De pé a pa 21

Page 1

depéapa21 Maio 2018

IES Pontepedriña


2

Agradecemos a colaboración de:

ÍNDICE

Letras Galegas 2018

3

O curruncho das escritoras

4

Visita ao CIQUS

6

Celebracións especiais

7

O Pergamiño Vindel

10

Megaminaría

11

Día de Rosalía

12

Música

14

Rafting

15

Viaxe a Roma

16

Olimpíada de Bioloxía

19

Muller

20

El medallón perdido

22

Anagnórise

23

Entroido

24

Feminismo

26

O banquete de Conxo

27

Viaxe a Londres

28

Visita á Coruña

30

Estadía en Canadá

31

Economía

32

Entrevista a Manuel Bermejo

33

Olimpíada filosófica

34

Entrevista a Rafa Lobelle

35

Premio Internacional da FAO

36

Over the rainbow

38

Xeración dos 50

39

Vai de linguas

40

Banda deseñada

41

Orlas 2º Bach

44

Portada: Mural gañador do 1º premio internacional “Soil Painting Competition” da FAO.

Javier Benito Torres, Ana Belén Cabanelas Pousa, Francisco Campos Ferreiro, Mª Teresa Cao García, Xabier Fernández Villarrenaga, Pilar González Borrajo, Mariló Lagarón Ron, Socorro Liste López, Lois López Rico, Nicolás Lucas Domínguez, Rafael Lobelle González, Jessica Myers, Emilio Otero Puga, Estela Pintos Moreu, Araceli Queiruga Pais, Cristina Quintáns Ruído, Josefina Requeijo Costoyas, Inmaculada Riballo Riballo, Gloria Rodríguez Leal, Concepción Seguín Garrido, Mª Jesús Vázquez Pérez.

Coordina: Raquel Fernández Carril

Participan neste número (por orde de publicación) ­

Milagros Angueira García Ana Meijide Dávila Irene García Castiñeira Carla Gómez Beiroa Iria Febrero Cadenas Lucía Fernández Caeiro Silvia Fuentes Bandín Rebeca Göthlin González Lola Fernández Ares Carlos Macho Rozas Victoria Miguens Taboada Manuel Vidal Bello Cristina Aldrey Ríos Julia Feijoo Cacabelos María Pardo Cereijo Sara Gómez Morentin Alexia Pereiro Souto Ángela Noya Vidal Laura Fernández Caeiro Cristina Díaz González Manuel García Amado María Crespo Cutrín Carmen Aguilera Paredes Adrián Brey Seoane Lidia Castro García Xoán Domínguez San José Elena Eiras Fariña Artur Vázquez Rego Paula Alfonsín Suárez Sara López Barreiro Sara Valle Torres Martín Cancela Lomba Sofía Pérez Serrano Alejandro Rodríguez Fernández Gabriel Barreiro Rivera Daniel Pazos Sánchez Sofía Sánchez-Brunete Facal Silvia Ferro Fernández Adrián Souto Castro Clara Romero Pérez


LETRAS GALEGAS

3

Letras Galegas 2018 .

María Victoria Moreno Nace en Valencia de Alcántara (Cáceres) o 1 de maio e pasa os seus primeiros anos de vida nesta localidade. Marcha a Barcelona a cursar o bacharelato e alí descobre a literatura co Principiño e o Quijote. Comeza a estudar Filosofía e Letras na Complutense de Madrid e especialízase en Filoloxía Románica. Múdase a Galicia, onde exerce de profesora e cofunda a Libraría Xuntanza en Pontevedra. Posteriormente, élle retirado o pasaporte por participar nuns cursos de galego organizados polo Ateneo de Ourense. Desenvolve o seu labor docente no IES Lucus Augusti, IES de Vilalonga, IES Valle-Inclán e IES Gonzalo Torrente Ballester. Finalmente, e tras anos de loita contra o cancro, morre no ano 2005.

María Victoria Moreno asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas. “Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía […]. A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha

Mar adiante Contén “Crarisca e luceiro”, gañador do 2º premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho.

Leonardo e os fontaneiros Considerábaa o seu libro favorito e con ela gañou o 3º premio de O Barco de Vapor.

historia de amor ”. Durante décadas, María Victoria transmitiu a súa paixón pola literatura ao seu alumnado, tendo que burlar a censura durante a ditadura. Conxuntamente con Xesús Rábade e Luís Alonso Girgado, publicou libros de texto cando esta materia empezou a ser impartida nos centros escolares nos anos 80. Escribiu outras obras didácticas como As Linguas de España e Verso e Prosa (Xunta de Galicia, 1991).

Anagnórise Foi un dos maiores éxitos da literatura xuvenil en galego da que chegaron a publicarse 20 edicións.

Traduciu ao galego obras en catalán como Mecanoscrito da Segunda Orixe, de Manuel de Pedrolo (Galaxia, 1989), e traduciu ao castelán a antoloxía bilingüe Os Novísimos da Poesía Galega (Akal, 1973). Na súa libraría Xuntanza podíanse atopar obras prohibidas pola censura, coma as de Castelao, entre outras. Foi codirectora de Árbore, a colección infantil de Galaxia desde as primeiras publicacións. (O Portal da Lingua Galega)

Guedellas de seda e liño

Diario da luz e da sombra

Eu conto, ti cantas...

Logrou entrar na prestixiosa listaxe internacional de White Ravens para a mocidade.

É unha novela para público adulto na que reflectiu a súa experiencia co cancro.

Compila tres historias en verso nas que o protagonismo recae nos animais.


4

CURRUNCHO DAS ESCRITORAS

O curruncho das escritoras Baixo este título, botamos a andar unha nova actividade na que o noso alumnado se achegou ao mundo das autoras cuxas obras len durante o curso.

01

Be rta Dáv ila

O pasado día 26 de abril, tivemos o pracer de recibir no instituto a Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987), autora dos libros de poemas Corpo Baleiro, Dentro ou Raíz da fenda, polo que recibiu o Premio Johán Carballeira en 2012, e obras de narrativa como A arte do fracaso. O alumnado de 1º de Bacharelato tiñamos interese na obra O derradeiro libro de Emma Olsen, gañadora do premio Narrativa Breve de Repsol no 2013. Conta a historia en primeira persoa de Emma Olsen quen, nos estertores dun cancro terminal, decide volver a Faith e escribir o segredo que só ela coñece daquel lugar de Dakota do Sur no que naceu, viviu e logo fuxiu. Tras ler este libro como lectura de clase, quedáronnos moitas dúbidas sen resolver, e non houbo mellor forma de atopar a resposta que preguntarlle en primeira persoa á autora. Tras falar todos con ela, dúas alumnas tivemos a oportunidade de facerlle unha pequena entrevista:

É UNHA OBRA QUE SEMELLA REQUIRIR MOITO TEMPO DE ELABORACIÓN. CANTO TARDACHES EN ESCRIBILA? Tardei arredor de dous anos, dende o verán de 2011 ata decembro de 2013, aínda que a escritura máis intensa foi durante un ano. EN QUE TE INSPIRACHES PARA ESCRIBILA? Inspireime nunha fotografía de Anne Sexton que atopei nunha revista durante unha viaxe. Na foto, esta poeta americana estaba escribindo e mirando directamente a cámara. Isto levoume a inspirarme neste contexto americano e foi medrando esa tea de araña que é a historia. PODEMOS ATOPAR ALGUNHA REFERENCIA AUTOBIOGRÁFICA DENTRO DA OBRA? Claro que hai algo de min, temas moi humanos que tocan a intimidade e axudan a construírnos de maneira identitaria. Sempre poñemos algo noso, temas que dalgunha maneira me afectan persoalmente. Olsen ten moitas cousas de Berta tamén. De feito [risas], na miña primeira entrevista en directo chamáronme Emma continuamente, algo que non me molestou para nada.

COÑECICHES ALGUNHA VEZ A ALGUÉN COMO CLARISSA, A ANTAGONISTA DO LIBRO? Por suposto, moitas en verdade, non coma Clarissa pero si coas súas particularidades. É unha forma de estar no mundo. PENSACHES ALGUNHA VEZ EN ESCRIBIR OS LIBROS MENCIONADOS NA HISTORIA EN RELACIÓN COA PROTAGONISTA? Algúns deses textos xa foron escritos como relato ou idea que, por algunha razón desbotei, pero decidín incluílos como biografía de Emma Olsen para homenaxeala ou saldar unha débeda cos fracasos literarios. Outros son textos inventados para Emma ou para reforzar algo do libro.

QUE PRETENDES TRANSMITIRLLES AOS LECTORES CON ESTA OBRA? Escribino coa intención de comunicar algo que a min me interesa, para chegar a alguén que estableza un lazo con ela. QUE RELACIÓN TEÑEN A VÍA DO TREN MENCIONADA NA OBRA E A PORTADA DO LIBRO DENTRO DA HISTORIA? Verdadeiramente o ferrocarril remataba en Faith e é unha metáfora moi bonita de non poder ir máis alá, un lugar no que estás empantanado. A portada foime proposta xunto con outras dúas e gustoume porque eran vías de tren que se cruzan pero seguen o seu camiño, como fai Emma na historia. PÓDESNOS FACER UN PEQUENO ADIANTO DE COMO SERÁ O TEU PRÓXIMO ÉXITO? [Risas] Esperemos que sexa un éxito. É unha novela moi persoal que espero que saia pronto e sexa ben recibida. Milagros Angueira e Ana Meijide (1º Bach.)


5

02

An d re a M ac eiras

Europa Express representa a amizade, o amor, e sobre todo, a xuventude. linguas nun colexio. A pesar de ter que só a autora unha axenda tan apertada, foi capaz podía responder. de atopar un oco para vernos. Para Así, soubemos a nosa sorpresa, a aventura do libro a verdadeira non remataba onde nós criamos, historia que xa que tiña preparado un spin-off había detrás que nos leu. Este narra a vida dun profundando personaxe que pasamos por alto no argumento na lectura da obra, pero que é o e no carácter e principal desencadeador da trama: o pensamentos fotógrafo responsable da postal que d o s p ro ta g o n i s ta s . Ta m é n atopa Nico en Berguen, e que o insta d e s c u b r i m o s a l g ú n d eta l l e Isto último foi o primeiro que pensei a resolver misterios do seu pasado. interesante, como que ela realizou ao ver a Andrea Maceiras, a autora O relato conseguiu emocionarnos o Interrail tres veces, ou que está a desta obra, cando nos visitou o polo último adeus de Aroa cara a punto de publicar unha novela sobre pasado 20 de febreiro. Semellaba Xacobe, como broche daquel amor, o acoso escolar. Por último, case que aínda non rematara a carreira de fermoso e tóxico ao mesmo tempo. todos conseguiron levar cadanseu Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galega, Sen dúbida un bo peche para a exemplar asinado por Andrea, e mais xa tiña varios libros escritos, novela. Pero, a pesar de que todos como constancia deste marabilloso ademais de impartir clase de ambas a leramos, quedábannos preguntas encontro. Irene García Castiñeira (3ºESO)

An a A lco lea

03

Foi esta escritora aragonesa galardoada co Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil, o White Ravens e o Cervantes Chico, entre outros, a encargada de inaugurar esta sección. O alumnado de 1º ESO tivo ocasión de resolver todas as dúbidas que lle xurdiron ao ler El Medallón Perdido e mesmo de entrevistala. O TEU LIBRO FAVORITO: El Quijote. O PREMIO MÁIS ESPECIAL: O Cervantes Chico 2016. UN DEPORTE: A ximnasia rítmica. UNHA CIDADE: Venecia. ADMIRAS A...: A toda persoa que loita para si mesma e para os demais. UN RECORDO ESPECIAL: Cruzar un val nun teléferico caseiro e manual, soa, e sentirme suspendida no aire, co mundo ao redor, nun recuncho de Liguria, en Italia. UN DEFECTO: Falo moito. UNHA VIRTUDE: Teño moita paciencia. SE NON FOSES ESCRITORA, SERÍAS...: Cantante de ópera.

