O boletín 39

Page 1

O Boletín nº 39/ xuño 2018 Edición trimestral

COGAMI recoñecida coa Medalla do Parlamento de Galicia


NOVAS Persoal de apoio colabora na formación de cursos que imparte COGAMI en Ourense Chus Gómez e Daniel Vieitez estiveronPers apoiando ao alumnado dos cursos AFD en Ourense

A oficina de COGAMI en Ourense contou con persoal de apoio nos cursos AFD para persoas desempregadas. Ao haber entre o alumnado perfís que demandaban atención máis personalizada, contactouse coa Xefatura Territorial da Xunta para solicitarlle persoal de apoio. Así foi como entraron a formar parte deste proxecto Chus Gómez e Daniel Vieitez, unha diplomada en Educación Social e un licenciado en Filoloxía, os dous inscritos na base

de datos do SIL de COGAMI como demandantes de emprego. O labor que tiveron que desempeñar Chus e Rubén foi acompañar, aportar coñecementos e apoio ao alumnado con discapacidade intelectual e con parálise cerebral apuntado aos cursos de Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais e tamén de Operacións de Gravación e Tratamento de Datos e Documentos. Estes cursos iniciaron con 27 persoas anotadas e destas, quince

realizaron prácticas no Concello de Barbadás e en empresas como Call Center, Aspanas, o centro especial de emprego de Aixiña e a Confederación Empresarial de Ourense. Chus e Rubén contribuíron tamén na supervisión dos postos de traballo do alumnado en prácticas. Os cursos AFD están financiados pola Consellería de Economía Emprego e Industria, co fin de acadar a inclusión laboral do alumnado que se forma neles. Ao rematar, catro persoas lograron inserirse.

Plan de emprego e formación para persoas con discapacidade de Ferrolterra e de Ourense Persoas usuarias do plan asisten a unha sesión de orientación laboral en Ferrol

COGAMI iniciou nas instalacións de Ferrol e Ourense un programa POISES de promoción da inclusión social, de loita contra a pobreza e calquera forma de discriminación. Financiado pola Fundación ONCE e o Fondo Social Europeo, a este proxecto puideron optar mulleres con discapacidade, mulleres vítimas de violencia de xénero e persoas con discapacidade que viven en zonas rurais, tres perfís que teñen

2

máis complexa a inserción laboral. En total participan 46 persoas (23 mulleres e 23 homes) que asisten a sesións de orientación laboral, aprenden a identificar as súas capacidades, a marcar unhas metas laborais e a preparar o seu curriculum para mellorar a empregabilidade. Segundo a orientadora laboral do Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI, Goretti Rodríguez,

“existe unha grande motivación. Ao principio atopábanse desorientados porque levaban tempo sen actividade laboral, pero agora séntense máis autónomos”. COGAMI encárgase de orientar ás persoas participantes do programa á hora de afrontar unha entrevista de traballo, sendo o centro de atención a persoa, polo que se deseñarán itinerarios de inserción individualizados.


O Boletín nº 39 / xuño 2018

O Parlamento aproba reforzar os equipos de valoración da discapacidade Pers Representantes do Cermi Galicia e do Grupo Socialista trala aprobación da proposición

Satisfacción en COGAMI e no resto das entidades que forman parte do Cermi-Galicia (Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia), tras ser aprobado polo Parlamento de Galicia unha proposición non de lei presentada polo Grupo Socialista, na que se pedía ao goberno da Xunta un reforzo dos equipos de valoración da discapacidade, co fin de reducir as listas de espera. O texto aprobado pola Cámara autonómica recollía “o Parlamento

de Galicia insta á Xunta de Galicia a incrementar o número de postos de traballo dos equipos de valoración da discapacidade da nosa Comunidade Autónoma, co obxectivo de eliminar a lista de espera antes de finais de novembro de 2018, tanto nas solicitudes como nas revisións das valoracións da discapacidade”. Esta proposición aprobada vén despois dunha demanda formulada polas entidades que forman o grupo social da discapacidade en

