País dos libros, 30 de setembro de 2009 Chis, chis, plof, plof!
Ola, queridos nenos e queridas nenas:
Vexo que neste curso hai caras novas no COLE: as pequenas de 3 anos, Paula, Keira, Nuria e Silvia; Alina de 3º e Carolina de 5º!!! Eu son...
Chispa
Ros.Rod
Chis, chis, plof, plof!
Benvidos a todas e todos. Xa me enterei de todos eses libros que
lestes no verán. Canto me alegro!!! Pero neste curso temos un gran reto por diante: completar os ITINERARIOS LECTORES, lendo todos os libros escollidos...
Xa sabemos que LER REQUIRE UN ESFORZO. Pero, que maior recompensa que descubrir as novas historias agochadas dentro dun libro!!! E falando de novas historias... aquí vos deixo estes libros de contos que tanto nos gustan e algún outro que aínda non coñecedes... A dulce historia de CHOCOLATA...
PALABRA DE CROCODILO e CROCO... ANIMAIS EXTRAORDINARIOS... E moitas máis historias fantásticas para os máis grandes!!!
Chis, chis, plof, plof!
Espero que o pasedes moi ben lendo estas novas historias, que coidedes moito os monicreques que acompañan a estes contos e que lle fagades caso ao caracol ROI tratando con agarimo todos os contos que pasen polas vosas mans. Un saúdo e moitos, moitos moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 26 de outubro de 2009 Chis, chis, plof, plof!
Ola, queridos nenos e queridas nenas: Hoxe é o Día das Bibliotecas Escolares, e que mellor forma de celebralo que reunirnos todos unha vez máis na Biblio do noso fermosísimo cole. Chis, chis, plof, plof!
Ros.Rod
Aínda que moito mellor é unha maleta viaxeira chea de novas historias para ler e compartir. Para os máis pequechos do cole, catro contos do rato Frederick, O porquiño e Un gran soño, Cal é a miña cor?, Un becho extraño, e Mago Goma. E para os maiores, lecturas do máis interesante: Como facer un cómic, El secreto del Oso hormiguero, O pequeno Señor Paul, Andanzas de Xan Farrapeiro, A profesora Ripaldi... Ademais temos moitas máis cousas que celebrar: Chegou o
OUTONO
e
con el, as festas do Magosto e o Samaín. E no Samaín xa sabedes que toca ler contos de medo. Lembrade que podedes coller da Biblio calquera deses libros que tedes na exposición. E para rematar...
UNHA SORPRESA PANTASMAGÓRICA!!! Chis, chis, plof, plof! Feliz Outono, Magosto e Samaín. Un saúdo e moitos, moitos, moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 10 de decembro de 2009 Chis, chis, plof, plof!
Ola, queridos nenos e queridas nenas: Hoxe celebramos o 61 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. E iso que é?, preguntarédesvos algúns. Os Dereitos humanos son aqueles que o ser humano posúe polo mero feito de selo. Son propios da persoa e son realmente imprescindibles, como poden ser o Dereito á vida, o Dereito a Non Ser Discriminado, o Dereito á Educación... Hoxe en día, aínda son moitos os países onde hai casos nos que non se respectan estes dereitos, pero... hai algo máis bonito que loitar por defender os nosos ideais? Ros.Rod
Agora que se achegan as Festas do Nadal, festas que son compartidas pola maioría dos habitantes da Terra, e que celebramos con agasallos, comidas e reunións cos seres queridos... fagamos un esforzo por manter o seu verdadeiro espírito, espertando o mellor do ser humano: o amor cara aos outros e a solidariedade.
Así que esta vez a miña maleta vén cargada de bos desexos e libros, algúns que xa coñecedes e algunha que outra novidade... para grandes e para pequenos.... Oda a unha estrela... Os mil brancos... Libro das M’Alicias... Máis respostas ás preguntas que nunca fixeches... O corazón do xastre... xunto con eses preciosos libros despregables que tratamos con tanto mimo e unhas cuantas revistas sobre o Nadal.
Espero que disfrutedes cos preparativos do Festival, e que nas vosas cartas aos Reis Magos, non vos esquezades de incluír algún libro.
Feliz Nadal para todos!
Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 6 de xaneiro de 2010 Chis, chis, plof, plof!
Ola, queridos nenos e queridas nenas: Como cada ano os Reis Magos despois do seu longo viaxe desde o lonxano Oriente, repartiron agasallos a todos os nenos e nenas por todo o mundo. Cánta maxia na Noite de Reis
Ros.Rod
E como boa bruxa que son, quero compartir parte dos meus máis prezados segredos, regalándovos un precioso libro que os Reis Magos deixaron na miña casa:
“Genealogia
de una Bruja”
é un libro moi especial, xa que inclúe o
conto de A pequena bruxa e un libro sobre Bruxas e feitizos , pois toda boa meiga debe coñecer a súa xeneoloxía. Saber de onde se vén, para acertar onde se vai.
