A PENEIRA, 2011 2012

Page 1



CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

! MJNJBS! ! ! Do obxectivo de contribuír á normalización da Lingua Galega na nosa comunidade escolar, presentámosvos unha nova edición da nosa revista “A Peneira” . Xa imos polo número dezanove.

Fste ano, o noso presuposto viuse moi mermado con respecto aos anteriores, tendo

que facer un reaxuste para poder seguir coa edición desta revista , que máis que nunca está feita con moito esforzo e empeño por parte de toda a comunidade educativa.

Oeste número ides atopar un pequeno resumo das actividades que fixemos no colexio ao longo deste curso 2011-2012: actividades complementarias e extraescolares, traballos feitos na biblioteca... Os principais protagonistas xa sabedes que son alumn@s de Infantil e Primaria, que esperan con moita ilusión ver reflexado o seu labor na revista.

!

Fsperamos que vos guste e que disfrutedes coa súa lectura; por suposto, estamos

abertos a tódalas posibles suxerencias que contribuan a mellorar a revista cara a edicións vindeiras.

Npjubt!hsb{bt!b!upept!f!upebt! ! qpmb!wptb!dpmbcpsbdjpo"! ! ! ! ! Os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e Biblioteca. !

! 3


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Limiar Samaín,Magosto e San Martiño Festival de Nadal Día da Paz Entroido Día da Poesía e Teatro Certame de Poesía e Imaxe Saídas do 1º ciclo Novas de Chispa Letras Galegas 2012: V.Paz Andrade Outras actividades Excursión a Manzaneda A ANPA do CEIP de Pazos Despedida dos de 6º de Primaria

4

Xuño 2012

3 5 7 10 11 14 16 17 18 28 30 33 34 36


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

Polo Samaín fixemos unha exposición con todas as cabazas decoradas.

Limos

contos de medo

que fixemos en cada curso.

E...Ríímonos moito coa canción dos esqueletes dos alumnos de 5º curso.

5


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Comimos castañas con leite,Mmmm! Que ricas estaban!

Este ano os alumnos de 6º prepararon unha degustación de froitos e productos típicos de Outono: uvas,noces,granadas,marmelo...

E...polo Sanmartiño bailamos e debuxamos peóns!

Pasámolo moi ben! 6

Xuño 2012


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

Rematamos o 2011 co tradicional Festival de Nadal.

Os nenos e nenas de Infantil 3-4 anos interpretando “El palacio de las vocales”.

Infantil 4-5 anos representando “Unha vella tiña un can”.

7


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

O grupo de 1º curso cantou “O abeto está baleiro”

Teatro: “Nadal no ceo”. Intérpretes: 2º curso.

8


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

Panxoliña: “Aló entre as pallas”. Cantan: 3º- 4º de Primaria.

Cunha obra de mimo, rematan o Festival os alumnos do 3º ciclo.

9


CEIP de Pazos

- A Peneira -

11 10

Xuño 2012


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

Na festa do Entroido

moitas cousas

trouxemos. O Meco mandaba e nós fixemos.

• “O primeiro día calcetíns ides traer”

Son o voso

• “O segundo día a cabeza cuberta

científico!!!

debemos ter” • “O terceiro día o pescozo quentiño imos manter” • “O cuarto,chepa ou bandullo” • “O quinto todo enriba quero ver” • “E todo isto ides cumprir se non de fariña vos vou cubrir”

E no festival a disfrutar das cousas que tiñamos pensado guindar.

11


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012 Aínda que son cega, vou adiviñar de que van disfrazados/as!!!

E para rematar e, moi ao noso pesar, o Meco debemos queimar, sen antes lle recitar os testamentos que nos ha deixar.

12


CEIP de Pazos Este é o testamento de 3º de Primaria

- A Peneira E aí vai o de 4º

Xuño 2012 E por último, o do 3º ciclo

Hoxe, catro de marzo, Pois aquí estou outro ano

festa de Entroido en Pazos,

Chegou o momento

animándovos a pensar

antes de me queimar,

do meu pasamento.

aí vai o meu testamento

ídesme escoitar.

