revista
teix
espazo de pensamento crítico
A NO I • NÚM E R O 1 • M A R Z O 2 0 1 5 EDICIÓN EN GALEGO
e s t u d o s o c i a l D efen s a d as h u m an i d ad es
A s o c i e d a d e d e m a s a s M i tos s obre a vi ol aci ón en E s pañ a
d o s s ie r n 1 :
As ciencias sociais como creadoras de conciencia eAxip r e s i ó n a r t í s t i c a m portan ci a d a l ectu ra
a r q u e o l o x í a M u l l eres n o Li m es
O p o b o a m e n to n a C o s e ta n i a
t e ix r e v is t a
I S S N | 2387-0842 Lu g ar d e ed i ci ón | Vigo P eri od i ci d ad e | Cuatrimestral C on s el l o ed i tori al | Director José Moreno
Tamara Guizán Lucía Costa Xoán González Asesora creativa Patricia Pintor Diseño logo Lucas X. André
E q u i pa d e trad u ci ón correci ón | Coordinadora Inés Carballo
Ana Carballo / Carla Mauricio Estefanía González / Laura Comesaña Aurora Grandal / Sara García Inés Cuevas / Sel De La Iglesia Nuria Rodríguez / Tasio Piteira
C ol aboran n es te n ú m ero |
Carme Mecías / Xerardo Torrado Jordi Herms / Uxía Martínez S.C / Antígona Soldadeira
C abecei ra |
Sakuji-koen, Tokio Foto Begoña González
N OTA |
Os textos e opinións que conforman o presente número pertencen a cadanseus autores, non son propiedade de Revista Teixo.
w w w .r e v is t a t e ix o .e s
editorial C ie n c ia s S o c ia is y s o c ie d a d e : Importacia, aportación e utilidade. As Humanidades e as Ciencias Sociais, tan difíciles de explicar e tan doadas de entender, son o conxunto de disciplinas que estudan tanto os aspectos materiais (historia, xeografía, economía, socioloxía) como inmateriais (filosofía, psicoloxía) da propia condición humana. Escribe unha colaboración deste número, mediante o que permite a humanidade «facerse máis humana e, polo tanto, máis democrática». Nunha época convulsa onde a diario podemos sentir que os nosos dereitos democráticos fundamentais son menosprezados ou mesmo minguados. Se cabe, todas aquelas disciplinas que nos atan os pés ao chan adquiren máis relevancia, impídenos abandonar a nosa condición como individuo pensante dentro da sociedade, e permítenos non ser un gólem obediente que soamente traballe para producir, se reproduza para que os seus fillos poidan seguir producindo, e cando xa non sexa útil morra para non interferir na maior capacidade produtiva dos máis novos. Vivimos unha crise cultural. Nesta sociedade que apenas destina recursos útiles para a cultura, os gobernos promoven academias oficiais, liñas de investigación universitarias, museos, exposicións temáticas, conmemoracións oficiais... invisten en cultura para politizala. Isto fano porque saben que quen controle as Ciencias Sociais controlará o discurso sobre a realidade humana, e con iso a súa liberdade. Por iso nos dan ‘cultura’, mais nos quitan as Humanidades. Cada reforma educativa sepúltaas moito máis porque fannos pensar, fannos reflexionar sobre o que nos rodea, sobre o que vemos, sobre o que lemos, sobre o que escoitamos porque nos afastan do adoutrinamento. Porque permítenos seguir sendo libres. Unha persoa capaz de realizar unha análise crítica sobre o seu entorno pode converterse nun suxeito máis activo e útil á sociedade, mesmo pode alcanzar esta liberdade individual da que falamos. Temos que dicir que en Teixo abordamos este labor de impulso do coñecemento desde unha óptica aberta, sen facer caso das visións que limiten o noso campo de acción. Somos internacionalistas porque cremos que as Ciencias Sociais pertencen a toda a humanidade, de todos os cantos do planeta e de todas as épocas. Por iso favorecemos a publicación da nosa revista en todos os idiomas que nos sexan posibles. Desde Teixo ofrecemos á sociedade un espazo de reflexión crítica. Fronte á idea predominante de que somos gando ao que hai que controlar no prado, en Teixo entendemos que a xente, tanto de maneira individual como colectiva, deben activar o seu pensamento crítico e contribuír coas súas propias ideas á comunidade. Deste modo inténtase que a xente comprenda que a crise do século xiv, o papel da muller na Revolución Francesa ou a Antígona de Sófocles serven para algo más que para gañar ao Trivial, mesmo poden servir de elementos de reflexión porque esa é a natureza humana: reflexionar, aprender, opinar, participar, comunicar... . Teixo nace para xerar un espazo onde poñer por escrito as vosas ideas, porque como moitos, antes de nós dixeron: «as ideas son o maior invento da humanidade». █
3
índice _ed i tori al
Pax. 3. Ciencias Sociais e sociedade. Importacia, aportación y utilidade.
_es tu d o s oci al
Páx. 5. En defensa das humanidades. Páx. 7. A sociedade de masas como orixe do Estado e as súas institucións. Páx. 1 0. Mitos sobre a violación en España: un debate non afrontado?
_d os s i er: as ci en ci as s oci ai s com o cread oras d e con ci en ci a
Páx. 1 3. A historia como ferramenta de espírito crítico. O exemplo do nacionalismo. Páx. 1 7. A vida do burro: consideracións sobre 'El tren de la memoria'.
_expres i ón artís ti ca
Páx. 20. A importancia da lectura.
_arq u eol oxía
Páx. 22. Evidencia escrita da presenza de mulleres no Muro de Hadriano. Páx. 26. O poboamento no extremo oriental da Cosetania.
_col u m n as
Páx. 30. Ana Mato e Cayetana de Alba.
_m i cron oti ci as
Foto: Patricia Pintor
Páx. 32 . 'Piratería Somalí', 'BDSM & Grey' e 'Arabia Saudí'.
4
estudo social C A R M E M EC ÍA S
P r o f e s o r a d e X e o g r a f ía e His t o r ia
EN DEFENSA DAS HUMANIDADES ou 'Cidadáns víctimas da manipulación' Case se chegara a pensar que a división entre
ciencias e letras podía ser un concepto amplamente superado. Pero vemos como ciclicamente volven as mesmas pantasmas para asombrarnos e recordarnos que o demo non ten acougo e que a vixilancia en democracia non pode ter descanso. Asistimos con pesar a que fronte as disciplinas que conformaban tradicionalmente as ciencias, as humanidades seguen a estar cada vez menos valoradas pola sociedade e os seus representantes por consideralas alleas ás ciencias, as únicas que nestes tempos pareceran ter a exclusiva do dominio da verdade e a responsabilidade do avance humano _un espellismo_, unha visión parcial derivada dunha interpretación feita en termos de beneficio material estritamente. Velaquí unha teoría ben materialista e reducionista do asunto. Máis alá de debates sobre denominacións xenéricas ou consideracións epistemolóxicas, as humanidades non só inclúen materias que deben considerarse hoxe con rigor tamén ciencias por utilizar o método científico para a obtención dos seus resultados, se non tamén, porque máis alá do beneficio material, estas aportan a humanidade outro beneficio máis difícil de cuantificar lonxe dos intereses das correntes económicas en voga, aquilo que permite a humanidade facerse máis humana e por ende máis democrática, case nada. Se ben as ciencias, no sentido tradicional do termo, nos permiten coñecer, sempre máis dende a razón, como mínimo as leis básicas que rexen a natureza, o universo ou mesmo as leis básicas da economía de mercado, as letras, sen excluír a razón, pero máis relacionadas con outras
continxencias que non se poden obviar, serven para darnos outra dimensión do mundo da que non podemos prescindir por ser a outra parte esencial para completar a formación dos individuos máis alá da pura e indispensable comprensión do mundo material, xa que nos permiten dispor de claves imprescindibles para darnos a posibilidade de facer unha interpretación máis axustada e máis difícil de contaminar por axentes manipuladores sobre a nosa existencia e desta en relación co mundo. Se as ciencias e as tecnoloxías nos permiten importantes avances materiais para mellorar a calidade de vida dunha parte dos cidadáns do mundo _que non a de todos_ e dispor de inmediatas e grandes cantidades de información, son as humanidades as que nos dan as pautas para interpretar e diferenciar adecuadamente entre o feito obxectivo e o interesado, entre o real e o engano ou a verdade e a manipulación. Son estas tamén as que nos permiten entender mellor tanto avance, descifrar información e responder as eternas preguntas de quen somos, de onde vimos e a onde queremos ir para saber finalmente que tipo de mundo queremos construír. Son as humanidades as linguas que lle dan forma ao noso pensamento e a filosofía que nos amosa como evolucionou este e a concepción do mundo; a arte, a música e a literatura que traducen o gusto e o sentir dos homes e a xeografía que nos permite coñecer a interacción destes co resto dos seres vivos e co medio; a historia á que todo lle interesa e nos permite coñecer o pasado para comprender o presente en toda a súa complexidade para despois ser capaces de imaxinar o futuro que queremos. Son
5
Foto: Patricia Pintor estas algunhas das materias que contribúen a darnos a medida do que queremos ser e a relativizar sobre a nosa pretendida importancia. En definitiva, se queremos formar persoas libres e librepensadores, libres das ataduras da ignorancia e da manipulación que oculta posturas de intereses espurios, persoas portadoras da xustiza, da igualdade, da solidariedade, do respecto polo diferente, da tolerancia e da paz; se queremos ser quen de poder tomar o destino nas nosas propias mans para non nos converter en monicreques nas mans doutros, nas dos poderosos que traballan en prol dos seus propios intereses económicos, políticos ou relixiosos; se non queremos converternos en consumidores cegos e dependentes do que eses ofrecen para así seguir mantendo o seu status de privilexio fronte ao resto; se non queremos ser arrastrados polos seus desexos e delirios, abandonando nós a persecución da realización sa dos nosos propios soños por satisfacer os deles, a verdadeira dimensión do mundo só se pode acadar se partimos dunha formación asentada no estudo complementario e integrador tanto das ciencias como das humanidades, sen obviar, por subestimar, estas últimas como está a suceder neste frenético mundo no que todo se leva a traducir en cartos e éxito ata acabar sucumbindo diante dos datos económicos. De qué cartos e éxito estamos a falar se non é da perda de calidade humana do mundo que vamos a deixar en herdanza ás xeracións futuras. É ben coñecido que o saber ten a clave do poder.
6
Sabíano xa nos antigos imperios polo que este só circulaba por canles reducidas. Cando se pensaba que o saber se estaba a facer universal, vemos con anoxo que se está a desviar a nosa atención para facernos caer na trampa de que existen empresas máis importantes que a da humanización do propio home. A sociedade actual ten a responsabilidade e a obriga de contribuír á universalización do saber integral para evitar a decadencia definitiva desta civilización e quen sabe se a desta especie humana. Non permitamos que os novos gurús torzan a dirección ou nos afasten do camiño que conduce a facernos máis humanos para non nos converter en simples números de estatísticas dalgunhas city onde se adora a becerros de ouro que están ao servizo de mercadores do templo. A odisea destes tempos xa non ten horizontes xeográficos por descubrir pero ten novos espazos por conquistar para o coñecemento e o entendemento que nos permitan rachar cas fronteiras da ignorancia e da manipulación que impiden un maior grado de desenvolvemento democrático para que todos os seres da terra sen distinción de raza, cor, relixión ou condición, poidamos vivir en paz, con dignidade e no respecto dos uns aos outros e de cara ao medio que nos sostén, un planeta chamado terra . █
X E R A R D O T OR R A D O A GUL L A His t o r ia d o r
A SOCIEDADE DE MASAS COMO ORIXE DO ESTADO E AS SÚAS INSTITUCIÓS: Posible evolución social das masas d e n d e u n p u n t o d e v is t a f r e u d ia n o
Foron
moitas as críticas contra a «sociedade de masas», ata tal punto que o concepto de «masa», que tivo a súa orixe nos ditados dos filósofos, sociólogos, psicólogos e «teóricos sociais» en xeral, se converteu pouco a pouco nun caixón de xastre onde deixar esquecido todo o malo que move a nosa sociedade. Karl Jaspers criticou o concepto de masa ó apreciar unha deshumanización das masas que non permiten nada grande e que esmagan todo ata convertelo en formigas. O pesimismo cultural de T.S. Elliot, Karl Mannheim, Oswald Spengler e outros autores é algo que persegue a Europa dende finais do século XIX, e ten relación cunha visión despectiva da «sociedade de masas». Debemos anular estes xuízos ou, pola contra, multiplicalos?
máis antiga da civilización humana. Ortega y Gasset cría que era unha confusión facer unha identificación directa entre sociedade e asociación. A sociedade non se creaba por un acordo volitivo, senón que todo acordo de vontades presupón unha sociedade de convivencia. A idea de sociedade como unha reunión contractual xurídica era para Ortega poñer o carro antes dos bois 3. Esta opinión de Ortega y Gasset débese ter en conta para entender cando xorde unha sociedade: cando xorde unha convivencia, e cando esta xera o fenómeno da «sociedade de masas». O feito de que unha masa pense coma un individuo é o que provoca que apareza unha sociedade e todo aquilo que a representa, ou sexa, unhas institucións.
