ANDURIÑA 2015

Page 1


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

Os alumnos e alumnas de 2º da ESO participan no programa Atrévete da Xunta de Galicia. Este programa que se desenvolve no marco do Plan Eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor. O obxectivo deste programa é dar a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado o tecido industrial da súa contorna, en concreto as empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras, e sensibilizar á comunidade educativa construír e fomentar emprendedora.

da importancia de unha nova cultura

No marco de dito programa, o venres 21 de novembro visitaron a asociación de empresarios, situada no polígono da Granxa (Porriño), na que lles explicaron cal é a súa función e por que hai un polígono industrial en Porriño; a continuación visitaron a empresa Hasenosa que se atopa no polígono de As Gándaras (Porriño). Esta é unha empresa pioneira en España na fabricación de fariñas especiais, pan relado e outros preparados para a industria alimentaria do precociñado, conxelado e refrixerado. Os noso alumnado quedou abraiado nas instalacións, coa precisión da maquinaria e dos robots que alí hai; estiveron moi atentos ás explicacións e fixeron varias preguntas relativas á fabricación dos diferentes tipos de pan relado, ao funcionamento da maquinaria e á loxística que se segue no almacén para poder gardar toneladas de produtos en pouco espazo. A visita foi moi didáctica, e gustaríanos agradecer aos profesionais que alí traballan o esforzo que fixeron para recibirnos, e o agasallo que nos deron.

- 15-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

O xoves 26 de febreiro tivo lugar no salón de actos do colexio unha charla que levaba por título: “Que é o CSIC? Que se fai na Misión Biolóxica de Galicia?”. A doutora en bioloxía, Elena Cartea González, achegou aos nosos alumnos de 5º e 6º de primaria e de toda a secundaria un eido da ciencia para algúns descoñecido: a investigación científica. Nesta charla, a ponente explicou que é o CSIC e os centros que hai en Galicia; en concreto, falou sobre as investigacións que se realizan na Misión Biolóxica de Galicia, que se atopa en Lourizán (Pontevedra). Ao noso alumnado, e aos profesores, encantounos a visita e todo o que nos ensinou. Misión Biolóxica de Galicia A Misión Biolóxica de Galicia centra as súas investigacións na mellora xenética de cultivos de zonas húmidas.

- 25-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

O día 19 de marzo os alumnos e alumnas de 1º ESO visitamos as salas de arqueoloxía do Museo de Pontevedra. Percorrelas foi para nós un reencontro co noso pasado, cos nosos antepasados e coa nosa historia. Na sala 1, o apartado “De nómadas a sedentarios” amosa vestixios deixados dende os primeiros poboadores, que se trasladaban dun lugar a outro á procura de alimentos, ata as comunidades que se asentaron e explotaron os recursos naturais dun territorio. Na sección “Guerreiros, metalúrxicos e artistas” parte da introducción da metalurxia ao longo do terceiro milenio antes de Cristo, que supuxo profundas transformacións socieconómicas nas comunidades labregas e gandeiras que ocupaban este territorio. Na sala 2 pasamos a “Poboados e casas circulares”. Desde o século noveno antes de Cristo, vaise conformando una nova cultura caracterizada pola sedentarización definitiva dos hábitats mediante a construción de poboados estables en lugares estratéxicos: os castros. A sala 3 recolle vestixios baixo o título “Chegaron do leste”. Os contactos de Roma cos pobos do noroeste peninsular remóntase a segunda metade do século dous antes de Cristo, mediante expedicións militares e contactos comerciais, nomeadamente na zona das Rías Baixas.

- 30-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

O vinte e seis de marzo, o día anterior ás vacacións de Semana Santa, celebramos no noso Colexio o día da prensa.

O día do xornal, tamén coñecido como o Día da Prensa é un dos mellores días do ano. Os alumnos/as de 1º e 2º de E.P. traballamos por grupos de dous o tres. “Todos os grupos que fixemos tiñamos unha sección, a nós tocounos escribir sobre o mundo. Cando rematamos o xornal decorámolo e fixemos debuxos para ilustrar as noticias.” (Saúl e Mateo H.).

“O noso equipo fixemos as noticias do Morrazo. Gustounos moito traballar en equipo, pensar xuntas e ser xornalistas por un día.” (Antía Lemos e Carmen Entenza) “Nós fixemos o xornal de Aldán, creo que o fixemos moi bonito. Gustounos ver como os nosos compañeiros se esforzaban escribindo e debuxando ben. Pasámolo xenial!” (Alicia) “Tamén fixemos un anuncio sobre teléfonos móbiles. O que máis me gustou foi o traballo cooperativo" (Andrea). “Nós fomos os encargados de redactar as noticias deportivas. Escribimos sobre fútbol e sobre baloncesto. Descubrimos que á nosa "profe Merce" lle gusta tamén o tenis. Encántanos traballar en grupo.” (Mateo S., Pablo e Antía G.)

“Nós escribimos sobre as cousas que pasan en Galicia, divertímonos moito, pasámolo xenial debuxando, traballando xuntas e colaborando cos compañeiros.” (Carmen G. e Ainara).

- 34-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Durante a viaxe pasamos grandes momentos todos xuntos, e a pesar das nosas diferenzas e de que non estivo toda a clase presente, estivemos máis unidos que nunca. Por todo elo querémoslle agradecer ó colexio, a Bea e a Carlos (o conductor) que fixeran desta a mellor excursión da nosa vida.

- 48-

Ano 2015


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

O martes 28 de outubro, os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria, xunto a parte do alumnado da ESO, asistiron a unha charla informativa por parte dalgúns xogadores da selección española de balonmán que tivo lugar no auditorio. Os alumnos/as puideron facerlles algunhas preguntas aos xogadores e facerse unhas fotos con eles. Os máis afortunados conseguiron algunha sinatura destes campións do mundo.

