O boletín 38

Page 1

O Boletín nº 38 / marzo 2018 Edición trimestral

María Acuña e Juan Suárez, novas direccións na Organización


NOVAS

Adrián López traballa na oficina de COGAMI en Santiago cun contrato de Coopera

Un ano máis, COGAMI e o movemento asociativo reciben persoal laboral que se coñece como “Cooperas”, xente menor de 30 anos, con formación pero carentes de experiencia laboral e, todas elas e eles, apuntados na oficina de busca de emprego. Os Cooperas son un recurso que ofrece a Consellería de Economía, Emprego e Industria ás entidades sen ánimo de lucro, unha oportunidade que, ademais de activar o emprego, suponlle ás entidades poder contar con profesionais que poidan desenvolver programas en beneficio das persoas usuarias ou asociadas. Existen moitas entidades que non poden contratar a persoal laboral porque carecen de recursos, tanto económicos

como estruturais, e as persoas voluntarias que colaboran para mantelos activos non sempre teñen dispoñibilidade. É por isto que estas entidades solicitan un Coopera, o que lles permitirá prestar servizos especializados e, ao mesmo tempo, non se ven obrigados a afrontar uns custos que non teñen porque este custo é asimilado pola Administración Pública. Durante este ano, COGAMI e o movemento asociativo lograron que se lles concederan 62 Cooperas das 68 solicitudes que foron presentadas inicialmente. Os perfís das persoas contratadas engloban diversas disciplinas como Psicoloxía, Pedagoxía, Educación social, Traballo social, Fisioterapia,Terapia ocupacional, Auxiliar

Un total de 62 Cooperas inician a traballar en COGAMI e entidades membro administrativo, Servizo de limpeza, Mantemento en xardíns, Intérprete en lingua de signos, Actividades físicas, Condutor, Animación sociocultural e Monitor. Centros de traballo Todas as persoas contratadas a través do convenio de Cooperas estarán durante sete meses colaborando nos centros de recursos de Fingoi, Monteporreiro, Medelo, Mos, ademais das oficinas de COGAMI en Santiago, Coruña, Vigo, Ferrol, as Federacións Discafis COGAMI de Ourense, COGAMI Pontevedra e A Coruña, e as asociacións Acadar, Adisbismur, Aspanemi, Amarai, Integro, Avante, Aixiña, Adapta, Amizace e Asodifisi.

COGAMI renova o selo de calidade Excelencia na xestión EFQM 400+ Rosana González, coordinadora de Calidade, posa co renovado selo EFQM 400+

O Club de Excelencia na Xestión volveu renovar o selo que certifica que COGAMI ofrece uns servizos de calidade. Por terceira vez consecutiva, e como está a ocorrer cada dous anos, un grupo formado por tres auditores desprazáronse ata as instalacións que COGAMI ten en Santiago e tamén ata o centro de recursos de Medelo para

2

analizar a xestión e o funcionamento da entidade. Tras tres días de visita, estes avaliadores volveron certificar que novamente COGAMI mantén o selo EFQM, 400+ un distintivo que certifica que as entidades que o teñen ofrecen servizos de calidade ás persoas usuarias. COGAMI obtivo hai catro anos este selo

e, tras superar novamente esta auditoría, confírmase que durante dous anos máis a entidade manterá este distintivo. Segundo apunta a coordinadora da área de Calidade, Rosana González, este recoñecemento “nos alenta a seguir construíndo unha Organización comprometida coas persoas con discapacidade”.


O Boletín O Boletín

Nº 31/ marzo 2016 nº 38 / marzo 2018

Acto de presentación do proxecto Galicia Accesible en Madrid durante a Feira do Turismo

Presentamos en FITUR un proxecto que promove o turismo accesible en Galicia

Galicia Accesible, así é como se denomina este proxecto que presentaron na feira de turismo Fitur, COGAMI e máis a empresa líder na promoción de turismo accesible Equalitas Vitae. A finalidade é poder desenvolver plans de accesibilidade no sector turístico galego, para que todas as persoas poidan gozar do tempo de lecer en igualdade de condicións. COGAMI realizará estudos para diagnosticar as condicións de acce-

sibilidade en aloxamentos e oferta turística e cultural con propostas de melloras onde haxa carencias, mentres que Equalitas Vitae axudará na promoción e posicionamento dos destinos que cumpran cuns requisitos de accesibilidade establecidos e que garantan un servizo turístico de calidade para clientela con necesidades especiais. Ditos recursos aparecerán promocionados en www.equalitasvitae.com, o portal líder en promoción do turismo

accesible en fala hispana e na APP Turismo accesible, dispoñible en versión Android e IOS. Durante a presentación, que contou coa presenza do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, anunciouse que os establecementos que cumpran coas condicións de accesibilidade recibirán un distintivo de Accesibilidade denominado #Galiciaaccesible.

