O boletín 36

Page 1

O Boletín nº 36 / setembro 2017 Edición trimestral

Mercedes e Lucas orientadores de Máis Emprego


NOVAS

A fisioterapeuta Uxía Alfaya é a profesional que atende o servizo

Superan a centena as persoas atendidas no servizo de fisioterapia en Vigo Este mes cumpre un ano de funcionamento o servizo de fisioterapia que COGAMI ten en Vigo, un servizo que nace para cubrir as necesidades das persoas con discapacidade da zona e que quere quedar e converterse nun referente. Atendido pola profesional Uxía Alfaya, o servizo está dirixido á poboación adulta e infantil, con atención de luns a venres en horario de mañá e de tarde. Dende que iniciou o servizo de fisioterapia situado nas instalacións que COGAMI ten en Vigo (avenida Teixugueiras, nº15, baixo), xa foron máis

de cen as persoas atendidas, todas elas con perfís variados que van dende lesións medulares, esclerose múltiple, Ataxia e Parkinson, distrofias musculares, enfermidades neuromusculares raras e parálise cerebral infantil. Segundo se pode apreciar polas diferentes patoloxías tratadas, o servizo está especializado en fisioterapia neurolóxica, ofrecendo técnicas e métodos como o Concepto Bobath, Método Le Metayer, Perfetti e Concepto Halliwick. Para pedir cita, é preciso chamar ao teléfono 986 281 893 ou enviar correo a cogamivigo.fisioterapia@cogami.gal.

Cartel da campaña que recolle sinaturas

Recollida de sinaturas para que as estacións de servizo conten con persoal que as atenda Dende COGAMI reclamamos a existencia de persoal de atención ao público nas gasolineiras durante o horario de apertura, para que as persoas con discapacidade poidan exercer os seus dereitos como consumidores e facer a súa vida coa maior autonomía posible. COGAMI, polo tanto, súmase á iniciativa presentada pola Plataforma Gasolineiras Atendidas e Seguras: “UNHA

2

SINATURA POLO EMPREGO, A INCLUSIÓN E A SEGURIDADE NAS ESTACIÓNS DE SERVIZO” para conseguir unha lexislación que asegure a atención a persoas con discapacidade. Recóllense firmas nas oficinas de todas as cidades e nas entidades membro da Organización.

Un alumno do curso realiza prácticas

Éxito de insercións laborais nun curso de operario de limpeza impartido por COGAMI Un curso de persoal de limpeza en inmobles impartido en Santiago e Vigo finaliza cun éxito de insercións laborais. Das 13 persoas que remataron esta formación en Santiago, dez lograron incorporarse a un posto de traballo, mentres que en Vigo foron 8. Dende as áreas de formación e emprego de COGAMI amosan a súa satisfacción polos resultados de inserción tan positivos, sendo a maioría destas orixinadas na empresa ordinaria e non a través do emprego protexido. Financiado pola Fundación ONCE e o Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo de Inclusión Social e da Economía Social (POISES), este curso impartiuse co fin de xerar oportunidades laborais a persoas con discapacidade e/ou incapacidade laboral recoñecida para a profesión habitual. Todas as persoas formadas, estaban inscritas como demandantes de emprego na base de datos que manexa COGAMI, que na actualidade conta con máis de 27.000 persoas. A área de formación de COGAMI impartiu durante o ano pasado un total de 26 cursos en toda a comunidade, nos que se formaron 364 persoas. Durante este primeiro trimestre de 2017, xa se formaron un total de 79 persoas nos 7 cursos impartidos, unha cantidade que incrementará en setembro tras iniciar os cursos AFD que financia a Xunta de Galicia, e que se impartirán nas catro provincias.


