País dos libros, 21 de decembro de 2011. Chis, chis, plof, plof!
Aquí estou de novo: Un ano máis chega o NADAL; xa pasou o festival, hoxe chegarán as notas, e despois volveremos a celebrar coas nosas familias e os nosos amigos estas festas que tanto nos gustan. ¿Por que será? Eu pasei unha boa temporada viaxa que te viaxarás. Aquí Ros.Rod
vos traio un lote de libros
enooooorme para que
inauguredes o vindeiro trimestre. Vós, que estades medrando, e aprendedes cada día máis cousas, sabede que en todos eles haxa, probablemente, algo co que poidades disfrutar. Ás veces atopamos libros moi bonitos por fóra, iso está ben; outras, son bonitos por dentro; iso aínda está mellor; pero ¿e os que son bonitos por fóra e por dentro? ¿Os que nos contan cousas interesantes que nos fan pensar, que nos fan cambiar, mellorar, decidir...? Eses son os verdadeiramente bos. E a mellor forma de sabelo é: collelo, tocalo, abrilo, ulilo, e sentilo; daquela xa o podedes ler. Empapádevos da historia que conta, das ilustracións, das cousas novas que vos descubra. Se o coseguides, ESE É UN BO LIBRO! Chis, chis, plof, plof! Espero que disfrutedes destas FESTAS e que nas vosas cartas aos Reis Magos, que son amigos meus, por certo, non esquezades pedir un, dous, tres ou vinte, ou trescentos libros. Glup! Se cadra, acabo de esaxerar un pouco. Perdón, é que me deixo levar pola paixón. Á volta das vacas –Muuuuuucontádeslles ás profes que libros conseguestes que vos trouxesen, vale?
!Feliz Nadal para todos e todas e Felices Lecturas para o 2012! Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!