Peneira2014

Page 1



CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2014

!

Un ano máis, coa chegada do verán e as vacacións, chega tamén ás vosas mans un novo exemplar da nosa revista, feito con ilusión por todo o persoal do Centro. Nesta “Peneira”, que vai xa polo número 21, intentamos deixarvos unha pequena pero significativa mostra dos moitos bos momentos que compartimos ao longo deste curso. Convidámosvos a que a olledes cos vosos fillos e que gocedes con eles lembrando estas vivencias. Aproveitamos tamén para desexarlles, dende aquí, moita sorte aos rapaces e rapazas de 6º que nos deixan para emprender unha nova etapa educativa.

Os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e Biblioteca

! ! ! !

Limiar e sumario Festival de Nadal Día da Paz Entroido Recreos musicais Saídas e visitas Obradoiro de papel reciclado As bonecas viaxeiras Letras Galegas Novas desde a Biblioteca Comedor escolar Actividades extraescolares – ANPA Excursión de Fin de Curso ! a Portugal !

3

3 5 7 8 9 10 13 14 16 18 24 25 26


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Como cada ano, nestas festas navideñas iniciamos as vacacións do Nadal co noso tradicional festival, no que participaron todos os nenos e nenas do cole, cos seus respectivos traballos: teatro, contos, panxoliñas...

!

Este ano, tivemos a sorte de contar coa actuación do "Mago Rafa" que nos sorprendeu coa súa xenial maxia.

4

Xuño 2014


CEIP de Pazos

- A Peneira -

5

Xu単o 2014


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Tamén puidemos disfrutar da degustación dos postres típicos de Nadal e disfrutamos tamén dun bonito tempo de convivencia entre pais, alumnos e profes. Por último, tivemos a visita de Papa Noel, ao que puidemos contarlle cales eran os nosos desexos para estas datas tan importantes para nós; e el, como é tan bo, troúxonos agasallos para todos.

6

Xuño 2014


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2014

Na última semana de xaneiro traballamos nas aulas a figura de Nelson Mandela, elaborando o Libro Colectivo da Paz entre todo o alumnado do Centro.

Todos os nenos pensaron nos aspectos máis positivos de cada compañeiro de clase e, coas fotos de cada un, espuxéronse no mural “O mellor de min”.

Xuntos ensaiamos e interpretamos a cantiga “Recital á Paz” de Horacio Guaraní.

7


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2014

Este ano traballamos dúas máscaras tradicionais do entroido galego: as “mázcaras” do Folión de Manzaneda e os “peliqueiros”.

TRABALLAMOS NOS OBRADOIROS DE MÁSCARAS

DESFILAMOS E TROULEAMOS E QUE BEN O PASAMOS!!!

8


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2014

♫ Recreos Musicais ♪ ♪ ♩ ♬ En moitas ocasións ao longo do ano empregamos a aula de música nos recreos como un espazo de reforzo e ocio alternativo no cal realizamos ensaios para a preparación de cancións e obras.

♪ Buscamos adornar e enriquecer as actividades e festividades do noso cole como o Día da Paz, Letras Galegas e outros festivais... ♫ ♫

♯ Empregamos aula como un pequeno taller onde os nosos músicos gozaron tocando e realizando sesións de baile de media mañá. ♬

9


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2014

FRAGATA BLAS DE LEZO, ARSENAL E MUSEO NAVAL Comezamos o curso escolar realizando unha visita guiada á fragata Blas de Lezo,ao Arsenal e ao Museo Naval.Ensináronnos toda a Fragata:a enfermería, o hangar de helicópteros, a ponte de mando...

EXPOSICIÓN “ORINOCO,UN MUNDO PERDIDO” Unha vez máis, o pasado mes de Novembro, estivemos na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela visitando a exposición sobre a cultura do Orinoco.

BIBLIOTECA MUNICIPAL DE FERROL O 23 de Abril ,os alumnos/as de 1º a 6º de Primaria,celebramos o DÍA do LIBRO realizando unha visita guiada á Biblioteca Municipal de Ferrol. Recorremos as diferentes plantas; explicáronnos como facer o carné de socio para levar libros, películas e CD’s, como buscar libros no ordenador... 10


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2014

SAÍDA Á AULA DE ECOLOXÍA URBANA E A AQUACIENCIA Os nenos/as de Educación Infantil e Primeiro ciclo saímos ao parque Raíña Sofía a aprender que significan os tres erres na Aula de Ecoloxía Urbana: reducir, reciclar, reutilizar; e a aprender os misterios da auga e da ciencia no espazo de Acuaciencia.