Galicia, pola necesidade de reducir as listas de espera e demoras na adquisición do certificado de discapacidade. Segundo datos que manexa a Consellería de Política Social, son 17.000 as persoas que están pendentes de ser valoradas e existe unha media de sete meses de espera para que se efectúe este recoñecemento. Agora, co reforzo de 14 novos equipos de valoración, a Consellería espera cumprir cos prazos de tres meses de tramitación do certificado

Educación e COGAMI colaboran no impulso da inclusión entre o alumnado O Conselleiro de Educación e o Presidente de COGAMI tras asinar o convenio

COGAMI, xunto coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, embárcase nun novo proxecto para desenvolver actuacións destinadas ao alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria, para que poida acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades. Coa sinatura deste convenio, efectuada polo conselleiro, Román Rodríguez, e mailo presidente

de COGAMI, Anxo Queiruga, a Confederación comprométese a elaborar unha unidade didáctica que se porá a disposición dos centros escolares e tamén se aloxará nas webs lingual.gal e cogami.gal. Xogos en liña adaptados a diferentes idades e capacidades, materiais didácticos que se poden descargar, imprimir e traballar tanto nas aulas como nos fogares ou entidades, a celebración do Día

da Discapacidade e o deseño de material promocional, son algunhas das accións que se van levar a cabo durante este ano. O común denominador será que o contido estea relacionado coa sensibilización e inclusión das persoas con discapacidade.

3


REPORTAXE

Participamos na campaña do

X Solidiario na declaración da renda Unha vez máis, cando se lle pide colaboración aos nosos centros de recursos e entidades membro, estas responden á chamada. Desta vez necesitabamos ter presenza por unha campaña que nos interesa a todas as entidades que conformamos o Terceiro Sector, a todas as entidades sociais que día a día traballamos por cambiar este mundo cara a outro que sexa máis inclusivo, que acolla a todas as persoas sen distinción de crenzas, raza, ideoloxías nin condición. Falamos da campaña do X Solidario. Xa levamos anos realizando a

campaña do X Solidario. Cada vez que o Ministerio de Facenda indica que abre o prazo de presentación da declaración da renda, as entidades sociais, encabezadas por EAPN Galicia, unímonos e presentamos esta campaña de sensibilización na que lle pedimos ás persoas contribuíntes que marquen o recadro 106 de Actividades de Interese Social. Este feito non vai supoñer ningún custo a maiores para a persoa que o marca, pero si supón para as entidades o poder sacar adiante programas dos que se benefician moitas persoas.

4

En Galicia o ano pasado foron recadados 15.547.604 euros que foron destinados a proxectos para persoas en risco de exclusión social. Este ano, a campaña presentárona a vicepresidenta de EAPN-Galicia, Mónica Permuy, o presidente do CERMI-Galicia, Iker Sertucha e a representante da Coordinadora Galega de ONGD, Lorena Seijo. As tres persoas voceiras lembráronnos que “a Administración ofrécenos a posibilidade de decidir a onde queremos destinar o 0,7% do diñeiro que se recada cos nosos impostos. Nós decidimos se queremos que esa porcentaxe vaia destinada a facer proxectos sociais”. Temos que lembrar que España é un dos países con máis desigualdades dentro da Unión Europea. Un total de13 millóns de persoas están en situación de pobreza. Se todas as persoas que fan a declaración da renda marcasen o X Solidario, poderían recadarse 11 millóns de euros máis. Cambia a xestión dos fondos IRPF A partir do ano que vén os fondos do IRPF xa non van ser xestionados polo Ministerio, será a propia Comunidade Autónoma quen o faga co que, en palabras de Iker Sertucha “é unha boa nova que permitirá unha maior proximidade ás persoas e ás necesidades pero, para iso, débense manter os criterios do presente modelo”. Dende as entidades do Terceiro Sector pedimos que o 100% do diñeiro vaia integramente destinado a política social, que estes cartos estean destinados a ONGS inscritas e recoñecidas na nosa comunidade autónoma e, en terceiro lugar, queremos que haxa menos burocracia na documentación e que a resolución sexa comunicada no último trimestre do ano e os cartos ingresados para poder poñer en marcha os proxectos canto antes. Que lle aporta o 0,7% a COGAMI Na campaña da renda anterior, COGAMI recibiu 400.000 euros do programa do 0,7% do IRPF, uns cartos que durante este ano serán investidos en proxectos que desenvolven 13 entidades membro: a Asociación Galega de