- 13-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

Por terceiro ano consecutivo, realizouse o meeting point no que se reúnen alumnos e alumnas desde 5º de E. P. ata 4º da ESO dos colexios que xestionan as Cruzadas de Santa María en Madrid, Valladolid e Aldán. Esta vez o punto de encontro foi Valladolid, onde os días 17, 18, 19 e 20 de outubro reuníronse uns 150 alumnos/as e uns 20 profesores/as. O venres chegamos a iso das 21:30 a Valladolid, onde nos esperaban algúns alumnos/as de 4º da ESO xunto cos seus profesores/as. O recibimento foi moi agradable e divertido, e xuntos fomos camiñando ao colexio Safa-Grial, onde nos axudaron a instalarnos. O sábado pola mañá organizámonos por patrullas con profesores/as e monitores/as responsables de cada unha delas. Despois tivemos un momento de oración e un ratiño no que os membros de cada patrulla estreitaron lazos. Durante esa mañá os alumnos/as de 3º e 4º da ESO percorreron Valladolid no bus turístico e pasearon polo Campo Grande, mentres que os demais deron un paseo polo río Pisuerga no barco “La leyenda del Pisuerga”. Pola tarde celebráronse as Olimpíadas nas pistas deportivas Río Esgueva, onde os alumnos/as dos catro colexios puideron competir de xeito san, en diferentes modalidades deportivas; foi unha tarde de moito calor, pero moi, moi divertida e intensa. Ao final do día houbo unha velada, na que os alumnos/as dos distintos colexios protagonizaron actuacións moi variadas e divertidas.

-6-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

O domingo visitamos o Museo Nacional de Escultura; foi unha visita moi dinámica, onde os monitores actuaron como guías e explicaron aos rapazes a ás rapazas curiosidades e datos relevantes sobre as pezas magníficas que se conservan alí. Ás 13:30 celebramos a misa na catedral; foi moi emocionante compartir unha eucaristía todos xuntos. Pola tarde pasearon no bus turístico e no barco polo río Pisuerga os que non o fixeran o día anterior. O remate do día foi unha velada musical moi divertida, no que diferentes grupos se enfrentaban con “guerras de cancións” para poder obter os minipuntos.

O luns a actividade máis destacada foi o testemuño o de Isaac Viciosa, campeón de Europa e de España de atletismo, un exemplo para todos de vida e fe. A continuación tivo lugar a entrega de medallas da competición deportiva. E por último, despois de compartir o almorzo na praza das Batallas, chegou o peor momento, o da despedida. Foi unha experiencia incrible, que estamos desexando repetir!!!!!

- 7-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

Que divertido! Hoxe baixamos a informática. Debiamos aprender a mandar un email agregando un documento. Esperabamos os alumnos e alumnas de 4º de ESO, que fixeron de profesores e nos ensinaron os pasos para conseguilo. Algúns mandamos o e-mail aos nosos pais e outros ás titoras Bea Malvido e Ana Martínez. Un pai, moi atento ao seu correo, contestou inmediatamente.

Gustounos moito esta clase!!!

- 24-

3º EP 4º ESO


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

O día 15 de maio celebramos a nosa particular olimpiada escolar que organizan conxuntamente o ANPA e o colexio. Como en anos anteriores, os alumnos de Infantil e Primaria realizaron diferentes xogos e competicións relacionados con actividades motoras, de destreza , habilidade e coordinación; realizadas todas elas no patio do colexio. Mentras, os alumnos de Secundaria desplazáronse a praia para disputar partidos de volei e fútbol .

Este ano a xornada foi moi especial xa que tivemos a honra de recibir a un gran deportista, o mellor olímpico español de tódolos tempos, David Cal. O alumno Tomás Iglesias rodeado de outros piragüístas do centro, leu unha carta en homenaxe a David e os profesores que lle deran clase entregáronlle unha placa conmemorativa, unha camiseta e unha gorra. Na camiseta podía lerse a inscripción: “Por un traballo ben feito”; frase que resume a súa traxectoria deportiva. Tralas palabras de agradecemento de Cal demos por finalizado un día especial para todos os que compoñen a comunidade educativa de este centro, que se sinte especialmente orgulloso de ter entre os seus exalumnos personas da súa talla.

Grazas David!!!

- 51-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

Unha das tradicións máis antigas que hai na nosa parroquia, é a representación da danza , bailada na actualidade na honra de San Sebastián, pero cunha historia que nos fala de orixes e tradicións pagás moi acorde co resto das danzas bailadas nas parroquias dos arredores. Os alumnos e alumnas de 6º indagamos pola internet buscando documentación e páxinas de información sobre a orixe desta danza. A “Danza de San Sebastián” ten lugar cada 20 de xaneiro en Aldán, coincidindo coa festividade do Santo. Actualmemte báilase pola mañá ao remate da misa solemne e pola tarde vólvese bailar no Torreiro e na Alameda. Antigamente bailábase na Torre (casa do conde). ORIXE Este baile ten a consideración de danza ancestral xa que existe documentación que proba que se bailaba xa en 1678 pero que probablemete sexa moito máis antiga. A pesar de que non se coñece nin a orixe, nin o significado, sábese que durante séculos a danza estivo relacionada tanto cun carácter votivo como coa nobreza local. Hai diferentes hipóteses: 1. Uns sosteñen que é de orixe relixiosa na honra de San Sebastián. Para outros a orixe sería pagá e como outras tradicións foi cristianizada pola igrexa. 2. Outros sosteñen que naceu como imitación das danzas medievais. 3. Outra hipótese é que era bailada polo pobo en agradecemento ou expresión de ledicia e que tiña carácter agrícola. A orixe da danza está vencellada a outras dúas danzas con similares características que hai na parroquia de O Hío (na honra de San Roque) e Darbo (na honra de Santa María), posúe tamén semellanzas co Entroido de Cobres, en Vilaboa, e outras que se executaban en barrios vigueses de Lavadores, Candeán e Castrelos. Todas as danzas teñen un nexo común xa que presentan elementos similares como a música, a vestimenta, a coreografía e o lugar de execución (pazos e igrexas). Este traballo está documentado : • Estudo levado a cabo por Paula Veiga Iglesias: La danza de Aldán, un estudio descriptivo y sociológico.( http://pdf.depontevedra.es/ga/127/zqyGKWnL RV.pdf) • Documentación extraída da páxina web da asociación cultural de San Sebastián (http://www.danzaldan.com/)

Este proxecto de investigación foi publicado coincidindo coa festividade de San Sebastián no xornal Faro de Vigo, edición do Morrazo. - 19-


Colexio Sagrada Familia

Andori単a

Ano 2015

No mes de abril os alumnos e alumnas de Infantil fixeron unha pequena horta. Plantaron leitugas, cogombros e cabaci単as. E nos vasos do iogur, lentellas e garavanzos.