Vaise o inverno

que dará moito que falar.

Aos de Infantil déixolles

e chegará o bo tempo.

Vou deixando aos de terceiro

unha campá tin tin.

Aos pequenos de infantil

uns agasallos peliqueiros

Para primeiro e segundo

que tan choromicas son,

para que disfruten como artistas

un canciño vagabundo.

déixolles cebola

bailes e moitas risas.

A terceiro e cuarto

para que choren mellor.

Para Ernesto, moi presto

un cabalo barato.

A este terceiro ciclo

un balón de baloncesto.

Déixolles aos de quinto

que comendo chicles sempre está,

Para Joan, moi galán

un coello dando un brinco.

recoméndolle algo de deporte

achégolle un bambán.

Para os de sexto, que se van,

que non lle virá nada mal.

A Olaya, que non para,

déixolles mel con pan.

Aos profes do colexio

déixolle a Abella Maya.

E agora moita atención:

que tan malvados son,

A Luis, que é moi pillín,

Para Marta pequeniña

unhas boas vacacións

déixolle un balancín.

unha fermosa casiña.

e un gran quilo de carbón.

Para César rebuldeiro,

A Dani, que non traballa

E para Xaime, Carme e Aurora

achégolle un pandeiro.

déixolle moita palla.

un saquiño de paciencia

E déixolle tamén a Alex,

Para Elisa

e unha dose de resistencia

un almorzo en Panes.

unha caixa de pizza.

para aguantarnos a cada hora.

A Aitana, ferrolana,

A Jose xoguetón

déixolle unha gran nana.

un gran balón.

Para Alberto, sempre esperto,

Para Xana traballadora

un caixón e outro cento.

unha lavadora.

Á profe Lola, que non está sola,

A Rafa moreniño

déixolle unha caracola.

un bonito libriño.

E ao resto dos seus profes

Para Michelle faladora

que están todo o curso con eles,

unha alfombra voadora.

déixolles moitos bicos.

A Lucía déixolle a miña fotografía. E por último para Feli moitos bicos e unha peli.

VIVA O ENTROIDO!!!

13


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

A semana do 21 ao 27 de marzo a comunidade educativa adicou varios momentos da xornada escolar a traballar sobre a POESÍA e o TEATRO. Como todos os anos e dado que aos nenos e nenas gústalles moito, continuamos coa elaboración de versos en HAI VERSOS PARA MIN?, con moita participación por parte de todos (mestres e alumnado). Tamén fíxose na entrada do centro unha exposición de libros de poesía e de teatro, animando a todos os cursos a utilizalos nas súas aulas ao longo de toda a semana. Aproveitáronse os traballos que fixeron de POESÍA E IMAXE para completar esta exposición, posto que todo estaba relacionado. O venres día 30 de marzo, a partir das 12:15 horas, celebrouse un pequeno festival na biblioteca, onde todos os cursos conmemoraron, coas súas actuacións, a poesía e o teatro. Actuaron nesta orde: Infantil 3 – 4 anos coa canción “Chimpún”. Infantil 4 – 5 anos coa poesía “Gato en el tejado”. 1º de primaria coa súa obra de teatro “Por fin, vacacións!”. 2º de primaria coa poesía “Estaba a mora”. 3º e 4º de primaria cos poemas “As catro estacións”. Alberto Souto (4º) e os nenos de 3º, 4º e 5º coas poesías de pictogramas e linguaxe de signos: “Me gusta” e “Mi cara”. 5º de primaria, un romance: “A pomba”. E 6º curso rematou cun poema: “El rey de papel”. Ao rematar as actuacións, os nenos e nenas de 6º repartiron a todos unhas figuriñas de papel, feitas por eles, dos personaxes do poema que representaron.

