O boletín 37 indd

Page 1

O Boletín nº 37 / decembro 2017 Edición trimestral

Saímos á rúa para reivindicar #AccesibilidadeXA


NOVAS

Alumnado do curso de xardinería en Lugo

Máis de duascentas persoas fórmanse con COGAMI nos cursos AFD As aulas formativas coas que conta COGAMI están a pleno rendemento desde que volvemos das vacacións de verán. Un total de 16 cursos AFD foron os que iniciou a Confederación coa finalidade de outorgar oportunidades laborais ás persoas que están inscritas na base de datos do Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI como demandantes de emprego e/ou formación. Financiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, estas accións formativas están relacionadas coa rama administrativa, sociosanitaria e coidado da natureza, sendo estes cursos de: Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais, Operacións de gravación e tratamento

María Dolores Camba Cabanas

é unha das alumnas que se está a formar en Santiago, no curso de operacións auxiliares e servizos administrativos xerais. Empezou no mes de setembro e estará ata febreiro, mes no que rematarán as prácticas do curso. Como levas o curso? Ben. Cheguei por medio da orientadora laboral que leva o meu expediente, foi ela quen me informou. Estou moi agradecida porque o curso é moi interesante e teño uns compañeiros e unha profesora xeniais. Hai que vir cos cinco sentidos a clase, velo complicado? É un curso moi completo, aprendes un montón de cousas novas e tés que estar atenta a todo, tés que pensar se o queres facer, algo que incide moito cando xa tés unha idade e sabes cara

2

de datos e documentos, Actividades administrativas na relación co cliente, Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Un total de 230 persoas son as que están formando con COGAMI nas instalacións de Ferrol, Santiago, A Coruña, Lugo, Cabana de Bergantiños, Ourense, Vigo, Pontevedra e Mos. Tralo remate destes cursos, denominados AFD, o alumnado recibirá o certificado oficial de profesionalidade. Estas formacións teñen por obxectivo conseguir un incremento das posibilidades de inserción laboral nas persoas traballadoras desocupadas e, no caso de COGAMI, nas que teñen discapacidade.

Portas abertas en Fingoi

Xornada de portas abertas para persoal laboral de COGAMI e Ges Durante este ano COGAMI está a realizar xornadas de portas abertas dirixidas a persoal laboral tanto da Confederación como de Galega de Economía Social, co fin de que poidan observar como se traballa noutros centros ou nas empresas de economía social. Durante este ano as primeiras xornadas realizáronse no centro especial de emprego Trameve, situado en Santiago, e tamén no centro Fingoi e Grafinco que están en Lugo. Con estas visitas as e os profesionais poden afondar un pouco máis no coñecemento dos servizos que presta COGAMI. onde queres encamiñarte. Que expectativas tés cando remates, veslle posibilidades de inserción laboral? Gustaríame moverme, encontrar algo relacionado con isto. Como chegas a COGAMI? Sempre traballei en xeriatría como auxiliar de clínica pero unha doenza derivou nunha incapacidade laboral para esa profesión. Fun ao INEM a inscribirme e dende alí deriváronme a COGAMI e ao servizo de intermediación laboral. Vexo isto como unha segunda oportunidade. Cando tés unha incapacidade laboral parece que non vales para nada porque do teu non podes traballar e para outra profesión precisas formarte. Que vas facer, quedar na casa? Isto para min é unha porta que se abre para outras oportunidades.


