FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS Sesións Letras Galegas/Día do Ambiente Recursos de carácter intercultural cultural empregados Imos usar o un debuxo de Castelao.
Ilustración 1: Debuxo de Castelao
Normas do xogo dialóxico Descargamos pictogramas do sitio Arasaac e, con eles, representamos graficamente as regras que queremos seguir durante o diálogo. Nesta ligazón pódense consultar: http://atropadepaulo.blogspot.com.es/2016/09/as-regras-do-xogo.html
Habilidades de pensamento e preguntas para o diálogo •
Percepción: observar e escoitar atentamente. ◦ Miramos detidamente o debuxo de Castelao. ▪ Que vedes neste debuxo? Onde están os nenos? Onde están sentados? Que hai detrás deles? ◦ Lemos o diálogo que se produce no debuxo. ▪ Quen credes que di estas palabras? Por que credes que é ese neno o que fala primeiro e non o outro?
•
Conceptualización: formular conceptos precisos. ◦ Relemos o texto. ▪ Hai algunha palabra que non coñezades? Cal? ▪ Que é unha ría? Coñecedes algunha? Cal?
•
Investigación: imaxinar novas historias a partir de elementos coñecidos e diversos.
Páxina 1 de 3
14/05/17