De pé a pa 22

Page 1

depéapa22

Maio 2019

IES Pontepedriña


2

Agradecemos a colaboración de:

ÍNDICE

Letras Galegas 2019

3

O curruncho das escritoras

4

Le malade imaginaire

7

Celebracións especiais

8

Voluntariado

12

Encontro con Marta Pita

13

Día de Rosalía

14

Certame de poesía

16

A arte de trobar

17

Economía

18

Sonetos

20

O xardineiro dos ingleses

21

Ciencia

22

Obradoiro de teatro

24

Castelao maxistral

25

Muller

26

Foro teatro

28

Linguas clásicas

29

Italia

30

Andorra

33

Celanova

34

Día do ADN

35

21 días co galego e máis

36

Christian Young

38

Premios San Clemente

39

O Pórtico da Gloria

40

Banda deseñada

41

Orlas 2º BAC

44

Portada: Réplica do Pórtico da Gloria, elaborado polo alumnado de Artes Plásticas de 4ºESO

Javier Benito Torres, Daniel Blanco Chapela, Francisco Campos Ferreiro, Mª Teresa Cao García, Concepción Carbajal Villaverde, Xabier Fernández Villarrenaga, José González Vázquez, Iago Hortas Dacosta, Mariló Lagarón Ron, Socorro Liste López, Lois López Rico, Nicolás Lucas Domínguez, Anxa Novo Platas, Emilio Otero Puga, Natividad Penas Pena, Estela Pintos Moreu, Martiña Piñeiro de la Torre, Araceli Queiruga Pais, Cristina Quintáns Ruído, Gloria Rodríguez Leal, Mª Jesús Vázquez Pérez, Christian Young.

Coordina: Raquel Fernández Carril

Participan neste número (por orde de publicación) ­Cristina Díaz González Laura Fernández Caeiro Sara Valle Torres Paula Vázquez Ceinos Ángela Noya Vidal Darío Vázquez González José González Vázquez Alumnado de 4ºB Andrea Sanjurjo Martínez Marina Vidal Míguez Paula Vázquez Tato Iago Hortas Dacosta Claudia Camaño Rey Sabela López Fernández Moisés Pérez Sendín Marta Suárez González Cecilia Vázquez Prieto Marta Vázquez Villaverde Lola Fernández Ares Uxía Méndez Blanco Iago Miguéns Varela Carlos Macho Rozas Manuel Vidal Bello Andrea Freire Valiño Micael Gómez Varela Elena Eiras Fariña Carlota Carrillo Gómez Silvia Ferro Fernández Laura Sanluis Ruibal Sara Martínez Pérez Álvaro Mosquera Lorenzo Lucía Mareque Rey Alejandro Gómez Pita Asmita Rey Sobral Francisco Campos Ferreiro Paula Alfonsín Suárez Julia Feijoo Cacabelos María Crespo Cutrín Andrés Osorio Leyenda Lucía Fernández Caeiro Sofía Silva Carbajales Irene García Castiñeiras Rebeca Göthlin González Artur Vázquez Rego

Nicolás Díaz Platero Rosario Martínez Pose Marta Sixto Gago Elisa Lorenzo Dobarro Paula Villasuso Baleato


LETRAS GALEGAS

3

Letras Galegas 2019 .

Antonio Fraguas Fraguas Nace o 28 de decembro de 1905 en Insuela, na parroquia de Loureiro, Cercedo-Cotobade (Pontevedra). Seu pai é canteiro e está emigrado en Niteroi (Brasil), a onde pretende volver con toda a familia. Porén, o mestre de Antonio aconséllalles que o rapaz estude unha carreira. En 1919 comeza a cursar bacharelato no Instituto de Pontevedra, onde ten profesores como Sobrino Buhigas, Castelao ou Losada Diéguez. En 1923 funda a Sociedade da Lingua, para poder defender o galego e crear un dicionario. Matricúlase en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, onde remata a carreira en 1928. Durante eses anos, incorpórase ao Seminario de Estudos Galegos e ás Irmandades da Fala.

O 16 de xullo de 1932 contrae matrimonio con Teresa Martínez Magariños, con quen mantén unha prolongada unión ata o pasamento dela en 1996. En 1933, aproba as oposicións ao Instituto da Estrada, onde consegue praza como catedrático de Xeografía e Historia. Posteriormente, preséntase á alcaldía estradense e incorpórase ao Movemento Galeguista xunto con Castelao e Alexandre

Bóveda, traballando a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia. Durante a Guerra Civil, tras ser acusado de simpatizar co Pa r t i d o G a l e g u i sta , é expulsado da docencia. Para poder sobrevivir, bota a andar una academia de ensino privado en Santiago de Compostela. Adscríbese ao Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento no que continúa o labor que comezara no Seminario. Volve opositar e

Geografía de Galicia

As mámoas do Saviñao

Historia del Colegio de Fonseca

Manuel Murguía, o patriarca

Como xeógrafo, describe a Galicia física, humana e política pero non pode publicar en galego.

Como arqueólogo, debémoslle a catalogación de monumentos megalíticos e de numerosos castros.

Como historiador, estudou a arte en igrexas. A súa tese doutoral versou sobre a historia do Colexio de Fonseca.

Como biógrafo, achegounos a Manuel Murguía, Aquilino Iglesia Alvariño ou Celso Emilio Ferreiro.

gaña unha praza de catedrático para o Instituto Masculino de Lugo. É trasladado ao Instituto feminino Rosalía de Castro, no que exerce ata 1975. En 1951 é elixido académico numerario da Real Academia Galega. Tras xubilarse do ensino, forma parte do Museo do Pobo Galego, o Consello da Cultura Galega, a Academia Galega das Ciencias... Falece o 5 de novembro de 1999, tras crearse a Fundación que rememora a súa persoa. (Fonte: Museo do Pobo Galego)

A festa popular en Galicia

Romarías e Santuarios

Forma parte da Escola de Etnógrafos Galegos, xunto a figuras como Xaquín Lorenzo. Foi a súa

faceta máis prolífica con obras coma Literatura oral en Galicia, Romarías e Santuarios ou A festa popular.


4

CURRUNCHO DAS ESCRITORAS

O curruncho das escritoras Démoslle continuación á sección que inauguramos o curso pasado e tivemos a sorte de coñecer a novas autoras así coma de volver contar con moitas das que xa nos visitaran.

01

Ara nt za Po r tab ales

“Eu estreei o auditorio. Vós estreástesme a min”. Así foi como Arantza Portabales falou de nós a través das redes sociais. Agora, somos nós quen queremos dedicarlle un artigo na revista a ela, ao seu libro, e á súa presentación. Deixe a súa mensaxe despois do sinal trata distintos aspectos que se poden considerar hoxe en día temas tabú, como a prostitución, a importancia de vivir a vida ou a capacidade para salvarse a unha mesma sen axuda de ningún “príncipe”. M a i s o q u e a a u t o r a personaxe máis odiado segundo que o feito de dar a luz non obriga verdadeiramente nos quere Arantza, é unha moza “perfecta” á maternidade, e tamén nos fai amosar, dunha maneira moi que ten todo o que quere: é rica, é reflexionar sobre o que de verdade peculiar, é a necesidade que guapa..., pero aínda así non é feliz odiamos ou queremos, pois moitas temos de comunicación e da e atenta contra a súa propia vida. veces eses sentimentos confúndense. libre expresión dos pensamentos Moitas persoas non conciben como Hai persoas que fan maxia a sen temor a ser xulgados, e para alguén coma ela, que o ten todo, través das súas palabras. Provocan iso escolle o mellor medio: un poida ter unha depresión e chegar emoción. Unha desas persoas é contestador automático. A través a esa tráxica situación. Arantza. Grazas por demostrarnos deste aparello sen vida, catro Marina, é a protagonista que máis que as cousas sempre pasan por mulleres relatan as súas vivencias se parece á autora, segundo nos algo, por mostrarnos ese encanto e mostran os seus verdadeiros confesou, polo carácter forte que e esas ganas de escribir que se che pensamentos sen reparo ningún, o personaxe ten. Do mesmo xeito, meten no corpo, por vir e darnos sen que ninguén as xulgue polo comparten certos ideais fixos que a oportunidade de coñecerte, e que están a dicir. De feito, é esa non se deixan corromper. Marina coñecer a Sara, Viviana, Marina e liberdade total a que nos fai defende o seus principios sobre Carmela. conectar máis cos personaxes. o amor, e, sobre todas as cousas, Cristina Díaz, Laura Fernández Carmela, unha muller con cancro, o desexo de non ser nai. Con isto e Sara Valle (1º BACH) ensínanos como se vive de verdade e pretende demostrar a diferenza como uns meses poden representar entre ser nai e ter un fillo, posto máis que todos os anos vividos. Segundo a escritora, foi o personaxe que máis lle custou escribir, debido á diferenza de idade, mais isto non lle supuxo ningunha traba posto que algunha das súas amigas, que padeceron cancro, servíronlle de axuda e inspiración para expresar e plasmar perfectamente na novela as sensacións experimentadas durante ese proceso. Alicia (Viviana) é capaz de saír do mundo da prostitución e regresar a Loira ela soa, superando os seus propios medos. Porén, conforme nos revelou a autora, se esta protagonista non fora capaz de coller ese avión probablemente seguiría no prostíbulo. Sara, o


5

02

L e d ic ia Co stas

Vouvos falar da charla que o alumnado de 2ºESO tivemos cunha escritora. Pero non quero que isto sexa o típico texto do que só leredes unha frase, quero que o leades ata o final, para que saibades o entretido que foi o noso encontro con Ledicia Costas. Comezarei polo principio: dúas rapazas fixeron unha pequena introdución sobre a traxectoria, logros, premios e libros desta escritora. Cando remataron, Ledicia comezou a falar. Primeiro contounos unhas divertidas anécdotas, como cando a chamaron Escarlatina Costas; ou cando un rapaz pensou que ela viña do futuro por un dato erróneo na súa data de nacemento que poñía na Wikipedia (que non sempre di a verdade). Despois comezamos a facerlle unha chea de preguntas e ela respondeunas encantada. E deste xeito os 50 minutos pasaron voando, pero antes de marchar asinou libros, e sacou fotos connosco. Foi unha gran charla e a moita xente coma min encantoulle. Paula Vázquez Ceinos (2ºESO)

03

A n d re a M a ceiras

Na segunda avaliación, todo o alumnado de 3º de ESO lemos a novela Europa Express de Andrea Maceiras, unha escritora e profesora coruñesa. A historia trata de 7 amigos que ao rematar o bacharelato deciden viaxar en Interraíl, visitando varias cidades europeas. Despois da viaxe ocorre a traxedia que os marcou para toda a vida, a morte dun dos personaxes. Dez anos despois, un amigo atopa unha postal nunha das cidades nas que estiveron e necesita resolver as dúbidas sobre aquel horrible desenlace, polo que decide reunilos a todos de novo. interesantes foi por que un dos personaxes morre do xeito no que o fai. Tamén falamos sobre a forma de ser dos personaxes ou da estrutura da novela. Finalemente, a autora despediuse e asinounos o libro a aqueles que quixemos. Foi unha visita moi divertida e quedamos moi satisfeitos. Ángela Noya Vidal (3º ESO)

Tras ler a obra, tivemos a sorte de poder contar coa autora no noso centro. No salón de actos unha compañeira e mais eu fixemos unha breve presentación de Andrea falando da súa biografía, bibliografía e do seu palmarés. A continuación, démoslle paso á autora, que comezou por presentarse e darnos as grazas.