O Boletín O Boletín

Nº 31/ marzo 2016 nº 37 / decembro 2017

Unha das concentracións que contou con máis xente foi esta, en Santiago

Máis de 800 persoas saímos á rúa en distintos concellos galegos para pedir #AccesibilidadeXA COGAMI e o seu movemento asociativo saíron á rúa o 7 de novembro para pedir igualdade como o resto da sociedade. Baixo o lema #AccesibilidadeXA: pola accesibilidade de produtos, entornas, bens e servizos, máis de 800 persoas concentráronse para pedir accesibilidade en Santiago de Compostela, Ponteceso, Noia, Pobra do Caramiñal, A Coruña, O Carballiño, Ourense, Lugo, Monforte, Pontevedra e Mos. O motivo destas concentracións foi denunciar a falta de accesibilidade universal e reivindicar a posta en marcha de medidas dirixidas a eliminar barreiras que vulneran os dereitos, liberdades e vida independente das persoas con discapacidade. Impulsada por COCEMFE en colaboración coas súas entidades membro, esta campaña pretende chamar a atención sobre o previsi-

Entidades participantes

As catro Federacións Provinciais de COGAMI, Grumico de A Coruña, AMICO de Compostela, AMARAI de Arzúa e Melide, ANDADE, ACADAR, ACEM SANTIAGO, centro de recursos que COGAMI ten en Medelo, ADISBISMUR da Bisbarra de Muros, Misela de Noia, Integro de Costa da Morte, Ambar de Ribeira, Agora de Monforte de Lemos; de Ourense concentráronse AODEM, ALCER OURENSE, AIXIÑA, ACCU, ASEM GALICIA, ASDIFICA de O Carballiño; de Pontevedra a asociación Amizade e Asearpo, Asodifisi de Mos e de Baixo Miño Adapta e Vontade.

Pobra do Caramiñal

Ponteceso

Lugo

Noia

ble incumprimento do mandato da Lei Xeral de Dereitos de Persoas con Discapacidade e da súa Inclusión Social, que establece o 4 de decembro de 2017 como límite temporal para que todos os produtos, bens, entornas e servizos sexan accesibles. Segundo o manifesto que foron lendo representantes de diferentes entidades “O 4 de decembro acaba o prazo legal pero non se adoptaron as medidas suficientes para que todo sexa accesible”. Entre as reivindicacións recollidas no manifesto están a accesibilidade universal en produtos, entornas, bens e servizos, o cumprimento da lexislación vixente, a necesidade dunha lei de infraccións e sancións que garanta a accesibilidade e a implicación cidadá ante as infraccións. A Coruña

Monforte de Lemos

O Carballiño

Mos

Ourense

3


ENTREENOVAS COGAMI inserta a 84 persoas a través do programa de emprego que financia Fundación Vodafone España Felisa Nchama Alogo é unha das persoas participantes do programa

`PARTICIPA coa dis-CAPACIDADE´, así é como se denomina o programa de capacitación mediante as TICS para a inserción sociolaboral que está levando a cabo o servizo de intermediación laboral de COGAMI. Financiado pola Fundación Vodafone España, este programa pretende potenciar o uso das novas tecnoloxías, para que sirvan como un apoio máis para as persoas que están buscando a inserción. A finais de decembro rematará o programa, e farao tras acadar uns resultados de emprego moi positivos. Das 150 persoas participantes, o 56% atopou traballo, unha cifra que supera en sete puntos o obxectivo marcado ao inicio do programa. Persoa con discapacidade ou incapacidade laboral recoñecida para o desenvolvemento da súa profesión habitual, que carece dun contrato laboral durante os seis meses anteriores ao programa e con maiores dificultades de inserción, son os perfís das persoas seleccionadas e estarán tuteladas por sete orientadores laborais, que valoran e avalían as potencialidades e capacidades de cada participante. Ferramentas de apoio Ademais de asesoramento, o programa `PARTICIPA coa dis-CAPACIDADE´ ofrece información, formación e capacitación en TICS baseado en soportes, equipamentos, tecnoloxías e software adaptados, co propósito de facilitar a busca de emprego e poder acceder ao mercado laboral. Unha destas ferramentas de apoio é unha aula BAE que está situada en Ourense, que permite actualizar e difundir os curriculums a través das plataformas dixitais a aquelas persoas que non dispoñan destas tecnoloxías na casa. Unha das persoas que utiliza este recurso é María Berta Doforno, conseguindo que contactaran con ela para varias entrevistas de traballo. Sabe que coa súa idade pode ter máis dificultades para atopar ofertas que se adapten a ela pero, segue tentándoo. Outra ferramenta que está en auxe é o curriculum 2.0 ou vídeo curriculum, unha presentación en vídeo onde a persoa aspirante a un posto fala sobre si mesma, presenta as súas aptitudes, habilidades, logros, ambicións e expectativas. COGAMI e a Fundación Vodafone ofrecen a posibilidade de gravar o seu propio vídeo curriculum ademais de

