexual cun enfoque positivo e afectivo. Para a execución do programa, COGAMI organizará unha serie de obradoiros de formación e orientación dirixidos ao persoal laboral dos seus centros, aos seus usuarios e familiares das persoas con discapacidade. O programa contará con catro liñas definidas de traballo: formar a 58 profesionais dos centros, a 40 familiares de persoas usuarias dos centros, apoiar ao desenvolvemento da afectividade e sexualidade de 40 persoas con discapacidade e plasmar a metodoloxía de traballo nunha guía.
Persoas usuarias do centro de recursos de Mos participan nun proxecto europeo que ten por finalidade poder mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade a través de reproducións artísticas de boas prácticas en procesos de aprendizaxe ao longo da vida, e tamén, a través da utilización das súas experiencias persoais. Denominado Artability, e financiado pola Unión Europea a través do programa Grundtvig, participan persoas que proceden de catro países europeos Grecia, Italia, e Lituania, sendo COGAMI o representante español. Os obxectivos son aumentar a participación das persoas con
discapacidade na sociedade, exercendo os seus dereitos como cidadáns da Unión Europea e reverter o concepto de educación profesional que considera ás persoas con discapacidade como meros consumidores do coñecemento. Este proxecto ten unha duración de dous anos e contará cun mínimo de participación de 60 persoas con discapacidade. A través da análise dos resultados das actividades que realicen as persoas participantes, analizaranse aspectos positivos do traballo artístico para o desenvolvemento persoal dos participantes, observando o impacto na súa calidade de vida.
A Presidenta do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (ceesg), Sofía Rivero, e o Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, asinaron un convenio de colaboración co fin de asesorar e informar ás persoas colexiadas do labor que desempeña a Confederación a favor discapacidade. Un dos compromisos que adquiren as dúas entidades é a de ofrecer información a través das súas webs sobre a actividade que desenvolve a outra organización, promulgando aquelas actividades afíns a través dos medios que dispoñan para a difusión. Dende COGAMI váiselle proporcionar á Ceesg toda a informa-
ción relacionada cos servizos que desenvolve co fin de que as persoas colexiadas coñezan a carteira de servizos a particulares, empresas ou entidades. Outro dos puntos que recolle o acordo é que as dúas entidades sociais e sen ánimo de lucro, poderán organizar actividades conxuntas encamiñadas ao desenvolvemento da educación social no eido da discapacidade, a promoción da autonomía persoal e a área xerontolóxica. Esta colaboración entre Ceesg e COGAMI terá un ano de vixencia.
O Boletín
Nº 27/ decembro 2014
Xornada sobre novas adaptacións de vehículos adaptados en Santiago
O Pres. de COGAMI e o Alcalde de Santiago atenden ás explicacións sobre a adaptación do vehículo
COGAMI na presentación do libro Avanzar en mi INdependencia
Presentación do libro Avanzar en mi INdependencia
COGAMI participou na semana europea da mobilidade en Vigo
Participantes da xornada recorren rúas de Vigo en cadeira
Máis de cincuenta persoas con mobilidade reducida e condutoras de vehículos adaptados, chegadas dende distintas localidades galegas, asistiron en Santiago á unha xornada informativa sobre novas adaptacións para vehículos, que organizou a empresa Adaptamóvil e na que colaborou COGAMI. A xornada, que foi inaugurada polo Alcalde de Santiago, Agustín Hernández, consistiu na presentación de seis vehículos adaptados pola empresa e que lle cederon os seus propios clientes para a mostra, dotados con diferentes tipoloxías de adaptacións, dende plataformas laterais ata aceleradores electrónicos, asentos
xiratorios e distintas ramplas. Adaptamóvil, que conta con máis de trinta anos de experiencia, presentou nesta xornada un vehículo que só realiza esta empresa en España e no exterior, só o adapta unha empresa alemaña. Trátase dun vehículo co chan rebaixado, que ten acceso mediante unha rampla lateral e que lle permite total autonomía á persoa condutora, tanto para subir como para transferirse dende a cadeira de rodas ao asento do condutor, podendo ser este asento substituído pola cadeira de rodas.
