País dos libros, 6 de outubro de 2006
Ola, queridos nenos e queridas nenas:
Xa sei que levo moito tempo sen escribirvos, Chis, chis-plof,plof non me riñades; é que estiven moi ocupada estas vacacións viaxando, coma sempre, e buscando novos libros para vós. Este ano os vosos profes e eu temos grandes proxectos para a nosa BIBLIOTECA. Necesitamos a vosa axuda para que poidamos facelos todos, todos, todos, porque a BIBLIOTECA está un pouco “patas para arriba” e hai que poñela a andar. ¿Estades preparados? ¿Seguro que estades preparados? ¿Profe, ti tamén estás preparada? Onte xuntámonos para ver que día sería o mellor para que fagades, polo menos, a vosa visita semanal; así que hoxe envíovos o HORARIO para que poñades na aula. Xa me encargarei eu de que coloquen outro na BIBLIOTECA que se vexa moi ben. Por certo, estamos no tempo do OUTONO, e todos sabedes que ás árbores se lles caen as follas, ¿non é?; pola contra, os libros son de folla perenne, ha, ha, ha!; é unha broma que se me acaba de ocorrer, quería dicir que na BIBLIO están todos esperando por vós, listos e coas súas páxinas preparadas. Ros.Rod
ÁNIMO, EMPEZOU O NOVO CURSO!!!! A POLOS LIBROS!!!! Un saúdo e moitos bicos, da vosa amiga Chis, chis-plof,plof
COMEZAMOS UN NOVO CURSO. ESPÉROVOS, COMA SEMPRE, NA BIBLIOTECA. O OUTONO TAMÉN É TEMPO DE LER PORQUE RECORDADE QUE OS LIBROS SON DE FOLLA PERENNE.
COMEZAMOS UN NOVO CURSO. ESPÉROVOS, COMA SEMPRE, NA BIBLIOTECA. O OUTONO TAMÉN É TEMPO DE LER PORQUE RECORDADE QUE OS LIBROS SON DE FOLLA PERENNE.
País dos libros, 23 de outubro de 2006
HORA DE LER
Ola, queridos nenos e queridas nenas: Xa case vai para vinte días que vos enviei a primeira carta e que vos deixei os horarios para poñerdes nas aulas. Espero que xa empezasedes a visitar a Biblioteca e collesedes algún libro.
Ros.Rod
Eu, que teño tantas cousas na cabeza, esquecín levarvos a Maleta Viaxeira chea de libros. Hoxe deime conta e acabo de deixarlla a Eugenio na conserxería para que vola faga chegar. Son libros que falan do outono; xa sabedes que é tempo de magostos, de asar castañas, de recoller moitos froitos da época (xa vin a exposición que tedes montada aí arriba, gustoume moito) é tempo de esfollar as mazarocas do millo; é a época do Samaín (o Halloween dos ingleses), de adornar as cabazas, … Pero bueno, hai libros que están na maleta porque me gustaron e, se cadra, pensei, tamén lles gustan a eles; por iso están aquí dentro. Chis, chis-plof,plof ¿Cóntovos
un segredo que, de momento, non sabe ninguén máis
ca min? ¿Siiiiiiiii? Shhhhhhhhh, non llo contedes a ninguén. Sei de moi boa tinta, que mañá tedes conto na Biblio; isto que quede entre vós e eu, que non se entere nin a profe. ¡Ai, perdón, que é ela a que vos está lendo esta carta ¿non?, pois entón, xa se enterou. Entón agora o segredo só o sabe a profe, vós e eu, que non se entere ninguén máis ¿comprendido? Chis, chis-plof,plof Ben, dicía que estamos no outono,e os bosques e o campo énchense das follas douradas que caen das árbores e esas cousas pero recordade que… OS LIBROS SON DE FOLLA PERENNE e É HORA DE LER
Un quilo de bicos para repartir entre a clase, da vosa amiga Chis, chis-plof,plof
DO 6 AO 12 DE NOVEMBRO
ESTAMOS NA SEMANA DA
País dos libros, 28 de novembro de 2006
HORA DE LER
Ola, queridas nenas e queridos nenos: ATENCIÓN!, Chis, chis-plof,plof
Ros.Rod
ATENCIÓN!!, Chis, chis-plof,plof
ATENCIÓN!!!, Chis, chis-plof,plof
ATEEENCIÓNNN!!!!!!!!! Teño un segredo para vós. Conto coa vosa Shhhhhhh! discreción; só llo podedes contar a mamá e a papá, aos avós, ás avoas, aos vosos padriños e ás vosas madriñas, aos vosos tíos, ás vosas tías, ás vosas curmás e aos vosos curmáns, ás vosas amigas, compañeiras de cole e aos vosos amigos e compañeiros de cole e … non queda máis remedio: os profes tamén se poden enterar… Resulta que, coma sempre que viaxo, sinto unha enorme necesidade de buscar libros novos. Non o podo remediar; cando vexo un que me parece interesante ocórreme como cando vexo diante unha riquííííííísima pizza ou un riquííííííísimo xeado de chocolate, ou de fresa, ou de limón… (Aaaai! cada vez que penso no verán…) En fin, estaba falando de libros que é o que nos interesa. Ben, atopei estes que vos metín na miña Maleta Viaxeira para que os disfrutedes na clase e para que saibades que os tedes na Biblioteca cando queirades. Hai que miralos con coidado porque son libros máxicos… e poden romper.
Este era o segredo, shhhhhhhhhhh! Agora só me queda recordarvos que tamén hai moitas revistas e libros novos que gardan marabillosas historias agochadas entre as súas páxinas. Teño que marchar, chicos/as. Teredes novas miñas dentro dunhas semanas. Un quilo de bicos para repartir entre a clase, da vosa amiga Chis, chis-plof,plof
País dos libros, 19 de decembro de 2006
Chis, chis-plof,plof Ros.Rod
HORA DE LER
Ola, queridos nenos e queridas
nenas: Xa temos a Biblioteca “patas para arriba” outra vez. Pero que “requetebonita” está quedando, eh? Como estes días non podedes disfrutar dos Ano Novo, Biblio Nova. Conseguirémolo. libros que están tapados, pensei que tiñamos que buscar unha rápida solución e… XA ESTÁ! Que mellor que un libro novo para cada ciclo?! Un agasallo para que compartades entre os compañeiros e compañeiras, para que pase dunhas mans ás outras ou para que miredes en grupo. Tamén lle podedes botar un vistazo aos libros dos outro ciclos; porque a verdade é que só son catro, pero todos teñen algo especial. Chis, chis-plof,plof Para Infantil atopei un libro que fala do Nadal; seguro que vos gusta porque está cheo de recunchiños con algunha cousiña agochada. Pensando no 1º Ciclo, dei voltas e máis voltas ata dei algunha reviravolta e, por fin, apareceu. Eu creo que caeu do estante no que estaba, a propósito para que eu o vise. Caeume enriba do sombreiro pero non importa; non se me arrugou moito, que digamos. Espero que vos guste tanto como a min. Shhhhhhh fala dun rei…
Un marabillosísimo libro busquei para que o 2º Ciclo estivese contento. Tócavos un de consulta; pensei que algúns libros que vin na Biblioteca o último día que fun, estaban un pouco vellos e pareceume hora de cambialos. Xa me diredes que vos pareceu. A min estes libros gústanme moito e creo que a vós tamén, espero non equivocarme. Ah, queridos e queridas!...Para vós, 3º Ciclo, atopei unha novidade: “ARTEFACTES”. É moi curioso; fará voar a vosa imaxinación e a de todos os que se acheguen a el. Ten propiedades máxicas e actúa contra o aburrimento. Sodes maiores e tócavos demostralo creando novas historias.
Recordade pedir, polo menos un libro a Papá Noel ou aos Reis Magos e Feliz Nadal!
País dos libros, 15 de xaneiro de 2007
Chis, chis-plof,plof Ros.Rod
HORA DE
LER E
DE CREAR!!
Que tal nenos e nenas? Como vos vai? Como se portaron eses Reis Magos? Traeríanvos algún libro, supoño... A min trouxéronme bastantes libros; xa vos irei enviando os que máis me gusten para que tamén os poidades disfrutar. A miña carta de hoxe ten un propósito: quero animarvos a confeccionar un libro sobre a PAZ. Pero temos que participar todos e todas; dende os máis pequenos de Infantil Chis, chis-plof,plof ata os máis grandes de 6º. Se conseguimos facer un libro marabilloso que fale dos nosos sentimentos, das nosas esperanzas e dos nosos desexos dun mundo mellor, teremos dado o primeiro paso para que se convirta en realidade.
Como ten que ser ese libro?
