CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
Chega o mes de xuño e como cada curso, a hora de
mirar atrás e recordar os bos momentos que pasamos xuntos: as vivencias.
Despois deste tempo de darlle forma, tedes nas vosas mans o nº 17 da revista escolar “A Peneira”, coma sempre, feita grazas ao esforzo de toda a Comunidade Educativa do CEIP de Pazos. Queremos que sirva para manter viva a memoria, e cando pasen os anos sexa a testemuña que amose a nosa pequena-gran historia. Construímos o colexio coa achega de cada un dos seus membros, grandes e pequenos; e pouco a pouco vaise conformando a nosa familia escolar. Creamos un mapa que gustamos de protexer; un espazo físico coidado e mimado no que a todos nos guste traballar. Un ambiente cálido que procuramos non romper. Necesitamos que ese esforzo siga adiante e animámosvos a que entredes nestas páxinas e as recorrades co mesmo agarimo co que foron feitas.
3 MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN E POR LERNOS UN ANO MÁIS!
Os equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e Biblioteca
3
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
Limiar………………………………………………………………………………………………………………… Sumario……………………………………………………………………………………………………………. Celebramos o Samaín…………………………………………………………………………………….. Todos podemos participar……………………………………………………………………………. Cánto nos gusta o Nadal!.................................................................................. Día da Paz: “haikus” voando polo aire……………………………………………………….. Entroido: de cómo chegou a Pazos a Ilustración…………………………………….. Intercambio de poesía con outros centros da comarca………………………… Ilustramos poemas para “Cantera de poetas” de Juana Corsina…………. Romance da Lavandeira: actuación estelar no Día do Teatro………………. Unha peza de teatro……………………………………………………………………………………… X Certame de Poesía e Imaxe……………………………………………………………………… Novas de Chispa desde a Biblioteca • Para ti, de Xoán Farias……………………………………………………………………… • Agradecementos e equipo da Biblio……………………………………………….. • Comezamos!!! ………………………………………………………………………………………. • Outono na Biblio…………………………………………………………………………………. • Dereitos, Non Violencia e Paz…………………………………………………………. • Mulleres que contan…………………………………………………………………………… • Maletas e correspondencia………………………………………………………………. • Contacontos…………………………………………………………………………………………. • Buxainas e Educación Vial………………………………………………………………… • Día da Poesía e o Teatro…………………………………………………………………… • Letras Galegas: Uxío Novoneyra…………………………………………………….. • Xoán Farias………………………………………………………………………………………….. Viaxe a Cantabria…………………………………………………………………………………………… Adeus co corazón!!!............................................................................................ A ANPA do CEIP de Pazos conta………………………………………………………………… Un ano en imaxes……………………………………………………………………………………………. Sexto despedídese…………………………………………………………………………………………
4
3 4 5 7 8 10 12 16 20 21 22 24 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 42 44
CEIP de PAZOS
A Peneira
5
Xu単o 2010
CEIP de PAZOS
A Peneira
6
Xu単o 2010
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
Todo o alumnado que recibiu apoio de Audición e Linguaxe tivo este curso dúas mestras. Primeiro estivo a mestra Silvia ata o antroido e despois incorporouse Paula, a mestra especialista que rematou o curso cos alumnos e alumnas e que continuará no centro. A participación deste alumnado nas actividades do centro foi diversa. Aquí presentamos dous exemplos:
O noso alumno Alberto de 2º colaborou nas tarefas propostas na biblioteca do centro para festexar o Día da Poesía e do Teatro (27 de marzo). Xunto cos seus compañeiros/as recitou o poema O caracol. Foi o encargado de presentar o poema.
Este son eu, Isma, lendo o conto Medio elefante aos nenos e nenas pequenos da escola.
Ismael de 5º axudou á mestra Paula na hora de lectura dos xoves cos nenos e nenas de 3 e 4 anos de Educación Infantil.