A Cidade da Cultura de Santiago foi o escenario escollido para presentar en Galicia “Avanzar en mi INdependencia”, obra que escribe Tomás Castillo Arenal, psicólogo e director da Asociación de Persoas con Discapacidade de Cantabria (AMICA). Acompañado polo Conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, o Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, e a Presidenta de AMICA, Sagrario Cagigas, Tomás aporta nas 190 páxinas que ten obra ideas para un mundo diferente, onde as persoas con discapacidade poidan ter a súa propia vida. Para a redacción desta obra, o autor contou coa participación de 22 persoas que compartiron con
el reflexións e as súas experiencias reais, como así fixeron tres persoas galegas e do movemento asociativo de COGAMI: o Presidente, Anxo Queiruga, que reflexiona sobre a discapacidade e a dependencia, a Presidenta da Asociación AMICO de Compostela, Ana Balboa, conta en primeira persoa o que significou vivir no rural con discapacidade, e unha usuaria de COGAMI-Coruña, Paloma Caneiro, que explica o que significa para o seu día a día ter un asistente persoal.
COGAMI estivo presente na celebración da Semana Europea da Mobilidade, un evento organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en colaboración coa consultora i-CITE en Vigo, que tiña por finalidade sensibilizar, visibilizar e incentivar a organismos públicos e privados sobre a posta en práctica de novos modelos de mobilidade nas cidades para que sexan máis eficientes, accesibles, universais e saudables. Baixo o lema “Unha rúa mellor é a túa elección”, a xornada pretendeu animar á cidadanía a deseñar o seu ideal de cidade. Dende COGAMI, a través da actividade “Ponte na miña situación”, intentouse amosar como parte
da cidadanía vive a mobilidade urbana a través dunha cadeira ou cos ollos vendados. O Colexio de Arquitectos fixo que as persoas visitantes deseñaran o seu modelo de cidade na que lle gustaría vivir a través de debuxos, redaccións e suxestións. O último dos obradorios presentes foi “Outro transporte é posible”, actividade guiada pola empresa especialista en transporte sostible NORBIKE, que realizou un pequeno percorrido en bicicleta pola contorna, para fomentar o uso deste medio de transporte urbano.
3
ENTREVISTA
Pedro Campos: Presidente do Real Club Náutico de Sanxenxo
foto cedida por ©María Muiña
Pedro Campos preside dende o ano 1999 o Club Náutico de Sanxenxo. Nacido no concello pontevedrés de Cuntis, iniciouse no mundo da navegación nun galeón que guiaba o seu pai pola ría de Arousa. Este foi o primeiro contacto do que posteriormente se converterá nunha das carreiras deportivas da navegación máis frutífera en España. Pedro Campos ostenta 14 títulos mundiais, 22 triunfos en regatas de Copa América, 7 copas do Rei e numerosas vitorias en regatas en todo o mundo. Unha vitoria máis outorgámoslla dende COGAMI, porque posibilita dende hai dous anos que o deporte da vela se abra a todas as persoas, sen exclusión.
PREGUNTA. En primeiro lugar, queremos darlle a noraboa ao Club Náutico que vostede preside porque conseguiu un importante premio: a placa da Real Orde do Mérito Deportivo, a distinción deportiva máis importante que se outorga en España. É un recoñecemento que premia moitas horas de traballo que hai atrás? RESPOSTA. É un recoñecemento a un labor fundamentalmente deportivo, pero tamén social. Porque ao mesmo tempo que temos campións do mundo e olímpicos tamén, dende hai dous anos, conseguimos traer ao noso club o centro nacional de vela adaptada Fundación Mapfre, onde podemos atender e dar cursos a moita xente con discapacidade. PREGUNTA. Fálase do Club Náutico de Sanxenxo como un escaparate galego, con 60 anos de traxectoria na promoción do turismo náutico e deportivo da ría de Pontevedra. Xa que non temos turismo de sol, si podemos presumir do mariño? RESPOSTA. Afortunadamente en Sanxenxo podemos presumir dun microclima onde hai moitos días de sol ao ano, pero é certo que quizais o maior atractivo da nosa ría e do noso club sexan as condicións excepcionais para practicar a navegación e, sobre todo, o deporte da vela. PREGUNTA. Dentro da programación de actividades do RCN de Sanxenxo está moi presente COGAMI. Dende hai dous anos desenvolven cursos de vela
4
adaptada que supoñen unha oportunidade para practicar un deporte que cada vez racha con máis barreiras. Como nace esta colaboración? RESPOSTA. Todo arranca cando propoñemos a Mapfre que o centro nacional de vela adaptada se situara en Sanxenxo e, en concreto, no noso club. Fixeron unha visita na que xa dende o primeiro momento tivemos a participación directa do presidente de COGAMI, Anxo Queiruga. Quedaron tan contentos co que viron e co que se lles ofreceu, que deicidiron situar este centro nas nosas augas.
