MEMORIA 2012–2013
ATENCIÓN A DIVERSIDADE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
MEMORIA DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2012-2013 Nesta memoria recollemos as conclusións e as percepcións que obtivemos do traballo diario cos alumnos/as da ESO que teñen adaptación curricular e dificultades de aprendizaxe por descoñecemento da lingua. Nela encóntranse os resultados acadados, as dificultades surxidas, e as recomendacións de cara o próximo curso.
1. ALUMNADO Recibiron atención educativa 15 alumnos, deles 8 con Adaptación Curricular (3 novas, 2 revisadas e o resto sen modificar), 5 de Reforzo Educativo e 2 de incorporación tardía ao noso sistema educativo con descoñecemento das linguas oficias. No segundo trimestre déronse de baixa 3 alumnos, dous deles marcharon do centro (cambio de escolarización a un CEE, e abandono dos estudos) e a outra incorporouse a súa aula ordinaria. Todos os alumnos de Adaptación Curricular viñeron a tempo completo nas materias de Matemáticas, Lingua Castelá e Lingua Galega. Os obxectivos e os contidos traballados ao longo do curso son os das Adaptacións Curriculares Individuais de cada alumno. Os de Reforzo viñeron 1h semanal. Onde se traballaron aspectos xerais de aprendizaxe como razoamento abstracto, numérico, lectura comprensiva e expresión escrita, atención…. Os alumnos extranxeiros viñeron 12h semanais. Con eles traballamos a adquisición da lingua castelá oral e escrita dende o nivel básico (E. Infantil) e iniciámolos no cálculo (suma, resta, multiplicación por una cifra) numeración e descomposición de números, (ata o millar), e no razoamento abstracto, na atención, concentración e memoria. Tamén intentamos a súa integración social a través dunha comunicación fluída e dun intercambio cultural entre os dous países.
2. ORGANIZACIÓN DA AULA
O noso horario lectivo ven fixado polos horarios dos agrupamentos de 1º, 2º e 3º da ESO, condicionando a formación dos grupos de alumnos de PT de maneira que houbo casos de agrupamentos de diferentes niveis na mesma sesión lectiva, como 3º con 1º, 2º con 3º, 1º con 2º e 3º con 2º. Deuse a circunstancia de que na mesma sesión houbera que traballar distintas áreas curriculares: matemáticas con lingua e lingua galega con lingua castelá. En canto a ocupación da aula, dada a coincidencia horaria das dúas PT, sempre tiña que desprazarse unha profesora a outras dependencias do instituto, que estiveran valeiras nese momento. Os recursos utilizados neste curso foron os seguintes: -
Libros de texto do alumnado
-
Libros de texto e caderniños de PRIMARIA e INFANTIL
-
Material específico de Pedagoxía Terapeútica
-
Programas e xogos de ordenador e actividades On- Line
-
Xogos de razoamento, de ortografía, puzzles, tangrán, dominós….
Este alumnado recibiu apoio educativo especializado a través das Profesoras de Pedagoxía Terapéutica, en contacto e coordinación co resto do profesorado baixo o asesoramento e supervisión do departamento de orientación.
3. RESULTADOS Os alumnos con Adaptacións Curricular nas materias de Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas obtiveron os seguintes resultados:
1º de ESO aproban: L.C.--- 1,
L.G.--- 2, M.---2
Suspenden: L.C.--- 2,
L.G.--- 2, M.---2
2º de ESO aproban: L.C.--- 0,
L.G.--- 0, M.---0
Suspenden: L.C.--- 1,
L.G.--- 1, M.---1
3º de ESO aproban: L.C.--- 1,
L.G.--- 1, M.---1
Suspenden: L.C.--- 0,
L.G.--- 0, M.---1
Os dous alumnos de procedencia extranxeira non se lles fixo adaptación curricular neste curso polo plan de acollida e pola prioridade da aprendizaxe das linguas oficiais, previa a calquera medida de atención extraordinaria. Van a repetir curso: 1 alumno de 1º ESO, continuará coa mesma ACI, e 1 alumno de 2º da ESO. Promocionan a 2º da ESO: 2 alumnos que continuarán coa ACI. Propostos para un PCPI: 1 alumna de 1º de ESO, 2 de 2ª de ESO e 1 de 3º de ESO. Cursaron baixa na Aula de PT: 3 alumnos, dous deles fora do centro.
4. VALORACIÓN Os obxectivos do Plan Xeral de Atención á Diversidade establecéronse en función das necesidades demandadas do noso contorno, centro e alumnado. Con respecto ao proposto ó principio de curso faise as seguintes observacións: -
Traballáronse os obxectivos referidos nas Adaptacións Curriculares para
cada nivel, nalgúns casos notáronse mellorías de maneira gradual, noutros non. -
Con respecto aos alumnos de procedencia extranxeira avanzaron
substancialmente na comprensión oral, na lectura, na expresión escrita e nas primeiras nocións matemáticas, non así na expresión oral. Esta última circunstancia foi causada polos agrupamentos
tan diversos que tivemos e
porque non puidemos estar nunca individualmente con eles para traballar la comprensión e expresión oral. Tamén houbo o inconvinte de que os dous sempre estaban xuntos na aula de PT e comunicábanse entre eles na súa lingua materna. -
A motivación foi un aspecto que se tentou traballar no desenvolvemento
de todas as actividades. Xa que, en xeral todos teñen unha autoestima e un autoconcepto baixo. Fixémolo valorando os seus avances e o seu traballo salientando sempre o que facían ben. -
En relación ao comportamento e a disciplina na aula de PT tivemos que
facer ao longo do curso 7 amoestacións por escrito. Só dous alumnos foron correctos e educados, o resto, mostraron episodios disruptivos esporadicamente, pero dous deles foron continuos e ascendentes, xunto cun alto nivel de absentismo escolar.
-
O horario estaba completo e pese a necesidade que existía de ofertar
algunha clase de forma individual e de atender algún neno/a que presentaba dificultades, (por exemplo os de procedencia extranxeira) non puido ser cuberta. -
En relación coas familias, tivemos varias entrevistas persoais, cas nais-
titora legal dos nosos alumnos para tratar aspectos individuais, informar sobre a seu proceso de aprendizaxe, asesorar sobre hábitos de estudio, deberes… Como propostas de mellora para o curso 2013-2014 facemos as seguintes observacións: Al ser dúas profesoras de PT necesitaríanse dúas aulas equipadas cuns recursos mínimos, xa que o ter que desprazarse unha das profesoras, perdíase moito tempo e as veces estaban ocupadas. Os grupos teñen que ser máis homoxéneos e non misturar niveis e materias nunha mesma sesión, para que a atención sexa efectiva e individualizada. Aínda que houbo
coordinación entre o profesorado e o departamento de
Orientación debería optimizarse a comunicación e ser máis fluída. Dado o número de nenos/as con necesidades específicas de apoio educativo no noso centro, debería crearse unha segunda plaza de profesor de Pedagoxía Terapéutica. Pola experiencia deste curso académico en relación có comportamento e disciplina do alumnado, sería convinte que nalgúns casos, se lles faga un programa de modificación de conduta, para correxir estas actitudes negativistas respecto ao traballo escolar, ao cumprimento de normas sociais e do centro, e as relacións interpersonais con todos os membros da comunidade educativa.
Vigo, 28 de xuño de 2013
Profesoras de PT: Asdo. Mª Montrserrat Rodríguez Rodríguez
Mª Reyes Cordero Fernández