Chis, chis-plof,plof
Soporte: papel Tamaño: A3 Dirección: horizontal Contido: parte literaria (poesía, conto, manifesto, canción, cómic, teatro, anuncio...) e parte plástica (debuxo; fotografía, collage sen relevo, por favor, por se se plastifica ...) Extensión: “a gusto do consumidor”. Como mínimo, unha folla por aula. Data de entrega: 22 de xaneiro de 2007 Recordade que todos os/as artistas asinan a súa obra; polo tanto non esquezades poñer os vosos nomes na vosa obra de arte.
DEIXADE VOAR A IMAXINACIÓN!! Un bico moi grande da vosa amiga
País dos libros, 28 de febreiro de 2007
Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof...
HORA DE
LER
NOVIDADES!!!
Ola nenos e nenas: Como vos vai? Eu, lendo e buscando novos libros para vós, coma sempre. Metín na maleta uns que atopei moi axeitados para Infantil e 1º Ciclo. Collédeos para ter uns días na clase e, despois prometédeme que os levaredes para a Biblioteca, alí poderédeos ver sempre que queirades. ¿De acordo? Un bico moi grande da vosa amiga
Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof...
Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof...
Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof...
Ros.Rod
País dos libros, 28 de febreiro de 2007
Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof...
HORA DE
LER
NOVIDADES!!!
Ola nenos e nenas: Como vos vai? Eu, lendo e buscando novos libros para vós, coma sempre. Metín na maleta algúns dos que atopei máis axeitados para 2º e 3º ciclos. Collédeos para ter uns días na clase e, despois levádeos para a Biblioteca, alí poderédeos ver sempre que queirades. ¿De acordo? Un bico moi grande da vosa amiga
Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof...
Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof...
Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof...
Ros.Rod
País dos libros, 23 de abril de 2007
Ros.Rod
Chis, chis-plof,plof
FELIZ DÍA DO LIBRO
Queridos nenos e nenas: Hoxe é o “DÍA DO LIBRO” e quería desexarvos que pasasedes uns bos momentos recordando este día tan, tan importante para todos os que disfrutamos lendo ou ilustrando os contos que máis nos gustan ou escribindo as nosas primeiras historias. Chis, chis-plof,plof
Envío unha sorpresiña para as clases, para que poidades xogar recordando os títulos dos contos clásicos que máis vos gustan cos vosos compañeiros e compañeiras. Un bico moi grande e moitos libros para todos e todas, a vosa amiga Chis, chis-plof,plof
País dos libros, 16 de maio de 2007
HORA DE LER
Ola, queridas nenas e queridos nenos: Chis, chis-plof,plof Nun día tan sinalado quería estar con vós, aínda
Ros.Rod
que sexa só a través desta carta. Entereime de que tiñades pensado celebrar na Biblioteca o Día das Letras Galegas: Marabillosa idea!! Apúntome!! Chis, chis-plof,plof Levo un tempo viaxando para ver de atopar algunha novidade
para enviarvos antes de que acabe o curso. Estou pensando nalgunha enciclopedia desas de animais que tanto vos gustan e tamén nalgún conto que non teñades. Por certo, as mestras dixéronme o outro día que queriades o conto de “O Principiño”. Xa o teño encargado. A próxima vez que envíe a maleta, metereino dentro. Hoxe quero felicitarvos por varios motivos: O primeiro é que xa sei que estades lendo moitos libros como a min me gusta: PARABÉNS; o segundo é que sabedes tratalos con coidado: PARABÉNS; o terceiro, que escribistes uns contos moi bonitos e que ilustrastes a vida de María Mariño, MENUDAS OBRAS DE ARTE!!: PARABÉNS e o cuarto é que participastes nunha actividade que se chamaba “Detectives na Biblioteca” que vos axudou a coñecela un pouco mellor: PARABÉNS, PARABÉNS, PARABÉNS!!!! . Cantos parabéns!!! Pffff… Chis, chis-plof,plof
Chis, chis-plof,plof Así que nesta maleta traio un pequeno agasallo para os máis
pequeniños por portárense tan ben cando veñen a ler e a escoitar contos, e, un merecido premio para todo o alumnado de Primaria por escribir eses contos, e porque conseguiu acadar as probas de “Detectives na Biblioteca”. Despídome ata a próxima carta agardando que sigades lendo e vindo á Biblioteca. HORA DE LER! Un bico e
FELIZ
DÍA
DAS
LETRAS
GALEGAS!
País dos libros, 1 de outubro de 2007
Ola, queridos nenos e queridas nenas:
Dende o curso pasado que non sei nada de vós, Chis, chis-plof,plof ¿Como estades? ¿Qué tal ese verán lector? Eu estiven moi ocupada, coma sempre, viaxando e buscando novos libros para vós. Chis, chis-plof,plof
Ros.Rod
Cando cheguei ao cole fun directa á Biblioteca e... vaia susto que me levei.
Pero... ¿que estades facendo?!!!!
Supoño que vai quedar fenomenal; xa teredes ganas de vela acabada, non? A verdade é que eu non podo parar de pensar nos libros e aínda que a Biblio estea cerrada, non importa podemos ler canto nos apeteza.
¿ANIMÁDESVOS A UNHA NOVA AVENTURA?
Para este ano os vosos profes e eu temos máis actividades para a nosa
BIBLIOTECA. Entereime de que ides empezar cun bo proxecto nas vosas aulas
“HORA DE LER”, (20’ a primeira hora da mañá.) Chis, chis-plof,plof
É unha idea moi boa, que noutros coles xa está funcionando. Tedes que prometerme que faredes todo o posible por disfrutar da lectura durante este tempo e contaxiar a todos e todas cantos poidades. Chis, chis-plof,plof
Quero darvos as grazas por adiantado por participar nesta magnífica idea: “HORA DE LER” Mmmmmm! Que ben soa!!!!
Podedes abrir a maleta; o que hai dentro é para vós, UN AGASALLO para que
nunca esquezades que LER É MARABILLOSO, que NOS AXUDA A PENSAR, que NOS ESPERTA A IMAXINACIÓN, que NOS AXUDA A APRENDER. É UN DEREITO : DISFRUTÁDEO!!!!
ÁNIMO, EMPEZOU UN NOVO CURSO!!!! A POLOS LIBROS!!!! Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga Chis, chis-plof,plof
País dos libros, 24 de outubro de 2007
DÍA DAS BIBLIOTECAS!!!!! Ola, queridos nenos e queridas nenas:
Ros.Rod
Como xa sabedes, hoxe celebramos no noso cole e nos demais tamén o “Día das Bibliotecas”, polo tanto decidín que sería un bo día para enviarvos uns contiños: un para cada ciclo; coma sempre, primeiro lédelo e despois podedes quedar con el ata que nos acaben de arreglar a Biblioteca. Pensei que estaría ben mercar algún libro de medo, ou de fantasmas, de bruxas, brrrrrrrrr… Chis, chis, plof, plof. A ver que vos parece:
Merquei par os máis pequenos “Sonidos de MIEDO”, con catro sons fantasmagóricos e monstrosos, Auuuuuu!!!!! Atopei “Las cartas de Horacio y su bruja estrafalaria”, e tamén o collñin porque creo que vos vai gustar; igual me pasou con “El brujo, El Horrible y el Libro Rojo de los Hechizos”. Que saibades que me teñen moi boa pinta. Por último, non podía faltar “Cuentos terroríficos de fantasmas”
Ademais sei de “boa tinta” que ides ter unha sesión de contacontos. Mmmmmm, que lástima non poder quedar. Espero que o pasedes... “chachi-chis-chis-plof-plof-piruli” Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga
País dos libros, 4 de decembro de 2007
Ola, queridos nenos e queridas nenas: Pois é verdade que xa estaba tardando moito, Chis, chis-plof,plof ¿Que, como estades? ¿Que tal seguides con esa “Hora de ler”? A min contoume un paxariño que moi ben. Será verdade? Chis, chis-plof,plof Vexo que tedes a Biblioteca bastante adiantada. Que marabilla!!
Ros.Rod
Onte entrei no blog da Biblio e, que me atopei? UNHA CARTA!!!!! Os nenos e as nenas de Primeiro escribíronme unha preciosa carta para pedirme máis libros. Aii!!! Canto me gustou!!! Tanto, tanto, tanto que fixen un comentario e prometinlles que non pasaba deste martes sen facervos unha merecida visita. E aquí estou; traio un montón de libros para que disfrutedes. Xa sabedes que os podedes mirar durante uns días na clase pero despois debedes levalos á Biblioteca; e máis agora, que está a punto de empezar a funcionar. PORQUE LER É UN DEREITO : DISFRUTÁDEO!!!!
ÁNIMO, A POLOS LIBROS!!!! Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof
País dos libros, 16 de xaneiro de 2008
HORA DE CREAR!! Ros.Rod
Que tal nenos e nenas? Como vos vai? Envío os últimos libros que acabo de comprar para que lles botedes unha ollada. Despois tedes que levalos á Biblioteca para que os cataloguen e os poidades levar en empréstito ás casas. Vale? Chis-chis-plof-plof
A miña carta de hoxe débese a que quero animarvos a elaborarar un libro sobre a PAZ, un libro moi bonito, coma o do ano pasado, recordades? Este ano tamén temos que participar todos e todas; dende os máis pequenos de Infantil Chis, chis-plof,plof ata os máis grandes de 6º. Temos que conseguir facer un novo libro marabilloso que fale dos nosos desexos dun MUNDO mellor porque conseguilo está nas nosas mans.