O Boletín nº 39 / xuño 2018

Un total de 310 persoas de COGAMI e o seu movemento asociativo desprazáronse a Santiago para formar parte do X Solidario na praza do Obradoiro

Fibrose Quística, as Federacións provinciais de COGAMI en Pontevedra e Ourense, ACCU, ACEM, a Asociación de Persoas con Discapacidade da Mariña Lucense, a Asociación Galega de Linfedema, Alcer, A Misela e Ambar. Todas estas entidades son beneficiarias destes fondos que proceden da solidariedade das persoas que marcan o recadro de Actividades de Interese Social cando realizan a declaración da renda. Programas para as persoas Os cartos que son repartidos nas entidades son para que se beneficien as persoas usuarias, das que contabilizamos máis de mil. COGAMI realizará intervención social e acompañamento a aquelas persoas en situación vulnerable

para motivalas e empoderalas; AGL poderá seguir co seu programa de atención en fisioterapia adaptada ao tratamento do linfedema; Alcer Coruña seguirá informando e orientando ás persoas que teñen enfermidade renal; dende a asociación de Fibrose Quística poderanse seguir ofertando sesións a domicilio de fisioterapia respiratoria; na provincia de Pontevedra haberá un servizo de atención e apoio a persoas con discapacidade con actividades preventivas, rehabilitadoras e de atención psico-social; a provincia ourensá contará cun programa de atención multidisciplinar de cara ao fomento da autonomía das persoas; as entidades ACEM Santiago e Coruña poderán desenvolver os seus programas de atención

psicolóxica e social para as persoas que teñen esclerose múltiple e en Misela continuarán co seu programa de atención temperá e atención a menores de 0 a 16 anos. Hai que lembrar que, detrás dos programas de atención e mellora da calidade de vida hai persoas que se benefician da solidariedade de quen realiza a declaración da renda e marca o recadro de Actividades de Interese Social. Non custa nada, nin pagas máis nin deixas de percibir menos. Só ti, persoa contribuínte, podes decidir a que queres destinar o 0,7% dos impostos que tés que pagar obrigatoriamente. Dende COGAMI temos mil razóns para recomendarche que marques o recadro Actividades de Interese Social.

Fibrose Quística Un total de 26 persoas de Pontevedra e Ourense benefícianse do programa de fisioterapia respiratoria que ofrece a asociación de Fibrose Quística nestas provincias a través do IRPF. Este programa é de vital importancia en pacientes de fibrose. Dentro dos tratamentos que teñen que seguir, a fisioterapia respiratoria achégalles o 80% de beneficios, polo que debe ser esta unha práctica regular, diaria e no domicilio, para evitar infeccións.

Ademais, como nos explica a traballadora social da entidade, Carmen María Vázquez, tamén a través do IRPF se financia o servizo de traballo social do que se beneficiaron 67 persoas. Este servizo é moi necesraio porque dende aquí coordínase o programa de fisioterapia, que informa e presta apoio ás persoas recentemente diagnosticadas.

