Doniños e Castro de Lobadiz

Page 1

CUESTIÓNS PARA PENSAR, RECORDAR E COMENTAR DESPOIS DA VISITA… O MOMENTO HISTÓRICO *¿Recordas de entre que séculos pode datar o Castro de Lobadiz? *¿Como pensas que poderías vivir ti se te poideses trasladar a esa época? ¿A que comodidades terías que renunciar? *¿Habería grandes cambios na paisaxe? RECOÑECEMENTO E CONSERVACIÓN DO NOSO PATRIMONIO *¿Consideras importante coñecer esta parte da nosa historia? *¿Que che pode aportar saber como viviron os nosos antergos? *¿Como che pareceu o estado no que atopaches o castro? *¿Sabes dalgún outro de Galicia que estea en bo estado? ¿Visitáchelo? *¿Cres que sería importante a restauración do Castro de Lobadiz? ¿Qué ideas poderías aportar para abrilo ao público? * ¿Pensas que calquera persoa pode facer unha excavación? ¿Qué podería ocurrir? OUTROS CASTROS DA NOSA ZONA Busca información nos libros ou na Internet sobre máis castros da

zona de Ferrol. Por grupos sinaládeos no mapa.

*Por último, recorda que toda esta información é ampliable. Indaga, pregunta, le e aprende moito, moito máis. Nas túas mans tes infinitas posibilidades. Non as desaproveites. Recomendamos “Os habitantes dos castros” de Pepe Carreiro, (L. Autónomos); “Os Megatoxos e o aprendiz de druída” de Anxo Fariña (L. Expertos); e “Laia, a nena da illa”, de Ánxela Loureiro (L. Expertos).

SP “Coñecendo Ferrol” Equipo da Biblioteca e ENDL CEIP de PAZOS Curso 2009 2010


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Doniños e Castro de Lobadiz by Rosana Rodiles - Issuu