- 32-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

UN BOSQUE PARA CONVIVIR O DIA 22 DE NOVEMBRO celebramos no auditorio de Cangas un festival de teatro e baile xunto cos usuarios do centro Juan XXIII, con título “UN BOSQUE PARA CONVIVIR” programada dentro das actividades que levamos a cabo no proxecto de cooperación e inmersión coas persoas discapacitadas de dito centro,“ APRENDEMOS XUNTOS”. O proxecto "Aprendemos xuntos" xurdiu da experiencia que supuso para o noso colexio a visita dalgúns dos usuarios do centro para discapacitados Juan XXIII que nos representaran anos atrás , unha obra de teatro. O noso centro pensou en devolverlles a visita con algunha actividade dos nosos alumnos nas súas instalacións, pero a idea comezou a crecer e a desenvolverse cara outras actividades que nos parecían moi interesantes para achegarse un pouco máis as persoas con discapacidade. Deste xeito comezou a deseñarse un proxecto conxunto para compartir, uns e

outros, ilusións, experiencia, ademais de escenario.

Deste xeito subimos xuntos ao escenario do Auditorio para ofrecer un festival, no que participaron unhas 200 persoas, cuxa temática xirou en torno ao bosque como elemento vivo e xenerador de maxia, no que se intercalaron bailes e representacións teatrais, pero sobre todo, se aprendeu cómo comprender mellor a discapacidade, mellorar a convivencia e aceptar a diversidade. - 11-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

. O festival comenzou cun squech operístico interpretado polos usuarios do juan XXIII e, a continuación, alumnos do Sagrada Familia e algúns exalumnos interpreta mos a canción Scarabourough Fair. En acción entrou despois Cenicienta, cunha representación de alumnos do Juan XXIII y de 2º da ESO onde a protagonista elixe vivir no bosque antes que en palacio. Aparece aquí a VIDA NO BOSQUE na que os alumnos de E. Infantil e E. primaria describiron con coreografías e coidados vestiarios, a vida do bosque e os seres vivos que residen nel. • • • •

Os elementos da natureza: o Sol e a Auga Os seres fantásticos que habitan no bosque: os Trasnos e as Fadas. Animais que conviven no bosque: Formigas, vermes a arañas. Contos clásicos que se desenvolven no bosque: Carapuchiña vermella, co lobo e os cazadores; Hansel e Gretel cos caramelos e a casiña de chocolate; e Brancaneves cos Ananiños e os seus amigos, os animais do bosque. Xuntos, e como colofón, puxeron en escena unha orixinal obra, mistura de diferentes contos, onde Carapuchiña, Blancanieves, Hansel, Gretel e outros

personaxes contaron cómo naceu a Fundación Granxa-Escola de Carapuchiña Vermella.

Para baixar o telón, todos os alumnos, cos profesores e monitores subíronse ao mesmo para agradecer a presencia do público.

- 12-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

PROXECTO “A©RTIVÍZATE “Non existe unha intelixencia artística senon un modo artístico de utilizar algunhas das intelixencias: percepción, reflexión e creación (Howard Gadner)” O proxecto A©RTIVÍZATE xorde da necesidade de promover entre os nosos alumnos, a participación activa en todos os ámbitos artísticos que se desenvolvan no noso centro e no seu entorno social, así como favorecer neles o desenvolvemento do seu potencial creativo. A arte na escola cumpre un rol fundamental co obxectivo de formar integralmente os estudantes. A través del, os docentes teñen a posibilidade de xerar experiencias enriquecedoras que permiten aos nosos alumnos explorar o seu mundo interior e expresar de forma libre e espontánea as súas ideas, emocións, pensamentos, así como manifestar os seus desexos e anhelos. Ao mesmo tempo, a escola dános a posibilidade de participar nas actividades que se desenvolven no medio máis achegado e colaborar en todas aquelas propostas nas que poidamos estar presentes. Aínda que a dimensión curricular das disciplinas artísticas cada vez é máis reducida, dende o noso centro queremos apostar e promover no noso alumnado, todo tipo de actividades relacionadas coas artes escénicas (música, plástica, teatro) sen esquecernos da poesía, o patrimonio, o deseño, a arte dixital…… O proxecto A©RTIVÍZATE non nace para que as disciplinas artísticas se queden no eido meramente curricular, senón que consideramos importante e necesario que estea en todas as áreas , tendo en conta que a ensinanza da arte na escola é un medio e non un fin en si mesmo, preparando e desenvolvendo todas as facultades psicolóxicas, actitudes , aptitudes e habilidades, así como as facultades intelectuais, a fin de que colaboren na formación integral do alumno. Debemos posibilitar ocasións para traballar de forma transversal as disciplinas artísticas, introducindo a música, a ciencia ou a lingua mentras se traballa a arte, relacionando as diferentes intelixencias e potencialidades de forma conxunta. Dende o proxecto A©RTIVÍZATE , queremos que os nosos alumnos sexan artistas en acción, desenvolvendo ese potencial artístico que ás veces está escondido, e participando activamente en todos aqueles acontecementos escolares e socias onde os alumnos poidan proxectar o gusto pola arte, o respecto pola tradición e o patrimonio e a innovación e creatividade dos seus traballos.

- 8-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

O 19 de marzo os alumnos de 4º de ESO, xunto cos de 1º de ESO que levaron a cabo outra actividade, fomos ao Museo de Pontevedra para realizar a Aula Castelao, na que tivemos que indagar entre as obras expostas do grande escritor e debuxante galego e contestar ás preguntas que se nos facían. Coñecemos así o Castelao caricaturista, os seu cadros de cegos (o mesmo Castelao estivo a piques de perder a vista, por iso lles chamaba aos cegos “Os meus compañeiros”), as pinturas paisaxistas e os Álbums de guerra, así como tamén as máscaras e figurinos de Os vellos non deben de namorarse. Chamáronos moito a atención os obxectos expostos que el utilizara en vida como os lentes, as insignias, as plumas estilográficas, a tapa da súa caixa de pinturas, na que el mesmo pintou un burriño, etc. Pareceunos moi interesante e Lourdes, a monitora que nos guiou, ensinounos moitas cousas e demostrou coñecer a fondo a vida e obra de Castelao. Cando rematou a visita e voltamos ao colexio, xa sabiamos bastantes máis cousas sobre este escritor tan noso.

- 29-


Colexio Sagrada Familia

Andori単a

- 27-

Ano 2015


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

O día 22 de maio os alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO puxeron rumbo a Santiago de Compostela.