A partir de aí empezou unha colaboración inmediata con COGAMI para abrir e facilitar o acceso ao mar para persoas con discapacidade, para o que se empezaron a crear as infraestruturas necesarias, empezando sobre todo polos barcos e a formación de monitores especializados.
O Boletín Nº 27/ decembro 2014
PREGUNTA. Despois de dous anos de cursos impartidos a persoas usuarias de COGAMI, que contaron con preto de 300 participantes, que balance nos poden facer sobre esta iniciativa deportiva? RESPOSTA. Eu penso que é moi positiva e o máis importante é que Fundación Mapfre e as demais empresas que colaboraron, como Iberdrola, Movistar, A Banca, tamén fan ese balance positivo. E iso é, en definitiva, o que asegura a continuidade. Nós, como club estamos encantados de ter posto en marcha esta iniciativa e de poder contar coa colaboración de COGAMI, sen a súa axuda sería imposible na práctica chegar a tanta xente para que poida acceder a estes cursos. PREGUNTA. E como acollen as nosas persoas usuarias o poder participar nesta actividade de vela? De seguro que para moitos deles foi a primeira vez que subiron a unha embarcación. RESPOSTA. A experiencia, o que nos transmiten os monitores e o que comprobei persoalmente, é que lles gusta moitísimo. Valórano enormemente e algúns emociónanse, como vimos sobre todo nalgunha entrega de premios das competicións que organizamos. A realidade é que moitos deles repiten, que é a mellor proba de que lles gustou, ata o punto de que hai que ordenar isto, sempre coa colaboración de COGAMI. Eu creo que é a proba definitiva do moito e o ben que se valora esta actividade. PREGUNTA. Seguirán contando nos vindeiros anos con COGAMI na súa oferta de cursos de vela adaptada ou existe unha data límite para que siga adiante este programa no tempo? RESPOSTA. Mentres teñamos o apoio dos patrocinadores a idea é que este centro nacional de vela adaptada siga de forma indefinida e esperemos que na medida en que isto saia ben, e os patrocinadores o consideren socialmente rendible, temos un futuro por diante a moi longo prazo. PREGUNTA. Cren factible que a raíz destes cursos alguén se amose interesado en dar un paso máis e poder tomar en serio a navegación, ata o punto de querer dedicarse á competición de vela adaptada? RESPOSTA. Ogallá sexa así porque a vela adaptada ten a súa presenza tamén nos Xogos Paralímpicos. En España está funcionando, estase desenvolvendo, hai tripulacións e patróns que poden competir. Se deste centro saíra alguén sería fantástico, igual que saíron moitos outros regatistas que se converteron en grandes campións. PREGUNTA. Galicia ten 1.500 quilómetros de costa dende Ribadeo ata A Guarda, 64 clubes náuticos, e unhas condicións meteorolóxicas idóneas para a navegación. Somos punteiros alcanzando premios no deporte de vela, que se podería mellorar para acadar más logros? RESPOSTA. En Galicia podemos presumir a nivel individual e colectivo de ser unha das zonas máis potentes de vela española. Se sumamos títulos mundiais de galegos falamos de máis de 30 e se sumamos medallas olímpicas, aí temos a Fernando Echávarri e Tamara Echegoyen. Son dous medallas de ouro, non moitas comunidades poden presumir de dúas medallas de ouro olímpicas en vela tanto en
masculino como feminino. Estamos entre a elite da vela nacional e internacional e, por exemplo, nestes momentos un barco galego está participando na oitava volta ao mundo. Non houbo ningunha outra comunidade representada en tantas voltas do mundo. Pero, dende o meu punto de vista, aínda queda moito por facer. Temos que fomentar moitísimo a vela infantil e xuvenil porque da base saen os grandes campións.
Hai que axudar aos que destaquen conseguíndolles patrocinadores dende os clubs e institucións, para que poidan seguir desenvolvendo a súa actividade cada vez a máis alto nivel, ata chegar á cima, que é gañar unha medalla do mundo ou unha medalla olímpica. Ese é o camiño que estamos seguindo. Nestes momentos o apoio do goberno galego e doutras institucións, xunto a patrocinadores e toda a masa social, representada a través dos clubs náuticos, que son moitos milleiros de persoas, está sendo claramente a locomotora do éxito da vela galega.