04

LEstae dautora ic ia Co stas galega que recibiu o

Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil compartiu cos rapaces e rapazas de 1º ESO as súas experiencias á hora de escribir Escarlatina, a cociñeira defunta. A dita obra forma parte da prestixiosa Lista de Honra IBBY de libros sobresaíntes.


6

V I S I TA A O C I Q U S

Visita ao CIQUS­ Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares

O pasado martes 28 de novembro, os alumnos e alumnas que estamos a cursar 2° de bacharelato pola modalidade de ciencias tivemos unha saída ben interesante. Primeiramente, acompañados pola nosa profesora, puxemos rumbo á Facultade de Química. Alí fomos recibidos con moito agarimo pola súa rectora, a cal nos estivo a falar do Grao en Química (así como dos dobres graos agora existentes), das súas vantaxes e posibles saídas ao mundo laboral, e das instalacións do propio edificio. Tras esta breve presentación, tivemos a sorte de facer unha pequena visita aos laboratorios e, así, observar como os estudantes traballaban neles. Ademais, dous profesores ensináronnos como funcionaban algúns dos seus equipos e foi realmente interesante, pois nós nunca viramos tales aparellos. De seguido, fomos visitar

o CIQUS. Ao chegar, dividíronnos en dous grupos para levar a cabo diferentes actividades, pois eramos demasiados para facelo todos xuntos. Ao meu grupo tocoulle primeiro coñecer o centro. Ao igual que na Facultade de Química, un investigador guiounos a través dos diferentes laboratorios do edificio, ensinándonos como se traballaba en cada un deles, e mesmo nos deu a oportunidade de facer un espectro do paracetamol cun espectroscopio de resonancia magnética. D e s p o i s , o u t ro s t re s investigadores realizaron unha serie de experimentos que semellaban ser máxicos. Era asombroso ver, por exemplo, como unha substancia cambiaba de cor constantemente ao estar en movemento, unicamente debido aos compoñentes da mestura. Por último, nun dos laboratorios do CIQUS, tras poñer a bata, os lentes

e os guantes, puidemos levar a cabo, coa axuda de científicos, a síntese do paracetamol. Sen dúbida, isto foi o mellor da mañá... sentímonos como auténticos científicos! Aínda que, por suposto, o resto da visita tampouco estivo nada mal. Foi unha saída moi completa, da que todos aprendemos algunha que outra cousiña. Carla Gómez Beiroa (2ºA)


n í a m a O S

CELEBRACIÓNS ESPECIAIS

7

unciaba cartel que anagníficas o r ra o b la e e rgada d unhas m SO, foi a enticvao axuda por parte nde García e Rebeca E º 2 e d a n m tarefa, entes, Ire nikova, alu Yulia OvchinPara levar a cabo esíataFernández, Silvia Fúuas impresións. o Samaín.oras: Iria Febrero, Lucº de ESO. Velaquí as s colaborad das elas alumnas de 3 prestaban para Göthlin, to

X

a estabamos preto das datas de Samaín, nas que todos poñemos o noso mellor disfrace e saímos á rúa a ver se atopamos algunha vítima coa que pasar un bo anaco meténdolle medo. Para conmemorar estas festas, algunhas compañeiras elaboramos un cartel xunto con Yulia de 2° ESO. En canto tivemos unha idea que nos convenceu, puxémonos a traballar. Comezamos con pequenos deseños en folios, probando diferentes tipos de letras, ata que tivemos o definitivo. Pasamos a marcar as distancias e as letras, para

que quedase todo ben centrado, ao noso gusto. Mentres algunhas debuxaban, outras pintabamos e outras ían engadindo detalles. Irene e Silvia pintaron cadansúa cabaza mentres que Iria optou por unha caveira. Pola súa banda, Yulia ocupouse das letras de “Samaín”. Ademais, fomos engadindo detalles que nos parecía que lle acaían ao mural. Durante o proceso de pintado, pasámolo ben, xa que estivemos escoitando música, falando entre nós e intercambiando novas. O malo foi que durante todos os recreos tiñamos que reunirnos para acabalo a tempo e que quedase o máis perfecto posible. Entre todo o equipo colaboramos moito todas, e algúns días incluso tivemos axuda externa de amigas que se

botar unha man. Non puidemos q u e d a r m á i s c o n te n ta s c o resultado obtido e, sobre todo, coa experiencia. Esperamos que a todo o mundo lle gustase o noso traballo tanto coma a nós facelo! Mentres en 3º desenvolviamos os nosos dotes artísticos, os máis novos decantáronse por m e rg u l l a rs e t o t a l m e n t e n a dinámica da festividade. Por un día, o alumnado de 1º transformouse en meigas, vampiros, lobishomes e demais monstros aterradores e trouxeron cabazas talladas na casa con decoracións varias.


8

CELEBRACIÓNS ESPECIAIS AULAS DE INVERNO

No mes de decembro organizamos un concurso de decoración de aulas para celebrar a chegada do inverno e a entrada do aninovo entre o alumnado de 1º e 2º de ESO. Valorábase o emprego de materiais reciclados e respectuosos co medioambiente e tiñan, ademais, que incluír felicitacións de aninovo en lingua galega.

En canto soubemos do concurso, puxémonos a traballar. Comezamos dando ideas e distribuíndo as tarefas. Algunhas compañeiras encargáronse de envolver caixas para que parecesen agasallos. Outros encargámonos da árbore de Nadal. Sen dúbida, isto foi o que máis custou e non comezou a coller forma ata uns días antes da visita do xurado. O resto da clase fixo postais e adornos para a árbore. Rematamos o traballo decorando as fiestras, colgando as luces e colocando todos os adornos pola aula. Cando soubemos que eramos os gañadores, non o podiamos crer. Ao final, o esforzo pagou a pena. Lola Fernández, Carlos Macho, Victoria Miguens e Manuel Vidal (1ºR)

Os gañadores foron 1ºR en 1º ESO e 2ºS en 2º ESO. Como merecido premio, puideron asistir á proxección no Cine Numax da película Un Sac de Billes, un saco de bólas, película ambientada durante a ocupación nazi en Francia. Tiveron a ocasión de vela na súa versión orixinal con subtítulos en galego.


9

SAN VALENTÍN

A gañadora do concurso foi Antía Gómez Pájaro, alumna de 2º ESO.

Este curso quixémoslle dar continuidade á actividade Cartas de San Valentín. Animamos a todo o alumnado a escribirlle unha carta de amor (non necesariamente romántico) a calquera membro da comunidade educativa e a acollida foi moi boa. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Gloria Vázquez e as súas compañeiras da Asociación Ve-la Luz (Asociación Galega para a Defensa de Mulleres e Nen@s Superviventes da Violencia de Xénero e/ou Abusos) abordaron a problemática da violencia machista.


10

O PERGAMIÑO VINDEL

Visita ao Museo do Mar O pasado 20 de outubro viñemos moi contentos ao instituto porque ese día iamos de excursión e, polo tanto, non había clase!!! Pasámolo moi ben, ademais aprendemos unha chea de cousas sobre a Idade Media e tivemos a sorte de ver o Pergamiño Vindel. Dicimos que tivemos sorte porque, como xa sabedes, veu dende Nova Iork e só estivo uns meses en Galicia. Este pergamiño contén sete cantigas de amigo escritas por Martín Códax coa súa notación musical. Chámase así porque foi o libreiro Pedro Vindel quen o descubriu no forro dun libro. Ímosvos contar todo o que fixemos: saímos os cursos de 3º de ESO e 1º de Bach. en dous autobuses cara a Vigo. Ao chegarmos, fomos directamente ao Museo do Mar, onde nos dividimos en catro grupos; e aquí comezou a viaxe no tempo: nun obradoiro sobre a Idade Media, alguhnas persoas

voluntarias actuaron como arquitectos, médicos e mesmo tiveron que “soportar” antigos instrumentos de tortura. Despois fomos á sala onde estaba o pergamiño, o verdadeiro obxectivo da nosa viaxe. Seguramente a todos nos pareceu incrible ter diante nosa un documento auténtico escrito hai centos de anos. Tamén vimos outros documentos antigos como unha Biblia, un fragmento das Sete Partidas de Afonso X, esculturas, e ata os zapatos dun bispo do século XII. Ao rematar, tivemos tempo

libre para visitarmos o resto de museo e coller información para completar os exercicios que a profe nos encomendara facer. Por último, fomos ao acuario e aquí produciuse a anécdota divertida da viaxe, pois unha parte do noso grupo quedou encerrada alí dentro. Os berros e as risas deberon estresar os peixes! E iso que había carteis que recomendaban silencio para non alteralos… Xa mortos de fame leváronnos a un centro comercial preto do porto onde xantamos. Ás tres e cuarto collemos o barco da navieira Mar de

Ons, que nos levou á Illa de San Simón. A viaxe fíxose curta a pesar de que había un pouco de mar. Cando chegamos, un guía contounos todo o que sucedera naquela illa ao longo dos anos: foi mosteiro, leprosería, cárcere durante a Guerra Civil, centro de vacacións da garda de Franco… Logo percorremos todos os seus lugares: a ermida (onde unha nena leu a cantiga: Sediam’eu na ermida de San Simon), o cemiterio, a ponte (que atravesamos para ir á outra illa: San Antón). Unha das cousas máis interesantes que vimos foron as súas árbores, pois había moitísimas especies diferentes grazas aos barcos que pasaban alí a corentena e deixaban as súas sementes. Para rematar, despois dun longo día, volvemos para as nosas casas xa cansos, pero contentos e con moito que contar… Cristina Aldrey Ríos, Julia Feijoo Cacabelos e María Pardo Cereijo (3º ESO)


MEGAMINARÍA

11

A megaminaría de Touro-O Pino A Sociedade Galega de Historia Natural, SGHN, vén defendendo o patrimonio natural galego dende 1973. Serafín González, o seu presidente, ofreceunos unha charla na que nos explicou que con motivo do proxecto de reapertura da antiga mina de cobre de Touro, a SGHN mobilizouse estudando o impacto medioambiental e socio-económico que o megaproxecto tería na contorna. Ao analizar o proxecto presentado polas empresas San Rafael e Atalaya Mining atoparon ocultación de información, contradicións e mentiras para obter a concesión de re-apertura por parte da Xunta de Galicia. Despois dunha análise detallada, a sociedade conclúe que “é pouco rigoroso”, ten “graves deficiencias” e “non é compatible coa actividade do sector primario que se está a desenvolver na zona”, sector que goza de boa saúde e que é compatible co medio ambiente e co turismo rural. Asemade, as balsas de estériles serían unha ameaza perpetua para o río Ulla e a Ría de Arousa. A reflexión final do informe é clara: existe unha grande desproporción entre os custes e os beneficios. Tras a charla abriuse unha rolda de preguntas, entre as que destacamos: A DURACIÓN DO PROXECTO SERÁ E N T R E 14-16 A N O S PERO O DESASTRE MEDIOAMBIENTAL ATA CANDO PERDURARÁ? Sobre todo, hai que considerar que terá un impacto moi grave sobre a auga e os manaciais. En Touro, hai uns 20

mananciais que se verán afectados e incluso os depósitos de auga. O proxecto en si é perigoso, xa que é altamente irritante, tóxico e nocivo; podería producir cancro a longo prazo, e por riba non é biodegradable. Tamén cabe destacar a perda do hábitat de vida silvestre. PARA OS VECIÑOS, QUE SUPORÁ A APERTURA DA MINA? Para os veciños que viven ao lado ou moi cerca afectaralles igual xa que o proxecto ten en mente megadetonacións que servirán para romper as pedras e isto tamén é un problema grave xa que haberá un radio de po en expansión duns 15-20 km aproximadamente. L eva ra s e a ca b o a explosión de 76 toneladas de explosivos (25.000 m2 racha). SEGUNDO EU VIN, A M I N A X E R A R Á 400 POSTOS DE TRABALLO. PENSAS QUE A MAIORÍA DA POBOACIÓN

DESEMPREGADA DE TOURO ESTÁ CAPACITADA PARA ACCEDER A ELES? A maioría da man de obra, como ti dis, non está especializada para traballar nalgúns dos postos de traballo, por iso se traerá xente de fóra que si saiba desempeñar esas funcións e, por outra parte, os traballos mínimos serán desempeñados por xente da zona. P A R A O S TRABALLADORES, É PREXUDICIAL O ESTAREN TRABALLANDO ALÍ? Como xa dixen, é tóxico e pode producir cancro a longo prazo e non só iso, senón que haberá entre 10-100 mortos entre a poboación residente. REALMENTE, QUEN OBTERÁ MÁXIMOS BENEFICIOS? Dende logo Touro será o que menos saque economicamente e aínda así será o máis prexudicado. QUE MEDIDAS PODERÍA TOMAR O CONCELLO DE

TO U RO O U I NC LU S O NÓS MESMOS PARA PARALIZAR A APERTURA DA MINA? Os veciños deberán moverse máis, organizar manifestacións e protestar para que se dea a coñecer a súa opinión e o concello, por outra parte, debería axudarlles e mostrarse de parte do pobo. SE CONSEGUEN ABRIR A MINA, PARA CANDO SERÍA A SÚA APERTURA? Pois ao mellor tardan un ano ou dous en conseguir permisos; e a ser posible canto antes aproveitando a subida do cobre, xa que está caro e hai moita demanda del. Sara Gómez e Alexia Pereiro (1º Bach.)


