Peneira 22 2014 2015 iv

Page 1

CEIP de Pazos

- A Peneira -

12

Xu単o 2015


CEIP de Pazos

- A Peneira -

13

Xu単o 2015


14


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2015

Fixemos barro en 4º, 5º e 6º. Primeiro armámonos de mandís

e camisas e camisetas vellas e, puxémonos a traballar. Amasamos ben e preparamos pezas con moldes: osos, caracois, follas, medallóns… Despois elaboramos obxectos máis complicados como cunquiñas ou cestiños. Había moito tempo que non se cocía no colexio, pero aí estamos por fin: no bo camiño! QUEDOU ESTUPENDO!


Outro ano máis celebramos no cole este día tan importante para os escritores da nosa terra. Este ano o autor homenaxeado é Xosé Fernando Filgueira Valverde.

- Xosé Fernando Filgueira Valverde nace en Pontevedra no ano 1906. - Realiza estudos de Dereito e Filosofía e Letras nas universidades de Santiago de Compostela e Zaragoza. - En 1923 forma parte do grupo de fundadores do Seminario de Estudos Galegos. - Foi durante certo tempo, na década dos 30, colaborador de El Pueblo Gallego e Logos, onde asinaría co pseudónimo de J. Acuña. - Adicou a súa vida á docencia en diversos institutos galegos e en Barcelona; e foi alcalde de Pontevedra. Pola súa dedicación ao ensino recibe o alcume de “o vello profesor”. - En 1941 ingresou na Real Academia Galega. Dirixiu o Museo de Rosalía de Castro, o Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra. - A súa obra comprende narrativa, poesía, ensaio e teatro, aínda que tamén tivo grande importancia o seu traballo como investigador sobre lírica medieval. Entre os seus libros atopamos “Os nenos”, “O vigairo”, “Agromar”… - Filgueira Valverde morre na súa cidade natal no ano 1996.

16


17


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2015

BIBLIO! Mmmm…, difícil facer un resumo de todas as actividades que fixemos… No BLOG DA BIBLIO tedes toooda a información e un montón de imaxes. Esperámosvos!

A Xoán

Biblioteca

Farias

iniciou unha nova andaina no curso 2004 - 2005. Dende entón moitos cambios axudaron a modernizala e facela unha BIBLIOTECA viva, activa e ao servizo da Comunidade Educativa. No 2006

entramos no Plan de Me-

llora das Bibliotecas Escolares –PLAMBE-.

Despois de tres grandes reformas do espazo, unha renovación total do mobiliario e dos equipos informáticos, e un importante incremento dos fondos documentais, a biblioteca segue. Cada curso moitos nenos e nenas colaboran dunha ou outra forma converténdose así no motor

da mesma. GRAZAS!

18


CEIP de Pazos

Nalgúns

- A Peneira -

Xuño 2015

poboados de

Mali atópase “A Casa da Palabra”. A xente vai alí a negociar e a solucionar os conflitos. A casa érguese sobre columnas de pedras ou adobe e non ten paredes. Só está cuberta por un teito de palla e é tan baixa que non é posible estar de pé. Para entrar hai que agachar a cabeza. Así, quen entra recorda que cómpre ser humilde para comunicarse cos demais. A Casa da Palabra carece de mobles e as persoas sentan no chan, unhas fronte ás outras. Se alguén, levado pola ira ou pola paixón da discusión, se levanta axitado para abalanzarse sobre o outro, golpéase a cabeza contra o teito. A dor que sente recórdalle que é necesario ser paciente e que deixarse levar polas emocións só serve para estropear o diálogo.

Este

foi un dos textos que este ano se sumaron a LECTURAS DE PASEO, que agora se atopan penduradas na entrada do centro. Comezamos o curso cunha inquedanza, TRABALLAR A CONVIVENCIA dende calquera actividade que se fixese na escola. Na BIBLIOTECA comezamos con SETE CONTOS PARA A CONVIVENCIA. Fixémolo coincidir co Día das Bibliotecas Escolares.