4

aportar pautas necesarias para a correcta difusión, tendo como obxectivo final o de conseguir unha entrevista. Felisa Nchama Alogo Abuy foi unha das persoas que amosou interese en gravar un vídeo curriculum. Esta moza graduada en Dereito, quere apostar polo formato audiovisual para presentarse ás ofertas de emprego, unha posibilidade que non descartou, a pesar de ter escasa visión. Felisa aproveita esta oportunidade que se lle brinda a través de `PARTICIPA coa dis-CAPACIDADE´ porque non quere cerrarse a ningunha posibilidade para estar ao día no mercado laboral. Logros alcanzados Aparte do uso de novas ferramentas para a busca de emprego, o programa ofrece posibilidades para estar ao día e xestionar as candidaturas no mercado laboral, como amosan os datos derivados deste último mes. En Galicia realizáronse 150 orientacións laborais e seguimentos a persoas con discapacidade. Para traballar temas de empatía, marca persoal, simulación de entrevistas de traballo realizáronse tres obradoiros competenciais e outros dous foron sobre a realización de entrevistas por Skype. Tamén se visitaron empresas, un total de 27, que xestionaron 30 ofertas de emprego. No último mes foron 6 as persoas inseridas a través do programa `PARTICIPA coa dis-CAPACIDADE´, que se suman ás 79 conseguidas nos meses anteriores.

María Berta é unha das persoas que usan a aula BAE en Ourense


Boletín OOBoletín

Nº 31/ marzo 2016 nº 37/ decembro 2017

Tempe colabora con COGAMI na formación de alumnado que se quere dedicar ao comercio A empresa Tempe financia un curso de Auxiliar de tenda e paquetería no que se forman 8 persoas con discapacidade da comarca de A Coruña. O curso estase a impartir nas instalacións que COGAMI ten na cidade herculina, e conta con 430 horas de duración das que 150 son prácticas que se van a realizar no centro comercial The Style Outlet de Culleredo. As tendas NIKE, PIKOLINOS, KRACK ZAPATERÍAS e TEMPE colaboran con COGAMI para que o

alumnado poida formarse nas clases prácticas, para que poidan ver e experimentar como se desenvolve unha persoa que traballa en comercio. A finalidade desta iniciativa formativa é facilitarlle ao alumnado a súa inclusión no mercado laboral, ofrecerlle os coñecementos teóricos e prácticos para desenvolverse como calquera outro profesional do sector. Este é o segundo ano que Tempe colabora con COGAMI na formación de persoas con discapacidade. Esta

tenda que está na outlet de Culleredo está dentro do proxecto social For&From, unha aposta pola integración laboral de persoas con discapacidade. O servizo de orientación laboral de COGAMI foi o que se encargou de facer a selección de persoal para esta tenda coruñesa. Outras tres tendas outlet de Inditex que están en Allariz, Massimo Dutty e Tempe, e en Ferrol, Pull&Bear, están xestionadas por Integratex, unha iniciativa de Galega de Economía Social.