Falou dalgúns dos seus libros como Proxecto bolboreta, Nubes de evolución ou O que sei do silencio. Ela propuxo que fixésemos preguntas, para que a visita fora moito máis dinámica. Moitos e moitas de nós xa tiñamos preguntas pensadas polo que non tardamos nada en comezar a falar. Un h a d as p reg u nta s m á i s


6

O CURRUNCHO DAS ESCRITORAS

04

A n a Al co l e a

A escritora zaragozana Ana Alcolea, galardoada co Premio Cervantes no 2016, visitou o noso IES o pasado mes de febreiro para explicarmos a orixe do seu libro El medallón perdido. A autora revelounos que estaba inspirado nunha experiencia real, pois un curmán seu vivira en África e morrera alí nun accidente de avioneta, do mesmo xeito que o pai do protagonista. E non só iso, senón que ela xa tiña uns certos coñecementos sobre África debido a que os seus primos vivían alí e, cada vez que volvían das vacacións de verán, contábanlles cousas aos seus amigos e mais a ela das aventuras que viviran. Díxonos que aínda que non estivo nunca en África, séntese moi unida a ela e que desexa poder ir algún día. De feito, o medallón do libro existe na realidade, aínda que non ten a mesma historia. Tamén súa maneira. Púxonos como exemplo a fixo unha presentación da iniciación “fang” da que fala o obra Romeo e Xulieta de Shakespeare, seu libro, que nos axudou moito a aclarar as nosas dúbidas e preguntounos como imaxinabamos os sobre as súas crenzas. Explicounos que nesas tradicións escenarios e os personaxes. Todos pensabamos utilizan cores azuis, coma a auga, e vermellas, coma o cousas diferentes! Por iso di que todos xuntos sangue, que expresan vida. axudamos a crear as historias e que non é Ana Alcolea falounos ademais de que cada persoa ten o cousa de so unha persoa. seu universo en cada libro, pois cada un de nós imaxínao á Darío Varela González (1ºESO)

05

A ra c eli Go n d a

O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato tivo ocasión de mergullarse no mundo do cine e a televisión da man desta xornalista, escritora e guionista de series como Padre Casares ou Serramoura e de películas como 18 comidas. Foi moi interesante comprobar o descoñecida que é en realidade a tarefa de escribir un guión, polo que resultou especialmente entretida.

06

B e rta Dáv ila

A escritora compostelá volveu visitarnos por partida dobre. Por unha banda, respondeu en profundidade as preguntas do alumnado de 1º de Bacharelato sobre a súa novela O derradeiro libro de Emma Olsen, obra que suscitou gran debate. Por outra banda, a autora achegou a rapazada de 1º ESO un pouco máis ao seu poemario A Pel do Mundo, ilustrado por Alba Cid. Foi unha xornada moi intensa que, sen dúbida, serviu para promocionar a lectura en lingua galega.


e d a l a Le m e r i a n i imag

S

i vous pourriez c h o i s i r un autre personnage p o u r représenter, quel choisiriez-vous? Para os que non saiban francés, isto quere dicir: “Se puidesedes escoller outro personaxe para representar, cal escolleriades?” Esa foi unha das preguntas que lle fixemos aos tres actores do grupo BHM. Eles foron os encargados de representar perante nós a obra de Molière: Le malade imaginaire. Diferentes grupos de francés dende 4º ESO ata 2º BACH acudimos ao teatro de la Salle para ver como era representada. Evidentemente,

LE MALADE IMAGINAIRE

foi adaptada polos actores ao noso nivel, xa que a obra orixinal está escrita en francés antigo. Non somos capaces de entender o de hoxe en día, como para entender o que se usaba no século XVII! Saímos do instituto ás 11:45, máis ou menos, subimos ao bus (no cal eu fun cantando, ou algo parecido, cunha compañeira chamada Marta) e chegamos ao teatro. Tomamos asento e esperamos a que a obra comezase. Ninguén esperaba o que ía vir. O público escachou coa risa e en moitas ocasións eu ata cheguei a chorar! Non son capaz de escoller unha parte concreta porque estivo moi ben toda a obra. A rolda de preguntas non se demorou demasiado, xa que houbo moi pouquiñas; dúas ou tres

7

aproximadamente. O grupo que a representou era moi bo. Non houbo ningún problema para entendelos xa que, ao meu parecer, vocalizaban moi ben e podiamos escoitar todo con claridade. Como dixeron eles, ninguén sabe se é máis fácil facer rir ou facer chorar de emoción. Non creo que ningunha das dúas sexa sinxela, pero sacarlle un sorriso ás persoas é algo mais máxico incluso cá loucura do propio protagonista.

Sara Valle Torres (1º BAC)


8

CELEBRACIÓNS ESPECIAIS

O SAMAÍN

As nosas compañeiras da conserxaría Lili, Tere e Vanesa axudaron a ambientar o centro para animar ao alumnado a que dese renda solta á súa creatividade na decoración das cabazas. Os espíritos foron espantados e Rebeca Rey (1ºESO) fíxose co premio.

AULAS DE INVERNO

Artur Vázquez e Aarón Vilariño (1ºBAC), autores das tarx etas dixitais prem iadas. Pedímoslle á rapazada que deseñase unha tarxeta coa que felicitar o ano novo. Cristina Aldrey, Iria Febrero, Julia Feijoo, Lucía Fernández, Laura Sabel e Noa Vázquez (4ºESO) elaboraron un grande abeto para pendurar as achegas dos participantes no concurso. Así mesmo, os nosos mozos e mozas do ENDL ambientaron o centro e Pedro Bugarín fíxonos crer na maxia outra vez.

ra da (1ºESO), auto Martina Toreaman premiada. tarxeta feita a


9

SAN VALENTÍN

Cupido andou facendo das súas por todos os recunchos do Pontepedriña desde o mesmo momento en que as nosas Tere e Vanesa, coa axuda de Anxa (autora da foto) e Liliana, montaron o precioso photocall de San Valentín. Sumáronselles os nosos compis do CS Xestión de Vendas e rematamos co Concurso de tarxetas, que a rapazada de dinamización fixo chegar ás persoas destinatarias. Foi todo moi amoroso!

ión.

erac mento da delib Xurado no mo

Artur Vázquez (2ºESO) levou (1ºBAC) deseñou a mello r o premio á mel lor tarxeta feittarxeta dixital e Uxía Ménde a a man. z


10

CELEBRACIÓNS ESPECIAIS

Gañador individual: Moisés Pardo Parella gañadora: Jairo Quintiá e Pablo Sexto Comparsa gañadora: Código Lyoko Actuación gañadora: Disney

E NT RO


OI D O

11

A comparsa Hogwarts ladies dedicoulle unha copliña á rapazada.

Espectaculares escaparates de FP Básica e CS Xestión de Vendas


12

V O L U N TA R I A D O

XX Congreso Estatal de Voluntariado Os días 28 e 29 de novembro o alumnado de Valores Éticos de 3º e 4º da ESO do IES Pontepedriña participou no XX Congreso Estatal de Voluntariado celebrado nesta edición en Ourense. Esta saída didáctica enmárcase no Plan Proxecta Rede de Centros Solidarios no que está incluído nesta edición o noso centro. O Congreso de Voluntariado supuxo para o alumnado participante neste Plan de Innovación Educativa en Valores o primeiro contacto cun espazo de reflexión sobre o presente e o futuro do voluntariado, destacando así a importancia desta actitude vital como un dos nosos activos máis importantes para a creación dunha sociedade mellor. O plan deseñado dende o Departamento de Filosofía, e que conta coa participación de profesorado dos distintos departamentos didácticos, trata de conseguir nos dous vindeiros cursos 201819 e 2019-20 os seguintes obxectivos: 1. Integrar o centro na rede de Centros Escolares Solidarios a través de proxectos de acción voluntaria en coordinación co Proxecto de AprendizaxeServizo (APS) que se inicia neste curso no noso IES. 2. Contribuir á creación dunha rede de traballo intercentros colaborativa e interdisciplinar efectiva e dinámica na investigación e solidariedade social. 3. Achegar ao alumnado ao estudo dos problemas sociais da exclusión a través da narrativa e o testemuño real ou historias de vida das personas protagonistas. 4. Crear sinerxías internas e externas de compromiso altruísta e sensibilidade cara os problemas sociais e a súa transcendencia ética e moral, deseñando dende unha perspectiva creativa e innovadora medidas reais e procesos de inclusión realizables e posibles na nosa

contorna. 5. Dende a figura do alumnado investigador, contribuír á adquisición de competencias sociais e cívicas claves para o desenvolvemento dunha cidadanía crítica e efectiva, promovendo a participación activa e a inclusión da xuventude na participación institucional e non institucional de compromiso social. 6. Introducir ao alumnado en soportes TIC que permitan dominar as ferramentas básicas dos procesos de investigación, a elaboración de documentos de traballo, e o intercambio de experiencias en valores dende as experiencias vividas neste modelo de aprendizaxe innovador. 7. Contribuír á elaboración de materiais didácticos formativos que permitan o seu emprego na labor educativa de diversos colectivos sociais e nos procesos internos de sensibilización en valores que se leven a cabo en actividades do centro. No primeiro trimestre deste curso 2018-19 o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO completou a primeira fase de detección de necesidades da nosa contorna e deseñou os traballos de investigación destas realidades. Creáronse 5 ámbitos

temáticos de investigación: 1. A identidade e a mellora da cidade. Urbanismo e habitabilidade. Investigación e propostas dende o alumnado. 2. O valor da inclusión na nosa cidade. A loita da cidadanía activa de Compostela contra as formas da pobreza e a exclusión social. 3. A violencia e as súas formas como desintegración da convivencia e da cidadanía. A cultura de tolerancia e intolerancia en Santiago de Compostela. 4. Cidadanía e saúde en Santiago de Compostela. Investigación, compromiso e propostas de sensibilización e mellora dende o alumnado. 5. Natureza, ecoloxía e dignidade natural na cidade e na contorna. Diversidade, integración e coidado, economía circular e dignidade animal. Neste segundo trimestre que remata, o alumnado fixou en cada grupo as estratexias de investigación a partir do deseño das ferramentas de observación participante e os procesos necesarios para levar a cabo esta. Determinouse o tipo de entrevistas, persoas referentes, historias de vida, profesionais, contextos, previsións, calendarios de estudo, etc. Agora neste terceiro trimestre

comeza a fase máis apaixonante: a investigación. Os grupos de alumnado investigador terán que analizar e avanzar en distintas propostas de mellora da nosa cidade; da urbanidade cara a unha naturalización e mellora da habitabilidade social; do activismo en igualdade e coeducación; do coñecemento dos hábitos de saúde da xuventude a través dos distintos aspectos de prevención e tratamento; das propostas de activismo xuvenil cara a sensibilización e resposta da sociedade respecto a fenómenos de exclusión e inclusión de colectivos e grupos; do coñecemento do medio e contorna do noso centro e cidade destacando os valores éticos de respecto e compromiso social cívico; e de dinamización social e cultural do barrio de Pontepedriña. Os grupos de investigación constituídos neste curso deben ser referentes de coñecemento e especialización nas respectivas temáticas tanto para o alumnado do noso centro como para a participación en proxectos e experiencias de valores noutros centros educativos. Adiante pois.

