Xoán Farias. In Memoriam

Page 1

CEIP DE PAZOS SERANTES – FERROL


escritor Juan Farias Díaz-Noriega, o noso Xoán Farias, naceu nesta terra, en Serantes, o 31 de marzo de 1935. Hai dous días, o pasado sábado, 11 de xuño de 2011, finou en Villaviciosa de Odón. A nosa Biblioteca leva o seu nome desde o 25 de outubro deste curso. Os seus amigos Xabier DoCampo, Xavier Senín e Paco Martín foron protagonistas dunha fermosa e cálida homenaxe á súa figura. Aquel día, Xabier DoCampo leu estas palabras que Xoán Farias nos enviou por medio da súa dona, Lourdes Huanqui:

“Queridos niños y pequeños lectores, Me gustaría mucho haber estado hoy con vosotros, pero como os habrá dicho Rosana, no me es posible. Este acto, la inauguración de esta Biblioteca en Serantes, significa mucho para mí. Por muchas razones, porque es el pueblo donde yo nací, hace ya más de 70 años, y porque es el pueblo donde yo jugué de pequeño, cuando era niño como vosotros, y tenía los mismos sueños y las mismas alegrías y, por supuesto, hacía las mismas travesuras (solo que tal vez peores) que vosotros. Solo os pido que visitéis mucho la Biblioteca, allí estaré yo, esperando vuestra visita y tal vez, para susurraros al oído alguna que otra travesura inédita para que la pongáis en marcha, pero eso si, leed, leed mucho porque eso siempre os hará compañía. “


Seguro que hai moitas formas de recordar a un escritor querido, pero, se cadra, a máis bonita sexa ler as súas palabras. Nós escollemos este fragmento co que empeza “Desde o corazón da mazá”. Cada quen escolla o seu...

" Hai anos, moitos, case tantos coma os que levo ao lombo, un mestre de escola díxome, díxonos: -Agora, e ata que medie setembro, cando non saibades que facer, escribide un libro. -De que clase? -pregunteille. El sorriu: -De piratas malaios ou de ananos xigantescos. E mirando cara a Petunia (hoxe a piques de ser avoa), dixo: -De como serán os cinco fillos que queres ter e de que coliflor sairá o mozo que ha de enamorarte. Virouse cara a Carlos (hoxe xa descansa en paz) e suxeriu: -A historia dun home que inventa calquera chintófano, algo que aínda non o hai, pero do que despois ninguén poderá prescindir. Puxo o sombreiro, colleu o bastón, deulle unha estocada ao aire e dixo: -Tamén podería ser sobre o que se move ao voso arredor: as persoas, os trasnos, o vento, etc., etc., etc... Saudou e marchou de vacacións."


“Despedímonos dun amigo, dalguén que sentiamos moi preto aínda que o coñecemos tarde. Soubo brindarnos o seu afecto facéndonos cómplices da súa vida, ilusionándose co bautismo da nosa Biblioteca co seu nome. Dos seus libros despréndese a súa calidade humana, que lle fai tremer algo profundo a quen os le. Nós só podemos agradecerlle o tempo que compartiu connosco, pois deixou unha pegada imborrable nos corazóns da nosa pequena Comunidade Educativa.” “Imos ter a gran sorte de recordarte sempre porque a nosa Biblioteca leva o teu nome, pero tamén porque os teus libros desprenden maxia con pegada da túa e nosa querida terra.” “Dous anos intensos paseando polas súas páxinas e irrumpindo na súa vida crearon vínculos difíciles de desatar. Seguiremos e seguiremos da súa man, con el e por el, camiñando polas corredoiras, visitando as igrexas románicas e as prazas das vilas, parolando coa súa xente. Subiremos ás maceiras, leremos nas nubes e navegaremos polos mares descubrindo os seus mundos porque Juan Farias, o noso Xoán Farias, afondou no noso corazón para sempre, tocounos coa súa variña máxica e foise.”

Biblioteca Xoán Farias, CEIP de Pazos A 13 de xuño de 2011, en Pazos-Serantes Ferrol http://biblospazos.blogspot.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.