14


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

E aquí podedes ver algunhas fotos desta celebración:

NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL

ALUMNOS DE 1º CICLO

ALUMNOS DE 2º CICLO

NENOS DE 3º CICLO

TODOS CO NOSO AGASALLO 15


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

Un ano máis a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística convocou o certame Poesía e Imaxe “En Galego sen filtro”, que este ano xa vai pola 12ª edición. Os galardoados do noso colexio foron:

Lía Pérez Parga (Ed. Infantil-4 anos) coa súa ilustración sobre un poema en lingua galega de Álvaro Cunqueiro.

Sara Fernández Feal (3º de Ed.Primaria) coa súa ilustración dun poema de Katherine Mansfield en lingua inglesa.

Amor de auga lixeira, muiñeira. Amor de auga tardeira, ribeira. Amor de auga florida, cantiga. Amor de auga perdida, ña amiga.

O pequeño Cupido, canso dos días de inverno Choraba laiándose polo triste ceo ata que, pobre neno! Chorou por todos os ollos e medraron as violetas.

16


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

Visitamos o parque RAIÑA SOFÍA No mes de outubro, os alumnos de infantil e primeiro ciclo visitamos dentro do Parque Raiña Sofía, a Aula de Ecoloxía Urbana e as instalacións de Aquaciencia, que como xa sabedes é un xardín temático sobre a auga. Na aula de ecoloxía fixemos un obradoiro sobre reciclaxe e dentro do xardín descubrimos, mediante diferentes enxeños e xogos, moitas cousas sobre a auga.

XOGOS POPULARES NO CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO En xaneiro fomos á Capela. Mentres os maiores visitaban o Museo Etnográfico, os rapaces e rapazas de 1º e 2º estivemos no colexio desta vila onde teñen un centro de interpretación de xogos tradicionais, xogamos á corda, ás chapas, cos zancos, á pita cega... Pasámolo xenial !!!!

17


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

¡Aquí estou de novo!

Van pasando os cursos; os maiores recordaredes cando cheguei ao cole, ¿non si? Van seis anos, e continuamos xuntos. Invítovos a entrar nestas páxinas da BIBLIO XOÁN FARIAS!

Logo seguiron os contos do outono feitos nas plantillas das cabazas, claro!

PLAMBE, Plan de Mellora de

Bibliotecas Escolares: Seis anos de proxectos e memorias, de actividades, de obxectivos e de continua renovación. Coa vosa axuda, seguiremos un curso máis e todos os que queden por vir. No outono, coma cada ano, presentamos aos máis peques a Biblio, as súas normas, o seu funcionamento.

E o Día das Bibliotecas Escolares, que este ano celebramos o 24 de outubro. Os máis pequenos viron o audiovisual “A casa da miña avoa” e os maiores escoltaron “O monstro dos Ancares”, e á parte participaron no obradoiro: “Rotamos o conto”. A partir deste momento todos estabamos para subir á Biblioteca nos recreos ou para facer o empréstito e a devolción dos libros que cada semana levabamos para a casa.

18


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

Como cada ano, algúns alumnos

e alumnas maiores comprométeronse a formar parte do Equipo da Biblioteca. Axudan nos recreos, cumprindo o seu horario, a organizar os libros devoltos, a facer o empréstito dos que necesiten deste servizo fóra da hora de clase, a ordenar a Biblioteca e atender aos máis pequenos axundándolles a escoller un libro, contándolles un conto… ¿Qué fariamos sen o noso Equipo de maiores? ¡GRAZAS!

Chispa portouse este curso e, tal e como prometeu, enviou unhas cantas maletas con libros que foi mercando no seu “País dos libros”. Unha das mellores, a que nos deixou na porta da Biblio no mes de decembro. ¡¡¡Ata dous libros electrónicos!!!

19


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

Alumnado e profes contaron contos nos recreos. Ás veces convocaron a un gran número de público; outras contárono en baixiño, moi preto duns ollos abertos, abertos. Cada libro que lemos é un libro gañado. Logo, gañemos LIBROS!

¡FELICES LECTURAS!

Érase unha vez un ratiño…

20


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Máis recreos…

21

Xuño 2012


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

O BUBISHER comezou sendo un bibliobús que percorría as escolas cargado de libros e ilusións para nenos e adultos. Hoxe o BUBISHER xa ten o seu NIÑO.

