Manifesto cidadán
MANIFESTO CIDADÁN POR UNHA DEMOCRACIA, SOLIDARIEDADE E IGUALDADE EUROPEA Para as eleccións europeas de 2014 Nós, a xente de Europa, por nacemento, por elección ou por circunstancias propias, cremos que a Unión Europea e os seus Estados Membros non souberon garantir o benestar dos seus cidadáns nin estar á altura dos retos globais e locais que sacudiron a Europa nos últimos cinco anos de crise. Cremos nunha Europa cun futuro en común pero sentimos que estamos a perder o control do noso destino. Máis que depender das fracturadas soberanías nacionais, o queremos é ser quen de actuar a nivel transnacional. Europa pode xogar un gran papel como espazo democrático, de solidariedade e igualdade, pero isto require cambios rápidos e radicais no actual sistema político e nas prioridades da Unión Europea. O 2014 ofreceranos un descanso despois dun pasado marcado pola crise perpetua. Elixirase un novo Parlamento Europeo e nomearase unha nova Comisión Europea. Un novo goberno debe ir acompañado dun novo compromiso cidadán. As democracias saudables sempre gozaron dunha participación dinámica, expresada a través da colaboración, do debate e da crítica. Neste espírito, desenvolvemos un Manifesto participativo transnacional como pacto entre as xentes de Europa e as estruturas gobernamentais. O Manifesto contén demandas políticas que se desenvolveron transnacionalmente a través dun proceso participativo, en toda Europa, que durou tres anos e no que participaron miles de persoas. O proceso consistiu en máis de 60 debates cidadáns, 12 foros transnacionais, 2 audiencias no Parlamento Europeo e unha ampla presenza nas rúas e prazas de Europa. Isto levou á formulación das propostas que van máis alá dos xogos nacionais de suma cero. As propostas desenvolvidas teñen en conta o contexto lexislativo e xurídico europeo co fin de proporcionar un proxecto político realista para unha posible Europa alternativa que non estivese directamente suxeita a nós. As cuestións tratadas non esgotan a multitude de problemas ós que facemos fronte, pero si
1
Manifesto cidadán por unha democracia, solidariedade e igualdade europea
reflicten as prioridades máis importantes polos diversos participantes deste proceso. No futuro, o Manifesto actualizarase regularmente para incluír as novas propostas que preocupan ós cidadáns. Este é un documento vivo que fai eco das demandas da xente. Pedimos ós cidadáns, ás organizacións e ós movementos sociais, involucrados neste tipo de problemas, que promovesen un proceso aberto e participativo da reforma europea. Pedimos ós políticos locais, nacionais e, en especial, ás eleccións europeas que asinasen as propostas deste Manifesto para incluílas nas súas campañas electorais e as promoveran durante o seu mandato. Os principios que emerxen das propostas específicas serán presentados primeiro de forma resumida e a continuación detallados como accións políticas individuais no apéndice. Europa enfróntase a unha crise económica, democrática e do medio. Nas últimas décadas, respondemos ós novos cambios sociais desenvolvendo o estado de benestar para construír institucións que teñen como fin consagrar a paz. As maiores crises nos son os desafíos ós que facemos fronte senón a falta de capacidade e lexitimidade europea para responder a estes. Os intereses creados aproveitan este bacío para monopolizar a esfera económica, o discurso público e o sentido de xustiza. Un dos signos máis visibles disto foi «a carreira cara o abismo» que creou unha competición interna entre traballadores e países. Isto tradúcese nun desemprego crónico, en precariedade e pobreza, aspectos que minan o valor do traballo. Isto debe substituírse por un sistema de benestar europeo que asegure unha serie de dereitos sociais e económicos que cubran as necesidades básicas da xente, como o desemprego e as pensións, un salario mínimo e unha renda básica, a pesar das circunstancias e do lugar de residencia. Isto require unha política fiscal común e equitativa que acabe coa competencia fiscal para beneficio das grandes empresas. Rexeitamos ver os nosos dereitos sociais e económicos minguados mentres se mobilizaron grandes cantidades de
2
Manifesto cidadán
