FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS Sesións A princesa Sabela Programa do Proxecto Noria no que se basea o plan Servímonos dalgúns aspectos contidos na actividade baseada no conto Carlos, el colibrí de Sátiro (2012). Nela, trabállase un dos valores que, co gallo da actividade conmemorativa do Día internacional da Infancia, pretendiamos promover: a liberdade.
Recursos de carácter intercultural cultural empregados Imos usar o libro A princesa Sabela de Cornelia Funke (Editorial Xerais). A sinopse explícase ben na páxina da editorial: Sabela está farta de que llo dean todo feito, de ter que sorrir decote e vestir roupas bonitas e súper limpas. Ela quere poder subir ás árbores, meter o dedo no nariz, vestirse e peitearse soa… Unha mañá, cansa de ser unha princesa, decide guindar a súa coroa ao estanque dos peixes. O rei, como castigo, ordena que Sabela traballe na cociña de palacio e no cortello dos porcos. Para introducir a parte do diálogo na que utilizamos o olfacto, usaremos a imaxe do cadro de Jan Miense Molenaer (1610-1668) titulado precisamente Olfacto (1637).
Normas do xogo dialóxico Descargamos pictogramas do sitio Arasaac e, con eles, representamos graficamente as regras que queremos seguir durante o diálogo. Nesta ligazón pódense consultar: http://atropadepaulo.blogspot.com.es/2016/09/as-regras-do-xogo.html
Habilidades de pensamento e preguntas para o diálogo •
Conceptualización: dar exemplos. ◦ Á princesa castígana, por que? Pensa nun momento en que, como a Sabela, te castiguen? Quen o fai? Por que? Que fixeches para que te castiguen? Está ben que o fagan? Para que te castigan?
•
Percepción: observar. Deterémonos en dúas ilustracións do libro. ◦ Unha, será a cociña, onde o rei manda castigada a princesa Sabela. ▪ Que tarefas fai Sabela neste sitio? Cal é a que máis che gustaría facer? E a que menos? ▪ Que ves na cociña? Hai persoas? Que son: homes ou mulleres? ◦ O outro debuxo correspóndese co momento onde Sabela se atopa no cortello dos porcos. ▪ Que fai Sabela onda os porcos? A ti gustaríache facer eses traballos?
•
Percepción/Investigación: ulir/imaxinar. Ensinarei o cadro Olfacto. ◦ Perante a ilustración da cociña. ▪ Imaxinádevos que estades dentro desa cociña. Pechamos os ollos, transpiramos fondo e pensamos no olor dese sitio. A que cres que cheira? Gústache ese recendo? ◦ Utilizando o debuxo do cortello. ▪ Volvamos a crernos nun lugar, pero agora non será a cociña. Sentídevos dentro desa corte chea de porcos, co chan cheo de palla manchada, coa comida dos cochos nas pías... A que pensas que ule?
•
Razoamento: realizar analoxías. ◦ Coa mesma ilustración. ▪ Fostes algún sitio algunha vez onde ulise así? Cal?
Páxina 1 de 4
16/11/16