Páxinas 20 a 29 biblioteca

Page 1

CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2013

¡Sete anos de vida no cole!

Como en cada número da revista, invítovos a entrar nas páxinas da BIBLIO XOÁN FARIAS para compartir e recordar os mellores momentos que vivimos xuntos.

ematamos o SÉTIMO curso acollidos ao PLAMBE. Buscamos unha Biblioteca accesible a toda a nosa comunidade educativa e seguimos deseñando o traballo pensando en ilusionar con cada actividade a grandes e pequenos. A BIBLIOTECA ESCOLAR debe seguir equilibrando e compensando as diferenzas educativas, sociais e culturais, brindando todas as oportunidades, abrindo todas as portas do acceso á información a cada familia da nosa comunidade. Ese é o noso desexo e esperamos conseguilo día a día, aínda que sexa moi paseniñamente. A primeira empresa deste curso veu marcada pola fin da 3º obra que se acometeu na nosa historia. Este ano puidemos ver realizados os nosos sonos de ampliación. Xa houbo quen comentou que estabamos a realizar unha silandeira e pacífica conquista do espazo escolar. E pode ser que sexa verdade. A Biblioteca consta desde este curso cun espazo novo: A ZONA DE ORDENADORES E CONSULTA.

¡CONSEGUIDO!

Moitas foron as actividades que se desenvolveron neste marco. Moitas, grazas á axuda dos nenos e nenas que quixeron participar de xeitos moi diferentes: desde quen montou novo mobiliario, quen axudou a mover, organizar e ordenar os fondos, quen atendeu aos máis pequenos, quen leu con eles nos recreos. Moitos escribiron as súas cartas a Chispa, outros buscárona desesperadamente. A todos e todas, 20


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.