Revista escolar A Peneira xuño 2013

Page 1



CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2013

Como todos os anos, coa fin do curso, chega tamén unha nova edición da nosa revista “A Peneira”, feita con moito esforzo nestes tempos de crise, coa colaboración de toda a Comunidade Educativa. Nestas páxinas tentaremos deixar unha pequena mostra daquelas actividades que para os nosos alumnos foron máis significativas ao longo deste curso 2012 / 2013 e que, de seguro, esta “Peneira” axudará a conservar vivas na súa memoria. Esperamos, coa chegada ás vosas mans desta revista , facer a nosa pequena contribución á normalización do noso idioma, o ben máis valioso que nos identifica como pobo.

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e Biblioteca Xoán Farias

3


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2013

!

! !

! Os protagonistas de Infantil e 1º ciclo.................................. Limiar.............................................................................................. Sumario........................................................................................... Outono en Pazos........................................................................... Nadal no cole................................................................................. Día da Paz....................................................................................... Entroido.......................................................................................... Saídas 2012-2013........................................................................ Educación Vial............................................................................... Proxecto: ¿Para que serven as flores?................................... Novas de Chispa desde a Biblioteca........................................ Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño.......................... Viaxe a Cabárceno....................................................................... Isto si que é un comedor!........................................................... Os protagonistas do 2º e 3º ciclo............................................ Despedida dos de Sexto............................................................

4

2 3 4 5 7 10 12 13 17 18 20 30 32 33 35 36


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2013

Polo Samaín baleiramos as cabazas e fixemos o desfile.Uffff ! Qué medo daba velas acendidas!!!

Despois cantamos a canción do Samaín e algúns tamén bailaron!!!

E...Non podían faltar as castañas asadas para rematar a festa ! Mmmm! Qué ricas !

Nin,os peóns, que coma todos os anos bailamos no patio do colexio. 5


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Pepe, membro da Asociación Micolóxica “Viriato”, mostrounos varios exemplares de cogomelos. Explicounos moitas cousas e tamén a perderlles o medo. Como nos dicía: “se non coñecemos, non tocamos nin comemos”. Tamén saímos ao patio a observar en directo algunha especie.

Aprendendo con Pepe Uaah! Un boletus edulis, un dos cogomelos máis ricos dos que podedes atopar!!!

6

Xuño 2013


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2013

NADAL NO COLE No mes de decembro, rematando o primeiro trimestre, chega o momento da celebración do Nadal. Traballos para levar de recordo ás casas, postais de felicitación, preparar actuacións para o Festival… Moita actividade e … notas!! Supoño que recordaredes esta maqueta na que moitos colaborastes, non si? As visitas pola mañá e nos intermedios eran obrigadas. E pouco a pouco foise enchendo coa vosa axuda.

7


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2013

Coa compaña das familias, che-

gou o esperado momento da celebración do Festival. Como vedes no programa, houbo un montón de actuacións. O máis importante, a participación de todos e todas. Sabemos que un festival implica moito traballo: ensaios, acondicionamento do salón, un comportamento axeitado, porque ese día xuntámonos moitos, e é importante gozar do momento deixando que os demais gocen tamén. Aquí quedan algunhas imaxes destas actuacións. Noraboa a todos e todas pola vosa implicación e entusiasmo.

8


CEIP de Pazos

- A Peneira -

9

Xu単o 2013


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2013

!

DÍA DA PAZ O venres, 1 de febreiro, celebramos o Día

ao longo da semana:

da Paz. Realizamos diferentes actividades

Participamos, como milleiros de nenos de todo o mundo, no proxecto “Paraugas pola Paz”, iniciado polo artista Matt Lamb, en Estados Unidos, a raíz dos atentados do 11 de setembro.

Estudamos as figuras de Gandhi e Nelson Mandela

10


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2013

Elaboramos, por aulas, o LIBRO DA PAZ e realizouse unha exposición sobre o mesmo tema.

Para rematar, no salón de actos cantamos “Cantarela dos nenos” arredor da palabra PAZ, formada con candeas acesas por todos os alumnos do centro.

FOI UNHA XORNADA MOI EMOTIVA!!!

11


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2013

!

ENTROIDO 2013 Este curso celebramos o Entroido dun xeito máis austero ca outros anos, pero coas mesmas ganas de troula. Toda a semana estivemos cos mandados do Meco, preparándonos xa para o día grande. ! ! ! ! ! ! Xa dispostos para o desfile, o baile, a lectura dos testamentos e a queima do Meco.