Unha vez alí, percorreron algunas das rúas da zona vella da cidade e a alameda. Ás 12, como tiñan previsto, visitaron o museo de Historia Natural da Universidade. Despois de comer e descansar no parque de Vistalegre, fixeron un pequeno tramo do Camiño de Santiago: dende o Pazo

de

Congresos

ata

a

Praza do Obradoiro. Así remata o día de excursión fantástico con motivo do final de curso.

- 45-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

Querido David: Hace poco nos anunciaste que te retirabas de tu carrera deportiva y nuestro colegio, que es el tuyo, quiere rendirte hoy un pequeño homenaje. En primer lugar, queremos felicitarte por tus éxitos, que fueron muchos, en el piragüismo; un deporte que nos es muy cercano y que practicamos muchos de nosotros. Sabemos por ello del sacrificio que supone para quienes lo practican y para sus familias. Algunos profesores recuerdan todavía a tu padre esperándote cada día, al salir de clase, con tu pala para llevarte a entrenar. Por entonces, tal vez solo unos pocos podían imaginar que aquel niño que tú eras, tímido y calladito, llegaría tan lejos en una disciplina deportiva; pero ahí estabas tú para demostrar que podías comerte el mundo rompiendo el agua con la pala… y lo lograste! En segundo lugar, queremos decirte que para nosotros eres un ejemplo a seguir por tu dedicación, esfuerzo y constancia. Sin ello, sería imposible conseguir tantas medallas y ser el mejor deportista olímpico español de todos los tiempos. Tu piragua no podría dejar tras de sí una estela más brillante. Por todo esto y en agradecimiento a tu trabajo e ilusión, con los que llevaste el nombre de nuestro pueblo por todo el mundo, te hacemos entrega de una placa para que tengas un bonito recuerdo de nuestro colegio, que en una época también formó parte de tu vida. Aquí te queremos y serás muy bien recibido siempre que vengas a visitarnos. Te deseamos mucha suerte y que inundes de ilusión los proyectos que vayas a emprender de aquí en adelante. Te lo mereces!

¡Hasta siempre, David!

- 52-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Pablo Pousa

A

Man

Carlota González

Ainhoa Dacosta

Claudia Gómez

Alic

David Santomé

David Otero

Raúl Marcelino

Y

Carlota González

Lucía Dacosta

Claudia Gómez

Pa

Os alumnos e alumnas de 1º e 3º da ESO aprenderon ciencias dun xeito m

materias Bioloxía e Xeoloxía de 3º, e Ciencias da Natureza de 1º pro

actividade complementaria e voluntaria, facer unha neurona e unha maquet

estudaran na clase, deixando á súa elección os materiais para construílas!!! Os resultados foron moi creativos e moi deliciosos!!!!!

- 41-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

Os alumnos de 5 e 6º fomos de visita á Praza de Abastos de Cangas. Alí explicáronnos os diferentes tipos de peixes (branco e azul), carnes e as variedades de froita e verduras que se venden na nosa praza. Vimos como se limpa o peixe, o nome das distintas partes dunha vaca e dun porco e, ó final, fixemos un debuxo sobre a praza e o que máis nos gustou dela. Icíar Nores García, 6º E.P.

Os alumnos de 5º e 6º de E.P. fixemos unha excursión a cabo Home. Dende o cole ata a Caracola levounos o autobús, e dende a Caracola ata Cabo Home , fomos camiñando. Foi un camiño longo, pero entretido porque iamos en compañía dos nosos compañeiros e profesores. Despois de camiñar un bo anaco, vimos o faro, e despois… foi o momento da diversión!: - Almorzamos na praia de Melide sentados sobre unha pequena duna. - Puidemos xogar, alguns nenos á liga, outros falaban, algúns tiraban pedras á auga… ata unhas nenas escribiron o nome do noso colexio cun pau na area. Despois dun bo anaco entretidos, marchamos. Fixemos o mesmo percorrido que antes, e cando chegamos, o autobús xa estaba agardando por nós. Aitana Coya Pereira, 6º E.P.

- 44-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

ALDÁN

LUGO

- 40-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Outra das actividades levadas a cabo neste proxecto, consistía en que ámbolos dous grupos, os usuarios do Centro Juan XXIII de Cangas e os alumnos de 6º de E. Primaria, compartiran aula durante unha xornada escolar. Realizaron conxuntamente actividades deportivas, xogos cooperativos; plásticas, entre todos organizados por pequenos grupos elaboraron un collage cos seus retratos ; e musicais, onde se divertiron cunha orixinal danza de grupo. Unha experiencia moi interesante onde compartiron espazos, tempos , aprendizaxes e momentos de diversión , e sobre todo, onde a convivencia entre ambos grupos estivo chea de emocións , empatía e sensibilidade .

- 43-

Ano 2015


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

Un belén con el juego de la oca resultó Ganador en el certamen de Cangas “ Fue elaborado por el Colegio Sagrada Familia ” Un curioso belén en medio de un juego de oca resultó el ganador de la última edición del Certamen de Belenes de Cangas. El primer premio está dotado con un vale de compra de 100 euros. Los belenes estuvieron expuestos en la Capela do Hospital del 19 de diciembre al 7 de enero. También se hizo público el fallo del jurado del certamen "Nadal con vida". Se trata de un concurso que tiene por objeto que los niños y niñas de Cangas participen activamente de la Navidad. El tercer premio fue para el colegio Sagrada Familia y la ludoteca municipal por la guirnalda que adornó la calle Real y los adornos del palco de música. El grupo ganador de infantil se llevará un lote de libros y material de papelería, valorado en 100 euros; mientras que el destinado a alumnos de secundaria está dotado con 100 euros y el carné joven gratuito. El concejal de Cultura, José Luis Gestido, volvió a mostrar su satisfacción por la participación y animó a que, para próximas ediciones, exista un mayor interés en participar en el concurso de fachadas.

“A OCA” - Antía Barreiro - Emma González - Paula López - Pablo Martínez - Borja Rodríguez

- 16 -


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

Os outros beléns confeccionados polos alumnos/as de 2º ESO “XADREZ” -

-

-

Laura Coya. Xabi Dacunha. Xian Fonseca. Tania Lorenzo. Ana Valladares

“O CAMPO” -

Irene Antúnez Ainoa Figueroa Adrián Martínez Diego Rouco Sabela Vázquez

“O TREN” -

“A PRAIA” -

Lucía Domínguez Andrea Fernández Tomás Iglesias Antonio Piñeiro Alba Rial

- 17-

Angelina Domínguez Arancha Miranda Diego Martínez Alex Pequeño Ana Martínez


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

A MÁIS ORIXINAL

A MELLOR DESEÑADA

Este ano, como en edicións anteriores e con motivo da celebración do magosto, houbo un concurso de buxainas. Cada ano sorpréndennos máis os nosos alumnos e alumnas pola imaxinación que amosan as súas pequenas obras de arte. Agradecemos o seu esforzo e colaboración pois elo fai que o traballo do profesorado sexa máis doado e gratificante.