O Boletín O Boletín

Nº 31/ marzo 2016 nº 36 / setembro 2017

Lucas Clavero e Mercedes Mallo son orientadores laborais de Máis Emprego

COGAMI, unha das entidades beneficiarias do programa Máis Emprego de Fundación Bancaria “la Caixa” COGAMI é unha das seis entidades galegas escollidas por Obra Social La Caixa para desenvolver o programa Máis Emprego, un proxecto que ten por finalidade mellorar a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade e/ou con incapacidade laboral. Ademais do certificado de discapacidade, outro nexo en común que teñen todas as persoas integradas neste proxecto é este: estar en situación de risco de exclusión social. Cofinanciado pola Fundación Bancaria “la Caixa” e o Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e da Economía Social (POISES) 2014-2020, o que se pretende con este programa é trazar itinerarios personalizados de cara á inserción laboral. Máis Emprego estase a desenvolver nas oficinas de COGAMI en Pontevedra e nel participan, por agora, 44 persoas das comarcas de O Salnés, Pontevedra e Vigo. Estas persoas estarán tutorizadas por dous orientadores laborais, Lucas Clavero e Mercedes Mallo, ambos con ampla experiencia no SIL de COGAMI. Jorge Vázquez é unha das persoas que están dentro do programa Máis Emprego. Sempre traballou na construción ata que unha discapacidade o apartou desta ocupación. Levaba dous anos parado e, con 52 anos que ten, el mesmo comentou que “é complicado encontrar un traballo”. Intentouno por COGAMI, a súa orientadora laboral faloulle deste programa que iniciaba, se quería formar parte del e aceptou. Agora leva algo máis de un mes traballando nunha estación de lava-

Como se desenvolve Máis Emprego As actuacións que se están levando a cabo inician cunha entrevista individual que servirá para coñecer os intereses das persoas. A partir de aí, deséñase un perfil laboral que contemple as necesidades e intereses de cada unha delas. Recollidos estes datos, a persoa será orientada cara ao emprego, cara á formación para o logro dun emprego ou derivarase a outro

En Máis Emprego participan, por agora, 44 persoas de Pontevedra, O Salnés e Vigo tipo de actividades ocupacionais. Precisamente, para aquelas persoas que demandan formación, está xa programado un curso de carretilleiro no que se van preparar 29 persoas das comarcas de O Salnés e Pontevedra.

Outra das actuacións previstas é a visita a empresas, tendo por finalidade captar ofertas de emprego e tamén, analizar cales son as necesidades de especialización de persoal que teñen, que postos son os que contan con máis demanda. Coñecendo este dato, poderanse impartir cursos formativos adaptados a estas necesidades da empresa. Detrás das cifras, persoas Son 44 as persoas que forman parte deste programa Máis Emprego, xente con vivencias, experiencias e historias detrás. Como Constantino, home que leva máis dous anos desempregado e que supera a barreira dos 45 anos; ou Marta que intenta ter unha oportunidade; tamén podemos falar de Cristina, desempregada de longa duración pero que non tirou nin pensa tirar a toalla; ou Adrián, mozo que traballou de peón e está desempregado. Así ata corenta e catro historias, corenta e catro realidades que só piden unha oportunidade para demostrar as súas capacidades. do de vehículos e afirma estar “moi contento”. Entre as súas competencias están manter limpo o local, as máquinas e tamén os vehículos dos clientes, unhas tarefas que cumpre tras formarse en mantemento de tapicería, hidratación do coiro e pulimento de faros. Para Jorge esta oportunidade significa un cambio na súa vida, ten unha ocupación na que está contento porque, aparte de que lle gusta o traballo que desenvolve, este permítelle relacionarse coa xente.

3


ENTREENOVAS

Galega de Economía Social e Artegalia estrean páxina web Ter presenza en Internet supón unha oportunidade de negocio, proporciona credibilidade ante clientes potenciais, axuda a que os buscadores nos visibilicen e que a nosa marca se dea a coñecer. Entre outros, estes son algúns dos motivos polos que Galega de Economía Social e Artegalia decidiron apostar este ano por deseñar e lanzar unha páxina web onde se presentan. Baixo o enderezo electrónico www.galegadeeconomiasocial.gal, este centro especial de emprego, matriz do grupo de empresas de economía social explica na web que é a economía social, como funciona un centro especial de emprego sen ánimo de lucro e que

