O boletín 34 gal

Page 1

O Boletín nº 34 / decembro 2016 Edición trimestral

Ana Álvarez nova directora de Recursos Humanos


NOVAS

De esq. dta. Concha Fernández, Anxo Queiruga, José M. Rey, Mª Pilar Díaz e Javier del Arco

Presentan un estudo que fala do beneficio das TIC para as persoas con discapacidade COGAMI, en colaboración con COCEMFE Barcelona, presentou en Santiago de Compostela o Observatorio da Discapacidade Física (ODF) e o estudo `Discapacidade, Integración e o Papel das TIC´. Nesta xornada, presentáronse os resultados dunha enquisa realizada a 1.200 persoas sobre as TIC e como estas ferramentas de comunicación inflúen na mellora das condicións de vida das persoas con discapacidade. Segundo apuntou o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga “os datos deste estudo son de Cataluña, pero poden ser extrapolables a outros territorios”. De feito, pediulle Anxo ao Conselleiro de Política Social e á Directora Xeral, que foron convidados a este acto xunto á Concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde en Compostela, que “debe estar presente na Estratexia para a Discapacidade un estudo da realidade das persoas con discapacidade en Galicia” O Observatorio, en boca da presidenta

de Cocemfe Barcelona e directora do Observatorio, Mª Pilar Díaz, “é unha ferramenta que se crea para ter datos reais e para coñecer a realidade das persoas con discapacidade”. E dentro destes datos, recóllese un estatístico que apunta que nos últimos catro anos o índice de persoas con discapacidade a nivel estatal incrementou nun 10% da poboación. De aí a “importancia de que nos teñan en conta”, apuntou Mª Pilar. Este informe, impulsado por o ODF e realizado por GESOP, a través do apoio da Fundación Vodafone España e COCEMFE Barcelona, revela datos como que 2 de cada 3 persoas enquisadas cren que as tecnoloxías axúdanas a mellorar o seu benestar, sendo as persoas máis convencidas as que teñen discapacidade visual ou auditiva. De feito, o 86,3% de persoas que teñen discapacidade dispón de teléfono móbil e unha de cada catro ten ordenador para uso persoal.

Á xornada asistiron representantes de distintas entidades de COGAMI

Ana Gameiro, usuaria de COGAMI, conta a súa experiencia sobre a maternidade nun congreso de matronas do Sergas Por primeira vez en Galicia, profesionais do Servizo Galego de Saúde do ámbito da saúde materna e infantil, contan cunha organización da discapacidade, como é COGAMI, para escoitar a voz das mulleres con discapacidade ante a maternidade. Baixo o título `Xornadas de Saúde Perinatal e Reproductiva´, Ana María Gameiro, muller usuaria de COGAMI, asistiu a esta xornada acompañada da psicóloga e sexóloga da asociación ACADAR, Hadriana Otero, para contar de primeira man como se vive a maternidade dende a discapacidade. Ana Gameiro, muller con grande discapacidade á que profesionais da medicina lle aconsellaban non ter fillos, decidiu tomar as rendas da súa propia vida e apostar por unha experiencia que non quería perder. Ana contou ante os profesionais da medicina natal o seu proxecto de vida, a propia experiencia de cando foi nai do seu primeiro fillo, e tamén, de como está a vivir o seu segundo embarazo. Esta xornada celebrouse en Santiago de Compostela, na salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, durante os días 28 e 29 de novembro.


O Boletín O Boletín

Nº 31/ marzo 2016 nº 34 / decembro 2016

FAAM de Almería premia ao servizo de integración laboral de COGAMI, o SIL O presidente de COGAMI desprazouse ata Almería para recoller o premio que nos concedeu a asociación FAAM (Federación Almeriense de Asociaciones de Personas con Discapacidad) ao servizo de orientación e intermediación de COGAMI, o SIL. Tras recoller o galardón, Anxo Queiruga agradeceu a FAAM este recoñecemento. En palabras do presidente “Apostamos polo emprego en todas as súas vertentes, no ordinario, protexido e no público. Desenvolvemos un modelo global, no que todas as posibilidades son poucas cara á alcanzar o obxectivo final”. Estes galardóns, denominados FAAM de

Ouro, iniciaron en 2004 e coinciden coa data do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Dende a organización queren premiar tanto a persoas como entidades que traballan a diario para que as persoas con discapacidade consigan unha plena inclusión na sociedade. As categorías que premian nestes XIII FAAM de Ouro son, ademais de Inclusión laboral, Saúde, Cultura, Accesibilidade Universal, Medios de Comunicación, Responsabilidade Social, Institucional e Deporte.