7
CEIP de PAZOS
A Peneira
8
Xu単o 2010
CEIP de PAZOS
A Peneira
9
Xu単o 2010
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
O día 29 de xaneiro celebramos o
Na biblioteca poidemos visualizar un Power Point sobre o tema en inglés, comentado por alumnas de 5º curso. Tamén houbo recitado de poemas sobre a PAZ por parte dos alumnos e alumnas de inglés e de relixión. Como todos os anos elaborouse un libro colectivo sobre a PAZ e cada clase explicou o significado do traballo realizado.
10
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
Outra actividade consistiu en escribir mensaxes de PAZ en avións de papel. Formando un círculo, alumnos e profes lanzaron mensaxes que foron lidas en voz alta polos receptores das mesmas.
Finalmente cantamos todos xuntos
11
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
O Entroido empezou anotando ideas e ilusións nun pano de papel. Todo ocurría nun Restaurante de Ferrolterra a finais de decembro. En xaneiro e febreiro algo pasaba no colexio. A sala de mestres parecía un obradoiro de confección, cheo de costureiras e todo tipo de axudantes e ata aprendices. As ilusións que movían as máquinas de coser, cortaban e facían patróns , estaban convertindo as notas do pano de papel nunha realidade.
E chegou o día no que todas esas ideas se materializaron e as aulas se vestiron de Ilustración.
12
CEIP de PAZOS
A Peneira
TESTAMENTO DE TERCEIRO Testa, testa, testamento pra unificar o pensamento. Vamolo ler axiña pra poder comer sardiña, e xogar cos amigos no patio e con abrigos. Deíxolles ás de Infantil unha cociña e un mandil. Deíxolles aos de primeiro un xogo dos de terceiro. Para os de segundo un mapa sen rumbo. E aos rapaces de terceiro, de vacacións, un mes enteiro. Deíxolles aos de cuarto escondidos, moitos cartos ¡¡¡¡¡ E aos de quinto e sexto moitas fotos sen contexto. E agora…..máis polo miudo: Á faladora de Mixel un broche novo de papel. Ao calado de Xosé música para bailar. Á rápida Elisa Un moneco con moita risa. A Lucía, coletitas, unhas filloas quentiñas. A inqueda de Xana unha saia de pana. A Marta, a miudiña, un cinto pra sillita. A Dani, que é pouco traballador, A policía, que é o mellor. A Alina, a cantarina, unha bonita bailarina e a Rafa, o noso amor, moitos bicos e unha coliflor.
13
Xuño 2010
CEIP de PAZOS
A Peneira
TESTAMENTO DE CUARTO Eu son o Meco cabaleiro Cabaleiro da Ilustración, e ante o notario Don Chisqueiro paso a ler o testamento con moita ilusión. Para os de Infantil, que o pasan ben Déixolles un tarro de mel. Aos de Primeiro Xoguetes no trasteiro. Para os espelidos de Segundo Percorrer o mundo. Para os amigos de Terceiro Déixolles un gran pandeiro. Para os de cuarto Frechas e arco. Aos pintores de Quinto Acuarelas nun botiño. Para os maiores de Sexto que pasen ao instituto con éxito. E agora moita atención: A David Medín Déixolle un botín. A Pauliña delgadiña Déixolle unha boa comidiña. Para Andrea bolboreta Déixolle unha bicicleta. Para Fabio protestón un melón. Para Miriam espelida Unha boneca vestida. Déixolle á profe Feli Que trabilla un montón Amor nun caixón. E para os profes que aproben a todos a avaliación. Finalmente e para rematar Quero troula no meu funeral Viva o Entroido! Viva o Carnaval!
14
Xuño 2010
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
TESTAMENTO DE TERCEIRO CICLO Este meco peliqueiro, canso xa de tanto inverno, antes de quedar asado, cédenos o testamento.
Logo déixolles aos de quinto, para as orellas uns tapóns; e para sexto, esparadrapo, para zanxar a cuestión.