Menos mal que non choveu!

12


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2013

Foron moitas e moi variadas as visitas realizadas ao longo deste curso escolar. No 1º trimestre o 2º e 3º Ciclos asistiron no IES de Catabois a unha demostración da Policía Nacional. Aprenderon como traballa un robot desactivador de explosivos, como funcionan os aparatos de escoitas, como traballan os cans policía ; tamén probaron chaleques antibalas, cascos… e houbo quen incluso tivo a oportunidade de ¡montar en moto!

Tamén no 1º trimestre os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º realizaron unha visita guiada á Exposición Gallaecia Pétrea e ao Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Arquivo de Galicia e Cidade da Cultura 13


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2013

VISITA Á CASA DO HOME E ACUARIO

Pedaleando para ver o esqueleto e saudando ao home máis alto do mundo.

Visitando as focas. 14


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xu帽o 2013

NA SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL E NO DIARIO DE FERROL

Atendendo as explicaci贸ns de Berta.

No Museo do Diario de Ferrol co motivo da Semana da Prensa e diante do Concello.

15


CEIP de Pazos

- A Peneira -

NA FUNDACIÓN NOVA CAIXA GALICIA

Aprendemos sobre medios de transporte,fixemos un tren e vimos unha maqueta.

16

Xuño 2013


CEIP de Pazos

- A Peneira -

17

Xu単o 2013


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xu単o 2013

Os nenos de Infantil fixeron un proxecto para estudar as flores.

Fixeron colonia !

18


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2013

Tamén estudaron as características de moitas flores. Algunhas delas foron:

19


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2013

¡Sete anos de vida no cole!

Como en cada número da revista, invítovos a entrar nas páxinas da BIBLIO XOÁN FARIAS para compartir e recordar os mellores momentos que vivimos xuntos.

ematamos o SÉTIMO curso acollidos ao PLAMBE. Buscamos unha Biblioteca accesible a toda a nosa comunidade educativa e seguimos deseñando o traballo pensando en ilusionar con cada actividade a grandes e pequenos. A BIBLIOTECA ESCOLAR debe seguir equilibrando e compensando as diferenzas educativas, sociais e culturais, brindando todas as oportunidades, abrindo todas as portas do acceso á información a cada familia da nosa comunidade. Ese é o noso desexo e esperamos conseguilo día a día, aínda que sexa moi paseniñamente. A primeira empresa deste curso veu marcada pola fin da 3º obra que se acometeu na nosa historia. Este ano puidemos ver realizados os nosos sonos de ampliación. Xa houbo quen comentou que estabamos a realizar unha silandeira e pacífica conquista do espazo escolar. E pode ser que sexa verdade. A Biblioteca consta desde este curso cun espazo novo: A ZONA DE ORDENADORES E CONSULTA.

¡CONSEGUIDO!

Moitas foron as actividades que se desenvolveron neste marco. Moitas, grazas á axuda dos nenos e nenas que quixeron participar de xeitos moi diferentes: desde quen montou novo mobiliario, quen axudou a mover, organizar e ordenar os fondos, quen atendeu aos máis pequenos, quen leu con eles nos recreos. Moitos escribiron as súas cartas a Chispa, outros buscárona desesperadamente. A todos e todas, 20


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2013

Montando unha mesa…

Escribindo cartas a Chispaaa!

Etiquetado de libros

Empréstito Lendo aos máis pequenos

21


CEIP de Pazos

- A Peneira -

O acto de apertura coincidíu coa celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, que este ano cadrou o 24 de outubro.

A el seguiron moitas actividades: a tradicional lectura dos contos de medo, no outono.

22

Xuño 2013

Exposicións: Libros do outono; Dereitos Humanos e Dereitos da Infancia… Contacontos para celebrar os Dereitos do Neno: “A casiña de chocolate”. O Día contra a violencia de xénero: “Xela volveuse vampira” E lectura do Libro Colectivo dos Dereitos do neno e da nena.