Noraboa a tódolos participantes!!!

- 10-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

A nosa carreira de Correlingua tivo lugar en Bueu o día 12 de maio. Alá nos fomos os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria e os alumnos de ESO gañadores do vídeo “O galego é de todos” para gozar da festa con outros colexios da zona.

Chegamos sobre as 10:30 h ao noso destino. Logo fixemos un pequeno percorrido polas rúas máis céntricas de Bueu, defendendo a nosa lingua, ata ir dar á praza Massó, onde fomos collendo sitio e merendando. Logo Xurxo Souto fixo a presentación e logo alumnos do IES Rodeira e do IES María Soliño leron o manifesto.

Seguidamente, os alumnos de ESO do noso colexio subimos ao escenario para cantar a canción O galego é de todos, e fixérono moi ben! A

A continuación, actuou para todos o artista galego Paco Nogueiras co seu espectáculo Brincavai. E así, cheos de ledicia e ritmo, emprendemos a volta ao colexio.

- 39-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

VISITA DE VICTOR ZABALA, MISIONERO EN CENTROÁFRICA

El viernes, 10 de abril, vino un misionero a contarnos cómo vivían las personas del centro de África. Nos contó que en los diecisiete años que él estuvo en África ayudó (con ayuda de otras personas) a que los africanos se curasen y tuvieran más oportunidades para ir a la escuela. Pero aun así, las niñas a veces no podían ir porque a los doce o trece años ya eran mamás. También nos contó que la frase “no me gusta” no existía, porque ellos comían todos los animales y parte de los vegetales que encontraban sin rechistar. Nos informó que había un río muy grande y nos explicó que para cruzarlo hicieron un puente con alambres y palos en forma de “V”. También nos dijo que descubrió que ellos hacían sus propios juguetes. Pero lo que más nos llamó la atención fue que aunque no tienen las mismas cosas que nosotros son ¡¡muy felices!!

Lucía Riveiro y Nerea Valladares

- 31-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

Xa todos sabedes que este ano gañamos o Correlingua na modalidade de vídeo! Pois os alumnos que participamos, tanto poñendo a nosa voz como a nosa imaxe, fomos agasallados cunha interesante viaxe de fin de semana a Outeiro de Rei, en Lugo, os días 11 e 12 de abril! Foi unha verdadeira aventura que comezou o sábado na casa museo do poeta Manuel María, chamada Casa de Hortas, en Outeiro de Rei. Alí puxéronnos un vídeo relacionado con el e fomos quen de admirar a beleza dos cuartos, salóns, biblioteca… onde viviu coa súa dona Saleta. Mesmo fomos abrindo unha especie de armario con moitas portas superpostas onde se ía descubrindo un dos seus poemas. Despois desta visita comemos na carballeira de Santa Isabel, á beira do río Miño, un lugar fermosísimo en plena natureza. Alí comenos bocatas de tortilla e de lacón que a organizadora, Andrea, nos porporcionou amablemente. Que ben nos souberon! Despois de xantar, visitamos o obradoiro de instrumentos musicais Xaneco en San Fiz de Paz, onde o artesán Xoán Manuel nos explicou polo miúdo como se constrúen unha zanfona, unha pandeireta e un tambor. Vimos tamén o pelexo seco de cabra que el utiliza para a elaboración destes instrumentos, e outras cousas ben interesantes. Para rematar ese sábado, aínda nos acercamos a Lugo para visitar o seu museo. A verdade é que quedamos impresionados con todo o que alí vimos: unha cociña típica galega, sarcófagos, miliarios, pezas de ouro atopadas en castros como un espectacular anel minuciosamente traballado… Tamén nos gustaron moito os mosaicos da época romana. Xa sabedes que os romanos deixaron unha fonda pegada na cidade de Lugo…, non hai máis que ver as súas murallas! Fomos durmir ao albergue Garabullos, en Cospeito, e ao día seguinte, domingo, e xa de volta para a casa, aínda paramos no castro de Viladonga. Alí puxéronnos un vídeo explicativo moi interesante e visitamos tamén o seu museo arqueolóxico, no que puidemos admirar pezas de ouro, moedas, ferramentas, armas e, incluso, taboleiros de xogo en pizarra. Impresionante foi tamén a visita ao propio castro no que se aprezan aínda moi ben as vivendas, os currais e os almacéns, así como algún edificio de uso social ou comunal. Despois desta visita, volvemos para casa felices e contentos, aínda que tamén un pouco cansos con tantas actividades tan emocionantes. Nunca esqueceremos esta viaxe na que aprendemos, convivimos e nos divertimos!!

- 38-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

O día 29 de setembro os alumnos de 3º de ESO fomos de convivencia ao Facho de Donón acompañados de Chari e Ana, a nosa titora. Saímos do colexio ás 9:30 h e dirixímonos cara ao Hio para tomar a calzada romana que sobe polo Batente e enlaza co camiño vello de Donón, aquel que se utilizaba cando aínda non se construíra a estrada actual. Camiñamos ata chegar a un desvío que se toma á dereita e que conduce a Donón polo monte. Pasamos por unha rocha en forma de cabeza de indio sioux e gozamos das fabulosas vistas da ría de Vigo, da de Aldán e da de Pontevedra. Chegados ao noso destino, levamos a cabo actividades e xogos que favoreceron a convivencia entre nós, que diso se trataba! Seguidamente comemos e baixamos á aldea de Donón, onde nos recolleron os nosos pais a primeira hora da tarde. Aprendemos cousas, estivemos en contacto coa natureza, favorecemos a boa convivencia… unha excursión completiña!

- 4-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria, ademais de participar nas actividades da biblioteca do Centro programadas para este día, tamén propuxeron una actividade para facer na aula: Cada alumno/a trouxo da casa un ou dous libros e explicaron aos seus compañeiros por que trouxeron “ese” ou “eses” libros e non outros. Expuxéronse despois na aula e cada un colleu o que máis lle chamou a atención. Por último, explicaron o que leron durante un anaco de tempo. O obxectivo desta actividade, ademais da comprensión escrita, foi a expresión oral.