5


NOVAS

Representantes de GES trala intervención de Raquel Alvite, a segunda pola dereita

Pers O coordinador de Accesibilidade, Álvaro García, cos distintivos de Galicia Accesible

Tres establecementos hoteleiros de Pontevedra conseguen o distintivo de Galicia Accesible Os hoteis A Barca, Room e maila Hospedería Monasterio de Poio, son tres establecementos hoteleiros de Pontevedra que conseguiron colocar na súa porta de acceso un distintivo que certifica que cumpren cos criterios básicos de accesibilidade e adaptabilidade. Este distintivo outórgao a área de Accesibilidade de COGAMI, despois de visitar as instalacións e comprobar cal é o seu nivel de accesibilidade universal, é dicir, tras analizar se estes establecementos son aptos para que calquera persoa poida gozar dos seus servizos. No caso de cumprir cos mínimos requisitos, como pode ser un acceso con rampla, ascensores con botóns en braille, baños e cuartos adaptados ou sinalización con pictogramas entre outros, ese establecemento conseguirá o distintivo de Galicia Accesible, un adhesivo que ten un código QR que conecta cunha APP que se pode descargar no móbil (Turismo Accesible by Equalitas) e que contempla, tanto en fotografías como por escrito, as características e medidas das instalacións do establecemento. Outra maneira de poder informarse sería a través da páxina web de Equalitas Vitae equalitasvitae.com, que permitirá o acceso a calquera persoa dende calquera lugar do

6

mundo e de maneira precisa. Durante este ano xa foron entregados tres distintivos pero, dende COGAMI, anímase a que sexan moitos máis os establecementos hostaleiros e turísticos que se unan ao proxecto Galicia Accesible. Por isto, estase a contactar con eles ofrecéndolles información e asesoramento, porque non sempre as adaptacións que se poñen cumpren cos criterios adecuados. Para iso están as persoas profesionais da área de Accesibilidade de COGAMI, para compartir tanto os coñecementos que marca a norma como tamén a propia experiencia de uso das adaptacións que garantan a máxima satisfacción da clientela. O proxecto Galicia Accesible foi presentado na última edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR), onde representantes de COGAMI e de Equalitas Vitae explicaron que adaptar a oferta turística ás necesidades de todas as persoas o que fai é incrementar a súa calidade, competitividade e inciden na comodidade da clientela. A finalidade é que Galicia se converta nun destino de vacacións apto para todas as persoas.

Galega de Economía Social, presente na xornada sobre os compromisos sociais da nova lei de contratos do sector público A directora comercial de Galega de Economía Social, Raquel Alvite, participou na xornada “Os compromisos sociais da nova lei de contratos do sector público, unha oportunidade de fomento do emprego de traballadores con discapacidade” que se desenvolveu en Madrid tras ser inaugurada polo Ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, o expresidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, ademais de representantes das organizacións ONCE e CERMI. Durante a intervención, Raquel Alvite presentou Galega de Economía Social, que naceu como unha oportunidade para ofrecer postos de traballo a persoas con discapacidade e que hoxe ten contratadas a 653 persoas e contempla unha bolsa formada por 2.200 clientes. Sen embargo, Raquel quixo lembrar que “aínda que estamos presentes en máis da metade dos concellos galegos, só o 8% da nosa facturación procede de vendas á administración pública, sendo moi poucos a contratos reservados”. Raquel explicou tamén que a nova lei de contratación do sector público vai favorecer o acceso ao traballo ao grupo social das persoas con discapacidade pero tamén apuntou que “é necesario facer un labor de vixilancia”, para comprobar que se cumpre coa norma. A través deste foro quérese promover a inclusión de cláusulas de contido social na contratación pública e privada que favorezan ás persoas con discapacidade.


O Boletín nº 39 / xuño 2018

Membros da xunta directiva de COGAMI acompañan ao Presidente, quen posa coa Medalla do Parlamento