diñeiro para salvar un sistema financeiro quebrado. Europa debe comezar a botar o freo ós rescates financeiros e reestruturar a industria bancaria para que volva ás súas funcións sociais orixinais de salvagardar os aforros da xente e de financiar ás pequenas e medianas empresas. Por exemplo, un imposto europeo sobre as transaccións financeiras estimularía máis formas responsables de comercio e inversión. Debemos rexeitar a chantaxe dos mercados financeiros a través dunha mutilación das débedas que inclúa un mecanismo de última instancia e que sirva para cancelar a insostible débeda soberana sen prexuízo das garantías sociais mínimas. Europa precisa unha nova política económica integrada que promova o pleno emprego creando traballos dignos e ben remunerados, que sexa menos dependente dos combustibles de carbono e que non precise de acordos comerciais inxustos cos países que non forman parte da Unión. A Unión Europea é a maior economía do mundo e as decisións coordenadas e ambiciosas que se toman sobre o seu funcionamento poden xerar un impacto real mundial respecto á protección do medio, á promoción do traballo digno, á xustiza global nas relacións de mercado e ó pasar dunha sociedade consumista de competencia a unha economía de colaboración e reparto. O Mercado Común espallou as nosas liberdades pero o seu funcionamento actual deu ás poderosas empresas máis oportunidades de evadir as súas responsabilidades sociais no pago de impostos. Os grupos de delincuencia organizada utilizaron os baleiros das regulamentacións para maximizar as súas actividades criminais máis alá das fronteiras. A UE debe loitar contra os paraísos fiscais e debe ter as facultades necesarias para confiscar os activos adquiridos de forma ilegal e volver promover o seu uso social. A democracia en Europa está en crise, o número de votantes e partidos políticos está en continuo declive. A xente síntese incapaz de promover un cambio a través dos actuais mecanismos institucionais, especialmente a nivel europeo. Isto é polo que precisamos transformar radicalmente as estruturas democráticas da UE, por exemplo, creando un goberno europeo elixido polo seu electorado, garantindo a totalidade dos poderes lexislativos ó Parlamento Europeo e introducindo listas transnacionais para as eleccións europeas.
3
Manifesto cidadán por unha democracia, solidariedade e igualdade europea
Precisamos ampliar o proceso de toma de decisións a toda a sociedade civil e deixar votar ós residentes de longa duración nas eleccións europeas. Solicitamos ferramentas sinxelas e efectivas que permitan o cambio, melloren a Iniciativa Cidadá Europea e nos permitan a auditoría do uso do diñeiro público. Para pór en marcha este proceso de reforma radical, propoñemos unha Convención Europea onde cidadáns e políticos se unan para desenvolver unha nova arquitectura democrática. Calquera sistema democrático necesita liberdade de prensa e pluralismo. En principio, isto garántese en Europa pero non sempre se respecta, algunhas voces exclúense do debate público. Necesitamos organismos reguladores independentes que garantan a transparencia da propiedade e unhas normas claras fronte a concentración dos medios. Pedimos un investimento substancial nos medios públicos independentes e na rede como espazo de libre acceso. Tamén pedimos a protección da intimidade persoal, que non debe estar suxeita á vixilancia das empresas ou do Estado, e o investimento substancial na alfabetización dos medios. O futuro que desexa a xente de Europa require unha redistribución tanxible do poder. Democracia en Europa debe significar que as decisións son tomadas por todos e para todos, non por algúns para o beneficio duns poucos. Apelamos á UE para que colla o mando e cree estímulos para unha acción sostible a longo prazo e así afronte os problemas comúns. A redistribución do poder require que ninguén sexa discriminado no gozo dos recursos comúns esenciais para vivir. Os mozos vivirán co recordo do grave dano causado cando se incentiva unha competencia incomprensible e irresponsable. A UE debe actuar para garantir o acceso ós bens comúns, coma a auga potable, xa que son esenciais para gozar dos dereitos básicos. Europa ten unha oportunidade única para traballar e reconducir a maior economía mundial de forma limpa e sostible. Debe guiar a transición enerxética dende o destrutible ata a obtención de fontes limpas e renovables. A redistribución do poder enerxético esixe que as accións privadas, que ocasionan un impacto no medio, estean suxeitas ó consentimento dos residentes en Europa,
4
Manifesto cidadán