Na Aula de Ecoloxía Urbana, fixemos papel reciclado, participando todos. Metemos o bastidor na auga con papel despois de batelo cunha batedora, subimos o bastidor, puxémolo do revés e secamos a auga cun pano. Depois puxémoslle papel de xornal para protexer. Ademais, fixemos unhas fermosas flores con papel de refugallos e as pintamos con témperas de cores. Despois duns días, xa tivemos o noso papel reciclado listo e as floreciñas tamén.

No espazo de Aquaciencia puidemos comprobar cómo é posible mover unha pedra de moito peso con só un dedo grazas á auga. Explicarnonnos todo moi ben...

11


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2014

SAIDA AO PARQUE DE EDUCACIÓN VIARIA DE FENE A derradeira saída de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Educación Primaria foi ao Parque de Educación Viaria no Concello de Fene. Pasámolo moi ben no circuito que alí había. Parecía... ¡Unha vía pública de verdade!

Alí tivemos ocasión de practicar cos semárofos a pasar ou parar e puidemos familiarizarnos cos distintos sinais. Montámonos en diferentes vehículos: triciclos e bicicletas con rodíns para os máis pequerrechos e coches de carreiras ou patinetes para os máis experimentados.

Pasámolo realmente moi ben... E os profes...¡Tamén participaron!

12


CEIP de Pazos

- A Peneira -

13

Xu単o 2014


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2014

! ! !

Despois do Nadal chegaron á nosa aula tres bonecas de diferentes países que non sabían falar nin papa de galego, xa que Uxía era chinesa, Iria tanzana e Lois ruso. Así que despois de pasar un tempo na nosa clase, no que nós aprendimos cousas dos seus países de orixe, empezaron a viaxar e a pasar as fins de semana nas casas das nenas e nenos da aula da profe Rosa.

UXÍA

IRIA

Levaban consigo o seu pasaporte, algo de roupa, un xoguete, libros de contos e un obxecto característico do seu país de orixe (colares de madeira na mochila de Iria, pauciños chineses na de Uxía e un xogo de Matrioskas na de Lois). Tamén levaban un dicionario por se algunha familia precisaba algo de axuda e un lapis de memoria na que se podían incluir fotos da súa estadía nas casas dos pequenos e pequenas. A cambio, pedían que lles ensinásemos a falar en galego e que recolléramos algo do que aprenderan na libreta que levaban na mochila. A participación das familias foi espectacular. Moitísimas grazas a todas! !

LOIS 14


CEIP de Pazos

- A Peneira -

15 !

Xu単o 2014


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2014

Xosé María Díaz Castro

Poeta e tradutor, natural dos Vilares (Guitiriz). Naceu en 1914 no seo dunha familia labrega e viviu gran parte da súa vida en Madrid. Retornou á súa terra natal a comezos dos oitenta e morreu en Guitiriz en 1990. É autor dun único libro de Poesía “NIMBOS”, que o consagra como figura referencial da poesía galega do século xx. Dentro desta obra compre salientar o poema “Penélope”, pola súa descrición de Galicia como unha tea que se está a facer e desfacer de modo constante

PENÉLOPE Un paso adiante i outro atrás , Galiza, i a tea dos teus sonos non se move. A espranza nos teus ollos se esperguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envólveste en sabas de mil anos, i en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai , suco vén, Xesús María! E toda a cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando suco a suco, o Outono. Un paso adiante i outro atrás , Galiza.

16


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2014

Na semana das Letras Galegas, homenaxeamos ao poeta Díaz Castro. *Exposición da súa biografía, ilustrada por todo o alumnado. Con estes traballos elaboraremos un libro colectivo sobre o autor.

*Festival das Letras Galegas, no que cada curso interpretou unha cantiga tradicional con acompañamento de pandeiretas, cunchas, botellas de anís....

Espectacular!!!!

17


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2014

¡Avísovos que podo aparecer en calquera sitio! Hoxe aquí, mañá… quen sabe. Despois de oito anos xuntos, a confianza ¡faime perder a vergonza! ¿Estades preparados para as páxinas da BIBLIOTECA?