O pasado xuño, xa rematadas as

O primeiro envío organizouse para o mes de decembro. Unha colaboradora viaxaría aos campamentos e levaría todos os nosos traballos. A estas alturas, o NIÑO DO BUBISHER xa era unha realidade. Unha Biblioteca de verdade, sen rodas; a primeira Biblioteca pública feita coa axuda e o esforzo de centos de colaboradores. Entón xurdiu unha nova e gran idea: ¿Por que non aproveitar a viaxe para enviar material escolar e un libro por cada colexio que se quixese apuntar?

clases, as mestras e mestres responsables das Bibliotecas das escolas e institutos públicos de Ferrolterra reunímonos co escritor Gonzalo Moure. A necesidade desa reunión xurdiu da idea de facer un traballo colaborativo inter-bibliotecas que cruzase España e chegase a terras africanas. Así naceu “Coñecernos para querernos” para once dos nosos centros e así comezou a aventura. O obxectivo principal estaba, mellor dito, está, dirixido aos nenos e nenas do ciclo superior, neste caso, en concreto, ao alumnado de 6º. Presentarnos e contarlles a nosa realidade a outros nenos da mesma idade, coas mesmas inquietudes, pero cunha cultura e unhas vivencias moi diferentes ás nosas.

¡101 libros de moitas bibliotecas escolares de toda Galicia viaxaron nesa caravana! O noso: “El misterio de Julia”

22


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

“unha palabra lanzada ao azar na mente, produce ondas superficiais e profundas, provoca unha serie infinda de reaccións en cadea implicando na súa caída sons e imaxes, analoxías e recordos, significados e soños…” O Bubisher cre que, do

mesmo xeito, un conto lanzado na mente dun neno que aínda non sabe ler produce ondas iguais de profundas, e tamén unha serie de reaccións que o empurran a pedir do mestre o acceso á lectura: a chave dos contos. E ese é o máis fermoso resultado do noso esforzo>> Gonzalo Moure Trenor

Érase esa misma vez un, dos, tres…cinco…ocho…11 centros escolares y una pequeña biblioteca a la que todos llamaban El Nido del Bubisher, concentrados en una de las regiones más inhóspitas del Planeta: La hamada. Allí, en aquel lugar que alguien denominó con acierto “el desierto del desierto” cientos de libros atraparon en sus páginas la mirada inquieta y expectante de una generación de niños a los que un día les robaron su mar y su paisaje, su tierra y su mapa, pero no sus deseos de crecer con todo el honor de ser los descendientes directos de los “hombres libro” y con toda la esperanza del regreso.

Este é o agradecemento que nas súas páxinas podemos ler:

Y entre libros, miradas, deseos y esperanzas, se fundieron ambas historias.

“101

Galicia y el campamento de refugiados de Smara se han encontrado dentro de las páginas de 101 libros primorosamente envueltos, en el interior de un enorme montón de cajas llenas de mensajes de cariño, en el contenido de sobres repletos de trabajos realizados, con mucho mimo y mucho esfuerzo. Y en un mensaje que todos deberíamos hacer nuestro:

<<Rodari

dicía

que

Érase una vez un, dos, tres… quince…cuarenta y cinco…ochenta….101 centros escolares, sembrados en una de las regiones más hermosas del Planeta: Galicia. Entre todos los tonos de verde imaginables, con balcones abiertos a un mar que de tan inmenso apenas se deja definir, guardando con mimo la voz de sus poetas y el recuerdo de su legendaria Historia en los muros de sus pazos y en los adoquines de sus calles, creció una generación de niños que, aupados por sus profesores, alzaron la mirada por encima de su realidad. Y más al sur del sur que ponía fin a su mapa, divisaron otros ojos que se abrían como platos ante las páginas de un libro. Y, entonces, comprendieron. Y, entonces, empezó todo.

