Estimadas familias: Cada certo tempo, imos tratar diversas temáticas coas que organizar as actividades da aula e do centro. Estes proxectos, que poden xurdir dos intereses dos nenos e nenas ou seren propostos por nós, abordarán disciplinas do máis variado e, ás veces, inesperado. Todos eles darannos pé a xogar, a practi car as grafías, a iniciarnos na linguaxe matemática, a imitar técnicas plásticas, a cantar... En definitiva, a aprender xuntos e xuntas. Despois deste mes de adaptación, no que estivemos a coñecer a obra de Anthony Browne, imos poñer mans á obra nun novo proxecto de traballo que tratará sobre ciencia e inventos. Tentaremos de achegarnos a estas materias facendo experimentos e numerosas actividades “científicas” que dean resposta ás interrogantes que se nos vaian presentando. Coma sempre esperamos contar coa vosa colaboración, tanto coa vosa presenza para a realización dalgunha actividade como coa vosa achega de diversos materiais que enriquezan o noso traballo e as nosas aprendizaxes. Un cordial saúdo e agradecemento polo voso interese e cooperación. O equipo de educación infantil.
Páxina 1 de 1
23/10/15