BIBLIOTECA XOÁN FARIAS, 2016
COÑECENDO FERROL SEIS LUGARES PARA VISITAR Biblioteca Xoán Farias 25/04/2016
Breve descrición de seis enclaves importantes da cidade.
Invitámosvos a saber un pouco máis sobre a vosa cidade. Hoxe visitaremos seis emblemáticos lugares de Ferrol: 1. 2. 3. 4. 5. 6.
O Peirao, en Ferrol Vello. Os Xardíns de Herrera, para contemplar o Arsenal Militar. O Teatro Jofre. A Porta do Dique. A Praza de Armas, onde se atopa o Concello. O Cantón de Molíns.
Xa podedes pasar e entrar nunha das maiores vilas do Magnus Portus
Artabrorum, que é coma no século I un historiador romano, Pomponio Mela, designou as rías de Ferrol, Pontedeume, Betanzos e A Coruña:
Adróbica. (Ferrol)
Vista aérea da Ría de Ferrol
Coñecendo Ferrol. Biblioteca Xoán Farias. CEIP de Pazos.
Páxina 1
1. Comezamos a viaxe polo PEIRAO, EN FERROL VELLO. A CIDADE DE FERROL nace no que agora chamamos Ferrol Vello, primeiro coma un castro costeiro; máis tarde, coma una pequena aldea mariñeira no século XI. As rúas eran estreitas e irregulares, con pequenas casas, e ademais contaba cunha igrexa parroquial, a primitiva Igrexa de San Xiao. A aldea pasa a ser una vila no século XIII. Existía un alfolí, construcción feita para gardar o sal, necesario para conservar o peixe e a carne, ademais do coiro; un alpendre, para gardar os botes e as lanchas; e un almacén, para os alimentos e mercadorías. Para a súa defensa, a vila estaba rodeada de murallas tanto na terra coma na costa. Entrábase na vila pola Porta do Castro, agora inexistente (conservouse
ata o século XVIII). Fóra das murallas celebrábase o mercado e, a medida que a vila medraba, facíanse casas no camiño que levaba ao antigo convento de San Francisco (A actual Igrexa de San Francisco) e á pequena aldea de Canido. Así pois, a maior parte dos seus habitantes vivían da pesca e do marisqueo. O que máis abundaba era a sardiña.
Coñecendo Ferrol. Biblioteca Xoán Farias. CEIP de Pazos.
Páxina 2
2. O ARSENAL MILITAR, VISTA DENDE OS XARDÍNS DE HERRERA. No século XVIII prodúcese en Ferrol a maior transformación da cidade. Os monarcas ilustrados elixiron esta cidade como capital do Departamento Marítimo do Noroeste polas boas condicións xeográficas e estratéxicas da ría. O Real Arsenal e Estaleiro do Norte de España instálase por orde do Rei Felipe V na vila da Graña. Máis tarde, entre 1750 e 1770, cos reis Fernando VI e Carlos II, chegaron a Ferrol os mellores enxeñeiros e arquitectos da Mariña (Jorge Juan e
Sánchez Bort) para construír na cidade un novo arsenal, xa que na Graña non era doado facer as necesarias ampliacións que desen resposta ás novas necesidades. Accedemos aos Xardíns de Herrera (deseñados en 1885) pola Costa de Mella
(Unha das zonas gañadas ao mar cando se construíron os arsenais. Antes, os botes atracaban perto da Igrexa de San Francisco). Estes
albergan o Obelisco a
Churruca (morto na Batalla de Trafalgar por unha bala de canón), ubicado con anterioridade, na Praza de Armas, que visitaremos máis tarde.
Coñecendo Ferrol. Biblioteca Xoán Farias. CEIP de Pazos.
Páxina 3
3. A PORTA DO DIQUE. A Porta do Dique é deseñada por Sánchez Bort no século XVIII. Conecta o Arsenal dos Diques co barrio da Magdalena. Está situada moi perto do Teatro Jofre, fronte ao monumento aos ferroláns Caídos en África (Obra do escultor galego
Asorey, que recorda a Guerra entre España e o sultanato de Marruecos a mediados do século XIX). Enriba da porta hai un espléndido escudo real de Carlos III. A Porta do Dique tivo catro finalidades: entrada ao Arsenal, corpo de garda, capela e ser o primeiro reloxo público de Ferrol.
4. O TEATRO JOFRE. O Teatro Jofre é una fermosa edificación de finais do século XIX (Inauguración o
19 de maio de 1892). Trinta anos antes constitúese en Ferrol una sociedade para captar socios accionistas, buscar unha ubicación, encargar os planos e recadar fondos para a súa construción. Coñecendo Ferrol. Biblioteca Xoán Farias. CEIP de Pazos.
Páxina 4
Catro anos antes da súa inauguración, Joaquín Jofre y Maristany, un ferrolán adiñeirado que vive en Bos Aires (Arxentina) colabora cunha cuantiosa suma de pesetas (moeda anterior ao euro) para axudar, e comprométese a enviar o doble para posibilitar acabar as obras. A cambio cédeselle un palco a perpetuidade e que o teatro leve o seu apelido. A fachada do edificio é renovada posteriormente (1921) polo arquitecto Rodolfo Ucha, quen nesa época encárgase do deseño dos edificios modernistas máis bellos da cidade.