Como ten que ser ese libro?
Chis, chis-plof,plof
Soporte: papel Tamaño: A3 Dirección: horizontal Contido: parte literaria (poesía, conto, manifesto, canción, cómic, teatro, anuncio...) e parte plástica (debuxo; fotografía, collage sen relevo, por favor, porque se plastificará ...) Extensión: entre unha e dúas páxinas por aula ou especialidade. Data de entrega: 25 de xaneiro de 2008 Recordade que todos os/as artistas asinan a súa obra; polo tanto non esquezades poñer os vosos nomes na vosa obra de arte.
DEIXADE VOAR A IMAXINACIÓN!! Un bico moi grande da vosa amiga
País dos libros, 13 de marzo de 2008
HORA DE PENSAR, APRENDER E DISFRUTAR!! Ola a todos e todas. Supoño que xa coñecedes a Roi, o meu amigo o caracol, non? Chis-chis-plof-plof Hai unhas semanas deixei no cole as fichas con todas as súas explicacións sobre como estar na Biblioteca e coidar os libros. Chis-chis-plof-plof Xa tedes as fichas na clase? Imos pensar un pouco na Biblioteca, vale? A ver: Á Biblio podemos subir coas nosas profes a coller libros ou a traballar ou ler. Á Biblio podemos subir nos recreos. Podemos ver unha película, podemos adiantar traballos, ler contos, buscar información... Podemos facer ilustracións dos contos que máis nos gustan, podemos recortar ou entreternos con algún xogo, a que si?
Chis-chis-plof-plof
Peeeeeerooooooo, RECORDADE que os libros que teñen desplegables só os podedes ver cando esteades acompañados por un ou unha profe, ou por un neno ou unha nena maior. debemos falar moi baixiño para non molestar aos demais. xogar, pintar ou recortar só o podemos facer nas mesas. cando acabamos de ler un libro debemos colocalo no “recolledor de libros” (DEIXA AQUÍ O TEU LIBRO), para que os maiores ou os/as profes os coloquen no seu sitio. Tamén podedes utilizar os marcadores que estades empezando a facer nas clases. Se todos e todas colaboramos, a nosa Biblioteca funcionará e estará organizada con pouco esforzo Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof
Se non vos escribo antes, deséxovos FELICES VACACIÓNS!! Catro bicos moi grandes da vosa amiga
Smuac, smuac, smuac, smuac...
Ros.Rod
País dos libros, 27 de marzo de 2008
27 de marzo
HORA de dramatizar e recitar! Mmmmm...! Que boa pinta ten isto!
Recordades estas imaxes? Chis-chis-plof-plof
Claro! É o noso Teatro Jofre Chis-chis-plof-plof
Este curso xa lle fixemos dúas visitas, pero hoxe tócanos: Teatro no cole! para celebrar o DÍA MUNDIAL DO TEATRO... Preparados e preparadas? Seguro que entre a poesía e o teatro imos ter unha mañá moi movidiña. Chis-chis-plof-plof
Shhhh!! Vouvos contar un segredo, que hai moito que non vos conto un, vale? Shhhh!! Hoxe erguinme moi cedo; creo que eran as cinco da mañá. Vaia madrugón! Senteime a escribir esta carta para que chegase pola mañanciña á Biblioteca antes ca ninguén. Menuda cara que se lles debeu quedar ás profes cando viron a miña maleta na Biblio. Hi, hi, hi! Non quería perderme nada do que ides facer e ademais quería desexarvos moita sorte. Que todo vos saia moi ben! Eu vou estar mirando por un furadiño pequerrechiño, pequerrechiño, pequerrechiño ... , pequerrechiño
Cinco bicos moi grandes da vosa amiga
Smuac, smuac, smuac, smuac, smuac...!!!!!
Ros.Rod
País dos libros, 2 de abril de 2008
Abril, mes dos libros!! Ola a todos e todas.
Ros.Rod
Chis-chis-plof-plof
Xa estamos en abril, e como sabedes, este é o mes dos libros. ¿Por que? O 2 de abril de 1805 naceu un importante escritor de contos infantís, chamado Hans Christian Andersen; por iso, todos os anos celebramos nesta data o “DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL”. Ademais o 23 deste mesmo mes, lembramos a Miguel de Cervantes Saavedra, o autor de “El Quijote”, que coma o inglés William Shakespeare, finou tal día coma ese, no ano 1616. Por iso todos os 23 de abril celébrase o “DÍA DO LIBRO”. Por todos estes motivos estou tan contenta. Necesitaba comentar con vós todas estas cousas e animarvos a que participedes nas actividades que ao longo deste mes se levarán a cabo, tanto nas aulas como na Biblioteca. Chis, chis-plof,plof Díxome un paxariño amigo meu que nos recreos haberá sesións de contacontos. Dous días á semana vós seredes os protagonistas e poderedes sentar na cadeira dos contos e ler fermosas historias aos vosos compañeiros e compañeiras. Outro día encargaránse as profes, e o xoves adicarase a ILUSTRARRRRRR!!!!! Escoitaremos un conto nas clases e, na Biblio teremos o material necesario para elaborardes os vosos debuxos. Ao remate do MES DOS LIBROS entregaránse dous lotes de libros aos mellores contacontos e aos mellores ilustradores. ÁNIMO, A PARTICIPAR!! Antes de despedirme quero anunciarvos que o día 2 e o 23 seremos Detectives na Biblioteca. Pasádeo ben e lede moitos libros. Chis-chis-
plof-plof
Un bico moi grande da vosa amiga
País dos libros, 9 de maio de 2008
HORA DE ... “PINTURA EN ACCIÓN” Ros.Rod
Ola, queridas nenas e queridos nenos: Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof
Escríbovos esta carta para comunicarvos que o martes que vén, o día 13, vai vir á nosa Biblioteca, e ao noso colexio tamén, claro, unha pintora ferrolana que se chama Carmen Martín. ¿Recordades aquela exposición de pés que vimos na saída que fixeramos ao Campus de Esteiro? ¿Recordades a noticia que saiu no blog? Pois ben, esa mesma pintora estará con nós durante todo o día, e vai facer unha actividade que se titula... “PINTURA
EN ACCIÓN”
!!!!!
Ela vai traballar mentres nós estamos na Biblioteca, nas clases, no patio... e, pola tarde... seguirá pintando, e pintando, e pintando, e pintando...
Chis, chis-plof,plof
Chis, chis-plof,plof Podedes invitar
aos vosos pais e nais, e aos avós e avoas a que veñan pola tarde a pasar un ratiño e a disfrutar con nós dese día tan especial. Recórdovos que se queredes saber máis sobre ela e a súa obra, tedes toda a información no noso blog: http://biblospazos.blogspot.com, e tamén na súa páxina http://carmenmartin.com/ Espero a vosa colaboración, un bico; non, dous; non, tres: tres bicos da vosa amiga
País dos libros, 16 de maio de 2008
HORA DAS ... “LETRAS GALEGAS” Ros.Rod
Bos días, queridas nenas e queridos nenos: Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof
¿Xa tedes todo preparado par o martes? ¿Cooooomo? ¿Que siiiii? Ahhh, valeeeeeee! A veeer...: o martes 20 de maio celebramos na Biblioteca a nosa especial homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez e ás Letras Galegas. Envíovos con esta carta un Boletín Informativo da Biblioteca para que teñades un recordo da figura homenaxeada deste ano. Aínda que xa levades moito traballado, que o sei eu, que ando a preguntarlles ás profes e sempre me din que si, que estades traballando un montón, decidín recoller algo de información e elaboralo para que o leades atentamente coas vosas familias. O martes, pola mañá, xuntarémonos todos os cursos e disfrutaremos de poemas cantados, recitados, montaxes audiovisuais, teatro de guiñol... un pouquiño de cada clase. Noraboa!!
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS E TODAS!!
País dos libros, 18 de xuño de 2008 Chis, chis, plof, plof!
Ola, queridos nenos e queridas nenas: Acábanse as clases e despedímonos ata o vindeiro curso. Necesitaba facervos unha visita e non puiden resistirme. Estiven ollando o voso blogue e pasei o sábado polo colexio, curioseei polas aulas e a Biblioteca. Que gusto! Cantas cousas estades a facer! Pero bueno, é que non descansades? Chis, chis, plof, plof!