12

DÍA DE ROSALÍA

24 de febreiro Día d e R o s a lí a

Quixemos facer unha pequena homenaxe á nosa escritora máis universal cunha exposición dos seus poemas máis representativos.

O n o so a lu m n a d o de 1 º e 2 º ESO fi x sú a a ch e g a reci co n xu n ta m e n te “Adi a d ió s fo n te s” e m esm u n h a ve r sió n m o i esp Ne g r a So m b r a , g r azas L ó p e z e Ra q u e l Mou ESO) , Ad r iá n S ou Ba ch .) e Víctor B ( Dp to . M úsi ca


e xo a t an do i ós r í os, m o t iv emos p e cial d a s a Sabela u r ón (1º u t o ( 1º lanco a)

13

A CASA DE ROSALÍA, EN VILAGARCÍA? Mentres os nosos compañeiros da clase de relixión foron de viaxe a Roma, nós decidimos facer unha pequena escapada a Padrón, para aprender algo máis sobre Rosalía de Castro e as súas obras. O martes 10 de abril, sobre as 11 da mañá, collemos o tren, algúns por primeira vez na nosa vida, por iso estabamos tan emocionados; e poida que tamén fose esa a razón pola que cando pensabamos que tocaba baixar, vimos un cartel que poñía: Pontecesures! Xa nos pasaramos!!! As profes falaron co encargado da Renfe, e resulta que a megafonía non funcionaba como debía. Esta persoa, moi amable, díxonos que se arranxaba o problema collendo un tren que saía de Vilagarcía de Arousa ás 12. Como di Kavafis no famoso poema Viaxe a Ítaca, o importante non é a chegada, senón o camiño. Ese día comprobamos que tiña toda a razón! No tren cara a Vilagarcía, vimos preciosas paisaxes da ría de Arousa e, o que é máis importante: botamos unhas risas cos amigos. Ao chegar fixemos unhas fotos na estación e volvemos para Padrón. Unha vez alcanzado o destino ao que tanto custara chegar, visitamos a casa da Matanza enteira e tamén o xardín. Unha muller explicounos, entre outras cousas, por que non existen moitos manuscritos da poeta, ou por que hai unha nova flor cada día pousada na súa almofada. Divertímonos descrifrando o que dicía a letra de Rosalía e do seu marido Manuel Murguía; fixemos algunhas fotos de grupo, pasámolo moi ben e gardamos a entrada de recordo. Penso que será difícil esquecer unha experiencia como esta, e sempre que se presente a oportunidade de repetir... seremos os primeiros en coller o tren! Iria Febrero Cadenas (3º ESO)


L

14

MÚSICA

Lol

lipo

O día 24 de xaneiro os alumnos e alumnas de 3° ESO collemos o autobús cara ao Auditorio, para ver actuar as famosas Lollipops. É un grupo de tres cantantes: Paula Romera, Marian Ledesma e Paty Lesta, que cantan música Swing dos anos 50. No concerto, simularon estar nunha audición da cal o pianista que as acompañaba era o director, e ían escollendo temas para cantar, á vez que se daban divertidas conversas entre elas. Cara ao final ensináronnos un fragmento dunha canción chamada “Oh happy day” que todos e todas interpretamos alegremente con elas, a capela. Á saída collemos o bus e volvemos á clase. Na nosa opinión, foi unha actuación moi divertida e entretida, que presentaba variedade tanto na música como nas nacionalidades, porque os compoñentes eran de distintos países, e, debido a isto, distinguiamos moitos acentos que engadiron moita riqueza á actuación.

ps

Silvia Fuentes, Irene García e Rebeca Göthlin (3º ESO)

O pasado día 9 de abril os alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO e FP Básica tivemos o pracer de acudir a un obradoiro de regueifas que durou dúas horas. O taller forma parte do proxecto Enreguéifate, que intenta familiarizar o alumnado con esta tradición oral, para moitos descoñecida. Cando entramos na sala de usos múltiples do centro recibíronnos dous mozos, Josinho e Alba. Comezaron a regueifar, é dicir, rimar, cantar e facer o parvo, como eles dixeron. Despois, explicaron a historia desa arte, que xiraba en torno a un doce, e empezamos a cantar; entre todos compuxemos unha estrofa. Logo, colocámonos en grupos e fixemos outras. Ao final, regueifamos as nosas composicións e eles propuxéronnos participar nun concurso de regueifa. Foi moi divertido. O tempo pasou voando! Ángela Noya Vidal (2º ESO)


RAFTING

Un día inesquecible

15

O martes 27 de febreiro o alumnado de 3º e 4º ESO e 1º e 2º de Bach. fixemos rafting polo río Ulla. Marchamos ás dez menos cuarto da mañá. Fomos en bus ata un pobo de Padrón chamado Ponte Barcala. Acompañáronnos tres profesores: os dous de Educación Física, Martín e Xabier, e a orientadora, Olga. Ao chegar alí, déronnos neoprenos, calcetíns, chaleco, casco e, posteriormente, explicáronnos o funcionamento das barcas: como tiñamos que remar, a posición de seguridade… Dividíronnos en grupos de once persoas, máis ou menos. Eu ía con rapaces e rapazas da miña clase e da outra e con Xabi. E foi aí cando comezou a aventura. Puxemos as barcas no río e colocámonos para comezar a remar. Fomos os terceiros en saír pero logo adiantamos os outros grupos. Cada vez que nos atopabamos cunha barca salpicabámolos para retrasalos e así poder ser os primeiros. Os rápidos iniciais foron máis ou menos tranquilos xa que non había moita pendente e non nos mollamos demasiado. Pero non todos foron así. No medio do traxecto había unha especie de encoro que non tiña suficiente auga para pasalo coa barca pero un grupo intentouno de todos os xeitos e, claramente, acabou mal. Cando estaban a piques de superar a presa, a barca quedou atrapada pola falta de auga e, en vez de saír todos, o que fixeron foi intentar pasala de todas formas. Finalmente conseguírono pero non dentro da barca precisamente… Por outra banda, había tramos do río nos que se podía ir nadando, pero non de calquera maneira, senón en posición de seguridade, isto é, coas pernas encollidas e estiradas cara adiante por se había unha pedra poder impactar contra ela e amortiguar o golpe cos pés. Houbo outra parte na que había unha rocha bastante grande e deixáronnons tirarnos ao río saltando dende ela. Cando xa iamos rematando o traxecto viñeron os rápidos máis fortes. Neles había moito desnivel e iso provocaba ondas que che caían enriba. Eu ía diante e apandei coa peor parte, porque me veu enriba unha onda xigante que case me tira da barca. O profesor de Educación Física pasouno pipa rindo á nosa conta. De abrir tanto a boca entroulle auga dentro pero nin iso fixo que parase. Fixemos rafting unhas tres horas pero fíxose moi ameno, xa que ao estar rodeado de xente que che cae ben e coa que ris, pásalo ben. Cando volvemos ao bus, tivemos que cambiarnos e devolver o que nos prestaran. As mozas cambiámonos dentro do bus e os mozos fóra. Logo merendamos, porque facer unha actividade física tan longa cansa e hai que repoñer enerxías. Chegamos ás tres da tarde a Santiago, cansos pero cun sorriso na cara que non nolo quitaba ninguén. Laura Fernández Caeiro (4º ESO)


16

VIAXE A ROMA

V i a xe a Rom a A medida que se achegaba o día, os nervios e a ilusión medraban no interior de todos nós. Cada un tiña un pensamento distinto sobre a viaxe, pero todos coincidiamos en que ía ser unha experiencia inesquecíbel. O luns, 9 de abril, non tardou en chegar. Xuntámonos os trinta e catro alumnos procedentes dos IES Pontepedriña e IES Lamas de Abade, xunto coas profesoras que nos acompañaron, no aeroporto de Santiago. Era cedo pero nin o sono que tiñamos nos quitaba as ganas. Sentiamos nervios e entusiasmo, xa que, para moitos ía ser a primeira vez que montaban nun avión. Unhas tres horas máis tarde, aterramos en Italia, a aventura ía comezar. O primeiro día que pousamos os pés en terreo romano foi suficiente para decatarnos das peculiaridades do lugar, como o pouco respecto polas normas de circulación ou a cantidade de vendedores ambulantes que hai. O tempo non nos acompañou, pero iso non nos impediu visitar a Basílica de Sta. María a Maior ou algunhas das inmensas prazas italianas ata chegar á Fontana di Trevi. Quedamos sorprendidos coa beleza desta e, despois de sacar fotos, lanzamos moedas á fonte coa esperanza de regresar algún día. Ao chegar a noite fomos cear a un restaurante onde probamos a famosa pasta “al dente”, aínda que nós pensabamos que estaba crúa. A segunda xornada comezou moi cedo. Tivemos que sacar forzas de onde non as tiñamos,

o día ía ser longo. Pola mañá visitamos o Vaticano e a Capela Sixtina e, pola tarde, a Basílica de San Pedro e o Castelo de St. Angelo. Foi fascinante contemplar as dimensións desas marabillas. Ademais, tivemos recompensa, comemos uns deliciosos xeados na Praza Navona. O terceiro día tamén tocou madrugar. Andamos ata o Coliseo e logo acudimos ao Foro Romano gozando das rúas italianas e das súas numerosas fontes. Á hora de xantar, probamos por primeira vez as riquísimas pizzas italianas. Máis tarde, seguimos coa marcha visitando a Praza do Campidoglio, Trastevere e o Panteón, onde nos deleitaron con música en directo na rúa. A medida que pasaba o tempo, quedabamos máis asombrados. O cuarto e último día aproveitámolo ao máximo. Estivemos de praza en praza, visitando as Catacumbas, a Basílica de San Xoán de Letrán e a de San Pablo rematando na de San Eustaquio. Tamén coñecemos a Praza Colonna, a Praza Di Spagna, a Praza do Popolo… A viaxe estaba rematando. O autobús recolleunos ás 3 e media da mañá para levarnos ao aeroporto, no que collemos o avión dirección Santiago. Ao chegar á casa démonos conta do que viviramos. Tiñamos mil anécdotas que contar: como subir trinta e sete persoas nun bus urbano, durmir profundamente no chan ou cantar aos catro ventos por Roma adiante. Foi unha viaxe

única onde aprendemos moitos valores que nos serviron para mellorar como persoas. Dámoslles as grazas ás profesoras que fixeron posible esta aventura. Cristina Aldrey Ríos (3ºESO) ROMA! Unha semana nesta fermosa cidade tan antiga e xigantesca, camiñando e visitando cada recuncho dela. Gustaríame destacar os verbos camiñar, andar, percorrer, circular, vagar, etc. Para que non pase desapercibido ou pensedes nin por un só intre que o digo sen un motivo relevante. Vinte e tres quilómetros camiñados nun mesmo día e, porén, ao chegar a noite as profesoras aínda nos propuxeron ir dar un paseo. Vaia ánimo! O que máis me chamou a atención foron as dimensións de case todo o que atopabas


e a concentración de arte por metro cadrado, así como de xente, que che esixía un mínimo de oito ollos. Ben, teño que confesarvos que as cantidades da comida non eran equiparables con eses edificios e monumentos. Semellaba que tiñamos fama de pouco comedores, nós, os galegos; mais isto foi mellorando co paso dos días ao ir coñecéndonos máis e tamén cun par de achegas da nosa parte. Sen ter en conta eses pequenos detalles, o importante é a marabillosa experiencia vivida que lembrarei sempre e os compañeiros cos que convivín. RECOMÉNDOADA AO 100%. Cristina Díaz González ( 4ºESO) O mércores, pouco antes de despedirnos de Italia, visitamos a Basílica de Santa Cecilia no Trastevere. Cecilia pertencía a unha familia pagá.

