O Boletín nº 35 / marzo 2017 Edición trimestral
Nace Dedaleira, servizo de atención sexolóxica
NOVAS
Posan os premiados e tamén as persoas que entregaron os premios COGAMI 2016
A Deputación de Lugo, Lidl Supermercados e o lucense Juan Ramón Salido, Premios COGAMI
Hornos Lamastelle, premio Carrefour Pymes 2016
Como xa manda a tradición, cada dous anos COGAMI entrega os seus premios, uns recoñecementos para honrar publicamente a aquelas institucións, empresas e persoas que traballan a favor da inclusión das persoas con discapacidade. Nesta edición, estes premios foron entregados no edificio de AFundación de Pontevedra, ante un aforo formado por 300 persoas traballadoras de COGAMI e presentados polo xornalista da TVG, Enrique Magdalena. O premio á iniciativa institucional recaeu na Deputación de Lugo por colaborar con COGAMI dende hai anos a través de programas como Ben Empregado, que fomenta a inserción das persoas con discapacidade subvencionando ata o 100% a súa contratación, ou tamén a colaboración mediante a financiación do servizo de Intermediación Laboral. O premio ao labor empresarial foi para
Parabéns para Hornos Lamastelle po ser premiada recentemente por Carrefour, nun premio especial pymes 2016 que recoñece o labor de integración que fai esta empresa panificadora, que forma parte de COGAMI, ao colaborar co inserción laboral das persoas con discapacidade. Nun acto desenvolvido en Santiago, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fixo entrega deste galardón ao xerente de Hornos Lamastelle, Manuel Santos, quen estivo acompañado por José Antonio Vázquez, o presidente de Cegasal (Asociación empresarial galega de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro). Hornos Lamastelle, é un centro especial de emprego que está situado no concello coruñés de Oleiros e que ten un cadro de persoal formado por 80 persoas, das que o 95% ten algún tipo de discapacidade recoñecida.
Supermercados Lidl por apostar pola contratación de persoas con discapacidade, tanto a través da subcontratación de servizos na planta loxística de Narón a dous centros especiais de emprego, como son Coregal e Combina Social SL, como tamén pola paulatina incorporación de persoal laboral en cada un dos seus centros de traballo, tanto a nivel almacén como supermercados. Por último, o premio Domingos Dosil á traxectoria persoal foi para Juan Ramón Salido Rodríguez, persoa voluntaria do centro que ten COGAMI en Lugo dende hai máis de 10 anos, tanto impartindo formación sobre braille, como instalando produtos de apoio dixitais, participando en todas as saídas que realizan no centro, acompañando no transporte público e impartindo pautas para ser máis independentes a persoas usuarias do centro con discapacidade.
COGAMI mellora a accesibilidade das localidades de Porto do Son e Portosín
Momento durante a presentación do plan de mellora
O concello de Porto do Son conta cun plan de mellora de accesibilidade para os núcleos urbanos de Porto do Son e Portosín, como así presentaron o alcalde, Luis Oujo, o presidente de
COGAMI, Anxo Queiruga, e a directora xeral de persoas con discapacidade, Fabiola García. O documento analiza a situación actual nas rúas e edificios municipais e posibles actuacións
para melloralas. “É un plan que está pensado para todo o mundo”, explicaba Anxo Queiruga. Para Oujo, “de aquí en diante, toda obra municipal vai ser revisada por COGAMI”, para asegurar a accesibilidade. O informe recolle os resultados da avaliación de espazos e edificios públicos do concello. Para corrixilos, o orzamento necesario sería de 399.000 euros.
O Boletín O Boletín
Nº 31/ marzo 2016 nº 35 / marzo 2017
Fundación Vodafone España e COGAMI favorecen a empregabilidade a través das TIC
COGAMI e a Fundación Vodafone España desenvolveron durante o ano 2016 o proxecto COGAMI integra a través das TICS, unha oportunidade para 150 persoas con discapacidade que aprenderon a buscar traballo a través do uso das novas tecnoloxías. Esta iniciativa tivo por obxecto a mellora da empregabilidade de persoas con discapacidade ou con incapacidade laboral recoñecida, sobre todo mulleres de zonas rurais que nos últimos seis meses careceron dun contrato laboral. Para facilitar o emprego, o programa ofreceu un servizo de asesoramento, información, formación e capacitación en TICS, onde se valoraron as capacidades das persoas.