Ros.Rod
Xa me enterei de que moitos de vós estades animados a seguir lendo no verán e nos vindeiros cursos, e sempre! Non me queda máis remedio que felicitarvos enormemente: Sodes uns campións e unhas campionas! No boletín di que LER REQUIRE UN ESFORZO! Será verdade iso? Siiiiiii! Claro que é verdade! Pero vós sodes uns chicos moi listos e sabedes que esforzarse é algo moi necesario e importante nas nosas vidas, porque sen o esforzo nunca conseguiremos as cousas realmente valiosas. Hai que esforzarse para conseguir ter amigos, e para conservalos, tamén. Hai que esforzarse para saber expresar o que estamos pensando, e ás veces é moi difícil; hai que esforzarse para portarse ben; hai que esforzarse para facer os traballos cando preferimos ver a televisión ou xogar, a que si?, para ter a nosa habitación ordenada, para xogar un partido... O tempo recompensaravos! Espero que pasedes unhas moi boas vacacións e que leades moitíííííííííísimo. Eu prometo ler e buscar novos libros para cando cheguedes en setembro. Pois si que vos vou botar de menos, si! Se queredes escribirme algo, dádellelo ás vosas profes e elas xa mo darán a min. Eu gardareino coma un tesouro. Chis, chis, plof, plof!
Quérovos a todos!
Chicos e chicas de 6º: o instituto espéravos e a súa Biblioteca tamén. Espero que sigades sendo tan bos lectores como demostrastes este curso. Un saúdo e moitos, moitos calurosos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 15 de setembro de 2008
Ola, queridos nenos e queridas nenas:
Aquí estou de novo Chis, chis - plof, plof ¿Como estades? ¿Qué tal as vacacións? ¿Que tal ese verán lector? Eu lin un montón de libros e estiven moi ocupada, coma sempre, viaxando e buscando máis novidades para traer á nosa Biblio. Chis, chis - plof, plof
Ros.Rod
Que ben, un curso máis imos estar xuntos!! Preparádevos, que veño cargada de ideas!! Espero que hoxe teñades un bo comezo de “HORA DE LER”. Anímovos a que disfrutedes dese tempiño, e aproveitedes para emprender unha nova lectura que vos apeteza. Chis, chis-plof,plof O ano pasado fixéstelo moi ben e os resultados foron marabillosos. Cantos libros lemos en todo o curso!! A que si? Supoño que vos fixariades no cartel que está na entrada da Biblioteca: “Abrimos o luns”... e o luns xa chegou. Así que a partir de hoxe xa podedes subir coas vosas profes e tamén nos recreos. É moi importante que leades as normas unha vez máis, para que ninguén esqueza que a Biblio é de todos e de todas, polo tanto debemos axudar no seu coidado para que poida seguir estando así de bonita. Espérovos! Aínda que non me vexades, eu estarei pendente de que non vos falte nada. LER É UN DEREITO : DISFRUTÁDEO!!!!
ÁNIMO, EMPEZOU UN NOVO CURSO!!!! A POLOS LIBROS!!!! Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga
- HOXE COMEZAMOS “HORA DE LER” E - HOXE ABRE A BIBLIOTECA.
- HOXE COMEZAMOS “HORA DE LER” E - HOXE ABRE A BIBLIOTECA.
País dos libros, 27 de outubro de 2008
Queridos nenos e queridas nenas, e queridos maiores, tamén: Hoxe é un día especial para todos nós porque despois de tantos esforzos, inauguramos de forma oficial a nosa Biblioteca. Polo tanto, as miñas felicitacións a grandes e pequenos.
Ros.Rod
Este é o terceiro curso que disfrutamos do PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES. Desde o primeiro ano son moitos os cambios que sufriu a nosa. Moitos libros velliños foron substituídos, e os nosos andeis vanse enchendo das aventuras de sempre e de hoxe, da poesía, do teatro, de música e películas... Podemos facer consulta nos novos dicionarios e enciclopedias, visitar museos e coñecer biografías exemplares, viaxar por países lonxanos, e polo fondo do mar tamén... A concepción da Biblioteca cambiou. Entendemos que debe ser un centro de recursos eficiente que axude a complementar todos os ámbitos de estudo; que ofreza ao alumnado, ás súas familias, a todos os usuarios, as ferramentas, os materiais, os recursos necesarios para formar persoas libres, autónomas, críticas e creativas. Ao Concello debemos agradecer as obras que tranformaron ese espazo especial nunha máis ampla e acolledora Biblioteca chea de luz e color. Á Asesoría de Bibliotecas Escolares o seu apoio incondicional, o seu empuxe e a súa confianza no noso proxecto; e á Xunta poder transformalo en realidade. Ao noso Asesor dos Seminarios e a todos os Equipos das Bibliotecas Escolares de Galicia, compartir con nós os seus traballos, ideas e ilusións. Agradecemos a colaboración desinteresada da xente querida que coas súas puntadas agarimosas vestiu a Biblioteca, que nos agasallou coas súas letras, que nos alegrou os oídos coa súa música e a quen soubo transformar simples táboas de madeira en cómodo mobiliario para os máis pequenos. Ao persoal non docente, ás ANPAS, ao Claustro deste Centro e ao Equipo Directivo (a todos eles, presentes e pasados) por traballar, apoiar e ilusionar ao noso alumnado. Pero, considero que as grazas máis grazas de todas as grazas deben ser para os nenos e nenas (algúns xa mozos e mozas) por LER e disfrutar da lectura, por esforzarse e participar con tantas ganas en todas as actividades, e transmitir ás novas xeneracións o seu entusiasmo. Hoxe collín tanta carreiriña que non dixen nin un chis-chis-plof-plof, ha, ha, ha! Grazas a todos e todas por estar aquí. Bicos, moitos bicos, a todos e todas da vosa amiga
País dos libros, 30 de outubro de 2008
Queridos nenos e queridas nenas:
Ros.Rod
Xa sei que hai moi pouquiño que escribín. Noraboa por esa marabillosa inauguración. Vinvos na tele e nos xornais. Canta xente! chis-chis-plof-plof Agora tedes que usar a vosa Biblioteca con máis ganas ca nunca, ler moito, buscar libros que sexan moi “apetitosos” para que os poidades devorar con gusto. Éme moita hora de falar con vós, que xa nos vén aí o Magosto e o Samaín, e nós así, coma se nada. chis-chis-plof-plof Recordades esta foto do ano pasado? Cantas cousiñas escribimos!! Cantos poemas e contos, adiviñas e refráns!! Aah! pois este curso toca algo parecido. Neste sobre metín unhas folliñas de papel, un pouco máis grandes cás dos carballos-carballos, para que poidades escribir todo o que se vos ocurra: un poema, un mini-conto, un refrán, unha adiviña, unha palabriña máxica… pero todo, todo, todo ten que falar do outono, do Samaín, do Magosto, do medo Auuuuuu!!!!!, porque estamos na época máis fantasmagórica do ano, a máis esquelética, a máis meiguiña... chis-chis-plof-plof Pero, que saborosa!!! Castañas asadas, zonchos con leite...! Figos, marmelos, mazás, noces, uvas, cabazas... MMMmmmmm...! chis-chis-plof-plof Hai dous contos esperando por vós na Biblio: “A castaña que rebentou de risa” e “A fantasma solitaria” para que os vexades coas vosas profes. Que vos parece? Animádevos a facer
País dos libros, 4 de decembro de 2008
Queridos nenos e queridas nenas:
Ros.Rod
Hoxe serei breve. Só quero dicirvos que vos traio moitos libros bonitos, e algúns son fermosos libros de Nadal chis-chis-plof-plof. Coma sempre, podedes velos na vosa aula e telos uns días e, despois, subídelos á Biblioteca. Espero que leades moito e que subades á Biblioteca a escoitar contos e a collelos para levar á casas. chis-
chis-plof-plof
Por certo... ¿Que tal vos portades cando ides nos recreos? ¿Que tal subides as escaleiras? Seguro que ninguén corre, a que non?chis-chis-plof-
plof
Todos sabedes que tedes que entrar na Biblioteca con moito coidado e sen molestar aos que están traballando ou lendo. chis-chis-plof-plof E recordade que tedes que deixar todo recollido, eh? Xa vexo que sodes uns campións e ademais algúns escribídesme cartas. Encántame coñecer as vosas letras para ver que cada día escribides mellor. Ás veces non teño tempo para contestar, por iso deixo as dos debuxos para o final. Bicos, bicos, bicos de
País dos libros, 23 de marzo de 2009
Queridos nenos e queridas nenas:
Ros.Rod
Xa xei que levo moito tempo sen escribirvos e sen enviar a miña maleta, pero non vos esquezo; e menos en datas tan, tan bonitas. Este sábado celebrouse o Día Mundial da Poesía! chis-chis-plofplof, que coincide coa chegada da PRIMAVERA. Nós celebrarémolo o vindeiro venres 27, na Biblioteca, xunto co Día do Teatro chis-chisplof-plof. Podedes ir preparando algún poema para recitar ou un breve texto para representar coma outras veces. Ademais, desta vez, propóñovos outra idea:
Agasallar poemas! Podedes
escoller versos entre os libros que tedes na exposición, ou tamén podedes decidirvos a crear os vosos propios poemas! chis-chis-plof-plof
Logo de ter feita a vosa escolma, elexiredes un para copiar no papel de agasallo que tedes na Biblioteca á vosa disposición desde hoxe mesmo. Ese “carta de agasallo” entregarédela na Biblio poñendo o nome da persoa a quen vai dirixida. Pode ser a calquera persoa do colexio. Cada quen terá que pasar por alí e preguntar: “Hai versos para min?”