Buscas coche semi-novo? Agora en

Trameve 4

servizos prestan cada un dos centros especiais de emprego que xestiona. Ademais, esta páxina ofrece a posibilidade de poder enviar o seu corrículo a todas as persoas con discapacidade que queiran traballar nalgunha das empresas do grupo. O outra empresa de economía social que tamén estreou web foi Artegalia. Para este centro especial de emprego que se dedica á distribución de embalaxes, roupa laboral e artigos de oficina, este é un ano de cambios. Primeiro estreou instalacións no polígono de Padrón, a onde se trasladaron a unha nave de 700 metros cadrados. Este traslado levou a un incrementou de persoal

e a posibilidade de ofrecer novos servizos de manipulación e cadeas de montaxe. A través do enderezo electrónico www.artegaliadistribucion.es é posible ter un coñecemento máis detallado do funcionamento da empresa, dos servizos que presta, das liñas de produtos que comercializa, da carteira de clientes que confían en Artegalia. Por último, Artegalia proporciona o contacto directo do cliente coa empresa a través da web permitindo solicitar o envío dun catálogo que recolla todos os produtos que ofrecen.

vehículos de 1 a 3 anos con menos de 50.000 km con garantía Infórmate no teléfono 981 554 707

%o 0 3 orr af


Boletín OOBoletín

Nº /31/ marzo 2016 nº 36 setembro 2017

Satisfactorio primeiro aniversario da apertura da outlet Pull&Bear de Ferrol Equipo de traballadoras da tenda outlet acompañadas da xerente de Integratex

Hai un ano atrás eran todo nervios, trafegos, futuro incerto pero prometedor, desexos positivos,... en fin, era todo ilusión. Pasados xa os 365 días dende que abriu a porta a outlet Pull&Bear de Ferrol, os nervios deixaron paso á experiencia e a uns resultados que superan todas as expectativas iniciais. A xente ferrolá acolleu moi satisfactoriamente a apertura de Pull&Bear, un proxecto no que embarcou Galega de Economía Social a través do centro especial de emprego Integratex, unha oportunidade de negocio enmarcada no programa form&from da multinacional Inditex, que ter por finalidade integrar social e laboralmente ás persoas con discapacidade física e/ou intelectual. Dende a posta en marcha deste novo proxecto, o movemento na tenda foi constante, tanto en épocas máis álxidas en vendas como son Nadal ou rebaixas, como en épocas de tradición máis frouxas en vendas

como vén sendo o mes de agosto. En palabras da xerente de Integratex, María Vizcaíno “obtivemos moi boa resposta por parte da xente desde que abrimos en Ferrol, o movemento é continuo”. E para ter unha idea desta afluencia de clientela, só temos que quedarnos con esta cifra: 60.500 prendas de roupa e calzado vendidas durante este ano. Esta apertura da outlet Pull&Bear tamén beneficia ao resto dos comercios da zona comercial. A Rúa Real é unha das máis céntricas pero, os propios comerciantes comentaban que os sábados polas tardes de verán pechaban os negocios porque non había movemento. A chegada de Pull&Bear outlet alterou a situación. Agora de luns a sábado hai continuamente xente pola zona que fai gasto tanto na outlet como tamén nos comercios do arredor, incluso algún negocio cambiou de local para estar máis próximo á estela que xera

María Villarino é a encargada de xestionar o día a día da tenda Pull&Bear en Ferrol. Foi unha das seis persoas seleccionadas para formar parte deste proxecto e, a día de hoxe, seguen todas. María é a `chica para todo´, encárgase dos pedidos a almacén, organiza a mercadoría que chega, cobra en caixa, coloca a roupa nos estantes, en fin, bota unha man onde se precise, é versátil porque xa traía experiencia en atención en tenda. “Temos cada día un reto”, conta