CONOCERNOS PARA QUERERNOS Ha comenzado otro año. Mañana será otro hoy en el que lo importante no será el cambio de calendario, sino la magnífica lección de solidaridad que Galicia nos ha regalado.”

23


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Sempre estamos en débeda con

Xuño 2012

Por suposto que lemos o conto en seguida, pero temos pendente un encontro no que poder falar de Bruno, Alba, Cobre, Rose, Kome de Dekita Taiyo, Rámal, Océano... E da escola de todos eles: "Escola do Arco da vella", unha escola á que van nenos de diferentes países con peles de distintas tonalidades... Encantounos “Os amores de Bruno” ¡Grazas, Antón, e esperamos que nos poidamos ver moi, moi axiña!

Antón Cortizas; cada ano renovámola. Este curso sorprendeunos cunha visita e un agasallo inesperados. E é que Antón é así: bo e xeneroso. Un “toc-toc” na porta da clase e un “¿Está aquí Paula Cobo?” foron as chaves para entrar. ¡¡Haaa, haaa!! Seica é unha admiradora súa. Traía consigo libros para todo o alumnado do 3º ciclo: “Os amores de Bruno”. Hai que recoñecer que temos moita sorte de telo como amigo. Gústanos o que escribe e como o fai. É un poeta en prosa e en verso, coa sensibilidade das palabras que voan lixeiras e nos acariñan lenemente.

24


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

Baixo o título, “Lecturas de paseo”, presentámosvos unha actividade que encherá

todos os espazos do noso cole o vindeiro curso. Esta é un entrante…

25


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

Os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo esperaron na Biblioteca xunto ao resto do cole para poder coñecelo e saudalo. E resultou ser un encontro moi interesante xa que, polo que parece, Gonzalo Moure, engancha a grandes e pequenos. Despois dos primeiros minutos, o 2º e o 3º ciclos quedaron a soas co autor para disfrutar dos comentarios que nos facía sobre como escribiu cada un dos libros polos que nós lle preguntabamos.

Así se lles quedou a cara aos papas

de Malva cando os mandou para a cama para lerlles ¡un conto!

“Cama e conto” foi un dos moitos libros que ao longo de varias semanas estivemos a ler nas clases para preparar a visita de Gonzalo Moure. El foi o nexo entre o Bubisher e nós. E a el debémoslle a satisfacción de ter participado nesa experiencia. Desde que confirmaron que por fin, tras longos anos de intento, a tan esperada visita se produciría este curso, puxemos todos os motores a traballar. A Biblioteca cobrou novos folgos porque non contabamos con demasiado tempo: lecturas de libros en todos os niveis, ilustracións, marcapáxinas, traballos nas aulas, decorados na Biblioteca, e unha tremenda ilusión por coñecelo e compartir con el tantas cousas como iamos aprendendo nos seus libros: a vida, as relacións, os sentimentos, o amor aos animais, o Sáhara!

26


CEIP de Pazos

- A Peneira -

27

Xuño 2012


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

LETRAS GALEGAS 2012 Este ano celebramos o 50 aniversario das Letras Galegas, de Rosalía de Castro a Valentín Paz Andrade, o último escritor homenaxeado. Fixemos un montón de actividades: exposición de carteis sobre a súa vida, marca páxinas, actividades interactivas, murais....Coma sempre fixemos un mural ilustrando os momentos máis significativos da súa vida ao que este ano se engadiu outro co nome das 50 persoas homenaxeadas durante estes anos. Aquí vai un anaquiño do noso mural.

O poeta e escritor Valentín Paz Andrade naceu na parroquia de Lérez, en Pontevedra, o 23 de abril de 1898.

Dende moi novo adicouse a escribir en xornais e revistas e chegou a dirixir, durante cinco anos, o xornal “Galicia”, aínda que seguiu colaborando noutros xornais e revistas galegas e madrileñas.

Fixo os estudos de bacharelato na cidade de Pontevedra e, xa de mozo, estudou para avogado na Universidade de Santiago de Compostela.

Traballou como avogado de moitas empresas pesqueiras e escribiu moitos libros sobre os problemas da pesca en Galicia e no mundo.