Goberno local de Santiago, a USC e entidades empresariais estiveron unha hora no noso lugar ´Ponte no meu lugar´, unha xornada que organizou COGAMI en Santiago e que sentou nunha cadeira de rodas tanto ao Alcalde como a concelleiros, representantes do PP, PSOE e BNG do Concello, decanos das Facultades de Enfermería e Medicina e representantes da asociación de empresarios Polígono do Tambre, de Hostalería e de Compostela Monumental. Esta xornada serviu para tomar conciencia da necesidade de contar con

cidades adaptadas a todas as persoas.Tralo remate da andaina, ao chegar ao Obradoiro, o Alcalde de Santiago e o Presidente de COGAMI asinaron un convenio de colaboración no que o Concello comprométese a que toda obra municipal que se acometa será asesorada en materia de accesibilidade universal polo equipo de técnicos especialistas de COGAMI.

COGAMI desenvolve proxectos de formación prelaboral nas provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra Co obxectivo de promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación, COGAMI desenvolveu este ano tres proxectos de formación prelaboral que se impartiron nas instalacións de A Coruña, Ferrol, Lugo, Monterroso e Mos. A finalidade destes talleres é moi clara: mellorar a empregabilidade e a participación social das persoas con discapacidade. E para conseguir estes logros, desenvólvense tarefas orientadas a mellorar as habilidades da vida diaria mediante a autoxestión e as competencias comunicativas, lectoras e sociais das persoas beneficiarias destes talleres que financia a Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020. Dentro deste proxecto desenvólvense diferentes tipos de obradoiros, con temáticas tan diversas como son de traballos en tea e papel, de elaboración de produtos artesanais con papel e cartón, de confeccións en bixutería, de informática, de reforzo pedagóxico, de terapia ocupacional e fisioterapia, de natación terapéutica, de reforzo educativo, de dependente de comercio ou tamén de operario de fábrica agroalimentaria.


ENTREENOVAS

Nova incorporación a COGAMI, a directora de recursos humanos Ana Álvarez COGAMI. Benvida a esta gran familia de COGAMI. Coñecías a nosa organización antes de entrar a formar parte dela? Cóntanos onde estabas antes e como chegaches aquí. Ana Álvarez. Si, coñecía COGAMI xa que a súa presencia a nivel social e o seu labor ten un recoñecemento moi arraigado na sociedade; por outro lado, o ser coñecedora da LISMI e o seu cumprimento na empresa, implicoume coñecer os servicios que COGAMI podía ofrecer. Antes de incorporarme a COGAMI traballei durante anos nunha empresa do sector TIC en Santiago de Compostela levando o departamento de RRHH; dende hai dous anos viña traballando pola miña conta nunha consultora propia de RRHH. Souben de que COGAMI e GES buscaban unha persoa para o departamento de RRHH e pareceume unha grande oportunidade reorientar a miña carreira cara ao terceiro sector, cara ao mundo das discapacidades, xa que creo que me vai a aportar moito, tanto a nivel persoal como profesionalmente. COGAMI. Que importancia ten o departamento de Recursos Humanos para unha empresa? A.A. Todos os departamentos nunha empresa son importantes, xa que dende cada uns deles xestiónanse aspectos claves para unha organización. Agora ben, se temos en conta que o que forman as organizacións son as persoas coas que temos que ter en conta as súas necesidades, expectativas e motivacións, está claro que o papel que xoga o departamento de RRHH é fundamental. COGAMI. Podemos dicir que vés aquí para xestionar o