María, “porque cada unha das que traballamos aquí ten a súas particularidades pola discapacidade que temos, pero o traballo sacámolo adiante perfectamente”. Tanto María como as compañeiras estarán aquí máximo dous anos. Despois, teñen que dar o salto á empresa ordinaria e deixar o emprego protexido, unha das particularidades deste proxecto, que pretende formar a persoas con discapacidade para que dean o salto profesional a calquera outra empresa do sector.

a tenda de roupa. Outras tendas outlet que xestiona Integratex están en Allariz, sendo estas a de Massimo Dutty e Tempe, que empregan a 14 persoas. Segundo María Vizcaíno “estas tendas teñen máis movemento na fin de semana porque Allariz ten moito turismo. Sen embargo, Pull&Bear funciona todos os días, nótase que está no centro da cidade”. As tendas ‘for&from’ venden produtos de campañas anteriores a prezos reducidos en réxime de franquía especial. Este proxecto ofrece unha oportunidade laboral, o que supón unha mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade e tamén supón unha fonte de financiamento para as organizacións sociais, como é o caso de COGAMI. A partir da doazón inicial por parte de Inditex para a construción da tenda, o modelo faise auto sostible para as organizacións a través da venda do produto.

5


NOENTREVISTA

Adolfo López, presidente da asociación Íntegro Adolfo López Baña preside dende hai 25 anos a asociación Integro da Costa da Morte, unha entidade que celebrou o cuarto de século acompañada de amizades, familares, persoas usuarias e colaboradoras. Mirando cara atrás, o camiño non foi doado para Adolfo e a súa asociación. Melloraron moito a situación das persoas usuarias pero, en palabras de Adolfo López, “fíxose moito, pero aínda queda por facer”.

COGAMI. Primeiramente, darvos os parabéns por estes 25 anos. Cando un volve a vista atrás, que pensa? A.L.Gracias. Cando miramos para atrás, pensamos que ao longo destes 25 anos fomos pouco a pouco transformando a mirada de moitos cidadáns. Evidentemente, ese cambio de mirada sobre as persoas con discapacidade no rural estivo, e está propiciada, pola intensa labor de visibilidade que as entidades realizamos no traballo diario, así como poñer as medidas lexislativas que a Administración pon en marcha. Que había antes de Íntegro e que hai con

6

Íntegro? Recorro á frase que pronunciamos moi a miúdo fíxose moito, pero aínda queda moito por facer. No ano da fundación da nosa entidade en 1992, non había na zona asociacións de persoas con discapacidade física, por elo os obxectivos que nos marcamos foron facer campañas sobre a eliminación de barreiras arquitectónicas e sobre a prevención de lesións medulares, dúas campañas que seguen executándose a día de hoxe. Na zona da comarca de Bergantiños existía un amplo grupo de mozos, éramos doce,


