FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS Sesións Quen é ese becho? Recursos de carácter intercultural cultural empregados Imos usar o libro Quen é ese becho? de Carmen Queralt.
Ilustración 1: Portada do conto
Para imaxinar historias cos bechos, usaremos os Rory’s Story Cubes.
Ilustración 2: Portada do conto
Ademais, interpretaremos unha canción relacionada con bechos: Incy Wincy spider da canle do British Council en YouTube. Por último, os cadros sobre bechos do pintor Kazuya Akimoto servirannos de inspiración.
Ilustración 3: Something Evil This Way Comes
Normas do xogo dialóxico Descargamos pictogramas do sitio Arasaac e, con eles, representamos graficamente as regras que queremos seguir durante o diálogo. Nesta ligazón pódense consultar: http://atropadepaulo.blogspot.com.es/2016/09/as-regras-do-xogo.html
Habilidades de pensamento e preguntas para o diálogo •
Percepción: observar e tocar. ◦ Ímonos pasando o libro de man en man para contar que sentimos. ▪ Ten unha textura suave ou rugosa? É duro ou brando? Por que credes que é duro? ◦ Diante a diferentes ilustracións do conto.
Páxina 1 de 4
09/01/17