28


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Casou no ano 1939 con Pilar Rodríguez de Prada e tiveron un único fillo, Alfonso PazAndrade.

Escribiu tamén poesía. O seu primeiro libro está adicado ao seu amigo Alfonso Rodríguez Castelao, e leva por título “Pranto Matricial”. Máis tarde escribiu “Sementeira do vento” e “Cen chaves de sombra”.

Xuño 2012

Fundou, xunto con outras persoas, a empresa Pescanova, adicada á pesca en mares moi afastados de Galicia.

Foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia Galega das Ciencias, e galardoado co Pedrón de Ouro, a medalla Castelao e numerosos premios máis, polo seu traballo a prol de Galicia.

O 19 de maio de 1987 faleceu en Vigo, sendo enterrado, cuberto coa bandeira galega, no cemiterio da súa vila natal. Este ano é o autor elexido pola Real Academia para ser homenaxeado no Día das Letras Galegas.

29


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

Ao longo deste curso fixemos unha serie de actividades complementarias e extraescolares, tanto dentro coma fóra do colexio. Aquí tedes un pequeno resumo: • En outubro, 2º e 3º ciclos visitamos Reciclaterra en Mougá, onde realizamos un obradoiro de reciclaxe. • Tamén fomos ao cine a ver a película “Enredados” (2º e 3º ciclos), dentro do ciclo “Cinensino” • Como xa sabedes Infantil e 1º ciclo , visitamos o parque Raiña Sofía .

• Sesión de Astronomía :“Coñecendo o Universo” (Mougá) Esta foi unha actividade dirixida para o 3º ciclo e para E. Infantil (4-5 anos) e 2º. Que ilusión, ver o ceo cun Telescopio!.

• Saída á Capela . 1º, 2º e 3º estivemos no Centro de Interpretación de xogos tradicionais, mentres os maiores visitaban o museo etnográfico da vila, unha casa de pedra restaurada, que na antigüidade foi a reitoral. Fixemos un percorrido polas dependencias da casa: a cociña, o cuarto e as salas de oficios ( tecelá, costureira, carpinteiro, zoqueiro, afiador, zapateiro, cesteiro, serranchín...) explicáronnos a utilidade e nomes de moitos obxectos que iamos vendo e que se utilizaban hai moitísimos anos . Por fóra tamén había máquinas grandes antigas.

• En abril, algúns nen@s de 6º visitamos o mercadillo solidario do IES Catabois, que organizaron coa fin de recadar cartos para axudar a dúas entidades solidarias: A Cociña Económica de Ferrol e o Bubisher. 30


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

• O 3 de maio 2º e 3º ciclo, tivemos unha cita co tradicional “Correlingua”. Este ano o lema foi "GALEGO, TODO O QUE BUSCAS". Celebrouse no Pazo da Cultura de Narón. Despois de facer un pequeno percorrido polo frente do Pazo, participamos nalgúns xogos populares como a corda, o brilé, a mariola e outro de arrastre. Xa dentro do Pazo, a actriz Iria Sobrado fíxonos un xogo de palabras sobre o noso idioma e cantou unha canción que acompañamos con xestos. Despois o Grupo Pirilampo interpretou varias pezas.

• Teatro no Jofre: 2º e 3º ciclo, fomos ao Jofre a unha representación teatral titulada “ A folla máis alta” do grupo Berrobambám. • Xa rematando o curso Ed, Infantil e Primeiro ciclo estivemos no Jofre para ver , dentro do ciclo “Imos de Pelis” a película “Copito de Neve”.