Converteuse ao cristianismo a pesar de que daquela os cristiáns eran perseguidos. Morreu martirizada: primeiro intentaron asfixiala pero ao final cortáronlle a cabeza. A igrexa é de estilo barroco e renacentista, aínda que conserva un campanario medieval. Baixo o templo encóntranse os restos da que foi a súa casa, á que baixamos

despois de comprar a entrada. No altar hai unha estatua de mármore da santa, obra de Maderno, e feita coas medidas reais da mártir, tomadas do seu cadáver xa que se mantiña intacto. Santa Cecilia está recoñecida como patroa da música, de aí que aos músicos nos fixera tanta ilusión visitar a súa igrexa. Manuel García Amado ( 3ºESO)


18

VIAXE A ROMA

Ao principio estaba moi nerviosa. Era a primeira vez que ía de viaxe con xente doutro instituto coa que apenas tiña relación e non sabía se ía ser ben recibida ou non. Para a miña sorpresa, dende o minuto un acolléronme como unha máis, e iso foi só o comezo dunha das mellores viaxes da miña vida. O primeiro día…, digamos que puido ir mellor do que foi, posto que houbo lea cos asentos do avión, tempo perdido para facer os cuartos no hotel, choveunos boa parte da tarde... e se aínda así o pasei moi ben, sodes capaces de imaxinar como de incribles foron os restantes días? O que máis me gustou de todo digamos que foi estar cos amigos e visitar certos monumentos e lugares máxicos aos que, de certo, volvería sen pensalo. Vimos moitísimas cousas en catro días: a Basílica di Santa María Maggiore, a Fontana di Trevi, o Museo do Vaticano, a Basílica de San Pietro, a Capela Sixtina, a Piazza Navona, o Coliseo, o Monte Palatino -desde onde se pode contemplar o Foro Romano-, a Basílica de Santa Cecilia in Trastevere, o Panteón na Piazza da Rotonda, a Basílica de San Giovani in Laterano, a Basílica de San

Pablo Extramuros, a Piazza do Popolo, as tres rúas que forman o tridente, as Catacumbas, o barrio xudeu… De todo o que vimos, o que máis me emocionou e impresionou foi a Capela Sixtina, o Coliseo, a Basílica de Santa Cecilia ─e a súa tumba─, a Fontana de Trevi e as Catacumbas. Na viaxe todos aprendemos moito e de todo un pouco: desde que, se un se perde, perdémonos todos, ata decatarse de que en Italia todos conducen fatal e ninguén respecta os semáforos. Creo que, tal e como dixo a profe, sufrimos unha grande evolución en canto á unión do grupo do primeiro ao último día. Aprendemos que perdernos un día está ben, ata botamos unhas risas todos xuntos, pero retrasar o grupo día si e día tamén non beneficia a ninguén, así como andar interrompendo a guía en calquera explicación ─todas moi interesantes─; por iso, tan pronto nos demos conta dos nosos erros, cambiamos o “chip” e tratamos de aproveitar ao máximo esta oportunidade única. De certo, volvería a Roma sen dubidalo nin unha soa vez e, se me din que o avión me está a agardar na porta da miña casa agora mesmo, non collo nin maleta. Andamos vinte quilómetros

diarios, ou incluso máis, e durmimos unha media de catro horas, como moito! Si, pero valeu a pena. E tanto que a valeu! E sabedes por que? Pois por ver todo o que vimos en tan poucos días, pola compaña, polas risas que botamos, polo ambiente das prazas á noitiña, pola música en directo, por todo o que aprendemos, pola pizza ─no meu caso sen queixo─ e o xeado, por todos os amigos que fixen, pola maxia da cidade, pola historia que leva detrás… Grazas a todos por soportarme esa semana, por acollerme coma se fose da familia, por facerme partícipe das risas e por todo. Grazas tamén ás profes que nos acompañaron e que, con paciencia infinita, nos aguantaron todos e cada un dos días da semana. Grazas, así mesmo, á guía tan marabillosa que nos tocou e, por suposto, a Roma por facernos un oco nas súas rúas. De verdade, moitas grazas por este recordo que atesouro como unha das mellores experiencias da miña vida. Para cando outra? María Crespo Cutrín, 3º ESO (IES Lamas de Abade)


OLIMPÍADA DE BIOLOXÍA

19

XIII Olimpíada de bioloxía

Lidia Castro entrevista os seus compañeiros Adrián Brey, Xoán Domínguez, Carmen Aguilera e Carla Gómez. Q U E V O S M OT I V O U A P R E S E N TA R V O S Á OLIMPÍADA? [Adrián] Ao principio de curso, Nico, o noso profe de Bioloxía, comentounos q u e í a h a b e r e sta actividade e á clase pareceulle interesante, pero só podían ir catro. O criterio de selección foi a nota desta materia en 1º de Bach. Había varios noves e un dez, o de Xoán [risas]; daquela calculouse a nota media de 1º e pasamos nós, que estamos encantados de ter ido. EN QUE SE BASEABAN AS PROBAS? [Carla] Tivemos que facer unha proba teórica, presentarnos a un exame que era tipo test. Non me lembro de cantas preguntas había; unhas 140, ou unha cousa así.

Se non sabías a resposta, era mellor non responder porque as que estaban mal, restaban. Carmen e eu non o tivemos moi en conta e decatámonos despois [risas]. Logo, tivemos que facer catro probas prácticas. Esa foi a novidade deste ano, porque antes nunca se fixera. Dividíronnos en grupos e a proba que me tocou a min consistía en analizar no laboratorio unha mostra de musgo. N a s e g u i n t e p ro b a ensináronnos a usar unha táboa dicotómica e fixemos o que puidemos. Logo houbo outra proba máis teórica na que había que aplicar coñecementos referidos á xenética. H a b í a q u e e s c r i b i r, mentres que nas outras tiñamos que traballar co material de laboratorio.

A ú l t i ma era u n h a simulación nunha aula de informática cun rato. Foron interesantes. DO 1 AO 10, COMO C UA L I F I C A R I A D E S A DIFICULTADE DAS PROBAS? [Carla] Na proba teórica había preguntas que nin de broma, pero outras creo que eran bastante doadas. Pois un 7’5 en dificultade e, en canto ás prácticas, depende. Algunha delas era moi fácil pero, por exemplo, a do musgo ou a da xenética, nin idea. AGORA QUE XA PASOU TODO, COMO VA LO R A R I A D ES A EXPERIENCIA? [Xoán] Como dixo Carla, foi moi interesante. A práctica en laboratorio achega moito realmente porque non estamos

acostumados a facer este tipo de actividade. É unha oportunidade para ver algo diferente: a bioloxía de verdade á marxe dos libros. Sempre vale a pena e é totalmente recomendable. SE PUIDÉSEDES FACELO, VOLVERIADELO REPETIR? [Carmen] A verdade é que está bastante ben, ademais do recoñecemento por parte do instituto cando nos seleccionaron. Coñecemos xente con diferentes puntos de vista e tivemos a oportunidade de probar técnicas novas e materiais que, por falta de tempo ou por escaseza, nunca utilizaramos. Tamén é un achegamento á universidade pois as probas foron analizadas alí. Foi unha experiencia moi boa.


20

P

MULLER

a ra conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e guiados por Rafa Lobelle (Dpto. Xeografía e Historia), elaboramos pancartas e enchemos os taboleiros de papeliños de cores con mensaxes contra o maltrato.

25 novembro Mariló Lagarón (Dpto. de Galego) foi a encargada de supervisar a actividade “Chíos contra o maltrato”, emulando as mensaxes da célebre rede social. Algúns deles participaron no concurso chíos de twitter contra a violencia de xénero, organizado polo Concello de Lalín.

Q

11 febreiro

uixemos homenaxear o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia lembrando a todas aquelas científicas cuxo traballo é ás veces ignorado ou inxustamente pouco recoñecido.


D S

21

a man de Socorro Liste (Dpto. de Física e Química) tivemos a sorte de contar coa doutora Xoana Pintos Barral, investigadora na USC especialista en estudos de xénero e na presenza da muller no eido científico e a súa exposición itinerante Mulleres no Laboratorio. As Primeiras Científicas da USC.

A doutora Jannette Rodríguez Pallares, do Dpto. de Ciencias Morfolóxicas do CIMUS da USC, impartiu unha conferencia titulada “De maior quero ser... científica”. Compartiu connosco a súa experiencia como muller investigadora centrada na enfermidade do Parkinson.

os Barral

Dra. Xoana Pint

8 marzo

umámonos á reivindicación do Día Internacional da Muller con figuras femininas galegas que deixaron a súa pegada na historia e tamén con aqueloutras anónimas valentes e loitadoras que forman parte da vida persoal do noso alumnado.

As historias relatadas polos rapaces e rapazas foron realmente emocionantes!!!


22

EL MEDALLÓN PERDIDO

A metáfora da montaña, Benxamín medra O luns 29 de xaneiro Ana Alcolea visitou o IES Pontepedriña. A autora zaragozana de literatura xuvenil visitou o centro para aclarar as dúbidas do alumnado de 1º ESO, que lera a súa primeira novela El medallón perdido. O acto desenvolveuse na sala de usos múltiples e acudiron todos os alumnos e alumnas de 1º e un bo grupo de profesores. Ás 12:50 h. da mañá, tras unhas palabras de presentación da profesora, estendeuse un silencio sepulcral entre os alumnos, só interrompido pola voz da autora. Ana Alcolea comezou explicando que cada un de nós imaxina os personaxes dunha historia dun xeito diferente. Para demostralo, contou Romeo e Xulieta, e preguntou despois como imaxinaramos a Xulieta. Ninguén se poñía de acordo e explicou que os lectores, coa súa imaxinación, constrúen tanto as novelas como os autores. Despois comezou a rolda de preguntas. Falouse de moitos temas, desde os personaxes ata a inspiración da novela. Ana Alcolea falou moito tempo sobre os personaxes, xa que a maioría tiñan un fundamento na realidade. E contou que a historia era unha homenaxe ao seu curmán, morto en accidente de avioneta en Gabón. Pero sen dúbida, un dos temas centrais da charla, foi a “metáfora da montaña”.

