Neste traballo expoñemos algunhas aportacións dos ríos e os materiais que se podían atopar neles, utensilios e o seu uso na
Prehistoria e ilustrámolo con algunhas imaxes. Tamén fixemos unha reflexión sobre a forza da auga e os materiais que orixina,
dependendo da súa dureza.
Nos grupos de 4, buscamos as definicións en dicionarios e as ilustracións en guías e libros de prehistoria. Recollemos algunhas
imaxes destes libros e debuxamos outras con lapis.
CANTOS RODADOS OS CANTOS RODADOS Un canto rodado é un fragmento de rocha pequena e redonda, susceptible de ser transportada e modelada por medios naturais, como as correntes de auga, os corrementos de terra… Utilidade Os seus cantos planos son de gran utilidade polo apilamento do material. Aa súa adherencia ao formigón ou cemento fainos moi útiles.
OS GUIJARROS Pedra lisa e redondeada pola erosión.
AS LANZAS DE PEDRA A lanza é unha arma ofensiva composta dunha asta ou pau longo de madeira ou metal que remata no extremo
cunha pedrade punta aguizada e cortante. Foi unha das armas primixenias do home na prehistoria, e durante todos os milenios da Historia acompañou aos guerreiros de tódalas épocas e relixións.
PÉBIDAS DE OURO Unha pébida é un anaco pequeño de certos minerais que adoitan
aparecer en terreos de aluvión. Poden ser de oouro ou de outros minerais preciosos. O ouro concéntrase en forma de pébidas, aínda que seguemos sen estar seguros do que ocasiona co ouro se concentre en pébidas. A idea máis extendida tradicional mente sostiña que as bacterias eran as
principais responsables de crear unha pébida de ouro, sobre todo as máis diminutas e casi microscópicas que forman moitos xacementos actuais. O ouro,
como bo metal pesado, sería tóxico para elas. Filtralo do ambiente e concentralo como un desfeito sería a resposta da natureza a este problema.
ANZÓS
Un anzó é un pequeño gancho de metal ou como usaban na prehistoria, un gancho de osos de animais acabado en ángulo agudo que se sostén por un fío ou lanza e no que se pon un engado para pescar.
A FAUNA DOS RÍOS PEIXES E OUTROS ANIMAIS QUE VIVEN NAS AUGAS DOCES Ademais dos utensilios e materiais que se atoparon nos ríos, non cabe dúbida que a fauna que vive no río é o tesouro máis grande que se pode atopar neles. Algúnhas destas especies serían: Lamprea, sollo rei, espiñento, salmón, troita común,carpín, carpa, perca, escalos, cabras do río,rás, culebra, anguías, langosta de río. Tamén hai moluscos, caracolas, mexillóns de río e ameixas de río, aínda que estes últimos son moito menos abundantes en número que os das augas salgadas.