Uralitas con lunares , para o noso pavillón, que despois do temporal, quedou coma un coador.
E dos profes xa nin falo, moito me fan sufrir, vestíronme de peliqueiro, e parezo un pirulí.
O mellor curso, o de quinto, moito teñen que aguantar, que os de sexto nunca paran, un minuto de falar.
Déixolles, sen ningún remorso, un fermoso maniquí, para que practiquen todo o ano, e aprendan a me vestir.
E discreparán os de sexto!!, e quererán protestar!!, mira ti se son uns santos, que nunca os castigan por charlar.
Aí vai a despedida, aquí vén a derradeira; collédeme con cariño e botádeme á fogueira!!!
15
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, coincidindo co equinocio de primavera. Este ano varios colexios de Ferrolterra decidimos intercambiar poemas para celebralo. Porque nos gusta a poesía, porque nos gusta a primavera, porque as historias dos poemas fan que na nosa imaxinación revoen milleiros de bolboretas...
Aquí tedes os nosos poemas:
16
CEIP de PAZOS
A Peneira
17
Xu単o 2010
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
… E estes son alguns poemas da escolma do 2º e 3º ciclos.
18
CEIP de PAZOS
A Peneira
19
Xu単o 2010
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
…E tamén exercemos de creadores e ilustradores, participando na CANTERA DE POETAS de JUANA CORSINA.
20
CEIP de PAZOS
A Peneira
Era unha noite de lúa, era unha noite crara, eu pasaba polo río, de volta da muiñada.
Xuño 2010
Santa María te axude, e San Lorenzo te vaia, desparece a lavandeira coma fumeira espallada.
Topei unha lavandeira, que lavaba á par da iauga, ela lavaba no río, i unha cantiga cantaba.
Onde as sábanas tendera, poza de sangue deixara, era unha noite de lúa era unha noite crara.
Moza que ves do muíño, moza que ves pola estrada, axúdame a retorcere, miña sábana lavada.
Ai, la, la, la…
21
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
Narradora: Érase unha vez un castelo onde vivía un rei. Rei: ola! Chámome Felipe e son o rei de Lagolandia. Narradora: Unha raína. Raíña: ola! Chámome Carmela e son a raíña de Lagolandia. Narradora:e a súa filla a princesa. Princesa: ola!, chámome Iria e son a princesa de Lagolandia. Narradora: Iria estaba sempre, sempre xunto aos seus pais. Pero un día a foi
camiñar e pouco a pouco foise alonxando do castelo. Princesa: ai, la,la,la………. Narradora: De repente encontrouse diante dunha torre que parecía encantada. Pero a princesa que era moi valente dixo: Princesa: Eu no teño medo, vou entrar un ratiño e logo sairei. Hai alguén neste castelo? Narradora: Ao momento oiuse unha voz misteriosa que dicía: Diaño: quen se atreve a entrar na miña torre! Princesa: son eu, a princesa e Lagolandia. Diaño: Entón non te deixarei saír nunca máis. Narradora: De repente as portas cerráronse cunha incrible forza e fixeron un ruído tremendo. Diaño: Non sairás xamais da miña torre. Sairás se me das o teu trono.
22
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
Princesa: Nunca che darei o meu trono, malvado. Narradora: Pasaron tres interminables meses e a princesa aínda non volvera ao castelo. Raíña: Que lle pasaría á miña meniña? Narradora: Despois dunha semana os reis recibiron dúas cartas, unha era da princesa que dicía: Princesa: Non podo saír desta torre porque tenme presa un diaño. Narradora: A outra carta era dun príncipe que dicía: Príncipe: Vou ir salvar á princesa. Narradora: Entón o príncipe foi á torre encantada e atopouse co diaño. Príncipe: Maldito diaño. Voute matar. Narradora: O príncipe estivo pelexando co diaño ata que o deixou inconsciente. Entón sacou á princesa da gaiola. Xuntos volveron ao castelo. O rei e a raíña alegráronse moito. O príncipe casou coa princesa e foron moi felices.
