Concepción Arenal

Page 1

SP “Coñecendo Ferrol” Equipo da Biblioteca e ENDL CEIP de PAZOS Día da Muller - Curso 2009 2010


Naceu en Ferrol, nunha casiña moi modesta do barrio de Ferrol Vello, o 31 de xaneiro de 1820. Filla de don Ángel del Arenal Cuesta, militar de ideoloxía liberal, contrario ao réxime absolutista do rei Fernando VII; e dona María Concepción de Ponte Mandiá Tenreiro, decendente dunha familia de nobres; o seu irmán era conde de Vigo. O pai de Concepción Arenal morreu en 1929, cando ela tiña tan só oito anos. A súa nai, que lle inculcou unha sólida educación relixiosa católica, decidiu marchar con ela e as outras dúas fillas a Cantabria, a casa da avoa paterna; e cinco anos máis tarde, a Madrid. Ingresou nun colexio para señoritas; e sete anos despois, en 1842, decidiu asistir á Universidade complutense, na Facultade de Dereito. Para iso, segundo conta unha lenda non comprobada, vestíase con roupas masculinas, pois daquela ese tipo de educación estaba destinada só aos homes. Casou en 1848 cun avogado e escritor que coñeceu na universidade, Fernando García Carrasco. Xuntos escribiron moitos artigos para o xornal liberal La Iberia. Ela continuou escribindo despois da morte do seu home. Daquela, e tras o éxito dun artigo seu sen asinar, titulado “El Periodista”, que foi difundido por moitos dos xornais da época, o periódico La Iberia decidiu facer xustiza e dar a coñecer o nome da autora catro semanas despois. Os problemas económicos fixeron que tivese que regresar a Cantabria. Alí, en Potes, fundou, no ano 1859, o grupo feminino de Conferencias de San Vicente Paúl, creadas para axudar aos pobres. Para formar unha “conferencia” non facía falta máis que tres persoas con vontade de “adoptar” uns pobres ou enfermos aos que visitar periódicamente aliviándolles os sufrimentos e


dándolles esmola. Dous anos máis tarde a Academia das Ciencias Morales y políticas premiaba por primeira vez a unha muller, ela, pola súa memoria “La beneficencia, la filantropía y la caridad”, que se vendía por 10 reais daquela época. Convertiuse tamén na primeira muller que recibía o título de “Visitadora de cárceres para mulleres”. En 1872 fundou a Constructora Benéfica, unha sociedade adicada á construción de casas baratas para os obreiros. Morreu en Vigo, xunto ao seu único fillo vivo, o 4 de febreiro de 1893. Despois do seu falecemento, comezou a reivindicación do que significou a súa figura. Foi unha muller de ideas progresistas e comprometida cos máis débiles. Na actualidade identifícase a súa persoa co nacemento do feminismo en España, xa que ao longo de toda a súa vida rebelouse contra a marxinación que sufría o sexo feminino, e reivindicou a igualdade do home e a muller en todos os niveis sociais. Son moitos os artigos e libros que publicou ao longo da súa vida, desde “Fábulas en verso originales”, ata libros de carácter xurídico e social: “La instrucción del pueblo”, “El enigma de la libertad”, “Cuadros de la Guerra Carlista”, “Ensayos sobre el Derecho de Gentes”, “El pauperismo”, “La mujer del porvenir”, …

“Abride escolas e pecharanse cárceres”

“Cando a culpa é de todos, a culpa non é de ninguén”

“O amor é para o neno coma o sol para as flores; non lle basta o pan: necesita dos aloumiños para ser bo e forte” “As forzas que se asocian para o ben non se suman, multiplícanse”

“O ruído das gargalladas pasa. A forza dos razonamentos queda”


CUESTIÓNS PARA PENSAR, FALAR, INVESTIGAR... NA CLASE E NA CASA O MOMENTO HISTÓRICO * Estamos na época de Fernando VII. Sabes o que significa que este rei fose un “rei absolutista”? * Fálase de Concepción Arenal como a pioneira do feminismo en España. Como demostrou ela ser unha “feminista”? * Que importancia tivo na sociedade da época? * Que significado pode ter o feito de que apareza a súa imaxe nun selo de correos? * De que época é ese selo? Había monarquía nese momento? *Aparece o prezo dun dos seus libros. Canto custaba? A canto pensas que se corresponde falando dos euros actuais?

RECOÑECEMENTO da FIGURA DE CONCEPCIÓN ARENAL como PERSONAXE HISTÓRICO DE FERROL * En que século viviu esta ferrolana? Cal foi o barrio onde naceu? * A pesar de nacer nun barrio pobre e nunha casa modesta... (Continúa ti) * Sabes onde está a rúa Concepción Arenal? Existe un Centro cultural que leva o nome doutro importante personaxe que naceu en Serantes? De que edificio se trata? A que se destinaba anteriormente? * Actualmente tamén hai un instituto en Ferrol que se chama “IES Concepción Arenal”. Poderías situalo? Sempre se chamou así? * Recoñeces a escultura que aparece nesta foto? Atópase na túa cidade, onde? * Por todo o que agora sabes como cres que debemos valorar a Concepción Arenal? *Por último, recorda que toda esta información é ampliable. Indaga, pregunta, le e aprende moito, moito máis. Nas túas mans tes infinitas posibilidades. Non as desaproveites. Busca na biblioteca: nos libros e a través de Internet. *Recomendamos estes enlaces, de onde se tirou toda a información: http://www.filosofia.org/ave/001/a328.htm http://es.wikipedia.org/wiki/Concepci%C3%B3n_Arenal http://www.asturiasliberal.org/colaboraciones/historia/concepcion_arenal_y_la_educacion_popular.php https://www.msu.edu/user/floresba/ http://www.literalia.tv/images/autores/fotos-grandes/arenal-concepcion.jpg http://www.proverbia.net/citasautor.asp?autor=36&page=1 *E para os pais e nais que estean interesados en afondar máis, este é o enlace ás obras dixitalizadas desta autora: http://www.cervantesvirtual.com/FichaAutor.html?Ref=59


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.