CEIP de Pazos

- A Peneira -

No ano 2012 cumpriuse o cente-

nario do seu nacemento. Houbo un sinfín de actividades en torno á súa figura. Antes de rematar o primeiro trimestre, o terceiro ciclo asistíu á presentación no Teatro Jofre do Libro-disco “O meu primeiro Celso Emilio”. Foi un concerto memorable e, ademais, tivemos a sorte de fecérmonos unha foto con Xiana Lastra, coautora do libro e intérprete de moitas das cancións. Máis tarde participamos no evento que se contaxiou polos colexios e bibliotecas escolares de toda Galicia: “Recitando CelsoEmiliO”. Unha acto emotivo que uniu a miles de escolares o día 12 do 12 de 2012 ás 12 da mañá, no recitado de “Deitado frente ao mar” e outros poemas.

23

Xuño 2013


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Chegou o Nadal e con el unha morea de libros que nos trouxo Chispa. Unha sorpresa que nos esperaba na Biblioteca, mesas cheas e cheas de novidades. ¡UNHA MALETA INESQUECIBLE!

24

Xuño 2013


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Como cada ano, elaborouse o Libro

Xuño 2013

colectivo da Paz. Os maiores centráronse na fi-

gura de Nelson Mandela –MADIVA- Premio Nobel da Paz no ano 1993. Afondaron na súa biografía, buscaron as frases que identificaban o seu compromiso coa liberdade e a paz. E, como colofón, viron a película “Invictus”. Estes días, mentres elaboramos a revista, temos presente o seu estado crítico, a piques de cumprir os 95 anos, o vindeiro 18 de xullo.

A EDUCACIÓN

É A ARMA MÁIS PODEROSA QUE PODES USAR PARA CAMBIAR O MUNDO

Adicamos o mes de febreiro a celebrar o

Día de Rosalía, o 24 de febreiro. Elaboramos entre todas as clases do cole un fermoso mural cos versos do poema “Adios ríos, adiós fontes” e as ilustracións correspondentes. Rapartimos un adhesivo conmemorativo e recitamos xuntos o poema na Biblioteca.

25


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2013

Así que a poesía ocupou grande parte dos recreos. ¿Recordades “Poemas ao teléfono”? Cada un deses vasiños levaba uns versos escritos para recitar. Para algún foi toda unha novidade isto de falar a través do fío…

MARZO E ABRIL Estes son os meses de maior acti-

vidade para a Biblioteca, xunto co mes das Letras Galegas, claro. No mes de marzo temos dúas grandes conmemoracións: o 21, Día da Poesía; e o 27, Día do Teatro. Como adoitamos facer en cursos anteriores, a celebración destas dúas datas é conxunta. Pero moitas outras actividades enchen os días destes meses. Por exemplo, segue a tradición de intercambiármonos versos…

27


CEIP de Pazos

Como

- A Peneira -

algúns ben recordaredes,

desde setembro de 2007, apostamos por poñer en práctica “HORA DE LER”, vinte minutos a primeira hora da mañá. Cada actividade que se fai no centro tenta ser apoiada polas exposicións e recomendacións de libros. Un exemplo, a exposición de libros de poesía e teatro que presidíu a entrada do cole ao longo deste mes. E da que podemos levar libros para ler nas clases.

O remate foi na Biblioteca na celebración conxunta da que falabamos antes: “Día da Poesía e o Teatro”: Poemas, cancións, recitativos, pequenas dramatizacións… Todos e todas colaboraron. E a todos e todas hai que lles dar a ¡¡¡¡¡NORABOA!!!!!!

27

Xuño 2013


CEIP de Pazos

- A Peneira -

No mes de abril sucedéronse as

actividades unha tras outra, sen descanso. Exposición de maquetas de contos clásicos, contacontos por parte do alumnado e do profesorado; encontro con autores, Gonzalo Moure, en Allariz; Tucho Calvo, na nosa Biblioteca; visita ao IES de Catabois: Mercadillo solidario e contacontos “A Tropa de Trapo”… exposición de ilustracións orixinais de “Mar e vento”, de Xosé Cobas.

28

Xuño 2013


CEIP de Pazos

- A Peneira -

¡GRAZAS! Un

agradecemento especial para

todos os pais e todas as nais, para todas as familias que, dunha ou outra forma, apoiades o labor que desde o centro, desde a Biblioteca, tentamos levar a cabo. Animar aos vosos fillos e fillas a participar, a ler cada día; compartir con eles lecturas, facer desa actividade un momento de pracer é o maior agasallo que se lles pode dar. Grazas. A vosa participación directa nas actividades, un agasallo tamén para nós. Grazas a Ana Pena e a Ana Porto por convertérense en contacontos por un día… Grazas por emprestarnos os libros para a Exposición do Libro Antigo… Grazas a todos os que sufristes co pegamento, as cartolinas, a “plastilina”, as pinturas, e materiais diversos, porque a pesar de todo, as vosas maquetas chegaron a tempo!