Obriña orixinal dos nenos/as de 4º de E. Primaria.
23
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
Como anos anteriores, este curso tamén participamos nesta actividade promovida polo Concello de Ferrol e pola Coordinadora de Equipas de Normalización e Dinamización Lingüística. Temos que dar a Noraboa a todas e todos os ARTISTAS do colexio polas súas marabillosas obras que realizaron, especialmente aos nosos tres finalistas: Anxo Grandal Lama de E. Infantil, Ernesto Casero Jara de 2º de Primaria e Laura Sanjurjo López de 5º de Primaria que resultaron gañadores.
A miña sombra é pequena e sempre vai comigo, Pero qué facer con ela eu non o dou aprendido; É igualiña ca min, dos pes á cachola, E cando salto para a cama, salta ao meu carón coma tola. O máis sobranceiro dela é o xeito que ten de medrar; Non o fai coma os rapaces, pouco a pouco sen parar, Porque ás veces coma un balón de goma estira, E outras vólvese tan pequena que ninguén a mira. Robert Louis Stevenson (1850-1894)
Terra Lúa Terra Lúa esta tarde poñome as as de ouro e para o ceo como un meteoro marcho Terra Lúa Terra Lúa deixo a miña vella atmosfera deixo os mortos e a guerra ata outra. No ceo pespuntado de planetas soíño, enriba da lúa valeira rirei do mundo trosmeiro e dos homes que son coma bestas Terra Lúa Terra Lúa adeus miña vila, adeus meu corazón globo baldadiño de dor boa tarde. Boris Vian
24
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
O día cerra a reixa do seu xardín, lava os pés e pon o manto para recibir a súa amiga a noite. O crepúsculo avanza lentamente. Nos seus ombros hai manchas de sangue, nas súas mans unha rosa a punto de murchar. A alba avanza ruidosa, as súas mans abren o libro do tempo e o sol pasa as páxinas. No solpor o día rompe os seus espellos para prender o sono.
Ali Ahmad Said
E estas son as fotos de Anxo, Ernesto e Laura recollendo os premios: unha reprodución da súa obra e un conto de agasallo para cada un. “Vestida co arco da vella”, de Antón Cortizas, para Anxo; para Ernesto, “Desde o corazón da mazá”, de Xoán Farias; e para Laura, “O tolo da ría”, tamén de Xoán Farias.
NORABOAAAAA!
25
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
Hoxe atrévome a iniciar estas páxinas da biblioteca coa tradución dunhas das máis fermosas palabras que lin sobre a LECTURA. Con permiso:
C
olle un poema e súbeo, verso a verso, ata chegar á intención do poeta. Abre una novela e camíñaa, páxina a páxina, ata que te sintas parte das desventuras dun famento ou da fama do capitán que volveu das estrelas.
C
. Aí están as arga coas túas dúbidas e respostas das que dispón o home. Non son todas as que o home quixese, pero de momento é o que hai.
L
e, neno, enche as maletas, pero non por iso deixes de correr, choutar e rir, cantar e namorarte. A vida tamén é un bo libro e merece a pena lelo con ledicia.
26
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
Xa van catro anos desde que recibimos o PLAN DE MELLORA
DE BIBLIOTECAS ESCOLARES – PLAMBE. O traballo segue coa colaboración de todas e todos.
Desde a BIBLIOTECA, o noso agradecemento a todas e cada unha das persoas que cada día aportan o seu gran de area. Cada quen se recoñecerá cando falamos de… Forrar, restaurar, acuñar, catalogar, etiquetar e ordear libros; contar un conto aos máis pequenos e aos máis grandes un conto contar; falar dun libro que interesou, pedir un libro que interesa ou aconsellar un libro que debe estar; ofrecer axuda, sorrir cando entras, e falar baixo cando estás; amañar o enchufe, amañar o cable, ou o enchufe, o cable e a conexión a Internet cando fallan os tres; explicar, compartir e ensinar; quitar as chinchetas do cortizo cando xa acabou “a exposición” e colocalas cando vai empezar; apoiar cando os folgos fallan e preguntar ¿como vas?; ler, comentar e contaxiar…
Grazas a este equipo, tamén polos seus recreos.