Anxo Queiruga durante sinatura de convenio co director xeral de Fundación Vodafone, Santiago Moreno
O programa en datos: • Participaron 150 persoas • 75 mulleres e 75 homes • Atoparon traballo o 64% de participantes • A maioría participantes superan os 31 anos • Contactouse con 748 empresas
“Proxectos como este permiten que persoas que están apuntadas nos nosos Servizos de Intermediación Laboral, poidan adquirir as competencias que necesitan dunha maneira personalizada e integral, para poder incorporarse ao mercado laboral”, explica a coordinadora do servizo de emprego de COGAMI, Mari Ínsua Fabeiro. Este proxecto tamén é importante para COGAMI porque lle permite contactar con empresas ás que se lles presenta o servizo de emprego da entidade e rompen os falsos mitos que poidan existir sobre a discapacidade e a inserción laboral.
Unha oportunidade laboral para unha persoa que non cría que volvería poder traballar Mª Angustias Campos Rodríguez, é unha das persoas que atopou emprego tralo seu paso polo programa COGAMI integra a través das TICS. Despois de levar 27 anos traballando para unha empresa, tivo un accidente de tráfico que derivou nunha incapacidade laboral. É dicir, que con 54 anos, coa metade da vida traballando no mesmo posto de traballo, Angustias atópase con que xa non pode volver; poderá traballar novamente, iso si, pero desempeñando outra ocupación diferente á que desenvolveu durante toda a súa vida profesional. Despois de asimilar este novo cambio de vida, amizades de Angustias faláronlle de COGAMI, do servizo de intermediación laboral (SIL). Apuntouse nel como demandante de em-
prego e, a partir da aí, comezou a asistir a cursos, a charlas, a xornadas de busca de emprego,... en fin, realizou parte das actuacións do programa que financia Fundación Vodafone España. A perserverancia de Angustias vai tomando rumbo. En setembro de 2016 empezou a traballar en Mantelnor Limpiezas y Outsorcing como acompañante de transporte escolar na zona de Rábade e Outeiro de Rei e, ao mesmo tempo, está estudando o último curso sa ESO. “Co meu paso por COGAMI aprendín a valorarme, a facer moitas cousas como estudar a ESO, porque é necesaria para todo”, afirma Angustias.
ENTREENOVAS
Ángel Pampín Varela. Xerente de Combina Social S.L. Dende o mes de setembro do 2016, Combina Social conta cun novo xerente. De onde viñas e como aterras na nosa casa? A verdade é que é unha historia longa e curiosa a que me levou a aterrar en COGAMI. Dende moi novo, unha das miñas paixóns foi a ciencia, o que nun principio me levou a estudar Física e ao mundo da investigación, a docencia e a traballar como radiofísico hospitalario. Pero pronto me atraeu o mundo empresarial e traballei en consultaría TIC, para pasar a traballar como visitador médico en distintos laboratorios farmacéuticos máis tarde. Un terrible accidente de tráfico obrigoume a cambiar o rumbo. Despois de estancias en hospitais e de varias cirurxías, enviei o curriculum á ONCE onde empecei a traballar como director comercial nunha das empresas ILUNION. Dous anos despois, souben que COGAMI buscaba un xerente e atraeume a idea dunha posible colaboración. Xa tés experiencia no posto. Cara onde pretendes que vaia Combina, que camiño vai seguir? Xa empapado de todas as peculiaridades propias de Combina Social, teño a intención de aplicar a miña experiencia previa de 25 anos traballando nas administracións públicas, empresa ordinaria e a ONCE, e facer crecer a Combina Social como se merece. O camiño que imos seguir conta con tres piares: potenciaremos os servizos na empresa privada nos que xa temos presenza, melloraremos as nosas habilidades na presentación de concursos públicos para ter máis presenza nas administracións públicas, e por último, ampliaremos servizos a sectores con potencial. Co inicio de 2017, Combina pasa a ser xestionada por Galega de Economía Social. Isto vai significar algún