talento das persoas? A.A. Si e espero que moitas máis cousas! Os modelos de xestión das persoas tamén van adaptándose aos tempos ou ás realidades empresariais actuais. Creo que hoxe en día para un departamento de RRHH é tan importante potenciar ao máximo as capacidades das persoas, sacar ao máximo o seu talento, como conseguir que se sintan motivadas e felices co traballo que realizan, así que intentarei que as persoas vexan que é fundamental facer ben o traballo como conseguir motivalos para que se sintan satisfeitos de traballar nunha organización como é COGAMI e o seu grupo de empresas Galega de Economía Social. COGAMI. Existen distincións á hora de xestionar persoal con discapacidade e sen ela? A.A. Creo que hai distinción á hora de enfocar uns traballos ou outros segundo as capacidades das persoas, pero os modelos de xestión non teñen porque ser diferentes e o que haberá que facer será adaptalos tendo moi en conta as capacidades. COGAMI. Que retos tés para o persoal laboral de COGAMI? Cales son as principais accións que vas tomar? A.A. Primeiro, conseguir unha homoxenización nos modelos de estruturas de COGAMI e GES, poñer en marcha procedementos e políticas de RRHH comúns que redunden na mellora do traballo (aspectos de formación, selección, avaliación, comunicación, beneficios sociais....) e intentar que as persoas teñan unha visión de equipo e traballo compartido. Aínda así, seguro que xurdirán outros retos a medida que vaiamos traballando.


Boletín OOBoletín

31/decembro marzo 2016 nºNº 34/ 2016

COMBINA SOCIAL cambia de instalacións e amplía equipo de traballo De esq. a dta. Ricardo, Ángel, Tamara, Gonzalo, Juana e Ángeles

O ano 2016 significou para o centro especial de emprego Combina Social un ano de cambios positivos. Ademais de estrear instalacións no polígono Costa Vella en Santiago, dentro do edificio Cadoiro, incrementou o número de persoas ao incorporar a tres novos profesionais: Ángel Pampín como xerente, Tamara Vázquez como axente comercial e Juana Lestón como administrativa. Esta iniciativa, que presta servizos outsourcing en limpeza e

mantemento, loxística, conserxería, control de accesos e servizo de consultaría en accesibilidade, segue afianzándose e medrando ano tras ano. Exemplo disto é que en 2016 gañou cinco concursos: un deles o servizo de atención a visitantes ao Pazo de Mariñán, e o outro, o de atención e información en control de accesos no Parque Tecnolóxico de Galicia. Cabe destacar que, cada concurso gañado por Combina Social, significa unha nova oportunidade

Persoal laboral de Hornos Lamastelle

Hornos Lamastelle estase preparando para expandir as súas vendas ao mercado alemán. Así o anunciou o seu xerente, Manuel Santos, durante a visita que fixeron a este centro especial de emprego directivos de Carrefour, empresa que vende produtos de Hornos tanto en supermercados de Galicia, como de Asturias, Castela León e con pretensións de ampliar esta colaboración a outros lugares nacionais.

Actualmente, as empanadas e as tortas de Santiago que se fabrican en Hornos Lamastelle comercialízanse en Suíza e Holanda. Coa entrada do produto en Alemaña, Hornos ampliará o seu mercado e, ao mesmo tempo, incrementará o número de vendas. Esta empresa de iniciativa social facturou o ano pasado 2,8 millóns de euros, unha cifra que prevé superar nun 20% durante este ano. Nesta

laboral para persoas con discapacidade. Combina Social conta con LIDL, GAMESA, GUIDONI QUARTZ como principais clientes da entidade. Para o vindeiro ano, ten como obxectivo principal reformar a actividade de servizos auxiliares externos.

Hornos Lamastelle na conquista do mercado alemán para venderlles empanadas planta, que está situada en Oleiros, traballan 80 persoas das que o 95% teñen algún tipo de discapacidade. Un dato máis: Hornos Lamastelle vende 1.200.000 quilos de empanada ao ano.


NOENTREVISTA

Cristina Alonso, Educadora Social no centro de COGAMI en Lugo Cristina Alonso Barreiro traballa como educadora social dende hai seis anos no centro que COGAMI ten en Lugo. Durante este ano, Cristina foi a persoa encargada de coordinar no centro o programa EnREDarte, unha oportunidade na que se achegou a cultura á discapacidade e viceversa. O que iniciou sendo un proxecto de contacto coa arte, rematou nunha exposición aberta ao público, nada máis e nada menos, que na Cidade da Cultura. COGAMI. Por que es ti a persoa que desenvolve o proxecto EnREDarte en Lugo? C.A. Sempre me interesou a arte en xeral e, por que non gozalo coa xente, coas persoas coas que traballo? Ademais, esta é unha ferramenta excelente para desenvolver de forma transversal moitas outras habilidades e destrezas. Ademais de gustarme, participei en cursos e congresos sobre o tema con dúas visións diferentes: como utilizar a arte como ferramenta de traballo e como facer a arte accesible cando