Felices Versos para Todos! Montóns de bicos primaverais de
País dos libros, 21 de abril de 2009
Queridos nenos e queridas nenas:
Ros.Rod
Diredes vós: E ¿que pinta aquí a foto do coliseo romano? Chis-chis, plof-plof! E dicides ben: ¿Que pinta aquí?... Xa sabedes que a min gústame moito viaxar, ¿non? Pois este mes estiven de visita en Italia; concretamente pasei algúns días na eterna cidade de Roma; e entón pregunteime eu: ¿Non haberá por aquí algún libriño que eu lles poida levar aos meus amigos e amigas? E, efectivamente, como por arte de maxia apareceron estes dous que vos traio na maleta: “Pinocchio”, escrito en italiano, para que sigades aprendendo e comparando as fermosas linguas do mundo; e outro que atopei sobre o Coliseo; este en castelán e así poderédelo ler sen dificultade coa vosa profe ou cos vosos papás ou avós, na casa. Chis-chis, plof-plof! Ademais envíovos máis libros para continuar renovando os andeis da vosa Biblioteca. Pero teño tanto que contar... Quero animarvos a preparar ao longo desta semana un conto colectivo na vosa aula. Un fermoso conto feito coa colaboración de cada un de vós e ilustrado cos vosos debuxos, que son sempre os que máis me gustan. ¿Estades dispostos? Chis-chis, plof-plof!
Veña! Ánimo! Imos celebrar o DÍA DO LIBRO como se merece! Despois facedes unha exposición e deixádesme abraiada! Vai?
Muá e requetemuá... da vosa amiga e requeteamiga
País dos libros, 1 de xuño de 2009
Q
ueridos nenos e queridas nenas: este curso chega xa ao final, polo tanto necesitamos facer dúas cousas importantes, que se convertirán en TRES! * Primeira: temos que recoller os libros que están nas aulas e nas casas. Chis-chis,
plof-plof!
* Segunda: Temos que valorar como foron as actividades da biblioteca. Chis-chis, plof-
plof!
Lede moito!
Pero, * terceira, e máis importante... Chis-chis, plof-plof!
TEMOS QUE SEGUIR LENDO, DISFRUTANDO E APRENDENDO!
Feliz verán a todas e todos e ata o curso que vén. Moitos bicos da vosa amiga. Chis-chis, plof-plof!
País dos libros, 30 de setembro de 2009 Chis, chis, plof, plof!
Ola, queridos nenos e queridas nenas:
Vexo que neste curso hai caras novas no COLE: as pequenas de 3 anos, Paula, Keira, Nuria e Silvia; Alina de 3º e Carolina de 5º!!! Eu son...
Chispa
Ros.Rod
Chis, chis, plof, plof!
Benvidos a todas e todos. Xa me enterei de todos eses libros que
lestes no verán. Canto me alegro!!! Pero neste curso temos un gran reto por diante: completar os ITINERARIOS LECTORES, lendo todos os libros escollidos...
Xa sabemos que LER REQUIRE UN ESFORZO. Pero, que maior recompensa que descubrir as novas historias agochadas dentro dun libro!!! E falando de novas historias... aquí vos deixo estes libros de contos que tanto nos gustan e algún outro que aínda non coñecedes... A dulce historia de CHOCOLATA...
PALABRA DE CROCODILO e CROCO... ANIMAIS EXTRAORDINARIOS... E moitas máis historias fantásticas para os máis grandes!!!
Chis, chis, plof, plof!
Espero que o pasedes moi ben lendo estas novas historias, que coidedes moito os monicreques que acompañan a estes contos e que lle fagades caso ao caracol ROI tratando con agarimo todos os contos que pasen polas vosas mans. Un saúdo e moitos, moitos moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 26 de outubro de 2009 Chis, chis, plof, plof!
Ola, queridos nenos e queridas nenas: Hoxe é o Día das Bibliotecas Escolares, e que mellor forma de celebralo que reunirnos todos unha vez máis na Biblio do noso fermosísimo cole. Chis, chis, plof, plof!
Ros.Rod
Aínda que moito mellor é unha maleta viaxeira chea de novas historias para ler e compartir. Para os máis pequechos do cole, catro contos do rato Frederick, O porquiño e Un gran soño, Cal é a miña cor?, Un becho extraño, e Mago Goma. E para os maiores, lecturas do máis interesante: Como facer un cómic, El secreto del Oso hormiguero, O pequeno Señor Paul, Andanzas de Xan Farrapeiro, A profesora Ripaldi... Ademais temos moitas máis cousas que celebrar: Chegou o
OUTONO
e
con el, as festas do Magosto e o Samaín. E no Samaín xa sabedes que toca ler contos de medo. Lembrade que podedes coller da Biblio calquera deses libros que tedes na exposición. E para rematar...
UNHA SORPRESA PANTASMAGÓRICA!!! Chis, chis, plof, plof! Feliz Outono, Magosto e Samaín. Un saúdo e moitos, moitos, moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 10 de decembro de 2009 Chis, chis, plof, plof!
Ola, queridos nenos e queridas nenas: Hoxe celebramos o 61 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. E iso que é?, preguntarédesvos algúns. Os Dereitos humanos son aqueles que o ser humano posúe polo mero feito de selo. Son propios da persoa e son realmente imprescindibles, como poden ser o Dereito á vida, o Dereito a Non Ser Discriminado, o Dereito á Educación... Hoxe en día, aínda son moitos os países onde hai casos nos que non se respectan estes dereitos, pero... hai algo máis bonito que loitar por defender os nosos ideais? Ros.Rod
Agora que se achegan as Festas do Nadal, festas que son compartidas pola maioría dos habitantes da Terra, e que celebramos con agasallos, comidas e reunións cos seres queridos... fagamos un esforzo por manter o seu verdadeiro espírito, espertando o mellor do ser humano: o amor cara aos outros e a solidariedade.
Así que esta vez a miña maleta vén cargada de bos desexos e libros, algúns que xa coñecedes e algunha que outra novidade... para grandes e para pequenos.... Oda a unha estrela... Os mil brancos... Libro das M’Alicias... Máis respostas ás preguntas que nunca fixeches... O corazón do xastre... xunto con eses preciosos libros despregables que tratamos con tanto mimo e unhas cuantas revistas sobre o Nadal.
Espero que disfrutedes cos preparativos do Festival, e que nas vosas cartas aos Reis Magos, non vos esquezades de incluír algún libro.
Feliz Nadal para todos!
Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 6 de xaneiro de 2010 Chis, chis, plof, plof!
Ola, queridos nenos e queridas nenas: Como cada ano os Reis Magos despois do seu longo viaxe desde o lonxano Oriente, repartiron agasallos a todos os nenos e nenas por todo o mundo. Cánta maxia na Noite de Reis
Ros.Rod
E como boa bruxa que son, quero compartir parte dos meus máis prezados segredos, regalándovos un precioso libro que os Reis Magos deixaron na miña casa:
“Genealogia
de una Bruja”
é un libro moi especial, xa que inclúe o
conto de A pequena bruxa e un libro sobre Bruxas e feitizos , pois toda boa meiga debe coñecer a súa xeneoloxía. Saber de onde se vén, para acertar onde se vai.
caixa de correo
da E atendenddo ás recentes peticións chegadas á nosa querida Biblioteca mándovos tamén unhas revistas do mundo do automóbil e unha enciclopedia sobre os cabalos, xunto con dúas enciclopedias visuais para os máis
caixa de correo
tamén serve para pedir aqueles pequenos. E recordade que a libros que queirades disfrutar e que aínda non están na Biblio. Tamén algúns títulos máis como Cuento de Navidad, Con la cabeza en otra parte, Perder para ganar, Nuevos casos de los detectives López y Baldosillo, Veinte mil leguas de viaje submanrino de Julio Verne, o libro musicado de Tic Tac, unha escolma poética de Ramón Cabanillas, e algún que outro máis. Espero que disfrutedes con estas fascinantes lecturas. Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 19 de xaneiro de 2010 Chis, chis, plof, plof! Hai unha semana que chegou ao noso cole a exposición Aforrando enerxía, con debuxos de Leandro Lamas, e todavía non vin a ninguén visitándoa. Eses debuxos tan bonitos e a importancia deses textos que os acompañan... e todo iso tan desaproveitado. Así que me dixen, ¿que podería facer eu para que os nenos e nenas do Colexio de Pazos visiten esta fermosísima exposición? Ros.Rod
Chis, chis, plof, plof! Xa está! Voulles mandar uns agasallos relacionados coa reciclaxe: Libros dos Bolechas, unhas libretiñas, uns discos de xogos, ... que de seguro lles encantarán! Porque recordade: Moitas veces non somos conscientes de
que a enerxía é un ben escaso e limitado. Polo tanto, fagamos caso á máxima que di que a mellor enerxía de todas é a que NON se consome. O planeta agradecerao.