É común falar da sociedade actual como unha «sociedade de masas», pero eu son partidario de crer que a «sociedade de masas» é propia de toda asociación humana, e que polo tanto a deshumanización que critica Karl Jaspers é unha entelequia. Do mesmo xeito que non toda masa é revolucionaria, non toda masa é amoral, como recoñece o crítico Gustave Le Bon 1 . Todo o propio da humanidade, todo iso que chamamos «humanismo», non é obra dun só individuo, senón da colectividade social na que os sentimentos animais se «humanizan» ao pasar do individuo á xeneralidade. O mellor exemplo para a psicanálise de Freud é o paso da apetencia sexual ao amor fraternal, algo que provocaría toda unha serie de detractores que acusarían de «pansexualismo» 2 á psicanálise. A «sociedade de masas» forma parte da historia
«sociedade de masas» é anterior á propia sociedade. Unha sociedade precisa institucións, e non pensemos en institucións moi complexas, xa que incluso as hai nas comunidades dos grandes simios antropoides. As institucións reflicten unha masa social de carácter persistente, de feito é a súa magnificación á vez que o inicio da súa perversión. O mesmo Freud estuda á Igrexa Católica e ao exército como dúas «masas artificiais» 4, e en realidade trátase de dous exemplos perfectos para reflexionar sobre a realidade esencial de tal masa. No interior dunha masa, o individuo perde algunhas das súas facultades características a consecuencia da súa absorción pola multitude 5, dótase pois a multitude con atributos do individuo, algo que W. Trotter relaciona coa tendencia á formación de masas p o l a e s tru tu ra p o l i ce l u l a r d o s o rg a n i s m o s
A «sociedade de masas» como xeradora das A «sociedade das masas» como ente anterior á institucións políticas do Estado sociedade É paradoxal que, en realidade, ao que chamamos
7
superiores 6. Un dos lastres nos estudos das «sociedades de masas» é crer nun carácter pasaxeiro desta. Este é o principal erro que aprecia Sigmund Freud nos estudos de Gustave Le Bon sobre as «sociedades de masas» 7. Pero a masa tende a institucionalizarse preferindo renunciar aos seus principios ca desaparecer. Creo, polo tanto, que a «sociedade de masas» é unha creación inherente á humanidade, que nos leva incluso ata os tempos máis arcaicos. De feito, esta volta ao arcaísmo por certa sensación de atordamento dos sentidos é unha das principais críticas cara a «sociedade de masas». Para Gustave Le Bon «Polo solo feito de formar parte dunha multitude descende pois, o home, varios chanzos da civilización» 8. Freud non coincide con Le Bon, pero en cambio debe recoñecer que sen negar o posible papel da masa como estímulo no pensador e no poeta, as grandes creacións do pensamento son obra de individuos 9. Si, é certo, pero a sociedade e as súas institucións non son obra de individuos, son obras colectivas, son obras da «masa». O mesmo Aristóteles, no libro VIII de La política, considera un mal o excesivo poder nunha soa persoa, pero no libro anterior, o VII, o sabio de Estagira critica á demagoxia, onde todos participan da cousa pública sendo produto de desordes. É a «sociedade de masas», pois, un elemento distorsionador do político? Todo o contrario, sen «sociedade de masas» non hai nin institucións políticas nin política. De feito, a «sociedade de masas» e o seu poder de suxestión encárgase de que a masa se canalice cara ao político e é neste preciso instante cando a masa deixa de actuar por si mesma. Escribía Ortega y Gasset en La rebelión de las masas: «Nunha boa ordenación das cousas públicas, a masa é o que non actúa por si mesma (d) ata deixar de ser masa, ou polo menos, aspirar a iso» 1 0. Ortega facíao dende a súa defensa da necesidade dunhas elites directoras, pero eu recollo esta cita con outro propósito, o da miña visión dunha sociedade en evolución coma un organismo vivo, onde a «masa» se dirixe cara á súa propia traizón. E continuemos con esta evolución. As institucións acaban por ser consideradas traidoras da masa. Esta decepción provoca o perigo de falta de cohesión, e é entón cando as institucións, que
8
xurdiron pola evolución natural da masa, para suplir esta falta de cohesión, dótanse de elementos coercitivos cos que se acabarán asimilando mutuamente. Ese é o momento no que aparece o Estado. Son contrario a pensar que o Estado como tal xorde na Idade Moderna ou en plena contemporaneidade, como se adoita crer. Pregúntomed non existía coerción nos grandes imperios da antigüidade? En cada un dos réximes políticos da antigüidade, dende o imperio acadio ata o romano, houbo unha coerción institucionalizada, e eu pregúntolles aos «estadoescépticos»: quen exercía esa coerción institucionalizada se, segundo eles, non existía o Estado? Este poder coercitivo, definidor do Estado11 como magnificación da masa, pode non ser capaz de opoñerse a unha masa que teña a suficiente forza centrípeta. Se o Estado e as institucións que o xeraron ceden, supliranse por outras, que co tempo se asemellarán ás anteriores ata asimilárense en toda a súa esencia. De aí o descontento que causou a experiencia socialista na URSS coa súa tendencia á burocratización.
A non existencia dunha única «sociedade de masas»
Tendemos a falar dunha «sociedade de masas» como fenómeno unitario, e iso, dende o meu punto de vista, é un erro. «Masa» e «unitario» parecen termos que se inclúen un no outro de xeito natural, pero esta relación entre ambos termos leva a confusión. Para McDougall, todo grupo humano necesitaría dun mesmo interese ou sentimentos ante unha situación dada 1 2. Sería absurdo pensar nuns mesmos intereses e sentimentos para toda a «sociedade occidental», para a que aplicamos o termo de «sociedade de masas» de forma irreflexiva. É posible tal violación das realidades políticas, sociais e históricas ata a construción desta «sociedade de masas»? Hai varias masas sociais en permanente loita e conflito como organismos vivos na súa loita pola supervivencia. A maior delas son os EstadosNación, pero o sentimento unitario nalgúns deles é tan laxo, (como moito, identificar con un pasado mitificado, cando non inventado, un himno, unha bandeira, etc.) que para evitar a súa desaparición recorreu á forza coercitiva.
Non hai unha única masa, xa que unha masa, para existir, precisa polo menos doutra masa como némese 1 3. A loita e as forzas centrípetas no propio e centrífugas no alleo provocarían o fin dalgunhas destas masas e o triunfo doutras que poden chegar ao seu triunfo-decadencia ao crear as súas propias institucións. Coma nunha teoría de conxuntos, unha masa, para fagocitar a outra, debe rebaixar a intensidade e o número das súas sensibilidades específicas. É dicir, se nun conxunto «x» temos dous conxuntos menores «y» e «z», suponse que no conxunto «x» a intensidade e o número de sensibilidades específicas é menor ca en «y» e en «z», a unión é máis laxa. Así, como xa vimos, na maior das masas, o Estado, é tan laxo que, unha vez que a cohesión periga, se crean os aparellos coercitivos para evitar os movementos centrífugos.
hai toda unha serie de «sociedades de masas» que buscan a suxestión, ás veces libidinosa 1 4, para capturarnos. As mesmas institucións son produto dunhas «sociedades de masas» que se van sucedendo dende os primeiros pasos da humanidade e que cada vez, cos elementos definitorios da masa perdidos, as institucións pretenden perpetuarse coa creación de elementos coercitivos. Retomo a pregunta inicial, que non respondín en todo o artigo, non era a miña intención, pero si propoñerlla ao lector. As críticas aplicadas á «sociedade de masas» polos autores que citei ao comezo do artigod Debemos mitigalas ou multiplicalas? █
Conclusión
Tradución do orixinal en español: Inés Cuevas Lorenzo
Foto: Patricia Pintor
En conclusión, podemos pensar que non vivimos nunha «sociedade de masas» unitaria, senón que
N OTAS
1 . LE BON, G.: Psicología de las multitudes. Paris: Félix Alcan, 1 921 . p. 43. Citado en: FREUD, S: Psicología de las masas. Madrid: edición preparada para Alianza Editorial, 201 0. Cap. 2 p. 20. 2. FREUD, S: Psicología de las masas, 4, pp.34-35. 3. ORTEGA Y GASSET, J.: La rebelión de las masas. Prólogo para franceses. Madrid: edición preparada por Thomas Mermall para la edición de Clásicos Castalia, 1 998. Cap. II p.1 01 . 4. FREUD, S: Psicología de las masas. Cap. 5, pp.36 y ss. 5. Ibidem, 3, p.29. 6. TROTTER, W.: Instincts of the herd in peaces and war. Londres:1 91 6. Cit. In: Ibidem.Cap. 3, p.30. 7. FREUD, S: Psicología de las masas.Cap. 3, pp.24-25. 8. LE BON, G.: Psicología de las multitudes. Paris: Félix Alcan, 1 921 . pp. 1 9 y 23. Citado en: FREUD, S: Psicología de las masas. Madrid: Alianza Editorial, 201 0. Cap. 3, p. 24. 9. FREUD, S: Psicología de las masas. Cap. 3, p.24. 1 0. ORTEGA Y GASSET, J. La rebelión de las masas. Cap. XIII, p.222. 11 . A monopolización da coerción é definidora do Estado, así o cren
John A. Hall y G. John Ikenberry. BERAMENDI, J. G.: La Historia Política: algunos conceptos básicos. Santiago de Compostela: eds. Tórculo, 1 999. p.86. 1 2. DOUGALL, M.: The Group Mind, Cambridge. 1 920 Cit. in FREUD, S: Psicología de las masas. Cap. 3, p.25. 1 3. Engels en El origen de la familia, la propiedad privada y el Estado. Cap. IX, p. 234. Destaca a traizón da organización xentilicia cara a explotación do veciño de forma sistemática. Utilizo a edición para o Diario Público do 201 0. 1 4. FREUD, S: Psicología de las masas. Cap. 4, pp. 33 y ss.
B I B L I O G RAF ÍA
BERAMENDI, J. G.: La Historia Política: algunos conceptos básicos.Santiago de Compostela: eds. Tórculo, 1 999. ENGELS, G.: El origen de la familia, la propiedad privada y el Estado. Edición para el Diario Público, 201 0. FREUD, S: Psicología de las masas. Madrid: edición preparada para Alianza Editorial, 201 0.ORTEGA Y GASSET, J.: La rebelión de las masas. Prólogo para franceses. Madrid: edición preparada por Thomas Mermall para la edición de Clásicos Castalia, 1 998.
9
A NT Í GONA S OL D A D E I R A
L ic e n c ia d a e n His t o r ia
M I T OS S OB R E A V I OL A C I ÓN E N E S P A ÑA : Un d e b a t e n o n a f r o n t a d o ? En agosto de 201 4, o Ministerio de Interior
publicaba na súa páxina web, na sección servizos ó cidadán, unha serie de pautas para previr as violacións. En seguida xurdiu a polémica, grupos feministas e deputadas da oposición protestaban porque tódalas indicacións facían responsables ás mulleres da súa seguridade. Persoalmente, lembro que cando lin a noticia nos xornais tiña unha especie de sentimentos enfrontados. Por unha parte aqueles consellos resultábanme ofensivos, pero ó mesmo tempo podía escoitar a voz dos meus propios pais nalgúns deles, as súas palabras cada vez que saía coas miñas amigas de noite: “Non volvas soa, tes cartos suficientes para coller un taxi? Ten coidado, nunca sabes o que che pode pasar” Si, aquelas recomendacións podían resultar insultantes, pero tamén apelaban a un medo atávico que eu levaba dentro. E non era a única, un día falando con compañeiras descubrimos que cada unha de nós tiña algún tipo de truco para atravesar rúas desertas a horas intempestivas: simular unha conversa por teléfono, meter as chaves entre os dedos a modo de arma improvisadad Sentía pois que había unha contradición. Por que me molestaba tanto aquela guía do Goberno cando eu mesma recoñecía ter condutas similares? Pasado o tempo decateime que estábame a mover nunha cuestión estrutural, en algo que parece profundamente arraigado na sociedade española, os mitos sobre a violación. Con mitos sobre a violación desígnanse aquelas ideas estereotipadas sobre o que constitúe unha auténtica agresión sexual, para entender isto un pouco mellor probade a facer o seguinte exercicio, aínda que xa aviso que vai ser un pouco macabro. Pechade os ollos e imaxinade unha escena de violación. Imaxinastes a unha rapaza andando soa, por un lugar escuro e solitario, a altas horas da madrugada? Imaxinastes a un psicópata asaltándoa e inmobilizándoa? Entón
10
permitídeme que vos diga que creastes unha imaxe seguindo os mitos sobre a violación. Segundo o Centro de Asistencia de Víctimas de Agresiones Sexuales, no seu apartado Falsas Creencias, en España, só nun 30% dos casos, as vítimas non coñecían ó seu violador. Segundo a ONG inglesa Rape Crisis, diferentes estudios demostraron que só nun 5% das agresións sexuais, o agresor era un psicópata. Por suposto, que existen violacións levadas acabo por psicópatas, por suposto que as mulleres poden ser violadas cando atravesan un descampado. Pero pensar que só hai agresión cando se dan unha serie de circunstancias é perigoso, porque fai que perdamos de vista a magnitude do problema. Nun dos seus artigos, Kathryn M Ryan (201 1 , p:776) sinalaba que o feito de que se identificase violación cun ataque súbito por parte dun estraño, podía interferir coa capacidade de ver ataque sexual no uso de forza física por parte dun coñecido. Outro dos problemas é que a vítima podía tardar máis en interpretar as intencións do violador. E o que é máis, á vítima podía levarlle máis tempo comprender que o que vivira fora unha agresión sexual e polo tanto non pedir a axuda precisa de inmediato. Os mitos sobre a violación tamén repercuten a outros niveles. Sokratis et al. (201 2) levaron a cabo unha revisión bibliográfica de cómo estes mitos podían afectar ás decisión tomadas por un xurado. En dita revisión sinalaban que nun estudio realizado por McGee et al., un 40% das persoas entrevistadas crían que as violacións estaban motivadas por un desexo sexual incontrolable; cando a realidade é, segundo moitos sociólogos e psicólogos, que o principal compoñente é unha humillación de contido sexual, impoñerse á vítima por coacción ou temor (Soria e Hernández, 1 994, p:1 8). Nesa mesma revisión, fíxose referencia a unha metanálise realizada por Whatley, na que se demostraba que aquelas mulleres que levaban roupa provocativa ou que eran sospeitosas de non ser “honradas”, tiñan máis posibilidades de ser
consideradas responsables da súa violación. Referíndose a como é vista unha muller violada, Jane Done (2003, p:11 8) afirmou: “Existe unha aceptación xeral pero reticente de que non é a súa culpa. Pero que se tivese feito outra cousa, ido noutra dirección, non tivese tomado aquela bebida ou levado aquel vestido, ou sorrido daquel xeito, aquilo nunca tería sucedido”. As agresións sexuais deben ser un dos poucos delitos, por non dicir o único, no que existe unha maior tendencia a escusar ó delincuente e a culpabilizar á vítima. Mencionando novamente Rape Crisis, na súa páxina web, na sección que dedica a este tema, comenta que un dos mitos sobre a violación é sinalar que a vítima estaba borracha ou drogada, favorecendo así o crime. Ó mesmo tempo outro dos mitos é que o agresor estaba bébedo ou baixo os efectos de estupefacientes e non era consciente do que estaba facendo. Resulta curioso que unhas mesmas circunstancias sirvan para culpabilizar a uns e exonerar a outros. A cousa pode resultar aínda máis escandalosa se facemos a seguinte comparación, se unha persoa conduce a 200 km/h e a para a Garda Civil, esta multaraa por exceso de velocidade, se ademais da positivo no control de alcoholemia, a sanción será máis dura. Ós cidadáns esíxenlles que por moi ebrios que estean deben ser conscientes de que non se pode coller o coche, non se lles pode pedir o mesmo para que non violen? Esta organización británica comenta ademais que moitas veces os propios medios de comunicación se encargan de propagar estes mitos dando datos que en principio son un tanto arbitrarios, como por exemplo que levaba posto a persoa que sufriu a agresión. A verdade é que esta ONG non anda moi errada, Sampert (201 0) analizou como este tema era tratado nos xornais canadenses e detectou como estes axudaban a perpetuar, entre outras, a idea de que os violadores sempre son “outros” (inmigrantes, xente de baixa extracción social), que é un delito derivado dun desexo sexual descontrolado ou que é a vítima a que provoca a agresión, ou ponse nunha situación na que ten moitas papeletas para ser violada. En ocasións, as situacións poden chegar a extremos realmente surrealistas. En 1 999, unha Corte de Xustiza italiana anulou unha condena por violación, porque a vítima levaba pantalóns vaqueiros, prenda que segundo a Corte non pode
' Prevención de la violación' en la página del Ministerio del Interior en 201 4, hoy retirada. Campaña británica ' This Is Abuse'.