José González Vázquez


ENCONTRO

13

Encontro con Marta Pita Vidal Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o 27 de febreiro visitounos a ex-alumna do centro Marta Pita Vidal. Marta estudou secundaria no noso instituto e logo marchou facer o bacharelato internacional ao IES Rosalía de Castro. Segundo nos contou ela mesma ao alumnado de ciencias de 4º ESO, dubidou moito sobre o que ía estudar despois do bacharelato, aínda que tiña claro que quería facer un dobre grado. Cando estaba por decidirse, chamárona da Universidade Politécnica de Cataluña e ofrecéronlle unha bolsa para cursar o d o b r e g ra o e n cuánticos en Holanda. Enxeñeira Física e Matemáticas e alá A súa traxectoria, como marchou. vemos, está chea de traballo e premios a Con moita inquietude ese ex traordinario pola súa formación, labor que realiza. Xa na Marta s e g u i u súa etapa no instituto, preparándose a todos Marta quedara nos os niveis. Así, xa dende primeiros postos nas nova pasaba moitos Olimpíadas de Química veráns no estranxeiro e Física para alumnado para aprender idiomas, de bacharelato. dado que tiña claro que os ía necesitar. Decidiu facer o proxecto de fin de grao no MIT en Cambridge, Estados Unidos, cunha bolsa da UPC e en 2017 a Fundación Barrié de la Maza concedeulle unha bolsa de posgrao, o que lle permitiu marchar a investigar á Universidade de Tecnoloxía de Delft en Holanda. Na actualidade, e s t á a re a l i za r o s e u d o u to ra m e nto sobre computadores

Impactounos moito o seu currículo pero, aínda máis, a súa sinxeleza e humildade ao falar de ela mesma. Amosouse próxima a nós e tivo moito interese en resolver as nosas dúbidas. A maioría tiñan que ver co que facer á hora de elixir optativas, os beneficios do bacharelato

internacional, etc. Fala do traballo coa mesma intensidade ca se falase dunha festa, o que indica o que goza con el. Foi un encontro moi agradable que nos fixo cargarnos de ilusión. Grazas Marta. Alumnado 4ºB


14

DÍA DE ROSALÍA

2 4 d e f eb rei ro D í a d e R osa l í a

Este curso mergullámonos nun dos proxectos que máis nos emocionou. Para conmemorar o Día de Rosalía, decidimos tirar proveito da diversidade cultural coa que temos a sorte de contar no centro. Animámonos a montar un vídeo co que pór de relevo dous feitos importantes: Rosalía de Castro é universal e todas as linguas son fermosas. Así, a nosa rapazada foi quen de recitar versos desta autora en ata quince linguas distintas (incluída a linguaxe de signos) e o resultado foi máis que satisfactorio. Tan boa acollida tivo que os xornalistas de Nós Televisión tamén se fixeron eco da nosa iniciativa e viñeron gravar unha pequena escolma de poemas. Temos que confesar que non puidemos sentir máis orgullo do que o fixemos.


15


L

16

C E R TA M E D E P O E S Í A

I Certame de Poesía Torre de Caldaloba A arte é algo que forma parte de min dende ben pequena. Sempre plenamente inconformista e sensible, convertino nun acto de resistencia, de tentar atopar a verdade, de transportar a dor que vive no meu estómago, darlle vida á maxia e mudalo todo. E que che recoñezan o teu traballo acóllese sempre cunha grande emoción. O día da entrega de premios estivo repleto de momentos inesquecibles e non podo estar máis agradecida pola marabillosa acollida da organización e do xurado, dándome moito apoio e moitísimos pulos para seguir traballando. Tiven, ademais, a oportunidade de visitar a fermosísima Torre de Caldaloba, á que honra este certame e en cuxa historia baseei os meus versos. Penso que a pesar de manter a escrita sempre como algo íntimo e para unha mesma, o apoio recibido ten moito peso e é importante ter sempre presente que, mentres a arte perdure, quedará esperanza. ANDREA SANJURJO MARTÍNEZ (4ºESO) FOI A GAÑADORA DO CERTAME NA CATEGORÍA DE MENORES DE 18 ANOS.

Pelos na lingua Pelos na lingua é unha obra de Talía Teatro que trata os prexuízos lingüísticos sobre o galego dunha maneira moi orixinal: separándoos en varios cadros aparentemente moi distintos pero cun mesmo fío condutor. Ten unha duración duns 55 minutos, que pode parecer moito pero, unha vez que empeza a representación, pasan voando. O seu carácter cómico fai que te sintas envolto na trama. Ademais faiche reflexionar sobre o uso do galego, a concepción que hai sobre el, a imaxe que se ten sobre a persoa que o fala… A fórmula empregada é moi sinxela e ao mesmo tempo fai da obra un grande éxito. Trátase de levar ao absurdo moitas das situacións da vida cotiá: dende un partido de fútbol ata unha operación para “quitar galego” da fala de xeito que resulten graciosas e asemade fagan que te preguntes se realmente ti tes algún prexuízo. O decorado é sinxelo pero orixinal. Enriba do escenario atópanse dous biombos altos, un caixón grande e dúas cadeiras, todo isto moldeado polos actores en cada momento segundo as necesidades da escena. Con respecto á música, ademais de acompañar as accións dos actores, tamén achega dinamismo e comicidade. Por último, o elenco formado por Toño Casais, María Ordóñez e Artur Trillo outórgalle á obra o último punto para conseguir a perfección. En definitiva moi recomendábel para todos os públicos e, en especial, para a xente que menospreza o galego. Marina Vidal Míguez (1ºBAC)


A ARTE DE TROBAR

A arte de trobar Santiago Lopo

A novela A arte de trobar, transcorre no século XIII. Móstranse ao longo da trama importantes cambios políticos, lingüísticos e culturais da Europa do momento (loitas de poder, persecucións relixiosas...). Teñen grande importancia as cantigas en lingua occitana, presentes en diferentes partes da historia. Mais lonxe de ser unha novela histórica, nárranse as aventuras das grandes esquecidas: as mulleres. Desenvólvese a idea moderna de feminismo nun ambiente antigo, caracterizando a obra polo contraste ideoloxía-época. Así, deixa as cargas de poder en mans de mulleres. Destacan, entón, personaxes como Isahort, sanguinaria sicaria; Elvira, nobre perseguida; a perfecta líder cátara...

Ademais, mestúranse temas tan importantes como a amizade (entre Nuno, Xoán e Elvira) ou a estratexia (o plan de fuxida de Elvira e o engano de Delfina). Tivemos a sorte de contar tamén coa visita no instituto o 29 de xaneiro, do autor, Santiago Lopo, quen nos aclarou as dúbidas e ampliounos detalles das aventuras e dos personaxes, falounos do proceso de escritura do libro en concreto e tamén un pouco de como é a vida de escritor. En definitiva, trátase dunha obra moderna e orixinal da que puidemos investigar moito. Moi recomendábel. Paula Vázquez Tato (1ºBAC)

17


18

ECONOMÍA

Día Internacional contra o Cancro de Mama Como cada ano, o 19 de outubro celébrase o Día Mundial Contra o Cancro de Mama co obxectivo de concienciar a toda a sociedade da importancia da prevención, investigación e diagnóstico precoz desta enfermidade. Este non é un problema tan só de mulleres, senón tamén dos homes, aínda que en menor grao. A sensibilidade e concienciación non debe ser algo exclusivo das propias mulleres senón tamén do sexo masculino. É un labor de todas e todos. Todos temos unha avoa, unha nai, unha

irmá, unha moza, unha amiga... que pode verse afectada. Entre outras moitas posibilidades, a sensibilidade neste eido non podía pasar desapercibida no módulo de Técnicas Básicas de Merchandising impartido en 1º de FP Básica: a dinamización do punto de venda como medio de sensibilización social. Durante este día, o alumnado levou a cabo tarefas de decoración da aula, simulando un espazo comercial, mediante a elaboración dun gran globo de vasos de

plástico, así como lazos rosas, ben para decorar, ben para repartir entre o alumnado. O desenvolvemento desta actividade ten a súa base na responsabilidade social de calquera empresa, neste caso, dos establecementos comerciais. Certo é que os comercios teñen como fin vender e vender, mais tamén deben ter presente a responsabilidade social que toda empresa debe exercer. A capacidade de crear conciencia a través do comercio é importantísima pois estase transmitindo mensaxes decotío á poboación en tempo de lecer, polo que a recepción destas mensaxes faise máis efectiva. O impacto visual que pode achegar un bo escaparate e unha axeitada decoración comercial fan que o punto de venda se converta nunha extraordinaria ferramenta de concienciación. O simple feito de decorar a sala de vendas por este día, regalar lazos rosas, caramelos de cor rosa, etc. espertan na clientela a conciencia sobre algo tan simple coma a palpación das mamas, especialmente se se trata do recordatorio dun fillo á súa nai ou dun mozo a súa moza, de aí a súa importancia. Cun pequeno investimento, o establecemento comercial pode desenvolver un importante labor de detección precoz nun contexto informal e ocioso que aproxima unha realidade dura dun modo edulcorado. Dende un punto de vista puramente empresarial, debemos ter presente que, ben con esta iniciativa ou calquera outra, o desenvolvemento deste tipo de actividades de dinamización do punto de venda crea, de modo innegable, unha reputación e boa imaxe de marca que, como non, é garantía para crear unha clientela fiel e, principalmente, para desenvolver un importante labor social.

Visita á Escola Galega do Consumo

A rapazada de 2º de FP Básica de Servizos Comerciais visitou a Escola Galega do Consumo. Alí acolléronnos moi amigablemente para desenvolver en dúas ocasións diversos obradoiros: resolución de conflitos de consumo, consumo responsable e marcas, etiquetaxe alimentario e consumo responsable no supermercado. Durante o primeiro obradoiro coñeceron os dereitos e obrigas dos consumidores así como o procedemento de reclamacións, composicións dos tribunais que deciden o laudo (a resolución do conflito) e posibles vías de solución nos distintos conflitos que pode haber entre comerciante e comprador. O segundo obradoiro estivo baseado no estudo da influenza das marcas e as súas cores na cidadanía. O alumnado

descubriu, dunha forma amena e práctica, a importancia das cores no emprego de logotipos e imagotipos así como tamén da asociación destes a determinados targets (públicos obxectivos). Realizaron unha importante análise das distintas estratexias de marketing de distintas marcas, polo que se converteu en formación indispensable. Dado o seu éxito, foi o propio alumnado quen demandou asistir a outros. Neste caso, foron o de etiquetaxe alimentaria e consumo responsable no supermercado. Lembráronlles a importancia da etiquetaxe alimentaria: ingredientes, peso, alérxenos, diferenciación entre caducidade e consumo preferente, etc, información moi importante para o día a día de calquera persoa.

