Esta historia comeza aquí, no noso colexio, en Pazos, o martes 18 de outubro de 2005. Aconteceu na nosa BIBLIOTECA. Estabamos os profes lendo uns interesantes libros cando... de súpeto escoitamos!...
Algo misterioso estaba a acontecer. Comezamos a buscar de onde viña ese... “Chis, chis, plof, plof!”… “Chis, chis, plof, plof!” por todas partes! Miramos pola fiestra, debaixo das mesas, debaixo das cadeiras, detrás da porta, enriba dos andeis, detrás dos pósters, incluso dentro da papeleira, nos caixóns, debaixo de... ¿a que non sabedes que era o que facía ese ruído?... No recuncho máis arrecunchado de toda a biblioteca atopamos agochado un estraño libro. Era moi antigo, estaba cheíño de po e do seu interior saía o “Chis, chis, plof, plof!” que tanto estaba a nos intrigar. Con moito coidado abrímolo pouquiño e pouco e... Sabedes quen apareceu?.