No libro, a medida que Benxamín, o protagonista, sobe á montaña para buscar o medallón, vai facéndose máis forte, superando as dificultades do camiño e medrando a pasos axigantados. “O avión no que ía meu curmán estrelouse nun lago próximo á casa da xungla, pero eu prefería que na historia a avioneta do pai de Benxamín caera na cima da montaña, para que a medida que subía, el medrara”, comentou a autora. “Se tivese caído no lago, el tería descendido, e interesábame que subira, que medrara”. Na novela, Benxamín debe subir así ata a montaña na que se estrelou o avión de seu pai anos atrás para buscar o medallón. Polo camiño, enfróntase a varios perigos e medos, tales como serpes, cemiterios con estatuas terroríficas... No camiño, Benxamín ten moito tempo para reflexionar e pensar. “Benxamín aprende a ser valente, coñece o que é de verdade a forza e comeza a distinguir o que é importante do que non o é”, escribe Ana Alcolea na novela. Cando rematou de falar sobre a metáfora da montaña, houbo algunhas preguntas máis, pero ningunha que me impresionara tanto. Finalmente, despedímonos. Algúns alumnos regresaron ás aulas e na sala só quedaron aqueles e aquelas que querían que a autora lles asinase

o libro, o que representaba case a metade do alumnado porque foi unha lectura que gozamos moito. Pouco a pouco, a estancia foi baleirándose. A charla transcorreu tranquila, cun ambiente moi relaxado e entrañable. Os nenos e nenas sentiámonos a gusto coa autora, e Ana Alcolea con nós. A escritora mostrouse paciente e explícita. Non dubidou un só momento en atendernos e resultou moi agradable. Todos aprendemos e medramos moito... como Benxamín. Elena Eiras Fariña (1ºESO)


ANAGNÓRISE

Anagnórise

( M ª Vi c t o ri a Moren o)

Anagnórise é unha roadstory na que a autora combina maxistralmente os diálogos no automóbil co fluír de conciencia do protagonista. Nela non faltan as aventuras e alegrías, mais tampouco os momentos dramáticos. Está escrito nun nivel de lingua culto, cunha grande variedade léxica e abundantes adxectivos. Este libro conta a historia dun mozo de 17 anos chamado Nicolau Arís, que abafado polos problemas familiares, no amor e na escola, decide abandonalo todo e fuxir da casa. Non lle queda outra que facer autoestop para que alguén o leve lonxe de alí, e despois dun bo anaco agardando, sucede o que el nunca imaxinou que ocorrería: recólleo unha muller. Nicolau é un rapaz con moitas inquedanzas, ao que lle gusta escribir, pero está cheo de prexuízos, sobre todo relacionados co xénero contrario, e é esta condutora (da que non coñece o nome ata o final) a que lle vai desmontando

unha a unha todas esas ideas. Este adolescente vive sumido nun caos de vida, ante o que se refuxia no seu mundo interior, do cal non quere deixar escapar nada, pero pouco a pouco, a súa acompañante vai descubrindo anaquiños do seu ser, e axúdao dándolle consellos e explicándolle que non todo é como el sempre creu, e que todo se pode cambiar. Esta muller, e todo o que lle pasa durante o día que dura a viaxe, fano mudar para sempre e madurar. A novela trata multitude de temas, dende o amor e os problemas da adolescencia, ata unha descrición da sociedade da época (tocando os costumes, a educación, a xustiza, as leis e o seu cumprimento, a droga, o papel social que tiñan as mulleres, e moitos dos prexuízos presentes daquela). Na miña opinión, é unha obra moi bonita, que te cativa dende o comezo, e que che fai collerlle

cariño aos persoaxes rapidamente. É bastante doada de ler, e recomendaríalla a calquera persoa, sobre todo ao público xuvenil, mais para iso, nunca hai idade, así que pode gozar dela quen queira. O único detalle que para min se podería mellorar, sería achegarlle máis realismo cambiando a forma de falar de Nicolau, que se expresa (tanto cando fala, coma cando pensa) dunha maneira impropia á que se esperaría dun rapaz da súa idade (aínda que quizais fose a poesía a que influíu na súa forma de falar). Tamén é un pouco estraño que un xornal de Madrid estea en galego, pero iso non é tan grave, xa que escribir a noticia en castelán provocaría que a novela pasase a ser bilingüe, o cal posiblemente non lle interesase á autora, nin é necesario. Salvando ese detalle de nada, o libro está moi, moi ben! Artur Vázquez Rego (4ºESO)

23


24

ENTROIDO

E NT RO

o é des

ind

Momento destacado da actuación da comparsa gañadora: A batalla dos 70, coreografía do alumnado de 1ºESO R-T


OI D O

A orixinalidade é un punto a stacar. Velaquí o gañador dividual: Jairo, o cubo de Rubik!

Fíxosenos a boca auga coa escolma de receitas!!!

25


L

26

FEMINISMO

Volve o feminismo ao instituto e non só aos corredores!

Iniesta, Cristiano Ronaldo, Messi, Alberto Contador, Rafa Nadal e moitos máis; pero coñecemos a tantas mulleres deportistas coma homes? A miña compañeira e mais eu decidimos facer unha investigación na materia de Educación Física por medio de enquisas a mulleres anónimas de diferentes idades, para así poder ver se nós mesmas somos conscientes do que está a pasar: a invisibilidade da muller en todos os ámbitos pero, especialmente, no deportivo. Cando fixemos o reconto de todas as enquisas, unhas cen aproximadamente, observamos que a maioría das participantes non tiñan un referente no deporte, pero cando se

Este curso escolar, volvéronse ver novos carteis apoiando o feminismo e a sororidade polos corredores do instituto, como xa ocorrera o pasado ano. Pero desta vez non quedaron soamente niso. Aproveitando o 23 de abril, Día Internacional do Libro, fíxose unha charla de lecturas feministas. Nela, todos os rapaces e rapazas de 1º e 4º ESO puideron escoitar e entender os tópicos machistas na literatura e como dar con eles con diferentes actividades e xogos. Tamén puideron volver á casa cunha lista interminable de libros, tanto para iniciarse no feminismo como para seguir mergullándose nel. Que que libros recomendamos? Moi doado… Algún clásico como Unha habitación de seu de Virginia Woolf ou O segundo sexo de Simone de Beauvoir. Pero non vos recomendamos comezar por aí; se de verdade queredes empezar, investigade na rede e confiade en libros como Feminismo ilustrado de Helen Sotillo e María Murnau, Morder la Manzana: La revolución será feminista o no será de Leticia Dolera, ou Feminismo para principiantes de Nuria Varela. E se simplemente queredes ler algo de narrativa que non caia neses tópicos, podedes probar con Eleanor e Park de Rainbow Rowell ou Invisibles de Montse Fajardo. Entrade nunha librería e investigade por vós mesmos, e sobre todo, gozade da lectura!! Paula Alfonsín Suárez (4º ESO)

Deporte feminino lles pedía que nomeasen a un que lles gustase ou coñecesen, adoitaba ser un home. Foi irónico ver como case todas pensaban que as mulleres non estaban sendo visibilizadas. A nosa conclusión foi obvia: o motivo de todo isto é a sociedade patriarcal na que vivimos e, polo tanto, a educación que acostuman a recibir as rapazas e os rapaces. Ademais diso, a influencia dos medios agrava esta situación, xa que apenas se informa nas noticias sobre os premios que reciben as mulleres nos deportes, por non falar da súa pouca retransmisión. R i ta M u nt , M i re i a Belmonte, Ruth Beitia, Carolina Marín, Gemma Mengual son deportistas

olímpicas e seguramente moitos non saiban quen son nin o deporte que practican; con isto cremos responder a pregunta do inicio. Por desgraza, non coñecemos tantas mulleres coma homes. Sara López e Sara Valle (4º ESO)


O BANQUETE DE CONXO

O B a nq u e t e d e C on xo O Banquete de Conxo tivo lugar o 2 de marzo do 1856. Foi un acto de confraternización popular, xa que un grupo de estudantes (entre os que estaban persoeiros como Eduardo Pondal, Manuel Murguía ou Aurelio Aguirre) convidaron a artesáns e obreiros de toda cidade de Compostela a un xantar en Conxo. Os estudantes servían aos obreiros e artesáns como un símbolo de respecto e igualdade, o que causou o enfado e rexeitamento dos sectores máis conservadores da cidade; o mesmo que os tres brindes que se pronunciaron, que foron considerados como subversivos por diciren palabras como “que non naceu para escravo o

27

home” (A. Aguirre). O pasado venres 2 de marzo, xusto cando se cumprían 162 anos deste Banquete, o Concello de Santiago fixo unha presentación dos actos conmemorativos que se ían realizar. A festa tivo lugar no mes de abril. O sábado 21 fíxose unha apertura do mercado literario e de artesanía na Carballeira de Conxo. Todo isto rematou o domingo 22 cun xantar popular ao que se invitou a todos os cidadáns. O obxectivo deste día foi conmemorar o Banquete de Conxo e recuperar o espírito reivindicativo do 2 de marzo do 1856. Lucía Fdez. Caeiro (2º ESO)

V is it a á V a l e dora d o Pob o e ao P a r l a m e n t o d e Ga l i ci a

O pasado día 16 de abril, os alumnos de 4º ESO do IES Pontepedriña visitamos dúas institucións moi importantes na política e xustiza galegas e que se atopan, ademais, moi preto do noso centro. Vaia privilexio! O primeiro que coñecemos foron as instalacións do Valedor do Pobo. Alí, unha das traballadoras explicounos para que servía ese organismo, como traballaban e relatounos algúns casos. Durante a visita, chegou a Valedora, que é a primeira muller en ocupar este cargo; saudounos e fixo algunha achega á explicación. Unha vez rematamos alí, desprazámonos ata o Parlamento de Galicia, que está situado a poucos metros de onde

partimos. Neste grande e impoñente lugar, un home moi simpático guiounos amosándonos todos os recunchos que había. Tamén nos explicou como funcionaba, que se facía alí e incluso fixemos debates e intervencións na cámara dos conselleiros como se fósemos verdadeiros políticos! Foi unha mañá moi ben aproveitada na que aprendemos moitas cousas novas e moi útiles e, ademais, pasámolo xenial. Na miña opinión, e posiblemente na doutros moitos, o mellor momento da saída foi cando nos permitiron sentar no hemiciclo, nos mesmos asentos que os nosos gobernantes! Eu repetiría a experiencia sen dúbida, e penso que se deberían levar a cabo outras actividades tan interesantes coma esta. Artur Vázquez Rego (4º ESO)


28

VIAXE A LONDRES

Vi ax e a L ondr es

Virginia Woolf é un nome non moi coñecido entre a xuventude a pesar de ser unha das escritoras máis importantes na historia do modernismo europeo do século XX. A dita escritora foi piar das ideas feministas que hoxe en día están asentadas na nosa sociedade. Por iso, no IES Pontepedriña decidimos facerlle unha homenaxe a esta autora londiniense adiantada ao seu tempo. Aproveitando a nosa viaxe á capital británica, Paula Alfonsín, Carla Penas, Alicia Novoa, Jaime Pazos e Lucas Morón (4º ESO), axudados polo profesorado, escolleron partes dunha obra de Virginia Woolf para, cando se realizase a viaxe, poder ler eses fragmentos no mesmo lugar no que Virginia situara ese momento da historia. O relato escollido foi Street haunting (deambulando polas rúas), xa que é unha narración bastante entretida e que, ademais, cadraba coa gran maioría de destinos que a nosa ruta de visita nos marcaba. Ao alumnado asignóuselle unha

serie de parágrafos en inglés que practicaron na casa para, unha vez en Londres, lelos fluidamente e gravalo en vídeo. Anxa, a profesora de Tecnoloxía, filmou os alumnos cunha cámara mentres que eu, co telefono, rexistraba as súas voces para que quedasen mais nítidas e claras. Unha vez tivemos todo o material necesario, o profesor de Bioloxía e Xeoloxía, Nicolás, fixo a montaxe para así crear un filme que servise para dar a coñecer a nosa autora. Por outra banda, tamén lle fixemos unha homenaxe entre todos, xa que escribimos unha serie de relatos imitando o seu estilo. Eses relatos están agora expostos na entrada do instituto, xunto con fotos da viaxe á cidade. E desta maneira foi como decidimos facer brillar algo a Virginia Woolf, unha muller que, desde o meu punto de vista, debería ser moito máis coñecida tanto a nivel Europeo, coma a nivel mundial, non só como novelista e ensaísta, senón tamén como defensora das mulleres.