Arriva Galicia e COGAMI xuntos a favor das mulleres con discapacidade Des esq. a dta. Anxo Queiruga, Juan Ignacio García e Juan Gómez

A empresa de transportes Arriva desenvolverá unha iniciativa solidaria cuxa recadación será destinada a apoiar ás mulleres con discapacidade que sofren violencia de xénero. Así o recolle o convenio de colaboración asinado en Santiago por representantes de Arriva Galicia e máis COGAMI. O CEO de Arriva en España, Juan Ignacio García de Miguel e mailo presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, foron as persoas que asinaron un convenio, a través do cal Arriva

Galicia doará a COGAMI entorno ao 5 por cento dos billetes de autobús expedidos en Galicia durante os días comprendidos entre o 11 e o 17 de decembro. Nesta iniciativa que leva por nome “Semana Solidaria de Arriva Galicia”, a compañía de transporte rotulará os seus buses coa imaxe gráfica da campaña para dar a coñecer entre as súas persoas usuarias a colaboración con COGAMI. A cantidade recadada durante a “Semana Solidaria de Arriva Galicia”

será destinada a accións desenvolvidas por COGAMI que contribúan á mellora das mulleres con discapacidade que sofren violencia de xénero. Segundo datos que manexa COGAMI, das máis de 500 mulleres con discapacidade que participaron nos seus programas, o 80% foron vítimas de violencia (considerada esta como violencia sexual, obstétrica, estrutural, abusos...)

5


NOENTREVISTA

A asociación Amarai conmemora os seus vinte anos de traxectoria COGAMI. José Luis Costoya é presidente e un dos impulsores da asociación Amarai de Persoas con Discapacidade e Apoio á Integración de Arzúa e Terra de Melide. Cando lle propuxeron formar parte deste proxecto non o dubidou. JL.C. Certo, non o dubidei, e alégrome por non telo feito porque o tempo demostrou que este proxecto era moi necesario para o noso colectivo, porque logramos facer cambios na nosa contorna, cambios de mentalidades, de proxectos de vida de persoas e familias, de valores, de perspectivas presentes e futuras. Logramos cambiar dinámicas, e crear ilusións entre a xente con discapacidade. Queremos felicitarvos por este vinte aniversario. Como era a vida dunha persoa con discapacidade desta comarca antes de Amarai e como é actualmente? Moitas gracias pola felicitación. Antes de Amarai non dispoñíamos dunha entidade

6

que ofertase servizos e programas especializados ás necesidades de mellora das persoas con discapacidade, con profesionais cualificados para poder desenvolvelas. Carecíamos de moitas oportunidades. Unha vez rematada a etapa escolar quedaban no entorno familiar, unha vida sedentaria con escasas, por non dicir nulas posibilidades de potenciar as habilidades de desenvolver unha vida o máis autónoma posible. Esta entidade converteuse nun pilar importante no desenvolvemento da vida de moitas persoas, unha forma de vida. Algunha vez pensastes que Amarai se convertería no que hoxe en día é, unha entidade cun centro de recursos propio que atende a 34 persoas da comarca e no que traballan 10 profesionais? Cando soñábamos intentábamos darlle renda solta á imaxinación e chegábamos a pensar que si. Pasaban os anos sen os