O Boletín nº 36 / setembro 2017

que a brecha coa cidade segue a ser grande todos lesionados medulares, que empezamos a noutros aspectos importantes, sobre todo en xuntarnos para practicar deporte no pavillón de transporte adaptado, servizos culturais (cines, Cabana de Bergantiños. Pero ao pouco tempo teatros etc.), socialización en grupos máis vimos que a formación e o emprego eran o camiño heteroxéneos, formación, contratación laboral,... para acadar un futuro que permitise poder estar Todo isto favorece o desenvolvemento persoal en incluídos socialmente. Na actualidade pódese dicir comparación co entorno rural. que se avanza continuamente tanto en centros Queda moito por facer aínda? de atención, como en recursos sociais, como en Volvo a recorrer a frase mítica fíxose moito, accesibilidade universal coa creación de contornos pero aínda queda moito por facer. Os retos humanizados. son importantes, a plena inclusión Unha das apostas dos das persoas con discapacidade últimos tempos de Íntegro é a en todos os eidos da vida, a vida inclusión da muller. Estades independente, asistencia persoal e levando a cabo programas “A discapacidade asistencia sexual como ferramentas específicos para elas. Existe no rural xa non está humanas de empoderamento das moita diferencia entre un persoas con discapacidade, a home e unha muller con tan esquecida como accesibilidade universal, o poder votar discapacidade? nos inicios, cada ou casar libremente sen impedimentos Se a nosa sociedade fose burocráticos, ou sexa, o cumprimento unha sociedade cunha vez se poñen en dos dereitos humanos sobre as igualdade real e efectiva entre persoas con discapacidade. marcha máis plans homes e mulleres, non cabe os 25 anos por todo o alto, dúbida de que non habería que permiten poder Celebrastes nun acto que xuntou en Cabana de moita nin ningunha diferenza Bergantiños a 250 persoas. Unha gran entre un home e unha muller formarse, traballar, familia? con ou sen discapacidade. estancias diúrnas A verdade e que foi un acto emotivo Desafortunadamente, esta é unha utopía. Na realidade, en centros de día ou onde estivemos arroupados polos usuarios/as do noso centro de día as mulleres con diversidade ocupacionais, viven- e ocupacional, as súas familias, ex funcional veñen a padecer unha dobre discriminación das comunitarias,... directivos, políticos, representantes de moitas entidades sociais, traballadores polo feito de ser muller e co fin de poder estar e moitos veciños e veciñas... de ter unha discapacidade, E ti, seguirás cumprindo anos como vulnerando dobremente a súa e seguir a vivir no presidente ou xa vas canso? persoa. noso entorno” A verdade e que estou na recta final da Partindo desta realidade e miña traxectoria ao fronte da entidade. inxustiza social, da que todos A parte do cansazo, creo que os retos e todas somos responsables, que se marca a entidade no seu plan o noso programa PIMD Rural estratéxico teñen que ser asumidos por sabia está destinado ao desenvolvemento de acción nova que debe entrar a xestionar a entidade. integrais en prol da muller, que minimicen as Agora mesmo existe un equipo humano discriminacións que sofren cada día e posibiliten o consolidado e cohesionado tanto en labores seu empoderamento. directivos, como con traballadores dos centros de Como vive unha persoa con discapacidade no día e ocupacional ou da asociación. rural, aínda existe unha brecha con respecto á O plan de calidade ISO 9001-2015 e o plan cidade? estratéxico 2016-2019 marcan o rumbo que toma A verdade é que a discapacidade no rural xa a nave, para que todos rememos nesa dirección. non está tan esquecida como nos nosos inicios, pois cada vez se poñen en marcha máis plans e servizos que permiten poder formarse, traballar, estancias diúrnas en centros de día e/ou ocupacionais, vivendas comunitarias, para poder estar e seguir a vivir no noso entorno. Cabe dicir

7


INICITIVAS REPORTAXE DE ECONOMIA SO-

Dixardín quere poñer verde todo o territorio galego `Poñémoste verde´ é o lema do centro especial de emprego Dixardín, unha empresa de economía social que vai facendo o seu traballo amodiño pero con bos resultados. Se comparamos datos deste ano cos do anterior, Dixardín incrementou un 8% a facturación, mantén un cadro de persoal estable e, se facemos referencia á clientela que contrata os seus servizos, tanto podemos falar de persoas particulares como representantes do eido público. Dixardín está presente sobre todo na provincia de A Coruña e está pensando estender o seu ámbito de actuación a todo o territorio galego. Preparádevos porque Dixardín quere `poñer verde´ toda Galicia e para ilo, contar con persoal con discapacidade.

Agora que estamos deixando atrás o verán, para unha empresa que se dedica ao deseño, construción e conservación de zonas verdes como é o caso de Dixardín, é tempo de facer unha análise e valoración sobre como foi esta tempada e como espera afrontar a que segue. Dicimos facer balance agora porque, loxicamente, é durante a primavera e o verán cando as empresas de xardinería están a pleno rendemento. Os primeiros resultados deste centro especial de emprego que ten contratadas a un total de 41 persoas, tendo a maior parte destas un certificado de discapacidade ou incapacidade laboral, reflicten un traballo ben desenvolvido. Dende a xerencia tiñan uns obxectivos marcados para

8

este ano como o de incrementar a facturación. E cumpriuse. A empresa facturou no que vai de ano un 8% máis que no pasado exercicio. Carteira de clientes A facturación non foi o único que medrou en Dixardín durante 2017. A empresa de xardinería tamén experimentou un aumento na carteira de clientes, tanto particulares como tamén relacionados coa Administración Pública. A clientela particular xa supera a cifra de 150 persoas, contactando todas elas a través do boca a boca de clientes consolidados, mediante a páxina web www.dixardin.es ou a través das redes sociais que ten abertas Facebook e Twitter.