Este ano puidemos disfrutar de charlas e conferencias didácticas dentro do propio colexio. Mirade todo o que tivemos: • “A enerxía, o medio ambiente e ti” , foi para o 3º ciclo no mes de novembro. • “Descubrindo a nosa Natureza”, dirixida para Ed. Infantil e 1º ciclo. Foi unha charla-xogo que realizamos en novembro. • “Os nosos bosques”, actividade para 2º e 3º ciclo de Primaria. • “O noso litoral”, tamén para 2º e 3º ciclo de Primaria

31


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

• Educación Vial : En marzo, os rapaces e rapazas de 2º tivemos dúas sesións de educación vial. Tamén os compañeir@s de 3º e 4º tiveron esta actividade. Foi impartida por un membro da Policía Local de Ferrol, Eugenia. Chegou co seu uniforme e equipamento de policía e deixounos abraiados. Explicounos cousas moi interesantes á hora de andar pola rúa como peóns, instrucións para ir seguro dentro do coche...Encantounos!

• Seguridade viaria coa bicicleta. Segundo e terceiro ciclos aprendemos a coñecer mellor a bicicleta e a conducila con responsabilidade, grazas a Juan, que está na Asociación de Ciclistas Profesionais e sabe moito deste vehículo. Primeiro estivemos na sala de audiovisuais. Alí explicounos as normas básicas que debemos ter en conta cando usamos a bicicleta: uso do casco, circular polo carril axeitado ou cara á dereita, repectar os sinais de tráfico, sinalizar as manobras co brazo esquerdo, etc. Pero o que máis nos gustou foi facer a práctica no patio. Cada un, coa súa bicicleta e casco, fixemos diferentes percorridos con obstáculos... Tamén competimos cunha carreira moi especial, gaña o que menos avance.

• En outubro , a exposición itinerante correspondente ao XI Certame Poesía e Imaxe, visitou o noso centro. • Do 18 de maio o 1 de xuño, tivemos unha mostra sobre nutrición, promovida por UNICEF en colaboración co Concello de Ferrol. 32


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

Os días 30, 31 de maio e 1 de xuño, fomos de excursión os cursos de 5º e

6º de Primaria coas profes Rosana e Feli, a Cabeza de Manzaneda. Saímos ás 9 da mañá, fixemos unha paradiña para tomar un bocadillo nunha área recreativa de Quiroga. Chegamos ao noso destino á unha da tarde. Acomodámonos nos apartamentos e a continuación comemos no autoservizo. Pola tarde tivemos tiro con arco con Julia, a nosa primeira monitora; e piscina, vixiados polos atentos ollos de Iran. A continuación ceamos, e ás 10 da noite, velada con Asur e outros monitores, o xogo osos e tolos. Despois houbo unha pequena marcha nocturna para escoitar os lobos, ver as estrelas… Tamén vimos no silencio da noite os brillantes ollos dunha xabarina e as súas crías. O día 31 fomos ao bosque e fixemos o xogo de supervivencia, con Álex, que consistía en facer unha cabana de paos e ramas para sobrevivir no caso de perdérmonos. Logo tivemos karts; e pola tarde piscina, e cabalos con Abel. Esa noite tocou discoteca. O último día fixemos sendeirismo percorrendo varios quilómetros pola montaña de Manzaneda. Álex, o monitor, foinos ensinando o nome dalgunhas plantas e animais, e o coidado que debemos ter cando saímos ao bosque: protexernos a pel, levar auga, non facer lume, non maltratar os animais, etc. A última actividade foi escalada, con Asur e Alejandra. Despois diso, despedímonos e voltamos para a casa. Encantounos estar nos apartamentos, e facer as actividades compartindo o tempo cos nosos compañeiros. Karts, piscina, rocódromo e discoteca foron as actividades que máis nos gustaron.

33


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2012

Como cada curso a ANPA do colexio aproveita este espazo para agradecer a todos aqueles que desinteresadamente colaboran con nós. Coidadoras do comedor, equipo docente pais e nais….. GRAZAS. Este ano ademais querémonos acordar de forma moi especial, da avoa de Iker e Michelle e da avoa de Alba e Marta que nos axudaron moito coa confeccion das saias de baile galego. Por último, animarvos a participar na ANPA do colexio. En tempos de crise e recortes, coma os que está atravesando Educación, é moi importante contar coa representación de pais e nais e alumnos. Cantos máis sexamos mais poderemos conseguir.

34




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.