COGAMI recibe a Medalla do Parlamento de Galicia en recoñecemento polo labor que realiza Acompañado polas presidencias das catro federacións provincias e o resto dos membros da xunta directiva, así foi como o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, recolleu a Medalla do Parlamento de Galicia da mans do presidente desta Cámara, Miguel Santalices. “É para COGAMI un recoñecemento de especial importancia”, apuntaba Anxo Queiruga durante o seu discurso de agradecemento que foi retransmitido en directo pola TVG, “porque reflicte a loita de milleiros de galegas e galegos con discapacidade”. Anxo tamén apuntou que a recollida desta Medalla supón unha “posta en valor do labor das entidades e organizacións que traballamos no ámbito social a favor das persoas con discapacidade”. A Medalla do Parlamento de Galicia deste ano 2018, ademais de recoñecer o traballo e a traxectoria de COGAMI, tamén recoñece o labor social doutras dúas entidades máis: Aldeas Infantiles SOS Galicia e Cáritas Diocesana. Polo tanto, a edición deste ano convértese nun recoñecemento institucional ao labor de entidades sociais que traballan por unha mellora da calidade de vida das persoas que corren perigo de estar en risco de exclusión. A concesión destas medallas a entidades sociais partiu dunha proposta que presentou o propio presidente do Parlamento á Cámara, convencido da necesidade de recoñecer publicamente o labor das entidades e organizacións que traballan no ámbito social e prestan apoio ás persoas máis vulnerables. Durante a súa intervención, Miguel Santalices destacou de COGAMI

que “ten demostrado con feitos o enorme potencial das persoas con discapacidade, persoas coma nós, con capacidades diferentes”. O encargado de pechar o acto de entrega das Medallas do Parlamento de Galicia foi o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo quen, tras estender os seus parabéns ás tres entidades galardoadas, expresou que “é un premio visible que se une aos innumerables premios invisibles que reciben todos os

Anxo Queiruga: “Este recoñecemento é moi importante, permite dar a coñecer a realidade das persoas con discapacidade e familias” días as tres asociacións a través do agradecemento ou sorriso das persoas rescatadas por unha man amiga”. Dende COGAMI, tanto o movemento asociativo, como o persoal laboral, os centros especiais de emprego e as persoas voluntarias, acollemos con moita satisfacción este premio porque representa unha compensación ao traballo que todos os días realizamos a favor das persoas con discapacidade e, en definitiva, a favor dunha sociedade que nos acolla a todas e todos.

7


ENTREVISTA

Entrevista a Milagros Rey Pérez, presidenta da asociación AMBAR O pasado ano, a asociación AMBAR da comarca da Barbanza estivo de aniversario, cumpriu nada máis e nada menos que 35 anos, toda unha traxectoria chea de experiencias e proxectos de vida. Falamos coa presidenta, Milagros Rey, para que nos conte como foi, é e será AMBAR.

“Ambar supuxo unha mellora na vida das persoas con discapacidade da Barbanza” COGAMI. Que significan 35 anos para unha entidade como AMBAR? M.R. Sempre que me preguntan isto cóstame traballo poñelo en palabras, xa que no día a día unha non se para a pensar nos logros, senón nos obxectivos de futuro e nas necesidades das persoas ás que prestamos apoio.

8

Penso que os 35 anos de AMBAR na Barbanza supuxeron unha mellora substancial na vida das persoas con discapacidade que viven e traballan na comarca, xa que levamos máis de tres décadas velando e loitando polos seus dereitos. Supuxo que moitas persoas con discapacidade puidesen formarse e ter máis oportunidades laborais. Igualmente, melloras na accesibilidade universal, grazas ao traballo feito da nosa Comisión de Accesibilidade cos concellos da comarca, concienciando aos nosos gobernantes, e á sociedade en xeral, da necesidade de prover acceso a servizos locais a toda a cidadanía. Trinta e cinco anos para unha organización coma a nosa tamén significan credibilidade