cambio? Que Combina pase a xestionarse por GES é totalmente lóxico, profesionalizándose e ofrecendo servizos de máxima calidade, o que finalmente redundará en que nos posicionemos no mercado como unha empresa referente no sector e cada vez máis independente de posibles subvencións. Todo isto ten como obxectivo dar soporte ao máximo número de persoas, tanto aquelas que poidan traballar como as que non teñen esa oportunidade. Como xerente dunha empresa na que a maioría do persoal ten discapacidade, que lle dirías ao empresariado galego ao respecto? Actualmente Combina Social está integrada por un 90% de persoas que ten algún tipo de discapacidade e non por iso teñen menor rendemento que outras persoas. É máis, pola miña experiencia traballando con distintos perfís, comprobei que aquelas que teñen algún tipo de discapacidade posúen unha motivación e gañas de traballar envexables, que se reflicten nos resultados do seu traballo diario, cumprindo as tarefas e obxectivos como calquera persoa traballadora. Por outra parte, o futuro das empresas pasa pola optimización de procesos entre os que se atopan a subcontratación de servizos auxiliares. Nós podemos cubrir as súas necesidades puramente empresariais cun servizo de calidade e axudamos a cumprir coa LISMI. Ademais, existe un interese crecente dos consumidores pola compra en empresas socialmente responsables.
Boletín OOBoletín
31/ marzo2017 2016 nºNº 35/ marzo
COGAMI conta cun centro de fisioterapia en Santiago Dende o ano 2011, COGAMI ten aberto un centro de fisioterapia en Santiago, situado en Fontiñas (na rúa Dublín, número 3) co obxectivo de proporcionar un servizo completo e especializado adaptado ás necesidades da persoa. Ao fronte deste centro está Paqui Martín Blázquez, fisipoterapeuta profesional que se encarga de tratar a dor, recuperar lesións e mellorar a mobilidade de cada unha das persoas que se pon nas súas mans. Os perfís de persoas que asisten á clínica de fisioterapia varían dende nenos a adultos, todos eles con problemas ortopédicos, neurolóxicos, de articulacións, dores lumbares, nocellos, pescozo..., en fin, Paqui trata todo tipo de doenzas no corpo e, para elo, utiliza tamén aparellos especializados moi diversos como a electroterapia, baños de parafina, ultrasons, equipo motorizado Thera Vital e mecanoterapia. Agora mesmo, está nun pocreso no que quere facer sesións de terapia respiratoria, un tratamento que se está a utilizar sobre todo en nenas e nenos porque son os que máis se acatarran. Paqui tamén está centrada noutra terapia que é propia para a infancia, denominada terapia Botja, técnica que vén importada dende Alemaña, e que
O centro de fisioterapia de COGAMI é novidoso en Santiago na utilización da terapia Botja, moi adecuada para bebés prematuros e nenas e nenos con diagnósticos neurolóxicos.
O centro de fisioterapia está aberto de luns a venres pola mañá e tarde. Para contactar, teléfono 981 574 230.
consiste en desencadear nos infantes respostas motoras reflexas. A través desta técnica, a fisioterapeuta non é a que se encarga de moverlle, por exemplo, a perna á nena ou neno; o que fai é colocar o paciente nunha postura determinada e estimularlle uns puntos no corpo de maneira que van ser os propios músculos do neno os que van xerar o movemento a través dun acto reflexo. Esta terapia Botja, que só a imparte en Santiago Paqui, é moi utilizada para pacientes con diagnósticos tanto de neuroloxía como con problemas ortopédicos, sendo estes parálise cerebral, nenos prematuros, tortículis cognitiva ou cadeira anquilosada. Non existe idade límite para utilizala pero, canto máis bebé sexa o paciente, máis favorable vai ser a terapia, e, segundo afirma Paqui, “conséguense excelentes resultados á hora de tratar os bebés prematuros”. O centro de fisioterapia está aberto os luns, mércores e venres en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 21 horas. Os martes e xoves de 9:30 a 14:30. Paqui tamén acode a domicilio a facelos tratamentos. Para calquera consulta, o teléfono de contacto é o 981 574 230.