existen barreiras que o impiden, barreiras sociais, culturais, físicas... EnREDarte é o terceiro proxecto sobre arte que estamos a desenvolver en Fingoi desde que eu traballo en COGAMI, e que tamén se levou a cabo no taller prelaboral de Monterroso, a cargo do meu compañeiro Javier Rey. O primeiro proxecto que realizamos foi o europeo Artability, que finalizou con dúas exposicións no Museo Provincial de Lugo e no Pazo de Tor de Monforte de Lemos. Agora, paralelamente ao EnREDarte,


O Boletín nº 34 / decembro 2016

estamos a levar a cabo o proxecto europeo ARTS. rentes coñecementos e habilidades dos usuarios. No primeiro levei a coordinación e fun monitora na Nalgúns búscase a aprendizaxe das diferentes aula. técnicas e noutros que se dea renda solta á esCOGAMI. Algunha vez pensastes que podiades pontaneidade. expoñer as vosas obras na Cidade da Cultura? COGAMI. Quedastes sorprendidos con algunha Que significou esta exposición para os participanobra, coas aptitudes cara á arte por parte dalguntes, como reaccionaron ante ha das persoas participantes? esta noticia? C.A. A verdade é que si. Un caso C.A. Despois do proxecto claro é cando traballamos con O logro de ver Artability, no que se fixeron persoas de reducida mobilidade, e dúas exposicións cun total de unha obra acabada resulta emocionante velas traballar vinte e cinco obras, a verdade en obras que teñen trazos irrepeé moi importante, é que xa nada nos colle por tibles que as fan únicas. Pero nos sorpresa. De tódolos xeitos, e se a ves colgada nosos talleres non queremos para nós foi moi importante o grandes artistas, senón persoas nun museo é moi feito de encher un espazo da que gocen coa cor, coas formas, Cidade da Cultura co traballo e con todo o que leva o proceso gratificante das nosas aulas. creativo. COGAMI. Como se foi COGAMI. Que beneficios cres que desenvolvendo este este tipo de proxectos producen proxecto? Explícanos como nos participantes? foron saíndo adiante as C.A. Estes talleres aumentan “Nos nosos obras realizadas. moito a autoestima. É raro que C.A. De maneiras moi talleres non despois de terminar unha obra diferentes. Hai obras queden descontentos. O logro de queremos grandes colectivas nas que particiver unha obra acabada é moi pou moita xente e outras artistas, senón importante, e se a ves colgada nun nas que individualmente museo é moi gratificante. Cousas persoas que gocen cada un expresouse como tan simples como o feito de poder mais lle gusta: a través da coa cor, coas elixir unha cor, hai que pensar que pintura, carpintería, collanormalmente na súa vida diaria formas y con todo o ge... Eu intento realizar todo está guiado, isto prodúcelles talleres máis ou menos un efecto rápido de autonomía e proceso creativo” guiados para explorar difeliberdade. COGAMI. Gustaríavos repetir experiencia? De ser así, colleriades outra vez artes plásticas ou outras das tipoloxías artísticas que se ofertaron como fotografía, escritura, danza, etc. C.A. Nós estamos especializándonos en artes plásticas e aínda temos moito camiño que percorrer neste campo, pero nunca estamos pechados a novas experiencias. COGAMI. Que ides facer coas obras? Cada un leva a súa ou quedan no centro de Fingoi? C.A. As obras son propiedade dos artistas, así que eles fan o que queren con elas. As colectivas quedan no centro para seguir expostas e que as poida ver máis xente.

”.


INICITIVAS REPORTAXE DE ECONOMIA SO-

Artegalia aposta pola distribución de novos produtos Se hai que definir brevemente como é a traxectoria de Artegalia, poderiamos expresalo que vai `pasiño a pasiño´. Este centro de economía social iniciou en 2007 en Muros con dúas persoas contratadas, dedicándose á comercialización e distribución de bolsas de plástico e embalaxes a empresas e grandes superficies comerciais. Hoxe en día, Artegalia está nun proceso de cambios: trasladouse de Muros a Padrón; de dúas persoas contratadas, agora hai oito; ademais de bolsas, agora comercializan dende produtos químicos ata roupa de traballo. O que non cambia co tempo é que segue contratando ás persoas polas súas capacidades, ofrecendo oportunidades laborais que outras empresas non fan.