Este curso, como todos os anos, os alumnos de 4º ESO fixemos unha viaxe a Londres do 19 ao 23 de febreiro. Foi unha visita á cidade e aos seus monumentos máis importantes, como o Big Ben ou Buckinghan Palace. O alumnado, acompañado por Anxa e Nicolás, saíu cara a capital


británica ás 18:35 da tarde, chegando ao hotel ás 19:40 (hora local). A gran maioría de nós, a causa da fatiga do voo, saímos a buscar a cea e regresamos aos nosos respectivos cuartos para instalarnos e ir ver como eran os dos demais. O martes tiñamos que estar preparados para saír ás 9:00 cara ao noso primeiro destino, o metro de Green Park, que nos levaría a Buckinghan Palace, de xeito que, dependendo do cuarto, había quen se levantaba ás 7:00, e quen o facía ás 8:30. Con todo listo, as aproximadamente 26 persoas que conformabamos o grupo saímos a ver Londres, moitos de nós, por primeira vez na nosa vida. Este foi o dia de máis andar pola cidade. Moitos acabamos fatigadísimos a causa da falta de costume mais iso non evitou que a festa continuase pola noite. Coma en todas as viaxes, os rapaces dedicámonos a ir de cuarto en cuarto en busca de

diversión, uns cantando rap e outros botando unha partida ao tute e pasámolo de medo. O mércores foi un día máis calmado pero custounos suor e bágoas chegar ata o hotel. As visitas baseáronse principalmente en museos pola mañá e pola tarde, dúas zonas importantes de Londres, Camdem e Bloomsbury. E pola noite, como non, festa ata ben entrada a madrugada. O xoves foi o día considerado como o día das compras, mais non todo foi gastar cartos. Pola mañá fomos en barco polo río Támesis ata Greenwich e vimos o meridiano cero, entre outras cousas. Pola tarde déronnos dende as 4 ata as 9 para ver toda a rúa de Oxford Street e poderlles comprar algo aos nosos familiares e amigos. De noite, houbo aínda máis festa porque queriamos aproveitar o noso último serán na capital. O venres foi o día de erguerse un

pouco antes para deixar todo recollido e así non ir con présas para chegar a tempo ao voo, o cal saía ás 20:30 da noite. Así que pola mañá fomos ata o British Museum e ao London Eye. No voo houbo de todo: xente que xogaba, outros que lían ou outros que, coma min, pasárono durmindo coma se fose a primeira vez en moitos anos. Creo que todos os que fomos á viaxe levamos un bo recordo dela. Vivimos momentos alegres e tristes, momentos de enfado, outros de abrazos e outros de pensar nos amores que se formaran. Creouse amizade, cantouse coma se non houbese un mañá, comemos moi mal, botamos de menos a nosa cidade natal, pero o feito de estar todos xuntos compensou todas as penas que cada quen puidese ter.

Sara Valle Torres (4ºESO)


30

V I S I TA Á C O R U Ñ A

Visita á Coruña

A finais de xaneiro, o Departamento de Bioloxía do noso instituto organizou unha excursión á Coruña e foi moi divertida. O primeiro sitio ao que fomos foi á Domus (A Casa do Home), que é un museo científico. Nada máis chegar puxéronnos un documental en 3D sobre pequenos animais que, a pesar do seu tamaño, facían cousas moi grandes para sobreviviren na natureza. Logo deixáronnos mirar o museo a nós sós; foi moi entretido xa que atopabas todo tipo de cousas: dende un aparello que che medía o fémur, ata o cerebro dunha vaca de verdade!!! Cando chegou a hora de marchar, estabámolo pasando tan ben que ninguén se quería ir. Despois visitamos o Acuario, máis coñecido na Coruña como a Casa dos Peixes. Está cheo de información sobre o mar e os seus habitantes; no seu interior encontrábase unha reprodución do Nautilus (o que aparece na novela de Xulio Verne, 20.000 leguas baixo dos mares) desde o cal podías ver unha quenlla touro chamada

Gastón (a min pareceume bastante pequena). En resumo, foi un día estupendo, a pesar de que case nos leva o vento! Martín Cancela Lomba (3º ESO)


E S TA D Í A

31

Estadía e n Canadá , p o r I n ma Ri b a l l o

Como profesora de Bioloxía dunha sección bilingüe en inglés, fun seleccionada para participar como bolseira do programa PIALE nunha estadía dun mes en Canadá. A dita estadía implicou a asistencia como observadora a un centro de ensino secundario de Ottawa, capital de Canadá. Asignáronme o centro Sir Robert Borden e alí puiden asistir a clases de bioloxía e algunha de química dos niveis 10, 11 e 12 que se corresponden con 4º de ESO, 1º e 2º de Bach., respectivamente. A organización do centro non era moi diferente á nosa, pero si os períodos de clase, que eran 4 por día, pero de 75 minutos de duración, e tratábase de materias semestrais. A materia de bioloxía era optativa e no nivel 10 (equivalente a 4º de ESO) impartíase xunto con química, en lugar de xeoloxía.

As aulas tiñan laboratorio, polo que eran frecuentes as prácticas; non obstante, o seu material TIC, pantallas dixitais etc. era escaso e mesmo ás veces utilizaban transparencias e diapositivas, que nós considerariamos obsoletas. Os alumnos, que eran de d i fe re nte s p ro c e d e n c i a s culturais, participaban activamente nas clases, con presentacións, prácticas e t c . e o s p r o fe s o r e s responsabilizabámonos das súas tarefas e actividades. Falaban entre eles, pero nunca ou case nunca alborotaban; usaban o móbil, pero para buscar información e, en xeral, o instituto era para eles un lugar de aprendizaxe e socialización. Fomos varios os profesores participantes no proxecto, procedentes de varios centros de Galicia, pero distribuídos en diferentes institutos de Ottawa,

polo que tamén aproveitamos a estadía para visitar algunhas cidades de Canadá e mesmo as cataratas do Niágara.


L

32

ECONOMÍA

alents T s s e in s u B Young

Dous equipos de 1º Bacharelato do IES Pontepedriña lograron clasificarse para a final nacional do concurso Young Business Talents. De case 3.000 equipos que iniciaron a competición, tan só 100 chegaron á fase final que se celebrou en Madrid o 27 de abril. Os clasificados foron ECONIVEA (formado por Carla, Lucía Vázquez e Paula) e SACHOTEAM (composto por Lois, Esteban, José e Manuel). Young Business Talents (YBT) é unha competición cun simulador empresarial que permite tomar todo tipo de decisións do mundo da empresa (volume de produción, mercados aos que se dirixe, prezos, publicidade, remuneración da forza de vendas...) de forma que permite achegar o alumnado á realidade empresarial. O obxectivo da simulación é ir tomando decisións para obter máis beneficios que a competencia, de forma que os equipos que obteñen maior puntuación pasan á final en Madrid. Aproveitando a viaxe, visitamos os museos Thyssen e Reina Sofía, o Palacio de Telecomunicaciones, o Congreso, a Bolsa de Valores e, por suposto, o Santiago Bernabeu.

Visita a DAIRYLAC

COGAMI

O pasado 13 de abril, o alumnado de Economía de 1º Bach. asistiu a un obradoiro sobre cooperativismo nas instalacións da empresa DAIRYLAC en Melide. Esta empresa está ligada ao sector lácteo e, a pesar do seu pequeno tamaño, ten importantes plans de crecemento, entre eles o lanzamento de xeados artesanais en colaboración cunha coñecida xeadería da Coruña. Ademais de coñecer todo o relativo ao proceso de produción e aos estritos estándares de calidade que posúen, mantivemos unha interesante conversa coa directora de Marketing sobre aspectos como marcas, envase, xestión das redes sociais, estratexias de prezos etc. Sofía Pérez Serrano (1º Bach.)

O martes 10 de abril os alumnos de bacharelato tivemos a oportunidade de asistir a unha charla que impartiron dúas traballadoras de Cogami. Cogami é a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, e loita por conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, defendendo os seus dereitos e reivindicando o cambio social. Moitas das persoas que asistimos á charla saímos con outra visión das persoas discapacitadas, pois é verdade que son persoas coma nós, que buscan ser tratadas con igualdade. Alejandro Rodríguez Fernández (1º Bach.)


MANUEL BERMEJO

33

Entrevista a Manuel Bermejo

Manuel Bermejo, catedrático de Química Inorgánica da USC, gañou o pasado setembro a primeira edición do premio Luis Porteiro polo seu compromiso co galego dende o inicio da súa carreira como profesor. Con motivo deste premio, decidimos facerlle unha entrevista sobre a súa carreira científica e a súa visión na ciencia do galego e da muller.

Gabriel Barreiro, Daniel Pazos e Sofía Sánchez-Brunete (2º Bach.)

lingüística en galego. Para moita xente é unha dificultade ter que Significou moito, porque non é facer a tradución. É máis cómodo un premio que solicitas ti, senón seguir usando eses materiais e que te propoñen. Seguramente non queren actualizalos. na universidade hai xente QUE LIÑA DE INVESTIGACIÓN LLE con méritos suficientes como SUPUXO MÁIS ORGULLO? para ter levado este premio, Hai tempo traballamos no pero o feito de que a min que se chama a fotosíntese me propuxeran en moitos artificial, que consiste en colectivos foi o que determinou replicar no laboratorio o que que mo deran. Débese a que eu fan os cloroplastos nas plantas levo moitos anos dando clase para xerar enerxía. Hai un en galego e sempre o levei grupo no campus de Lugo como unha parte da miña vida, traballando niso, aínda que por con absoluta naturalidade. agora a eficiencia é moi baixa. POR QUE DECIDIU DAR CLASES EN Ademais, un grupo composto GALEGO? só por mulleres en Santiago Eu sempre me considerei un está traballando con helicatos, mestre e, como consecuencia que se utilizarían para reparar de selo, tiña que utilizar a o ADN e que as células lingua na que falaban os meus canceríxenas non proliferen. alumnos. Igual que cando estou COMO CRE QUE FOI O PAPEL en Inglaterra falo en inglés, pois DA MULLER NA CIENCIA E POR aquí na miña terra decidín facelo QUE ESTÁN APARTADAS DA en galego, por que en castelán xa COMUNIDADE CIENTÍFICA? o facían todos os demais. As mulleres sempre traballaron CONSIDERA QUE O GALEGO ESTÁ na ciencia, e sen elas non APARTADO DO ÁMBITO CIENTÍFICO sería posible. Ao longo da EN MOITAS OCASIÓNS? POR QUE? historia estiveron apartadas, Si. É fundamentalmente unha pero sempre houbo aquelas cuestión de costumes. Debido que se interesaron por ela. No a que os científicos estamos a momento no que teñan un traballar en inglés, cambiar de libre acceso, verase que teñen lingua pode ser un problema. un rendemento mellor que os Para dar clases en galego antes homes. Agora están a gañar hai que traducir todo porque protagonismo, sacan mellores a maior parte dos libros están notas e, en ámbitos como o da en castelán. Ata que non medicina, a presenza feminina comezamos a facer dicionarios é maior. non existía terminoloxía QUE LLE DIRÍA AO ALUMNADO PARA VOSTEDE QUE SIGNIFICOU O PREMIO LUIS PORTEIRO?

QUE QUERE ESTUDAR CIENCIAS?

A ciencia é a vida. E de modo particular a química non só se preocupa por comprender como foi a vida e como se formou, senón que tamén como se transmite a mesma e como funciona e se coida esta transmisión. O benestar é unha confluencia entre a cantidade e a calidade de vida, cousa que tratamos de mellorar. Grazas á química obtemos mellor alimentación, máis produtos químicos que combaten as enfermidades e á vez que se poida vivir máis. Hai tres mil millóns de persoas malvivindo e pasando fame. E non só é culpa dos gobernos, xa que para min como científico é mais cómodo e produtivo facer menciñas para ricos que para pobres, porque me financian as multinacionais farmacéuticas (doutro xeito non hai financiación); pero a misión da química (e o traballo que teñen que facer as novas xeracións de científicos) é preocuparse por resolver estes problemas. Para min o culmen sería dedicarse ás universidades, xa que tes o teu espazo de traballo, xente que se preocupa por ti, como por exemplo a vosa profesora Socorro, e alumnos marabillosos cos que traballar. QUE É PARA VOSTEDE ASOCIACIÓN ENCIGA?