Izaskun Benito, representante de Equalitas Vitae. Cales serían os requisitos establecidos para considerar un hotel accesible? Máis que falar de establecementos accesibles falamos de establecementos recomendados. Somos conscientes de que non sempre os aloxamentos ofrecen condicións óptimas de accesibilidade para todo tipo de persoas usuarias en función da súa discapacidade pero, polo menos, deben reunir unhas condicións mínimas que garantan o uso da instalación ao maior número de persoas. En ocasións tamén incluímos información de accesibilidade de hoteis que, aínda que non reúnen todas estas condicións que especificamos, si teñen unhas medidas que poden facer que sexan útiles para outro tipo de persoas usuarias, por exemplo, podemos incluír hoteis nos que exista unha ducha a cota cero pero que non dispoña de asento. Este tipo de establecementos non poden aparecer como “recomendados” pero consideramos que si poden ser útiles para determinados

persoas. Antes, ás persoas con mobilidade reducida non se vían como clientas potenciais en negocios de turismo. Está xa cambiando esta percepción? Efectivamente, o turismo accesible está en auxe por varios motivos. En primeiro lugar, polo propio envellecemento da poboación que fai que cada vez teñamos máis persoas maiores con ganas de viaxar pero que á súa vez teñen limitacións na súa mobilidade. Tamén porque as

persoas con discapacidade adquirida ou non, saen máis á rúa e queren gozar do lecer como o resto das persoas. Finalmente, o turismo accesible asóciase tamén ao turismo do benestar e ao turismo de saúde, algo moi en auxe nos últimos anos. Así pois, ademais da necesidade social de adaptar a oferta turística e as contornas para todas e todos, existe unha tendencia á adecuación do turismo polo importante retorno económico que supón.

3


NOENTREVISTA O novo plan estratéxico trae consigo cambios como o nomeamento de dúas novas direccións: a de Comunicación e Relacións Institucionais e a Económica e Financeira. Estas dúas direccións están cubertas por dúas persoas que levan anos traballando na Organización, María Acuña e Juan Suárez. Os dous cóntannos na entrevista como afrontan esta nova etapa profesional. COGAMI. Que significa a aparición destes novos cargos que antes non existían? Juan. Perséguese unha dirección funcional de toda a Organización. De igual forma que esta visión global do grupo de empresas supuxo un salto importante no control de xestión, de xestión da información, moi útil para a toma de decisións, esta dirección nos terreos social e empresarial aportará un coñecemento e un compromiso maior coa Organización, que dará paso a unha xestión máis eficaz no seu conxunto. María. A comunicación é esencial na actividade organizacional e imprescindible para un bo funcionamento. Un modelo de comunicación global, que integre ao conxunto da Organización, mellorará a súa adaptación aos cambios, facilitará o logro das metas trazadas, e repercutirá na súa competitividade. Por outra banda, contribúe a fomentar a motivación, a responsabilidade, a implicación, a identidade e a participación das persoas, polo que incidirá positivamente no compromiso coa mellora continua da Organización.

4

Que importancia cres que ten a túa área no novo plan estratéxico, que papel xoga? Juan. Considero que todas as áreas funcionais dunha organización están conectadas, calquera cambio ten consecuencias noutros departamentos.

Juan: “O reto será definir o modelo de xestión que mellor se adapte ás necesidades de información financeira”

O papel que se agarda da área Económica e Financeira é unha estreita colaboración con outras áreas e poder respostar ás necesidades que demanden, sempre dentro das nosas posibilidades e recursos.