E non vos olvidedes que o 29 de xaneiro de 2010
celebraremos o Día
da Paz. Así que, propóñovos
elaborar un novo Libro colectivo como fixemos os outros anos. Entre todos temos que conseguir outro
marabillosos libro cos nosos mellores desexos para un mundo mellor e máis solidario. Lembrade tamén
que podedes ir á Biblio para mirar os libros dos cursos pasados.
Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 8 de marzo de 2010. Chis, chis, plof, plof!
Ola, queridos nenos e queridas nenas:
Hoxe celebramos o Día da Muller Traballadora, e recoñezo que tivestes unha grande idea invitando a algunhas nais dos nenos e nenas do cole a contar contos nos recreos. Chis, chis, plof, plof! E que o mundo está cheo de mulleres que traballan para que poidamos disfrutar de marabillosas historias. Hai mulleres que escriben: como Ana García Castellano, María Alcañiz Lorenzo, Lucía Serrano, Fina Casalderey, etc. Hai mulleres que ilustran: como Ximena Maier, Violeta Monreal, Ericka Martinez, MªFe Quesada, Noemí López e moitas máis. E hai mulleres que contan, como Ana, nai de Alba, como Mónica, nai de Anxo e Lucas, como Ana, nai de Irene, como Finuca a avoa de Keira e outras tantas que vos contan preciosos contos todos os días. Pero sobre todo... Ros.Rod
Por iso, esta
maleta
ven cheíña de libros escritos por mulleres, ilustrados por
mulleres, para que os conten as mulleres e os lean as mulleres.
Para os máis pequenos do cole, historias como as de Violeta a Carteira Bolboreta e Carola a Carteira Centola e Martiño o Carteiro Porquiño... Para os maiores: RimBambini, Ruby Rogers, Marcos Mostaza, Mil cousas poden pasar e moitos máis. Pero tamén nesta maleta veñen libros para poder disfrutar todos e todas, como as Enciclopedias de Animais que sei que tanto vos gustan, e un orixinal libro de formato
super-mega-xigante sobre a
opera. Chis, chis, plof, plof!
Un saúdo e moitos, moitos, moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 23 de abril de 2010. Chis, chis, plof, plof!
En Abril, libros mil! Ola, queridos nenos e queridas nenas:
Ros.Rod
dia do libro
Como todos os anos, o 23 de abril celebramos o na nosa Biblioteca, en lembranza de escritores tan importantes como Miguel de Cervantes, que escribiu “El Quijote”, e o inglés William Shakespeare, autor de libros como “O soño dunha noite de verán” ou “Romeo e Xulieta”.
LIBROS
E que mellor forma de celebrar o Día do Libro que con . Por iso, desta vez tiven que preparar un paquete tan especial como o que estades vendo, xa que non cabían na miña maleta!!! Chis, chis, plof, plof!
-
-
Unha maleta chea de libros:
Unha coleción para os máis pequenos de “Bichitos Curiosos”. Unha coleción completa de “Las Fieras Fútbol Club”. Outra coleción completa de “Rimbambini”. Outra coleción de “Verónika Click!”. Unha colección noviña de libros de animais, que ben sei que vos encantan. E moitos outros títulos como: o “La Gran Invasión de Ratonia” de Jerónimo Stilton. o “El correo flotante de Félix”, un libriño cheo de receitas riqúisimas!!! o “Ojalá no hubiera números!”, que conta a historia dun mundo sen números. Podedes imaxinalo??? o “ A voda do Galo Pinto” o E por suposto unha pequena biografía de Uxío Novoneyra, personaxe a quen estará adicado o Día das Letras Galegas este ano. E moitos outros que quedan no tinteiro para que vós os descubrades.
Chis, chis, plof, plof!
Un saúdo e moitos, moitos, moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 9 de novembro de 2010 Chis, chis, plof, plof!
Ola, queridos nenos e queridas nenas: Que fermosa homenaxe a 25 de outubro coincidindo co
Xoán Farias fixestes o pasado Ros.Rod
Eu, aínda que ninguén se percatou da miña presenza, non perdín detalle desde os andeis da vosa Biblioteca... Encantoume a idea de prantar unha maceira co nome do escritor, pois no próximo outono dará unhas mazás deliciosas!!! Canto orgullo para min que a nosa Biblioteca leve o seu nome, e por certo, a placa da entrada á Biblio quedou Co novo curso volven as novas: Novos libros, novas historias e novas sorpresas. Xa me enterei que estades escribindo contos de medo para o San Martiño. Facédeos ben que penso lelos todos, todísimos!!! E recordade que “No San Martiño, os peóns se botan ao camiño” Para os máis pequenos traio unhas bolsas para que poidades levar e traer os libros do empréstito, e unhas chapiñas coas vosas caras para que non as confundades!!! Para os demais, unhas chapas co novo nome da Biblio... pois é unha satisfacción poder levar o nome dun dos mellores escritores de Literatura Infantil e Xuvenil tan preto do corazón... E para os do Equipo da Biblio, nada máis e nada menos que unha chapa distintiva, que ademáis non ten calquera, xa que hai que traballar moito para poder pertencer a este pequeno Clube...
maleta
E por supostísimo unha que vén cheíña de novos libros para a Biblio... Contos cheos de medo e misterio para grandes e pequenos, enciclopedias visuais sobre moitas cousas, libros de animais e árbores, e unha coleción enteiriña para os primeiros lectores... Espero que disfrutedes con estas fascinantes lecturas.
Moitos, moitos, moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 20 de decembro de 2010. Chis, chis, plof, plof!
Ola outra vez, queridos nenos e nenas: Outro ano máis chega o Nadal, tempo de gozar en familia decorando a árbore con luces, grilandas, bólas e fermosos adornos, montar o Nacemento e cantar panxoliñas a ritmo de pandeiretas... E por supostísimo, de escribir a Carta aos Reis Magos, pero diso xa sei que non perdestes conta, pois chegou ata os meus oídos que as vosas Cartas para Oriente, xa van de camiño, que o Carteiro Real fai moi ben o seu traballo. Ros.Rod
E como o tempo dos agasallos está ben pretiño, ademais da miña maleta, coma sempre chea de libros, déixovos un paquete que trae... mellor: déixovos o traballo de descubrilo... pero é algo para a Biblio. Non podía ser doutra forma!!!
Para os maiores: A colección “O Club da Ciencia” de Xerais, a colección “Pizca de sal” de Anaya, El insólito ascenso de Madame Pôl, libros de Jacobo Dos-dos... Para os primeiros lectores, unha colección de Alfaguara con títulos tan xeniais como “La princesa bromista” ou “Aristóteles, el mejor gato para una bruja”. E para os peques, e non tan peques, que ben sei que vos encantan estes libros: Tris, tras, cucutrás, O carameliño sen cor e sen sabor, Familia, Falame, O tigre que veu a tomar té, O meu amigo Álex, Bailar nas nubes, e máis... Chis, chis, plof, plof! Espero que disfrutedes cos preparativos do Festival, e que nas vosas cartas aos Reis Magos, non esquecésedes incluír algún libro.
Feliz Nadal para todos!
Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 28 de xaneiro de 2011 Chis, chis, plof, plof!
Ola a todos de novo! Chegou aos meus oídos que hoxe iades celebrar o Día da Paz e a Non Violencia,
Ros.Rod
aínda que este ano adiantástesvos un pouco. O día 30 de xaneiro é o día no que se conmemora a morte do lider espiritual da India Mahatma Gandhi, gran pacifista que nos transmitiu que o AMOR UNIVERSAL é mellor que o EGOÍSMO, que a NON-VIOLENCIA é mellor que a VIOLENCIA, e que a PAZ é mellor que a GUERRA. E cada ano que pasa quedo máis marabillada do moito que vos esforzades na elaboración do Libro Colectivo da Paz… que xa nin hai que suxerilo… Sodes únicos, rapaces!!! Chis, chis, plof, plof! Así que mans á obra!!! Déixovos unhas pistas para que podades comezar o SUPER-XOGO-DA-PAZ. Pero recordade que nunha Caza do tesouro o máis importante é colaborar, traballar xuntos e aunar esforzos. E ánimo, que de seguro ao final hai premio!!!