29

Xuño 2013


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2013

LETRAS GALEGAS 2013 – ROBERTO VIDAL BOLAÑO Un ano máis celebramos no cole este día tan importante para os escritores da nosa terra. É o turno dun polifacético personaxe: actor, director e dramaturgo. Imos ver como foi a súa vida:

Nace en Santiago o 31 de xullo de 1950

Os nenos e nenas de EI de 3 anos cantaron “Fun ao mercado”. Que xeitosiños!!

Aos 20 anos comeza a súa andaina no mundo do teatro.

Perde o seu traballo nun banco e crea un grupo de teatro: “O Grupo Antroido”

Despois chegou a performance das nenas e nenos de EI de 4 e 5 anos: “Arroz con chícharos”.

Outra cantiga popular: “A Rianxeira”. Os nenos e nenas de 1º EP fixeron ondiñas a esgalla!

30


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2013

Fixo un monólogo cun nariz vermello de pallaso para vingarse do veto da consellería

Nos 90 crea outro grupo teatral: “Teatro do Aquí”, co que acada numerosos premios.

Acada 4 Premios María Casares coa súa última obra “Animaliños”, estreada no 2002.

Estes dous mozos de 2º EP representaron unha peciña teatral de Roberto Vidal Bolaño: “Touporroutou”

Roberto Vidal fixo a súa derradeira viaxe co seu chapeu e o seu nariz de pallaso, ademais dunha bandeira galega que cubría o seu cadaleito.

Volvemos coas cantigas populares: “Ven bailar Carmiña”, co acompañamento estelar de Yerai e Lola.

E pechamos este gran día coa cantiga de 5º e 6º EP: “Nosa Señora da Guía”, cos acordes maxistrais de Rosana.

E por último, hai que engadir que este ano tamén celebramos o 150 aniversario da publicación de “Cantares Gallegos” (1863) de Rosalía de Castro. Lembremos que coincidindo co centenario deste feito (1963), comezou a celebrarse o Día das Letras Galegas o 17 de maio. 31


CEIP de Pazos

- A Peneira -

É moi complicado resumir catro días de

Xuño 2013

Parque de Cabárceno, Forestal Park, Fuente Dé, Potes, a Neocueva de Altamira e Santillana del Mar. Todo quedou fotografado, tamén na nosa memoria…

viaxe a Cantabria nunha páxina. Así que deixamos dúas imaxes de contraste: a primeira, en Cabárceno; a segunda, en Fuente Dé. Sol e fría neve. Esta foi unha viaxe moi completa que compartimos co cole Masdías. Fixemos novas amizades e gozamos visitando as Covas do Soplao, o

¿Que máis podemos pedir? ¡PASÁMOLO BOOOOMBA!

32


CEIP de Pazos

- A Peneira -

SERVIZOS QUE OFRECEMOS CULTURA ALIMENTARIA: Almorzamos e xantamos comida sa. CULTURA DA HIXIENE: Lavar as mans, a cara, os dentes... CULTURA ACADÉMICA: Animación á lectura, ás matemáticas... CULTURA MUSICAL: Cantando todo se aprende mellor. CULTURA DA INTEGRACIÓN: Aprendemos da mestura de diferentes culturas. CULTURA SOLIDARIA: Respecto e empatía cara aos compañeir@s. CULTURA DA TERRA NA QUE VIVIMOS: Samaín, Nadal, Maios e outras festas populares.

Sempre necesitamos de alguén que nos escoite e nos axude. Os nenos, tamén. Gústavos o nosos comedor? A QUEN NON LLE ÍA GUSTAR!!!

! ! 33

Xuño 2013


CEIP de Pazos

!

- A Peneira -

34

Xu単o 2013



¡ADEUS

CHUPI PANDI!

¡ATA SEMPRE! ¡VERÉMONOS!

Recordaremos os bos momentos que pasamos neste colexio: os festivais, as excursións, os partidos de fútbol… Os bos amigos, os compañeiros que deixamos, a biblioteca, os contacontos, os entroidos!!!, e os profes; pero sobre todo, sobre todo, os amigos a quen non esqueceremos nunca. GRAZAS por compartir con nós tan bonitos momentos, botarémosvos moitísimo de menos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.