caixa de correo
da E atendenddo ás recentes peticións chegadas á nosa querida Biblioteca mándovos tamén unhas revistas do mundo do automóbil e unha enciclopedia sobre os cabalos, xunto con dúas enciclopedias visuais para os máis
caixa de correo
tamén serve para pedir aqueles pequenos. E recordade que a libros que queirades disfrutar e que aínda non están na Biblio. Tamén algúns títulos máis como Cuento de Navidad, Con la cabeza en otra parte, Perder para ganar, Nuevos casos de los detectives López y Baldosillo, Veinte mil leguas de viaje submanrino de Julio Verne, o libro musicado de Tic Tac, unha escolma poética de Ramón Cabanillas, e algún que outro máis. Espero que disfrutedes con estas fascinantes lecturas. Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 19 de xaneiro de 2010 Chis, chis, plof, plof! Hai unha semana que chegou ao noso cole a exposición Aforrando enerxía, con debuxos de Leandro Lamas, e todavía non vin a ninguén visitándoa. Eses debuxos tan bonitos e a importancia deses textos que os acompañan... e todo iso tan desaproveitado. Así que me dixen, ¿que podería facer eu para que os nenos e nenas do Colexio de Pazos visiten esta fermosísima exposición? Ros.Rod
Chis, chis, plof, plof! Xa está! Voulles mandar uns agasallos relacionados coa reciclaxe: Libros dos Bolechas, unhas libretiñas, uns discos de xogos, ... que de seguro lles encantarán! Porque recordade: Moitas veces non somos conscientes de
que a enerxía é un ben escaso e limitado. Polo tanto, fagamos caso á máxima que di que a mellor enerxía de todas é a que NON se consome. O planeta agradecerao.
E non vos olvidedes que o 29 de xaneiro de 2010
celebraremos o Día
da Paz. Así que, propóñovos
elaborar un novo Libro colectivo como fixemos os outros anos. Entre todos temos que conseguir outro
marabillosos libro cos nosos mellores desexos para un mundo mellor e máis solidario. Lembrade tamén
que podedes ir á Biblio para mirar os libros dos cursos pasados.
Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 8 de marzo de 2010. Chis, chis, plof, plof!
Ola, queridos nenos e queridas nenas:
Hoxe celebramos o Día da Muller Traballadora, e recoñezo que tivestes unha grande idea invitando a algunhas nais dos nenos e nenas do cole a contar contos nos recreos. Chis, chis, plof, plof! E que o mundo está cheo de mulleres que traballan para que poidamos disfrutar de marabillosas historias. Hai mulleres que escriben: como Ana García Castellano, María Alcañiz Lorenzo, Lucía Serrano, Fina Casalderey, etc. Hai mulleres que ilustran: como Ximena Maier, Violeta Monreal, Ericka Martinez, MªFe Quesada, Noemí López e moitas máis. E hai mulleres que contan, como Ana, nai de Alba, como Mónica, nai de Anxo e Lucas, como Ana, nai de Irene, como Finuca a avoa de Keira e outras tantas que vos contan preciosos contos todos os días. Pero sobre todo... Ros.Rod
Por iso, esta
maleta
ven cheíña de libros escritos por mulleres, ilustrados por
mulleres, para que os conten as mulleres e os lean as mulleres.
Para os máis pequenos do cole, historias como as de Violeta a Carteira Bolboreta e Carola a Carteira Centola e Martiño o Carteiro Porquiño... Para os maiores: RimBambini, Ruby Rogers, Marcos Mostaza, Mil cousas poden pasar e moitos máis. Pero tamén nesta maleta veñen libros para poder disfrutar todos e todas, como as Enciclopedias de Animais que sei que tanto vos gustan, e un orixinal libro de formato
super-mega-xigante sobre a
opera. Chis, chis, plof, plof!
Un saúdo e moitos, moitos, moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 23 de abril de 2010. Chis, chis, plof, plof!
En Abril, libros mil! Ola, queridos nenos e queridas nenas:
Ros.Rod
dia do libro
Como todos os anos, o 23 de abril celebramos o na nosa Biblioteca, en lembranza de escritores tan importantes como Miguel de Cervantes, que escribiu “El Quijote”, e o inglés William Shakespeare, autor de libros como “O soño dunha noite de verán” ou “Romeo e Xulieta”.
LIBROS
E que mellor forma de celebrar o Día do Libro que con . Por iso, desta vez tiven que preparar un paquete tan especial como o que estades vendo, xa que non cabían na miña maleta!!! Chis, chis, plof, plof!
-
-
Unha maleta chea de libros:
Unha coleción para os máis pequenos de “Bichitos Curiosos”. Unha coleción completa de “Las Fieras Fútbol Club”. Outra coleción completa de “Rimbambini”. Outra coleción de “Verónika Click!”. Unha colección noviña de libros de animais, que ben sei que vos encantan. E moitos outros títulos como: o “La Gran Invasión de Ratonia” de Jerónimo Stilton. o “El correo flotante de Félix”, un libriño cheo de receitas riqúisimas!!! o “Ojalá no hubiera números!”, que conta a historia dun mundo sen números. Podedes imaxinalo??? o “ A voda do Galo Pinto” o E por suposto unha pequena biografía de Uxío Novoneyra, personaxe a quen estará adicado o Día das Letras Galegas este ano. E moitos outros que quedan no tinteiro para que vós os descubrades.
Chis, chis, plof, plof!
Un saúdo e moitos, moitos, moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!