xa que son os que dependen dese medio. A UE debe cumprir o principio de precaución cando os cidadáns detecten os graves riscos do medio. A crise afectou, sobre todo, ós grupos menos avantaxados: ós emigrantes, ás mulleres, ós expatriados, ó colectivo LGBT e ás persoas de etnia xitana. A todos eles restrinxíuselles ou negóuselles o acceso ós dereitos fundamentais, ós servizos sociais básicos, ós bens comúns e á participación política. É urxente que a UE poña en práctica o lema «unidade na diversidade» e permita que tódolos residentes e cidadáns sexan os protagonistas do cambio a nivel europeo e gocen dunha protección adecuada na igualdade de acceso ós dereitos fundamentais, independentemente do seu sexo, da súa identidade e expresión de xénero, da súa orientación sexual, dos seus antecedentes sociais ou étnicos ou do seu lugar de orixe. De maneira concreta, en tempos de crise, a UE ten que cumprir coa súa ambición de garantir a protección dos dereitos humanos, non só dentro da Unión, senón máis alá das súas fronteiras. A Unión Europea debe asegurar que se respecten os dereitos humanos e culturais dos emigrantes que entran na UE, a xestión de fronteiras debe ser transparente e responsable. Débese excluír a detención administrativa como medida estándar e tamén ten que prohibirse, baixo calquera circunstancia, o arresto infantil. Co fin de garantir a dignidade dos emigrantes, estes deben estar provistos de dereitos laborais mentres están a espera dunha decisión administrativa de acordo coa súa condición de emigrantes. As deportacións non deberían provocar a separación das familias. Ademais, a experiencia dos emigrantes e a súa capacidade intelectual deben ser consideradas tan válidas como calquera outro traballo que realicen. As mulleres foron afectadas, de maneira desproporcionada, pola crise e polos continuos ataques ás políticas sociais. A UE debe garantir os dereitos das mulleres e a igualdade de xénero, sobre todo, combatendo tódalas formas de violencia contra a muller e acabando coa brecha salarial de xénero. As crises son o caldo de cultivo para os discursos que utilizan o medo do «outro» para identificar ós chibos expiatorios. Os emigrantes e a xente de etnia xitana son
5
Manifesto cidadán por unha democracia, solidariedade e igualdade europea
os obxectivos máis habituais dos discursos e crimes de odio, de igual xeito que o colectivo LGBT, excluído polas súas diferenzas. Ser cidadán europeo non debe ser un concepto baleiro nin tampouco debe permitir que existan cidadáns de primeira ou segunda clase. Todos deben gozar dos beneficios que se derivan disto, como a liberdade de movemento ou residencia na UE e a portabilidade dos dereitos. Non se debe privar ó colectivo LGBT da súa liberdade de movemento pola súa identidade de xénero e expresión ou orientación sexual. Isto non quere dicir que se lles dean dereitos adicionais a algúns, senón que se asegure unha protección específica para os grupos menos avantaxados co fin de que todos teñan acceso ós mesmos dereitos. Se podemos xulgar ós países pola forma na que tratan ás minorías, entón a UE debería ser xulgada pola forma na que trata a xente de etnia xitana, probablemente o grupo transnacional máis grande do continente europeo e tamén un dos máis excluídos. O pobo xitano debe ser recoñecido como unha parte integral da sociedade europea e debe participar en tódolos debates políticos que lles afecten. A día de hoxe, Europa fai fronte a unha encrucillada. O rápido proceso de integración creou unha entidade política sen unha cidadanía activa capaz de influenciar no seu curso. Temos que ser os protagonistas deste cambio tan necesario e así transformar a Unión Europa nun espazo democrático e participativo. O tempo non está da nosa parte: o discurso euroescéptico e xenófobo espállase rapidamente a través do continente e corre o risco de ser un tema tratado con frecuencia nas institucións europeas. Debemos entender as próximas eleccións europeas como unha oportunidade para decidir o tipo de futuro que desexamos para a nosa sociedade, os políticos deben presentar propostas políticas ambiciosas e nos necesitamos suficiente forza para formar parte do cambio. A UE ten a oportunidade de estar á vangarda das reformas democráticas, proporcionando un novo modelo global de democracia representativa e participativa nunha sociedade
6
Manifesto cidadán
miltilingüe, multiétnica e multicultural que poida responder ós desafío locais e globais que precisan de respostas urxentes e primordiais. Europa amosou a súa capacidade de rexurdir das cinzas máis dunha vez e agora precisa reafirmarse como axencia de cambio. Agora ou nunca. www.citizenspact.eu
7