María Acuña é en 2006 cando chega a COGAMI para formar parte da área de Comunicación e un ano máis tarde, compaxínaa coa actividade propia do gabinete de presidencia, o que lle permitiu ter un coñecemento moi amplo das diferentes actividades da organización. Con María púxose en marcha a área de Lecer, o que lle permitiu contacto directo co movemento asociativo e as persoas usuarias, deseñando e desenvolvendo proxectos lúdicos e deportivos. María. Nos tempos que corren, ninguén dubida que a comunicación nas organizacións é sumamente relevante. O punto de enfoque mudou cara unha mirada estratéxica no sentido


O Boletín nº 38 / marzo 2018

conxunto da Organización da situación actual e do horizonte que perseguimos; as necesidades ás que temos que dar resposta e as potencialidades coas que contamos. Neste sentido, a comunicación ten que ser a engrenaxe básica do funcionamento interno da organización e da súa relación co exterior, polo que definiremos un modelo que sitúe ás persoas no centro da nosa acción, unha comunicación inclusiva e dende os valores. Aínda é cedo para facer predicións pero, como vedes dentro dun ano a área na que estades? Juan. A mellora continua estivo presente ao longo destes anos na Organización, os cambios María. Sen dúbida imos ser recentes forman parte deste capaces, forman parte do mesmo proceso de mellora. Estou universo. É fundamental levar a convencido de que os avances cabo un desenvolvemento parello serán significativos. que se traduza en oportunidades María. Lograr unha para as persoas. Defendemos comunicación efectiva e promovemos os dereitos das posibilitará que o conxunto da persoas con discapacidade, a Organización saia reforzada. súa participación social, e un Sen dúbida, unha entidade que traballo coordinado e compartido sitúa a tarefa de comunicar ten que ser a nosa folla de ruta. como un eixo fundamental Cales serían as primeiras do seu funcionamento, e no accións que pensades tomar? que implica ao conxunto das Juan. O reto será definir o persoas que a conforman, modelo de xestión que mellor logrará o reto de comunicar. se adapte ás necesidades de información financeira: que información se precisa para a toma de decisións, como se debe obter e os tempos de resposta. É fundamental definir o modelo financeiro que sexa máis eficaz para a Organización. María. Como punto de partida cómpre facer unha análise no

obxectivos a alcanzar así como da creación dun clima de traballo favorable, e repercute tamén a nivel externo, na relación cos diferentes públicos obxectivos.

María: “definiremos un modelo que sitúe ás persoas no centro da nosa acción, unha comunicación inclusiva e dende os valores”

Juan Suárez chega a COGAMI en 1998 para formar parte do departamento de xestión, contabilidade, laboral, fiscal e mercantil das iniciativas de economía social que se estaban poñendo en marcha. Como tiña experiencia tras traballar anteriormente nun despacho de asesoría de empresas, Juan foi tomando cada vez máis peso na área económica ata que chegou a ser o director financeiro de Galega de Economía Social no ano 2009. de que este novo plan asígnalle a relevancia que require. Debemos ter en conta que parte do éxito dunha organización depende do coñecemento e identificación das persoas que a conforman cos

5


ENTREENOVAS Laura Quintas: “É moi importante que a nosa voz sexa escoitada, para que o sistema social e sanitario funcione de forma axeitada” Laura Quintas coordina a área Sociosanitaria de COGAMI

En xullo de 2011, debido ao incremento de entidades de carácter sociosanitario en COGAMI, a Xunta Directiva aprobou a creación dunha área Sociosanitaria. Sendo a coordinadora desta área Laura Quintas, preténdese impulsar a correcta intervención sociosanitaria das persoas con discapacidade en problemas engadidos relacionados coa saúde, especialmente como consecuencia dalgunha enfermidade crónica. Por que se fixo necesario crear unha comisión sociosanitaria en COGAMI? Porque tiñamos un número importante de entidades que trataban con persoas con discapacidades orgánicas, tendo unhas necesidades diferentes a outras e porque as necesidades e demandas das entidades de carácter sociosanitarios son moi semellantes entre si, sempre con singularidades dependendo da enfermidade ou discapacidade orgánica que representen. Polo tanto, dende COGAMI decidiuse facer un grupo de traballo para empezar a ver demandas e necesidades comúns, e marcar obxectivos conxuntos. De que se encarga? O obxectivo é impulsar a correcta intervención sociosanitaria das persoas con discapacidade e problemas engadidos relacionados coa saúde, especialmente como consecuencia dalgunha enfermidade crónica. Fanse revisións e aportacións á lexislación que sae dentro do ámbito social e sanitario; particípase activamente en foros da rede sociosanitaria galega de carácter institucional ou privado nos cales cada vez máis as e os pacientes temos voz;