Puideron visitar o supermercado da Escola, observando prezos, alérxenos, localización da mercadoría a distinto nivel do lineal, produtos gancho nas cabeceiras de góndola, así como situacións de conflito entre o comprador. En definitiva, experimentaron todo un conxunto de vivencias habituais no comercio, tanto ao mercar coma ao vender. Iago Hortas Dacosta


ECONOMÍA

19

Ética nos mercados financeiros O día 9 de abril, o alumnado de Economía asistiu a unha charla impartida polas profesionais Loreto Fernández, doutora en Ciencias Económicas e Empresariais, profesora de Finanzas da USC e vogal do IEAF Galicia; e Eugenia Escudero, doutora en Ciencias Económicas e Empresariais e secretaria do IEAF. Nela falouse de moitas cuestións relacionadas coa historia, importancia e funcionamento das bolsas de valores e tamén das consecuencias que pode chegar a ter nelas calquera erro humano. Explicáronnos a súa estrutura, quen participa nelas, a inflación, as crises, a difamación, o risco moral..., temas moi relevantes para un alumnado que sempre participará na bolsa dalgún xeito. Tras ver o filme: “Wall Street. El dinero nunca duerme”, compartiron reaccións sobre el e debateron sobre os principios éticos dende os que actúan os diferentes personaxes e o papel que cada un desempeña na sociedade económica. Defenderon que a economía debería ser tratada dun xeito moito máis ético, lexítimo e moral. Foi un bo final para unha mañá chea de contidos transcendentais. Andrea Sanjurjo Martínez (4º ESO)

Visita á Casa Grande de Xanceda

O pasado luns 25 de marzo un grupo de alumnas e alumnos de Economía e Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial do centro visitamos a Casa Grande de Xanceda acompañados dos profesores da materia Rosa Aldrey e Javier Benito. Trátase dunha granxa ecolóxica situada no corazón de Mesía (A

Coruña) e cuxa fundación data dos anos 60, onde apostan pola conservación da natureza, por un trato cordial e responsábel cos seus animais, por fomentar a biodiversidade local e pola exclusiva utilización de métodos naturais. Están moi comprometidos cunha serie de valores e invisten tamén parte dos beneficios noutras

campañas sociais, demostrando que unha empresa pode ser rendible e respectuosa co medio ambiente. Ofrecen unha ampla gama de produtos ecolóxicos de alta calidade, especialmente iogures, o seu produto estrela. É moi recomendábel a visita e tamén os seus produtos.


L

20

SONETOS

Números Diez mujeres lloran por tus ojos Nueve idiotas que luchan por tu vida Son ocho las mentiras cada día Mas siete mis venas color rojo Son más de seis los corazones rotos Que dejas en cinco calles perdidas Apenas llegan cuatro a la salida De tres infiernos de farsas y enojos Dices que mi tristeza es elegante Me traes con tus caricias alegría Es difícil decir no a ser tu amante Y aunque nosotros somos poesía Ningún verso se me hace interesante Por no entender jamás lo que sentías. Claudia e Sabela (2ESO)

Crítica al mundo Cristales de lluvia, que congelada, mutila a las garzas que van volando, y yo voy con mi paraguas andando, bajo el gran tormento de agua helada. Tierra es obra de arte trabajada, aunque gente ya la está destrozando, con humo naturaleza matando, como una mala obra está ya pintada. Con tanta miseria y tanta pobreza, con tantas guerras y tanto racismo, el mundo no quedará de una pieza. Ahora a nosotros nos da lo mismo, pero hoy aquí sé con total certeza, que miraremos con nuestro egoísmo. Darío Varela (1ESO)

Otra ciudad Catorce torres se alzan hacia el cielo flamantes bajo el rojo sol poniente implacables, siempre mirando al frente, protegiendo la metrópolis de hielo. Hormigas en eterno movimiento como interminables ríos vivientes mirando, caminando indiferentes entre montañas de cristal e hierro. Entre las calles una oscura nube sume la ciudad en eterna sombra el firmamento ya nunca descubre. Sobre los tejados alguien entona bajo la luna, imaginaria lumbre cánticos a una realidad remota. Elena Eiras (1ESO)

Lección de vivir Nacer con los ojos supercerrados, ir abriéndolos poco a poco más, más tarde jugamos a tirar dardos. Así todos los días jugarás. Suerte y fortuna siempre arriesgaremos, a las cartas no siempre ganarás, con ellas todas estamos tentados, pero mucho dinero perderás. De la familia tendrás que cuidar si necesitas algo te ayudarán, es muy importante de conservar. Viejas cartas que dentro quemarán, dulces recuerdos que se han de olvidar, pequeñas fortunas, que se esfumarán. Cecilia. Marta S. Marta V. e Moisés (1ESO)

El fuego Ay, qué curioso elemento es el fuego que su rojo intenso calor derrama ardiendo con esa preciosa llama y me causa gran desasosiego, gran desgracia que ha de sufrir el ciego ya que en braille no se siente su flama que es tan elegante como una dama por eso se le tiene tanto apego. Pero aunque su hermosura sea tal puede causar un inmenso dolor que hasta llega a resultar infernal. Pues arrasa todo su calor y tiene una fuerza tan colosal que a mí me resulta conmovedor. Lola e Uxía (2ESO)

El mar azul, inmenso y profundo rompe con furia su espuma en la arena, mientras paseo con calma serena, contemplando la grandeza del mundo.

Después de multar y subir impuestos Jodiendo a España y buscando escaños, Mangando los fondos hace años, Hasta a los pobres suben los presupuestos.

El mar que es tan hermoso y tan fecundo de plenitud y hermosura me llena, olvido mi soledad y mi pena, renace mi corazón moribundo.

Amigos siendo estafados por estos, No por serlos conocen los engaños. Y no saben todo tipo de amaños, Ya tomados por los poco honestos.

El sol que va cayendo lentamente apaga su luz en la inmensidad ocupa todo mi ser y mi mente,

Contando lecciones de “su” política, Hundiendo el valor a nuestro dinero, Al pueblo ha tomar reprimenda crítica.

la luna que asoma en la oscuridad trae una nueva noche dulcemente y en las estrellas, mi felicidad. Iago Miguéns (1ESO)

Restar los fondos hasta quedar cero, Llama política de forma impolítica, Ya está robando, en vez de ser sincero. Carlos e Manuel (2ESO)

El soneto de 1ºT Clase maldita la suelen llamar Son los nervios de primero nada más Eso dicen los nuevos ya verás Los de guardia no se quieren asomar.

Mar herido Monstruo gris que se eleva en vendaval, horizonte azul cuando está calmado, mar siempre de plástico inundado por veneno es enfermo terminal.

Su frase favorita os voy a contar Ellos no dudan en decirla jamás “Con tu amiguito Neiro vas a charlar, cambia y a su despacho no volverás”.

Lágrimas brotan del charco de sal y el nivel del mar sube demasiado ahora es quien sufre lo contaminado, mas nos clavamos el mismo puñal.

Si lograses escapar del “barullo” Intacto y sin heridas de más Podrás dormir en paz y con orgullo.

Cuando está en calma se mantiene a raya, pero siempre ahogado en plástico se halla.

“Y todo crees que son pegas”, me dirás Pensando rascándome el bandullo no se me ha ocurrido nada más. Micael Gómez (1ESO)

Mientras su herida basura derrama, esa que inunda el campo de batalla, “que se detenga” esa hemorragia clama. Andrea Freire (2ESO)

con la tormenta se levanta y brama,


O XARDINEIRO DOS INGLESES

O xardineiro dos ingleses ( M a r c o s C a l vei ro)

Con motivo dos Premios San Clemente deste ano, algúns alumnos e alumnas lemos a novela gañadora na categoría de escrita en galego, O xardineiro dos ingleses. O seu autor é Marcos Calveiro, un avogado, hostaleiro e escritor nado no 1968 en Vilagarcía de Arousa e que destaca na literatura infantil-xuvenil. A obra está estruturada alternando dúas historias diferentes que ocorren en épocas distintas na mesma vila, Vilagarcía. Por unha banda, nárrase a historia de como un novelista galego, no presente s.XXI, intenta achar as bases históricas para escribir o seu novo proxecto; mentres, por outra, preséntasenos o que agochan as páxinas da nova novela dese escritor, unha historia acontecida durante as primeiras décadas do século XX. Con ela asistimos, en calidade de espectadores, ás tres guerras ocorridas neses anos, por orde cronolóxica: a Primeira Guerra Mundial, a Guerra Civil española, e o comezo da Segunda Guerra Mundial, dende a experiencia do día a día de Delia Cores, unha muller labrega nova e solteira.

A pesar de que, nun comezo pode parecer algo extensa, non o é se temos en conta a sinxeleza coa que se le grazas á súa intriga, aínda que, debo admitir, as primeiras páxinas fanse un pouco pesadas, pois o lector aínda non sabe de que trata a historia e custa atoparlle o sentido, pero esa primeira impresión esquécese en canto se empeza a narrar o acontecido no século XX, a vida de Delia. Sen dúbida, é unha novela que che fai sentir de verdade, posto que xa ao principio se nos mostra a dureza da vida da protagonista. Segundo vai avanzando o tempo, o lector vai sufrindo con ela as crueldades que ten que soportar, as adversidades ás que se enfronta, a percepción da perda da esperanza, e, no remate, as atrocidades cometidas polos militares durante a Guerra Civil. A todo iso, hai que sumarlle que ela é unha muller que vive a transición dende unha época na que se empezaban a percibir algúns signos da igualdade, os que a República proclamaba, ata a represión vivida durante a ditadura, e o pouco valor que tiña a voz feminina nela.

É bastante duro ler sobre a situación que se vivía por aquel entón, tanto en Galicia como no resto de España, cunha mentalidade baseada na cobiza, no abuso de poder por parte dos ricos e dos militares e na falta de dereitos para a muller, pero tamén é necesario coñecela. Porque estudando o que aparece nos nosos libros de historia, meros datos obxectivos, non somos quen de facernos unha idea real de como se vivía. Para iso precisamos da lectura de verdadeiros testemuños, e non precisamente dos poucos privilexiados que había, senón da xente do pobo que, como ben se di no libro, aínda no día de hoxe ten medo a pronunciar en voz alta o que sufriron tanto eles como a xente que os rodeaba. Este libro, coa axuda dunha boa documentación, encárgase de instruirnos a todos para que, nun futuro, antes de caer no mesmo erro outra vez, nos poñamos na pel dos represaliados.

Carlota Carrillo Gómez (1ºBAC)

21


L

22

CIENCIA

Coñecendo o CIQUS

Un ano máis, 1º e 2º de Bacharelato fixemos unha visita moi interesante ao CIQUS (Centro Singular d e I nv e st i ga c i ó n e n Q u í m i ca B i o l óx i ca e Materiais Moleculares da USC), acompañados de profesorado de Física e Química e Bioloxía. Alí ensináronnos as súas i n sta l a c i ó n s e co m o traballan, ademais de explicarnos como funciona o mundo laboral e todos os pasos que teremos que seguir para facer carreira no mundo da ciencia. Logo, realizamos unha práctica de laboratorio na cal sintetizamos unha aspirina en po nas súas

O pasado 2 de abril, o alumnado de ciencias de 2º de Bacharelato acudiu ao Edificio CACTUS (Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico do Campus Terra da USC) que acolle, ademais, distintas infraestruturas de apoio á investigación e ao desenvolvemento tecnolóxico. A visita constou de dúas partes: en primeiro lugar

instalacións, o que nos fixo sentirnos como verdadeiros científicos. Para rematar, participamos nun concurso de preguntas sobre todo o que nos explicaran na visita e o grupo gañador levou coma agasallo unha cunca, aínda que, a dicir verdade, ao rematar todos os asistentes recibimos unha. Foi unha tarde moi agradable e, sobre todo, diferente. Silvia Ferro e Laura Sanluis (2ºBAC)

Visita ao CACTUS asistimos a unha charla sobre os fundamentos teóricos das distintas técnicas que alí se levan a cabo. Posteriormente visitamos as instalacións, coñecendo os profesionais que aplican a teoría á práctica. Quedamos moi satisfeitos xa que observamos que os estudos que se levan a cabo nas aulas poden ser aplicados á vida cotiá.