Usuarios de COGAMI durante unha das clases de vela adaptada
5
ASOCIACIÓNS MEMBRO
Asistentes do curso de pilates
6
Asistentes do programa termal
Un dos momentos do partido
AMICO organiza pilates adaptado ás patoloxías das persoas
Éxito no programa termal da Federación COGAMI-Coruña
COGAMIMos xogou ao baloncesto en cadeira de rodas
A Asociación de Persoas con Discapacidade de Compostela e Comarca, AMICO, iniciou neste trimestre pilates adaptado para persoas con discapacidade, que se desenvolve durante os mércores en horario de mañá e de tarde, realizando o de mañá no centro sociocultural de Fontiñas en horario de 10 a 11 horas, e acudindo o grupo de tarde en horario de 18 a 19 horas nos baixos do edificio da rúa Berlín nº3, na clínica de Combina Social. Esta actividade, subvencionada pola Deputación de A Coruña, iniciou no mes de marzo e, debido ao grao de satisfacción acadado polas persoas que participaron, decidiuse continuala durante o resto do ano, podendo asistir como máximo seis persoas en cada un dos grupos organizados. O pilates adaptado é unha disciplina que combina exercicios de chan, metodoloxías de relaxación, respiración e concentración para poder conectar o corpo coa mente a través dos movementos que sempre van estar adaptados ás características do corpo das persoas que participan. Como beneficios da práctica desta disciplina están a mellora do ton muscular, do estado anímico, a obtención dun maior control da postura na que diminúe a espasticidade e se fomenta a relaxación. Ademais, as actividades en grupo fomentan a socialización das persoas.
Un ano máis, a Federación COGAMI-Coruña realizou unha nova edición do seu programa de termalismo que subvenciona a Deputación de A Coruña e que esta vez realizouse no balneario Termas de Cuntis, na provincia de Pontevedra. Nesta primeira edición, que se desenvolveu no mes de outubro, participaron un total de 27 persoas, todas elas procedentes de distintos concellos da provincia de A Coruña, con discapacidade recoñecida e tamén persoas usuarias de entidades da Federación COGAMI-Coruña, tres dos requisitos necesarios para poder participar neste programa de termalismo. Os tratamentos termais que se realizan, despois de ser as persoas asistentes recoñecidas polo equipo médico do balneario, consistiron en dúas técnicas diarias de auga como bañeiras de hidromasaxe, ducha circular, chorro, piscina terapéutica, aerosois, pediluvios e parafango e hidrojet. O programa de termalismo remata no mes de decembro, coa oferta doutras 14 prazas que se puideron cubrir en horario de fin de semana, de venres a domingo, en réxime de pensión completa como ocorreu durante a primeira quenda. O programa de termalismo iniciou en 2006 e xa chegan ás cen as persoas que puideron gozar dos beneficios destas augas.
As canchas de baloncesto de Samil foi o lugar escollido pola asociación Achega para organizar un partido de baloncesto en cadeira de rodas no que participou un grupo formado por 17 persoas con discapacidade e 3 profesionais do centro de recursos de COGAMI en Mos. Este partido tivo como finalidade aproximar o deporte a todo tipo de persoas, sen exclusión. Nesta ocasión, Achega contactou con COGAMI para ofrecerlle participar nesta competición deportiva como é o baloncesto en cadeira, unha actividade na que participou tanto xente con mobilidade reducida como xente que non a tiña. Dende a asociación Achega planificaron, ademais, outras actividades deportivas adaptadas a persoas con discapacidade, como o tenis en cadeira, hipoterapia, vela adaptada, esgrima, rugby ou deporte inclusivo. Coa convocatoria deste tipo de actividades deportivas, preténdese, ademais de potenciar a actividade física, xerar conciencia e responsabilidade social, dar a coñecer o deporte adaptado ao resto da sociedade, implantar na sociedade galega un novo coñecemento da realidade existente e producir un efecto positivo e terapéutico nas persoas con discapacidade.
O Boletín Nº 27 / decembro 2014
Asistentes durante a mostra en Boiro
COGAMI-Lugo durante a xornada
Momento durante a visita ao centro
ACADAR mostra nos concellos “Descubre a nosa realidade!”