6

participamos en foros e grupos de traballo que se van creando dentro do propio movemento asociativo; resólvense problemáticas que poidan xurdir nas asociacións membro e tamén casos particulares que nos derivan; traballamos en rede, transvasando información e poñendo en común o coñecemento que temos acumulado nas diferentes asociacións ao longo destes anos de traballo individualizado. Dende que iniciou a súa traxectoria, podemos falar de que provocou cambios a favor do noso movemento asociativo? Cada vez máis, dende a Administración vense na obriga de facer partícipes na toma de decisións ás asociacións representantes de persoas e pacientes. É moi importante que a nosa voz sexa escoitada, posto que para que o sistema social e sanitario funcione de forma axeitada, é importante que todas as persoas esteamos involucradas. Cantas entidades forman parte da Comisión e hai previsión de que este número poida incrementar? Nestes momentos somos 26 entidades, o número incrementarase na media que se vaian incorporando máis entidades sociosanitarias

ao movemento asociativo COGAMI. Que ten que mellorar a Sanidade Pública na atención das enfermidades crónicas? O sistema sanitario ha de mudar e centrarse en dar resposta ás necesidades das persoas con patoloxías crónicas. Actualmente está moi centrado nas patoloxías agudas, pero as persoas con patoloxías crónicas son as que máis uso fan do sistema sanitario. En Galicia, unha poboación cada vez máis envellecida, cunha dispersión territorial moi alta, o sistema sanitario debe de cambiar de tal xeito que sexa el o que se achegue ao doente e non ao revés. O sistema debería tamén centrarse na saúde poboacional, nun plan de prevención da enfermidade e discapacidades asociadas. Que tedes como prioridade na axenda para sacar adiante? Que esta comisión e as súas entidades sexan interlocutores válidos ante a Administración Pública, e que cada vez máis teñan en conta a nosa postura, non só despois de editar textos e leis, senón antes da súa elaboración. Que consulten as necesidades das persoas antes de crear sistemas e estruturas para estas.


Boletín OOBoletín

marzo2018 2016 nº Nº 38 31/ / marzo

Arriva Galicia dona 9.600 euros a COGAMI para apoiar a mulleres vítimas de violencia Á esq. Anxo Queriga dálle a man a Juan Gómez tras recibir o cheque

A empresa de transporte Arriva Galicia doa a cantidade exacta de 9.671,60€ a COGAMI para desenvolver proxectos de apoio a mulleres con discapacidade que sofren violencia de xénero. Esta colaboración enmárcase no convenio asinado en novembro por representantes de Arriva e COGAMI, e que derivou na realización da “Semana Solidaria de Arriva Galicia” a segunda semana de decembro. Arriva Galicia doou o 5% da recadación dos billetes de autobús expedidos durante ese período. “Este é un paso máis no compromiso da compañía cos colectivos

que se atopan nunha situación de vulnerabilidade maior”, afirmou o director xeral de Arriva, Juan Gómez Piña, mentres que o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, apuntou que “esta aportación vai servir para continuar programas de apoio ás mulleres que viven situacións de violencia e sobre todo, para previr estas situacións”. A cantidade recadada vai ser destinada a proxectos que defenderán a igualdade efectiva das mulleres con discapacidade galegas dende unha perspectiva dos dereitos humanos, facendo especial fincapé nos principios de non discriminación,