Un dos últimos clientes en formar parte da carteira foi o concello de Carballo, uníndose así a outros clientes da Administración veteranos e estables como son os concellos de Ames, Santiago de Compostela, Cabana de Bergantiños e Arzúa. É precisamente este último, o concello de Arzúa, un dos clientes máis antigos de Dixardín. Xa lle confiara o mantemento das súas zonas verdes hai dezasete anos ao centro especial de emprego Iso Riparia, que xunto con Integro Xardinería, tras fusionarse en 2010, foron os antecesores do que hoxe en día coñecemos por Dixardín. Como se pode apreciar, a principal área de negocio está presente na provincia de A Coruña, realizando actuacións puntuais na


O Boletín O Boletín

Nº 31/ marzo 2016 nº 36 / setembro 2017

provincia de Pontevedra. Actualmente hai catro centros de traballo operativos que están localizados en Ames, Arzúa, Laxe e Muros. Estes centros prestan servizos de mantemento en toda a provincia de A Coruña e servizos de obras no resto da Comunidade. Pero isto quere cambiarse. Dixardín quere implantarse en toda Galicia, quere ofrecer oportunidades laborais a persoas con discapacidade nas catro provincias. Moitas destas insercións laborais conséguense despois de formarse nos cursos de xardinería que se

imparten dende a área de formación de COGAMI. Pero como o mundo da xardinería profesional require dunha aprendizaxe continua, por mor de que se traballa en terreos moi diversos, as persoas que chegan novas van seguir formándose na empresa para empaparse en todas as actividades que presta. Como calquera empresa que está actualizada e profesionalizada, sempre que remata unha obra Dixardín realiza enquisas entre a clientela para que valoren o servizo prestado. Os aspectos máis reiterados nas

respostas son que é un servizo personalizado, eficaz, profesional e cun valores tanto ambientais como sociais. Por suposto, estas respostas supoñen un bo motivo para formar parte deste proxecto. Como contactar con Dixardín Se queres que Dixardín se encargue do arranxo dos espazos verdes da túa vivenda, finca, terreo, etc. só tés que enviar un correo electrónico ao enderezo dixardin@dixardin.gal ou chamar ao teléfono 981 891 908.

Juan Carlos Iglesias Tojo é o empregado máis veterano de Dixardín. Leva xa trece anos, e chegou aquí por casualidade. Nunha reunión que mantivo coa Traballadora Social do concello de Touro, o lugar onde vive, saíu o nome de COGAMI e animouno a que contactara coa organización a través da orientadora laboral da zona. Ata ese momento Juan Carlos nunca traballara, porque el mesmo explica que “ao cobrar unha pensión non contributiva, non o cría necesario”. Pois pouco tardou en traballar. Despois da entrevista de traballo, entra a formar parte de Iso Riparia, recoñecendo “non ter moitos coñecementos de xardinería, pero si do campo”. Curso que saía, curso ao que se apuntaba Juan Carlos porque aprendía cada vez máis sobre unha profesión que empezou a fascinalo. Hoxe en día traballa como encargado. Dirixe unha cuadrilla de 30 persoas, fai as quendas de traballo, distribúe os lugares, entrega o material, visita a clientes e incluso se atreve con presupostar algún traballo.