EQUIPO B

O Equipo de apoio á Biblioteca do alumnado maior: Cristian, Álex, e Aitana, detrás. Olaya, Sonia, Edu e Lucas, sentados no medio. Ernesto e Dani, sentados no chan.

18

Este curso, e como experiencia única, tivemos un equipo de axuda importantísimo. Nenos e nenas de 3º, voluntarios e súpertraballadores. Etiquetaron durante os recreos en moitas ocasións, recolleron e organizaron libros… Na imaxe, Elia coa súa irmá, Gaia; Sofía, Alejandra e Kelly. ¡MOITAS GRAZAS!


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Despois destes anos de incansables reformas, fomos conseguindo unha BIBLIOTECA acolledora, cómoda e moderna. Os últimos retoques: algo de mobiliario para darlle o remate a este recanto de audio.

¿Qué vos parece?

Moi ao comezo do primeiro trimestre tivo lugar a presentación de “A miña primeira Rosalía”, o segundo libro – disco dunha serie que comezou o ano pasado con “O meu primeiro Celso Emilio”. Nesta ocasión tamén asistiu o terceiro ciclo e, despois de escoitar o recital, fixemos unhas cantas fotos cos interpretes. Entre elas, esta.

19

Xuño 2014


CEIP de Pazos

- A Peneira -

¡

Xuño 2014

Chispa tráenos libros pa-

ra ler no cole e na casa! Eu non sabía isto, pero debe de haber moitooos porque a maleta peeeeeesaaa!

A nosa meiga viaxa polo País dos Libros

na procura dos máis interesantes e novidosos libros para grandes e pequenos. As súas maletas chegan cargadas de sorpresas e algún agasallo. Estamos desexando vela, pero sempre se nos escapa e deixa a maleta por aí. Mmmmmmm, vai haber que forxar un plan…

20


CEIP de Pazos

- A Peneira -

21

Xu単o 2014


CEIP de Pazos

- A Peneira -

* ¡Anxo, pasámolo bomba! * ¡Mira para aí e saúda aos lectores da nosa revista!

A Biblio abriu as súas portas ao creador da Xacia Luviñas . Entusiasta como poucos e cunha vitalidade envexable espallou maxia na Biblioteca. Seguro que moita prenderá nos corazóns dos nenos.

22

Xuño 2014


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2014

Como colofón ás actividades desenvolvidas ao longo do mes de abril -O NOSO MES DOS LIBROS- o día 29 celebramos no centro a CAZA DO TESOURO: Ler ciencia na Biblio Xoán Farias. Enfocada á ciencia, posto que é o lema deste curso nas Bibliotecas Escolares de Galicia. Preparamos unha serie de experiencias e dividimos a todo o alumnado en oito grupos, de forma que todos e todas participaron das actividades facendo un percorrido por diversas localizacións do cole: aulas, laboratorio, audiovisuais, música, inglés, ximnasio... e por suposto, BIBLIOTECA.

¡TODA UNHA EXPERIENCIA DE CIENCIA!

23


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2014

Xogamos

Pasamos “medo” no Samain

No Nadal fixemos un Apalpador Fixémoslle caso ao Meco

Ca nt am

os

Estivemos á última coa moda das pulseiras

24



CEIP de Pazos

- A Peneira -

Sería moi difícil resumir estes tres días en tan pouco espazo, pero podedes quedar coa idea de que foi unha das mellores excursións que levamos feitas, e iso que choveu un montón. Pero fixemos de todo: salto negativo, rocódromo, pontes tibetanas, mini golf, Caza do tesouro, disco, FANTASTICABLE -a tirolina máis longa de Europa con 1200m de longo e unha altura de 150m-. ¿Que vos parece?… Unha fermosa camiñata e canoas. Non sei se me quedará algo… ¡ai, si!, ¡que despiste!, o PAINTBALL… Total, non lle gustou a “case” ninguén

; )

2626

Xuño 2014



Imos botar moito de menos este colexio, o noso, xa que aquí vivimos moi bos momentos.

Recordaremos as excursións de Fin de curso, os festivais, as clases de Educación física, Hora de Ler e os contos de medo de Rosana, os recreos …

As rúbricas máis artísticas…

E o cole tamén vos recordará. Desexámosvos moita sorte na nova etapa que comezades. Esperamos que sigades medrando con responsabilidade, sendo felices e sabendo escoller os camiños polos que desenvolver a vosa vida.

¡Ata sempre!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.