NOENTREVISTA
Cristina e Hadriana, as caras e voces do servizo Dedaleira Cristina Santos, traballadora social, socióloga e axente de igualdade e Hadriana Ordóñez, psicóloga, sexóloga e coach, son as dúas profesionais que están detrás do novo proxecto polo que aposta COGAMI, Dedaleira, un servizo de atención e promoción da autonomía afectivo-sexual destinado a persoas con discapacidade e ao seu entorno afectivo. O ano 2017 inicia cunha novidade para COGAMI: un novo servizo que se chama Dedaleira. Que é Dedaleira? É un servizo de atención sexolóxica, concretamente o nome que o identifica é Servizo de atención e promoción da autonomía afectivo-sexual destinado a persoas con discapacidade e o seu entorno afectivo. Nace derivado do traballo que leva COGAMI realizando dende o ano 2006, que foi cando se inicio a colaboración cos centros Quérote. Pouco a pouco, grazas a diferentes proxectos, foise indagando máis a temática sexual non só nas persoas con discapacidade usuarias dos centros de
recursos de COGAMI, tamén nas familias e profesionais destes centros. Ao ver o éxito que tiveron estes programas anteriores, COGAMI e a asociación Acadar decidiron crear un servizo específico, porque a demanda existe e hai que darlle resposta. Presentouse este proxecto á Fundación Obra Social “La Caixa” e aprobouse financiándoo ata o mes de setembro. Pero xa avisamos, o servizo veu para quedar. Era necesario crear un servizo deste tipo? Imos contestar cun dato moi significativo: durante os programas desenvolvidos anteriormente como foi o de Aprendendo a coñecernos, detectamos que un 80%
O Boletín nº 35 / marzo 2017
das mulleres que participaron viviron algunha sobre situacións ou dúbidas que máis nos situación de violencia sexual na infancia ou trasladan xunto coas respostas. Pero mentres tamén a día de hoxe. Este tipo de violencia non temos habilitada a web, poden contactar con adoita producirse no propio eido familiar. Tamén nós a través do correo dedaleira@cogami.es detectamos que existen casos de acoso sexual, ou tamén chamando ao teléfono 600 200 022. As que tanto se poden producir dende a perspectiva consultas poden ser tamén presenciais, pódese dunha persoa usuaria dun centro a outra usuaria, concertar unha cita, en horario de 8:30 a 19:00 a unha profesional ou a una persoa horas de luns a xoves, onde se pode voluntaria. Por iso é tan necesario achegar a persoa ata COGAMI en manter un servizo como este, para Santiago, na rúa Modesto Brocos, previr este tipo de situacións e, de tamén pode haber casos nos O servizo veu ou habelas, intervir. que seremos nós as que nos para quedar Por que se chama Dedaleira? desprazaremos. A dedaleira, tamén chamada Quen pode chamar? estalote, Digitalis Purpurea, é unha Mulleres, homes con discapacidade planta medicinal que antigamente ou tamén familiares e profesionais se usaba para curar os problemas que traballen no ámbito da do corazón pero, en exceso, podía discapacidade. Estamos tamén ocasionar envelenamento. Mediante establecendo alianzas con entidades este servizo, preténdese fomentar profesionais e sociais, ás que a autonomía afectivo-sexual asesoramos e coas que compartimos das persoas e ademais, o nome recursos. Incluso nos chaman dende Podes está relacionado cos dedos, con entidades de fóra de Galicia.Tamén consultar autonomía. Bueno, foi un nome que se pretende ir un pouco máis alá nos parece moi simbólico para este chamando ao e ofrecer formación en colexios servizo. profesionais, na Administración e 600 200 022 Este é un servizo novidoso aquí, noutras entidades sociais. verdade? E que tipos de temáticas son as que Non só é un servizo novidoso en se levan consultado ata o de agora? Galicia, tamén no resto do Estado. Problemas de amor non Ata o de agora, os servizos existentes están correspondido, ou de como se pode namorar, enfocados ou ben a menores ou ben a persoas como poder mellorar as disfuncións sexuais, con