9


ASOCIACIONS MEMNOVAS O rural de Ourense está moi vivo con COGAMI Alba Fernández e Iria Pérez, educadoras sociais

Quen coñece COGAMI sabe que unha das súas prioridades é traballar en beneficio das persoas con discapacidade que viven no rural, porque é aquí onde carecen de máis servizos en comparación coas que viven en zonas urbanas. Imos amosar tres exemplos de que o rural está vivo, algo se move por Ourense e COGAMI quere ser cómplice deste cambio positivo. A Federación Discafis COGAMI puxo en marcha un servizo de Educación Social que pretende dinamizar a vida asociativa no rural, traballando cóbado con cóbado coas diferentes asociacións da discapacidade, co

fin de atopar aqueles aspectos que poidan ser mellorables en beneficio das persoas que representan. Este programa iniciou o ano pasado da man de dúas educadoras sociais, Alba Fernández e Iria Pérez, as encargadas de capitanear este novo proxecto que busca outorgar de autonomía e independencia ás persoas beneficiarias. Con este fin, desenvolveron obradoiros de habilidades sociais, de traballos manuais, charlas de sensibilización e clases de ximnasia de mantemento e exercicios de expresión corporal. Todos estes talleres melloraron a

Outro exemplo claro de que a zona rural está viva é a historia de Juan Carlos Martínez Álvarez, que aos 53 anos que ten, foi quen de reorientar a súa vida laboral. Juan Carlos traballou durante vinte anos como fontaneiro, unha profesión que tivo que abandonar tras serlle recoñecida unha incapacidade permanente total pola Seguridade Social. Tras este cambio de vida, Juan decidiu que había que tirar para adiante, sen-

tiuse con forzas e gañas para retomar uns estudos básicos de informática que iniciara anos atrás, e que mellorou cun certificado de profesionalidade de desenvolvemento en tecnoloxías web. Dende hai uns meses, Juan sacou á luz a súa páxina web www.terzas.es, que conta cunha aula virtual para aquelas persoas que queiran aprender a programar. Como se pode apreciar, é posible reciclarse a partir dos 50 anos.

participación das persoas usuarias nas actividades da vida diaria, na busca de emprego ou formación, a participación en actos da comunidade e tamén o poder compartir actividades de lecer. A través deste servizo de Educación Social atendéronse a un total de 40 persoas usuarias de catro asociacións membro de Discafis COGAMI, sendo estas Disvalia da comarca de Valdeorras, Algaria de A Limia, Asdifica de O Carballiño e Puzzle de Allariz.

Rosa María Vázquez Estévez é outro exemplo dunha persoa que sae adiante apostando polo que lle gusta. Nacida en Panamá e retornada á terra ourensá dos pais, esta licenciada en Belas Artes sempre estivo integrada en colexios ordinarios, nunca se deixou limitar pola discapacidade auditiva que ten. Rosa pinta e expón os seus cadros, como fixo na I Xornada de Muller con Discapacidade que se desenvolveu no campus de Ourense, onde contou que a pintura para ela é unha terapia que serve para potenciar a súa autoestima.

10


O Boletín nº 36 / setembro 2017

Este é o aspecto que ten a impresora 3D

O centro de recursos de Fingoi ten unha impresora 3D Mirta Flores e Cristina Novo, dúas terapeutas ocupacionais do centro de recursos que COGAMI ten en Lugo, hai uns anos que se interesaron polo uso das novas tecnoloxías de baixo custo, é dicir, uníronse á corrente actual que flúe que se define como `do yourself´, ´faino ti mesma´. Foron a Valladolid a formarse no manexo das impresoras 3D, unha ferramenta que permite crear e imprimir calquera aparello que precises, abrindo aquí un mundo de posibilidades, como poder ter produtos de apoio a prezos económicos. Trasladaron esta proposta á Organización e, finalmente, conseguiron comprar

unha impresora que montaron eles mesmos no centro e que puxeron a funcionar. E funciona. Xa probaron a facer algunha peza da propia impresora que se esnaquizou durante a montaxe. Cando estea todo montado, este aparello vai posibilitar realizar pezas para cadeiras, adaptacións da vida diaria como un suxeita bolsas, mango para espumadeira ou calquera outra adaptación para cociña, lecer, e un amplo etc. Vai permitir que se deseñe á carta o que se precise e a un custo irrisorio.