19


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2015

A través da correspondencia con Chispa, o alumnado ten a posibilidade de pedir calquera libro que lle interese e que non haxa no fondo da biblioteca. Desta forma contemplamos os gustos e necesidades dos nenos e nenas e facémolos partícipes da mesma. Dende setembro de 2007 vimos desenvolvendo esta actividade. Consiste, como moitos saberedes, en 20 minutos de lectura diaria, silenciosa e individual -na maior parte do tempo- que se leva a cabo á primeira hora da mañá. Contamos con extensións da Biblioteca nas Bibliotecas de aula, onde se atopan os libros do ITINERARIO LECTOR (pensado para garantir a lectura do que cremos indispensable na etapa de primaria, e ao que podedes acceder a través do blog da biblioteca), así coma libros de apoio ao currículo; e outros, de temas transversais ou lecturas variadas.

20

Como novidade temos que destacar este curso a inestimable colaboración de parte do alumnado de 4º, 5º e 6º. Elia Somaza Nieto e Sofía Sanjurjo López, de 4º; Sabela Fernández Fernández, de 5º e Sonia Bra Piñeiro, Aitana Salazar Montoya e Cristian A. G., en substitución de Lucas Grandal Lama, de 6º, encargáronse das LECTURAS COMPARTIDAS, centrando o seu traballo na mellora da lectura en si mesma e da comprensión lectora de nenos máis pequenos. Non quer isto dicir que non houbese outros voluntarios entre os cursos superiores. Temos solicitudes por ambas partes que serán tidas en conta cara ao curso que vén. Sabemos que supuxo un esforzo e que sacrificaron o seu momento persoal de ler, por iso valoramos moito máis a súa xenerosidade. GRAZAS!


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2015

8 DE ABRIL. Celebración do Día do Pobo Xitano

FEBREIRO: Contos con corazón 27 DE MARZO: Celebración do Día Día Poesía e o Teatro

24 DE FEBREIRO: Celebración do Día de Rosalía ABRIL: Exposición dos PERSONAXES DE CONTOS CLÁSICOS

21


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2015

celebrouse ao longo da última quincena de maio e primeira semana de xuño. Esta acitividade consistiu en quince probas, quince retos matemáticos, tirados dos libros de xogos e retos matemáticos que temos na biblioteca. O lema proposto polas Bibliotecas Escolares de Galicia este ano foi: Biblioteca escolar... matemático!!!

A proba comezou o 18 de maio na Biblioteca coa lectura para 3º, 4º, 5º e 6º

do libro FIBONACCI. A experiencia tivo tan alto nivel de participación e deu tan bos froitos, que se cadra, xa é candidata a futuras edicións. NORABOA a todos os que participastes e noraboa aos gañadores ou gañadoras. Mentres escribimos estas liñas aínda dura o proceso; así que non sabemos resultados finais. QUE GAÑE O, ou A, MELLOR!

22

22


CEIP de Pazos

- A Peneira -

Xuño 2015

Durante o curso 2014 – 2015, na Hora do Recreo (a maior parte deles) contáronse, de

forma voluntaria, máis de 30 contos. A experiencia é enriquecedora para profes e alumnos. Detrás de cada contacontos hai todo un proceso: elección do libro, escaneado para a súa proxección mentres se conta, lectura por parte dos “contacontos” na casa e nas aulas dos seus cursos como práctica, anuncio co cartel; composición, fotocopiado e recortado dun agasallo para entregar aos “escoitadores”; e contacontos en si. Xa hai solicitudes de contacontos que terán que esperar ata o vindeiro curso. Iso é unha MOI BOA NOVA!

Dende esta revista: NORABOA A TODOS E TODAS, E MOITAS GRAZAS

POLA VOSA ILUSIÓN E COLABORACIÓN!

Nas imaxes: “Por cuatro esquinitas de nada”, da profe Cristina e Jesús; “O pito Cairo”, de Irene, Alejandra, Sofía e Elia; “A bañarse”, de Iria, Laura e Marta; e “O paraugas Dameaugas”, Lucas, Aitana e Sonia. E así moitos outros… NON CABEN TODOOOOOS!, pero no blog si, recordádeo!

23


CEIP de Pazos

- A Peneira -

24

Xu単o 2015


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.