FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS Sesións El monstruo de colores Recursos de carácter intercultural cultural empregados Imos usar o El monstruo de colores de Anna Llenas.
Ilustración 1: Portada do libro.
E unha canción: El monstruo de colores da canle de YouTube do CEIP Juan del Enzina.
Normas do xogo dialóxico Descargamos pictogramas do sitio Arasaac e, con eles, representamos graficamente as regras que queremos seguir durante o diálogo. Nesta ligazón pódense consultar: http://atropadepaulo.blogspot.com.es/2016/09/as-regras-do-xogo.html
Habilidades de pensamento e preguntas para o diálogo •
Percepción: observar e escoitar atentamente. ◦ Miramos detidamente as cores que usa o libro para cada emoción. ▪ Que cor usa para a ledicia? Para a tristura? A rabia? O medo? E a calma? ▪ E que lle pasa ao monstro ao final? Por que utiliza o rosa Anna?
•
Traducción: narrar e describir. ◦ Diante das ilustracións das diferentes emocións. ▪ Cando te sentiches así? Cóntanos que pasou.
Que tema/concepto/valor estarei traballando? •
Reciprocidade: poñerse no lugar do outro/a.
Páxina 1 de 3
14/05/17