O Boletín nº 37 / decembro 2017

resultados desexados, chegamos a pensar que homenaxe ao fundador de COGAMI, Domingo non ía ser posible, que non chegaríamos ao que Dosil Cubelo e, por que non dicilo, promotor de hoxe somos. que as persoas con discapacidade das comarcas Que facedes neste centro de recursos, que lle de Arzúa e Terra de Melide puidesen ter unha aporta ás persoas que veñen de luns a venres? entidade enfocada a este colectivo. É difícil de explicar. Supón romper coas dinámicas Pronunciaches un discurso claro e sedentarias das persoas directo, aproveitando que acoden diariamente. que representantes da Supón manter relacións Administración Pública As persoas con interpersoais con estaban presentes, onde non compañeiras e profesionais, desaproveitaches a ocasión discapacidade non e supón que un equipo de falar de carencias coas que somos un gasto, somos multidisciplinar cualificado tendes que convivir a diario. consensúe un programa Son momentos para que as unha inversión que ten de atención individualizado administracións recoñezan que ser prioridade que contemple os o papel importante que programas e servizos máis desenvolvemos, e as número un para a axeitados para potenciar dificultades e carencias coas Administración a autonomía da persoa co que nos atopamos a diario para obxectivo de que poida dar resposta ás persoas que se ser o máis independente achegan ata Amarai ou outras posible a todos os niveis, contemplando dende as que polas súas condicións están a ter trabas. habilidades instrumentais e básicas da vida diaria Deben poñer conciencia de que as persoas con ou servizos como logopedia, rehabilitación ou discapacidade non somos un gasto, senón unha atención psicolóxica. Sen esquecer o servizo de inversión que ten que ser para eles prioridade un. comedor ou o servizo de transporte adaptado. Pasou o aniversario, hai que seguir traballando. Por certo, temos que felicitarvos porque o acto de Que tedes en mente para os vindeiros anos? celebración do aniversario chegou co anuncio de Queremos dar resposta de vivenda ou aumento de prazas por parte da Xunta. residencia a aquelas persoas que poidan Certo, un recoñecemento á demanda que estamos quedar sen familiares ou titores e deben seguir a ter das persoas con discapacidade da contorna desenvolvendo un proxecto de vida da forma por incorporarse ao centro, a gran maioría con máis independente. escasos recursos económicos. Tamén pretendemos desenvolver un proxecto Xa que falamos do acto, como foi este día no que no eido laboral que poida dar resposta ás lograstes que se desprazaran 200 persoas ata a características das persoas con discapacidade Casa da Cultura de Arzúa? que acoden ao centro ocupacional, e que poidan Foi un día intenso, pero tamén o foron os que lle potenciar as habilidades prelaborais adquiridas precederon. Foi un acto emotivo cun remate en no centro de recursos.

”.

Numerosas persoas convidadas acompañaron a Amaria no acto de aniversario celebrado en Arzúa

7


INICITIVAS REPORTAXE DE ECONOMIA SO-

Trameve serve de escenario de proxectos de concienciación ambiental O audiovisual estase a interesar polas instalacións que Trameve ten no polígono compostelán do Tambre. Primeiro foron os de Vella Escola e logo a organización do Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción os que decidiron que as instalacións que ten Trameve cumprían para presentar os seus proxectos nos medios audiovusuais. Vella Escola, entidade especializada na organización de actividades de cultura urbana, quería gravar un vídeo para promover o respecto ao coidado do medio ambiente e o lecer inclusivo. O Festival de Inverno buscaba un sitio que estivera relacionado co mundo do motor para presentar o seu regreso. Ámbolos dous proxectos foron presentados nas instalacións de Trameve. Trameve xa leva dezasete anos en activo. Este centro especial de emprego que forma parte de Galega de Economía Social dedícase á venda de pezas de vehículos de segunda man, e dende este ano, tamén abre negocio á venda de vehículos de ocasión usados ou semiusados. Trameve ten unha estética que é bastante diferente aos centros de despece de vehículos que adoitamos ver. Aquí non hai caos de almacenamento de mercadoría. Existe unha orde moi necesaria para poder almacenar as máis de 75 mil pezas de recambios que están colocadas polos 2.700 metros cadrados que ten de extensión o centro de traballo.

8

Aquí todo está no seu sitio, todas as pezas colocadas en andeis, ordenadamente como se estiveramos nuns grandes almacéns. Por que prestamos tanta atención a esta colocación? Porque esta estética que recoñece a Trameve está a atraer a atención de iniciativas externas, interesadas en presentar os seus proxectos nun ambiente cargado de vehículos, motores, faros e luces. Un destes proxectos foi o desenvolvido pola asociación Vella Escola, unha entidade vinculada á cultura urbana que presentou un proxecto no que quería contar directamente con COGAMI. Actividades como o Break dance, Parkour, Rap ou a

pintura Graffity foron practicadas por especialistas da entidade, pero tamén contaron coa colaboración de persoas usuarias do centro de recursos de Medelo que se desprazaron para compartir unha xornada de arte urbana. As actividades que se practicaron, e que foron gravadas nun vídeo, tiñan un nexo común: concienciar sobre a necesidade de coidar o ambiente, fomentar a reciclaxe, xerar conciencia sobre os problemas medioambientais e fomentar o lecer inclusivo, como así foi durante este día. En definitiva, tratábase de presentar un espazo no que se podían practicar deportes alternativos utilizando recursos exis-


