FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS Sesións Unha familia normal Recursos de carácter intercultural cultural empregados Imos usar o libro Unha familia normal de Daniela Kulot.
Ilustración 1: Portada do conto
Tamén os cadros do pintor colombiano Fernando Botero sobre a familia.
Ilustración 2: Una familia.
E unha canción: Mi familia.
Normas do xogo dialóxico Descargamos pictogramas do sitio Arasaac e, con eles, representamos graficamente as regras que queremos seguir durante o diálogo. Nesta ligazón pódense consultar: http://atropadepaulo.blogspot.com.es/2016/09/as-regras-do-xogo.html
Habilidades de pensamento e preguntas para o diálogo •
Tradución: narrar e describir. ◦ Unha vez rematado de ler o libro. ▪ Veña, imos lembrar os membros da familia que aparece no conto. Cantos son? Ímolos nomeando. ▪ Agora, toca pensar. Cantos son os membros das vosas familias? Quen son? Noméaos.
•
Conceptualización: comparar e contrastar. ◦ Diante dos debuxos que cada un/nha realizou dos seus. ▪ Cal é a familia que ten máis membros? E a que menos? Teñen todas fillos? Teñen todas nai? E pai? E os avós? Cales teñen máis membros que estes? ◦ Vendo os cadros de Botero: ▪ Cal é a familia que ten máis membros? E a que menos? Teñen todas fillos? Teñen todas nai? E pai? E os avós? Cales teñen máis membros que estes? ◦ Confrontando un debuxo noso con un dos cadros de Botero:
Páxina 1 de 4
13/02/17