Artegalia abriu nun local da asociación Adisbismur de Muros onde traballaban dúas persoas, Moncho e Manola. Nove anos máis tarde, capaz de capear a crise, toma un novo rumbo que marca a necesidade de ter que mudarse a Padrón. Agora esta iniciativa de economía social non só se dedica á distribución de bolsas de plástico e embalaxes. Nestes últimos anos diversificou o seu produto en novas liñas de celulosa, produtos químicos e artigos para a hostalería, ademais de comercializar material e mobiliario de oficina, roupa laboral e EPIS. Polo tanto, o traslado dende Muros, concretamente do lugar de Abelleira, a Padrón foi por

motivos estratéxicos da empresa: por un lado, existen mellores comunicacións que facilitan a distribución do produto, e por outro, porque agora conta cun espazo de almacenamento que, ao ser máis grande, vai permitir incrementar a capacidade de negociación cos provedores. Ao poder comprar maior cantidade, os prezos van ser máis competitivos no mercado. Estas novas instalacións veñen aparelladas cun incremento no cadro de persoal. Agora Moncho e Manola non están na empresa, pero chegaron Mino e Vicente, e máis tarde, Castelo, Daniel, Rodrigo, Pepe, Benedicto e José Luis. Todos eles forman un

equipo de oito persoas das que sete teñen discapacidade. E seguimos adiantando máis novidades de Artegalia durante este ano. Por primeira vez vai facer unha campaña de Nadal mediante a realización de traballos de manipulación e empaquetado de regalos, lotes de nadal e montaxe de accesorios. Con este paso que dá, Artegalia xa non só actúa de intermediario na distribución de mercadoría, a partir de agora o que fai é aportar valor ao produto que comercializa. Un valor que incrementa ao mesmo tempo que o número de contratacións; o cadro de persoal aumentará nestas datas para poder satisfacer as demandas da-


O Boletín O Boletín

Nº 31/ marzo 2016 nº 34/ decembro 2016

queles clientes que solicitan produtos específicos para agasallar aos seus empregados ou empregadas.

Clientes

Os perfís dos clientes de Artegalia caracterízanse por ser diversos, non seguen un prototipo común; por unha

Rodrigo García Saavedra, é unha das novas incorporacións a Artegalia. Chegou sobre febreiro de 2015, despois de estar durante unha longa tempada na casa recuperándose dun accidente laboral. Apuntado no servizo de emprego de COGAMI, decidiu formarse nun curso de informática orientada ao comercio impartido polo SIL. Tras rematalo, empezou a

banda están os clientes de sempre, os que levan tempo confiando na empresa, que adoitan ser comercios locais que compran pequenas cantidades de produto, normalmente as bolsas, pero que son clientes fieis, que confían en Artegalia dende hai anos.

traballar en Artegalia na administración, controlando pedidos, facendo presupostos e botando unha man no almacén de ser necesario. “Para min esta oportunidade é moi boa, ademais de incorporarme ao traballo, o trato cos compañeiros é unha marabilla”, indica Rodrigo. Nacido en Catoira, pero con residencia en Boiro, Rodrigo di estar

A outra tipoloxía vén caracterizada por seren grandes superficies que son os que aportan maior peso na facturación anual. Un peso que medra cada ano. Por poñer un exemplo, o peche de 2015 supera en máis da metade a facturación do ano anterior.

encantado co novo centro de traballo en Padrón porque, ademais de quedarlle a menos distancia da casa, as instalacións son novas dentro dun polígono que vai tendo cada vez máis actividade.


