País dos libros, 20 de decembro de 2012 Chis, chis, plof, plof!
Ola
queridos nenos e nenas, ola profes:
¡Canto me tardaba pasar por aquí! ¿Como vos quedades con tantas, tantísimas novidades que vos deixei? Levo meses percorrendo cidades e vilas buscando libros e máis libros para a vosa biblioteca. Atopei todos estes. Tráivolos para que gocedes deles na biblio e na casa. Imaxinade cantas cousas hai entre estas páxinas. Fixádevos ben porque hai libros moi interesantes, en galego, en castelán e en inglés. De consulta, de aventuras, moitos, moitos, moitos. Chis, chis, plof, plof! ¡Moitísimos! Ros.Rod
Agora chegan as vacacións do
Nadal. Supoño
que todos estaredes pensando xa no que lles ides pedir aos Reis Magos na vosa carta. Espero que sexades moi bos para que a todos vos poidan traer, polo menos, un libro para poder ler, gozar e medrar. Ás veces nos traen libros con fermosas ilustracións, grandes ou pequenos; outras, libros con mensaxes que nos chegan ao . Buscade o voso libro: hai un esperando por vós; asegúrovolo. Cando o atopedes saberedes que Chispa ten razón.
Contaxiade ás vosas amigas e aos vosos amigos,
á vosa familia. Seguro que moitos de vós xa sabedes que a lectura se contaxia, pásalle como á risa. Probade a contaxiar estas vacacións a moita, moita xente. Lede, lede, lede, lede... ¿Hai trato?
Envíovos
un saúdo agarimoso a cada un de vós. Que pasedes as mellores festas e
que carguedes as pilas para empezar o 2013 con moitas ganas.
¡BO NADAL A TODOS E TODAS!