Entroido peliqueiro

Page 1

ENTROIDO 2014 CEIP DE PAZOS

1


En Galicia denominamos ás festas do carnaval como ENTROIDO ou ANTROIDO. O entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo (inverno no hemisferio norte e verán no sur). Coincide co período inmediatamente anterior á Coresma (tempo de xaxún de 40 días anteriores á Pascua, conforme o calendario cristián). A palabra entroido deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" da primavera e do rexurdimento da vexetación. O entroido ou meco vénse representando por un boneco feito con palla e, normalmente vestido con roupas de traballo e a cara de trapo. En moitos sitios cólgase dun sitio alto entre a vecindade. Nos colexios adoita facer mandados para que todos obedezamos nos días previos á celebración do noso Entroido. Este ano, o noso meco dounos catro ordes. A primeira traer un colar feito na casa; segundo, vir coa cabeza adornada por un sombreiro ou tocado; a terceira, um adorno feita con papel de periódico ou revista e, por último, mandaranos disfrazarnos para celebrar a festa do xoves, onde desfilaremos, cantaremos e queimaremos o meco

2


3


DIFERENTES MÁSCARAS

As máscaras do antroido galego presentan, segundo as zonas e comarcas, trazos diferentes. Podemos distinguir dous grandes grupos: * As máscaras ourensás, que pertencen aos antroidos dun arco de vilas que nace en Maceda e Allariz, esténdese polo sur da provincia e remonta polo leste ata chegar á Ribeira Sacra. Son, habitualmente, máscaras coloristas que cobren a cara, realizadas moitas delas en madeira e que teñen como misión meter medo, asustar, bater nos veciños ou escorrentalos. Aínda que ás veces van en grupo, a súa posta en escea é habitualmente individual. Entre elas están os cigarróns de Verín, os peliqueiros de Laza, os felos de Maceda, os boteiros de Vilariño de Conso, as Mázcaras de Manzaneda e de Viana do Bolo, os irrios de Castro Caldelas, as charrúas de Allariz, as pantallas de Xinzo, os vergalleiros de Sarreaus, os murrieiros da Teixeira, os troteiros de Bande, os vellarróns de Riós, etc. * As máscaras da zona atlántica, nunha zona non continua que vai dende Cangas e Vilaboa ao sur ata as comarcas do Deza e o val do Ulla. Son traxes tamén coloristas, pero que frecuentemente deixan o rostro descuberto. Neles o traballo individual de elaboración do vestido é importante, pero máis o é a posta en escea, que adoita ser colectiva. É o caso dos xenerais de Deza e de Ulla, as damas e galáns de Cangas e Vilaboa e as madamitas e madamitos do antroido de Cotobade. 4


OS PELIQUEIROS A máscara vai coa cabeza cuberta con carauta de madeira pintada de cores rechamantes, que se prolonga nunha especie de mitra de metal cun motivo zodárico (león, lobo, boi). Detrás leva unha pelica de can, noutro tempo de gato montés, raposo ou lobo. Desta pelica venlle o nome de peliqueiro que se lle dá en Laza. O traxe está composto por unha camisola branca, gravata e unha chaquetiña curta da que colgan flocos dourados que van atados con lazos de tres cores. Sobor dos ombreiros vai un pano despurundado á chaqueta. Unha gran faixa vermella envolta á cintura suxeita o pantalón, quizais a parte máis traballosa do traxe. Enriba da faixa vai o cinturón do que colgan as chocas. As pernas do cigarrón van cubertas con medias brancas e ligas. Zapatos mouros e un mallo na man completan o atuendo deste personaxe típico do entroido de Laza.

5


En cursos pasados...

6


Semana do 24 ao 28 de febreiro de 2014 7


LETRA DA CANTIGA:

“MARTES DE ENTROIDO” O entroido é unha festa na que se pasa moi ben; chulas, filloas, rosquillas, e hai disfraces tamén.

Ai, adeus martes de entroido! Ai, adeus meu queridiño!, ata o domingo de Pascua, non unto máis o fuciño. O martes de carnaval vamos todoS polas casas, todos xuntiños e ledos, vamos tocando as gaitas!

Ai, adeus martes de entroido! Ai, adeus, meu amiguiño!, ata o domingo de Pascua, eu non como máis touciño. Aquela que vai alí mercou un porco ben gordo; por conta de repartir un anaco polo entroido.

Ai, adeus martes de entroido... Letra popular. No libro “Xograr”, de 6º, da Ed. Galinova 8


Aquí estamos o xoves, todos, o entroido imos comezar déixovos o testamento, para que me poidades queimar. Aos pequenos de Infantil, que tan xoguetóns son, déixolles uns mandilóns, varios chupetes e un biberón. Aos de primeiro, segundo e terceiro, e aos de cuarto, tamén, déixolles as zapatillas para que xoguen moi ben. Déixolle ao terceiro ciclo as miñas ganas de traballar; a ver se se aplican un pouco e deixan a lata de dar. Agora tócalles aos profes, que a peor parte han levar; déixolles as miñas tripas ¡para que as poñan de colar!

9


* Podes visitar estas pรกxinas de interese: Cultura galega.org: http://www.culturagalega.org/especiais/entroido/index.php Wikipedia: http://gl.wikipedia.org/wiki/Entroido Vieiros: http://vello.vieiros.com/especial/entroido99.html Xunta de Galicia: http://www.xunta.es/linguagalega/entroido Concello de Laza: http://www.laza.es/entroido_peliqueiro.html Concello de Laza: http://www.laza.es/entroido_ciclo.html Vieiros: http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/ 10


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.