ASOCIACIONS MEMNOVAS

O centro de A Mariña COGAMI amplía a oferta de actividades

10

Emma Caamaño e Elena Miragalla son as dúas profesionais que están ao fronte do centro de recursos de A Mariña. Estas instalacións, inauguradas en 2013, están situadas en Palmeiro, no concello de Xove, pero a elas vén xente doutros concellos da zona, como son: Viveiro, Cervo, Ourol, O Vicedo, Xove, Burela, Foz e Valadouro. A este centro acoden persoas que teñen discapacidade física, aínda que tamén teñen cabida outro tipo de discapacidades asociadas. Actualmente, asiste unha media de seis persoas diarias ata o centro, todas elas como usuarias do Programa Integral de Atención a Dependentes, onde reciben tanto atención psicolóxica como fisioterapia, participan en actividades de lecer e tamén asisten a cursos de formación. Precisamente é a formación unha das actividades que conta con máis pre-

senza neste centro. Aquí impártense tanto cursos de formación profesional como de AFD para persoas con discapacidade que están en situación de desemprego, como tamén se desenvolven obradoiros destinados ás mulleres da Mariña que oferta a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR). Outro dos servizos que se prestan no centro de Palmeiro é o de orientación e intermediación laboral. Unha orientadora laboral, Raquel Gandío, desprázase dende Lugo ata aquí dúas veces na semana para reunirse coas persoas que están apuntadas no SIL como demandantes de emprego.

Unha das persoas que asiste a este centro é Ana María Fernández. Ana, que facías antes de asistir a este centro? A miña vida xiraba entorno á familia como nai, esposa, ama de casa,... en fin, ocupábame de resolver as necesidades dos demais, cargaba coas súaa preocupacións, cos seus problemas, sempre pendente dos demais e moi pouco de min mesma. Chegou un momento que xa non me vía, ata chegar incluso a dicir que xa non podía máis. Asistía a rehabilitación pola enfermidade que teño e un compañeiro faloume deste centro e

animoume a que o vira. En canto solicitei a información, aquí quedei. Como cambiou o teu día a día dende entón? Asistir ao centro cambioume a vida, cada día é diferente, estou mellor, máis activa, relaciónome coa xente, descubrín que podo facer cousas e recuperei capacidades que tiña esquecidas. Aquí existe unha excelente relación cos compañeiros e participamos en actividades que axudan a mellorar a autoestima e a confianza nun mesmo. Para terminar, os días que o centro está pechado fánseme interminables!

Novidades para 2017 Para o novo ano, o centro de A Mariña ten pensado investir en programas que pretenden mellorar a calidade de vida das persoas usuarias

do centro. Un deles é o programa integral para grandes dependentes que combina accións dirixidas tanto á formación como tamén á recuperación e mantemento físico. Para ilo, desenvolveranse actividades de formación psico-educativa, talleres prelaborais, servizos de apoio persoal como fisioterapia, terapia ocupacional, lecer e intervención social e psicopedagóxica, ademais de terapia ocupacional e servizo de transporte adaptado. En 2017 seguirase apostando pola formación cara ao emprego, coa impartición de cursos AFD e tamén a impartición de obradoiros de orientación laboral. Todas as actividades actuais como as que están por vir, teñen una finalidade moi concreta: potenciar as capacidades das persoas, ademais das cognitivas, aquelas que inciden na inserción.


O Boletín nº 34/ decembro 2016

Participantes do programa termalismo en Lugo Participantes da xornada de sensibilización realizada en Vigo

COGAMI organizou unha visita guiada en Vigo polo Día da Discapacidade Foron moitos os actos nos que participou COGAMI e o movemento asociativo durante o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, co fin de sensibilizar e rachar cos prexuízos que aínda hoxe en día existen sobre a discapacidade. Un destes actos foi o que desenvolveron en Vigo conxuntamente persoas usuarias dos centros de Mos e Vontade, ademais de quince promotores turísticos que se formaron no obradoiro “Vigo Emprega” do concello. A este acto uníronse tamén a deputada provincial de Igualdade, Isaura Abelairas, a deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, e a concelleira de

Turismo de Vigo, Laura Iglesias. A actividade consistiu en percorrer a zona coñecida como Paseo dos Peixes pero poñéndose na pel dunha persoa con mobilidade reducida, ou con discapacidade visual ou auditiva, mediante o uso de cadeira de rodas, vendas nos ollos ou tapóns nos oídos. Durante o percorrido, o alumnado do obradoiro exerceu o seu papel de profesionais de turismo, explicando a un público diverso o que se ían atopando polo camiño, como aprenderon durante o curso.