Unha das accións grupais de técnicas de busca de emprego desenvolvidas

Un total de 104 persoas con discapacidade conseguen inserirse laboralmente tras participar no programa `PARTICIPA coa dis-CAPACIDADE´, un proxecto no que colabora a Fundación Vodafone España e co que se pretendeu potenciar o uso das TICS para a inserción sociolaboral, valéndose das novas tecnoloxías para darlle un uso favorable ás persoas que están buscando emprego. Finalizado en decembro, este pro-

grama superou as expectativas marcadas: se nun principio se contaba con acadar o 49% de insercións das 150 persoas participantes, finalmente foi o 69% a cifra alcanzada. Estas insercións producíronse 22 en A Coruña e Vigo, 11 en Ferrol, 9 en Lugo, 12 en Ourense, 10 en Pontevedra e 18 en Santiago. Todas as persoas seleccionadas en `PARTICIPA coa dis-CAPACIDADE´ compartían perfís similares:

igualdade de oportunidades, inclusión na comunidade, vida independente e acción positiva. Esta colaboración que ofrece Arriva Galicia é unha ferramenta de grande importancia para abordar desigualdades e para visibilizar calquera maneira de violencia en contra das mulleres con discapacidade. Ademais, este acordo permitirá a continuidade das accións lanzadas por COGAMI para traballar na prevención e no tratamento de casos de violencia, para que as mulleres poidan ter unha mellora na súa calidade de vida.

Éxito de inserción nun programa de emprego desenvolvido por COGAMI tiñan discapacidade ou incapacidade laboral recoñecida para o desenvolvemento da súa profesión habitual, carecían dun contrato laboral durante os seis meses anteriores ao programa e contaban con maiores dificultades de inserción por vivir no rural, por ter formación básica e por ser muller (de aí que a metade de participantes deste programa foran mulleres).

7


INICITIVAS REPORTAXE DE ECONOMIA SO-

COGAMI, unha organización que ten detrás a 1.000 persoas Semella que quedan moi afastados os tempos dos inicios de COGAMI, aló polo ano 1990, cando catro persoas iniciaban a traballar nun piso que estaba situado en Milladoiro: unha auxiliar administrativa, un xerente, unha técnica de formación e unha coordinadora de programación. Así foi como botou a andar a que hoxe é a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, con pouca xente e con moitas ganas de cambiar unha sociedade inxusta coas persoas que se saían dos parámetros que había establecidos. E medramos, e moito. Pasamos desas catro persoas a máis de 1.000, concretamente a 1.050 persoas, a que é a cifra exacta. Todas estas son persoas que traballan hoxe en día tanto en COGAMI como nos centros especiais de emprego que se foron creando como oportunidades laborais dun mercado totalmente pechado á diversidade. Todas estas 1.050 persoas que traballan na Organización, das que o 51% son mulleres, fano a través de distintas iniciativas empresariais que se dedican tanto á prestación de servizos especializados a persoas con discapacidade como tamén á reciclaxe, xardinería, téxtil, transporte adaptado, artes gráficas, distribución, alimentación, consultaría e coidado de persoas maiores e persoas dependentes. Como comentabamos, COGAMI iniciou a actividade con 4 persoas contratadas, nada que ver coas 146 contratadas actualmente, das que o 74% son mulleres. Dende COGAMI préstanse servizos a persoas con discapacidade e a entidades do movemento asociativo. Un total de 653 persoas están contratadas nos 11 centros especiais de emprego de iniciativa social que están baixo o paraugas de Galega de Economía Social. Destas persoas, o

8

92% ten o certificado de discapacidade ou incapacidade laboral para a ocupación habitual. A primeira iniciativa empresarial que abriu foi Coregal en 1994 tras finalizar un curso sobre reciclaxe que promoveu a Unión Europea. Botou a andar con 10 persoas contratadas que se encargaban de recoller papel e cartón. Hoxe en día ten 185 persoas contratadas nas plantas de Compostela, Narón, Carballo, Boiro e Mos, dedicándose á reciclaxe de todo tipo de residuos. Catro anos despois nace a imprenta Grafinco, especializada en deseño e impresión off-set que conta arestora con 13 persoas traballando, das que 11 teñen discapacidade. Outra iniciativa empresarial é Hornos Lamastelle e nela traballan 79 persoas das que 76 teñen discapacidade intelectual e/ou física. Dende que COGAMI entra a facerse cargo de Hornos en 1998, esta empre-

sa, que se dedica á fabricación de empanada e torta de Santiago fundamentalmente, foi in crescendo paulatinamente. Durante o ano 2000, tras formarse nun programa europeo de formación, abre Trameve, un centro de reciclaxe ecolóxica e venda de pezas de vehículos usados que conta con 13 persoas traballando en Santiago, todas con discapacidade recoñecida salvo unha. A seguinte iniciativa empresarial na que COGAMI tomou partido foi Dixardín, na que actualmente traballan 31 persoas que se dedican ao deseño e coidado de xardíns e zonas verdes tanto públicas como privadas. Accede Social é outro centro especial de emprego que se dedica ao transporte adaptado para persoas con discapacidade. Conta cunha flota de 16 microbuses distribuídos en Mos e Monforte e ademais ten acordos con transportistas locais noutros