O Boletín nº 39/ xuño 2018

e respecto nos nosos programas, pero estamos aínda na fase de xuventude, o que nos fai mirar cara ao futuro con ilusión e moitas ganas de mellorar e innovar. COGAMI. Que servizos presta AMBAR, cantos profesionais traballan e a cantas persoas chegades? M.R. En AMBAR somos case unha trintena de persoas as que tódolos días damos resposta ás necesidades das persoas con discapacidade dos concellos de A Pobra do Caramiñal, Boiro, Porto do Son, Ribeira e Rianxo. Traballamos en servizos e programas moi diversos, pero hai dous eixos que sustentan as nosas actuacións: a mellora da calidade de vida das persoas e a promoción da súa autonomía persoal. A través do deporte, o lecer e as artes escénicas e plásticas traballamos para empoderar ás persoas e reforzar a súa personalidade propia; cos obradoiros ocupacionais para mellorar a súa formación e habilidades laborais e tamén provemos dunha atención máis personalizada a través dos servizos de terapia ocupacional, logopedia ou fisioterapia das que dispón o centro de atención diúrna para aquelas persoas que precisan de maior apoio. Chegamos a máis de 1.200 persoas destinatarias directas cada ano, pero igualmente tentamos chegar co noso programa de sensibilización e concienciación a outras organizacións locais como escolas, asociacións ou empresas comarcais, co que chegamos a máis de 5.000 persoas con estas accións cada ano. COGAMI. Cando volves a vista atrás e fas unha análise dos inicios ata o de agora, que ves Mila? M.R. Vexo que AMBAR sostivo os seus ideais dende os inicios, priorizando as necesidades das persoas, dende unha perspectiva integral e positiva que ve a súa realización na inclusión das persoas dentro da comunidade, o cal está reflectido na nosa misión. Tamén vexo a mesma ilusión que hai 35 anos nos ollos de todas as persoas, tanto aquelas que traballan en AMBAR como as destinatarias dos servizos. E iso di moito para nós. Manter esa ilusión durante todos estes anos é algo que nos fai sentir orgullo. COGAMI. Cara onde queredes ir, cal sería a necesidade máis inmediata para a entidade? M.R. Vemos que, a pesar de traballar no eido da formación e inserción laboral, aínda queda moito por loitar para falar dun emprego inclusivo ao 100%, con procesos de selección equitativos ou postos de traballo accesibles. Nisto, non

soamente teñen que traballar os centros especiais de emprego, senón toda a sociedade porque, se queremos que non sexa unha noticia que unha persoa con discapacidade traballe nunha empresa ordinaria, temos que traballar en conxunto para mellorar a percepción social do mundo empresarial. Outra necesidade inmediata, sobre todo en zonas tan dispersas territorialmente

“Queda moito por loitar para falar de emprego inclusivo 100%, con procesos de selección equitativos ou postos accesibles” coma a nosa, é crear unha comunidade con servizos accesibles para todas as persoas, xa que a accesibilidade é necesaria para chegar a ter autonomía persoal, un dos eixos nos que nós traballamos. COGAMI. Agora toca ir a por outros trinta e cinco anos máis, non? M.R. Sería ideal que non fose necesario, pero aínda non vivimos nun mundo con igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidade, polo cal estaremos traballando o tempo que faga falla para acadar unha comunidade inclusiva na que as contribucións de todas as persoas sexan valoradas e os seus dereitos respectados.

Milagros Rey acompañada por persoas usuarias da entidade

9


NOVAS

O xerente de Trameve explícalle a Agustín Hernández un proceso do despece

Visita en Trameve, Coregal e Galega de Economía Social Representantes do grupo municipal do Partido Popular do concello de Santiago, Agustín Hernández e María José Corral, visitaron os centros especiais de emprego Trameve, Coregal e Galega de Economía Social. Durante a visita, o voceiro do PP de Santiago expresou que era a primeira vez que visitaba estes tres centros de traballo, aínda que era coñecedor da súa existencia. A primeira visita foi a Trameve, dedicado dende 2000 ao despece de maneira ecolóxica de vehículos fóra de uso para a posterior venda

das súas pezas. Coregal foi o segundo centro visitado, dedicado dende 1994 á recollida de residuos sólidos urbanos para a súa reciclaxe. A visita rematou en Galega de Economía Social, iniciativa que presta servizos de asesoría e consultaría ao conxunto das empresas que están baixo o paraugas de GES, 11 centros especiais de emprego de economía social onde traballan a 653 persoas, o 92% destas con certificado de discapacidade.