Non á violencia contra a muller, 25 de novembro O día 25 de novembro COGAMI e as entidades amosaron a súa repulsa contra a violencia machista, participando en diferentes actos desenvolvidos polos concellos. Dende a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) escribiuse un manifesto que inicia lembrando que a violencia non é algo alleo. Os datos estatísticos apuntan que o 23% de mulleres con discapacidade viven unha situación de violencia a mans das súas parellas e/ou ex parellas fronte ao 15,1%

de mulleres sen discapacidade. Para evitar estas estatísticas nefastas, dende ACADAR propoñen visibilidade, apoio e recursos de todas as corporacións políticas da Administración. Algunhas das peticións son: marcar obxectivos concretos de pacto de Estado, educar nos colexios en igualdade, que se incorpore a perspectiva da discapacidade en todos os proxectos relacionados coa violencia contra a muller, entre outros.

Éxito do programa de termalismo da Federación COGAMI Coruña Cheo total, así foi como pechou a edición deste ano do programa de termalismo que organiza a Federación COGAMI Coruña para persoas con discapacidade e acompañantes que estean empadroadas na provincia de A Coruña. Este programa afiánzase como un dos que conta con máis participantes, porque a través del é posible pasar unha fin de semana nun balneario a un prezo alcanzable, posto que a Deputación de A Coruña financia unha parte do programa e o resto teñen que aboalo cada unha das persoas que se inscriben. Este ano o lugar escollido foi o balneario de Augas Santas en Pantón, no concello de Lugo, nunhas instalacións accesibles, nas que tanto se tomaron tratamentos de augas termais durante dúas horas diarias en piscina activa, como na estufa húmida, pediluvio e ducha circular. Ademais, como todos os anos, o programa engloba a estadía en réxime de pensión completa. Durante este ano, asistiron persoas tanto de COGAMI como tamén de centros de traballo de Galega de Economía Social e das entidades Integro de Bergantiños, Lirega, Acem Compostela, Grumico de A Coruña, Ámbar de Barbanza, Amico de Santiago e Amarai de Arzúa. O programa de termalismo que desenvolve a Federación COGAMI Coruña iniciou en 2006. Dende o seu inicio ata a actualidade, beneficiáronse máis de 150 persoas que estiveron no balneario dende a noite do venres ata a mañá do domingo.

11


PECHE

Mª Luz Casas, condutora de Coregal “cando paso pola rúa, quedan mirando sorprendidos, pero eu xa estou acostumada”

Dende hai case cinco meses, a empresa Coregal conta con Mª Luz, a última incorporación para conducir un dos camións que recollen papel e cartón e que trasladan á planta de Mos. Esta muller é unha rompedora de tópicos; xa hai máis de 20 anos que conta no seu haber con todos os carnés que existen para conducir calquera vehículo que se lle poña diante, dende automóbiles ata camións, transporte de mercadorías perigosas e tamén autobuses, “e todos eles aprobados á primeira”, puntualiza Mª Luz. Pese a tanto carné e á experiencia que ten como condutora, recoñece que os

camións que manexa en Coregal son diferentes aos que ten conducido, pero pouco tardou en afacerse tamén a eles. Esta veciña de Mos chegou a ser a primeira muller condutora en Coregal, despois de entregar o seu curriculum no servizo de orientación e integración laboral de COGAMI en Vigo. Aos poucos días, a orientadora laboral contactou con ela para comentarlle que existía a posibilidade dunha substitución por baixa dun condutor. Mª Luz non o pensou. “Cando cheguei, sorprendéronse porque era muller. Só dixen, tan só tedes que probarme. E ata hoxe”. Mª Luz é consciente de que, como ela

mesma recoñece, “estou rompendo moldes”. Sabe que, aínda que hoxe en día xa estamos máis habituados a ver condutoras de vehículos grandes, “cando paso pola rúa, quedan mirando sorprendidos, pero eu xa estou acostumada”. Para rematar, Mª Luz afirma estar contenta porque “en Coregal déronme a oportunidade para demostrar que si que valo e temos que rachar barreiras. Eu podo facer o traballo igual que calquera outra persoa, todo vehículo que se conduza, eu podo con el.” E dende O Boletín, só desexarlle que teña unha boa xornada.

www.cogami.es


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.