A

Hai 30 anos algúns profesores sentimos a necesidade de

agruparnos para ensinar en galego. Os máis novos foran alumnos meus e comprenderan que non era nin complicado, nin difícil, nin extemporáneo dar as clases en galego. Deste xeito decidimos aglutinarnos para animar a outros profesores a facelo, a crear materiais, a crear unha revista, etc. Levamos trinta congresos (un por ano), e reunímonos para levar propostas e comunicacións sobre todo de tipo didáctico, para facerlles comprender mellor aos alumnos certos conceptos que poden ser difíciles de entender ao comezo da aprendizaxe. Falamos dende temas de actualidade, como os estrións, a cousas diversas sobre a historia da ciencia, o mundo das mulleres na ciencia, como presentar cousas atractivas no laboratorio para os alumnos... COMO ANIMARÍA Á XENTE A DAR AS CLASES EN GALEGO?

Hai que facerlles descubrir que o galego non é un accidente, senón a túa maneira de ser. Que razón hai para renunciar a unha lingua, cando nos permite aprender máis facilmente outras? O mundo lusitano e brasileiro é moi amplo e tamén o é o dos falantes de lingua española. Desta maneira, enriquécenos dobremente aprender os dous idiomas.


L

34

OLIMPÍADA FILOSÓFICA

V Olimpíada filosófica Ao comezo do curso, a profesora Pilar Borrajo comentounos a opción de participar na 5ª edición da Olimpíada de filosofía. O tema era “revolución e utopía”. As seccións para poder presentarse eran: dilema moral, vídeo, fotografía ou disertación. Eu escollín facer unha curtametraxe, xa que dende o principio tiña bastante claro o tema que trataría. O meu vídeo representaba a vida tradicional galega onde unha muller sofre maltrato por parte do seu marido, ata que un día decide ir a aquel lugar soñado no que ela non sufriría (a súa utopía), pero xusto antes chegar aparece el para impedirllo. Primeiro tiven que facer un guión para ter clara a decoración e os planos. Na gravación axudáronme miña irmá e o seu mozo. Foi un traballo divertido. A continuación, subino a YouTube e seleccionaron o meu entre os 18 vídeos presentados. A final tivo lugar en Santiago, na Facultade de Filosofía. Realizáronse diferentes actividades: pola mañá había as presentacións das disertacións, despois unha ruta guiada por todo Santiago, logo un pícnic onde se levaban instrumentos e se cantaba, unha obra teatral e por último, a presentación dos vídeos. Alí atopei a unha amiga que levaba tempo sen ver e a cal, finalmente, acadou o primeiro posto. Eu quedei terceira, pero aínda sen gañar, foi unha experiencia que repetiría e recoméndolla a calquera persoa. Silvia Ferro Fernández (1º Bach.)

Visitas ao CGAC e á Exposición Lita Cabellut no MAC da Coruña


E N T R E V I S TA A R A FA L O B E L L E

35

Rafa Lobelle, a promesa da lírica galega TODOS TE COÑECEMOS COMO PROFESOR DE HISTORIA, PERO TI AGOCHAS ALGO MÁIS. PODERÍAS FACERNOS UNHA PEQUENIÑA INTRODUCIÓN PARA OS QUE NON TE COÑEZAN?

Non é que agoche e supoño que te refires ao tema poético. Tampouco me gusta falar de que son escritor ou poeta. Isto para min é unha afección, algo que me gusta, que me vén de pequeno, xa que sempre me gustou ler e sempre escribín así cousas pequeniñas. Non é que garde un segredo oculto nin moito menos. Gústame sobre todo estar activo en movementos sociais que fai a comunidade en relación á literatura. EN QUE MOMENTO DA TÚA VIDA TE ATOPACHES COA POESÍA?

Quizais a min o que me marcou foi o paso polo instituto. Tiven a sorte de topar cun profesorado que tiña un gusto bastante bo pola poesía. No noso centro tiñamos a chamada semana poética na que eu ía escribindo as miñas cousiñas en estilo postit, poemas pequeniños, frases célebres, incluso cousas que dicían os maiores, xa que somos un pobo de artistas. Galicia é un pobo de artistas. Aínda gardo algún poema, ben, non se lle pode chamar poemas a iso, de cando faciamos esa semana. C A L F O I A T ÚA F O N T E D E INSPIRACIÓN PARA COMEZAR A ESCRIBIR?

Aquí en Galicia, a nivel nacional e incluso en Portugal hai moita xente excelente. Eu supoño que me relaciono máis coa xente da miña xeración, pero sen esquecer os grandes clásicos. O noso mito literario era Rosalía, que é unha poeta universal. Iso deixa unha pegada importante non só en min, senón en todo

o mundo, e que unha poeta, e sendo muller, sexa un referente tan sinalado, pois é excepcional. PODERÍA DICIRSE QUE TE INSPIRACHES NA TÚA TERRA PARA A CREACIÓN DALGUNHA DAS TÚAS OBRAS?

Iso é fundamental. A aldea onde nacín, o lugar, marca. Ti contas as cousas onde fuches feliz, onde pasaches os teus mellores anos. No que escribo hai incluso formas de falar dos vellos da miña zona. O rural está moi presente na miña poesía e, falando diso, teño unha pequena crítica nun libro a esas persoas que din que ao campo van para vivir ben. O campo ten moitas cousas difíciles. GAÑACHES O CERTAME DE POESÍA “AVELINA VALLADARES”, MOI IMPORTANTE EN GALICIA E QUE ATA O DE AGORA SÓ O VIÑAN GAÑANDO MULLERES. COMO TE SENTES AO ROMPER ESTA CADEA DE AUTORAS COMO BERTA DÁVILA OU CELIA PARRA, ENTRE OUTRAS?

outo e Alexia por Adrián S º Bach.) Pereiro (1 concursos teñen limitacións. É bastante suxestivo e vai sobre ese lado misterioso das persoas, que sempre teñen algo. A retranca é algo moi noso e tamén a ambigüidade como unha virtude e unha maneira de ver as cousas. ANDAR ÁS APÓUTEGAS, A OBRA COA QUE GAÑACHES O “AVELINA VALLADARES”, É UN PERCORRER VITAL DA PERSOA... POR QUE ESTE EXISTENCIALISMO NUNHA PERSOA TAN NOVA COMA TI?

Andar ás apóutegas é coma unha viaxe dunha persoa. É un libro dividido en varias partes e o seu individuo fai un percorrido Sénteste un pouco estraño pola súa vida. Ambiéntase nas 4 ao ver o teu nome no medio estacións e remata co outono, do desas autoras, porque co cheiro ás castañas asadas. che resulta difícil crer que N A T ÚA O B R A, C H Á M A N O S cho deran a ti. Os premios A AT E N C I Ó N B A L B I N O, U N recibinos ao comezo e iso é un VELLO DA ALDEA. É ISTO UNHA tema do que se fala agora, da TRANSFORMACIÓN DO BALBINO importancia dos premios para RAPAZ DE NEIRA VILAS? motivar os escritores para que Neira Vilas era un grande da comecen. Aquí en Galicia é literatura, como ben sabedes, e difícil chegar coa poesía á xente máis aínda agora. É con moita e os premios son unha especie distancia o libro máis vendido de altofalantes. O “Xuventude e quixen facer unha crítica á Crea” é o que máis motiva a visión que se ten do campo hoxe seguir publicando. En definitiva en día. Quixen darlle a volta a os premios son unha parte moi Balbino, facelo vello e ver o que importante no comezo tanto da pensa e o que pensará de nós. literatura como da poesía. TES ALGÚN LUGAR NO QUE O PREMIO DÍAZ JÁCOME G A Ñ Á C H E LO C OA O B R A DA RETRANCA DOS TEUS OLLOS. QUE TIÑA DE ESPECIAL ESTE LIBRO?

ESTEAS MÁIS CÓMODO Á HORA DE ESCRIBIR?

Eu tampouco che creo moito niso da inspiración. Penso que É un libro pequeniño, xa que os tes que poñerte e, se che gusta,

non é un traballo, pero sempre hai algún lugar no que te sentes máis cómodo. DECANTÁCHESTE POLA LÍRICA, PERO TES CULTIVADO ALGÚN OUTRO XÉNERO?

Eu comecei pola lírica e teño tamén unha serie de relatos curtos que non están publicados. Aproveito para anunciarvos que para o vindeiro mes sairá una novela curta que se titulará Evanxeos apócrifos. É moi diferente da lírica pero gústanme as dúas. QUE INFLUENCIA CRES QUE TEN A POESÍA ACTUAL NA LITERATURA GALEGA?

Está moi esquecida e a narrativa ten bastante máis peso. Está moi agochada na sociedade pero penso que iso está a cambiar xa que agora se fan máis recitais de poesía. QUE FUTURO LLE AGOIRAS Á NOSA POESÍA?

Vai vir moita xente nova e a que está seguirá, por suposto. As redes sociais van axudar moito. Penso que a poesía non está morta e ten un bo futuro. TES ALGÚN PROXECTO QUE NOS POIDAS AVANZAR?

Xunto á miña irmá, ilustradora, fixen un poemario ilustrado que está publicado nas redes. Logo está tamén Evanxeos apócrifos e seguirei facendo pequeniñas cousas, presentareime a algún premio, aínda que eu vou ao meu ritmo.


36

P R E M I O I N T E R N A C I O N A L FA O

Despois do lume

O IES Pontepedriña gañou un concurso da FAO para conmemorar o Día Mundial do Solo! Non o sabiades? Pois si!! A iniciativa xurdiu a raíz dos enormes e aterradores incendios que se produciron en Galicia e Portugal os días 13, 14 e 15 de outubro do 2017. Ademais de queimarse 49.171 hectáreas en 264 incendios na nosa comunidade e máis de 54.000 hectáreas no país veciño, morreron 4 e 45 persoas, respectivamente. Foi un feito alarmante que ocorreu só catro meses despois do incendio luso de Pedrógão Grande, con nada máis nin nada menos que 66 vítimas. A falta de información e implicación por parte dos políticos, que se desentenderon do asunto nada máis dar o pésame e culpar a outros, fixo que no noso centro decidísemos crear este proxecto, o cal non foi unicamente participar nun concurso. A idea foi realizar un conxunto de actividades para divulgar o que significaban estes lumes, e cales eran as devastadoras consecuencias que tería non só para a flora e fauna galegas, senón para o solo tamén. “O coidado do Planeta comeza dende o Solo” dicía o lema do concurso convocado pola FAO, e iso é precisamente do que queriamos, e queremos, que se decatase a xente. Dentro do marco deste proxecto, visitamos unha das áreas arrasadas polo lume na zona de Pontecaldelas. Alí puidemos ver de primeira man os efectos das lapas, e a sensación que transmitían aquelas paraxes desertas, que outrora foran verdes bosques. Guiáronnos polo lugar Rafael Zas (do Grupo de xenética e ecoloxía forestal da Misión Biolóxica de Galicia - CSIC) e Gloria Bustingorri, que máis tarde impartirían charlas no instituto. Tamén nos acompañaron axentes forestais, que, coma eles dous, tamén viviran en persoa a catástrofe daquela fin de semana. Con posterioridade, acudiron máis investigadores e persoas recoñecidas no ámbito, coma Agustín Blond, para darnos detalles sobre as actuacións que

se deben levar a cabo unha vez xa extinguidos. Á parte, visitamos certas zonas onde se podían ver cortes do solo. Ademais de recoller materiais para a realización do mural, aprender sobre a formación deste e sobre o que estabamos a perder, paralelamente, os alumnos de primeiro comezaron a plantar landras en macetas para repoboar o monte o ano que vén, co que se estaría a levar o proxecto moito máis aló. Logo de todo este traballo previo, no que se recolleron os tipos de terra necesarios para pintar (que despois serían triturados, machucados e peneirados), e de reflexionar sobre o máis importante: o sentimento e sensación que buscabamos transmitir, chegou o día de... facer arte! Xunto coa profe Estela, un grupo de cinco alumnas, perfectamente uniformadas cos seus traxes brancos, púxose mans á obra, despois de asegurarse de que o enorme panel branco estaba ben adherido ao chan. Comezaron polo centro, pintando de amarelo, que logo ía tornando cara a uns tons laranxas e vermellos a medida que se arredaba del (simulando as lapas). Despois, foron cubrindo partes de