27
A Peneira
CEIP de PAZOS
Xuño 2010
Este curso fixemos moitas actividades. Invitámosvos a facer un repaso.
PRESENTACIÓN DE CHISPA E DE ROI NA BIBLIOTECA PARA OS MÁIS PEQUENOS COA AXUDA DOS MAIORES
PRESENTACIÓN NO TEATRO JOFRE: “AMANCIO AMIGO E O MEIGO DE SALMANCA”
28
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
… e continuamos con algunas actividades no outono
FESTA DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: FANTASMAS CON PINZAS NOS CONTACONTOS ”A FANTASMA DE CANTERVILLE “ E “A FANTASMA SOLITARIA”
ILUSTRACIÓNS DOS POEMAS E LECTURA DOS RELATOS CURTOS DE MEDO.
29
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
Tamén celebramos días importantes que nos axudan a recordar a importancia da convivencia como os Dereitos Humanos, os Dereitos dos nenos, Contra a violencia de xénero e o Día da Paz
30
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
Contamos coa colaboración das familias para contar contos na semana do Día da Muller Traballadora
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA: AS MULLERES ESCRIBEN AS MULLERES ILUSTRAN AS MULLERES CONTAN AS MULLERES LEN CONTACONTOS A CARGO DAS NAIS e AVOA
31
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
Este curso envieivos moitas cartas e a maleta con libros, e libros, e libros…
A MALETA DE CHISPA CHEGA Á BIBLIOTECA E ÁS AULAS CON NOVIDADES QUE NOS TRAE PARA LER.
32
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
Houbo moitos outros contacontos, actividades e visitas interesantes.
ACHEGÁNDONOS A LUÍS SEOANE
VISITA DO CONTACONTOS MANÚ TOMÁS “CONSORCIO EDITORIAL”
VISITA DE JUANA CORSINA
CONTACONTOS LSE: “LIDIA Y YO PONEMOS LA MESA” E “MARCI E CIANO, DOS NIÑOS MARCIANOS”
ACOLLIDA DA EXPOSICIÓN ITINERANTE “FERROL EN FEMININO” E PRESENTACIÓN DO LIBRO
33
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
Houbo outras moitas actividades no presente curso, pero só podemos poñer algunha ca outra mostra, como estas dúas. EXPOSICIÓN LIBROS e CELEBRACIÓN DO DÍA DA BUXAINA
SESIÓN DE ANIMACIÓN: POEMA “ATENCIÓN POLA ESTRADA”, da profe FELI e ACTIVIDADE LÚDICA DE EDUCACIÓN VIAL COA AXUDA DOS MAIORES
34
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
Entre todas as actividades tamén temos que destacar a celebración do Día da Poesía e o Teatro. Todos os cursos traballaron moito e así puidemos escoitar cancións e poemas, cantares de cego; e ver teatro de monicreques e teatro lido… FELICIDADES MOZOS E MOZAS!
35
CEIP de PAZOS
A Peneira
Uxío Novoneyra foi o escritor homenaxeado este ano polas Letras Galegas. Galegas Estas son fotos do noso festival.
LETRAS GALEGAS: PEGATINA LETRAS GALEGAS 2010 UXÍO NOVONEYRA – BIBLIOTECAS ESCOLARESESCOLARES CELEBRACIÓN: MÚSICA TRADICIONAL, TEATRO LIDO, TEATRO DE MONICREQUES…
36
Xuño 2010
A Peneira
CEIP de PAZOS
Xuño 2010
E por último queremos render a nosa homenaxe a un escritor que naceu aquí en Serantes hai 75 anos nada menos, o 31 de marzo de 1935. Este curso adicámolo á súa figura como recoñecemento ao seu labor.