Cando doas un libro que non queres, podes levalo á biblioteca e intercambialo por outro da mesma categoría. Os alumnos de 5º e 6º,decoramos os corredores con letreiros, frechas que indicaban o lugar do mercadiño e carteis. Cada ano,os nenos doan un montón de libros que logo os alumnos do colexio podemos ler. Desta maneira, temos un montón de libros novos. Pablo Soage Rodas, 6º E.P.

- 33-

Ano 2015


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

O día 23 de abril con motivo da celebración do Día do Libro, seis alumnos de 5º e 6º de Infantil e 1º de EP, leron o libro “Mi primer Platero” aos alumnos de 5º de EP , 1º e 2º de ESO. A lectura tivo lugar na biblioteca do colexio e foi todo un reto para estes rapaces e rapazas que solventaron con gran madurez.

Por outra banda, os alumnos e alumnas de 6º E.P. prepararon unha explicación e un conto para os rapaces e rapazas de Educación Infantil: Doña Carmen”, e outro conto: “ D. Carlitos calzas sucias”, sucias que leron ós alumnos e alumnas de 1º – 2º – 3º e 4º de Educación Primaria. Grazas a todos pola vosa participación, e Feliz día do libro!!!

- 35-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

Sogama Un día do mes de xaneiro, viñeron dous traballadores da empresa Sogama de Lugo, a explicarnos cousas sobre a reciclaxe. Explicáronnos que os colectores onde pon papel, cartón, vidro, son só para os ENVASES. Tamén nos insistiron en que as cousas e aparatos electricos hai que levalos ao punto limpo. Paréceme que fan moi ben en ir clase a clase contándonos cousas da reciclaxe, xa que moitas delas descoñeciamolas. Daniel Vázquez Otero 6º E.P.

O corazón do porco Rebeca, a profesora de Ciencias e de Matemáticas da ESO, viu á nosa clase a ensinarnos o corazón dun porco. E por que dun porco e non dunha vaca? Porque o corazón do porco é o máis parecido ó das persoas. Ensinounos as veas, as arterias, que chegan e saen do corazón, e tamén as súas partes, como a aurícula e o ventrículo, o tabique… Foi un pouco grimoso ó principio, porque é brandiño, e non ten a forma do corazón que eu imaxinaba.

Silvia Otero Otero, 6º E.P.

- 18-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Construíndo un muíño de vento e outro de auga, no laboratorio.

- 26-

Ano 2015


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

O venres día 13, coincidindo co inicio do carnaval, houbo unha festa na que invitamos a tódolos avós que quixeron vir a celebralo. Os nenos e nenas viñeron disfrazados de avós e avoas, e tamén algún profesores. Xuntos comeron lambetadas típicas desta festa e bailaron ao son dunhas gaitas.

- 22-

Ano 2015


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Queremos agradecer a colaboración de todas as familias, pois sen elas o noso traballo sería máis difícil.

- 23-

Ano 2015


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

Os alumn@s de 3º ESO, na materia de Tecnoloxía, fixemos un tratamento estatístico dos datos recabados nas enquisas aos avós, por todo o alumnado do nosoi centro, dentro do proxecfto interdisciplinar: “Queridos avós”. Para dito traballo empregamos una folla de cálculo para sintetizar e representar toda a información. *Nota: os av@s do noso cole naceron entre a década dos anos vinte e dos sesenta.

Un beso y una flor 12%

Canción favorita

Cantante o grupo musical favorito El baúl de los recuerdos 15%

Duo Dinámico 7% Los brincos 17%

Las flechas del amor 18%

Andoriña 27%

Rafael 17%

Julio Iglesias 21%

Mi carro 28%

Juan Pardo 14%

Anuncio favorito

Programa TV favorito

Coca Cola 7%

Muñecas Famosa 7%

Nino Bravo 24%

Payasos de la tele 5% Fútbol 10%

Mariquita Perez 7%

Heidi 15%

Un, Dos, Tres 70%

Cola Cao 79%

CANTANTE OU GRUPO FAVORITO

CANCIÓNS FAVORITAS AV@S PRIMARIA

Manol o E scobar

Gr an ad a Cu an do sa lí d ec ub a

c in ...

An du ri ñ a

ma no se n la

Mi car ro

la

v id a

ua l

Vi v a

ecu ... sr

ida si g ue ig

La v

añ os tie ne m. ..

El ba úl de lo

Qu inc e

Mi s

ANUNCIO FAVORITO AV@S DE PRIMARIA

CANCIÓN FAVORITA 4% 12%

12%

Quince años tiene mi amor 4%

Las muñecas de famosa 11%

El baúl de los recuerdos La vida sigue igual 12%

15%

Los conguitos 4%

Viva la vida Mi carro

4%

Anduriña Mis manos en la cintura

19%

18%

La familia Telerín 24%

Granada Cuando salí de cuba

- 46-

Colacao 61%

Lo s Pecos

3,8

0

Antonio M achín

11,5

3,8

ic o

3,8

15,4

Dúo Dinám

10

Julio Igle sias

19,2

11,5

Lo s brinco s

19,2 11,5

Nino Bra vo

20

Rafael

30

Juan Par do

16 14 12 10 8 6 4 2 0


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

CANTANTE FAVORITO

Ano 2015

PROGRAMA DE TV FAVORITO Cesta y punto 4%

¡A jugar! 4%

6 5 4 3 2 1 0 Manolo Escobar

Juan Pardo Rocío Dúrcal

Antonio Machín

Julio Iglesias

Rafael

Adamo

GRUPO FAVORITO AV@S ESO Pequeniques

Los Beatles 6% Los Brincos 12%

ANUCIO FAVORITO AV@S ESO Las muñecas de Famosa 4%

Dúo Dinámico 28%

Coca-cola 4%

Vamos a la cama 30%

Juan y Junior Los tres sudamericanos

1,2,3 92%

Fórmula V 12%

Cola-cao 62%

Los Diablos

De entre as cancións favoritas dos nosos avós destacan: “ MI CARRO” de Manolo Escobar e “ANDURIÑA” de Juan Pardo. No anuncio preferido, gaña por mayoría o do “Cola-Cao”, seguido de “VAMOS A LA CAMA” da Familia Telerín. E no programa de Televisión, o máis votado foi “ UN, DOS, TRES.