Ramón Sestayo e o Alcalde de Boiro danse a man tras asinar o contrato con Coregal

Coregal xestionará o punto limpo e a recollida de papel e envases lixeiros de Boiro O centro especial de emprego Coregal asina co concello de Boiro a adxudicación de contrato para a xestión do punto limpo, a recollida selectiva de papel e cartón e de envases lixeiros. Este contrato é posible despois de que Coregal se presentara ao concurso a través do procedemento de contrato reservado a centros especiais de emprego de iniciativa social. Coregal encargarase da recollida

10

dos colectores de papel e cartón 2 días á semana, sendo 3 no verán, e o servizo porta a porta dos comercios da zona de luns a sábado. Os envases lixeiros recolleranse todos os días excepto os domingos e festivos. A xestión do punto limpo disporá dun operario cunha xornada de 40 horas semanais que se encargará de recoller os materiais voluminosos cada quince días.

Presentación do Foro pola Economía Social Galega

Cegasal, unha das cinco entidades creadoras do Foro pola Economía Social Visibilizar a economía social, representar os seus intereses, xerar condicións adecuadas no desenvolvemento das entidades que o conforman mediante a cooperación interna e o acceso á contratación pública, estes son os piares básicos polos que nace o Foro pola Economía Social Galega, presentado en Santiago de Compostela. Unha das entidades que conforman este Foro é Cegasal (Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego), xunto coa Unión de Cooperativas de Galicia (EspazoCoop), a Asociación de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), a Agrupación de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal) e a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga). Estas entidades representan a un total de 371 organizacións, alcanzan un volume de ingresos de 1.616,5 millóns de euros anuais e xeran 9.276 empregos directos. Unhas cifras que queren facer fincapé no peso que ten o sector social. Na presentación do Foro, ao que asistiron máis de 150 persoas entre elas o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria quen foi a persoa encargada de inauguralo, as cinco organizacións representadas solicitaron que as administracións públicas “aproveiten a oportunidade que posibilita a nova Lei de Contratos do Sector Público, no que respecta á incorporación de cláusulas sociais e mercados reservados para centros especiais de emprego e empresas de inserción”. Non hai que esquecer o peso que ten a economía social galega xa que, segundo datos oficiais, facturou 2.800 millóns de euros e empregou, en datos do exercicio 2017, a 13.000 persoas.


O Boletín nº 39 / xuño 2018

Unha das sesións realizadas durante o programa

ACADAR pon en marcha un programa de Empoderamento e Activación do Emprego Tras desenvolverse o ano pasado en Pontevedra e A Coruña, este ano a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) pon en marcha a II edición do “Programa de Empoderamento e Activación para o Emprego”, dirixido a mulleres con discapacidade e no que participan setenta e cinco da provincia de Ourense. Esta iniciativa desenvólvese a nivel estatal a través do convenio establecido entre Obra Social “la Caixa”, por medio do programa Incorpora, e a Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE).

O obxectivo do programa é fomentar o empoderamento e potenciar a inclusión sociolaboral dun grupo social que tradicionalmente se enfronta a unha múltiple discriminación: a de ser muller, ter unha discapacidade e vivir no medio rural. Mediante itinerarios personalizados de inserción sociolaboral, preténdese empoderar ás mulleres con discapacidade para fomentar a súa autonomía social e económica, de forma que se convertan en protagonistas da súa propia historia.

Máis de 60 persoas do movemento asocociativo reunidas na asemblea

COGAMI celebra en Santiago a asemblea en compañía do Conselleiro de Política Social O movemento asociativo de COGAMI reuniuse en Santiago para conmemorar a XXVIII Asemblea Xeral Ordinaria, que este ano contou coa asistencia do Conselleiro de Política Social, quen destacou de COGAMI tanto o labor da Organización como o apoio obtido por parte da Administración Autonómica. En palabras de José Manuel Rey Varela “a Xunta incrementou nun 5% o convenio de colaboración, cunha inversión de 993.312 euros en COGAMI”.

