País dos libros, 6 de outubro de 2006
Ola, queridos nenos e queridas nenas:
Xa sei que levo moito tempo sen escribirvos, Chis, chis-plof,plof non me riñades; é que estiven moi ocupada estas vacacións viaxando, coma sempre, e buscando novos libros para vós. Este ano os vosos profes e eu temos grandes proxectos para a nosa BIBLIOTECA. Necesitamos a vosa axuda para que poidamos facelos todos, todos, todos, porque a BIBLIOTECA está un pouco “patas para arriba” e hai que poñela a andar. ¿Estades preparados? ¿Seguro que estades preparados? ¿Profe, ti tamén estás preparada? Onte xuntámonos para ver que día sería o mellor para que fagades, polo menos, a vosa visita semanal; así que hoxe envíovos o HORARIO para que poñades na aula. Xa me encargarei eu de que coloquen outro na BIBLIOTECA que se vexa moi ben. Por certo, estamos no tempo do OUTONO, e todos sabedes que ás árbores se lles caen as follas, ¿non é?; pola contra, os libros son de folla perenne, ha, ha, ha!; é unha broma que se me acaba de ocorrer, quería dicir que na BIBLIO están todos esperando por vós, listos e coas súas páxinas preparadas. Ros.Rod
ÁNIMO, EMPEZOU O NOVO CURSO!!!! A POLOS LIBROS!!!! Un saúdo e moitos bicos, da vosa amiga Chis, chis-plof,plof