De feito, segundo nos explicaron, alí realizan probas para todo tipo de empresas que soliciten os seus servizos, tanto públicas como privadas, aínda que con distintas taxas, evidentemente. Tamén puidemos apreciar a calidade das técnicas que se desenvolven e os aparellos de última xeración que empregan.

Sara Martínez Álvaro Mosquera (2ºBAC)


CIENCIA

Achegándonos á física nuclear:

23

D o cora zó n d a m a ter i a a o i n t e r i o r d a s e s t r e l a s O pasado 19 de novembro, o alumnado do bacharelato c i e nt í f i co t i ve m o s a oportunidade de coñecer e achegarnos ao mundo da física nuclear, atómica e molecular grazas a Héctor Álvarez Pol, un membro do grupo GENP que se encarga do estudo das estruturas dos núcleos, detección do gas radón, eliminación de residuos radioactivos e as reaccións nucleares exóticas, que son de interese para a astrofísica. Ademais, aprendemos a verdadeira orixe do universo tras o Big Bang e como a partir de elementos pouco pesados e a través das reaccións e forzas que interveñen se obtiveron elementos pesados como o

chumbo e o ouro, entre outros. Ta m é n aprendemos que a física nuclear ten moitas funcións. Grazas a ela, existen métodos de diagnóstico médico, técnicas de radioterapia, pódense estudar obras de arte ou incluso aplícala na datación do Carbono 14. E non só isto. Comprendemos a importancia das investigacións e do coñecemento científico que nos axudan a desbotar todo aquilo que non é ciencia e, por tanto, non demostrable e tamén moitas funcións e coñecementos que nos achega a física que, para a maioría de nós, eran totalmente descoñecidos. Lucía Mareque Rey (1ºBAC)

En co nt r o c o n Mª J oséFarmacia A l on so da USC e ten publicados

Dna. Mª José Alonso Fernández, doutora en Farmacia, cun máster en Farmacoloxía e especializada en Nanotecnoloxía Farmacéutica, é una das mulleres máis influíntes hoxe en día no panorama científico galego. De tan importante compañía puidemos gozar o alumnado de 1º de Bacharelato e 4º da ESO o día 14 de febreiro. A recoñecida científica comezou co famoso refrán: “Non hai camiño, o camiño faise andando” para describir a súa forma de ver a vida, baseada en aproveitar as oportunidades que esta che dá. Contou como o seu camiño, que comezou nun pequeno pobo de León, chegou ata París e, dende alí, a EUA varias veces, chegando a traballar no MIT ou a participar na Bill and Melinda Gates Foundation. Na actualidade é catedrática da Facultade de

máis de 150 artigos científicos aínda que, como ela explicou, o máis importante non é o número de artigos senón a cantidade de persoas que fan referencia aos teus artigos. Mª José Alonso está considerada a investigadora máis influínte de España xa que é a científica cuxos traballos teñen maior impacto. A visita estivo enmarcada na celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia 2019 e, neste senso, ela insistiu moito no feito de que tanto un home coma unha muller poden chegar a ser número un e que para iso so fai falla constancia. Por último, queremos agradecer tanto a súa presenza coma a invitación a visitar o CIMUS (Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas) que ela dirixe. Alejandro Gómez e Asmita Rey (1º BAC)


LPoste

24

O B R A D O I R O D E T E AT R O

Van xa tres anos desde que me ocupo de dirixir a aula de teatro da ANPA Amor Ruibal no IES Pontepedriña, os cales valoro moi positivamente en moitos aspectos, tales como a relación de alumnos e alumnas cos que me fun atopando, as experiencias vividas e, sobre todo, o que aprendín. Xa que non só se trata de ensinar e que outros aprendan, ou cando menos intentalo, senón máis ben de compartir. E compartir, compartimos todos. Está claro que eu dirixo, levo o grupo de teatro e todo iso, pero comezar a traballar no mes de outubro con practicamente todos os alumnos e alumnas novos na materia con respecto ao ano anterior faiche reformular o xeito de levar a aula polas propias características da rapazada, tanto a nivel particular como grupal. Deseñas a programación, os obxectivos, as cuestións mínimas que hai que cumprir, pero atoparte con caras, actitudes, inquedanzas e experiencias novas fai que te vaias adaptando ao grupo e viceversa. Temos que ceder por ambas as dúas partes. Como xa contei noutras ocasións, a primeira parte do curso dedicámola a xogar, traballar dinámicas, desenvolver técnicas, empezar a coñecer que é iso do teatro pero, sobre todo, dedicámola a coñecernos: eu ao grupo, o grupo a min e o grupo entre si, porque aínda vindo dun mesmo centro educativo, ás veces non teñen relación entre eles e

Porteira es ti

elas por cuestións de idade, afeccións, prexuízos… Acadar isto dende o xogo e a diversión é moito máis fácil e sae o noso “eu” máis verdadeiro dun xeito máis natural, ou un anaco polo menos. Insisto en que esta parte do curso é marabillosa. Vas comprobando como se confirma, dende unha primeira impresión, o que pensabas de fulano ou como te trabucaches con fulana, ves como se forman máis ou menos afinidades… Todo isto, serve tamén para facer un bo reparto de papeis, un bo “casting”. Serve para elixir que obra nos iría máis ou menos ben ou quen pode facer determinado personaxe, porque o teatro é a vida representada nun escenario e as actrices e os actores son

persoas, son esa vida. Tamén é certo que moitas veces na maioría deste tipo de obradoiros, o reparto de papeis vese influído polas características do propio grupo, sobre todo en canto a número de homes e mulleres, idades... Este ano escollemos e adaptamos un texto chamado “Porteira es ti”, con 9 mulleres e un home. Trata sobre a violencia machista nun caso particular que un programa de TV utiliza como carnaza para os seus espectadores ávidos de morbo e prea. Aparecen dous escenarios: no primeiro, a dura historia de Toña; no segundo, a frivolidade dun programa “lixo, para audiencia lixo”. The show must go on! Fran Campos (monitor de teatro)


CASTELAO

O

25

l a r t s i x a m Castelao

día 27 de febreiro fun ver a exposición de Castelao que estivo dende novembro na Cidade da Cultura. Un guía explicounos datos totalmente descoñecidos para min, como por exemplo que Castelao tiña moi presente a importancia da escolarización nesa época, posto que daquela só era obrigatoria ata os nove anos. Por iso, quixo reflectilo nos seus cadros e nos seus debuxos, onde abordou o tema de diferentes xeitos, denunciando a carencia de mestres ou a resistencia destes a ensinar en galego (o que provocou certo rexeitamento cara ao ensino por parte do alumnado que se resistía a ir á escola). A súa denuncia consiste en transmitir

como era a educación daquela, xa que a meirande parte da poboación era analfabeta. Tamén intenta reivindicala non só para as clases altas, senón tamén para as máis desfavorecidas. O artista o que quería era un ensino galego, público e de calidade.

Por outra banda Castelao era, entre outras cousas, médico, aínda que el mesmo dicía que estudara medicina por amor a seu pai, pero que non exercía por amor á humanidade. Isto non é completamente certo xa que diversos estudos din que estivo un tempo dedicándose a esta profesión. Tamén foi profesor, escritor, debuxante e político. Nunha das súas obras máis importantes, Galicia Mártir, traducida a diversos idiomas como o chinés, denunciaba a

represión que estaba sufrindo Galicia. Ao final da exposición estaba a peza fundamental: A derradeira lección do mestre, un lenzo de dous metros de altura que pintou en 1945 no seu exilio na capital arxentina, e que nunca saíra daquel país ata o de agora. O morto que aparece retratado semella ser Alexandre Bóveda, político republicano e nacionalista fusilado en agosto do 36. Aínda que el non era mestre, aparece como símbolo de todos aqueles que mantiveron un comportamento exemplar ata o final, pagando coa propia vida as súas ensinanzas. Laura Fernández Caeiro (1ºBAC)


26

P

MULLER

ara conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, quixemos que o alumnado reflexionase sobre aquelas condutas que poderían considerarse machistas, co gallo de facer un vídeo-eneálogo a xeito de denuncia.

25 novembro O Dpto. de Filosofía animou o alumnado de Valores Éticos a levar a cabo unha dramatización que reflectía escenas da vida cotiá cun marcado carácter machista para poder amosar o apoio de toda a comunidade educativa á loita contra a violencia de xénero.

O último dos actos desenvolvidos no noso centro foi unha exposición de textos e un maratón de lectura. A ilustradora Carmen Navarro permitiunos empregar unha das súas obras na portada do vídeo que amosa toda a comunidade educativa que colaborou con esta actividade. Agardemos que nun futuro non moi lonxano non sexa preciso xa lembrar o 25 de novembro.


T

27

ras a exposición de mulleres no mundo da física para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e aproveitando parte do material audiovisual desenvolvido para o proxecto 21 Días co Galego e +, publicamos unha xeira de vídeos dedicados á figura da muller en distintos eidos: a muller na literatura, na arte e na música galegas.

A

8 marzo

chegamos, ademais, unha breve panorámica de grandes figuras no mundo do deporte cuxas xestas pasan habitualmente moi desapercibidas.

E como colofón á conmemoración do Día Internacional da Muller, tivemos a sorte de recibir á mellor futbolista do país, Verónica Boquete, quen animou ao alumnado a loitar polo que quere, deixando de lado os prexuízos.

A rapazada do noso centro sumouse á folga do 8M para reivindicar un futuro mellor!


LPoste

28

F O R O T E AT R O

Foro teatro O alumnado de 1º de FP Básica de Servizos Comerciais amosou as súas dotes artísticas no IES de Sar. A rapazada desenvolve un proxecto no que tiveron que crear dende cero unha obra teatral: acordar unha trama, un nó, un desenlace e todos os elementos auxiliares necesarios para a súa representación. A gran peculiaridade desta obra, dirixida por Ramón Molina, radica en que as persoas que a ven non son meros espectadores senón espectactores, é dicir, o público asistente é quen de participar e buscar posibles solucións aos conflitos representados no escenario, isto é, convértese en actores. A trama tratou sobre un grupo de amigos e de como a protagonista comeza a adquirir novos hábitos de lecer nocivos centrados no alcol e nas drogas, sobre as presións de grupo e as distintas vivencias que se poden dar no ámbito familiar e escolar. O bo desenvolvemento desta actividade fixo posible que a súa representación tivese lugar no salón de actos do IES de Sar. Tivo unha excelente acollida e o alumnado deste centro participou activamente como espectactores, analizando cada escena e achegando posibles solucións. O esforzo dos nosos mozos e mozas tivo o seu recoñecemento xa que así llo trasladou a Directora do IES de Sar, María Teresa Ruiz Serrano, á Dirección do IES da Pontepedriña: unha interpretación e comportamento exemplares. Á súa vez, o noso centro recoñeceu o seu labor, compromiso e esforzo convidando aos actores e actrices a gozar da pista de

patinaxe sobre xeo no mes de febreiro. Tempo despois, tivo lugar unha segunda representación no propio centro perante o alumnado de 4º ESO. Unha vez máis, a participación dos espectactores foi moi positiva. Para rematar gustaríame, como titor deste grupo, agradecerlle o compromiso e o esforzo dedicado para poder levar a cabo este proxecto. Grazas a quen o fixo posible: Alejandro Álvarez, Samuel Branduas, Ángela Iglesias, Jéssica Mejuto, Luis Piñeiro, José Ángel Oyoque e Jorge Villaverde. Iago Hortas Dacosta

Coordinado pola profesora Marta Míguez, o Mercadiño alumnado do CM de Actividades Comerciais organizou un mercadiño solidario onde se podía solidario atopar roupa de segunda man, complementos, bixutaría, material informático, cadros ou libros. Foi unha iniciativa solidaria cuxos beneficios foron integramente doados ao Refuxio de Animais de Bando.