Xoán
Farias
está
considerado como un dos pais da Literatura Infantil e Xuvenil moderna. Recibiu o I Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil, no ano 2005. O seu pai foi unha figura importante na súa vida; un home máxico que lle ensinou a ler demostrándolle que era divertido, aproveitando os días de chuvia e os de frío, aproveitándose dos seus aburrimentos para entretelo coas lecturas en voz alta.
“Eran dos placeres –di Xoán Farias- el de tener a mi padre para mí solo y el de oírlo leer aquellas cosas que me parecían imposibles y de alguna de las cuales surgieron mis mejores sueños, como el de ser grumete en un bergantín en busca del fin del Mundo, escapar en un globo por encima de las montañas o entrar por un agujero al centro de la tierra, al país de la impertinente reina de corazones.”
Hai case un mes tivemos a satisfacción de falar con Lourdes Huanqui, a súa muller, para comunicarlle a nosa intención de cambiar o nome da biblioteca. Sabemos por ela que acepta encantado; polo tanto o vindeiro curso pasará a chamarse
E nós encantados, e MÁIS… GRAZAS!!!
A Peneira
CEIP de PAZOS
Os
Xuño 2010
días 11, 12, 13 e 14 de maio
estivemos de excursión en Cantabria. Hai que recoñecer que o pasamos moi ben e que vimos sitios que nos encantaron. Estivemos en Cabárceno, nas covas de El Soplao, en Forestal Park, en Santander e na Neocueva de Altamira. O tempo non nos acompañou demasiado, e o primeiro día en Cabárceno acabamos “pingando” pero valeu a pena ver todos os animais que vimos. Algúns incluso estaban contentísimos con ese tempo; iso pasáballes, por exemplo aos OSOS, que nos estiveron facendo “OSADAS” todo o tempo. E senón, mirade esta foto:
Iuuuuu!! Aquííí!! Foto, por favor!!
Nas covas de El Soplao entramos abrigados porque nos avisaron que alí facía frío e había humidade, así que alá fomos, ao interior dunha das máis vistosas covas de Cantabria en canto a formacións de estalactitas e estalagmitas. En Forestal Park disfrutamos coma ananos; uns polos aires, e outros só mirando.
¿…?
En Altamira visitamos a Neocueva e tamén fixemos un obradoiro de Graffiti das cavernas. Creo que repetiriamos a viaxe, pero haberá que esperar un pouco.
38
A Peneira
CEIP de PAZOS
Xuño 2010
Coidade dos meus peques! Ata sempreeee!
Adeeeeuss chicas! Virei facervos moitas visitas!
Angeles Volveremos a vernos!
Ana Uns novos destinos esperan a Ana, Ángeles e Conchi, pero como marchan moi pertiño, alegrámonos por elas e desexámoslles moita sorte nos seus novos coles. Despois destes anos xuntos, botarémosvos de menos, moito; iso xa o sabedes, verdade? Esta seguirá a ser a vosa casa para cando queirades.
Conchi
Carmen e Lorena chegaron este ano pero tamén marchan, e non sabemos a onde… ¿volverán? Moitos bicos ás cinco e
39
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2010
a anpa do ceip de pazos
Sólo el que sabe es libre, y más libre el que más sabe... Sólo la cultura da libertad... No proclaméis la libertad de volar, sino dad alas; no la de pensar, sino dad pensamiento. La libertad que hay que dar al pueblo es la cultura. Miguel de Unamuno
40
CEIP de PAZOS
A Peneira
41
Xu単o 2010
Que recordo nos levaríamos? Ruby: Gustaríame recordar sempre como é o colexio onde pasei tantos anos. E insisto; levaríame unha pedra do patio e metereina nunha caixa. Alberto, Joni e Gloria: O que máis nos gustou foi a excursión de fin de curso. Repetiríamos todos os días. Nuria: Os compañeiros que tiven ao longo dos anos.