O Boletín O Boletín

Nº 31/ marzo 2016 nº 37/ decembro 2017

Participantes de Vella Escola e do centro de recursos Medelo durante a xornada de grabación

tentes que non xeraran residuos. Así foi que durante todo o día houbo tempo para aprender a moverse con música dance, aprenderon a cantar e a facer sons coa gorxa, aprenderon a superar obstáculos coa axuda do seu propio corpo e a facer mesturas de son nunha mesa de mesturas. Unha das obras máis traballadas foi a realización dun mural ecolóxico utilizando pintura fotocatalítica antipolución para pintar un bosque de 75 metros cadrados nun lateral de parede de Trameve.

Presentación Escenas do Cambio Outro proxecto que quixo presentarse publicamente nunha rolda de prensa que convocou aos medios de comunicación foi o Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción chamado Escenas do Cambio. Buscaban un escenario rodeado de vehículos porque querían facerlle un chisco á montaxe Voadora, que aborda o papel da muller no mundo da industria do motor. Este festival, que se desenvolverá en febreiro deste ano, contará con 13

espectáculos de compañías procedentes de cinco países. Durante a presentación deste festival tamén interveu o xerente de Trameve, Luis Penido, quen contou que Trameve é un centro especial de emprego no que traballan persoas con discapacidade, que iniciou tras rematar un proxecto europeo Horizon, de apoio ás persoas con discapacidade e investigación de novas formas de integración laboral en actividades relacionadas coa reciclaxe de vehículos dun xeito ecolóxico.

Momento no que están practicando Break dance

9


ASOCIACIONS MEMNOVAS

Encarna Lago é a xerente da Rede Museística de Lugo

Ultimamente a Rede Museística Provincial de Lugo abre as súas salas para que entidades como COGAMI teñan a oportunidade de presentar obras. Así ocorreu coa presentación dos programas EnREDarte ou Artibility, proxectos que foron expostos e vistos por máis xente grazas a esta oportunidade brindada. Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMP), como xurde a idea de ceder espazos a obras que non son de profesionais? Realmente trátase dun concepto museolóxico totalmente diferente, enmarcado na Museoloxía Social ou sociomuseoloxía. Este novo paradigma da xestión museística conta cuns obxetivos que van máis alá da preservación e exhibición das coleccións, para converterse nun factor de dinamización e cohesión social. Cómpre repensar a función social do museo. O que estamos a facer é poñer as institucións ao servizo da comunidade. Estar ao servizo de todos e todas é o que nos leva a que o tecido social forme parte da Rede Museística facendo uso das súas instalacións. COGAMI, como parte do noso tecido social, colabora no novo proxecto de reconstrución do museo. E como se acolleu esta proposta

entre os colectivos sociais da provincia, como foi a súa resposta? A acollida foi fantástica, serviunos para achegar a RMP á sociedade de forma real e verdadeira. Dende esta nova perspectiva os museos da RMP convértense en institucións en permanente interacción cos colectivos sociais. Dende o departamento de capacidades diferentes e accesibilidade as asociacións senten que forman parte da nosa realidade, hai complicidade social, creativa, corporativa e institucional. Atopastes algunha obra que vos chamara a atención pola súa calidade? Todas as persoas contan con calidades únicas e diferentes. Dada unha das pezas que formaron parte dos proxectos humanos tiveron para nós moita importancia como testemuños humanos. Podemos dicir que a arte diríxese á mente e non só aos ollos. Sempre foi percibida deste xeito polos pobos primitivos, e eles están no correcto. A arte é un idioma, unha ferramenta para o coñecemento e a comunicación. COGAMI acaba de asinar a continuación do programa EnREDarte, contaremos outra vez coas vosas instalacións para expoñer?