Un ano máis, o IES Pontepedriña volveu participar nos obradoiros Enreguéifate! convocados polo Concello de Santiago de Compostela, cuxo obxectivo é apoiar e difundir a regueifa como forma de improvisación oral e contribuír á promoción do uso da lingua galega. Da man de Josinho da Teixeira e Sara Marchena, a rapazada de 1ºESO aprendeu a improvisar as súas propias copliñas de temática diversa e, sobre todo, pasou un bo anaco expresándose en galego. Se cadra alguén se anima a tomar a remuda. Longa vida á regueifa!


LINGUAS CLÁSICAS

29

CONCVRSO ODISEA 2019

Non era a primeira vez que participabamos no concurso de temática grecolatina da Odisea. Pero esta vez foi distinto e realmente apaixonante. Todo sucedeu no total dunha semana a comezos de febreiro. Coma en todas as súas edicións, o certame conta cun tema principal e neste ano foi: “A Ciencia e a tecnoloxía en Grecia e Roma”. A partir desta temática tiñamos que responder diferentes cuestións nun tempo limitado. As nosas fontes de busca para estas preguntas pouco sinxelas foron principalmente internet e algúns libros que nos prestou a nosa profesora de latín e grego, Gloria. Como xa mencionei antes, foi un asunto atarefado e que requiriu moita documentación sobre temas moi concretos que nin sequera coñeciamos. Pero, aínda así, acadamos un posto que nos permitía o acceso ás finais de Galicia. Na final demos resposta a todas as preguntas nun período de tempo récord, pero tivemos a mala sorte de nos equivocar en tres das solucións. A pesar de todo, chegamos ao 4º posto de toda Galicia entre máis de 300 grupos participantes. Sentímonos especialmente orgullosas de todo o traballo e documentación que fixemos. En definitiva, foi unha experiencia incribelmente grata. [PAULA ALFONSÍN SUÁREZ E CARLA PENAS PÁJARO, 1ºBAC, FORMARON EQUIPO NESTA EDICIÓN DO CONCURSO]

Así mesmo, Gloria Rodríguez (Dpto. Latín e Grego) e Viaxe Víctor Blanco a (Dpto. Música) levaron ao Mérida alumnado de linguas clásicas a coñecer a cidade estremeña de Mérida, onde visitaron o seu conxunto arqueolóxico declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Puideron admirar o legado romano en construcións tan maxestosas coma o Teatro, o Anfiteatro, o Circo, a Ponte sobre o Guadiana, os Acuedutos ou o Templo de Diana, entre outros.


30

V I A X E A I TA L I A

Vi a xe a I t alia Volvemos escoller Italia para desfrutar dos compañeiros, da gastronomía e, sobre todo, da arte e da cultura. Para nós é unha das mellores experiencias do curso e sempre estamos desexando que chegue o momento de marchar. Poñemos tanta ilusión que pasa voando e a volta faise algo dura: botamos de menos os xeados, andar a correr para non perder os trens nin as visitas, pasar todo o día camiñando e rindo e tamén a compañía. É algo así como sentir morriña desa semana que nos gustaría repetir unha vez cada mes. Os resultados foron moi positivos e nunca deixan de sorprendernos. Visitamos tres cidades en cinco días por terra, mar e aire. Saímos de Santiago o dous de abril e, despois dun voo

bastante tranquiliño e cargado de emocións, chegamos a Milán. Dirixímonos á estación central e un tren levounos a Florencia, ou como din alí, Firenze. Nada máis chegar, xa nos demos conta de que esta cidade ten un encanto especial e agradounos moito a Basílica da Santa Cruz e a estatua de Dante Alighieri. Asentámonos no hotel e saímos descubrir as prazas e as rúas pola noite. Ceamos a nosa primeira pizza italiana e deitámonos para coller forzas. Á mañá seguinte apuramos para ver o David de Michelangelo na Galería da Academia e logo armámonos de valor para subir a Cúpula de Brunelleschi, uns 470 chanzos cheos de aventuras e historias para contar, pero paga a pena pasar o esforzo ao observar as marabillosas vistas. En Santa María de Fiore coñecemos ao noso guía Maximiliano, un home peculiar que nos falou de toda a historia de Florencia e tamén nos levou ao Baptisterio, ao Ponte Vecchio, á Piazza della Signoria e á Fontana do Porcellino; o xabaril da sorte. Foi unha mañá moi interesante e rematámola comendo no restaurante Ciro and Sons, onde todo estaba riquísimo e nos trataron xenial. Pola tarde subimos ao Campanile de Giotto e camiñamos coñecendo máis cousas. Ao día seguinte volvemos madrugar e collemos o tren a Venecia, unha cidade que

nos espertaba moita curiosidade e que non nos decepcionou. Alí todo se transporta por auga. Collemos un vaporetto que nos levou polos canais e quedamos abraiados con tanta beleza. Aconteceunos de todo pero, ao final, conseguimos chegar a Piazza San Marco e visitar a catedral, algo inesquecible pois está chea de preciosos mosaicos. Tamén visitamos Rialto e unha librería na que construíron unha escaleira cos libros que se mollan cando soa a serea e se inunda a cidade, a famosa Aqualta. Tomamos un xeado e continuamos percorrendo as pontes e as casiñas polas distintas rúas estreitas e cheas de xente. Chegamos á estación todos mollados pola chuvia e, de novo, un tren levounos de volta a Florencia. Era a última noite alí e había que despedila como se merecía. Saímos dar un paseo e foi incrible. Pasamos a noite rindo e gozando do momento, estabamos todos moi felices. Pero tocaba ir a Milán e coñecer a cidade da moda. Aloxámonos nun hotel moi acolledor e puidemos comer


pasta feita directamente no lugar. Tras a comida, recolleunos unha guía que nos axudou moito e levounos ao Castelo Sforzesco, a coñecer a cidade e sobre todo á catedral, ás famosas galerías de Victor Emmanuel II e ao cuadrilátero da moda. Non podiamos crer o que estabamos vendo: alí soamente había luxo e cartos. Sentiámonos como famosos por estaren paseando por alí pero sen poder mercar nada. Aquí deixáronnos tempo libre e aproveitamos para entrar no maior número de tendas posible. Logo, xuntámonos todos fronte ao Teatro alla Scala e collemos o tranvía que nos deixou preto do hotel para cear. Estaba chegando a fin pero non o queriamos asumir. Ceamos no último piso, onde había unha terraza enorme chea de hamacas e bancos para ver a cidade dende as alturas. Vímola ben por última vez e logo baixamos ao karaoke e a unha sala a xogar ao futbolín e ao Twister. Ás 5 da

mañá decidimos ir ás habitacións a durmir un pouco e a asearnos. Pero ás 7 había que tomar o último almorzo, coller as maletas e dicir adeus a Italia, un país que nos acolleu por segunda vez e nos deixou enchernos de recordos que non esqueceremos xamais. Foi unha semana intensa pero, despois de durmir un anaco no avión, chegamos á casa cun sorriso difícil de quitar. Non podemos deixar de darlles as grazas ás profes, xa que sabemos que non foi fácil, pero sen elas nada sería posible. Finalmente, grazas por todas as fotos que nos sacaron, pola paciencia que tiveron e por facer que o grupo fose coma unha gran familia. Julia Feijoo Cacabelos (4ºESO) Ir de excursión e coñecer mundo agradécese moito, sobre todo cando somos tan novos e o miramos todo con ollos inexpertos e brillantes, cunha adoración pura e real que nos fai pensar que vale a pena vivir

e arquitectónicas que nos fan conter o alento e abrir ben os ollos con verdadeira admiración. Esta construción conta ademais cunha impresionante cúpula de 114,5 metros deseñada por Brunelleschi, a cal nos fai sentir moi pequenos ante a súa grandeza e as incribles vistas que nos brinda da cidade dende a súa cima. Esta catedral para min é maxia. Ten algo que te envolve, que te absorbe, algo que fai que non poidas deixar de mirala coa máis plena das fascinacións. Dá igual se vas de noite ou de día, se pasas unha ou cen veces por diante dela, porque sempre vai haber algún detalle no que non te fixaras antes. Ir a Florencia e pasear polas súas rúas molladas foi algo que recordarei toda a vida: o ambiente da cidade, as súas xentes e costumes, os seus


32

V I A X E A I TA L I A

segredos, a cultura, a arte, a historia… Florencia foi para min algo marabilloso, unha experiencia que nunca xamais esquecerei, algo que levo gravado a lume nas miñas retinas e no meu corazón. María Crespo Cutrín, 4ºESO (IES Lamas de Abade) Cal foi a que máis che gustou das tres? Seguro que a moitos nos fixeron esta pregunta ao chegar á casa. A verdade é que é imposíbel elixir unha cidade: cada unha ten un encanto único que a diferencia do resto. A nosa viaxe comezou cun giro polas rúas da Florencia nocturna, pasando por sitios como a Piazza Della Signoria ou a Igrexa de Santa Croce. Á mañá seguinte, ben cedo, visitamos o David de Michelangelo na Galería da Academia. A escultura deixounos a todos abraiados, ao igual que as salas que están ao carón deste, cheas de bustos e cadros. Mais, sen dúbida, a mellor experiencia do día foi subir a cúpula da Catedral de Santa María dei Fiore,

dende onde puidemos contemplar unhas vistas espectaculares de toda a cidade. 463 foron as escaleiras que houbo que subir para chegar ao cumio. Ata o noso simpático guía tiña que parar a coller aire entre palabra e palabra nas súas explicacións. Tamén son salientables as pinturas do interior da cúpula. Este primeiro día (posiblemente o máis aproveitado), visitamos moitos outros sitios como o Palacio Pitti, Ponte Vecchio, ou a farmacia máis antiga de Europa. Fixemos vinte

quilómetros e chegamos á cama moi cansos. Ao día seguinte collemos un tren para chegar a Venecia. Foron dúas horas de viaxe que pasaron voando (en boa compañía todo se leva mellor). Que dicir dos seus canais, incribles!, e non cheiraban mal como moitos nos tiñan dito. Despois dunha viaxe en vaporetto, visitamos a Basílica de San Marcos, totalmente diferente ao Duomo de Florencia. O que máis me chamou a atención desta foi que por dentro está recuberta de mosaicos dourados practicamente na súa totalidade. Vaia traballo deberon de pasar! Quedei con ganas de visitar o Florian, a cafetaría máis antiga do mundo e de dar un paseo en góndola, pero así teño máis motivos para volver algún día a esta marabillosa cidade. O último día completo pasámolo en Milán. Primeiro unha guía ensinounos o Castello Sforzesco e, a continuación, a catedral, que conta con máis de 2000 estatuas na súa fachada e interior. O máis notábel desta cidade é a moda, o luxo e a gran cantidade de tendas de alta costura que hai (nas que entramos timidamente cando gozamos dun pouco de tempo libre). A última noite apenas durmimos e á maña seguinte cando collemos o voo de volta para Santiago, estabamos esgotadísimos. Foron uns días nos que o pasamos moi ben; aprendemos moito e fartámonos a comer gelato, pizzas e, por suposto, pasta. Dámoslles as grazas ás profesoras por facer posíbel esta excursión. Andrés Osorio Leyenda (3ºESO)