5. Continuamos pola PRAZA DE ARMAS. Esta é una das dúas grandes prazas que rompen co trazado do Barrio da Magdalena. É creada en 1807, e ese foi o seu primeiro nome, pero ao longo da súa historia sufre cambios de nomes e de aspecto. Nesta praza, arredor do Obelisco Churruca, estaba o mercado da leña, dos mobles e obxectos de segunda man. Os días de máis actividade eran os mércores e os sábados pois era cando chegaban os carros da leña necesaria para as cociñas e as calefaccións das casas.
Coñecendo Ferrol. Biblioteca Xoán Farias. CEIP de Pazos.
Páxina 5
Rodeando o Obelisco fíxose, arredor de 1812, unha fonte para que as augadoras poidesen abastecer de auga ás casas, xa que aínda que había alcantarillado e alumeado público, non existía auga corrente. Despois de varias transformacións, edifícase, ocupando a metade da praza, o Concello de Ferrol. O ano, descubrirédelo na fachada o día da visita…
Coñecendo Ferrol. Biblioteca Xoán Farias. CEIP de Pazos.
Páxina 6
6. E rematamos no CANTÓN DE MOLÍNS e ACTUAL EDIFICIO para actividades culturais de ACAIXA. No ano 1765 iníciase a construción do Barrio da Magdalena, e aparece o deseño da primeira gran Alameda pública de Galicia. 600 metros de longo que discorren en paralelo á muralla do Arsenal e ao seu foso. No seguinte século rechéase o foso e nacen os Cantóns Baixos con loureiros romanos, granados, acacias e lilas. E o paseo de magnolios aos que lle chamarán o Cantón das Delicias; máis tarde cámbianlle o nome polo de
Cantón de Molíns, en honor ao Marqués de Molíns, deputado por
Ferrol e ministro da marina.
Como una norma non escrita, a principios de 1900, a clase alta paseaba polo Cantón das Delicias; polo Cantón Baixo, os nenos, as neneneiras e os militares de baixa graduación. No ano 1902 remata a construción dun novo cárcere, que por uns anos tamén albergou o Concello. No interior había un patio cun pozo e unha pequena capela. Tiña capacidade para 96 reclusos. Os presos debían pagarse a súa propia comida. Os presos que non podían, recibían do Concello 1 real diario.
Coñecendo Ferrol. Biblioteca Xoán Farias. CEIP de Pazos.
Páxina 7
No ano 1927 pasa a ser o Instituto Concepción Arenal, o primeiro de Ferrol. No 44 é cedido coma sede do Goberno Militar e actualmente, sede da entidade ABANCA.
Engádense os dous pisos superiores, que non aparecen nesta imaxe, no a n o 1 9 5 3 .
O Palco da Música constrúese no ano 1894
Coñecendo Ferrol. Biblioteca Xoán Farias. CEIP de Pazos.
Páxina 8
Fontes * Das imaxes: https://www.google.es/search?q=Romano&source=lnms&tbm=isch&sa=X&ved=0ahUKEwjRo4X Gt6LMAhVCfxoKHU7nB1kQ_AUIBygB&biw=946&bih=912#tbs=sur:fmc&tbm=isch&q=+ferrol&i mgrc=8cgFsK26ZRY91M%3A http://media.cervantesvirtual.com/s3/BVMC_OBRAS/000/4ff/ea8/2b2/11d/fac/c70/021/85c/e6 0/64/mimes/imagenes/0004ffea-82b2-11df-acc7-002185ce6064_6.jpg https://sites.google.com/site/ferrolantiguo2/01prarmas1901.jpg https://sites.google.com/site/ferrolantiguo2/ayuntamiento1955.jpg https://sites.google.com/site/ferrolantiguo2/jofre07a.jpg https://sites.google.com/site/ferrolantiguo2/muelle01.jpg https://sites.google.com/site/plazasyjardines/canton04.jpg
* Para o texto: PIÑEIRO DE SAN MIGUEL, E. e GÓMEZ BLANCO, A. Así se fixo Ferrol. Coñece a súa Historia. Edicións Embora. Concello de Ferrol, 1973. SOCIEDADE MIXTA DE TURISMO DE FERROL. Ferrol urbano & cultural. Folleto. LOUREIRO, R. Jofre. O teatro que soñou una cidade. Concello de Ferrol, 2005. http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=3174&ctre=45 http://www.franciscoasorey.es/products/monumento-a-los-caidos-en-africa/ http://visionesdeferrolterra.blogspot.com.es/2013/01/puerta-del-dique-arsenal-militar-de.html https://sites.google.com/site/ferrolantiguo2/plazadearmas
* Recorda visitar AS NOSAS PÁXINAS: Blog “Coñecendo Ferrol”:
http://ferroleando.blogspot.com.es/
Blog da Biblioteca Xoán Farias:
http://biblospazos.blogspot.com.es/
Blog de aula: Cadernos de Quinto e Sexto:
http://cadernosdesexto.blogspot.com.es/
Coñecendo Ferrol. Biblioteca Xoán Farias. CEIP de Pazos.
Páxina 9