discapacidade intelectual. Non existe, ata que tipo de posturas son máis adecuadas Dedaleira, ningún servizo deste tipo que abrangue segundo a tipoloxía da discapacidade da todas as discapacidades. Fixemos unha fase persoa, tamén tratamos dúbidas que teñen que previa de investigación tanto en entidades públicas ver coas persoas usuarias dos centros, como como privadas para comprobar se existe algún son a visualización de material pornográfico servizo como o noso, e non. Abrimos o servizo ou a masturbación, por exemplo, ou como a calquera persoa con calquera discapacidade actuar cando hai unha parella nun centro. Nós e rango de idade, ademais de persoas do funcionamos como un colchón para profesionais seu entorno, algo que ata o de agora non se que necesitan asesoramento para tratar estes producía. Temos que dicir que a nosa maneira temas de maneira natural, sen prexuízos. de traballar é dende unha perspectiva feminista e Sobra dicir que mantedes o anonimato das insterseccional, traballamos todos os aspectos das consultas, verdade? persoas. Por suposto, as consultas son anónimas, Cando inicia este servizo? mantemos a privacidade das persoas. O servizo xa botou a andar no mes de xaneiro, de feito xa levamos preto de 12 consultas. Como podemos contactar con vós? Estamos á espera de que se poña en marcha unha páxina web a través da que nos poderán enviar consultas, dúbidas, historias persoais, vivencias e na que tamén colgaremos aquelas preguntas
INICITIVAS REPORTAXE DE ECONOMIA SO-
Accede Social, empresa de transporte adaptado Accede Social é o nome da empresa de transporte adaptado que ten COGAMI, a que anteriormente era COINCO Informática e Telecomunicacións, centro especial de emprego de economía social nacido en 2001 e dedicado, como o propio nome indicaba, a actividades relacionadas coa informática, apoio ás novas tecnoloxías e formación. Aos oito anos de abrir, COINCO preséntase ao primeiro concurso público de transporte adaptado, gáñao, e fará que esta actividade, que nun principio podía ser considerada como anecdótica, se converta na principal. É por isto que en febreiro de 2016 cambia o nome a empresa e pasa a denominarse Accede Social, aínda que a referencia de marca comercial segue sendo COINCO, porque é así como se coñece no sector. Este servizo de transporte adaptado nace porque existe unha necesidade dentro da propia organización. O transporte público non é accesible e non cubre todas as rutas necesarias no rural. Polo tanto, os primeiros vehículos de Accede Social cómpranse para desprazar a persoas asociadas. Posteriormente, realizarán as rutas de centros de día e do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, ademais dalgún Concello que contrata os seus servizos. A diferenza que existe entre Accede Social con outra empresa do sector, é que esta está dotada dunha flota na que todos os seus vehículos son adaptados, contan con plataforma elevadora para permitir o acceso ás cadeiras de rodas.
Silvia Alende, xerente de Accede Social
O Boletín O Boletín
Nº 31/ marzo 2016 nº 35/ marzo 2017
Traballadores e traballadora de Accede Social
VEHÍCULOS E PERSOAL Accede Social conta cunha flota formada por 16 microbuses de 17 e 19 prazas, número que oscila segundo a necesidade de espazo para cadeiras de rodas. O groso dos vehículos están en Mos, alí hai 12 microbuses que se encargan das rutas dos centros de día en VigoCoia, Valadares, Teis, Ponteareas e As Neves. O resto están en Monforte (hai 3 vehículos que prestan servizo a centros de día de Monforte e Pobra de Brollón), en Ferrol, Ourense e en Cerdedo. No lugares nos que Accede Social carece de vehículos, o que fai é establecer acordos con empresas de transporte local a través de UTES (Unión Temporal de Empresas). Mediante estes acordos, a empresa aporta os vehículos e Accede Social as persoas contratadas e a xestión administrativa. Actualmente, estase traballando con cinco UTES.