ser sacada por unha terceira persoa, é dicir que a propia agredida tiña que ter sacado os pantalóns, e polo tanto consentira en ter relacións sexuais. Por suposto, os mitos sobre a violación teñen repercusión a nivel político, e un claro exemplo o temos neses consellos do Ministerio de Interior. Volvendo a vista atrás, aquela foi unha oportu-
11
nidade perdida, ante a torpeza do goberno ninguén puxo sobre a mesa a palabra mito. A guía foi retirada da páxina web coa promesa de elaborar algo mellor, a estas alturas descoñezo como está a cousa. En xeral o panorama é bastante triste en case tódolos ámbitos. A diferenza do mundo anglosaxón, os estudos sobre ditos mitos nos distintos sectores da sociedade son escasos, pódense destacar os de Mejías et al. (2011 ) ou o de Durán (201 2). A forma de abordar o tema por parte das autoridades tampouco é a mellor, na páxina web do Instituto da Muller ofrecese estatísticas anuais sobre violencia, pero son simples documentos excel que non son suficientes. Fan falla informes anuais, estudos sobre as vítimas e agresores. En resumo, fai falla un mellor coñecemento sobre o que supón unha violación e cómo a sociedade a percibe. E sobre todo fai falla acabar con esas falsas crenzas, cousa que pasa por educar e informar. O goberno británico puxo en marcha varías campañas, destinadas sobre todo a adolescentes, nas cales se pretende demostrar que unha violación non é só un ataque nunha zona illada, ditas campañas poden verse na páxina web This is abuse. Pola súa parte, Rape Crisis Scotland tamén puxo en marcha outra campaña na que se avisaba de que unha muller non viste de forma atractiva para ser violada. Se o Goberno español quere levar a cabo políticas efectivas sobre este asunto, debería entre outras cousas pensar en poñer en práctica políticas similares ás británicas. █
Campañas de Rape Crisis Scotland: 'No te estoy pidiendo que me violes"
12
BIBLIOGRAFÍA
DONE, J. (2003) The Story of Jane Doe: A Book about Rape. Toronto: Random House. MEGÍAS, J. L., ROMERO-SÁNCHEZ, M., DURÁN, M., MOYA, M. Y., BOHNER, G. (2011 ). “Spanish validation of the acceptance of modern myths about sexual aggression scale (AMMSA)”. The Spanish Journal of Psychology, Issue 1 4, 91 2-925. RYAN, K. M. (2011 ) “The Relationship between Rape Myths and Sexual Scripts: The Social Construction of Rape” Sex Roles Volume 65, Issue 11 1 2, 774-782. SAMPERT, S., (201 0) “Let Me Tell You a Story: English-Canadian Newspaper and Sexual Assault Myths” Canadian Journal of Women and the Law, Vol. 22, Issue 2, 301 -328 SOKRATIS, D., BURROWES, N., HAMMOND, K., CUNLIFFE, C. (201 2) “A systematic review of juries' assessment of rape victims: Do rape myths impact on juror decision-making?” International Journal of Law, Crime and Justice. Issue 43 (1 ), 36-49. SORIA VERDE, M.A., Hernández Sánchez, J. A. (1 994) El agresor sexual y la víctima. Barcelona: Marcombo. WEBS
DURÁN SEGURA, M., MOYA, M., MEGÍAS, J.L. (201 2) “Valoración social de la Violencia sexual: el rol de los mitos sobre las agresiones sexuales” Memorias IX Congreso Iberoamericano de Ciencia, Tecnología y Género. [Online] Dispoñible en http://www.oei.es/congresoctg/memoria/maestro.php?id_seccion=7 [Consultado: 05/02/201 5] Centro de Asistencia de Víctimas de Agresiones Sexuales. Falsas Creencias. [Online] Disponible en http://www.violacion.org/falsas/default.html [Consultado: 05/02/201 5] Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades. Mujeres en cifras. [Online] Dispoñible en http://www.inmujer.gob.es/estadisticas/portada/home.htm [Consultado: 05/02/201 5] Ministerio de Interior. Prevención de la violación. [Online] Disponible en http://www.interior.gob.es/es/web/servicios-alciudadano/seguridad/consejos-para-su-seguridad/prevencion-de-laviolacion [Consultado: 05/02/201 5] Rape Crisis. Common Myths about Rape. [Online] Dispoñible en http://www.rapecrisis.org.uk/commonmyths2.php [Consultado: 05/02/201 5] Rape Crisis Scotland (201 0). Not Ever. [Online] Junio de 201 0. Disponible en https://www.youtube.com/watch?v=h95-IL3C-Z8 [Consultado: 05/02/201 5] This is abuse. If you could see yourself. [Online] Dispoñible en http://thisisabuse.direct.gov.uk/videos/view/11 /if-you-could-see-yourself [Consultado: 05/02/201 5]
'as ciencias sociais como c r e a d o r a s d e c o n c ie n c ia '
dossier
J OS E M OR E NO, lic e n c ia d o e n His t o r ia
A H I S T OR I A C O M O F E R R A M E NT A D E ESPÍRITO CRÍTICO: O exemplo do Nacionalismo Lembro que cando estaba en primeiro de carreira,
un mestre de Historia Antiga puxo como práctica obrigatoria escribir unha recensión sobre unha lista inxente de libros. A esta lista, durante a clase, engadiu oralmente máis títulos. Lamento dicir que non lembro ningún dos que dixo, agás un, que me quedou gravado e que en consecuencia escollín para elaborar o meu traballo: Séneca ou o poder da cultura (Mangas, 2001 ), unha biografía do filósofo bético que fai especial fincapé nas vantaxes que tivo o protagonista polo feito de dispoñer dun nivel cultural alto. Menciono isto porque quizais foi ese un dos primeiros momentos durante a carreira (se non o primeiro) en que fun consciente de que todo o que estabamos a estudar servía para algo máis que para rexistrar feitos do pasado. A historia en particular, mais as humanidades e ciencias sociais en conxunto, eran capaces de dotar a unha persoa de ferramentas de forte importancia para actuar no seu entorno. Estas ramas de coñecemento supoñen compresión da realidade humana, que é o primeiro paso para poder manipular o contexto en que vivimos. Exactamente igual que comprender a reacción química que se produce nunha combustión é o primeiro paso para poder controlar dita combustión. Se unha persoa ten coñecementos sobre a sociedade, xa sexa en filoloxía, historia, socioloxía ou filosofía, por exemplo, coa vontade adecuada pode operar nesa sociedade para transformala ao seu gusto: o único límite é a ética. Seguidamente, pretendo ilustrar esta defensa do coñecemento que nos proporcionan as humanidades como ferramenta a favor do espírito crítico cun exemplo dun tema de actualidade como é o nacionalismo. Ora ben, xa aviso de antemán que quen agarde ler liñas a favor ou en contra dun nacionalismo concreto vai sentirse moi decepcionado. Non é o meu propósito defender nin criticar ningunha postura nacionalista actual, non me interesa participar nese debate. O que si
creo é que un coñecemento da historia pode axudar a comprender mellor o panorama no que vivimos, dominado polo paradigma do EstadoNación. Un paradigma defínese como un exemplo ou un modelo, así de sinxelo. Aplicado ao tema que estamos a tratar, é un xeito de entender a realidade que sexa comunmente aceptada pola maioría da sociedade. Os paradigmas gozan de boa saúde mentres prevaleza a orde e cambalean cando este deixa lugar ás revolucións (portadoras a súa vez doutros paradigmas). O paradigma imperante a finais do século xviii era, en síntese, o das monarquías absolutistas. En ditos estados, o importante non era no lugar no que se nacía, senón a familia. O mundo era entendido entre privilexiados e non privilexiados, aristócratas e plebeos. Un mercador rico daquela época podía vestir as roupas máis caras e habitar os pazos máis suntuosos, mais era inferior a un membro da baixa nobreza, aínda que estivera na quebra. Sinxelamente, non todos eran iguais ante a lei, que sempre deriva do paradigma. Neste contexto, un nobre bávaro sempre se ía a recoñecer máis cun nobre castelán que cun artesán de Múnic. As revolucións liberais cambian todo isto, non de golpe, senón de xeito progresivo, anulando os privilexios e identificando a todos os homes (si, só homes, e tan só os brancos) por igual. De entre todos os cambios producidos, acontecerá o que máis nos interesa: comeza a mudar o concepto de nación persistente no Antigo Réxime, o lugar de nacemento, pola identificación coa nova forma de estado. Será un proceso longo, como ben exemplifica Hobsbawm baseándose na análise da voz «nación» rexistrada nas distintas edicións do Diccionario de la Real Academia Española (Hobswawm 2004: 23). Estamos a falar dunha época de cambios de relevancia: alén da fin das sociedades estamentais, prodúcese a Revolución Industrial, a explosión demográfica, as migracións masivas, a nova realidade urbana ou a aparición
13
Foto: Begoña González
das novas clases sociais, e a ideoloxía adecúase a estes procesos. O panorama ilustrado imperante ata o momento dá paso ao romanticismo e á súa característica mitificación das realidades populares. O nacionalismo nace e crece neste novo ambiente, desenvolvéndose de maneira progresiva durante o século xix, a finais do cal xa é un referente ideolóxico claro indisolúbel da palabra nación e de concepto do grupo étnico (Villares e Bahamonde 2001 : 69-70). Autores fundamentais para o desenvolvemento do pensamento contemporáneo, como Herder ou Hegel máis tarde, comezan a romper co panorama ilustrado predominante na época e xorde o romanticismo, que logo dará paso ao nacionalismo nos campos ideolóxico e político. A vangarda do proceso prodúcese nos estados xermanos, a partir dunha percepción idílica da cultura popular que remata argumentando que, dadas as peculiaridades da nación alemá, entendida xa como comunidade lingüística (Fontana 2001 : 1 65), o xeito en que esta debe ser gobernada ten que ser diferente ao do resto de pobos (Carreras 2003: 30), nunha oposición clara ás ideas revolucionarias de orixe francés (Carreras 2003: 37). Dentro da historia como disciplina, no século xix desenvólvese o historicismo, cuxo protagonista foi o alemán Ranke, que se pon ó servizo da ideoloxía imperante da Prusia da súa época para lexitimar todo o que fose necesario para defender os intereses da aristocracia (Fontana 2001 : 1 69). O
14
historicismo outorgará a cada sentimento nacional interpretacións históricas capaces de tornarse referentes necesarios para defender as súas posturas. (Fontana 2001 : 1 66-1 667). As ideas desta historiografía calarán na poboación, que conforme ía avanzando o século xix vai deixando de ser súbdita de grandes dinastías a ser cidadá de estados organizados a partir dunha constitución. Nun principio, as ideas revolucionarias (é dicir, o liberalismo) buscan os seus espazos sen pensar necesariamente na coherencia cultural dos pobos, pero pouco a pouco fortalécese a idea de que as comunidades deben organizarse en estados liberais, sobre todo cando trunfa a concepción de que unha comunidade de falantes do mesmo idioma sexa o piar sobre o que se constrúa o estado. Para o novo século, esta idea xa está estendida e comunmente aceptada. O cambio no concepto de nación prodúcese dende unha non necesaria identificación coa pertenza a unha comunidade lingüística á caracterización da masa cunha mesma idea de pobo, que debe ser articulada en estado nun proceso que Hobsbawn explica como a «transformación do nacionalismo» (Hobsbawm 2004:111 ). Xa vimos que a idea de nación nace a partir do romanticismo de finais do século xviii e principios do xix, e que a súa aplicación á organización estatal avanza co desenvolvemento das democracias liberais do século xix. Como toda ideoloxía, debe construírse, e esta necesita
especialmente da historia para asentar o seu discurso. É entón cando comezan a se promover historiadores que interpreten os feitos do pasado como os alicerces das identidades culturais das comunidades lingüísticas, onde, lembremos, recaerá o concepto de nación (Fontana 2001 : 1 66). Sexa nacións constituídas en estados, sexan nacións que buscan crear o seu propio, o rol da lexitimación histórica é a clave. Co apoxeo da historiografía académica e o fortalecemento de comunidades estatais, estas interpretacións chegarán á poboación xeral (Villares e Bahamonde 2001 : 73). De todo isto, dedúcese que os nacionalismos reinterpretan feitos do pasado de forma que se adecúen aos seus discursos e lexitimen as súas causas. No entanto, as nacionalidades son unha realidade, simplemente porque as comunidades cren nelas. O nacionalismo, á súa vez, é un produto cultural dunha época determinada que continúa vivo, evolucionando como é natural, ata hoxe. Xa que logo, non existía no momento en que moitos dos feitos en que se fundamenta aconteceron. De facto, xeralmente, e tamén dende a historiografía, determinados feitos do pasado son reinterpretados segundo conceptos inexistentes no tempo en que acaeceron. Isto
produce unha mitificación da historia que non corresponde coa realidade. O feito de que os reinos entrasen en que guerra na Idade Media non pode ser entendido seguindo a lóxica nacionalista, que non é a súa natureza, senón a feudal, que si o é. De igual xeito, un conflito actual responde a razóns do mundo de hoxe, non ás de séculos vindeiros: a Guerra do Vietnam pode e debe ser explicada de acordo á Guerra Fría (capitalismo contra comunismo, en definitiva), pero nunca en función dunha ideoloxía que aínda non existe. Por iso, cómpre que cando alguén escoite unha mensaxe que argumente a favor dunha ou doutra comunidade nacional en función dun feito histórico, saiba que dito feito é anterior á formación desa realidade nacional. Os feitos poden ser coñecidos por unha persoa máis alá do discurso co que son expostos. A capacidade de diferenciar entre noticia e discurso, algo que xeralmente é ensinado nas universidades, resultaría de grande utilidade para calquera persoa, pois lle permitiría comprender mellor as mensaxes que recibe acerca do entorno ao que pertence. Supón unha vantaxe clara á hora de poder exercer o pensamento crítico tan necesario nunha sociedade que pretenda chamarse avanzada (dende o meu punto de vista,