O Boletín O Boletín

Nº 31/ marzo 2016 nº 38 / marzo 2018

Hornos Lamastelle

Artegalia

Trameve

concellos. Nesta iniciativa traballan 49 persoas, todas con discapacidade recoñecida. En 2003 inicia Galega de Economía Social para prestar servizos de asesoría e consultaría ao resto das empresas sociais, que arestora conta con 27 persoas traballando. Outra iniciativa, Artegalia, situada en Padrón, conta con 8 persoas que se dedican dende o ano 2007 á distribución de bolsas de plástico, embalaxes, roupa laboral, material de oficina e de limpeza para empresas e grandes superficies comerciais. Outra iniciativa xorde tras un acordo con Inditex, conlevando á apertura en Allariz dunha tenda outlet de roupa, calzado e complementos de Massimo Dutti, o centro de emprego Integratex, que forma parte do programa “form&from”. A esta tenda se lle unen dúas máis, a de Tempe tamén en Allariz e a de Pull&Bear en Ferrol, que xeran 20 postos de traballo. Combina Social ofrece oportunida-

des de externalización de servizos ás empresas, como a limpeza e mantemento, xestión de almacéns e actividades loxísticas, servizos sociosanitarios, control de accesos, etc. Arestora conta con 171 persoas traballando, das que o 89% ten algún

tipo de discapacidade recoñecida. A última iniciativa de economía social na que embarcou COGAMI foi Activa Social ETT, co fin de ofrecer solucións de contratación temporal a empresas que buscan integrar persoas con discapacidade aos seus

cadros de persoal. Actualmente son 57 as persoas que traballan en Activa Social. Dentro da prestación de servizos especializados, COGAMI conta dende o ano 2005 cunha iniciativa empresarial denominada Meular que presta servizos de axuda a domicilio e asistencia persoal dirixidos a persoas en situación de dependencia. Para Meular traballan 132 persoas, das que o 85,5% son mulleres. Finalmente, COGAMI hai xa sete anos que tomou contacto coa xestión de centros de día para persoas maiores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e tamén de titularidade municipal. Actualmente xestiónase o funcionamento de 11 centros de día para maiores localizados en Redondela, Coia e Valadares en Vigo, Porto do Son, O Porriño, Rois, Tomiño, Mondariz, Baiona, Pobra do Caramiñal e Vilagarcía. Nestes centros traballan 119 persoas, das que o 89% son mulleres.

Accede Social

Galega de economía Social

Integratex

De iniciar con 4 persoas, a Organización pasa a ter arestora contratadas a 1.050 persoas

9


ASOCIACIONS MEMNOVAS

Usuarias do centro de Fingoi no obradoiro de pintura

Continúa o programa cultural EnREDarte con éxito de participación na segunda edición O programa EnREDarte iniciou en 2015 coa idea de que durase un ano pero, debido ao interese suscitado entre as persoas participantes, estase prolongando ano tras ano, polo que continúa tamén durante este 2018. Financiado pola Consellería de Educación e Cultura, EnREDarte é un programa que achega diferentes disciplinas artísticas ás persoas con discapacidade. As temáticas dos obradoiros que se desenvolveron ata o de agora foron sobre artes plásticas, fotografía artística, teatro, música, escritura creativa e danza contemporánea. Neles participaron un total de 125 persoas, 65 mulleres e 50 homes. Todas estas disciplinas artísticas foron desenvolvidas en centros de recursos de persoas con discapacidade e asociacións membro de COGAMI. Finalidade de EnREDarte O proxecto EnRedArte está deseñado co fin de proporcionar a posibilidade de vivir experiencias culturais que teñan unha incidencia positiva na aprendizaxe das persoas participantes, que lles permita desenvolver a súa curiosidade, a formación do gusto e o seu sentido estético e crítico. Ao mesmo tempo, preténdese incentivar o hábito de frecuentar actividades e eventos culturais, romper conceptos autolimitantes da actividade cultural e estimular a capacidade de superación persoal. Os obradoiros iniciados en 2017 remataron excepto o de fotografía que se está impartindo en Redondela, que finaliza a primeiros de marzo, ademais do de teatro en Noia.