A Rede Museística de Lugo seguirá brindando as súas salas a obras que realicen as persoas usuarias do centro de Fingoi Por suposto que si! Os catro museos da RMP (Museo de San Paio de Narla, Museo Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar e Museo Provincial de Lugo) estarán ao servicio sempre das necesidades de COGAMI. Somos catro museos que traballamos con e para a comunidade. Programar coa comunidade conleva coñecerse, saber como se comunica, como sinte e como actúa. Propiciamos a cultura de participación real para ter verdadeiros museos inclusivos. Ten en mente a Rede Museística algún proxecto no que COGAMI poida participar aparte dos xa realizados ata o momento? COGAMI forma parte do día a día da Rede Museística e non hai proxecto que programemos no que non se vexan implicados. Na actualidade, estamos a traballar nun novo proxecto internacional que se chama “Guerrilla de Palabras oficio de Palabrero/a” seleccionado entre os cinco proxectos habilitados para o Premio Conversas de Ibermuseos a nivel internacional do que forma parte unha vez máis COGAMI dende o nacemento do mesmo.

Integratex cumpre dez anos

Parabéns ao centro especial de emprego Integratex polo seu décimo aniversario. Xa pasaron 3.650 días dende que esta iniciativa empresarial do grupo Galega de Economía Social abrira as portas da tenda outlet Massimo Dutti en Allariz. Toda unha experiencia novidosa tanto en COGAMI como tamén no tecido empresarial da zona. Posteriormente á apertura de Massimo Dutti seguiulle Tempe de calzado e complementos, tamén en Allariz e, a máis noviña, a tenda Pull&Bear en Ferrol. Para festexar estes dez anos de traxectoria, compartiron unha comida tanto persoal laboral de Galega de Economía Social, como de Integratex. Noraboa por estes dez anos. 10


O Boletín nº 37/ decembro 2017

I Encontro Interprovincial de mulleres con discapacidade desenvolvido en Ourense Un total de 35 mulleres procedentes dos concellos de Vilalba, Sarria, Monforte e O Carballiño participaron no I Encontro Interprovincial que COGAMI desenvolveu en Ourense, onde trataron as claves para o empoderamento a través da participación social, a creación de redes no ámbito rural e de ferramentas necesarias para abordar a violencia de xénero. As mulleres que asistiron a este encontro fixérono tras participar no programa Activando o Rural, un proxecto financiado polo Parlamento de Galicia, que tivo por finalidade empoderalas, dotalas de confianza e poder de decisión sobre si mesmas. O programa desenvolveuse a través da creación de itinerarios personalizados de inserción e participación social, o traballo en grupo, buscando a motivación

e compromiso persoal. Tamén se desenvolveron obradoiros de empoderamento que facilitaron a creación de redes entre mulleres, onde saían á luz aquelas necesidades que no día a día detectan as mulleres con discapacidade. Todas as participantes do programa Activando o Rural cumprían uns perfís similares: necesidade de apoio social para desenvolver o seu plan de vida, situación de desemprego, dificultades para a inserción laboral por cincunstancias persoais ou familiares, estar en situación de especial vulnerabilidade e con múltiples factores de exclusión social como pode ser o grao de discapacidade ou a necesidade de apoios.

Éxito de participación no programa de termalismo da Federación COGAMI Coruña Un ano máis, o programa de termalismo que organiza a Federación COGAMI Coruña, e que financia a Deputación de A Coruña, resultou ter un éxito de participación. Este programa, dirixido a persoas con discapacidade da provincia, realizouse no balneario termas de Cuntis. Un total de 20 persoas e 11 acompañantes dos concellos de Ames, Boiro, A Coruña, Dumbría, Frades, Pobra de Caramiñal, Ribeira e Compostela, estiveron durante unha fin de semana recibindo tratamentos de augas termais, co fin de mellorar a

súa saúde a través de técnicas hidroterápicas, exame médico e masaxe parcial, ademais de asistencia a piscinas termais con chorros de hidromasaxe. Con este xa van once anos consecutivos que a Federación COGAMI-Coruña desenvolve este programa de termalismo. Aparte da rehabilitación, tamén cumpre coa función de lecer e respiro familiar. Dende que en 2006 inicia este programa, conta con máis de 200 persoas se beneficiarias.