Foto: Patricia Pintor
15
o desenvolvemento dunha sociedade depende máis de aspectos como a conciencia crítica do seu pobo que de cantos quilómetros de autoestradas hai no seu Estado, pero isto xa é tema doutro artigo). É consubstancial ao poder político e ao paradigma que o sustenta estabelecer un discurso aparentemente coherente que explique o mundo do xeito en que este o entende e que, en definitiva, o lexitime. Ben é certo que o que estou a escribir evidencia que a historiografía viviu ao servizo de intereses e poderes fácticos ao longo da súa existencia nun proceso que Fontana describe perfectamente (Fontana 2001 : 258), mais esa foi a realidade desta e doutras ciencias sociais durante séculos. O tema do nacionalismo é só un exemplo—poderiamos falar de moitos outros—, mais o feito de que unha persoa coñeza os paradigmas en que se basea realidade e os comprenda de verdade, outórgalle a capacidade de responder ante quen intente dirixir o seu pensamento. A historia como disciplina pode aportar á sociedade ferramentas de comprensión
que lle proporcionen ao individuo unha maior capacidade crítica, alén de lle facilitar a comprensión da realidade humana que lle tocase vivir. Isto redundaría a favor dunha cidadanía máis responsable, capaz de superar a manipulación e o paternalismo que o poder emprega. █
BIBLIOGRAFÍA
CARRERAS ARES, J. José (2003): Seis lecciones sobre historia. Institución Fernando el Católico. Zaragoza. FONTANA, Josep (2001 ): La historia de los hombres. Crítica. Barcelona. HOBSBAWM, Eric J. (2004): Naciones y nacionalismo desde 1 780. Crítica. Barcelona. MANGAS, Julio. (2001 ): Séneca o el poder de la cultura. Debate. Madrid. VILLARES, Ramón; BAHAMONDE, Ángel (2001 ): El mundo contemporáneo. Taurus. Madrid.
Foto: Patricia Pintor
16
L UC Í A C OS T A ,
lic e n c ia d a e n His t o r ia
A VIDA DO BURRO: Consideracións sobre o documental “El tren de la memoria” Os emigrantes abandonan o seu país sen rumbo
fixo. Vémolo hoxe nos que chegan a España. Coñecen só as bondades do noso país, pero nada da súa realidade. Cruzan a fronteira para poder vivir porque na súa patria non hai traballo, ou para mellorar o seu salario porque teñen que manter a súa familia, e fano para ocupar os empregos que os españois non desexan, traballos físicos e mecánicos que non son dignos dos nosos cidadáns. Malia iso non os queremos aquí, sobran, quítannos o traballo, traen pobreza e delincuencia. A historia está condenada a repetirse, coma as maldicións gregas. Non hai tanto, os españois eramos os que emigrabamos. Esquecémolo, diso se encargaron numerosos intereses políticos. Seguramente moitos estarán pensando un mito moi estendido: «non é o mesmo, os españois viaxaban legalmente, con traballo e eran apreciados pola súa fama de traballadores.» En ocasións oín dicir a algún familiar: «a xente pelexaba por eles!» Ó réxime franquista interesáballe a emigración da xente nova. Baixaba as cifras de pobres e supuña a entrada de divisas que saneaban unha economía miserable, coroada pola fame e a necesidade. Por iso os medios informativos e a propaganda fomentaban a emigración e esta imaxe do emigrante que chegou ós nosos días. Así, o emigrante español era xusto, rico e exemplo para España, mentres que o inmigrante é un delincuente que vén vivir das axudas do Estado e gozar da nosa Seguridade Social. Porén, no ano 2005, Marta Arribas e Ana Pérez realizaron un documental que nos achega unha visión diferente. Unha que converte a diferenza entre emigración e inmigración nunha cuestión puramente etimolóxica. Nas décadas posteriores á posguerra, os españois tamén partían cara ó descoñecido para deixar de pasar penurias. A situación en España comezaba a facerse
insostible: o abandono dos campos, o éxodo masivo a cidades abarrotadas, escaseza, fame... Alemaña foi o destino escollido por preto de 2 millóns de españois. A súa rapidez para repoñerse á II Guerra Mundial converteuna nun destino óptimo1 . En El tren de la memoria varios emigrantes españois que chegaron a Alemaña nos anos 60 cóntannos a súa historia persoal. Josefina, Victoria, Leonor, Josefa, José Luís, Álvaro, Pedro... Relatan a súa viaxe a esa Nova América, a terra de traballo e confraternidade que vendían os medios, para vivir «a vida do burro»: traballar para vivir e vivir para traballar. A aventura comezaba nun tren. Un especial para inmigrantes. Nel chegaron os nosos protagonistas a Nuremberg e a outras cidades do sur de Alemaña identificados con cartóns numerados. As protagonistas relatan como se sentían, coma ovellas. Cando anos despois viron as imaxes dos «trens de xudeus», unha non puido evitar sentirse identificada, salvando as distancias. As humillantes condicións desta viaxe convertéronse nun estigma para os emigrados, tanto que moitos negaban a súa chegada a Alemaña nun tren así. Aínda hoxe son conscientes do perigo ó que se someteron voluntariamente: unhas mulleres soas, metidas nun tren, sen saber do seu destino pouco máis có país no que estaba. Hoxe coñecemos como en España as mafias enganan a inmigrantes que marchan do seu país en condicións similares ás das protagonistas, e son obrigadas a se prostituír. En Nuremberg, convertidos en man de obra barata, hospedábanse en barracóns especiais, antigas cadras, cines abandonados 2... As familias con fillos escollían outro tipo de vivendas: estancias separadas por cortinas, unha por matrimonio, nunha mesma casa. Algo que non se diferenza moito do que sabemos que ocorre aquí en moitos casos. Ó resto, segregábanos por sexos. Unicamente saían destes lugares de habitación
17
para ir traballar á fábrica asignada, que xeralmente estaba preto, e evitaban practicamente toda relación co pobo alemán por sentirse menosprezados e insultados. Á súa vez, os alemáns evitaban os bares que frecuentaban os españois porque lles molestaba non só un idioma alleo, senón todo o rebumbio que imperaba alí onde había españois, o que supuña que os donos dos locais limitasen o seu acceso. As señoras que os atopaban nas prazas ou nas estacións (onde eran citados para asinar os contratos ilegais) chamábanos cheirentos 3. Un español para os alemáns non era máis ca unha molestia, un invasor, algo non moi afastado da opinión xeral de certos sectores da sociedade respecto da inmigración a día de hoxe. Por isto, os emigrantes españois procuraban saír pouco, relacionarse unicamente cos da súa mesma nacionalidade e facer «cousas de españois» 4. Citando a PierrePaul Grégorio, para «conservar a propia idiosincrasia como defensa ante a evidencia dunha inferioridade socioeconómica», aínda que tamén como defensa da propia dignidade humana. «Todo aquilo que podía servir de vínculo coa terra natal, como un signo distintivo que dese fe dun existir á vez individual y comunitario. Foi tamén unha testemuña – de cara a fóra pero tamén se cadra na propia conciencia – de que o afastamento só sería transitorio» 5.
Fotograma do documental
« Se meus pais visen como estou agora, nunca me terían deixado vir», pensaba Leonor. Esta imaxe q u e n os amosan os protagon i stas d i sta
moito da que amosaba o NO-DO, o noticiario franquista, que falaba de organización exquisita. As barracas explicábanse polo «refuxio dos españois para evitar dispersarse nese novo mundo, con idioma, clima e costumes diferentes dos de España». Fraternidade hispanoxermana nos fogares, nos que os alemáns demostran
18
fervorosamente a súa admiración polo pobo español, os seus hábitos e valores. Escoitamos: « Os nosos operarios gozan aquí de xusta fama polo decoro que poñen sempre nas súas empresas, especialmente cando traballan fóra da patria» ou «Nas cervexerías alemás, son sempre moi ben recibidos os españois. A graza andaluza e o ímpeto ancestral do flamenco ten a súa expresión nas “palmitas” coas que os alemáns aprenden a arte popular do “jaleo”. » Como colofón, a ditadura enviaba mensaxeiros para que fixesen espectáculos para os emigrantes, pero que amosaban unha España irreal e patética. Todo elaborado na Operación Patria co único obxectivo de gravala para o NO-DO. Esta imaxe da «España de pandeireta» que critican os emigrados en Alemaña podemos atopala nunha boa parte das crónicas de emigrantes, independentemente do seu destino6. A situación en Alemaña era tan complexa que os emigrantes españois apenas gastaban o que gañaban. O seu principal obxectivo era aforrar. O que non lle mandaban á súa familia, gardábano para volver a España canto antes 7. Porén, ó facelo tamén se sentían desprezados. Os cabeza de familia negaban a relevancia dos cartos que os seus fillos enviaban dende Alemaña, máis aínda se eran as súas fillas. Cando viñan de vacacións, vían a mellora económica de España e sabían que era en parte grazas a eles, pero tratábaselles con indiferenza e desdén. Eles omitían as penurias que pasaban no seu exilio forzoso e moitos mesmo mentían por vergoña e relataban o marabilloso que era traballar en Alemaña 8. Moitos tiraban os cartos para presumir, porque xerar envexa no veciño compensaba a miseria que viviran. Sen embargo, El tren de la memoria sinala algo máis: a importancia dos emigrantes españois na oposición ó franquismo no estranxeiro. Como lembra Josefina, fío condutor do documental, en Alemaña, ó contrario ca en España, si se podían reunir libremente. Comezaron a entrar en sindicatos obreiros nos que aprendían non só os seus dereitos como traballadores, senón os seus dereitos como persoas. Os españois sindicalistas eran unha minoría, pero unha minoría moi activa. Comezaron a organizar comités, e eles foron o comezo da oposición ó franquismo en Alemaña. Foi entón cando a ditadura comezou a interesarse polo retorno dos emigrantes, onde non fuxirían tan
do control do réxime. Se no ano 1 963 Franco dicía ó seu curmán Pacón: «Non podo prohibir ós españois que gañen a vida no sitio que desexen» 9, esa realidade acababa de cambiar. Coincidindo con isto, na década dos 70 os inmigrantes xa sobraban en Alemaña. Durante a crise do petróleo, os partidos políticos máis conservadores utilizaban unha artimaña moi actual: os inmigrantes roubaban o traballo ós alemáns e non traían ó país máis ca paro e delincuencia. Se como recolle unha testemuña, hai anos, despois de ir ó médico con chagas nos pés, froito de traballar 1 2 horas de pé sen descanso, a resposta do facultativo era «iso en 20 anos pásaseche, volve traballar», agora cando un emigrante se puña enfermo, o seu médico sempre lle recomendaba volver a España. Os seus permisos de residencia dependían directamente do seu lugar de traballo, que estaba á súa vez ligado á empresa, e renovábanse anualmente, polo que foi sinxelo despedir ós traballadores legais. Volver a España non foi opcional para moitos emigrados, como non o foi a emigración. El tren de la memoria permítenos coñecer as súas historias para que non esquezamos o sacrificio de toda unha xeración, condenados a vivir toda a súa vida nun país que os trataba coma estranxeiros (primeiro Alemaña, logo España), unha xeración que cedeu a súa xuventude ou renunciou á crianza N OTAS
1 . SANTOS 2003. 2. O barraquismo está rexistrado tamén en España a consecuencia do éxodo campo-cidade na década dos anos 60 (SOLER 2011 : 11 6). 3. Os xefes y patróns franceses y alemáns son retratados como especialmente pouco amables no cine español, a diferenza dos suízos (BERGER & KOMORI 2011 : 28). 4. A alimentación como signo de identidade (BERGER & KOMORI 2001 : 31 ). 5. CABALLERO & LÓPEZ 201 2: 627 y 631 . 6. ORTUÑO 201 0: 358. 7. Como podemos ver en varios exemplos cinematográficos, a emigración enténdese como unha etapa biográfica máis (BERGER & KOMORI 2011 : 31 ). 8. Esta realidade queda reflectida tamén no cine. En ¡Vente a Alemania, Pepe! (1 971 ), Angelito arrastra a Pepe a Múnic con estas mentiras e esaxeracións. Non é casual que a data da película coincida coa nova campaña do réxime, centrada no retorno (BERGER & KOMORI 2011 : 22). 9. CABALLERO & LÓPEZ 201 2: 630. 1 0. RODRÍGUEZ SERRANO, A. (2011 ): 98.
dos seus fillos para maquillar a economía española ademais da propia. Unha lección que esquecemos cando tratamos ós nosos inmigrantes como outros países os trataron a eles. Conclúo cunha cita:
«A conexión entre o pai – simbólico – ausente e a traxedia do emigrante non ten nada de gratuíta. A débeda funciona en dúas direcións: por unha banda, a mirada duns fillos abandonados que entenden a dor da ausencia coma unha ferida non xustificable polos espellismos da sociedade do benestar ou da bandeira ideolóxica do momento. Por outra banda, o fracaso brutal das políticas deses países, que non souberon ofrecer unhas condicións mínimas de existencia digna dos seus habitantes.» 10 █
Tradución do orixinal en español:
Ana Carballo Vázquez
Fotograma do documental
F I L M O G RAF ÍA
ARRIBAS, M & PÉREZ, A. (2005): “El tren de la memoria”.