37

cinza (recreando o final do incendio) e, por riba dela, tamén esparexeron palla e sementes, como aprendemos que se debía facer. Para rematar, pintaron os bordes de verde, e puxeron tamén musgo e follas, simbolizando a volta á vida “despois do lume”. Obviamente, xa houbera un montón de probas previas, pero ninguén se imaxinaba que o resultado final sería tan espectacular! Como non lles iamos enviar o mural á FAO, xa que o concurso pedía unha gravación dun minuto que o mostrase (e tampouco llelo iamos mandar aínda que nolo pedisen, que quedara precioso), outro grupo, formado por catro estudantes púxose mans á obra. Este vídeo estaba formado por dúas partes. Unha na que, con todo o que filmaramos nas saídas e cunha entrevista a Rafa Zas, amosabamos e explicabamos todo ese traballo previo. A outra era un timelapse no que, en 30 segundos e nuns cantos miles de fotos (case

nada, eh?), recollía todo o proceso de pintado do mural. Para min foi unha experiencia marabillosa, na que aprendín que o lume tamén me afecta aínda que non me queime a casa, e que é moi importante coidar da nosa terra. Aínda que foi duro e abafante pola falta de tempo, penso que valeron a pena eses recreos perdidos, xa que levo un recordo inesquecible deses días. A parte que máis me gustou e abraiou foi a visita a un monte queimado, que é algo que non te deixa indiferente. E a estas alturas aínda non acabo de crer que gañásemos un certame internacional! É unha mágoa que non se leven a cabo máis iniciativas coma esta, e só agardo que todo o noso esforzo servise para algo máis que para gañar un concurso. Artur Vázquez Rego (4º ESO)

Momento da explicación do proxecto ao alumnado do CPI de Bembibre


LPoste

38

OVER THE RAINBOW

Over the rainbow

Como vén sucedendo nos últimos anos, continuamos coas actividades do obradoiro de teatro co cal levamos traballando dende o pasado mes de outubro. Adoitamos dividir o curso en dúas partes: en primeiro lugar, traballamos cuestións que axudarán ao actor ou actriz a enfrontarse á interpretación por medio de exercicios, xogos e outras dinámicas. Buscamos así acadar, ou achegarnos cando menos, a unha serie de técnicas e habilidades que nos permitan comunicar unha historia coa maior claridade posible. O traballo de desinhibición, perda do medo escénico, a linguaxe corporal, a voz… son cuestións básicas que hai que abordar dende un comezo e facémolo sempre baixo unha premisa moi importante: o divertimento. Xogando, improvisando, creando… imos acadando unha serie de ferramentas que logo utilizaremos diante do público. Durante a segunda parte do curso preparamos unha obra concreta de cara á súa representación. Primeiro, temos que atopar a historia ideal, isto é, a que mellor se poida adaptar ás nosas posibilidades. Logo, traballamos o texto e, posteriormente, pensamos no xeito de levalo á escena, de facelo ameno, sinxelo, crible…; é nese momento cando botamos man do que aprendemos e das habilidades coas que cada un conta de xeito innato. Este curso decidímonos pola comedia. E non é fácil, nada fácil. Adaptamos “Over the rainbow”, sketch da obra Criaturas da compañía catalá T de Teatre, (1998), escrito

polo dramaturgo e director David Plana. Trátase dun texto que, dun xeito cómico, amosa as presións ás que adoitamos someter os nosos fillos supostamente polo “seu propio beneficio”. Conta a historia de tres familias que acoden a unha proba coa idea de que os seus fillos protagonicen unha campaña publicitaria nacional en televisión. Cada mamá e cada papá presenta unha motivación distinta pola cal acoden a esta cita: os que o fan por vinganza cara á súa anterior parella, logo dun divorcio no cal o fillo é o peor parado; os que queren “fabricar” unha persoa triunfadora e con éxito para o seu beneficio, (o dos pais, digo) e os que que, non crendo nas posibilidades do seu, acompáñano para non sentirse culpables nun futuro. Aínda que se

trata dunha comedia, reflicte situacións moi tristes nalgún caso. Logo dun tempo, fomos creando un grupo co alumnado que vai repetindo ano tras ano, e outro que vai chegando e se integra rapidamente. Estou moi ledo porque este curso implicáronse moito e fixeron seu o espectáculo, achegando ideas, diálogos, dándolles o seu toque aos personaxes, xa que se ocuparon do vestiario, atrezzo… Estou moi orgulloso do resultado obtido coa nosa montaxe pois participamos no XXIII Certame de Teatro Intercentros e representámola no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Foi un curso divertido e emocionante e agardámosvos o vindeiro ano. Que pasedes un bo verán! Fran Campos (monitor de teatro)


XERACIÓN DOS 50

39

en m r a C : 0 5 s n do ó i c a r e x a r ueiro Por que le S l conferencias de e i n a D e e t i Fernando Valls e David González a G Martín como cando Couso pecharon o proxecto.

E

ste curso o alumnado de 4º ESO do IES Pontepedriña participou nunha actividade colaborativa co CPI de Bembibre, no marco do Programa do Ministerio de Educación: Por que ler os clásicos? Este ano dedicábase á Xeración dos 50 e pareceunos interesante que rapaces nacidos xa en democracia, e para os que a ditadura dista moito no tempo, coñeceran este grupo de escritores que tivo un compromiso ético coa sociedade de posguerra, e que puidesen intuír como foi a vida da xente a partir dos personaxes literarios. Escollemos dous autores próximos a Galicia: o coruñés Daniel Sueiro e a ourensá de orixe Carmen Martín Gaite. Nas aulas traballamos a lectura crítica e o contexto da ditadura franquista dentro do realismo social. Hai demandas sociais nas obras desta xeración que manteñen actualidade,

Carmen Martín Gaite fala da situación da muller no nacional-catolicismo, do papel que lle reservaban ás mulleres, e da loita por saír deses estereotipos (Entre visillos); ou nas voces dos asalariados dos relatos de Daniel Sueiro (Las siestas, Mi asiento en el tranvía), que evidencian a desigualdade e a fenda entre a España do “desarrollismo”, que vendía e lle facía publicidade o NO-DO, e a realidade dun país na posguerra: a fame, a represión, a falta de ilusións, a imposibilidade de soñar, o exilio. Para a elaboración do cartel oficial convocáronse concursos en ambos centros e combináronse as dúas imaxes gañadoras. O alumnado inspirouse en técnicas artísticas como a colaxe aplicada ao contexto das lecturas. No IES Pontepedriña resultaron finalistas Alicia Novoa e Iago Castro. A imaxe deste último pasou a configurar o cartel: unha muller pechada no ámbito doméstico e vista a partir das fendas dunha cortina (ou dos barrotes dun cárcere). As

Fernando Valls procede do ámbito universitario e comentou a preocupación de Daniel Sueiro por documentar a realidade violenta que ocultaban as noticias oficiais. Explicou que a censura impedía difundir esta información en prensa, e que foi a literatura a que asumiu esta función de denuncia. David González Couso repasou a traxectoria vital e literaria de Carmen Martín Gaite, facendo fincapé na modernidade dunha escritora que desenvolveu todos os movementos literarios (realismo social, realismo máxico, novela experimental e relato breve). Asemade, recomendou unha das súas novelas para todas as idades: Caperucita en Manhattan; unha revisión do conto clásico na que nin Caperucita nin a avoa precisan axuda, son activas e libres, non teñen medo e perseguen os seus soños. Animádevos a lela!! Ana Cabanelas (Dpto. Lingua Española)


LPoste

40

VAI DE LINGUAS

O pasado día 9 de abril, o departamento de Latín e Grego organizou unha saída a Ourense na que o alumnado de 4º ESO e bacharelato puido asistir a unha traxedia de Eurípides titulada “Las Troyanas”. Ao saír do teatro, achegáronse ata as termas de Outariz, onde comeron e repousaron. Estaban listos para outra obra; esta vez unha comedia de Plauto chamada “Anfitrión”, na cal as gargalladas inundaron o teatro ourensán. Cando a obra rematou, as gargalladas deron paso aos aplausos que os protagonistas merecían. Neste mesmo día, dúas alumnas do noso centro, Alejandra Millán e Laura Rey obtiveron un meritorio 3º posto n o CO NC VRS O D E C VLTVRA C L ÁS I C A O D I S EA 2 0 1 8 a n i vel ga l ego . Despois do remate das obras e das cerimonias de entrega de premios, o alumnado volveu para o centro moi satisfeito.

Festival Xuvenil de Teatro Grecolatino de Ourense

Posteriormente, o 25 de abril o alumnado que cursa linguas clásicas acudiu á Facultade de Filoloxía da USC para gozar dunha serie de obradoiros de temática relacionada coa antiga Roma e Grecia. Houbo para todos os gustos: danza grega tradicional, teatro, xogos populares da época, escritura e ata guerreiros gregos (hoplitas). No obradoiro de danza, ensináronnos un par de bailes típicos gregos. O monitor tivo moita paciencia cos nosos dous pés esquerdos. Compartimos un bo día con outros institutos de Galicia e mesmo cos alumnos universitarios que fixeron ás veces de monitores. Sen dúbida, foi unha experiencia incrible e sería xenial poder repetila para o vindeiro ano.

De Missouri a Galicia

Clara Romero e Adrián Souto (1º Bach.)

Ola! Chámome Jessica e son a auxiliar de conversa en lingua inglesa durante este curso. Nacín en St. Louis, Missouri, unha cidade de tamaño medio de EEUU. Esta zona é famosa pola música jazz e polo rap, polo seu equipo de béisbol que participa na “Serie Mundial” e polos mellores churrascos do Medio-Leste. Teño un irmán que vive en Chicago coa súa muller e o seu bebé de seis meses (o meu primeiro sobriño!). Estudei literatura española, comunicación e antropoloxía na universidade. Tamén fixen varios cursos no estranxeiro. Vivín en Guanajuato, México, e tamén en varias cidades españolas coma por exemplo en Granada ou Oviedo pero, por suposto, a miña favorita é Santiago. Levo 4 anos en España e encántame, a pesar de que é moi diferente dos EEUU. Cando cheguei por primeira vez chamáronme a atención varias cousas: os horarios das comidas, o feito de que as tendas pechen ao xantar ou o xeito tan animado que tendes de falar. O caso é que xa me acostumei e síntome moi cómoda vivindo aquí. Penso que Santiago é unha cidade estupenda para vivir. Encantoume coñecer a todo o alumnado do Pontepedriña. Portástesvos xenial. A pesar de que este foi o meu último curso como auxiliar, o ano que vén vou quedar en Santiago, así que, se me vedes, saudádeme!


BANDA DESEÑADA

41

Lucía Fernández Caeiro (3º ESO)


BANDA DESEÑADA



44

ORLA 2ยบA


ORLA 2ยบB 45


46

ORLA 2ยบC


ORLA 2ยบD 47


IES PontepedriĂąa Av. Amor Ruibal, 28 - 15702 Santiago de Compostela Tel.: 881 867 152 e 881 867 153 - Fax: 881 867 159 ies.pontepedrina@edu.xunta.es http://www.edu.xunta.es/centros/iespontepedrina http://endliespontepedrinha.blogspot.com.es/


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.