Poemas Rosalia 1ciclo ESO

Page 1

1º ciclo da ESO

LÚA DESCOLORIDA

CHIRRAR DOS CARROS DA PONTE

Lúa descolorida como cor de ouro pálido, vesme i eu non quixera me vises de tan alto. Ó espaso que recorres, lévame, caladiña, nun teu raio. Astro das almas orfas, lúa descolorida, eu ben sei que n'alumas tristeza cal a miña. Vai contalo ó teu dono, e dille que me leve adonde habita. Mais non lle contes nada, descolorida lúa, pois nin neste nin noutros mundos terei fortuna. Se sabes onde a morte ten a morada escura, dille que corpo e alma xuntamente me leve adonde non recorden nunca, nin no mundo en que estou nin nas alturas.

Chirrar dos carros da Ponte, tristes campanas de Herbón: cando vos oio partídesme as cordas do corazón. Ceboleiras que is e vindes de Adina polos camiños, á beira do camposanto pasá leve e paseniño. Que anque din que os mortos n'oien, cando ós meus lles vou falar, penso que anqueestén calados ben oien o meu penar.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.