B I B L I O G RAF ÍA
BERGER, V & KOMORI, M. (2011 ): “La estética de la emigración: la figura del emigrante en el cine español y portugués”. Alicante: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. CABALLERO, B & LÓPEZ, L. Ed (201 2): “Exilio e identidad en el mundo hispánico: reflexiones y representaciones”. Alicante: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. ORTUÑO, B. (201 0): “El exilio y la emigración española de posguerra en Buenos Aires, 1 936-1 956”. Alicante: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. RODRÍGUEZ SERRANO, A. (2011 ): "Dar palabra a los fantasmas : la figura del emigrante en la obra de Theo Angelopoulos”. Alicante: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. SANTOS, F. (2003): “Exiliados y emigrados: 1 939.1 999”. Alicante: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. SOLER, E. (2011 ): “El cine amateur y la emigración : la mirada no oficial”. Alicante: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
19
expresión artística UX Í A M A R T Í NE Z
Pr o fe s o r a
A I M P OR T A NC I A D A L E C T UR A " O la, o meu nome é Uxía e son adicta aos libros. " "Ola, Uxía. " Gústame compralos, lelos, coidar deles. O meu estado é moi grave! Ri se queres, pero perdín literalmente o sono por culpa disto. Literalmente. Pilláchelo? Aí vai. Ao principio, pensei en escribir esta peza como unha historia, coma se tivese sido un personaxe das novelas que lin, e facer que viaxes comigo a Narnia, á Terra Media, varios lugares en Inglaterra, EE.UU, etc., pero se non che gustan as historias, que sentido ten convencerche de que leas unha? Primeiro, necesitas unha razón... Vale. Aquí está a miña razón: por que non? Déixame desenvolvelo. Eu vivía nun burato no chan cun hobbit. Abrín un libro e poof! Estaba nesa despensa súa. Encantábanme as historias que contaba. Era un pouco excéntrico -ou simplemente estaba tolopero a medida que os seus recordos collían forma ante os seus ollos, facíanos loitar contra orcos e xuntos enganar a dragóns. Perdíame nunha casa grande durante o Blitz ("Bombardeo") e remataba nunha terra conxelada tomando té cun fauno. Os doces eran impresionantes, pero algunhas das criaturas que vin aínda me dan pesadelos. Tamén descubrín que era moi difícil ter pensamentos felices para voar ou respirar cando os dementores estaban preto. Que os Lannister sempre pagan as súas débedas e que nunca deberías aventurarte polo norte máis alá do Muro sen, polo menos, un dragón. Os libros ensináronme a ser valente, leal, intelixente... Por iso, os atesoro coma se fosen os meus amigos. E que dicir dos cómics? Por que deberías abrir unha novela gráfica e perderte nas súas páxinas? Teño que ser honesta e dicir que este xénero específico non é o meu favorito. Non son unha lectora de cómics. Pero debo recoñecer que algúns deles podenche deixar sen alento. Pensa nunha pintura. Unha imaxe bonita que che chame a atención. Non ten que ser Monet ou Da Vinci;
20
pode ser a señora tola do gato que vive ao teu lado. Só ten que ter unha impresión en ti dalgún xeito. Agora, imaxina que a pintura podía falar. Iso é o que os debuxos animados son: arte fermosa con palabras. Ás veces inquietante, ás veces precioso, ou mesmo... magnificamente inquietante? Pero ao final, é imposible negar a súa beleza. De feito, sentinme moi atraída por John Blacksad a primeira vez que o vin. Un gato detective cun pasado misterioso que ás veces parece perseguilo. Teño que confesar que me namorara de Asterix cando eu era unha nena e quería vivir en Armórica e beber a poción do druída... E iso se non caese na pota de pequena, que estou segura de que o tería feito. Pensa nas cousas que as novelas gráficas nos ensinan: a liberdade, a lealdade, o valor, o sacrificio... Que os romanos estaban tolos. Ás veces non é unha literatura doada. Ás veces é profunda, moi profunda. Non obstante, podemos conseguilo realmente? Cando somos nenos a nosa imaxinación dispárase polas cousas máis pequenas, pero a medida que envellecemos, e só nos ensinan a memorizar e copiar ata a morte cerebral, esa maxia dorme. No funciona. Está aí, pero latente e inactiva. De feito, teño que dicir que cando era máis nova, probablemente necesitaba unha banda de ananos para invadir a miña casa, saquear as miñas riquezas e ameazarme cunha morte atroz, pero para min era difícil recoller un libro. A miña nai tratou de seducirme cunha novela tras outra nun intento de encontrar a historia correcta para enviarme á aventura, e cada vez que iso pasaba, eu tiña outras cousas que facer. A miña xeración naceu nun mundo tan inundado de información visual que pasar as páxinas dun libro parecía un esforzo demasiado grande, e dese xeito, a miña imaxinación botouse unha soneca mooooi longa. De feito, os adolescentes en moitas ocasións parecen estar afectad os por u n h a m al d i ci ón
Foto: Patricia Pintor
durminte. Moitos carecen do gusto pola lectura. Polo tanto, algúns son bastante incapaces de escribir. Se nunca aprendemos o que nos gusta e como se narra a "boa literatura", é imposible aprender a contar as nosas propias historias ou dar correctamente as nosas opinións. Aquí, debo sinalar que a boa literatura é un termo moi amplo que ten que ser utilizado con moito coidado, xa que depende na súa maioría dos gustos da xente. Algúns defenderán Crepúsculo ata a morte, e algúns dirán que só os clásicos son os que pagan a pena incluír nesa categoría. Creo que o que define a boa literatura é simplemente a súa capacidade de dicir ou ensinar algo e manterte interesado niso. Pode ser histórico, romántico, de terror, fantástico. Se estás enganchado de principio a fin, é que tes algo bo entre as mans. Pero estou a divagar. Ensinemos os nosos fillos a escribir ben. Non teñen que gañar un millón de premios na escritura creativa cando aínda usan cueiros, pero teñen que aprender a organizar as súas ideas e poñelas sobre o papel. Soa tan simple, non? Pero non o é. Debido a que os sistemas educativos de moitos países están afectados por un caso moi grave de entumecemento. Ensinamos aos nosos fillos a memorizar ata que lles doe a cabeza, para ir para a casa e seguir traballando durante horas, "facendo o traballo de oficina" (Sir Ken Robinson), e logo, vertan todo na folla de exame e que o esquezan cando soa o timbre. Por suposto, teñen unha lista de lecturas obrigatorias cada curso, e non é que esas sexan tediosas, xa que algunhas son bastante interesantes. O problema principal é que se a súa imaxinación non é estimulada de calquera outro xeito e a lectura convértese unicamente nunha tarefa, un medio para obter unha nota superior, como se vai sentir curiosidade ao respecto? A lectura é obrigatoria en todas as escolas tradicionais no mundo, e, por desgracia, moitas delas arruínan a creatividade. Sen remordementos, de feito. E a nosa, por desgracia, é parte desa longa lista. Temos un número asombroso de abandonos ao ano, e entre as súas causas encóntrase o entumecemento das mentes novas. Algúns sistemas educativos no mundo teñen temas máis creativos, presentan a lectura como unha forma de viaxar e aprender, pero en moitos países, non obstante, os nenos sofren en lugar de gozar o proceso de aprendizaxe.
Así que, como podemos crear lectores? En primeiro lugar, hai que alentar os nenos a pasar as páxinas dun libro, un libro de historietas, o xornal, revistas. En segundo lugar, temos que motivalos para encontrar a historia correcta e ensinalos a ler correctamente, é dicir, facéndolles saber que é divertido e, ademais, esencial no seu desenvolvemento psicolóxico. Debemos aproveitarnos da situación e abandonar os métodos repetitivos de aprendizaxe. Por último, déixame que che conte unha historia. Había unha vez, un home que, consternado polo noxo que a súa xeración sentía cara á ficción, escribiu o seguinte: "Imos poñer as nosas mans sobre o basilisco, e veremos a xoia na cabeza do sapo. Mastigando a súa avea dourada, o hipogrifo interpoñerase nos nosos postos, e sobre as nosas cabezas flotará o canto do paxaro azul sobre cousas fermosas e imposibles, cousas que son preciosas e que nunca acontecen, cousas que non son e que deberían ser" E eu, pola miña banda, quero ler sobre esas cousas fermosas e imposibles. Quero encontralas, coñecelas, e namorarme delas. Por que temos que pasar páxina e viaxar? Por que non? █
Tradución do orixinal en inglés:
Sara García Vázquez
B I B L I OGR A F Í A ROBINSON, Ken. "¿Cómo escapar del Valle de La Muerte de la Educación", TED Talks Educación. Abril de 2013. WILDE,
Oscar.
"La
decadencia
de
la
mentira,"
Intenciones. 1891.
21
arqueoloxía S .C .
A r q u e ó lo g a
M U L L E R E S N O L I M E S : E v id e n c ia e s c r it a d a
presenza de mulleres no Muro de Hadriano O muro de Hadriano, situado na fronteira do
Imperio Romano na provincia de Britannia, estivo sempre considerado un territorio puramente militar, ocupado exclusivamente por tropas militares. Con todo a cantidade de probas que corroboran a existencia tamén de mulleres xa non é tan limitada coma nun principio, aínda que o verdadeiro alcance da importancia da súa presenza pode que nunca chegue a coñecerse. Neste documento intentarei mostrar brevemente o gran valor que aportaron á arqueoloxía certas inscricións atopadas nas lápidas, así como a cantidade de información que se pode obter das Tablillas de Vindolanda.
Probas epigráficas
O certo é que a existencia de epígrafes no muro de Adriano aporta información sobre a presenza de mulleres de tódolos estamentos da sociedade, dende aristócratas até libertas. Canto máis alto era o rango dun individuo romano, máis frecuente era a presenza de inscripcións que probasen a súa existencia (Allason-Jones 1 999:41 ). Emporiso, no caso das mulleres a correlación era diferente e son principalmente as inscricións das lápidas as que nos permiten coñecer os nomes das mulleres existentes nas familias dos oficiais. Evidentemente a prohibición de casarse non se aplicaba aos altos cargos e aos oficiais romanos, con todo foi unha vez máis grazas ás probas escritas que sabemos que os auxiliares e lexionarios tamén tiñan mulleres. De feito, as antigas teorías sobre a nula vida familiar dos militares pronto se disiparon debido aos datos obtidos. Ademais da presenza de mulleres temos tamén constancia da existencia de descencencia, tanto xoves como adultos, fillas solteiras ou incluso viúvas. Estas últimas convertiríanse na principal responsabilidade do soldado que no caso
22
de viaxar co exército era probable que estivese destinado nun asentamento cercano para poder contribuir á economía familiar. De entre tódalas mulleres das que hai constancia destaca notablemente a aristócrata Iulia Lucilla, que debeu vivir dentro das murallas da fortificación. A pesar de que o seu nome non aparece en ningunha lápida, sí aparece mencionada en dúas inscricións. Unha delas é a do seu marido Rufinus, atopada en High Rochester, que certifica a súa morte aos 48 anos de idade despois de ter servido primeiro como oficial e posteriormente como comandante supremo. A lápida, encargada por Lucilla no século III, tamén nos revela que ainda que el pertencía ó rango ecuestre, ela foi unha muller inusualmente distinguida por ter rango senatorial: [ t ri b ( u n o ) ] c o h ( o rt i s ) I v a rd u l [ l o r( u m ) , p ra e f( e cto ) ] c o h ( o rt i s ) I a u g ( u s ta e ) l u s i t a n o r( u m ) i t e m c o h ( o rt i s ) I I b re u c o r( u m ) , s u b c u r( a t o ri ) vi a e fl a m i n i a e et a l i m e n t ( o ru m ) , s u b c u ra ( t o ri ) o p e ru m p u b l ( i c o ru m ) , i u l i a l u c i l l a c ( l a ri s s i m a ) f( e m i n a ) m a ri to b ( e n e ) m ( e re n ti ) ( q u i ) vi xi t a n ( n i s ) XLVI I I m ( e n s i b u s ) VI d [i e ] b ( u s ) XXV2
Asi mesmo tamén existen evidencias de lápidas adicadas a mulleres, como é o caso da seguinte, pertencente á filla doutro comandante: D ( i s ) M ( a n i b u s ) s ( a cru m ) F a b i e H o n o ra te . F a b i u s H o n o ra tu s , tri b u n ( u s ) co h ( o rti s ) I va n g i o n ( u m ) , e t Au re l i a e cl e c[t] i a n e fe ce ru n t fi l i e d u l ci s s i m e 3
O curioso deste caso é que os arqueólogos teñen a certeza de que o pai desta moza non estaba destinado en Chester, senón en Benwell e posteriormente en Risingham. Ademais, se ela tivese vivido con seu home en Chester, tamén sería lóxico atopar algunha mención a este na súa lápida.
material gráfico.