10

Lugares onde se desenvolveu EnREDarte en 2017 impartiuse no centro de recursos de Fingoi en Lugo, nas instalacións da asociación Grumico de A Coruña, na asociación A Misela en Noia, no centro de recursos Valadares da asociación Adisbismur de Muros, na asociación Aspamite de Teo, nas instalacións do centro de recursos Niveiro da asociación Avante de Val do Dubra, na asociación Asearpo en Redondela, no centro de recursos de Mos e no centro de recursos de Medelo, en Silleda. Novos obradoiros en 2018 Para este ano 2018 xa iniciaron 11 obradoiros das disciplinas de fotografía, escritura, teatro, música, danza e pintura. Algúns, con duración de tres meses xa rematan no mes de marzo, como son os de fografía na entidade Asdifica de O Carballiño, os de escritura na asociación Misela de Noia e en Avante de Val do Dubra. Ata o mes de maio durará o obradoiro de fotografía que se imparte na asociación Amizade de Pontevedra e no mes de xuño rematarán os talleres de fotografía da asociación Adapta en Ponteareas, o de teatro de Misela en Noia e de pintura da asociación Algaria de Xinzo de Limia. Desta vez son 100 persoas as que participarán nos 12 obradoiros desenvolvidos en 2018 dentro do programa EnREDarte.

Persoas usuarias de Medelo

Medelo celebra o Entroido colleitando premios á mellor comparsa en Lalín e Vila de Cruces O centro de recursos de Medelo saíu triunfante nos dous desfiles do Entroido nos que participou. Como cada ano, e como adoitan facer a maioría dos centros de COGAMI e do movemento asociativo, participaron nos desfiles de disfraces dos concellos próximos ao centro, sendo este ano Lalín e Vila de Cruces. Nos dous concellos lograron gañar o primeiro premio, constando de 250 euros no caso de Lalín e de 170 euros en Vila de Cruces. Este ano, as persoas usuarias e profesionais de Medelo iban caracterizadas de indíxenas do continente africano, unha peculiar tribu á que non lle faltou o colorido, as plumas, as lanzas, caretas e ata levaban unha exploradora como prisioneira. Ademais, e o máis importante, cumpriron na elaboración dos disfraces cos tres R, como confirman no centro: recicla, reduce e reutiliza, polo tanto, desfilaron cuns disfraces cen por cen ecolóxicos que empezaron a crear no mes de xaneiro. Esto foi un traballo en equipo. Presentaron ideas para o tema, escolleron a máis votada e mans á obra. O premio é para gozar as persoas usuarias do centro, que xa están planeano unha visita ao zoo cántabro de Cabárceno ou tamén facer o Camiño de Santiago.


O Boletín nº 38 / marzo 2018

A traballadora social, Patricia Vilas, atende a unha persoa usuaria

As consultas que chegan a COGAMI superan as 2.000 durante o ano pasado COGAMI conta cun servizo de información, asesoramento e orientación que se encarga de darlle resposta a todas aquelas dúbidas que lles derivan tanto persoas con discapacidade como familiares, profesionais ou tamén diferentes organismos privados ou públicos. Durante o ano 2017 este servizo, que dirixe a área de Traballo Social, chegou a darlle resposta a un total de 2.233 consultas que lle chegaron tanto a través da web de COGAMI www.cogami.gal como a través do teléfono, correo electrónico ou tamén doutros centros, asociacións membro ou áreas de COGAMI. As consultas

máis repetidas estaban relacionadas coa obtención do certificado de discapacidade, rexistrando as 455 en total, seguidas das axudas económicas que hai por parte da Administración que foron 414, o emprego e a accesibilidade superaron as 200 consultas e temáticas relacionadas coa sanidade superaron as 180. Outras temáticas tamén consultadas foron sobre lecer adaptado, sobre COGAMI e o asociacionismo, sobre produtos de apoio, formación e vivenda, entre outras.