E como sempre, traio a miña maleta repleta de libros... •
• • •
Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
Para os peques: un montón de fermosos libros de Kalandraka, por supostísimo, en galego. Para os do medio: unha pequena colección de Alfaguara Para os grandes: outra pequena colección da Editorial Merlín. E para todos: uns fantásticos libros en inglés, moitos deles deses que teñen pestaniñas e solapas para descubrir segredos agochados e un libro-CD para non parar de bailar!!!
País dos libros, 4 de marzo de 2011 Chis, chis, plof, plof!
Ola a todos, meus queridos nenos e nenas! Ros.Rod
Hoxe vides moi elegantes ao cole, hi, hi, hiiii!!!!
Entroido
.., e ser quen É que é tempo de de disfrazarse co que se ten na casa é unha tradición que é importante que non se perda. Pouco queda xa para botar a este Meco barulleiro á fogueira, que durante toda a semana estivo a pedir que viñésedes de entroidos. Eu, agochada desde a Biblioteca, escachaba coa risa ao vervos pasar. Ha, ha, ha!!!! Atendendo ás últimas peticións chegadas á miña caixa de correo, na miña maleta vai un agasallo para os membros do Equipo de Biblioteca, e para os demais.., uns preciosos marcapáxinas... Non lles teñades pelusa, que todos seredes algún día do Equipo da Biblioteca. Chis, chis, plof, plof! E por suposto....
Libros para todos!!! Pero desta vez non veñen contos,
noooon... Veñen libros para investigar, descubrir e aprender, •
• •
•
grandes e p
equenos.
Libros de arte: Una visita al Museo de Arte Contemporáneo, El sueño de Sorolla y El sueño de Rembrandt, Salvador Dalí... Libros de música: El Cascanueces, Chopin, Tchaikovsky, El saxo... Libros de biografías: Cristobal Colón, Gaudí, Gutemberg, 10 Reyes y Reinas que cambiaron la historia... Libros para investigar: Cómo funcionan las cosas, Sábes por que?, Mundo curioso e fantástico, Ciudades en el tiempo...
Tedes material para rato!!!
Chis, chis, plof, plof!
E agora a ler eses testamentos e a botar o Meco á fogueira!!!
Moitos, moitos bicos, da vosa amiga.
Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 1 de abril de 2011 Chis, chis, plof, plof!
Ola a todos, queridos nenos e nenas! Desta vez retraseime algo en volver coa maleta cargadiña de libros, pero é que tiven moito entre o que escoller e quixen facelo ben. Quero que as maletas veñan repletas de libros que vos encanten, así que hoxe vai de literatura: preciosos albumes ilustrados e fermosos contos para os máis pequenos; e noveliñas interesantísimas para os máis grandes. Ademais, non podía ser doutra forma no día en que celebrades o
Ros.Rod
Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, en memoria de Hans Christian Andersen, quen escribiu historias fantásticas como “O Soldadiño de Chumbo”, “O traxe novo do Emperador”, “ A Sereíña” ou “A princesa e o chícharo”. Coñecédelos? Tamén sei que traballastes sobre o libro “Galego.
Á beira do mar”,
escrito por Xoán Farias e ilustrado por Xosé Cobas e que fixestes mooooitísimas actividades sobre el: que se a pesca na lagoa, que se unha exposición das fotos cos avós e avoas, que se unha mostra de recreacións da portada do libro... Pero sobre todo, o que máis me gustou foi ver aos maiores contándollelo conto aos pequenos do cole. Parabéns rapaces e rapazas. Fixéstelo realmente ben!!! Chis, chis, plof, plof!
E recordade que o mes de abril é o MES DOS LIBROS, así que xa o sabedes:
Moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 20 de xuño de 2011
Chis, chis, plof, plof!
Ola, queridos nenos e queridas nenas: Outro ano máis o curso chega ao seu fin co comezo do verán. Acábanse as clases e despedímonos con algo de pena pero satisfeitos por todo o vivido xuntos.
Ros.Rod
O ano pasado comezamos co empréstito de libros no verán, e resultou unha experiencia fantástica!!! É que o hábito lector non é algo que poidamos deixar aparcado nas vacacións!!! Por iso, as familias que queiran levar en préstamo algún libro da nosa ben querida Biblioteca, poderán facelo se veñen buscar os libros o 23 e 24 deste mes. Poderedes levar ata 5 libros por cada neno ou nena. Pero para iso, debedes ser tan coidadosos como o fostes ata o de agora. Chis, chis, plof, plof!
Non vai ser só tempo de mergullarse na auga, senón tamén para mergullarse na lectura. Desta volta a miña maleta vén cargada de libros moi interesantes para aprender e descubrir... Atlas de animais, libros sobre o universo, sobre os bosques, libros de vikingos e de piratas... e tamén algunha película en DVD en galego, que hai moi poucas!!!
E desta vez no maletín... traio un agasallo co que quero facerlle unha pequena homenaxe a
Juan Farias, o noso Xoán Farias... No seu libro “Desde o corazón da mazá” escribiu unha
frase que, cando chegan as vacacións, non podo deixar de lembrar...
“Hai anos, moitos, case tantos coma os que levo ao lombo, un mestre de escola díxome, díxonos: -Agora, e ata que medie setembro, cando non saibades que facer, escribide un libro.” "Desde o corazón da mazá" Xa só me queda desexarvos que pasedes unhas boas vacacións e dicirvos que leades moitíííííííííísimo. Eu prometo ler e buscar novos libros para cando cheguedes en setembro. Chis, chis, plof, plof!
Un saúdo e moitos, moitos calurosos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 21 de decembro de 2011. Chis, chis, plof, plof!
Aquí estou de novo: Un ano máis chega o NADAL; xa pasou o festival, hoxe chegarán as notas, e despois volveremos a celebrar coas nosas familias e os nosos amigos estas festas que tanto nos gustan. ¿Por que será? Eu pasei unha boa temporada viaxa que te viaxarás. Aquí Ros.Rod
vos traio un lote de libros
enooooorme para que
inauguredes o vindeiro trimestre. Vós, que estades medrando, e aprendedes cada día máis cousas, sabede que en todos eles haxa, probablemente, algo co que poidades disfrutar. Ás veces atopamos libros moi bonitos por fóra, iso está ben; outras, son bonitos por dentro; iso aínda está mellor; pero ¿e os que son bonitos por fóra e por dentro? ¿Os que nos contan cousas interesantes que nos fan pensar, que nos fan cambiar, mellorar, decidir...? Eses son os verdadeiramente bos. E a mellor forma de sabelo é: collelo, tocalo, abrilo, ulilo, e sentilo; daquela xa o podedes ler. Empapádevos da historia que conta, das ilustracións, das cousas novas que vos descubra. Se o coseguides, ESE É UN BO LIBRO! Chis, chis, plof, plof! Espero que disfrutedes destas FESTAS e que nas vosas cartas aos Reis Magos, que son amigos meus, por certo, non esquezades pedir un, dous, tres ou vinte, ou trescentos libros. Glup! Se cadra, acabo de esaxerar un pouco. Perdón, é que me deixo levar pola paixón. Á volta das vacas –Muuuuuucontádeslles ás profes que libros conseguestes que vos trouxesen, vale?
!Feliz Nadal para todos e todas e Felices Lecturas para o 2012! Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 16 de xaneiro de 2012.
Ros.Rod
Chis, chis, plof, plof!
Queridísimos nenos e nenas, queridísimas familias: Aínda que hai pouquiño que vos visitei, hoxe tráeme un motivo moi especial que non quero deixar pasar por máis tempo. A miña carta vén sen libros, sen agasallos... A miña carta hoxe no canto de traer, PIDE!!. Chis, chis, plof, plof! Como cada ano, chega o tempo no que nos adicamos a traballar a Paz. Xa sabedes que esta conmemoración celebrámola o 30 de xaneiro cada ano, e é unha das máis importantes para a nosa vida real. Xa está moi preto esta fermosa data, e desta vez queremos que sexa unha cousa moi especial. Chis, chis, plof, plof! Doce bibliotecas escolares de Ferrol estamos a traballar nun proxecto de intercambio con nenos e nenas da Biblioteca de “El Nido del Bubisher”, no Sahara. Moitos, xa saberedes disto por ter lido o blog da Biblio, pero, se cadra, para outros aínda sexa novidade. O proxecto chámase “Coñecernos para querernos”. Consiste nun intercambio de presentacións escritas en forma de libros encadernados por nós, que iremos ampliando contándolles os nosos costumes, as tradicións, as festas, a forma de vida...; e eles farán o mesmo. Así enrequecerémonos todos, non credes? Chis, chis, plof, plof! Este Nadal conseguimos conquistar a moitas bibliotecas de Galicia, e xuntamos 101 álbumes ilustrados para esta nova Biblioteca Municipal de Smara: “El Nido del Bubisher”. Un álbum por cada biblio participante. ¿Non é marabilloso? Agora damos un paso máis e pedímosvos algo así de simple: LIBRETAS E LAPIS. Necesitan este material tan elemental. Somos un cole pequeno pero seguro que temos un gran corazón. Por iso desde hoxe e ata o 30 de xaneiro facemos unha chamada:
1ª RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR PARA A BIBLIOTECA DE “EL NIDO DEL BUBISHER” Moitos bicos a todos e todas. Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 30 de marzo de 2012.