Unha das persoas que forman parte do cadro de persoal de Accede Social é Óscar Gonzalo, que entrou na empresa hai tres anos sendo auxiliar de ruta no transporte, título que logrou tras formarse nun curso que oferta COGAMI. Unha promoción interna permitiulle prepararse e poder obter o carné profesional tipo D, o que lle permite conducir o seu propio
Arestora son 63 persoas as que están contratadas dentro da empresa, que ao longo do ano pode chegar a empregar a máis de 75, para cubrir baixas ou substitucións propias da actividade. Os postos son de condutor de autobús con carné específico, acompañantes de ruta, coordinador de transporte e xestor de tráfico ademais de postos de administración en cada centro de traballo e na oficina central de Santiago. “Podemos presumir de que o 100% das persoas que formamos Accede Social temos discapacidade”, afirma a xerente da empresa, Silvia Alende. Anualmente, son máis de 200 as persoas beneficiarias do servizo de transporte adaptado que ofrece Accede Social, principalmente persoas usuarias de centros de día, o 065 de Ferrol e outros servizos discrecionais. A maior parte dos servizos de transporte adaptado
en Galicia están xestionados polo Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e a Consellería de Política Social, organismos que publican convocatorias públicas ou concursos para que se presenten as empresas interesadas en cubrir as necesidades.
Accede Social conta con 63 persoas traballando, todas con discapaciade. Accede Social preséntase cada ano a estas convocatorias e ten previsto presentarse a 5 neste, co fin de manter os postos de traballo e medrar a través da creación de máis emprego. Para encargar servizo, sería a través de xestion@coincotransporte.es ou nos teléfonos 607 25 45 08 (Santiago) e o 697 67 11 62 (Mos).
microbús. Este veciño de Ponteareas, tiña pensado buscar traballo no estranxeiro porque xa vía pechadas as portas da oportunidade laboral aquí. Como el mesmo di, chegou a COGAMI, apuntouse no servizo de intermediación laboral e, aínda que tivo camiño por percorrer, ao final, logrou insertarse laboralmente.
ASOCIACIONS MEMNOVAS
Charla de A Mariña-COGAMI en Foz
Juan Sánchez, xunto a Ramón Sestayo e Fina García, coordinadora do centro de Medelo
Un convenio entre COGAMI e o centro de saúde de A Estrada facilitará a atención de pacientes con discapacidade Realizar unha mamografía ou unha exploración xinecolóxica, acceder a unha padiola, ou simplemente pesarse nunha báscula convencional, non son unhas accións sinxelas para moitas persoas, sobre todo se son usuarias de cadeira de rodas. Por isto, e por outras moitas razóns inclusivas, COGAMI e mailo Servizo de Atención Primaria de A Estrada asinaron un convenio de colaboración para facerlles a vida máis fácil a pacientes que teñen discapacidade e que precisan facer uso dos servizos do centro de saúde. O convenio foi asinado no centro de recursos de Medelo polo vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo, e polo xefe de servizo, Juan Sánchez, quen chegou acompañado da coordinadora de enfermería, Mayte Matalobos, e a traballadora social do centro de saúde, Milagros Núñez. “Ter discapacidade non significa ser unha persoa enferma, pero cando nos poñemos enfermos, precisamos un plus na atención”, afirmaba o vicepresidente de COGAMI, quen tamén engadiu “ e isto estano facendo ben no centro de saúde de A Estrada, polo que agardamos que se estenda a outros centros sanitarios”. Para Juan
10
Sánchez este convenio “promove a igualdade”, en parte pola eliminación das barreiras físicas pero, pretende dar un paso máis e eliminar tamén as barreiras de comunicación. Dende o centro de saúde pediron información a COGAMI sobre algunha aplicación informática que permita tradución a persoas xordas pero tamén para persoas maiores que teñen perda de oído. Con este convenio, tanto COGAMI como o centro de saúde de A Estrada traballarán conxuntamente no intercambio de información para garantir a continuidade das intervencións socio-sanitarias, para proporcionar información precisa sobre a accesibilidade no sistema sanitario, para elaborar contidos formativos e realizar obradoiros conxuntos entre profesionais da saúde e da Confederación, ademais de facilitar espazos nos que se poidan desenvolver actividades de grupo nos pacientes con discapacidade e difundir entre os profesionais sanitarios a existencia de COGAMI.