Un verán máis, COGAMI ofreceu a posibilidade de experimentar a navegación a vela Este verán xa sumou quince os anos que o veleiro Laion sae navegar polas rías galegas. Nesta edición os primeiros navegantes experimentaron estas travesías a finais do mes de maio e os máis tardíos durante o mes de setembro. En total foron 270 persoas as que tiveron a oportunidade de embarcar neste navío que foi incautado en 2002 ao narcotráfico e, dende que o ten cedido en garda e custodia a asociación membro de COGAMI

Adisbismur, posibilita que as persoas con discapacidade poidan participar en actividades náutico-deportivas. Todas estas persoas chegaron dunha vintena de asociacións e centros pertencentes a COGAMI e tras compartir alianzas con nós como son o caso da asturiana Fraternidad, o CPAP de Bergondo ou a asociación APAMP.

Begoña Dacal, presidenta de Disvalia

A estación de O Barco de Valdeorras é accesible tras oito anos de tramitacións de solicitudes `Quen a segue, conséguea´é a expresión que mellor relata a perserverancia mantida pola presidenta da asociación Disvalia, Begoña Dacal, unha muller que lle reclamaba a Renfe o poder desprazarse en tren, como calquera outra persoa. Durante oito longos anos, Begoña enviou queixas e reclamacións continuas á compañía ferroviaria solicitando o servizo de Atendo, o servizo que permite que as persoas usuarias de cadeira de rodas poidan ter acceso ao tren, un medio de locomoción práctico e económico, que lle permitiría desprazarse ata vilas próximas para poder facer actividades da vida diaria como mercar, ir a un centro sanitario ou pasear. Segundo apunta Begoña, a negación de dotar deste servizo Atendo a estación de O Barco era por ser “un núcleo de poboación pequeno e con pouca afluencia de viaxeiros”. Finalmente, é durante este ano que Renfe decidie escoitar a voz de Begoña. O traballo en equipo, a unión das persoas con mobilidade reducida que se ampararon e respaldaron en diferentes entidades, capitaneadas por COGAMI, lograron que o 1 de abril de 2017 a estación de O Barco contara co servizo de Atendo, un paso máis cara á inclusión e un dereito máis conseguido a favor das persoas con mobilidade reducida. E unha das primeiras persoas en estrear este servizo foi Begoña, quen emocionada comentaba “cúmprese un soño”. Tras mercar o día antes os billetes, porque hai que solicitar con 24 horas de antelación o servizo Atendo, Begoña fixo a súa primeira viaxe en tren con dirección a Ponferrada.

11


PECHE

Toma nota da nova web: www.cogami.gal

Con setembro COGAMI abre curso escolar con novidades. Estrea deseño da páxina web co fin de ofrecer un espazo máis actual, práctico e, sobre todo, dotado de información de interese para todas as persoas que son usuarias da Organización. A primeira novidade é o dominio, deixamos atrás o anterior .es pasando a ter agora este novo enderezo: www.cogami.gal. Esta nova web, ademais de dar a coñecer os servizos, tamén presenta

datos e contactos de todo o movemento asociativo e dos centros especiais de emprego de Galega de Economía Social. Aparte de reforzar e publicar contidos de actualidade, o novo portal recolle nunha axenda todos os actos nos que participará tanto COGAMI como tamén calquera das máis de 50 asociacións membro que representa. Esta axenda de actividades vai ser un espazo vivo que se nutrirá e actualizará con aqueles actos participativos de todo o move-

mento asociativo. A web tamén pensa nas persoas que buscan emprego, nas que queren facer voluntariado ou nas que queren trasladar a súa opinión sobre os servizos. Todas elas teñen a posibilidade de contactar con nós a través da web e nós responderemos coa maior brevidade posible. Por último, o novo portal podes velo comodamente dende calquera dispositivo electrónico, sexa unha tablet, un smartphone, un ordenador ou calquera outro formato existente.

www.cogami.gal


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.