As Tablillas de Vindolanda
Centramos agora a nosa atención nas Tablillas de Vindolanda, que nos dan información non só acerca da existencia das mulleres dos oficiais senón tamén acerca das súas propias vidas, incluíndo as súas familias e parentes. Dúas das primeiras mulleres de oficiais en ser coñecidas polo nome foron idetificadas gracias ás tablillas (Allason-Jones 2006:46). A máis coñecida é Sulpicia Lepidina, delegada do noveno séquito e muller de Flavius Cerialis. Debido ás cartas que Sulpicia se intercambiaba coa esposa de Aelius Brocchus, Claudia Severa, sabemos da amizade entre estas dúas mulleres. As cartas suxiren ademais que se visitaban con frecuencia.
P. Salway (1 965:225) ofrécenos dúas posibles explicacións a este suceso: cabe a posibilidade de que o seu pai e a súa familia estivesen fora no momento da súa morte, ou ben que a lápida viñese directamente de Risingham. En canto ás outras inscricións de mulleres que habitaron no poboado, existen cinco casos confirmados en Maryport, algunhas como comisionadas e outras como civís, como é o triste caso dunha nena cuxa corta idade aparece reflectida en anos, meses e días: D (i s ) M (a n i b u s ) I u l (i a ) M a r(i )ti < m > a vi x(i t) a n ( n o s ) X m ( e n s e s ) i i i d ( i e s ) xxi i 5
Finalmente, buscando información de escravas libertas nas fronteiras, gustaríanos destacar o caso de Regina, actual escrava e esposa de Barrantes, encontrada en South Shields: D (i s ) M (a n i b u s ) Re g i n a , l i b e rta e t con i u g e , b a ra n te s p a l m yre n u s n a ti on e ca tu a l l a u n a , a n (n oru m ) xxx 6
Enriba da lenda había un nicho moi elaborado, abovedado e flanqueado por columnas. A muller aparece sentada co seu costureiro, agulla e lá (Salway 1 965: 256). En canto ás escravas que puideron traballar en negocios que se dedicaban a satisfacer outro tipo de necesidades das tropas hai aínda moi pouco
Cl (au d i a) . S e ve ra l epi d i n ae [s u a e /[s a ] l [u ] te m /i i i I d u s S e p te m b r[e ] s s oror a d d i e m /s ol l e m n e m n a ta l e m m e u m rog /l i b e n te r fa ci a s u t u e n i a s / (. . . . ) C e ri a l [e m t] u u m s a l u te Ae l i u s m e u s . [/e t fi l i ol u s s a l u ta n t u a ca t/ m 2 u a ca t s p e ra b o te s oror/ u a l e s oror a n i m a / m e a i ta u a l e a m / ka ri s s i m a et h au e/ (B a ck) m 1 S u l p i ci a e Le p i d i n a e / C e ri a l i s / a S [e ] u e ra . 7
Este é un exemplo dunha carta de Severa a Lepidina na que a primeira envía unha invitación á segunda para que asista ó seu aniversario. Tamén envía un saúdo a Cerialis de parte do seu esposo e o seu fillo. Os arqueólogos puideron probar que polo menos as últimas frases da epístola foron escritas pola propia Severa, o que implica que estamos ante un dos primeiros exemplos de escritura feminina en latín. Ademais a carta non só nos da información acerca deste feito, senón que tamén proba que xa daquela os aniversarios eran motivo de celebración incluso nas afastadas rexións da fronteira. Outra carta dirixida a Cerialis puido ter sido escrita por outra muller chamada Valatta. Nela mencionase algo sobre unha concesión obtida gracias ós favores e á influencia de Lepidina. Valatta podería ter sido unha escrava na casa de Cerialis, posto que se refire a el como "Meu Señor". O seguinte trozo da misiva é especialmente interesante xa que mostra como Lepidina tomaba parte nos negocios do seu home:
23
Casa de Neptuno no xacemento de Itálica (Santiponce, Sevilla), urbe de nacemento de Traiano e moi estimada polo seu sucedor, Hadriano.
Va l a tta [C e ri a l i s u o/s [a l u te m /rog o d om i n e re [/te ri ta t[e ] m tu a m [/e t p e r Le p i d i n a m q u od [/m i h i co n ce d e s u a c a t/ 8 ] . [d d d d d . .
Existe tamén outra misiva (TLL V 2 1 309) escrita probablemente por unha escrava para outra compañeira na mesma situación (Birley 2002:1 45) que se atopa demasiado fragmentada como para afirmar con rotundidade que estivese relacionada con Lepidina. Con todo, é interesante destacar que as primeiras liñas comezan referíndose á "Señora" e continúa insistindo en "asegúrate de que aquel que che lea esta carta non informe á Señora de nada diferente". A carta remata cun "Adiós irmá".
Conclusións:
A vida non debeu ser moi doada para a maioría das mulleres que viviron nesta afastada fronteira do Imperio Romano. Posiblemente foi unha vida dificil, non só debido á situación de alerta permanente propia da súa condición de territorio militar senón tamén debido ó sentimento de soidade e moi probablemente tamén ó aburrimento. Con todo, como Peter Salway sinalou (1 965: 22) había certas compensacións sociais, como por exemplo a que permitía a unha escrava
24
contraer matrimonio cun home de clase acomodada. Existía tamén certo grao de independencia que se pode deducir das probas epigráficas Esto non só incluía o encargo das incripcións nas tumbas dos seus homes, senón tamén a organización dalgunha homenaxe relixiosa. A pesar da gran cantidade de información obtida grazas aos testimonios escritos, a maior parte da documentación corresponde simplemente a mulleres emparentadas co personal do exército polo que para poder obter información de mulleres non relacionadas coa vida militar debemos remitirnos aos restos arqueolóxicos. O problema é que na meirande parte das ocasións estes obxectos foron atopados acumulados en vertedoiros ou tumbas e faise difícil atribuír cada obxecto a un contexto determinado, saber quen o levaba, en que ocasións ou baixo que circunstancias. Ademáis tampouco podemos fiarnos de se os obxectos atopados nas tumbas eran femininos ou masculinos xa que moitas fosas estaban vacías. De feito, dos primeiros restos mortais atopados determinouse o seu sexo segundo os obxectos atopados, atribuíndo os accesorios para o cabelo ou as pulseiras a corpos femininos. En realidade a capacidade para dedicir
Recreador histórico con lórica segmentata
que obxectos pertencían a mulleres e cales a homes é unha tema de estudo que aínda require moita máis investigación por parte de arqueólogos e historiadores. En canto á orixe de procedencia das mulleres que habitaron neste poboado hai aínda moito que analizar para saber se realmente pertencían á comunidade ou eran forasteiras que viaxaban coas tropas castrenses. Non se debe esquecer, por outra banda, que estes asentamentos eran probablemente lugares bulliciosos e cheos de vida e posiblemente repletos de xente de diferentes orixes (Allason-Jones 2005: 58). A orixe destas mulleres ademais lévanos a outra cuestión: o tema da descendencia. A que grupo étnico pertencían, cal era o número de nenos que había en proporción aos adultos e outras cuestións sobre o seu estilo de vida, aínda que todos estes datos serían imposibles de recolectar se non temos en conta o que coñecemos de outros territorios do Imperio. █
Traducción do orixinal en inglés:
Sara García Vázquez
N OTAS .
1 . Prohibición para casarse: por debaixo do rango de centurión, os rexistros oficiais indican que os soldados tiñan prohibido casarse ou quedaban automáticamente divorciados si xa estaban antes de se unir ó ejército. A prohibición estivo oficialmente vixente hata o ano 1 97 cando foi derogada polo emperador Septimio Severo. As declaracións contidas en Herodiano (3.8.5), Dion Casio (LX. 24. 3), documentos de licenciamento ("uxores quas tunc habuissent"), certificados de nacemento, papiros e inscripcións (Salway 1 965: 31 ) (LX 24. 3.) amosan porén que infrinxir esta lei en concreto non estaba especialmente mal visto. Pero, ó negar ós soldados o dereito a casar legalmente,ol Estado evitaba toda responsabilidade cara as persoas dependentes (por exemplo, la obriga de proporcionar alimentos, vivienda e protección). 2. RIB 1 271 . 3.CIL, VII, 588. 4. Plural para "vicus": É un término xeral para un pequeno poboado situado a carón dos campamentos militares. 5. CIL, VII, 408. 6. RIB 1 065. 7. TVII.291 . 8. TVII.257.
B I B L I O G RAF ÍA
Allason-Jones (1 999) “Women and the Roman Army in Britain”, Journal of Roman Archaeology, Supplementary Series Number Thirtyfour: The Roman Army as a Community, Goldsworthy, A. & Haynes, I. (eds.), 41 -51 . Allason-Jones, L. (2005) Women in Roman Britain (New Edition), Council for British Archaeology, York. Birley, A. (2002) Garrison Life at Vindolanda. A band of brothers, Tempus Publishing Ltd, Gloucestershire. Bowman, A.K. (2003) Life and letters on the Roman Frontier. Vindolanda and its people, The British Museum Press, London. Gardner, A. (2007) An Archaeology of Identity. Soldiers and Society in Late Roman Britain, Left Coast Press Inc., Walnut Creek, California. Salway, P. (1 965) The Frontier People of Roman Britain, Cambridge University Press. Vindolanda Tablets Online http://vindolanda.csad.ox.ac.uk/
P ara m ás i n form aci ón :
Allason-Jones, L. (2001 ) Material culture and identity, York: Council for British Archaeological Research Report 1 25. Allason-Jones, L. (2007) “Life and Society”. Available HTTP: http://www.dur. Ac.uk/resources/archaeological.services/research_training/hadriansw all_ research_framework/project_documents/LifeSocietyOverview.pdf (University of Durham). Birley, A. (1 979) The people of Roman Britain, B T Batsford Ltd, London. Greene, E. (201 0) “Roman Military Wives: The Epigraphic Evidence”, The Classical Association of the Middle West and South, Convention Information 1 06th Annual Meeting, Oklahoma City, March 24-27. Driel-Murray, C. van (1 995) “Gender in question”, in Rush, P. (ed.) Theoretical Roman Archaeology: second conference proceeding, 321 . Aldershot: Avebury, Worldwide archaeology series 1 4. Hassall, M. (1 999) “Homes for Heroes: Married Quarters for Soldiers and Veterans”, Journal of Roman Archaeology, Supplementary Series Number Thirty-four: The Roman Army as a Community, Goldsworthy, A. & Haynes, I. (eds.), 35-41 . MacMullen, R. (1 963) Soldier and Civilian in the Later Roman Army, Harvard University Press. McCarthy, M. (2005) “Social Dynamics on the Northern Frontier of Roman Britain, Oxford Journal of Archaeology, Vol. 24, Issue 1 , 4771 . Peacock, D. (1 982) Pottery in the Roman World: an ethnoarchaeological approach, London: Longman.
25
J OR D I HE R M S F I OL
A r q u e ó lo g o
A C OS E T A NI A NO I B É R I C O P L E NO: O poboamento do extremo máis oriental Introdución
O presente artigo é un estado da cuestión acerca das estratexias de poboamento na Cosetania durante o período do Ibérico Pleno, no seu extremo máis oriental. Localízase nas comarcas actuais de l’Alt Penedès e El Garraf, as dúas situadas na provincia de Barcelona. Coa chegada do Ibérico Pleno a partir da segunda metade do século V a.C., pódense observar una serie de cambios importantes que suxiren una expansión notable do poder administrativo no mundo cosetano; é dicir, o control directo dunha serie de fontes de poder a través dunha organización e unhas xerarquías formais, as cales inclúen a imposición de tributos, a forza militar, a lei, a burocracia e as sancións coercitivas (Definición de poder administrativo de KIM (2001 ) extraída de Sanmartí e Santacana. 2005. 59). O predominio dos caudillos ibéricos que se formara durante o século VI a.C. deu paso a estruturas de tipo estado arcaico (Sanmartí e Santacana. 2005. 59). Un dos elementos que mellor indican a presenza de sistemas administrativos propios destes estados é a xerarquización dos asentamentos de poboación, que neste período xa presenta catro ou máis niveis de dimensións (Ruiz, en Gracia (coord). 2008. 834). O primeiro nivel estaría formado polos asentamentos que capitalizarían o territorio. O segundo o constitúen asentamentos de certa entidade, que adoitan atoparse a distancias bastante regulares e que se encargarían do control a escala local. O terceiro nivel estaría formado por pequenos núcleos con funcións moi variadas. A súa localización e dominio visual permiten supoñer que algúns deles poderían cumprir funcións de control e defensa do territorio. As súas construcións e os materiais achados levan a Sanmartí e Santacana (2005. 62) a pensar que a presenza das elites neles era moi reducida, aínda que é posible que nalgún deles habitara un xefe subordinado, como suxire a descuberta dos dous
26
chumbos inscritos en Puig Castellar (Moncunill e Morell. 2008. 247). O cuarto e último nivel estaría formado polos asentamentos de menor rango, que corresponden ao poboamento rural e disperso. Sanmartí e Santacana (2005. 63) comentan que nas zonas nas que se realizaron intensos traballos de prospección aparecen un gran número de hábitats, xeralmente inferiores aos 2.500 m 2, próximos uns dos outros, situados en torno ás terras de cultivo e dedicados, como corroborou a escavación dalgúns deles, á agricultura. Cómpre engadir os asentamentos especializados, de superficie variable e dedicados a funcións económicas específicas: almacenaxe de produtos agrícolas, actividades de extracción e actividades de transformación, sexan téxtiles, metalúrxicas ou cerámicas. Neste marco, a nosa intención é realizar unha primeira aproximación ás características e estrutura dos asentamentos da zona.