Charlas de sensibilización para eliminar barreiras mentais na poboación Un ano máis, tanto COGAMI como as entidades membro inician o programa de sensibilización e información sobre a discapacidade, a súa tipoloxía e a descrición de como convivir nunha sociedade diversa. Este programa consiste en impartir charlas de sensibilización en centros escolares, co fin de que o alumnado estea informado sobre que é a discapacidade, as diferentes tipoloxías que hai e como dirixirse a unha persoa que ten unha discapacidade, como tratala con normalidade. En definitiva, o que se pretende é tratar de concienciar sobre a diversidade que existe na sociedade, de que todas as persoas somos diferentes e de que todas temos capacidades. Dúas entidades iniciaron xa estas campañas de divulgación, a Federación ourensá Discafis COGAMI e a asociación lucense A Mariña-COGAMI. A primeira delas, acompañada de membros da entidade Disvalia, acudiron a un centro escolar da comarca de Valdeorras onde, ademais de explicarlles a discapacidade, pretenderon que o alumnado fora por uns instantes unha persoa usuaria de cadeira de rodas, cega ou xorda. En A Mariña, a charla foi impartida ao alumnado de módulos de hostalería, co fin de facilitarlles información sobre as pautas de actuación que deberán tomar cando sexan profesionais da hostalería e teñan que atender con persoas con diferentes capacidades. Unha persoa voluntaria da asociación, contou a súa vivencia aquelas anécdotas que poden resultar molestas, para que as teñan en conta e traten de corrixir cando estean traballando.
O Boletín nº 35/ marzo 2017
Juan Manuel Lameiro é o presidente de AGL Traballadoras da entidade Acadar
A asociación ACADAR inicia un programa de empoderamento e integración sociolaboral para mulleres con discapacidade A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) pon en marcha nas provincias de A Coruña e Pontevedra o Programa de Empoderamento e Activación para o Emprego, dirixido a mulleres con discapacidade, e que se vai levar a cabo nas instalacións que COGAMI ten nas cidades de A Coruña, Santiago e Pontevedra. Este programa, que se desenvolve a nivel estatal a través do convenio establecido entre Obra Social ”la Caixa” e a Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE), ten por obxectivo fomentar o empoderamento das mulleres con discapacidade e potenciar a súa integración tanto social como laboral. Para levar a cabo isto, vanse facer intervencións tanto individuais como de grupo, que consistirán en trazar itinerarios personalizados de inserción, de ter a capacidade de decidir sobre a propia autonomía social e económica. Estas intervencións
serán o motor que activarán para o emprego a aquelas mulleres con discapacidade desempregadas de longa duración e/ou en situación de maior vulnerabilidade. Un total de 75 mulleres con discapacidade son as que van participar neste programa que constará de sesións grupais de apoio psicosocial; coaching grupal orientado ás habilidades prelaborais e alfabetización tecnolóxica e seguimento a nivel individual para a consecución de obxectivos e metas específicas expostas con cada beneficiaria. Ademais, traballarase de forma coordinada co Programa Incorpora de Obra Social ”la Caixa”, que ofrecerá orientación laboral e intermediación ás beneficiarias do programa na busca activa de emprego.