- 47-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

Este ano levamos a cabo un proxecto que chamamos “Queridos avós”, que como o seu nome indica está dedicado a esas persoas tan importantes na vida dos nosos alumnos e alumnas.

Na súa honra fixemos una exposición de obxectos antigos e un álbum fotográfico, contando coa colaboración de alumnos, pais e os mesmos avós. Tódolos alumnos/as tiveron que cubrir un cuestionario na súa visita á mostra, o que fixo que a súa participación resultara moi activa. A mostra, que estivo aberta do 9 - 13 de febreiro, contou con gran afluencia de visitantes. - 21-


DIRECCIÓN: Colexio Sagrada Familia REDACCIÓN: Alumnos e alumnas

Colexio Sagrada Familia

Andoriña

FELIZ

Ano 2015


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

O sábado 28 de febreiro reunímonos todos os alumnos que quixemos participar no gravación do rap “O galego é de todos”, no Igrexario, concretamente a carón do Cruceiro do Hío, onde se atopaba o estudo de gravación de Iván, o técnico de son. A medida que ían chegando todos, dirixímonos ao estudo. A vivenda era unha antiga casa, propiedade da súa avoa, que el reformou para vivir e como lugar onde desenvolver o seu traballo. Foi una experiencia nova chea de curiosidade pola nosa parte, xa que nunca estiveramos nun estudo de gravación. Nunca a esqueceremos!!! O estudo a pesar de que non era moi grande , estaba cheo de instrumentos; había una guitarra, una trompeta, una batería…..Notábase que a Ivan lle gusta moito a música…..!!! O espazo estaba dividido por paneis de madeira en diferentes compartimentos para que a gravación resultase boa e o son non escapase. O teito e as paredes estaban preparadas con materiais especiais para que o son rebotase e non fora absorbido. Contounos Iván que así deben ser as características dun bo estudo de gravación!! Antes de comezar a cantar, Iván preparounos o lugar onde tiñamos que estar e colocounos uns micrófonos especiais e uns auriculares, a través dos cales podíamos escoitar a música do rap. El , noutro lado da sala, que estaba dividida por una porta de cristal, podía vernos e tamén escoitar o que diciamos e cantabamos.!! Para poder facer a grabación, tivemos que dividirnos en grupos. Así, cando uns cantaban na sala 1, os demais escoitaban na sala 2, onde había moitísimos aparatos dixitais e musicais cos que facer melodías, e efectos de sons. Aínda que tivemos que repetir, en ocasións, máis dunha vez,para despois escoller a mellor proba, foi todo máis rápido do que tiñamos previsto. En dúas horas xa estábamos listos!!! Iso grazas aos ensaios previos que tivemos no colexio, claro está, senón tardariamos moito máis. Cando chegamos ao cole e escoitamos a gravación, O resultado foi xenial, encantounos algún de nós non recoñeciamos a nosa voz!!!! esta actividade que nunca E que ás veces, é tan diferente!!!!! esqueceremos !!!

- 36-


Colexio Sagrada Familia

Andori単a

- 3-

Ano 2015


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Entrando

Abalorios

Ano 2015

Compartindo

TRA BA LLAN DO

Carpintería

Manipulados

Xogando ó futbolín

Vendo o teatro

- 14-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

PREGÓN DO MAGOSTO Por fin chegou o magosto a este cole singular e, como xa é tradición, as castañas hai que asar. Deixamos na clase os libros e os traballos cotiáns para honrar a dona castaña, este froito tan outonal. Alumnado e profesores, a ANPA tamén está, e as castañiñas moi nerviosas polo que lles vai pasar. Comeremos e xogaremos a algún xogo tradicional, coidadiño con pasarse, non vaiamos empachar! Por se alguén o dubidase, con nós veña celebrar; que non quede ninguén fóra, que para todos haberá! Que empece a festa e non decaía despois de ler este pregón, que todo o mundo se divirta, pero con moderación! Que empece xa! Que empece xa! Que fartos estamos

de tanto esperar!

- 9-

Ano 2015


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

El colegio Sagrada Familia de Aldán ganador del 15 concurso organizado por CORRELINGUA. CORRELINGUA. El colegio Sagrada Familia de Aldán (Cangas) apuesta por un estilo actual para impulsar la lengua gallega con un videoclip en clave de "hip-hop", con el que ha ganado el 15 concurso de apoyo al gallego organizado por Correlingua. En un acto, celebrado esta mañana en la Biblioteca Ánxel Casal, fueron convocados los colegios e institutos participantes en esta actividad, para hacerles entrega de premios a aquellos que presentaron las actividades más originales. El secretario nacional de CIG Ensino, Anxo Louzao, reconoció el mérito de los docentes al apoyar este tipo de actividades en las aulas, pues "esto hace posible el futuro del gallego". En su discurso también explicó la situación "débil y de desamparo" que sufre el idioma en el momento actual. Con una comparación de tiempos pasados y actuales, Louzao contó a los alumnos que sus antepasados representaban un "75 % en el uso del idioma" por lo que ahora su deber es el de "recuperar ese legado". Por su parte, la representante de la STG, Carmen Vilariño, dio mayor valor al gallego considerándolo como "configurador de nuestra personalidad, pensamiento y forma de ser". En su intervención, recalcó lo dicho ya por Anxo Louzao, dejando en mano de la juventud la responsabilidad de salvar la situación en la que se encuentra la lengua gallega. El presidente de la Mesa por la Normalización lingüística, Marcos Maceiras, consideró que el "Correlíngua" es de las mejores campañas que ayudan a fomentar el uso del gallego, considerándola como una de las actividades más amplias y que más ciudadanos congrega.

Maceiras, en referencia a Castelao, hizo alusión a una de sus reflexiones en las que se comparaba el Pórtico de a Gloria con la lengua gallega para mostrar el valor que tenía este idioma como parte de nuestro patrimonio. Esta campaña congrega a más de 40.000 alumnos de toda Galicia, y planea empezar con carreras por la normalización de la lengua el próximo 4 de mayo, partiendo desde la ciudad compostelana. Esta actividad concluirá el día 15 del mismo mes, con meta en Pontevedra, pasando por 12 villas a las que "se acercará ese sentimiento" de apuesta por la lengua, así lo explicó la responsable de la Biblioteca.