Os asentamentos de poboación no extremo oriental da Cositania
Ao realizar o análise do asentamento na zona de estudo decatámonos de que existe unha planificación do mesmo, orientada á produción e distribución cara a costa de excedente agrícola e gandeiro. Esta planificación leva a crear unha especie de cadea que comeza nos montes do norte, os cales forman parte da Cadea Prelitoral catalá, e remata na costa, atravesando a chamada Depresión Penadesenca, parte da Depresión Prelitoral catalá e o Macizo do Garraf. Deste xeito, todo comezaría na cabeceira do río Foix e nos vales creados polo nacemento dos seus afluentes, nun terreo con arxila de calidade. A presenza de auga e de boas arxilas é clave para comprender a descuberta de complexos oleiros na zona. Polo momento atopáronse xa tres xacementos e outro posible mais que se atopa baixo un viñedo, e estase a intervir en dous deles, dedicados á produción de materiais cerámicos.
Arqueóloga realizando mediciones con estación total
Ademais, na mesma zona atópase o xacemento de Alzinar gran de la Massana, unha grande aldea cun forno propio (Cardona. 2009. 1 49), así coma nun pequeno asentamento agrario que tamén conta con outro forno. Este sector oleiro require dunha organización que decida a especialización, a cal parece intuírse na produción de materiais cerámicos en cada xacemento; unha dirección que administre e distribúa as cargas de traballo. Ademais, o feito de que case non se atopen cerámicas domésticas nestes xacementos nin nos seus arredores fai sospeitar que se trataría de simples sectores industriais, ocupados de xeito intermitente polos artesáns que terían as súas vivendas noutro asentamento, e que se desprazarían a estes fornos para satisfacer a demanda de materiais cerámicos. Así, a prospección da zona adquire un novo obxectivo grazas a estes datos: o descubrimento dun asentamento que dirixa e organice a produción ceramista da zona e a redistribúa cara os centros agrarios da Depresión Penadesenca. Estes centros, chamados campos de silos, aparecen na parte da Depresión máis próxima ao Macizo do Garraf, preto dos leitos que o cruzan en dirección á costa. Desta forma, o sector de Turó Font de la Canya-Cal Ros-El Vilar fai chegar os
seus produtos a través do camiño que deixa a riera (río) de Vilafranca cara a Puig de Sitges ou Darró, o mesmo camiño que emprega outro campo de silos, Vinya d’en Pau, para acceder aos portos comerciais. Pola contra, Mas Castellar, tamén deste tipo, emprega de xeito preferente o val do río Foix para se comunicar con Darró. O excedente das explotacións agrarias da Depresión almacenaríase nestes asentamentos, onde xa se terían producido algúns contactos comerciais, como proba a chegada de materiais ou obxectos importados a zonas do interior, e posteriormente mandaríase cara a costa, onde se intercambiaría por outros produtos. Por desgraza, a intensa explotación posterior do terreo fértil onde se asentarían estas pequenas explotacións fixo que desaparecesen na súa meirande parte, ou que as que achamos se atopen moi destruídas. No caso da zona que abastecía Turó Font de la Canya-Cal Ros, na actualidade ocupada pola cidade de Vilafranca del Penèdes e os seus arredores, aínda se conservan algúns exemplos (Mas d’en Boixos, Can Vila, Pous Ibèrics de Moja) e algúns aos que se lle atribúe esta función (Cal Manou e Cal Romagosa (Guitart. 2003. 1 34)). Como xa dixéramos, o excedente atravesa a formación montañosa do Macizo do Garraf. Nel aínda achamos covas cunha ocupación ou uso
27
indeterminados (Cova del Trader ou Cova avenc del Montnàs) e mesmo algunha para a que se propuxo un uso como santuario ibérico (La Cova Negra (Bellmunt. 1 964. 276; Borras. 1 974. 1 53)). Os antigos currais gandeiros do período anterior seguen a estar ocupados, como é o caso de Font del Cuscó ou Puig de la Mola, malia estaren cada vez máis supeditados á economía agraria 1 . Mais o xacemento máis importante da zona é, sen dúbida, Olèrdola. É un asentamento de segundo nivel de xerarquía que controla o camiño que comunica a Depresión Penadesenca coa costa (xunto a outros xacementos como El Montgròs 2), e tamén o paso da vía que transitaba ao longo da Depresión Penadesenca, por onde pasará despois a vía Augusta. O asentamento sufre varios cambios neste período. A antiga muralla, a cal pasa por algunhas modificacións (Rovira. 1 984. 1 0; Molist. 1 999. 57), fica arrimada a unha batería de casas, que dan a unha rúa paralela a unha muralla con canalizacións e con outra batería no outro lado. Estas vivendas non chegan a cubrir as 3,5 Ha da plataforma, así que o xacemento podería manter aínda un certo uso gandeiro. Deste xeito, máis que diante dun gran núcleo de hábitat, estamos ante un núcleo de control das comunicacións e o territorio (Guitart et alii. 2003. 1 37). Unha vez atravesado o derradeiro obstáculo, o excedente agrario chega á costa, onde se une co
Labores arqueológicas
28
excedente producido na propia zona e almacénase directamente nos recipientes cerámicos, os cales se producen, por exemplo, nos alfares de Darró, e embárcanse rumbo a outras costas, principalmente por Puig de Sitges e por Darró. O primeiro asentamento sería unha aldea de 1 Ha (Miret. 2003. 520), situada preto da riera de Vilafranca. Domina a praia-porto onde se realizaría o tráfico comercial. É o gran descoñecido da zona, xa que se atopa baixo a actual cidade de Sitges, nunha zona moi sobreexplotada pola construción, o que fai difícil coñecer moito máis del. Mais a gran cantidade de cerámicas de verniz negro no xacemento de Les Pruelles, unha pequena explotación agraria, ou a presenza de ánforas de viño de Apulia e Campania atopadas no xacemento de El Bosquet (Garcia et alii. 1 990. 1 0), ambos os dous xacementos próximos a Puig de Sitges, poderían confirmar a súa importancia comercial. Darró é un caso aparte. É o outro asentamento de segundo nivel da zona estudada, o cal conta con dous asentamentos subsidiarios que o protexen (La Cucanya no sur e Puig de Sant Cristofòl no norte). Neste momento, no século IV a.C., ocúpase a vertente do outeiro, onde se asentaba na antigüidade, con barrios de casas e zon as artesan ai s. N esas zon as ách ase u n h a importante área oleira que producirá imitacións de ánfora punico-ebusitana (López e Fierro 1 988. 50;
López e Fierro. 2002. 24; Cardona. 2009. 1 46). Establécese un importante porto, protexido do Lebeche, ao que chegarían produtos importados de diferentes rexións mediterráneas, ou ben doutras zonas ibéricas 3, que se intercambiarían polos excedentes cosetanos do interior. Así que nos atopamos ante unha realidade ligada á produción agraria, comercial e portuaria (Guitart. 2003. 1 37), xa que segundo nos transmite eGIPCI 4, López Mullor ten dado novas da existencia de restos subacuáticos ibéricos. Con todo, Darró debeu acadar as 4 Ha, segundo Miret (2005. 51 9), un tamaño considerable se temos en conta que é un núcleo de segundo orde do NE peninsular, e máis considerando que segundo Gracia (1 995. 1 06) a polis de Emporion tiña 5 Ha. Outro punto que destacar na costa é o asentamento de Mota de Sant Pere, situado na desembocadura do río Foix. Debeu controlar e vixiar os bens que baixaban por este río e se dirixían aos portos importantes para ser embarcados.
Conclusións
Como xa se puido comprobar, no extremo oriental da Cositania existiu unha rede comercial que englobaba toda a zona e que precisou dun certo grado de organización. Os asentamentos de N OTAS
1 . No extremo oriental da Cosetania, dende o Primeiro Ferro ata o Ibérico Antigo (550-450 a.C.) predominou unha economía gandeira, con asentamentos que cumprían funcións de curral. A inexistencia de competencia territorial agraria favorece a consolidación dunha trashumancia curta ou transtermitancia (Asensio. 2006. 292). 2. Situado nun cume que domina a costa dende Sitges ata máis aló de Vilanova i la Geltrú. Ten contacto visual con Olèrdola e a chaira penadesenca. Polo momento non se teñen atopado estruturas. 3. Téñense atopado muíños feitos con gres de Montjuïc (na actual Barcelona) que evidencian contactos coa rexión veciña de Laietana (Miret. 2005. 522). 4. Extranet do Departament de Cultura i Mitjans de Comunicació da Generalitat de Catalunya. B I B LI O G RAF ÍA ASENSIO VILARÓ, D; LÓPEZ REYES, D; MESTRES, J; MOLIST I CAPELLA, N; ROS MATEOS, A y SENABRE, M. R. (2006). “De la primera edat del ferro a l’ibèric antic: la formació de les societats complexes a la zona del Penedès”. En BELARTE, C y SANMARTÍ, J (Eds.), De les comunitats locals als estats arcaics: la formació de les societats complexes a la costa del Mediterrani occidental. Actes de la III Reunió internacional d’Arqueologia de Calafell, Arqueomediterrània, 9. . 289-307. Universitat de Barcelona. BELLMUNT, J. (1 964). “Notas de arqueología de Cataluña y Baleares”. Ampurias XXVI-XXVII. 266-276 BORRÀS, J. (1 974). Catálogo espeleológico del macizo del Garraf V.III. 1 52-1 54. CARDONA I COLELL, R. (2009). “Els cinc genis malèfics dels forns ceràmics. Estudi sobre els centre terrissers en època ibèrica a Catalunya”. Revista d’Arqueologia de Ponent. núm 1 9. 1 39-1 58. UdL. GARCIA TARGA, J; LEZANA LES, S y MIRET I MESTRE, M. (1 990). Memòria de les excavacions 1 989-1 990 al jaciment romà i medieval del Garrofer de la Cisterna (Sant Pere de Ribes, Garraf). GRACIA-ALONSO, F. (1 995). “Producción y comercio de cereal en el
segundo nivel presentes no área serían os transmisores e os encargados de que esta se realizara. Os recipientes cerámicos do norte enchíanse nos campos de silos, cruzaban o Macizo de Garraf e levábanse ata a costa, onde se intercambiaban por produtos coloniais de luxo, os cales servían ás elites que organizaban esta rede para manter o seu status. Eses produtos coloniais de luxo permitíanlles ás elites manter as súas redes de clientes, asegurando a continuidade do seu dominio sobre o resto da poboación, a cal tiña que producir o excedente para intercambiar. Mais aínda queda traballo por realizar, sobre todo na zona oleira do norte, a máis descoñecida, aínda que tamén nos grandes asentamentos da costa, que seguen a gardar moitos segredos que descubrir e que poden axudarnos a entender mellor o modo no que funcionaba o seu mundo. Con este obxectivo estanse a escavar varios xacementos da zona, os cales, xunto á prospección do val alto do río Foix e o estudo dos materiais de escavacións antigas, esperamos que poidan encher o baleiro que hai no área. █ Tradución do orixinal en español:
Aurora Grandal Vázquez
NE de la Península Ibérica entre los siglos VI-II a.C.”. Pyrenae 26. 91 -11 3. UB. GRACIA-ALONSO, F (Ed.). (2008). De Iberia a Hispania. Barcelona. Ariel. GUITART, J; PALET, J. M y PREVOSTI, M. (2003). La Cossetània Oriental de l’època ibèrica a l’antiguitat tardana: ocupació i estructuració del territori. En PREVOSTI, GUITART y PALET (Eds.), Territoris Antics a la Mediterrània i a la Cossetània Oriental. Actes del Simposi Internacional d’Arqueologia del Baix Penedès. El Vendrell (81 0 del 11 de 2001 ). 1 29-1 58. LÓPEZ MULLOR, A y FIERRO I MACÍA, X. (1 988) “L’època romana a Darró (Vilanova i la Geltrú)”. Miscel·lània Penedesenca XI. 69-11 6. Institut d’Estudis Penedesencs. LÓPEZ MULLOR, A y FIERRO I MACÍA, X. (2002). Zona 0 de l’establiment ibèric de la vil·la romana de Darró. MIRET I MESTRE, M. (2003). El poblament d’època ibèrica i romana a la costa oriental de la Cossetània: La comarca del Garraf. En PREVOSTIi, GUITART y PALET (Eds.), Territoris Antics a la Mediterrània i a la Cossetània Oriental. Actes del Simposi Internacional d’Arqueologia del Baix Penedès. El Vendrell (8-1 0 del 11 de 2001 ). 363-377. MIRET I MESTRE, M. (2005). “Jaciments arqueològics i poblament d’època ibèrica antiga i plena (VI-III aC) a la comarca del Garraf”. XIII Col·loqui Internacional d’Arqueologia de Puigcerdà. Vol. I. 51 3-531 . MOLIST I CAPELLA, N. (1 999). Olèrdola, Museu d’Arqueologia de Catalunya. Memòria: intervenció d’urgència gener-febrer de 1 999. MONCUNILL I MARTÍ, N y MORELL I CORTÉS, N. (2008). “Reexcavando en los museos: Novedades epigráficas en soportes de plomo”. Paleohispanica 8. 243-255. ROVIRA I PORT, J y SANMARTÍ GREGO, E. (1 984). Memòria dels treballs arqueològics realitzats al jaciment d’Olèrdola. Campanya 1 984. SANMARTÍ GREGO, J y SANTACANA, J. (2005). Els Ibers del nord. Barcelona. Rafel Dalmau editor.