COGAMI conta con dúas novas entidades COGAMI pecha o ano 2016 coa incorporación á Organización de dúas novas entidades: ASEARPO e ACADAR Pontevedra. Ámbalas dúas entraron a través da Federación COGAMI Pontevedra. A primeira delas, ASEARPO, é a Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra, unha entidade sen ánimo de lucro que iniciou a súa andaina en 2013 e está dirixida a todas as persoas que teñen artrite rematoide, artrite psoriástica, artrite idiopática xuvenil e espondiloartro-
se, tendo por obxecto mellorar a súa calidade de vida e tamén ofrecendo información, asesoramento e apoio. ACADAR, a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, xa entrou a formar parte de COGAMI a través das Federacións de Coruña, Lugo e Discafis-COGAMI de Ourense. A partir deste ano tamén forma parte a través da Federación provincial pontevedresa.
A Asociación Galega de Linfedema inicia servizo de fisioterapia especializado Servizo de Fisioterapia especializado en Linfedema, así é como se denomina un programa novidoso que iniciou este ano a Asociación Galega de Linfedema (AGL), co fin de mellorar as capacidades de cada unha das preto de 50 persoas que van formar parte deste proxecto, para facilitarlles a autonomía persoal. Para poder levalo a cabo, este servizo de fisioterapia conta cunha financiación de 12.000 euros procedente del 0,7% do IRPF do Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, e outro dos financeiros é a Fundación ONCE, que aporta 11.000 euros. Segundo datos da Sociedade Española de Anxioloxía e Cirurxía Vascular e da Sociedade Española de Rehabilitación e Medicina Física, máis de 900.000 persoas en España padecen un linfedema, e estímase que 3.000 mulleres diagnosticadas de cancro de mama, desenvolven esta enfermidade. En Galicia, existen preto de 50.000 persoas afectadas por linfedema. A través deste servizo dende a asociación AGL queren reducir os efectos incapacitantes desta enfermidade, favorecendo a autonomía persoal e a mellora na calidade de vida das persoas afectadas por esta doenza. O linfedema é unha enfermidade grave, crónica e progresiva, de evolución lenta, que proporcionalmente afecta máis ás mulleres. Non existen fármacos ou intervencións cirúrxicas eficaces. Está demostrado que actualmente, o tratamento fisioterapéutico especializado é o máis efectivo para evitar que a enfermidade empeore e se agrave. A sanidade pública galega non ofrece este servizo especializado para o tratamento do linfedema, nin existen suficientes fisioterapeutas especializados. Por este motivo, AGL é que pon en marcha este programa de fisioterapia, dirixido principalmente a mulleres que viven no rural.
11
PECHE
O CPAP de Bergondo, un recurso que promove a autonomía da persoa
O Centro de Promoción da Autonomía Persoal de Bergondo (CPAP) vén de celebrar os dez anos da súa apertura, unha década na que leva prestando servizos gratuitamente a persoas con discapacidade física e dano cerebral adquirido, a través de servizos destinados a alcanzar o maior nivel de autonomía e independencia posible, co fin de potenciar as súas habilidades. O centro conta con 114 prazas, das que 84 son en réxime de internado e 30 de media pensión. As persoas que aquí veñen van poder facer uso de calquera
dos servizos que se ofertan, podendo ser estes de recuperación, rehabilitación neurolóxica, asistencia psicolóxica e social, formación para a capacitación profesional e integración laboral. Quen sabe ben como funciona o CPAP é Graciela Rivas, unha usuaria do centro que, coincidindo co aniversario do mesmo, pechou o seu ciclo como persoa usuaria do centro. Para Graciela o seu paso polo CPAP serviulle para canalizar os seus medos e a valerse por si mesma. Viviu no piso e alí comprobou que ten capacidades para
desenvolverse e saír adiante, en non ver as dificultades senón os logros. Aparte de asistir ás terapias, tamén se formou nos cursos que oferta o centro. Agora ten plans de futuro, está preparando unhas oposicións, algo que nin se lle pasaba pola cabeza facer antes da súa entrada no centro. Se queres cubrir unha das prazas que oferta o CPAP, podes informarte neste teléfono 981 79 16 70 e concertar unha cita para ver as instalacións e os servizos que ofrecen.
www.cogami.es