VIAXE A SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA A PRESENTACIÓN DE CORRELINGUA O luns 20 de abril, os gañadores do premio de vídeo fomos a Santiago para participar no acto de presentación do Correlingua. Estabamos moi nerviosos posto que se trataba dun acto formal levado a cabo no salón de actos da biblioteca Ánxel Casal. Nada máis chegar, coñecemos os gañadores do Manifesto, que eran algúns alumnos de 4º de ESO do CPI de Pontecesures, xunto co seu profesor Suso. Alí os máximos representantes das organizacións a prol da normalización do galego foron defendendo, nas súas intervencións, o uso e conservación da nosa lingua. Do noso colexio dixeron unhas fermosas palabras David Martínez e Adriana Marcelino. Foi moi emocionante o momento no que se visionou o noso videoclip “O galego é de todos” porque nos decatamos do importante que é levar a cabo un traballo ben feito. Así recibimos un aplauso ben merecido. Tamén hai que mencionar a orixinalidade do traballo dos mozos e mozas de Pontecesures. Fixemos boas migas con eles e quedamos para algún encontro posterior. Tamén nos entregaron un diploma a cada un en recoñecemento polo noso traballo. Foi una experiencia marabillosa!!!

- 37-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

No mes de marzo viñeron ao cole unhas persoas expertas a explicarnos de onde viña o coiro e como se aproveitaba e daba cor. Recordáronnos que o coiro sae dos animais: cabalos, vacas, tenreiras, porcos e años. Explicáronnos tamén o tratamento que recibe despois para que sexa utilizable e cambie a súa cor, mediante colorantes especiais. Tamén nos enteramos de para que serve o coiro: facer chaquetas, zapatos, bolsos, carteiras, mochilas, sombreiros , guantes… Por último ensináronnos a facer una carteira para regalarlle a papá.

Que bonito quedou!!!

- 28-

Ano 2015

Paula González Daniela Budiño


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

O curso xa rematou, así como a nosa etapa no colexio chea de emocións, de moi bos recordos e de experiencias inolvidables. Todo isto foi, en parte, grazas aos nosos profesores, que durante estes trece anos nos acompañaron axudándonos a ser mellores persoas e comprender que por moi difícil que sexa a situación, rendirse sempre é a última opción. Nestes anos formamos unha gran familia e sempre levaremos con nós os bos momentos que pasamos xuntos nesta aula. Na nosa despedida non queremos falar dun “adeus”, senón dun “ata sempre”. MOITAS GRAZAS!!!

- 50-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

María Carballo

Andrea Dacosta

Isabel Díaz

María Docío

Marta Iglesias

Mauro Iglesias

Ano 2015

Julio Díaz

Elena López

Miguel A. Nerga

Luis M. Osuna

Moisés Otero

Alba Portas

Miguel Pousa

Natalia Sestay

Manuel Soage

David Tarrío

- 49-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

OS SEGREDOS ARQUEOLÓXICOS DO MUSEO DO MAR Os alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria visitamos , no mes de outubro ,o museo do Mar de Vigo. Tomando como punto de partida o xacemento castrexo do Museo, esta actividade ofreceunos a posibilidade de facer unha viaxe no tempo revelándonos as complexas relación entre as persoas que habitaron este castro e o mar. O chegar, dividíronnos en dous grupos para participar nas dúas actividades programadas: 1. A vida no fondo do mar 2. Como vivían os habitantes dos castros. Convertémonos así, en arqueólogos e como tal, tivemos que realizar unha excavación arqueolóxica na que buscamos restos que despois tivemos que analizar nun laboratorio científico.

Outra actividade moi interesante foi a de descubrir como vestían e por que utilizaban certas vestimentas para ir aos combates. Desta forma experimentamos por nós mesmos, algún aspectos do traballo diario das xentes que viviron en época castrexa e romana, o que comían e que utensilios utilizaban.

- 5-


Colexio Sagrada Familia

Andori単a

- 2-

Ano 2015


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Os alumnos e alumnas da ESO tiveron unha charla a cargo dun sarxento da garda civil, que trataba sobre os perigos do mal uso dos teléfonos móbiles, redes sociais, internet..., e do verdadeiro significado dalgúns termos como

sexting, bullying, grooming,... Houbo unha primeira charla para os alumnos/as de 1º e 2º da ESO e outra para os de 3º e 4º da ESO. En ambas ponencias todos estiveron moi atentos e fixeron algunhas preguntas ao sarxento.

- 42-

Ano 2015


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

Poemas de amor O meu corazón espera , moi ilusionado, un romance de primavera, ao teu lado.

Ollando as ondas do mar, lembreime do seu mirar. Sempre no meu corazón, Latexa a miña ilusión.

O noso amor é de verdade, por e para sempre, mais entre nós só hai amizade, desgrazadamente.

Sorrisos ao me lembrar, dun amigo do verán; escoitando unha canción que soa no meu corazón.

Eu quéroche dende hai tempo, e non sei se ti a min, é moi forte o cariño que che teño, dende o momento en que te vin.

Ondean as ondas do mar. Axiña ha chegar o verán: Latexa a miña ilusión, suspira o meu corazón.

Sergio Seijas Seijas Novas 1º ESO

Alicia Giráldez Rial

- 20-


Colexio Sagrada Familia

Andoriña

Ano 2015

O martes día 5 de maio,varios colexios do Morrazo acudimos ao Auditorio Municipal de Cangas. O piragüista galego David Cal, retirouse tras os grandes esforzos por gañar as medalla de ouro e prata tan desexadas polos deportistas. David non é nin un mito, nin ningún recordo lonxano; el é o noso heroe galego e no Auditorio entregáronlle o premio ``Marca Leyenda´´. Loitou e esforzouse.Tamén contamos coa presenza de varias entidades políticas como:o presidente da Xunta: Feijoo, o alcalde Jose Enrique Sotelo e o presidente do COE e do diario Marca. Javier Nerga Ablanedo, 6º E.P.

Un grupo de nenos de 6º de Primaria participaron nun concurso en Radiovoz chamado “Ecopreguntoiro”, sobre a ecoloxía e o medioambiente . Marcharon pola mañá, o día 10 de febreiro para coller o barco cara á radio. O concurso graváronno no estudo da emisora. Competiron contra o colexio Vite I de Santiago. Levaban a lección ben aprendida, pero os nervios xogáronlle unha mala pasada, polo que os nosos contrincantes gañáronlles por un punto. Foi unha experiencia moi enriquecedora. Candela Marcelino

- 12-



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.