Chis, chis, plof, plof!
Queridísimos nenos e nenas: Ros.Rod
Hoxe,
como todos os anos, estades a
Dia da Poesia e o Teatro,
celebrar
o
recitando poemas cantando romances e cantigas e incluso facendo de actores. Ai! Cómo me enche de ledicia vervos polo cole argallando estas representacións!!!
Encántame os días previos a esta data polo ir e vir que hai na Biblioteca... os nenos, as nenas, as profes... sempre con esa pregunta nos beizos... Hai versos para min? E eu, mira que rebusco polas noites na caixa dos versos, pero todavía ninguén se acordou de adicarme unhas liñas... A ver se o curso que vén solucionades isto... que eu tamén quero versos!!! Chis, chis, plof, plof! E cómo non, aquí vén a miña maleta, cargadiña de libros para todas as idades, algún xogo de ordenador para as mentes máis matemáticas e uns DVD’s estupendos cos que ides a aprender moitas cousas. E como non podía ser doutra forma, aquí vos deixo unha poesía:
“Libros de contos para ler sos ou en compañía, Libros para investigar e aprender con alegría Enciclopedias cheas de sabiduría Que veñen a quedarse nas vosas estanterías.” Chis, chis, plof, plof!
Un milleiro de bicos para todos e todas da vosa amiga, Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 22 de xuño de 2012. Chis, chis, plof, plof!
Ola a todos e todas: queridísimos nenos e nenas, e queridísimas familias!!!
Outro ano máis chega o verán e con el, o curso que toca ao seu fin. Rematan as clases e hoxe tócavos despedirvos, algúns con algo máis de pena, porque deixades o colexio, pero ao mesmo tempo, alegre por todo o vivido xuntos.
Ros.Rod
Chis, chis, plof, plof!
Últimamente ando do máis atarefada, buscando libros dos que sei que vos poidan gustar. E que sorpresa tan agradable cando cheguei onte ao cole e atopei un cento de cartas na caixa do correo!!! Xa as lin todiñas, pero non sei se terei tempo a contestalas, así que prometo facelo ao longo das vacacións. O que máis pediades era que voltase ao cole coa maleta chea... pois velaiquí está!!! Unha maleta cheíña de
libros, para todas as idades e todos os gustos!!!
Chis, chis, plof, plof!
E agora unha pequena mala noticia: É que este ano non podedes levar libros da Biblio para ler no verán, pois xa sabedes que estamos en obras e todos os libros teñen que estar resgardados do pó para que non se estropeen. Así que teredes que esperar a setembro, a que comece un novo curso, para poder disfrutar das novidades que vos traio na maleta e da súper-biblioteca que imos ter! Pero iso si, aínda que non poidades levar libros da nosa Biblioteca, sempre poderedes coller en empréstito libros na Biblioteca Municipal de Ferrol ou pedir que vos agasallen con algún polas boas notas. Xa vin que andan por aí unhas recomendacións lectoras do máis molonas. E como non!!! Antes de despedírmonos ata o ano que vén, traiovos un agasallo... Xa pensabades que me olvidaba, eh? Unha súper-chapa que di:
Eu quero ler no verán!!! Para deixarllelo ben clariño a todos.
Xa só me queda desexarvos unhas boas vacacións e dicirvos que leades moitííííííííísimo. Eu prometo buscar novos libros para cando cheguedes en setembro.
Moitos bicos a todos e todas.
Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 20 de decembro de 2012 Chis, chis, plof, plof!
Ola
queridos nenos e nenas, ola profes:
¡Canto me tardaba pasar por aquí! ¿Como vos quedades con tantas, tantísimas novidades que vos deixei? Levo meses percorrendo cidades e vilas buscando libros e máis libros para a vosa biblioteca. Atopei todos estes. Tráivolos para que gocedes deles na biblio e na casa. Imaxinade cantas cousas hai entre estas páxinas. Fixádevos ben porque hai libros moi interesantes, en galego, en castelán e en inglés. De consulta, de aventuras, moitos, moitos, moitos. Chis, chis, plof, plof! ¡Moitísimos! Ros.Rod
Agora chegan as vacacións do
Nadal. Supoño
que todos estaredes pensando xa no que lles ides pedir aos Reis Magos na vosa carta. Espero que sexades moi bos para que a todos vos poidan traer, polo menos, un libro para poder ler, gozar e medrar. Ás veces nos traen libros con fermosas ilustracións, grandes ou pequenos; outras, libros con mensaxes que nos chegan ao . Buscade o voso libro: hai un esperando por vós; asegúrovolo. Cando o atopedes saberedes que Chispa ten razón.
Contaxiade ás vosas amigas e aos vosos amigos,
á vosa familia. Seguro que moitos de vós xa sabedes que a lectura se contaxia, pásalle como á risa. Probade a contaxiar estas vacacións a moita, moita xente. Lede, lede, lede, lede... ¿Hai trato?
Envíovos
un saúdo agarimoso a cada un de vós. Que pasedes as mellores festas e
que carguedes as pilas para empezar o 2013 con moitas ganas.
¡BO NADAL A TODOS E TODAS!
País dos libros, 21 de outubro de 2013 Chis, chis, plof, plof!
Ola, meus queridos nenos e queridas nenas:
Este ano case non chego! Xa levades máis dun mes no cole e eu sen dar sinais co meu...
Ros.Rod
Pero ¿a que ule por aquí? Hummmm! Xa ule a mazás e mandarinas, a castañas e a cabazas. Por fin chega o OUTONO e con el os días de choiva nos que estades recollidiños na Biblio. E para iso... que mellor agasallo vos poido traer que unha maleta chea de libros e este mobiliario novo tan chulo.
Pero o mellor de todo é que o OUTONO é tempo de festa, tempo de MAGOSTO e SAMAÍN e como cada ano chegan á Biblio os
Cómo me gustan eses libros colectivos tan arrepiantes que facedes. Uuuuuuhhhh. Xa estou esperando para ver o resultado deste ano. Xa me entran calafríos de pensalo. Ha, ha, ha, ha!!! Chis, chis, plof, plof! E aí van as NOVIDADES, que penso que hai para todos e todas nesta maleta: Libros de consulta para pequenos e grandes investigadores, algunha lectura divertida para todos e algún xogo e película para que os máis pequenos pasen un bo rato na Biblio. E LEMBRADE: No Samaín toca ler contos de medo. Podedes coller da Biblio calquera dos libros que tedes nas exposicións. E para rematar... A GOZAR DESTES PRECIOSOS MOBLES NOVOS!!!
Feliz Outono, Magosto e Samaín. Un saúdo e moitos, moitos, moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!
Chis, chis, plof, plof!
País dos libros, 10 de decembro de 2013 Chis, chis, plof, plof!
Ola, meus queridos nenos e queridas nenas: Por fin chegou o
NADAL e con el todos os preparativos
Ros.Rod
que fan que o mundo enteiro se revolucione.... Cartas cheas de bos
LIBROS!!!
desexos, árbores repletas de adornos, luces de cores e como non! Libros que contan historias máxicas, para ser lidos ao carón do lume, no colo dos avós ou debaixo das mantas. Ou que tamén poden ser lidos nestes sofás novos superconfortables que vos deixo na
Biblioteca. E que ben sei que vos facían falta,
pois moitas veces a algún se lle olvida que os sofás son para sentarse e se lle ocorre saltar neles. E iso non pode ser!!! Temos que coidar as nosas cousas... os libros, os mobles, o lugar no que estamos, e a xente que nos arrodea pois é a forma de facer un mundo mellor día a día. Chis, chis, plof, plof! E aquí van as tarefas para antes das
VACACIÓNS DE NADAL: CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL,
- Hai un organizado pola ANPA, que trae premio para as mellores.
CONCURSO DE CARTAS AO APALPADOR. Que - Hai outro
aínda algúns non sabedes quen é o Apalpador? Pois xa estades buscando na wikipedia ou na Biblioteca, que de seguro que algún libro ten que haber. Lede e informádevos, pois forma parte das tradicións da nosa terra.
FESTIVAL DE INVERNO
- Tedes que ensaiar moitísimo para o , pois xa sabedes que veñen os vosos pais, nais, avós, avoas, tíos, tías e demais familia, para ver o ben que o facedes e o guapos e guapas que sodes. Así que mans á obra, rapazas, rapaces e profes. Que xa está aí o
NADAL!!! Chis, chis, plof, plof!
Felices Festas e un saúdo e moitos, moitos, moitos bicos, da vosa amiga.