ANDORRA

Esquiando en Andorra

Nada máis volver das vacacións de Nadal e grazas ao departamento de Educación Física, o alumnado de 3º e 4º ESO e 1º de Bacharelato tiñamos programada unha viaxe a Andorra pola que levabamos esperando varios meses que se fixeron moi longos. Dende que se nos comentou a idea da viaxe, levamos a cabo diferentes actividades, algúns ata niveis extremos, para conseguir o diñeiro preciso e poder ir co mínimo presuposto posible. Vendemos desde rifas ata artigos de catálogo como cestas ou bombóns, que lle encantaron aos nosos compradores. Así foron pasando as semanas ata que chegou o momento de facer as maletas con toda a roupa da neve (tarefa ás veces interminábel) e, por fin, subir ao bus que, unhas 15 horas despois, nos deixaría no destino no que iamos pasar os seguintes seis días: os Pireneos. Como era de esperar, durante as primeiras horas da viaxe os ánimos estaban polas nubes: a xente movíase, falaba, xogaba e cantaba. Pero a medida que foron discorrendo os minutos, este barullo comezou a disiparse progresivamente ata que caeu a noite e a algúns e algunhas entráronlle ganas de durmir. Todo hai que dicilo, poucos foron os afortunados que conseguiron atopar suficiente comodidade como para durmir máis de tres horas, xa sen contar que fosen seguidas. Pola mañá, unha vez todos cos ollos abertos, empezábanse a notar as ansias de chegar ao hotel, ou simplemente de saír ao exterior para estirar as pernas. Foi un traxecto longo pero arredor das once da mañá do día seguinte

estabamos deixando a nosa equipaxe na recepción do hotel, e dispoñéndonos a subir de novo ao bus para ir buscar equipamento que iamos precisar ao día seguinte. Acomodámonos no hotel e saímos dar unha volta pola cidade, como primeiro contacto coa mesma. Finalmente, volvemos ao aloxamento e descansamos para prepararnos para o día seguinte. Erguémonos moi cedo e, inmediatamente, vestímonos coa roupa de neve, almorzamos e subimos á montaña. Foi a primeira vez que algúns vían neve ou esquiaban. Fixemos grupos segundo o nivel que tiñamos e a cada grupo foille asignado un monitor. Aqueles que nunca esquiaran, ao comezo estaban menos confiados, pero a medida que ían facendo progresos, tamén ían collendo seguridade e pouco a pouco fixeron cousas máis difíciles e baixaron pendentes máis complicadas. A primeira sesión foi intensa e acabamos famentos, pero pasámolo realmente ben. Cada mañá e cada tarde aproveitabamos para mellorar esquiando e investigar novas pistas aptas para cada un de nós. Despois, normalmente, iamos ao centro para mercar, camiñar e, sobre todo, descansar e facer máis piña cos compañeiros e compañeiras. Houbo un día no que a rutina cambiou, xa que fomos a Caldea, un balneario moi grande que estaba cheo de rapazada doutros institutos. Era moi luxoso, posto que tiña unha parte que daba ao exterior e moi agradable, porque fóra estaban a uns 5º e dentro da auga a uns 25º.

33

Á parte disto, puidemos gozar de piscinas con diferente temperatura nas augas e mesmos asistimos a un espectáculo de luces. Todo o balneario se iluminaba de diferentes cores e varias fontes botaban auga con moita máis forza do habitual. Tras relaxarnos e desconectar durante unha hora e media, marchamos cara o hotel onde, por certo, parte do camiño tivémolo que facer a pé, xa que chegamos tarde ao bus e o condutor tivo que deixarnos nunha estación para cumprir co seu horario. O día seguinte era o último, así que aproveitamos as últimas horas de esquí para desfrutar ao máximo do pouco tempo que quedaba. Xa pola tarde, recollemos o equipamento e deixámolo na tenda onde nolo alugaran. Máis tarde, fomos ao hotel para recoller a nosas pertenzas e deixalas no bus . Xa dentro, despedímonos desta viaxe. A diferenza entre o comezo e o final foi evidente, xa que o sentimento non foi o mesmo. Sabiamos que non iamos volver ata o próximo ano e experimentamos unha sensación de desánimo e tristeza. Pasamos moito tempo durmindo no bus e, doce horas despois, chegamos a Santiago, tras facer varias paradas polo medio. A pesar de estar tantas horas nun bus, unha maioría pensamos en repetir o vindeiro curso. Todos queremos volver esquiar unha vez máis e desfrutar ao máximo, iso si, con máis días en Caldea! Lucia Fernández Caeiro (4ºESO)


34

CELANOVA

Tras os pasos dos poetas Despois dunha longa viaxe en bus, xa conseguiamos divisar o noso destino. Era un día caloroso e abafante pero, tras pór o primeiro pé nas tranquilas rúas de Celanova, encamiñámonos ao primeiro punto do noso percorrido, a Casa dos Poetas. As nosas visitas pola cidade ourensá estiveron guiadas por Paula Conde, quen conseguiu que entendésemos un chisco da extensa historia dos escritores Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro, con explicacións claras e sinxelas.

Pero non só estivemos na Casa dos Poetas, senón que tamén tivemos a magnífica sorte de poder ver o Mosteiro de San Salvador por dentro e ata a biblioteca. Esta constaba da mesma estrutura da súa construción. Máis tarde, despois dunha comida reparadora, dirixímonos á fin da nosa viaxe. Esta foi en Vilanova dos Infantes, un pobo medieval datado do século XIII, onde visitamos a súa torre. Dentro, puidemos observar a replica da Virxe de Cristal e escoitar a súa lenda en boca do noso guía, Aquilino. Xa rematado todo o percorrido e case exhaustos, volvemos a Santiago enchoupados de coñecemento. Paula Alfonsín Suárez (1ºBAC) Atopa as 8 diferenzas. (Solución na páx. 41)


Día do ADN

O ADN é moi importante para a vida e máis complexo do que imaxinabamos. Na xornada do día do ADN (25 de abril) tivemos oportunidade de coñecer a súa influenza na vida mediante varios discursos. Por parte de Ángel Carracedo (director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica) aprendemos os seus aspectos máis xerais: composición, mutacións, como mediante restos de ADN se pode identificar a unha persoa... D e s p o i s , J u l i o Ro d r í g u e z explicounos como a intolerancia á lactosa, lonxe de ser unha reacción anormal, é o máis común no ser humano e non ser intolerante é un exemplo dunha mutación positiva. Foi un pequeno paso na evolución que a xente que vive máis ao norte experimentou. Da man de dúas estudantes, Anabel López e Rita Quintás, coñecemos enfermidades que están relacionadas directamente coa herdanza xenética e outras que, a pesar de estar nos xenes, é o ambiente o que determinará se se desenvolverán ou non. Durante un obradoiro, observamos o ADN duns

DÍA DO ADN

35

amorodos. Mesturámolos con sal, existiu”, coordinada polos docentes para facilitar que as proteínas se Socorro Liste e José Manuel Facal, separasen do ADN, deterxente, este último do IES Lamas de Abade. para romper as graxas das membranas celulares, zume de piña, para romper as proteínas e alcohol para separar o ADN do resto da mestura e poder distinguilo. O resultado foi impresionante! Por último, visitamos con Alejandro Blanco os laboratorios do IDIS onde vimos as salas de pre-PCR e postPCR, unha técnica de duplicación do ADN. Alí observamos os aparellos que empregan e o seu funcionamento, así como a súa importancia para poder detectar posibles enfermidades. Foi un día moi completo e, dende logo, para o alumnado de bioloxía de 1º de Bacharelato, foi unha gran experiencia!

ENCIGA

Po r o u t ra b a n d a , o I ES Pontepedriña estivo dobremente representado no XXXI Congreso ENCIGA (Ensinantes de Ciencias de Galicia). Sofía Silva presentou a ponencia “O soño que nunca

Así mesmo, Cristina Díaz, Laura Fernández e Lois Morón (1ºBAC), titorados polo profesor de Bioloxía, Nicolás Lucas, amosaron o seu proxecto gañador de varios premios, algúns internacionais, “Despois do lume: incendios forestais e protección do solo”. Sofía Silva Carbajales (1ºBAC)


36

21 DÍAS CO GALEGO E +

21 días co galego e máis

O 14 de xaneiro comezamos unha aventura da man de Pilar Ponte, profesora de galego do IES da Pobra do Caramiñal, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e mesmo da Real Academia Galega. O proxecto foi desenvolvido por catro centros de ensino medio que representaban as provincias galegas: o IES Alonso Ríos de Tomiño (Pontevedra), o IES Francisco Daviña Rey de Monforte (Lugo), o IES Otero Pedrayo (Ourense) e nós, representando a provincia da Coruña. Ao longo de 21 días, o alumnado aceptou o reto de intentar falar galego en todos os ámbitos da súa vida, levando a cabo unha serie de gravacións nas que reflexionaba sobre este proceso. Ademais, cada un dos centros elaborou diversos materiais e tarefas que debían ser levadas a cabo polos participantes. Concretamente, o Pontepedriña propuxo catro temas para ser desenvolvidos pola rapazada: o feminismo e a linguaxe sexista, o emprego do galego na empresa, o dominio .gal e o teatro galego na actualidade.

Foi moi emocionante ver como toda a comunidade educativa traballou arreo para facer un bo papel no proxecto. As nosas conserxes Teresa e Vanesa deseñaron un estupendo photocall para a inauguración. Xabier Fdez e mais eu coordinamos e elaboramos materiais así coma os vídeos de presentación e despedida, xunto co noso cámara particular, Adrián Souto (1ºBAC). Javier Benito ocupouse da parte correspondente a economía. Mariló Lagarón contactou con Antón Lopo para o vídeo sobre o teatro. Anxa Novo asumiu a tarefa .gal e todo o departamento de Lingua Galega (Mariló Lagarón, Emilio Otero e Araceli Queiruga) levou o peso de recompilar e avaliar as tarefas e as reflexións do alumnado participante. Non vos podedes nin imaxinar todo o esforzo que conlevou 21 días co galego e +, ou se cadra si. As redes sociais, os xornais ou medios coma Nós TV foron un fervedoiro de comentarios positivos ao ver todas as achegas audiovisuais que produciu a rapazada e tamén o moito que se involucraron coa lingua galega. Mil grazas pola proba superada! Raquel Fernández Carril

Animado por Daniel Blanco (Dpto. Matemáticas), o alumnado de 1ºESO decidiu realizar unha enquisa que recollese o nivel de impacto que xerou este proxecto no noso centro. Tras analizar a mostra, tiraron as seguintes conclusións principais: a) O uso do galego cos familiares aumentou tras o proxecto.

b) Emprégase máis o galego cos compañeiros.


c) A presenza do galego nas redes sociais aumentou debido a que o empregan máis ca antes.