29
columnas A NA M A T O:
E x M in is t r a d e S a n id a d e O 26 de novembro de 201 4
a ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato Adrover, dimitiu deste cargo tras verse envolta nun caso de corrupción política. Presente no Partido Popular dende os anos oitenta, ocupou varios cargos de responsabilidade dentro deste partido así coma diversas representacións públicas coma deputada nos parlamentos madrileño, español e europeo. En todo ese tempo estivo vinculada a sectores de gran importancia dentro do PP, coma os círculos de confianza de Aznar. É un bo exemplo de persoa que fixo da política o seu medio de vida, case que a súa profesión. Ana Mato personifica a incompetencia presente na nosa política. A súa actuación máis esperpéntica foi a inesquecible rolda de prensa durante a coñecida como crise do ébola, na que perante os medios de comunicación e con medio mundo pendente do primeiro contaxio da enfermidade fóra de África, limitouse a derivar toda pregunta que lle facían, eludindo a súa responsabilidade coma ministra. Probablemente, será lembrada por este momento, digno de colgalo na parede ó carón de trofeos coma os despedimentos en diferido ou os «hilillos de plastilina», pero os tres anos de ministerio deron para moitas máis cousas. Por exemplo, e en relación coa crise do ébola, a desarticulación do hospital de referencia en España para enfermidades infecciosas foi unha acción enmarcada no proceso de deterioro e de privatización xeral da Sanidade Pública que os diferentes gobernos veñen de acometer dende hai anos. Feito que provocou que houbera que facer fronte a unha situación de emerxencia sanitaria improvisando medios e sufrindo unha descoordinación vergoñosa. Este suceso evidenciou os perigos das privatizacións que se están a levar a cabo. O mesmo pode dicirse do deterioramento do sistema de Servizos Sociais. E é que máis aló da ideoloxía, Ana Mato representa un xeito de facer política ineficaz e polo
30
tanto perxudicial para a sociedade. En todo momento amosouse coma unha xestora sen ideas propias, carente de iniciativas de calado e representante dun goberno que nun momento de crise social, en troques de apoiar á cidadanía, potencia aqueles intereses que van na súa contra, algo do que ela, coma dirixente das políticas de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, tiña responsabilidade directa non só executiva, senón tamén ética. Pero non nos esquezamos do motivo polo que tivo que dimitir coma ministra (non coma política en activo, pois non renunciou a ser deputada): o caso Gürtel. A Xustiza sinalou que foi beneficiaria de negocios ilegais relacionados con esta trama de corrupción que retrata o tipo de política que se desenvolveu en España nas últimas décadas. A esa lista de momentos top da política española que apuntábamos antes, Mato pode contribuir con outro momentazo tamén digno de trofeo, o de que lle aparecera un Jaguar no garaxe da casa e ela nin se decatara. Dificilmente superable nestes tempos, agás o de participar en delitos e non ser considerada delincuente xa que está namorada do seu marido. Pero iso xa é outro tema. Ana Mato deixou a primeira liña da política e agora está no 'cemiterio de elefantes' que para algúns son as Cortes, un retiro de luxo para aqueles que hai que tratar ben porque son da familia pero no que poden pasar desapercibidos se saben ocupar o seu lugar. A ex - ministra non terá problemas, seguro que sabe pulsar o botón correcto cando llo manden. █
C A Y E T A NA F I T Z J A M E S S T UA R T ( M a d r id , 1 9 2 6 – S e v illa , 2 0 1 4 ) X V I I I D u q u e s a d e A lb a
O 20 de novembro de 201 4 morría Cayetana de
Alba. Para moitos, a duquesa era unha adicta ós saraos, sempre disposta a divertirse e a vivir a vida exercendo a súa sevillanidade onde sexa que fose. Só algúns, quizais, se preguntarán que hai detrás do seu título ou que é o ducado de Alba. Alba de Tormes non está en Sevilla, senón en Salamanca. O ducado de Alba foi concedido ós Álvarez de Toledo por Enrique II de Castela no século XIV. Só pertenceu a dúas familias, os Álvarez de Toledo e os Fitz-James Stuart, e unicamente en tres ocasións ocupou o título unha muller. É vox populi que a Familia Real debe informar a Casa de Alba con antelación de calquera evento relacionado con ela, como vodas, nacementos, bautizos, etc; tamén é ben coñecido que a duquesa é a única española á cal o rei debe ceder o asento. Isto último non é verdade, porque o rei é o rei, pero o rumor débese á antigüidade da Casa de Alba, moito maior que a da Casa de Borbón, e a súa importancia na historia de España. Obviamente, somos moi libres de opinar contra os dereitos da nobreza. Esta columna non xulga se no século XXI as casas aristocráticas deberían conservar ou non todos os seus privilexios, se é lóxico que só tribute por un 1 0% dos seus bens ou que tanto ela coma a súa familia residan fiscalmente en Madrid, onde o imposto de sucesións está bonificado ó 99%. Pero a importancia histórica da Casa de Alba fai que creamos que este texto é totalmente relevante. O II duque de Alba, Fabrique Álvarez de Toledo, estivo estreitamente vinculado a Isabel I a Católica. Participou activamente na vitoria de Toro (1 476), que sentou no trono a raíña, e foi un dos nobres que confirmou a capitulación de Granada, un dos acontecementos máis importantes da Reconquista. Tomou ademais Navarra, o único reino independente que faltaba, como líder do exército de Fernando o Católico. O III, Fernando, o Gran Duque de Alba, foi o
mordomo maior de Carlos I e Felipe II. Está considerado pola tradición como un dos heroes militares da Idade Moderna en España, aínda que como gobernador dos Países Baixos é coñecido máis ben pola súa crueldade. Tamén conquistou Portugal para Felipe II, o que lle valeu o título de vicerrei dese país. O XII, Fernando Silva, foi un destacado representante dos ilustrados españois, moi amigo de Rousseau. A XII duquesa de Alba, Cayetana de Silva Álvarez de Toledo, foi a gran mecenas de Goya e a muller máis controvertida do século, tanto polos seus gustos afrancesados canto polas as súas ideas visionarias. As súas rivalidades coa raíña provocaron, a súa morte, a expropiación de varios dos seus bens, entre eles o Palacio da Moncloa. O XIV duque de Alba, Carlos Fitz-James Stuart, foi un mecenas moi destacado de principios do século XIX. Débeselle a el a maior parte da grande colección de obras de arte da Casa de Alba, expostas no Palacio de Liria, e o seu coidado exquisito. A Casa de Alba estivo, como se pode observar, intimamente relacionada coa monarquía española dende hai séculos, especialmente cos que poderiamos considerar os reis máis relevantes deste país. Tamén é destacable a súa achega á arte e ás letras durante o Século das Luces e o Romanticismo. Opinións aparte, o feito é que feneceu a XVIII duquesa de Alba de Tormes, a representante da casa nobiliaria máis poderosa, influínte e relevante da historia española. █
31
micronoticias PIRATERÍA SOMALÍ
O 20 de marzo farán 11 anos do asesinato da periodista italiana Ilaria Alpi e o seu compañeiro Miran Hrovatin en Mogadiscio. O caída do ditador Siad Barre en 1 991 supuxo o inicio dunha guerra civil e unha anarquía que aínda a día de hoxe non rematou. En 1 994, os xornalistas italianos chegaban ó país africano para cubrir o conflito, pero tamén andaban trala pista dun negocio que involucraba venda de armas e vertidos tóxicos. Aproveitando a loita de clans e partidos, un grupo de empresarios italianos aproveitáronse da anarquía que existía en Somalia e estableceron un intercambio: armas a cambio de arroxar vertidos tóxicos nas costas do país. A investigación levada por Alpi e Hrovatin debeu incomodar e poñer nervioso a alguén moi poderoso, e como resultado foron tiroteados, só unha persoa foi condenada polo delito. En 2004, o tsunami de Indonesia tivo unha consecuencia inesperada, bidóns con contido tóxico apareceron varados nas praias somalís. Pero estas non son as únicas probas que demostran que Alpi non andaba desencamiñada na súa investigación, peixes mortos e un aumento de cancros e enfermidades conxénitas poderían ser unha consecuencia destes vertidos. A principios do 2000, o mundo afrontaba o problema da piratería somalí, moitos viron na carencia dun goberno forte e o poder dos señores da guerra unha explicación para este fenómeno que poñía en perigo a pesca e o tráfico internacional na zona; curiosamente son moitos os somalís que ven heroes nestes piratas, son os únicos que se enfrontan a eses barcos que contaminan as súas augas e acaban coa súa pesca. BDSM & GREY. ALGUÉN MO EXPLICA?
Autobuses e marquesiñas cheos de cartelas da adaptación ó cine do libro 'Cincuenta Sombras de Grey”. Calidade literaria a un lado, non entendo o éxito da campaña publicitaria. “Mirade, unha novel BDSM!”, “Nunca se vira nada igual! Descubrirá os teus desexos máis escuros e secretos!”, ou a miña favorita: “Porno para mamás!”. Este tipo de publicidade nociva capaz de converter a novela nun fenómeno de ventas, xera frustración entre aqueles que polo menos unha vez temos visto/lido algunha obra sequera light de temática BDSM, pero é que, ademáis, a historia de mulleriña introducida neste mundo polo seu mozo/amante/Amo/Señor xa nola contaron e non é ninguna novidade, nin tan sequera do século pasado. Sen ser expertos neste xénero, podemos remontarnos ó século XVIII e citar Fanny Hill' de John Cleland ou a obra extrema de Sade; ou voar ó XX para recordar 'Historia de O' (1 954), de Pauline Réage, ou a triloxía da Bela Durminte de Anne Rice (1 983). Agás Sade, o resto cumpre co requisito do BDSM máis comercial: 'Suave pero morboso'. Exactamente o que nos venden con Grey. Que pasou logo? Semella que os autobuses e marquesiñas marcaron a diferencia. ARABIA SAUDÍ
O 23 de xaneiro morría Abdalá bin Abdelazi, rei de Arabia Saudí. Diversos líderes lamentaron a morte do monarca, incluído Barak Obama, quen loou o seu papel na consecución da paz en Oriente Próximo. Incluso a Union Jack ondeou a media asta en Westminster. Os xornais falaban da súa xestión durante o período posterior ó 11 S e das súas tímidas reformas aperturistas, legalización de Internet pero con contidos restrinxidos, discursos a favor das mulleresd Curiosamente as noticas que chegan deste país fan pensar que unha auténtica apertura é algo aínda lonxano. Segue a correr por Internet e as redes sociais a noticia dunha conferencia celebrada en novembro de 201 4 na Universidade de Qassim sobre a muller na sociedade, a dita conferencia non asistiu ningunha muller. Ser muller e reivindicar visibilidade social neste país, é perigoso, e senón que llo pregunten a Loujain Al Hathloul e Maysaa Al Amoudi, que están pendentes de ser xulgadas por un tribunal antiterrorista por saltarse a lei que prohíbe ás mulleres conducir. Podes atopar campañas de apoio a estas dúas mulleres en plataformas como Change.org.
32
p u b l ic a c o n n o s c o ten como obxectivo principal a creación dun espazo de participación no que poida manifestarse toda persoa que así o desexe, no marco das ciencias sociais e as humanidades. Para poñerte en contacto con nós, podes escribirnos a: R e v is t a T e ix o
re vi s ta te i xo@g m a i l . com
Condicións do artigo:
funciona con licencia Creative Commons. Dado que todo o que circula por internet é de alcance público, pretendemos protexer ás autoras e autores dos artigos que publicamos. A licencia de Revista Teixo é de “ Recoñecemento – NonComercial – SenObraDerivada (by-nc-nd) ”. Calquera persoa é libre de copiar, distribuír ou comunicar públicamente un artigo sempre e cando teña en conta o siguinte: ● Debe recoñecer os créditos da obra. Por exemplo: “Autoría. Publicado en Revista Teixo número 1 en data 1 2/03/1 5” ● Non pode suxerir que ten o apoio da persoa que posue a licencia ou que este apoia o uso que faga da súa obra. ● Non pode utilizar a obra para fins comerciais. ● Non pode alterar, transformar o xerar unha obra derivada a partir desta obra. ● Calquera tipo de permiso máis alá do cuberto por esta licencia, pode formularse poñéndose en contacto ca equipa editorial de Revista Teixo. A revista poráse en contacto ca persoa autora orixinal da obra antes de atender calquera solicitude.
R e v is t a T e ix o
Artigos con licencia propia.
Unha
autora ou autor pode protexer individualmente o seu artigo se así o desexa e cedelo a Revista Teixo especificando as condicións que considere oportunas. De ser este o caso, deberá enviarnos ademáis do texto, o código HTML da súa licencia a fin que poidamos comprobar a súa compatibilidade ca revista e, de ser así, incluilo no seu artigo no número correspondente.
Á hora de redactar.
Esta publicación non ten por que estar de acordo ca opinión escrita polas súas persoas colaboradoras, pero respectará e valorará todos y cada un dos artigos que reciba. Para nós son importantes unha serie de aspectos que debedes ter en conta á hora de redactar un artigo: 1 . Orixinalidade. O artigo debe ser creación orixinal vosa. 2. Rigorosidade. Á hora de tratar temas históricos, políticos, sociais, culturais... gustaríanos contar con certa rigorosidade. Valoraremos a presenza de referencias documentadas localizables, e instaremos a mellorar este aspecto se así o cremos apropiado para obter unha publicación de calidade. 3. Lectura sinxela. Unha linguaxe excesivamente ostentosa dificulta a comprensión do artigo. 4. A lonxitude máxima dos artigos será de 2000 palabras. 5. Linguaxe preferentemente inclusivo e non sexista. 6. Respecto. Podemos ser críticos sen recurrir ás descalificacións ou as faltas de educación.
33