Momento no que están no aeroporto

Persoas usuarias do centro de Medelo viaxaron a Tenerife A idea desta viaxe xurdiu por parte das persoas usuarias do centro de recursos de Medelo que ten COGAMI en Silleda. A maioría nunca estivo nun aeroporto e tampouco tivo a oportunidade de viaxar en avión. Así que as persoas profesionais do centro puxéronse mans á obra para poder contentalos. Así foi como se teceu a viaxe a Tenerife. Foron vinte os que viaxaron durante unha semana a Puerto de la Cruz, unha proposta que cando se lles presentou ás familias, estiveron conformes con que se fraguara esta oportunidade. A viaxe iniciou tralo embarque dende o aeroporto da Lavacolla. Cada un levaba a súa maleta, na que non faltaron bañadores nin sandalias. Houbo algunha que outra bágoa que esvaraba polas meixelas, pero non eran de tristeza, eran de ilusión porque vían que iniciaba unha aventura para os seus familiares que nunca estiveron tantos días fóra da casa nin tan lonxe. A semana fíxoselles curta porque, aínda que estaban de vacacións, a axenda estaba repleta pero de actividades de lecer. Visitaron o Loro Park, gozaron da praia e da piscina, xantaron nesas cadeas de comida rápida, foron de troula pola noite, para comparar se a movida era igual na península que nas illas, ou iso é o que non queren dar a entender,... En fin, gozaron dunhas vacacións en maiúscula. Pero todo o bo acaba, así que tiveron que regresar, aínda que hai quen preguntou de incrementar algúns días de estadía. Tras desembarcar en Santiago e coller as maletas, abríronse as portas e viron que estaban os seus familiares de novo agardando pola súa chegada. Desta vez son moitas as anécdotas que contar, moitas experiencias vividas que trasladar e moitos desexos de poder repetir outra viaxe coma esta.

11


PECHE Un programa de voluntariado europeo trae a COGAMI Lugo a dúas mozas voluntarias de Grecia Georgia e Kallirroi chegan a COGAMI para quedar con nós durante dez meses, onde compartirán coñecementos e tamén aprenderán do noso día a día Durante dez meses, o centro de recursos de Fingoi que ten COGAMI en Lugo, vai contar con dúas novas inquilinas, Georgia e Kallirroi, dúas mozas gregas que viñeron para realizar un servizo de voluntariado europeo. Escolleron COGAMI porque as dúas asisten a clases de español e tamén porque, tras ter experiencia en traballar con mocidade en situación de risco, gustoulles a idea de poder estar en contacto coa discapacidade. Estas dúas mozas teñen moito en común: as dúas teñen 24 anos, as dúas estudaron matemáticas, Georgia xa acabou a carreira e Kalli está para rematala,

e as dúas intentan saír adiante impartindo clases particulares. Ademais, Kalli traballa esporadicamente como deseñadora gráfica, unha profesión que de seguro é moi ben acollida polo equipo que cada mes se encarga de redactar e editar o boletín dixital Moemia Virtual que realizan en Fingoi. As dúas mozas viñeron con moitas ganas de compartir os seus coñecementos de inglés e de grego, ademais de colaborar en fisioterapia e en activades de piscina. Pero non todo vai ser espremer os coñecementos das recentemente chegadas. Elas tamén queren aproveitar a súa estadía para aprender moito sobre

nós, sobre o como vivimos as persoas con discapacidade, das necesidades que temos, da nosas vivencias, sobre os momentos para compartir con elas e entreternos con elas. A estadía en Galicia tamén vai ser unha boa oportunidade para coñecer a cultura galega, mellorar o seu español, vivir soas, xa que en Grecia viven na casa familiar e, en definitiva, gozar dunha vivencia que vai durar dez meses nun país diferente e, que seguro, non esquecerán xamais.

www.cogami.gal


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.