En definitiva, 21 días co galego e + supuxo, en xeral, un novo pulo para o emprego da nosa lingua no centro e tamén coas súas familias, quen contribuíron decisivamente ao seu éxito. Isto vese reflectido na seguinte escolma de reflexións levadas a cabo pola propia rapazada: “Na última semana, xa falaba galego todo o tempo, incluso coas contadas persoas que se dirixían a min en castelán” (Elena, 2ºESO) “Conseguín

deixar

algúns

castelanismos, xa que me paro a pensar máis no que digo, e o de falar cos meus compañeiros en galego, conseguino con algúns.” (Xoana, 2ºESO) “Considero que as reflexións si foron útiles e non só polo feito de facelas, senón máis ben polas preguntas que plantexan. Como mínimo, eu ao meu redor notei que se armou moito debate, moitas discusións e é algo que eu só podo ver como algo positivo, xa que, independentemente de se o proxecto alcanzou ou non todos os seus obxectivos ou se grazas a isto máis xente falou en galego, como mínimo fixo que a xente se replantexase as cousas en canto á diglosia, en canto a ser galegofalante ou non, en canto ao uso da lingua, e remover conciencias é algo que eu vexo moi positivo.” (Celia, 3ºESO) “Ao longo destes 21 días, deime de conta que a xente da rúa e nos

comercios fala moito galego, pero que ao mesmo tempo, outra máis fala só castelán.” (Raquel, 2º ESO) “Para comezar a proposta os primeiros pasos que din foi comezar a falar o galego cos meus pais xa que eles, cos seus familiares e no traballo, sempre adoitan falar galego, pero comigo, por algunha estraña razón, sempre falaron en castelán e eu crieime en castelán. Entón dixen eu: Por que non vou falar galego con eles? E aquí estamos agora!” (Andrés, 3ºESO) “Pois eu a falar galego ata romper, porque este proxecto cóstanos moito e espero que sirva para algo, porque, se non, para que o facemos? (Iago, 1ºESO) “Conseguín o reto e mellorei a soltura ao falar galego. Aínda que non estou moi segura de se mellorei a miña fala”. (Andrea, 2ºESO)


L

38

CHRISTIAN YOUNG

En

gli

sh

sp

Nacín en Winston-Salem, Carolina do Norte (EUA). Estudei en Madrid pero levo catro anos vivindo en Galicia. Durante este tempo, visitei A Coruña, Lugo, Vigo, Ourense, Xinzo de Limia, Laza, Verín, Muxía, Fisterra, Noia, Muros... pero o meu lugar favorito é a Praia das Catedrais e tamén A Coruña. Se tivese que describir a miña experiencia neste país, diría que é emocionante, porque cada día é un reto. En canto a Santiago de Compostela, teño que dicir que odio a chuvia, pero podo aturala. O que máis me gusta é que, a pesar de ser unha cidade pequena, podes atopar xente de todo o mundo.

ok he en re!

Con respecto á gastronomía, gústame comer polbo, pero non fabada, xa que non me resulta agradable. Boto moito en falta os macarróns con queixo ao forno (baked macaroni and cheese) porque aquí non hai. Penso que os galegos e galegas sodes moi simpáticos pero, ao mesmo tempo, podedes resultar fríos. Axudades a calquera que o precise, pero leva moito tempo poder facer amizade con vós porque gardades moito as distancias. Porén, non sodes nada mesquiños. Simplemente, custa moito facerse amigos vosos porque mantedes as mesmas amizades dende a infancia. Non me importaría quedar máis tempo, pero teño que volver ao meu país porque xa levo aquí cinco anos. Irene García e Rebeca Göthlin (4º ESO)

O derradeiro libro de Emma Olsen

Se por algo destaca esta obra é por ser pouco entendida. De feito, como di a protagonista, a súa intención non é ser comprendida. Convértese así a novela nunha vía de escape para ela no modo de deixar atrás a súa vida. Nótase unha grande evolución nas personaxes de Clarissa e Emma. A primeira, descrita como a vertixe, comeza sendo unha rapaza perfecta coa intención de ser única, de sobresaír sobre os demais. As súas intencións de saír de Faith parecen claras, mais co tempo debilítanse. A morte está presente nos seus días e o que comezou coma un xogo de nenas transformouse nunha obsesión. A súa personalidade controladora convértea nunha persoa tóxica ata o punto de preferir poñerse en perigo que deixar a Emma casar con Bill. Os seus actos defínena como egoísta e manipuladora. O caso de Emma é totalmente diferente. Dende a súa infancia está con Clarissa e a súa dependencia dela é evidente.

Malia notar comportamentos manipuladores na rapaza, segue ao seu carón. As súas ganas de abandonar Faith son cada vez maiores, medran co paso do tempo. Tamén acaba por decatarse de como é a súa amiga e do seu afán de protagonismo, aínda que resulte xa demasiado tarde. O tema principal é a dependencia emocional: como unha persoa pode influír na vida doutra. O exemplo máis claro e extremo é o das protagonistas, pero para moitos pode pasar desapercibido porque nos nosos días é unha situación moi habitual, xa sexa ao nivel de Emma e Clarissa ou a outros rangos inferiores (modas, redes sociais). O caso é moi complexo, tanto para explicar o porque como para identificalo, posto que se tarda moito en decatarse da situación. Cómpre destacar o desgaste anímico que se sofre pola presión de estar sempre á altura das expectativas e cumprir os desexos da outra persoa.

Por outra banda, hai que destacar na súa adolescencia ao señor Montana, que chegou á súa vida de improviso. En grande parte, foron as súas charlas con el o que inconscientemente a fixeron madurar. Amosoulle o mundo da literatura, especialmente da poesía, axudándolle, así, a formar a Emma Olsen que coñecemos. É incrible pensar como un momento ou unha casualidade pode configurar a personalidade de cadaquén. Paula Vázquez Tato (1ºBAC)


PREMIOS SAN CLEMENTE

39

te n e m e l C n a io “S m e r P o d n Pa ra f i n a l i za r XXIV Edició osalía-ABANCA”un día certamente intenso, tivemos a ocasión de cear no R

Aqueles libros que l e m o s na xuventude, son os que recordaremos para toda a vida”, dixo Han Kang (a escritora gañadora deste premio na modalidade de novela estranxeira) ao recoller o galardón. Por iso, debemos dar as grazas aos que coordinan este evento dende hai 24 anos, que fan que o alumnado poida vivir unha experiencia única e fermosa. O Premio San Clemente é especial, diferente. O xurado é a propia rapazada, que asume a responsabilidade de seleccionar o mellor escritor do ano nas diversas categorías. Participan nel estudantes de todas as provincias, e mesmo de varios países europeos como Alemaña ou Rusia. Ademais, len as novelas uns 1000 alumnos santiagueses, que poderán asistir á entrega de premios. Coma outros anos, o evento dividiuse en dous días. O primeiro día pola mañá e mais o segundo, tiveron lugar os encontros do

alumnado cos escritores. Comezamos por Marcos Calveiro, un vilagarcián residente en Vigo, onde ten unha acolledora cafetería. Como el mesmo dixo, sometémolo a un terceiro grao cos milleiros de preguntas sobre a súa novela O xardineiro dos ingleses, un libro que ademais de mesturar realidade con ficción, combina o presente e o pasado dun xeito moi logrado. O seguinte foi o arxentino Pedro Mairal con La Uruguaya, unha novela que conta un día da vida do escritor ficticio Lucas, se cadra, un dos días máis relevantes da súa vida. O autor mostrouse esquivo ante algunha pregunta sobre ela, xa que había cousas que prefería deixar para a nosa imaxinación e non desvelar. Pola tarde, a entrega de premios foi bastante aturábel, pese ao que oiramos doutros anos.Léronse as decisión dos xurados, os seus compoñentes e diversos fragmentos das obras gañadoras nun formato bastante dinámico, que fixo que pasase o tempo voando. O mellor foi os discursos dos premiados que, malia ser improvisados, parecían ben preparados e moi acertados.

Hostal dos Reis Católicos. Non podo dicir que fose o mellor de todo, porque poder falar con tan bos escritores foi unha honra, pero unha boa comida era a mellor maneira de acabar, iso seguro! O último encontro foi o de Han Kang, quen mostra como cambia drasticamente a vida dunha muller ao decidir non volver a comer carne na novela La Vegetariana. Este foi algo diferente, xa que ao só falar en coreano, todas as preguntas e respostas tiñan que pasar antes pola súa tradutora. En resumo, aínda que coincidiu en época de exames e o tempo de estudo sempre é valioso, realmente mereceu a pena investilo para poder asistir a algo tan máxico coma os Premios San Clemente. Oxalá perduren por moitos anos, porque non hai moitas actividades así e deberiamos darlles máis recoñecemento. Nas dedicatorias dos libros que nos firmou, Pedro Mairal desexaba que nos gustase ese día tan especial (en referencia ao relato), e eu agradézolles a el, a Marcos, a Han e a toda a organización o marabilloso día co que nos agasallaron. Artur Vázquez Rego (1º BAC)


LPostñ

40

O PÓRTICO DA GLORIA

O IES Pontepedriña tamén pisou o Pórtico da Gloria O alumnado de 2ºESO do IES Pontepedriña fixemos unha visita a esta obra ben coñecida do Mestre Mateo. Todo o mundo coñecía o Pórtico da Gloria de escoitar falar del, pero dende o 2009 estivo baixo un manto pola restauración que se andaba a facer para recuperar as cores que tiña hai moitos séculos, trala súa construción. Durante moito tempo ninguén o puido ver ata que o 27 de xullo do ano pasado se abriu por primeira vez ao público. Dende aquela, a xente viaxou de todos os lugares para poder ver o Pórtico e ségueno facendo, aínda que agora a entrada xa non é gratuíta, para así recuperar os 6 millóns de euros utilizados na súa restauración. Non só son os turistas os que o visitan, senón que tamén os santiagueses queremos ver unha das marabillas da nosa cidade e, como non, o noso instituto non foi

excepción e planificou unha saída o 4 de abril. Ao chegar á catedral, guiáronnos por varias exposicións sobre a restauración ata chegar a unha gran sala onde estaban expostas antigas partes da Catedral de Santiago. Dividíronnos por clases e mentres que a miña, 2ºS, esperaba alí mirando aquelas esculturas tan bonitas, e algunha ata graciosa, os outros visitaron o Pórtico. Cando nos tocou, fomos tras a portada do Obradoiro. A guía púxose no medio e, mentres nós admirabamos aqueles enormes arcos, comezou a explicación: «Esta obra do século XII é románica. Na porta á dereita represéntase o xuízo final e o inferno e na esquerda o limbo e o purgatorio. Hai unha parte dedicada ao antigo testamento (á esquerda) onde están representados os profetas e outra

Alumnado de 4ºESO pintando a réplica do Pórtico da Gloria

profetas; e outra dedicada ao novo testamento (á dereita) onde vemos os apóstolos. Detrás da xamba central está o Santo dos Croques». En 5 minutos a explicación xa rematara, dando a impresión de que querían que marchásemos e, aínda por riba, non aprendemos nada novo porque, pensando que o necesitariamos saber para podermos seguir a explicación, Ana, a profesora de historia, o día antes xa nos contara a información xeral. En total, a visita durou como máximo 20 minutos cando debería ter durado uns 45 e tanto as profesoras coma nós non marchamos de todo contentos. Aínda así, a exposición foi moi interesante e paga a pena visitar o Pórtico con esas cores tan bonitas e tantos detalles que tiñan as esculturas. Andrea Freire Valiño (2ºESO)


BANDA DESEÑADA

SOLUCIÓN (Nicolás Díaz Platero. 4ºESO)

41


BANDA DESEÑADA



44

ORLA 2ยบA


ORLA 2ยบB 45


46

ORLA 2ยบC


ORLA 2ยบD 47


IES Pontepedriña Av. Amor Ruibal, 28 - 15702 Santiago de Compostela Tel.: 881 867 152 e 881 867 153 - Fax: 881 867 159 ies.pontepedrina@edu.xunta.es http://www.edu.xunta.es/centros/iespontepedrina http://endliespontepedrinha.blogspot.com.es/ Ies Pontepedriña Endl ENDLIESPontepedriña @EndliesP endliespontepedrinha


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.