COGAMI-Lugo participou nunha gimkana pola cidade
A Conselleira de Benestar visita instalacións de A Mariña-COGAMI
A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) presentou a mostra fotográfica Descubre a nosa realidade! nos concellos de Boiro, Bueu e O Carballiño. Esta mostra reflicte en fotografías distintas situacións de violencia exercida contra mulleres con discapacidade, e que en moitas ocasións permanecen invisibilizadas para o resto da sociedade. Con estas imaxes preténdese contribuír ao seu empoderamento e facer públicas as súas experiencias e logros. As fotografías foron tomadas a través de historias de mulleres reais, que foron retratadas co obxectivo de contribuír a dispor de modelos de referencia de mulleres con discapacidade empoderadas. A instalación fotográfica “Descubre a nosa realidade!” forma parte dunha iniciativa homónima desenvolvida por ACADAR e financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia a través do Fondo Social Europeo. Ademais da mostra en imaxes, tamén é posible ver vídeos e material gráfico que se pode atopar na páxina web www. descubreanosarealidade.org. Durante o peche da exposición, tamén é posible asistir e participar en obradoiros de acción poética que imparte a actriz e directora Sther F. Carrodeguas, coa intención de concienciar e sensibilizar arredor das distintas formas de violencia específica contra as mulleres con discapacidade.
Baixo o título de “Cen anos telefoneando”, persoas traballadoras prexubiladas e xubiladas de Telefónica conmemoraron o Día Internacional de Voluntariado de Telefónica con actividades na rúa nas que participaron máis de 55 persoas usuarias de COGAMI-Lugo e máis de 30 da asociación Down Lugo. Unha das actividades que se realizaron foi unha gimkana formada por 6 equipos de 12 participantes que iniciou durante a mañá nunha rúa céntrica da cidade lucense e que se desenvolveu a través de recoñecidas rúas como Plaza de Campo Castillo, Praza Maior, rúa Obispo Aguirre, Porta de Santiago, Praza de la Soledad. A proba consistiu en conseguir unha peza de quebracabezas para construír entre todos os equipos un photocall. Trala finalización das probas da mañá, todas as persoas participantes compartiron un xantar e, posteriormente, como coincidía durante a semana de festexos de San Froilán, aproveitaron para dar un paseo pola festa. Este é o segundo ano que COGAMILugo participa durante o día de voluntariado de persoas traballadoras de Telefónica, unha experiencia que lles gustou e que, segundo as propias persoas usuarias do centro de Fingoi recoñecen, estarían encantados de repetir no caso de que volvan contar con eles.
A Conselleira de Traballo e Benestar visitou as instalacións do centro de recursos que ten a asociación A Mariña-COGAMI en Xove, acompañada pola Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro. Nestas instalacións impártese un programa de educación de adultos e obradoiros prelaborais de 500 horas de duración ao que acoden a diario 8 persoas con discapacidades diversas, sobre todo físicas. A Conselleira de Traballo e Benestar referiuse a este centro de A Mariña como un centro de referencia no norte da provincia de Lugo e sinalou a importancia de contar coa colaboración que ofrecen entidades como COGAMI, á que a Xunta lle destinou en 2014 máis de 8 millóns de euros para orientación laboral, centros especiais de emprego, formación e concerto de prazas e servizos. A Presidenta de A Mariña-COGAMI foille explicando á Conselleira durante o percorrido polo centro todas as actividades que se realizan relacionadas coa mellora física, como é o programa Movémonos que organiza a Deputación de Lugo e no que participan 13 persoas, a actividade de Fisioterapia na que participan 9 persoas asociadas da Mariña-COGAMI e a actividade de natación terapéutica á que acoden 9 persoas. Ademais, no centro se imparten cursos de formación.
7
PECHE
COGAMI celebrou en Sanxenxo o día do voluntariado de IBERDROLA Un ano máis, o voluntariado de IBERDROLA contou con COGAMI e o seu movemento asociativo para conmemorar o III Día do Voluntariado en Galicia, celebrándose nesta ocasión na localidade de Sanxenxo. Máis de cen persoas xuntáronse nas inmediacións do Club Náutico de Sanxenxo, entre persoas usuarias de COGAMI, monitoras, monitores e voluntariado da compañía eléctrica. Todas as persoas asistentes puideron gozar dunha xornada de navegación a vela adaptada, un dos deportes aos que IBERDROLA apoia patrocinando o equipo paralímpico español.
As persoas que non quixeron saír a navegar, aproveitaron a xornada para realizar unha visita guiada polo porto, polo paseo da praia e polo casco urbano da vila de Sanxenxo. Con esta ocasión xa van tres as veces que COGAMI asiste á celebración do Día de voluntariado de IBERDROLA. Na primeira ocasión a xornada conmemorouse na Cidade de Cultura en Santiago de Compostela e, as dúas posteriores, foron en Sanxenxo, onde aproveitan para poder navegar e pasear.
www.cogami.es