Durante a presentación, o presidente de COGAMI resaltou a importancia que ten para a discapacidade o financiamento a través do 0,7% do IRPF, o beneficioso que resulta diferenciar os centros especiais de emprego de iniciativa social dos de iniciativa privada, así como o incremento do importe para a asistencia persoal e o aumento do número de prazas nos centros de recursos, uns logros conseguidos en 2017.

Representantes de Asem Galicia e Asotrame co Presidente da Federación COGAMI-Coruña

COGAMI conta con dúas entidades máis: Asem Galicia e Asotrame Por maioría absoluta, así foi a entrada das dúas novas entidades que forman parte da Federación Provincial COGAMI Coruña e que se aprobou na XX Asemblea Xeral Ordinaria. As novas incorporacións son Asotrame (Asociación Galega de Transplantados de Medula Ósea) e Asem Galicia (Asociación Galega contra Enfermidades Neuromusculares). Con estas dúas incorporacións, a Federación COGAMI Coruña engloba a un total de 23 entidades, converténdose na federación provincial con máis representatividade das catro que conforman COGAMI. Asem Galicia Inicia hai 25 anos co fin de mellorar a calidade da vida das persoas cunha enfermidade neuromuscular e das súas familias. Tras este período, Asem convértese nun referente, intentando dar máis visibilidade ás persoas que representa e traballando pola igualdade dos seus dereitos, tratando de ofrecer unha atención integral así como os recursos que sexan necesarios para mellorar a súa autonomía persoal, a súa inclusión social e, en definitiva, a súa calidade de vida. Asotrame Hai 5 anos que se crea Asotrame co fin de mellorar a calidade de vida das persoas que están pasando por un cancro hematolóxico, ou que xa o teñen superado, e familias. Ten por liñas de actuación tres fins: colaborar en proxectos de investigación contra o cancro, informar e sensibilizar sobre a doazón de medula ósea e proporcionarlles apoio emocional a pacientes e familiares.

11


PECHE

Fotografías de COGAMI expostas na Xunta no marco de visibilizar a mostra “Capacitarte”

Esta mostra recolle en 20 paneis escenas cotiás de persoas con discapacidade física e orgánica como vía para acadar a inclusión e a non discriminación. Cada foto recolle un texto explicativo no que se describen programas, proxectos de vida, oportunidades e escenas da vida diaria que nos identifican a todas as persoas máis do que ás veces pensamos. Se deixamos a un lado os prexuízos, dámonos conta de que son máis as similitudes que nos unen que as diferenzas que nos poidan separar.

Ramón Sestayo: “temos que apoiar proxectos de vida e promover a vida independente”

“28 anos no camiño da inclusión” é o título dunha mostra na que se poden ver 31 fotografías que reflicten a traxectoria de COGAMI na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade física e orgánica. Esta mostra está integrada no marco do programa “Capacitarte” do Cermi Galicia, impulsada pola Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade,

que pretende amosar unha Galicia inclusiva e igualitaria. Durante a inauguración, que xuntou a máis de 40 persoas do movemento asociativo de COGAMI, estiveron tamén presentes o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, a directora xeral da discapacidade, Fabiola García, o vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo, e tamén membros da xunta directiva do Cermi Galicia.

En palabras de Ramón Sestayo “as persoas con discapacidade queremos vivir a nosa vida, e tomar as nosas propias decisións. Temos que apoiar proxectos de vida e promover a vida independente”. A través desta mostra COGAMI quere abrir mentes, rachar ideas preconcebidas e prexuízos como que unha muller con discapacidade non pode ser nai, que as persoas con discapacidade non poden traballar, ou que non lles gusta estar ao día en tecnoloxías, en formación, na práctica de actividades deportivas, de lecer,... en definitiva, as persoas con discapacidade somos persoas que formamos parte da sociedade e queremos participar en igualdade, como amosan as fotos seleccionadas.

www.cogami.gal


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.