Diplomas para alumnado do curso de Auxiliar de tenda e paquetería impartido en A Coruña O vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo, e mailo director de RSC de Tempe, Francisco González, foron os encargados de entregar os diplomas de fin de curso ás 4 alumnas e 4 alumnos que se formaron como Auxiliares de tenda e paquetería durante catro meses en A Coruña. Financiado por Tempe, este curso, dirixido a persoas con discapacidade e en situación de desemprego, contou con 430 horas de clases obrigatorias, sendo 150 horas prácticas que desempeñaron nas tendas Nike, Pikolinos, Krack zapaterías, Geox e Tempe, todas elas situadas no centro comercial The Style Outlet de Culleredo. Estes establecementos

colaboraron desinteresadamente na preparación do alumnado, apoiáronnos na atención ao público e tamén na colocación e distribución da mercadoría e do almacén. A finalidade desta iniciativa formativa é facilitarlle ao alumnado a súa inclusión no mercado laboral, ofrecerlle coñecementos teóricos e prácticos para desenvolverse como calquera outro profesional do sector do comercio. E precisamente o curso remata cunha inserción laboral. Nada máis rematar a formación, o establecemento Nike contratou á persoa que realizou con eles as prácticas.

Foto tomada na visita a Hornos Lamastelle

Entidades andaluzas de COCEMFE visitan COGAMI e Galega de Economía Social Representantes de entidades de COCEMFE das provincias de Cádiz, Granada e Huelva viaxaron ata Galicia para coñecer como se traballa nunha entidade do terceiro sector, como é o caso de COGAMI. Interesadas polos centros especias de emprego que se xestionan dende Galega de Economía Social, estiveron de visita nas instalacións de Trameve e Coregal en Santiago de Compostela, en Hornos Lamastelle en A Coruña e na tenda Pull&Bear outlet que está situada en Ferrol. Acompañados polo presidente e o vicepresidente de COGAMI, os membros de COCEMFE Andalucía tamén visitaron o centro de recursos que ten a asociación Amarai e as instalacións que COGAMI ten en Santiago e Ferrol. O obxectivo marcado por esta visita foi coñecer a metodoloxía de traballo que desenvolve COGAMI e o grupo empresarial, e a posibilidade de poder implantar este modelo nas provincias andaluzas que nos visitaron. Para COGAMI, servir de exemplo do bo facer para as entidades afíns, supón unha satisfacción grande, unha recompensa ao traballo diario que desenvolve a organización.

11


PECHE Novo equipo de atención no centro de fisioterapia que COGAMI ten en Santiago

Elba Iglesias, Fernando Cutrín e Marta Dapena, son as tres persoas profesionais que conforman o equipo do centro de fisioterapia e terapia ocupacional que COGAMI ten en Santiago de Compostela, na rúa Dublín. Este equipo leva xa funcionando dende hai seis meses e xa se ve moi compenetrado dentro do centro de traballo. Os tres profesionais conforman un equipo multidisciplinar, cada un deles trata segundo a súa especialización, e compleméntanse á hora de traballar. Marta é fisioterapeuta enfocada a nivel neurolóxico tanto de persoas adultas como a menores; Elba está

especializada no músculo esquelético, en lesións de traumatoloxía e cirurxía e tamén imparte clases de ximnasia adaptada a problemas de costas e fibromialxia, ademais de corrixir posturas. Por último, Fernando é o terapeuta ocupacional que intenta fomentar a recuperación da autonomía persoal, coñecendo a problemática coa que se atopa unha persoa dende que se levanta, asesorando sobre os produtos de apoio que pode usar e mellorando as destrezas que xa ten para promocionar a autonomía. Polo tanto, o centro de fisioterapia Combina presenta unha marca

diferenciadora a outros centros de fisioterapia. Non só se encargan de tratar un problema puntual que poida ter a persoa, investigan a que se debe dito problema e intentan non só darlle solución de fisioterapia, tamén de educación postural e de mellora das destrezas diarias. Este centro de fisioterapia está aberto a calquera persoa que solicite os seus servizos e non só ten atención nas instalacións de rúa Dublín, tamén se desprazan aos domicilios cando é necesario. Para pedir cita, pódese contactar co teléfono 981 574 230.

www.cogami.gal


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.