Este conto foi inventado polos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Prácticas (A Coruña). Unha clase de 6º de Primaria enviounos catro elementos para formalo e, en primeiro lugar, os da clase de 5 anos comezaron a imaxinar unha historia con eles. Redactárona, ilustrárona e logo pasou aos de 4 anos, que fixeron o mesmo. Finalmente, a quenda foi para o rapaces e rapazas de 3 anos, que remataron o conto. Ou non? Ao mellor, a historia continúa.